20111021

ATE vs ETA

Por fin! (hai quen dirá 'por fin?'). A nova de que ETA deixa de xeito definitivo as armas non colle por sorpresa, pois viña sendo anunciada, así como as causas que uns ou outros lle atribúen. Ben, non colle por sorpresa segundo a quen, máxime cando hai quen segue a crer que é unha manobra, e o mesmo que anteriores 'treguas' foron rachadas cando lles vfeu en gana, esta volta pode ser algo polo estilo, aínda que a diferenza que implica o 'definitivo' é estimable.
De calquera xeito, agora, tras unha semana dun discutido encontro de paz en San Sebastián, a paz, polo menos ó comezo, non deixará de ser discutida, alomenos pola súa utilización política. Polo outro bando, o de ETA, tamén poden vir discusións ó igual que veces anteriores, por medio de divisións internas. De calquera xeito, o anuncio está aí, e foi ben recibido.
... o que nos leva ó xogo de causas, efectos e condicións. Parece que despois de ETA haberá unha certa descompresión que fai pensar tanto no síndrome de Estocolmo como no final da guerra fría. Explícome. O síndrome sería un sentemento de agradecemento a ETA, unha especie de obriga cara a ela pola liberación que supón deixar de matar. O final da guerra, por outra banda, supón unha falta de contrapeso que se pode notar facendo que a situación se escore en un determinado sentido. En ambos alegatos, as cousas son subxectivas, pero en ambos, hai antecedentes.
Asemade, non hai que perder a perspectiva de que o nacemento de ETA, por moi enfrontado que se esteña coa súa actuación, tivo unhas causas, correspondendo co final do recorrido franquista. Nin tampouco que tivo outros efectos a parte das mortes e a zozobra da convivencia en Euscadi. Aí está  morte de Carrero Blanco, nun sentido, e os GAL noutro ben diferente, para lembralo.
Hai unha perspectiva máis para contextualizar o tema. Nun día no que foi liquidado Gadafi, o espazo adicado nos diarios extranxeiros ó fin de ETA desaparece en termo absolutos e relativos, ocupando abondo menos espazo que o que se lle segue a dar a Steve Jobs dúas semanas despois de desaparecido.
De calquera xeito, despois destas lembranzas que non se deben perder de vista nun día como hoxe, ATE, o anti terrorismo español, está de noraboa.

Ningún comentario: