20110716

Na periferia, da periferia, da periferia, ...

De pequeno, e logo con pequenos, teño xogado a dicir onde estabamos ou onde viviamos. Si, xogado, pois tratábase ó fin de construír unha xerarquía do tipo: vivo na porta C do 8º andar do nº 89 da avda. de Asturias da parroquia de Sta María do Campo do Concello de Ribadeo da comarca da Mariña da provincia de Lugo de Galicia de España de Europa da Terra do sistema Solar, ... e así ata onde chegaran as ganas ou os coñecementos, ou chegara a lembranza doutro xogo para comezar e que no momento apetecera máis, e tentábase de cazar ó outro porque falaba algún pequeno paso intermedio.
Co tema das axencias de cualificación pasa algo parello. Non é o mesmo os miramentos que lle poñen para cualificar ós EEUU que a Alemaña, e a ista que a España, e dentro de España tampouco son o mesmo diferentes autonomías. Estáse a demostrar dende hai tempo en cada unha das cualificacións que fan.  Estados Unidos segue sen acordo, a estas horas, para un orzamento, pois necesita gastara máis, despois de elevar o límite de creto unha e outra vez en anos recentes. Pero iso significa que, se non o hai, deixarán de funcionar servizos e aquelo será un caos administrativamente falando, a parte de que o nivel de débeda dos EEUU é estratosférico. Mais non pasa nada, as axencias non rebaixan con facilidade a débeda estadounidense. Se fora Grecia, estaría onde está, coa débeda equiparable ó lixo.
En fin, o caso é que aquí estamos nun dos finis terrae, co que iso significa de periferia, e ninguén lle pon coto ás empresas (axencias) de rating ... mellor que non vaia a cousa moi mal ...

Ningún comentario: