20110430

Nota de prensa da comisión pro residencia de maiores

NOTA DE PRENSA

La Comisión pro Residencia de Mayores de Ribadeo, reunida ayer en sesión ordinaria, acordó, entre otras cosas, proceder durante la semana próxima a la retirada de los pliegos de firmas, depositados en las farmacias y otros establecimientos de la localidad, a fin de presentarlos a su destinatario.
Ruega, pues, a todas aquellas personas que deseen apoyar con su firma la reivindicación de una nueva Residencia de Mayores para Ribadeo y que aún no lo hayan hecho, que lo hagan en los primeros días de la semana entrante.

1 de maio, o paro que non cesa

Nalgún momento terá que parar. Igual que cando os recursos se van consumindo, nalgún momento remata non habéndoos, cando forza laboral é limitada e o paro medra e medra, nalgún momento acaba con todo. Non é ningún consolo. Nin pode selo, porque indica un rumbo que ninguén quere, a menos que esteña tolo. É unha sinxela constatación numérica.
Mentras, Hai quen se consola dicindo que agora o paro aumenta máis lentamente. O caso é que segue a aumentar. Se aumenta máis lentamente pode ser en parte só porque hai menos forza laboral empregada ...
Non cesar pode significar que non cesa de aumentar ou sinxelamente que non cesa a situación de paro, é dicir, que se mantén (sexa por rotación do paro sexa porque os parados que xa o son aumentan a duración do seu paro). En calquera caso, malo. E esa é a situación que se prevé 'amablemente' para a economía española: paro para os próximos anos con variacións pequenas nas cantiades.
E, cando as estatísticas se volven persoas, a traxedia persoal nun mundo no que o traballo é a persoa, se non na totalidade, si en boa parte.
Mañá e 1 de maio. As manifestacións sairán á rúa, as solucións quedarán cerradas nos despachos. Nunha situación na que un euro, un voto, cando as rentas do capital son xa maioría e votan case en bloque e as do traballo están divididas, aínda sendo minoría, non se trata de solucións ó paro ou á economía, senón ás finanzas, e istas están reñidas coas anteriores.

20110429

Municipais ribadenses 2011: un blog especializado

Suso López é coñecido de todos. Músico da banda, presentador en múltiples ocasións, televisivo, decidíu especializarse en comunicación política, e agora anda polas cámaras madrileñas practicando. E tamén, dende onte, adicado ás eleccións ribadenses a traverso dun blog especializado nas municipais 2011. Eleccións municipais Ribadeo 2011 é o título do blog ad hoc, que neste momento conta con dúas entradas, comezando coa entrad de suxerente título 'eu quero ser alcalde'. As citas que as acompañan prometen ir máis aló dun comentario electoral.
Aproveito para comezar a publicación en publicado en Ribadeo dos programas electorais que van chegando ás miñas mans; neste caso, o do PP (chegou por partes e dubido nestes momentos se lle falta algún apartado; sería corrixido hoxe mesmo): en formato .odt e en formato .pdf

20110428

As prioridades económicas: un gráfico con tres aspectos

Pois iso, o custe da axencia espacial rusa, da liga de fútbol española (lembrar que España ten cousa de 5 veces menos habitantes que Rusia, por exemplo) e do custe do desembolso efectuado por USA para salvar ós bancos na crise... Unha cousa: nun intre, parece que a entrada que ligo está mal, só se ve unha liña negra baixando. Non está mal, continúa baixando...

A xestión da ría de Ribadeo: dous 'modelos'


Ría de Ribadeo cerrada ó marisqueo. Así podería rezar hoxe un cartel. A causa: Marea vermella. Un fenómeno natural, tendo neste caso como fondo unha diferenza de tratamento do tema entre Galicia e Asturias. Tanto de manexo da nova como de acción para evitar os efectos e reverquer a situación.
Na parte asturiana da ría de Ribadeo hai unha industria de recollida de marisqueo que na actualidade é máis importante que o que se poda recoller na galega. En Galicia leva unha semana cerrada a posibilidade de marisquear, de xeito preventivo. En Asturias, só onte se deu a orde.
Diferenza de información? Non creo que iso poda explicar máis dun día. Queda outra media ducía. Coido que a causa é sinxelamente económica. Pódese revisar a prensa e ver que outros episodios de marea vermella na zona das rías baixas, segundo a época, requeriron da administración actuacións diferentes, pois aí os intereses económicos son máis fortes.
A ría está contaminada. Ista contaminación non ten que ver coa dos barcos, ou coa dos verquidos, aínda que todo poda influír. Neste caso é unha 'enfermidade' que se ten manifestado xa no 2004, 2005, 2006 ou 2008, e que se cura de por si soa se se deixa as augas en paz. Isto último, o de deixar as augas e paz, tamén está cada día máis complicado... E, por certo, onde queda o plan conxunto para a ría entre as admistracións galega e asturiana? Está dito dende hai tempo que polo menos mentras non haxa una actuación conxunta e coordinada, a ría irá sen rumbo fixo, protestando os dunha beira cando fan algo os da outra, e viceversa, sen ter unha memoria conxunta, senón selectiva e vendo a palla no ollo alleo, pero non a viga no propio.
Sobre a marea vermella, noutro lugar.

20110427

Multas e transparencia

Onte a Voz de Galicia deu a nova de que se publicaran no diario oficial da provincia 310 multas sin cobrar polo concello. O acceso ós tres apartados do DOP é doado. Son multas en xeral de aparcamento, por diversos importes, e, especifica o periódico, que a súa publicación se debe ó non ser aboadas, en xeral debido a que a xente non asina a chegada da notificación. O caso é que aparece á vista de calquera o nome correspondente, e calquera que mire pode recoñecer xente entre o listado.
Ata aquí, algo meramente técnico. Agora, pódese entrar na conveniencia ou non da súa publicación como método de vergoña pública para lograr o seu pago, ou a inconveniencia da súa publicación, na que seguro que haberá erros (lembro un caso hai un par de anos no que aparecín nun listado de multas impagadas da DXT cando xa fora aboada, e cando me puxen en contacto para subsanar o erro, recibín unha sinxela resposta: se está paga, non se preocupe máis)
Pero, máis aló da publicación dunha cousa concreta con faltas da cidadanía, tras ver a facilidade con que se pode producir, queda a pregunta de por que non se ten tanta transparencia para aoutras cousas que parecen máis graves. Non é cuestión de Ribadeo ou non (ó fin, a xestión de multas pasouse no goberno do PP, hai anos, á xestión por parte da Deputación Provincial), senón da capacidade de ocultación empresarial e institucional por parte da xente con máis poder, esixindo ou permitindo transparencia total para os demáis e opacidade total cando se trata dela mesma.
O tema da transparencia non é a primeira vez que sae no blog, nin, tal como está a situación, será a última. Evitaríanse moitas cousas. Pero non pode ser unha transparencia asimétrica.

20110426

Alternativas


Sorprendeume ver no novo e anunciado centro comercial de A Coruña un local para bookcrossing. Leva aberto xustiño dende comezos de Semana Santa, e teño claro que o local cerrará cando o centro esteña completo e necesiten o espazo. Aínda así, era un dos únicos dous espazos 'liberados' (o outro correspondía a un chamamento medioambientalista). E lembroume a iniciativa de bookcrossing que leva en Ribadeo xa algo máis dun ano e medio. Segue na oficina de turismo, abigarrada na actualidade cos cocos e os seus fillos, barco (a imaxe á beira é da súa coberta), exposicións, ... e o bookcrossing, ó que se lle remata de incorporar algún libro en galego, varios best seller, varios de literatura erótica, ... é dicir, un punto que segue a medrar en depósito e en uso (seguindo os apuntes en internet sábese de xeito rápido como vai a cousa), se ben lentamente.
Algunhas entradas sobre o tema en Ribadeando:
Xa temos zona bookcrossing
Por fin
A conta do bookcrossing, pero non só
O cruce de libros
Bookcrossing en Ribadeo
Liberación bookcrossing en Ribadeo

20110425

Subindo no ascesor da Atalaia

Unhas imaxes (50 s escasos), subindo no ascensor da Atalaia, pretendendo enfocar o máximo de vista ...



50 s ou 'ascensor habemus', con ligazóns sobre o tema.
Post coa inauguración do ascensor.

A auga pasada


Rematou a Semana Santa. Case ó remate atópome cun díptico en papel duro de alta calidade, o que deixo escaneado á beira, da semana para Ove, Piñeira e Vilaselán. Non é que as tres parroquias se xuntaran para facer un consorcio de celebración da semana santa, senón que son administradas polo mesmo sacerdote.
Calquera que viñera uns cantos anos por Ribadeo pode levar a mesma impresión: os actos cada vez son máis numerosos e de máis calado. O que iso significa de cara ó turismo e parafernalia está claro. De cara ós fieis, xa é fariña de outro costal.
Mentras, as autoridades seguen a asistir como tales autoridades ás procesións e outros actos. O que choca un pouco nun estado que se declara aconfesional, sexa en Madrid ou en Ribadeo. E nótase máis cunhas eleccións ás portas. Nótase máis tanto pola cantidade de electos asistentes para a foto como polo contrase con actos de xeite laica que está a tentar reafirmar que o estado, legalmente, é laico. O resultado electoral? É de supoñer que cando o fan (o asistir ás procesións e demáis como representantes do poder civil nun estado aconfesional, e polo tanto, sen un mandato expreso de facelo de xeito institucional) e incrementan a súa presenza diante dunhas eleccións, esperarán obter réditos a traverso da visibilidade, por exemplo, co que a presenza de políticos nos actos da semana convírtese nunha actuación, a deles, dentro dunha representación -por exemplo, unha procesión- de cara a un público (participantes en ou asistentes a ela).

20110424

'San Jordi'?

Onte foi o 'día do libro'. Na prensa estatal o día era o de 'san Jordi', mesmo 'sant Jordi'. E na galega? A galega non debe existir, pois non vin por ningures o día de 'san Xurxo'. Claro que, vista a representación de libros en galego que onte se podía observar nas librerías, non é raro. Debe ser que hai que equilibrar positivamente a presencia do castelán na lingua escrita. Unha ironía.
En torno ó mundo do libro e da lectura hai diversas cuestións que están acuciando (a parte das máis restrinxidas como a do libro en galego que remato de citar antes). Un vídeo para achegar a unha delas, 'copiad, malditos', o primeiro con licenza Creative commons emitido por tve sobre o tema das licenzas de uso de materiais culturais, libro incluído. E, para quen quera algo escrito, lexible en menos tempo, un artigo de David Bravo. Outras? Hai non moito tempo reseñaba que non comprendía que un libro importado en inglés costara nunha tenda a terceira parte que o correspondente en versión española, que ademáis tiña unha edición abondo peor, sen tapas dura, menos imaxes, etc. Por exemplo.
A lembrar que este blog ten un tipo de licenza Creative commons (ver abaixo).

20110423

Algunha cousa

-Publicado en 'La Comarca del Eo' desta semana-
Achéganse as eleccións municipais. Chegan as promesas, pero tamén un motivo para voltar a vista atrás e complementar ou suplir a propia acción como cidadá. E con elo, facer repaso de moitas cousas transcorridas estes anos (non só dos catro últimos), ou que mesmo agora están a transcorrer e se proxectan cara ó futuro.
Poderían collerse moitas cousas diferentes. Quizáis as que veñen a continuación non sexan as máis importantes dentro das que están nas mans do concello (o da importancia depende tamén de quen a esteña a xulgar), pero levan no candeleiro meses (ou anos) e seguen sen solución, cando aparentemente non son problemáticas por haber un amplo acordo. Así, a residencia de maiores, as vidrieiras da capela do cemiterio, o Castro das Grobas, o xulgado, o ascensor da Atalaia, ...
Cada unha delas necesita un tratamento abondo máis amplo do que lles vou dar aquí. Tívoo. E teráo.
En canto á residencia de maiores, a comisión da plataforma constituída ó efecto acordou parar no periodo pre- e eleitoral, despois de asegurarse que tódolos partidos levan no seu programa o impulso para a súa construcción (seguro que se plasmará de xeito diferente, e haberá que ver as diferenzas), polo que, polo momento, deixo só o comentario de que o tema segue, aínda que haxa un paréntese anunciado.
En canto ás vidrieiras do cemiterio, despois da denuncia pública feita polo Tesón caeu o mutismo administrativo mentras a asociación comeza a impulsar un movemento cara á súa recuperación, á espera de que quen pode falar, fale. Pancho Campos xa ten recollido algún dato, mentres José Mª Rodríguez foi último en falar da situación, no seu blog e na Comarca. Así, Pancho contou as 600 pezas de vidro montadas de cada unha das vidrieiras enteiras (hai varias que teñen só dous dos tres corpos nos que están divididas). En total serían 4 000 pezas as montadas antes do destrozo. E as que hai que recuperar. Só esta cantidade, a parte da propia reproducción dos vidros cunha técnica que ten que ser complexa, ou da minuciosa montaxe necesaria, da unha idea do monto económico que pode supoñer o voltar as vidrieiras a un estado decoroso, o que pode rondar os 500 000 €. De onde se van sacar os cartos, quizáis dun seguro? Podería dar lugar á formación de xente que entenda do tema en Ribadeo e ó nacemento dunha industria relacionada? De canto tempo estamos a falar? Moitas preguntas, e poucas respostas polo momento. Respostas que haberá que ir dando, pero que ninguén -léase dentro da corporación municipal- pide
En relación ó Castro das Grobas, vai para dous anos que se fixeron as catas, das que se deron moi boas referenzas iniciais. Díxose naquel entón que se atoparan 300 pezas, pero tamén que cara a setembro (de 2009) entregaríase un informe completo do tema. Non sei se se entregou, a pesares de que tentei enterarme. Se o houbo (que supoño que si, por contrato coa xente que se encargou da escavación), difusión non tivo. Isa difusión sería o seguinte paso. Mentras, un lugar que pode servir de turismo de proximidade a Ribadeo, está a servir para encherse de novo de maleza. Fíxose algunha actividade para promocionalo (a parte das de O Tesón que focalizaron a atención sobre a paraxe)? Un díptico que indicara o lugar cun par de fotos do atopado? No seu momento díxose que se ía tapar de novo para evitar o roubo de posibles restos. Nin iso.
O xulgado de Ribadeo segue en Mondoñedo. Sinaturas si, foron recollidas polo Tesón. A foto da entrega das sinaturas para o seu envío ó Ministerio congregou a representantes políticos dos catro partidos políticos instalados na corporación en Ribadeo. A resposta de Madrid aínda non chegou, e terá que ser reclamada, a parte de que necesite unha entrevista, por exemplo. Pero a nivel local, tampouco houbo movemento: no seu momento, pediuse apoio, e de xeito oral, coido que todo o mundo presente na foto estivo de acordo con facer unha petición común no pleno, aínda que se dixo que xa houbera peticións anteriores. Iso foi o 31 de decembro. Pasaron xa máis de 100 días e dous plenos ordinarios, e a solicitude segue orfa pola parte política. Máis de medio século sen xulgado e o que virá aínda.
Se miramos ó ascensor da Atalaia, e deixando á beira cuestións como que sexa un ascensor panorámico que tapa o panorama, ten habido accións tentando paralo nas dúas corporacións implicadas, ou pedindo que se fixera un estudo de custes de mantemento. As respostas via pleno foron vacías. A día de hoxe, que saibamos, non hai dito estudo, pero si hai gastos, reflexados xa nos plenos pasados e que se poden consultar nos rexistros correspondentes. Díxose tamén que as instalacións ó pé podían albergar unha tenda de cara o turismo, que podería ter asemade información e mesmo botar un ollo polo ascensor. Polo momento non hai nada. O ascensor úsase (con diferenza grande entre épocas, non é necesario estatísticas para constatalo) pero desenvolvemento posterior non houbo. Un estudo de beneficios económicos que compensaran a súa construcción ou mantemento, tampouco.
E poderiamos seguir. Outro día.

20110422

Prognóstico e máis verbas



Hoxe sae na prensa un prognóstico que me pediron para as eleccións municipais en Ribadeo 2011. Foi 5 para BNG, 4-5 para PP, 3-2 PSOE e 1 UPRi, pero coido que o máis importante do tema non foi iso, o dar un prognóstico segundo unha visión persoal, senón enterarme de que polo visto, o dar a opinión sobre este tema, o emitir un prognóstico, sexa algo que á xente lle custe traballo facer. Polo que parece, dicir o que un pensa non só non é político, senón que xera medo. E medo da a situación que isto provoca.
Hoxe haberá unha confrontación entre os catro candidatos. Despois de catro anos, e de catro anos de asistir a moitos plenos, será curioso velos noutro ambiente, pero sobre todo, corroborar o dito actual co dito pasado e co feito. E os temas? Supoño que como en edicións anteriores de confrontacións deste tipo, serán divididos os tempos e asignados temas a cada un, pero aínda así poderemos ver se se tratan dentro dos apartados xerais un ou outro, se se fai máis énfase ou menos, etc. De calquera xeito, será unha actuación fronte ó 'traballo' do pleno (moitas veces tamén actuación).
A ilustración, a barca de Calvo-Sotelo, a 'Juanín', na nova rotonda da travesía, no xardín, polo momento sen asegurar no sitio e sen mastro, e fronte a unha fonte que segue a dar as costas ó 'parque de indianos'.
- Actualización ó mediodía: O debate da tarde foi suspendido polo terremoto de Lorca (Murcia) -

Traer xente a Ribadeo

Hai uns días apareceu o novo convenio entre Concello, Deputación e FEVE para traer asturianos a Ribadeo. Segundo a nova na nota do concello, a Deputación aporta este ano 15 000 €, cun retorno esperado de 700 pasaxeiros en 14 fins de semana (non porque esteña calculado que será así, senón porque é para o que da).
Hoxe mesmo Ribadeo está cheo. Sen tren, e con procesións. No verán, ven sendo tamén así os últimos anos. Este, cada fin e semana, dende mediados de xuño a mediados de setembro, incluídas as patronais, a Deputación poñerá pois máis de 1 000 € para traer a 50 persoas, isto é, 21,43 €/persoa. A Ribadeo no verán veñen abondo máis de 700 persoas e non se botan cálculos sobre o que custa atraelas, porque está no conxunto de Ribadeo, dende a súa paisaxe ata a xestión da limpeza das súas rúas.
Neste caso, xa que hai subvención, coido que sería cousa de facer o cálculo do retorno esperado. Como non teño máis datos de custes e beneficios, aquí só podo limitarme a botar algúns números, como xa estou a facer, e tentar esbozar algunha comparación sobre o retorno logrado pola inversión. No pobo, Rinlo, a praia das catedrais e Mondoñedo. Porque os turistas van a Mondoñedo e os cartos da Deputación son de toda a provincia, non só de Ribadeo. Aquí estaría o primeiro tema a considerar: hai quen pensa que os cartos públicos non son de ninguén, e polo tanto ó non ter dono son dos primeiro que os pilla. Evidentemente, non é así, ou non debera selo. Tamén hai quen considera que ó ser de todos, se os logramos nós, é o que ganamos, e aínda que a ganancia nun punto concreto, 'nós', non equilibre a perda xeral, non importa, porque 'nós' somos beneficiados, e ó resto, que o parta un raio. Esa consideración é un paso previo para o expolio de dous puntos e seguido antes. Coido que os cartos de todos hai que invertilos para ben de todos (en inversión direitamente produtiva ou indireitamente, que o servizo público tamén é produtivo, e pode selo moito), aínda que a 'nós' nos toque menos relativamente por esta vez. O resto non deixa de ser algún tipo de tráfico de influenzas, máis suave ou máis duro. De calquera xeito, como unha análise exhaustiva do rendemento comería o orzamento e non quedaría para a inversión, hai que deixar unha marxe á confianza e á bonhomía dos nosos directivos.
Voltando ó rendemento, unha nova de 2009 da algún dato máis sobre números que se manexan. Daquela a viaxe costaba 124 € para 1 noite en Ribadeo. Agora non aparecen datos de custe, pero é de supoñer que ande por 135 €, ó que se sumaría a subvención. Hai que sacar os gastos de transporte, tanto ata Ribadeo como logo por Ribadeo e Mondoñedo e facer contas para ver cantos cartos chegan realmente, e se quedan, en Ribadeo. Así saberemos se paga a pena.
Coido que si podería pagar a pena para todos o beneficiarnos de esa subvención, pero facer un pouco de números claramente é mellor para todos que un anuncio de que chegou unha subvención.

20110421

Actuación da BMMR no cine teatro con motivo da Seman Santa

Onte actuou a Banda de Música Municipal de Ribadeo con motivo da Semana Santa.
Sorprende que sexa no cine e non na igrexa, cun concerto con obras que tiran a relixiosas, pero parece que a igrexa leva vetada á banda unha boa tempada (a lembrar que aínda houbo unha actuación musical co pregón)
A asistencia, sobre a metade, en competencia cun Madrid-Barcelona que batiu marcas de espectadores.
Deixo as verbas do director e un conxunto de aplausos, xunto coas gravacións ben feitas das obras da segunda parte colgadas en youtube, interpretadas por bandas diversas, e as tomadas cun móbil onte.
As verbas:

Os aplausos:

E ...
Hosanna



Xerusalém


La Madrugá


O Cristo do perdón

Votar onde se vive, vivir onde se vota


Hai xa algún tempo, un pequeno artigo fíxome caer na conta dun principio elemental no que se asenta o voto na democracia dos estados: o principio de territorialidade. É dicir, poderemos votar por internet dende as antípodas, pero podemos facelo pola nosa ligazón a un terruño. É algo de perogrullo que non tería por que ser así, pero que está claro que polo momento non vai cambiar. Así, nas próximas municipais, cadaquén vota no concello no que está empadroado. E ata aquí, a 'raíz' do voto.
Coido que, unha vez sabido que se pode exercer o dereito de voto, é máis importante a segunda parte, que á vista de moitas situacións, parce que se esquece con frecuencia: vívese onde se vota, ou mellor, onde se pode votar, pois a abstención significa o exercicio do dereito de voto dun xeito particular (o significado concreto depende dese se fai por pasotismo, desengaño, resistencia, activismo, ... mesmo lévome plantexando dende hai tempo o activismo pro abstención, pero eso toca outro día, en tal caso). Vivir onde se vota ... depende ben do noso propio exercico de dereitos que sexa un suplicio ou un disfrute, tendo claro que en democracia, non é o noso único dereito, como hai xente que nos quere facer creer.
Por certo, na vista aérea do concello, a mancha branca preto do pobo é o polígono industrial, aínda en construcción.

20110420

Hernán 2011

Ó longo de varios meses deste 2011 vanse ir continuando diversos actos como lembranza de que este, 2011, é o ano que se cumpren 10 do pasamento de Hernán.
O primeiro está anunciado para o próximo mes de maio, e consistirá nunha exposición na oficina de turismo (vella). A base da exposición son algunhas das imaxes que Chenchu fixo por encargo de Hernán para carteis de actuacións da banda de música. O título da expo, a cargo de Eva Moreda, "Hernán: a música das imaxes, imaxes un músico", é abondo ilustrativa.
E o feito de que o autor quixera que fora esta semana a do anuncio da exposición, cando faltan aínda catro semanas para o seu inicio, indica unhaconcepción artística á que en xeral non estamos afeitos.
Como di Chenchu, 1, 2, 3, 7... o plan de comunicación está en marcha.

--
De novo lembrar que a imaxe se pode ampliar

O potencial da natureza



Onte sorprendía a visita de moitos turistas á praia das Catedrais (á beira, nunha imaxe do Sigpac), o que obrigou a abrir os baños despois dunha queixa do PP. Non se necesita lembrar que a praia non é 'de sol e area', senón 'monumental e natural'.
Outra nova de onte deuse no reconto de votos do sorprendente (alomenos para min) referendo realizado en San Martín de Ozcos sobre se o concello permanecía na reserva da biosfera, a mesma na que está asemade Ribadeo. Polo que di a prensa, era unha promesa electoral feita polo alcalde actual nas pasadas eleccións. O resultado, práctica unanimidade a quedarse onde están, non é sorprendente, nin pola posibilidade de seguir recibindo cartos en xeito de diversas subvencións, nin polo recoñecemento e potenciación que supón esta pertenza nun concello que atrae turismo (nin tampouco polo mero feito de ser convocado polo alcalde o referendo para discutir algo no que o alcalde estaba a favor).
A foto, da parte interna da rada de Porcillán, alude a un tema tamén medioambiental ó que xa me teño referido. Antes da extensión dos diques de protección do porto deportivo, a auga estaba limpa e o fondo, tamén. Hoxe a auga transparenta con dificultade, e o fondo (sen chegar a estar tan cocho como noutros lugares) non está limpo. Coido que ambas cousas poden apreciarse na foto, pero mellor a ollo nú, baixando pola zona. A solución, a limpeza, costa.

20110419

Ramos



Foi o domingo, claro. Na praza de abaixo, a bendición dos ramos. A praza, chea como soe nestes casos. Chama a atención a diferenza visual entre o antes (e despois) da bendición e o durante. Coido que polas dúas fotografías, aínda de diferentes lugares, pode verse claro. E un detalle, dentro da profusión de ramas, o ver que as palmas, cos anos, quedaron reducidas a ser portadas por cativiños de primeira comunión ou os porteadores. Foi proceso lento, peqoe que quizáis se axilizou estes últimos anos.
De calquera xeito, ó ver a bendición, cabe preguntarse sobre a relación coa natureza da xente que promoveu a base desta manifestación e a actualidade. Con elo irían tamén outras cousas inseparables, como a mentalidade de liberación (da entrada de Xesús en Xerusalém) ou o sentido -e sentemento- relixioso atraverso da historia dende a xeración do rito ata os nosos días.

20110418

Cemiterio civil

O cemiterio de Ribadeo, coa súa disposición, extensión, paseo entre o pobo e o cemiterio, etc é característico. A capela, a parte da súa relevancia como tal, esta tempada ten sobre de si o destrozo das vidrieiras, que non se esquecerá en moito tempo.
Na foto tomada do Sigpac (o norte, cara enrriba, e vese o paseo do cemiterio, o acceso sur por estrada atar Ribadeo, á altura do entronque para Mirasol, e un pouco da zona dos bloques) poden observarse, marcada cun punto vermello, a situación da capela, marcada cun punto azul, a porta principal, e cunha frecha, un espazo que racha coa simetría do conxunto. Na punta da frecha hai unha porta que non soe estar aberta nunca. Onte houbo quen me contou unha cousa da historia desta parte. O 'anexo' era outro cemiterio, o cemiterio civil, onde se enterraban os non católicos. Supoño que haberá xente da que lee o blog que saberá abondo máis do tema, cando foi feito, cando foi anexionado ó resto, etc. A cousa é que hoxe é unha parte máis, lateral, rara, do cemiterio xeral, onde tamén, á beira dos lugares ocupados por xente alle ás crenzas católicas, está o conxunto de nichos das fenecidas dunha orde relixiosa. A morte iguala e pasa por riba de crenzas, facendo viciñanzas ás veces insólitas.

20110417

A Semana santa, o pregón e nova obra





Onte foi o pregón da Semana Santa. Deixo á beira os dous folletos (tríptico e cuadríptico) que dan nova dos actos da Semana deste ano en Ribadeo.
O pregón foi oficiado por Mons. Alfonso Carrasco, e espero telo subido hoxe ou mañá, polo que non comentarei máis del. A continuación do pregón houbo actuación, coa estrea dunha obra musicada por Eli Bouso, 'Dies Irae', que xa está colgada co seu permiso e que coido que gustará escoitar:

20110416

De que crise estamos a falar?

Leo hoxe a prensa de onte, e máis pausado. Pódense ver as cousas con máis perspectiva ... como que Iberdrola duplique os incentivos ós seus directivos mentras estase a planear outra suba da luz, coa recente ás costas.
Pero chama máis aínda a atención que en pouco tempo, Telefónica, a maior empresa española (excluída a banca), xere tres novas de cariz ben diferente: unha nova marca nas ganancias, un ere de 6 000 empregos e unha suba de cartos para os diretivos. Novas que se poden complementar con outra na que o goberno da permiso para incrementar o precio de maiorista á competencia (prezo por usar a infrastrutura de telefónica) e que posiblemente, vía aumento de prezos non referidos a ningún índice por estar segmentados en mil e un tipos diferentes de contratos, nos chegue sen que apareza absolutamente nada na prensa, tanto se 'somos' de telefónica como se non.
Así pois, de que crise estamos a falar? Da de España, quizáis? Coido que a palabra non é crise, senón expolio que sufrimos algúns.

Preparando a celebración do X cabodano de Hernán: unha convocatoria restrinxida

Estase a baraxar a idea dunha obra homenaxe a Hernán no concerto das letras galegas, que coincide co décimo cabodano do seu pasamento. Polo momento, hai unha convocatoria para xoves 21 de abril ás 17 horas nos locais da escola de música, na que se pretende a asistencia de músicos que tocaran baixo a batuta de Hernán para coordinar o tema. Así pois, unha convocatoria restrinxida polo momento para poder ofertar un concerto sen restriccións o próximo 17 de maio, da que me faigo eco pola dificultade de contactar con todos os ex-músicos afectados.

20110415

Venres ...

Hoxe a mediodía remata a XVII Feira da Ciencia de Ribadeo, inaugurada o martes, mentras comeza a extenderse a banda ancha polo rural da zona, que a estaba necesitando. E remata a serie de 'actos preparatorios' á semana santa ribadense, coa primeira procesión, a da Virxe das Dores, ás oito da tarde, tendo mañá o pregón da semana a cargo do Bispo de Lugo, Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco. Espero que o fin da feira me deixe un pouco de tempo para poder colgar mañá o tríptico e o libro editados con ocasión da SS2011.
Pero hoxe a nove Ribadeo non está en Ribadeo, senón en Foz. Hai xa tempo que saiu no blog e O Tesón recolleu e apuntou ó concello que o pago á SGAE en Ribadeo parecía avultado. En Ribadeo, as respostas ás preguntas de O Tesón recolleron que podíase ir xudicialmente contra o pago á SGAE, pero sempre se perdía. Pois a cousa é que non sempre é así, nin moito menos, e en Foz remátase de demostrar unha vez máis, aínda que a postura de foz non é exactamente a que se reclamaba para Ribadeo. Seguirá pagando Ribadeo cantidades avultadas?
Sobre o tema da SGAE:
Resposta no pleno
Copando
Comentarios
Marcando pautas
Unha proposta para a tesourería do concello
A SGAE no orzamento
Protesta da alcaldía
Unha execución do pago
Un escrito de JL Sampedro
Unha petición do PP no pleno
Tamén UPRi
... e moitas máis

20110414

O novo domund


Tomo da rede dúas imaxes sobre o Domund, as 'huchas do día mundial da (santa) infancia' ben diferentes.
A primeira, con cabeza de 'chino mandarín' corresponde ó anuncio de venda (360 € piden) dunha das huchas usadas aló polos 60, empregadas para recoller cartos para enviar ás misións, supoñíase que na China (visto dende hoxe, dun xeito inxenuo: que deixara Mao entrar os misioneiros na China). Un tempo nos que 'nós' dabamos esmola 'ós chinos'.
A segunda imaxe, tomada de http://grupotortuga.com/IMG/jpg/El_Domund.jpg (que a tomou á súa vez, de http://insurgente.org) poidera ser a correspondente a unhas huchas actuais, se ben non se verán cativos patrullando as rúas con elas, senón dun xeito moito máis abstracto úsannas os políticos para secuestrar a nosa vontade económica. Quizáis as imaxes usadas non sexan as máis adecuadas, senón que só foron tomadas por ser os máis representativos dos bancos, pero coido que se entende ben de que vai.

Quedaría unha terceira hucha por poñer, a que é posible que usen 'os chinos' para darnos esmola a nós como esto siga así algún tempo máis. Zapatero xa vai aló pedindo inversións, que significa en certo xeito venda do que temos para poder pagar as 'nosas débedas', e préstamos, que haberá que pagar con intereses. Veremos as huchas cunha imaxe estereotipada dun galego das mans de pequenos chineses polas rúas dos pobos de Guangdong?

80 anos da II República Española


Hoxe cúmprense os 80 anos da proclamación da II República Española. Coido que o mero feito da súa proclamación ata a eliminación a raíz do golpe de estado do 1936-39 merece unha lembranza. Non sei como andará hoxe o 'balance de forzas' entre a xente que prefire a monarquía e a que prefire a república, e o espazo/tempo hoxe non da para discutir pros e contras tando da historia da republico como dunha posible república actual, pero quizáis non estaría de máis lembrar que nos poucos anos que durou fixo posible o voto feminino ou un avance significativo en educación, cousas ambas que se perderon a continuación. O himno:

A bandeira está reducida a partires da que aparece na gl.wikipedia.org

20110413

Caso resolto

Ista volta a solución foi rápida. Hai dúas persoas relacionadas xa cos destrozos do cargadoiro. 22 anos. Quen? Polo momento, non é público.
Nas novas, hai algunhas aristas que non se ven patentes nos titulares a primeira vista, aínda que sexa nova de interior de artigo ou mesmo subtítulo. Neste caso, destacaría dous puntos importantes. O primeiro, a colaboración cidadá. Non se especifica en que consistiu, pero valórase positivamente. Coido que é para valorala. Ribadeo vai medrando e cambiando, e a instalación do pasotismo ou mesmo negativismo aparenta moitas veces que vai tomando forza. Como dicía hai algúns días Ángel Alda nun comentario, aínda estamos a tempo de evitar unha determinada transformación (a peor). Pero as transformacións son algo que vai evolucionando pouco a pouco, case sen sentilo, e onde un feito illado non é máis que iso, e non unha tendencia. Somos o pobo quenes temos que transformalo nesa tendencia, en base á repetición.
A segunda, que costas mantén a propiedade, mesmo fai unha valoración dos danos levándoos a 24 000 €, pero non paga, por ser o concello o encargado do mantemento. Por outra banda, na nota de prensa da alcaldía apúntase a unha restitución por parte dos causantes. Vése que as cousas van abondo máis rápido neste caso que no das vidrieiras do cemiterio, dun monto económico que estimo unha orde de magnitude maior, e do que haberá que seguir a falar, evitando o esquecemento. Neste caso, como se pretende que quen pague sexa un terceiro, non unha das entidades que reparten propiedade e mantemento, é de esperar que a cousa vaia máis rápida que a ponte en Arante, con tres administracións implicadas a parte de permisos da confederación hidrográfica, e que acumulou un retraso de posta en marcha tendo como consecuencia a incomunicación dunha zona do concello.

20110412

Asociacionismo político

Boa cousa a de asociarse. Parece lóxico que a xente se asocie para estar máis en grupo desfrutando das mesmas cousas entre coñecidos, e para lograr ese desfrute. De feito, un dos indicadores de desenvolvemento dunha sociedade está aí, precisamente no nivel de asociacionismo que ten.
De calquera xeito, hai sociacións que poden causar unha sensación de desasosego vistas desde fóra. E non me refiro a asociacións de maleantes, senón neste caso a asociacións de políticos. Quizáis debera dicir de expolíticos, pero non teño claro tampouco que debera ser así. Hoxe nos xornais aparece a nova de que no IES Gamallo Fierros terá lugar unha charla de tres ex-deputados, o que pode ser un acto ilustrativo da democracia, pero resulta que a cousa está encadrada nun ciclo de charlas da asociación de exdeputados. Neste caso, sóno de tres partidos diferentes.
Está ben que se leven ben, o que axudará á cooperación entre os diversos grupos. Pero entre os políticos, nestes temps que corren, unha asociación en función de ter pasado por un cargo que conleva privilexios pode dar unha impresión de corporativismo para mantemento de intereses e deses privilexios. Evidentemente, non ten por que ser así, pero o que se está vendo en relación ós políticos, dende as diversas corruptelas á Corrupción, pasando por detalles como a bussiness class a Bruxelas, leva cara ese lugar os pensamentos. A concepción da política sempre pode ir a peor, pero sería bo que fora mellorando a partires dos propios actos dos políticos. Non vou poder ir á charla, pero gustaríame que o acto previsto para hoxe contribuíra a esa necesaria mellora.

20110411

Islandia, a nova da semana

Os islandeses votaron: non se empregará os seus cartos para pagar débedas dos bancos islandeses no extranxeiro.A cousa non é sinxela, pero coido que apostura pódese resumir: 'eu non as fixen, eu non as pago'. Quebra unha empresa doutro sector e as perdas non se sociabilizan (alomenos, por agora...), igual que non se sociabilizan as ganancias. Por que entón socializar as perdas dos bancos? Pois pode que sexa porque os partidos políticos están endebedados cos bancos. Ver, por exemplo, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, ... e moitos máis 'aquí'.

20110410

Chuza!

Lembreime da xa fenecida Chuza! ó ver escrito o nome da nova tenda ribadense, Koodza. Hiper de deportes a carón de Lidl, que á súa vez foi instalada a carón do conxunto do hiper Eroski-Brico King-O rei das tartas, e onde pronto irá outra nova tenda de grande superficie.
Onte o aparcadoiro estaba cheo. Non só a extensión para 'Chuza', senón o contiguo do Lidl e o limítrofe das outras tendas. E as rúas peonís de Ribadeo, tamén. É dicir, aproveitando o novo tirón comercial.
Agora ben, o establecemento dos supermercados deu ó traste coas tendas anteriores. A implantación do hiper non parece ter alterado grandemente (en Ribadeo) ós super. Tampouco o fixo Lidl. Neste caso, Chuza, a cousa pode ser diferente. En principio, o atraer máis xente a Ribadeo pode facer posible a convivencia coas tendas do pobo coas que compite, ó ampliar o mercado, pero haberá que botar contas en cousa dun ano ou dous, a ver a afectación en xeral, no emprego, nos cartos que entran en Ribadeo, ...
A nova, na Voz. Oxylane, a casa matriz de Koodza e Decathlon, o 'irmán maior' da cadea de tendas.

Presentación da XVII feira da ciencia de Ribadeo





Venres foi a presentación da XVII edición da feira da ciencia de Ribadeo. Nahuel, Adrián, Miguel, Manuel e Alejandra, que actuou asemade de coordinadora, foron os encargados da súa presentación á prensa.
Terá lugar entre 12 (pola tarde) e 15 (pola mañá) de abril no IES Porta da Auga.
Os periodistas que asistiron, e os membros da institución educativa xa poideron ver a exposición creativa realizada con materiais recollidos nas praias, co foca equilibrista en posición destacada.

20110409

Completadas as candidaturas para as munipais 2011

Con dúas semanas de retraso respecto da candidatura do BNG e unha despois da do PP e de UPRi, presentouse onde a lista do PSOE ás municipais 2011:
1.Eduardo Gutiérrez Fernández
2.Víctor López Pérez
3.María Antonia Loureiro
4.José Ángel Bolaño Penelo
5.María José Rodríguez Arca
6.José Antonio Prados Moreda
7.Vanesa Rodríguez
8.Jorge Díaz Freije
9.María Jesús Rodrígues
10.Rubén Rañón
11.Miriam Linares
12.Arturo José Alonso
13.Claudia Rodríguez
Suplente 1º.Ramón Ángel Coto
Suplente 2º.Mónica Fernández
Suplente 3º.Valentín Izquierdo
O acto tivo lugar onte na Casa Sindical.
Mentras, cada partido estase a preparar para o tirón definitivo da campaña. Así, o PP sacou un documento con instrucións para axudar a votar por correo que resumo:
--
INSTRUCIÓNS PARA O VOTO POR CORREO
1- SOLICITUDE VOTO: DO 29 DE MARZO Ao 12 DE MAIO
Solicita persoalmente en calquera Oficina de Correos o impreso para poder votar.
Rechea e asina o impreso. Entrégao persoalmente en calquera Oficina de Correos. Non esquezas o teu DNI
2- RECIBIR DOCUMENTACIÓN: DO 2 DE MAIO Ao 15 DE MAIO
Recibirás no domicilio indicado toda a documentación necesaria para votar. Non esquezas que debes recibila persoalmente e co teu DNI, xa que chegarache certificada.
A documentación que che envía a OCE da túa provincia inclúe:
2 sobres de votación. Municipais/ Autonómicas
Papeletas de todos os Partidos. Municipais
Certificado de estar inscrito no Censo
Sobre para enviar o teu voto, en devandito sobre estará impreso o teu colexio, sección e mesa onde che corresponde votar.
3-ENVIAR O teu VOTO: ATÉ O 18 DE MAIO
Tes até o 18 de maio para enviar o teu voto, sempre certificándoo, gratuitamente, en calquera Oficina de Correos.
Non introduzas o Certificado de estar inscrito no Censo dentro do sobre de votación coas papeletas: non será válido o teu voto. Introdúceo solto, dentro do sobre dirixido á túa mesa electoral.
INSTRUCIÓNS PARA O VOTO POR CORREO - PERSOAS IMPEDIDAS
Certificado Médico Oficial, no que constarán as causas que lle impide votar persoalmente. O impreso podes recollelo gratuitamente no Colexio Oficial de Médicos da túa provincia.
Poder Notarial, xustificando a súa incapacidade para votar e polo que designa á persoa elixida polo votante para que lle represente e se ocupe de tramitar a súa petición de Voto por Correo.
A Misión do Representante consiste en:
Presentar en Correos o Impreso de Solicitude da persoa impedida, que asinará en presenza do Funcionario, exhibindo o representante o seu DNI orixinal
A este impreso acompañaralle o Certificado Médico cumprimentado e o Poder Notarial correspondente, mencionado anteriormente.
Unha vez recibida a documentación pola persoa enferma ou impedida, que lle entregará o carteiro persoalmente, o representante seguirá as instrucións expostas por Voto por Correo.
Tanto o Certificado Médico como o Poder Notarial son gratuítos.
INSTRUCIÓNS PARA O VOTO: RESIDENTES TEMPORALMENTE NO EXTERIOR
1.- SOLICITUDE DE VOTO: DO 29 DE MARZO AO 23 DE ABRIL
Solicita no teu Consulado, Embaixada ou descarga por internet desde a Web do Mº de Asuntos Exteriores e Cooperación (www.maec.es) o impreso de solicitude de voto.
Rechea e asina o impreso . Entrégao persoalmente na Embaixada ou Oficina Consular. Irá dirixida a túa solicitude á Oficina do Censo Electoral da túa Provincia. Non esquezas o teu D.N.I ou Pasaporte
2.-RECIBIR DOCUMENTACIÓN: ATÉ O 2 DE MAIO
Recibirás no domicilio indicado toda a documentación necesaria para votar.
A documentación que che envía a Oficina do Censo Electoral da túa provincia:
2 sobres de votación. Municipais/ Autonómicas
Papeletas de todos os Partidos. Municipais e Autonómicas
Certificado de estar inscrito no Censo
Sobre para enviar o teu voto, en devandito sobre estará impreso o teu colexio, sección e mesa onde correspóndeche votar.
3.-EMITIR O teu VOTO: ATÉ O 18 DE MAIO
Tes até o 18 de maio para enviar o teu voto, sempre certificándoo desde calquera oficina de Correos
Non introduzas o Certificado de estar inscrito no Censo dentro do sobre de votación coas papeletas, non será válido o teu voto. Introdúceo solto, dentro do sobre dirixido á túa mesa electoral

20110408

Chegaron os vándalos (II)






Hai un par de días publiquei unha nota curta, chegaron os vándalos, na que daba nota dos destrozos no cargadoiro. Ó día seguinte puiden ver no blog de El Ángel de Olavide outro vandalismo nas Figueiras. Onte tamén entereime de destrozos en Viveiro pouco antes das municipais pasadas. E hoxe decidín deixar unha pequena mostra de como quedou o cargadoiro.
A grandes rasgos, non se nota moito; é polo miúdo onde se pode observar a mala leche dos causantes. 'Dos', porque se o rebentar os vidros das luminarias coido que pode ser rápido, o tumbar as farolas non parece ser nin rápido nin cousa dunha soa persoa.
Por certo que parece que o goberno municipal deixara sen recoller os vidros (si retirou as farolas) para que a cidadanía poida ver como foi o destrozo, por se non abondara con ver as luminarias sen potector e sen lámpada.
Mentras, segue sen saberse nin comentarse máis doutro destrozo (que considero de xeito diferente pero non menor), das vidrieiras do cemiterio. José Mª Rodríguez foi último en falar delo, no seu blog e na Comarca. Pero irá saíndo pouco a pouco. Por exemplo, por Pancho Campos entérome hai poucos días de que cada unha das vidrieiras ten arredor de 600 pezas de vidro montadas. En total serían unhas 4 000 unha vez descontadas as partes baixas das vidrieiras que xa estaban sacadas. Só esta cantidade, a parte da propia reproducción dos vidros cunha técnica que ten que ser complexa, ou da minuciosa montaxe necesaria, da unha idea do monto económico que pode supoñer o voltar as vidrieiras ó seu estado.
Sobre as vidrieiras: 1, 2, 3, 4, ...

20110407

Publicado o Roteiro en San Miguel de Máis talento, menos cemento

Pódese ver en 'Publicado en Ribadeo': roteiro
Xa había tempo que tiña ganas de publicar este pequeno traballo de recuperación da memoria e denuncia da irresponsabilidade urbanística.
Sobre máis talento, menos cemento en entradas anteriores: 1, 2, 3, ... e o grupo no facebook

Polo faciliño

Así vai ampliándose de novo a autovía. Nesta semana, espérase (sen inauguración patente, pero con eco equivalente) un novo tramo dende a Xesta a Abadín (oficialmente o tramo é A Careira-Abadín, pero iso pouco importa), mentras segue en funcionamento o desvío provisional en Lourenzá e tamén o de Martiñán, ambos sen servizo (despois de costar facelos) unha vez que se poñan en funcionamento os tramos seguintes. E e o primeiro coido que un auténtico desatino, de xeito que hai pouco me comentaba un lector do blog que non foi capaz de atopalo, cousa que non é rara segundo de onde se veña, e que se suma á volta a dar para collelo ou deixalo nas viaxes máis numerosas, ou á perigosidade da incorporación dende a estrada. En fin.

20110406

Chegaron os vándalos

De xeito periódico sucenden en Ribadeo actos de vandalismo. Por sorte os períodos son longos.
Agora tocoulles o turno ás luminarias do cargadoiro. Pódese ler a nota do prensa do concello, ou observar as fotos. Pero a desolación hai que sentila camiñando polo parque.
Din que vandalismo ven dos vándalos, un dos pobos invasores tras a ocupación da península por Roma, e supónse que é debido ó arrasamento que fixeron sobre o terreo. A cousa está en que ese pobo moveuse e ocupou as terras, e é de supoñer que ó facelo farianse conscientes, alomenos en parte, dos efectos da súa actividade. Neste caso ribadense, a consciencia, onde podería procurarse? Cabe alegar, por exemplo, motivos políticos agora que estamos ás portas dunhas eleccións? É que cabe alegar algo?

20110404

Rendemento económico: unha imaxe da física para comprender algo do que pasa en economía

Nos tempos que corren, é convinte o ter unha idea clara de como se obtén o rendemento económico. O cálculo do mesmo pode darnos unha información precisa de como funcionan algunhas cousas no mundo. E, ó igual que noutras partes da economía, podemos aproveitar un modelo físico ben probado e desenvolto para facer unha adaptación á economía e así comprender mellor o que pasa nesta última.
O rendemento económico dunha actividade pode así poñerse en relación co rendemento termodinámico, cun esquema ben coñecido, que se pode especificar como se fai aquí á beira: O círculo, que representa calquera máquina que funcione obtendo traballo a partir dunha fonte de calor (ó fin, unha fonte de enerxía), ten un rendemento que ven dado en relación á enerxía recibida e é igual ó traballo realizado entre a enerxía recibida, ou á diferenza entre calor recibido e calor cedido, entre calor recibido. De igual xeito, pode amosarse que é tamén igual á diferenza entre a temperatura á que recibe o calor menos a temperatura á que cede calor, entre a primeira de ambas temperaturas.
Deste xeito, se queremos aumentar o rendemento, ou ben temos que aumentar o calor recibido (equivalente a aumentar a temperatura a que se recibe) ou baixar a cantidade de calor cedido (equivalente a baixar a temperatura á que se cede). O primeiro caso significa darlle máis enerxía ó sistema, mentras o segundo significa retirar menos enerxía del; en calquera dos dous casos, o resultado é que queda máis traballo resultante.
Vaiamos agora á economía, cunha sinxela comparación: relacionemos o calor recibido pola máquina térmica cos cartos que entran nunha empresa, o calor cedido cos cartos que saen, e o traballo resultante co beneficio empresarial. Así, de xeito equivalente ó que pasa en termodinámica, para aumentar o beneficio, teremos que facer entrar máis cartos ou facer que saian menos cartos: o primeiro caso significa máis ingresos e o segundo, menos gastos, quedando en ambos máis lucro resultante.
É dicir, o que queda para aumentar o rendemento empresarial é básicamente aumentar o recibido polas vendas (o 'calor do foco quente') , ou diminuír os salarios e pagos de subministros (o calor cedido no 'foco frío')
Visto nunha perspectiva histórica, tecnolóxicamente, foi máis doado aumentar o calor dado ó aparello térmico, darlle máis enerxía (ou, de xeito equivalente, vender por un monto de cartos maior -máis e/ou máis caro-), pero despois, xa que as temperaturas acadadas foron abondo elevadas (ou as vendas difíciles de aumentar, ó ser saturado o mercado ...) púxose no punto de mira o rebaixar o calor cedido (pagar menos polo produto, por exemplo rebaixando o custe dos subministros ou o salario), rebaixando a temperatura (enfriando a actividade sindical, por exemplo) o que require técnicas un pouco máis complicadas: ó elevar a temperatura (a enerxía entregada ó aparello térmico, ou o nivel das vendas e polo tanto a cantidade de cartos que entra na empresa) só hai problemas 'técnicos' de capacidade (a competencia, por exemplo), o intento de baixar a temperatura do foco frío (a calor a el entregada, ou as prestacións sociais ou o nivel de actividade sindical e os cartos pagados ós traballadores) enfróntase coa limitación da temperatura ambiente (enfróntase coa estrutura social) que ten que violentar enfriando de xeito forzado (que ten que violentar forzando a sociedade) ...

UPRi, a terceira candidatura

Despois da candidatura do BNG e do PP, aparece en escea a de UPRi.
LISTA ELECTORAL DE UPRi PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011
1.Francisco Rivas Álvarez
2.Agustín Reimóndez Gancedo
3.María Josefa Pulpeiro Fernández
4.José Ramón Rodríguez García
5.Celia Pacio Fernández
6.Marta María Saiz
7.Antonio Álvarez Torrente
8.María Teresa Rodríguez Saavedra
9.Ramón Peña Reigada
10.María José Villalba Bello
11.Diana Fernández Ramos
12.Manuel Sánchez
13.María José Villarino Legaspi
Suplente 1º.Silvia Mónica Sixto Agüeira
Suplente 2º.Antonio Martínez Fernández
Suplente 3º.Tania Freije López
Suplente 4º.Pedro Díaz
Suplente 5º.Sara Torviso Rodríguez
Suplente 6º.Juan Carlos Rodríguez Ferrería
Pódense conultar as profesións e parroquia.
Ben, xa só falta unha candidatura das esperadas, e de haber máis, saberíase, o que non é o caso. [Nota: nunha primeira edición do artigo había un erro que xa foi corrixido]

20110403

Competencias impropias

Onte apareceu na Voz unha entrevista que nalgún aspecto pode resultar curiosa. Por exemplo, parece mentira que a estas alturas se teña que repetir o de que os concellos están a asumir 'competencias impropias', isto é, competencias propias doutras administracións. Ou que se deixe a unha beira que os concellos están duplicando servizos con outras administracións, que non é o mesmo que o anterior: unha cousa é suplir servizos que deberan prestar outros e outra, duplicalos. No fondo, amellora da xestión dos concellos coa acusación da procura de votos...

20110402

Outra candidatura: PP


Despois de ter publicado xa a candidatura do BNG, pásanme esta tarde unha das presentadas hoxe, a do PP:
LISTA ELECTORAL DO PP DE RIBADEO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011
1 Manuel Valín Valdés
2 Manuel Yáñez Dablanca
3 Azucena González Loredo
4 Mª del Campo López-Braña Freije
5 Begoña Sanjurjo Santar
6 Jesús López Penabad
7 Ana María Docobo Fernández
8 Ramón Rodríguez Satar
9 María José Duarte Fanjul
10 Ana María García Díaz
11 Joaquín Sanjulián Díaz
12 Elisa Rodríguez Sanjurjo
13 Baldomero Castro Prieto
Suplente 1 María Dolores Tojo García
Suplente 2 José María Suárez García
Suplente 3 Avelino Fernández Mon
Suplente 4 Mª Concepción Vilabrille Bravo

20110401

Unha ollada sobre a A21L



Axenda 21 Local: un titulo para un conxunto de accións dirixidas a algo así como un desenvolvemento mantible no século XXI... É dicir, unha especie de ilusión en marcha.
Onte houbo unha xuntanza en Ribadeo. Contando os coordinadores, máis de corenta persoas. Abondo máis de dúas horas despois de comezar algo tarde. Tentarei dar unha idea de que e como foi a cousa.
Tratábase dunha xuntanza de diagnose, na que se chamou a xente que dalgún xeito podía ter un coñecemento relacionado con algunha das áreas tratadas, 6, que se organizaron en mesas: Unha, relacionada co medio ambiente. Outra, cos servizos comunitarios (básicos e sociais). Unha terceira, coa mobilidade. A cuarta, coas actividades culturais, deportivas, ocio, patrimonio. Outra máis, coa estrutura procutiva, mercado de traballo, comercio. E a sexta, coa xuventude.
Cada unha tivo entre tres e sete persoas, a parte dun coordinador ou coordinadora, un encargado da consellería e o encargado do tema no concello.
Chamoume a atención que en principio, a xuntanza estivera prevista no salón de plenos, pero, pola sinatura dun contrato, a cousa desprazous á Casa do Mar, ocupando a cociña, onde a escasez de espazo e a mala acústica dificultou abondo o enterarse uns do que dicían os outros. Coido que o espazo necesario para a sinatura dun contrato (ó fin, algo previsto con anterioridade), e o tempo necesario (de segundos nun caso a horas noutro), máis a previsión e anuncio a diferente número de xente, máis que o único repreentante do concello que apareceu na xuntanza fora o técnico que leva o tema e ningún político, nin para facerse a foto antes das eleccións, son indicios da importancia institucional relativa que se lle da ó desenvolvemento da A21L ... Unha das cousas faladas fóra de xuntanza é se o desenvolvemento da A21L terá cartos ou se será apoiado dende o concello: a experiencia do plan de mobilidade está recente, e é que despois dunha pila de entrevistas e o encargo a unha empresa, parece que existe un plan, pero nin se aplica máis aló de dicir da súa existencia nin se coñece (cousa que tentarei remediar en parte)
Tratábase de contestar unhas preguntas por individual, discutilas na propia mesa e logo facer unha posta en común para unha diagnose dunha serie de puntos a ter en conta (positivos, negativos, oportunidades, etc) de cara ó futuro de Ribadeo tentando o seu desenvolvemento mantible. Entendo que nas conclusións houbo demasiada confusión entre causas, efectos e facilitadores, pero a cousa é que ó final a xente estaba pensando en saír tanto como no traballo proposto.
A primeira das imaxes éa unha lista dos puntos relevantes tratados polas tres primeiras mesas. ó final houbo unha votación, e saíron como segundos máis votados a dotación para a 3ª idade (un apoio á plataforma da residencia de maiores) e a comunicación institucional (o de xeográfica uniuse a outro dos puntos) na que levo insistindo no tempo como facilitadora social. Pero os máis votados, con diferenza, foron a falta de emprego e creación de postos de traballo.
Continuará...