20111104

Eleccións? Si, pero a vida segue

Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó día:
O ramal de FEVE que ía levar a pasta de Ence a Xixón retrásase un ano máis. As primeiras novas situaban a súa finalización o pasado ano, pero despois de varias rectificacións, parece que a última data sitúao a comezos de 2013. Mentras, o tráfico seguirá por Ribadeo na súa totalidade. E o mantemento da ría, segue como está, con movemento relativamente pequenos aquí e aló, dos que o último é onde se vai depositar a area que se saque do dragado.
Coto, valorando a presentación dun ERE. O dedo acusador apunta a débedas dos concellos, que non especifica cales son.
E o problema do ruído aínda non se solventou en Ribadeo, como apunta unha resolución aparecida onte no DOG.
As eleccións? O sistema non parece asegurar que amañen moito. E aínda que hai que encher espazo e ocuparán tempo nos medios, moito, o desencanto nótase. As alternativas? Tentan presentarse, pero a ilusión parece cousa de contos de fadas, non da realidade.

Ningún comentario: