20120306

De culebrón e teoría da conspiración

Culebrón eclesial é o que se vai pouco a pouco montando coa desaparición de tallas de diversas igrexas do rural ribadense. Non hai tanto dicía nunha entrada que debían ser cautos sobre as acusacións verquidas no sacerdote que daquela levaba as parroquias. Meses despois, a cousa segue. Hai un inventario de hai cinco anos que se trouxo ó caso, e as novas van aparecendo nos xornais pouco a pouco, despois das iniciais máis chamativas tanto en contra como a favor, incluíndo adhesións e ataques en diversos artigos de opinión.
Mentras, a outros niveis non se trata de acusacións a un particular, como no caso anterior, sdenón a un partido, seguindo a regla do bipartidismo: fóra dos dous partidos que se quere facer como alternativos, non existe o mundo. Á noite, na galega comezouse un debate cunha nova versión da teoría da conspiración. Non sei como rematou, pero si que o plantexamento inicial ía a botarlle ó PSOE a culpa de manexar e instigar as manifestacións estudiantís. Non é o único lugar no que vexo tal cousa na última época, pero o denominador común é abondo claro: o pobo, a xente, non sabe nin coñece, e polo tanto, necesita alguén que o dirixa 'externamente' para que ocorra algo como unha protesta e unha oposicion frontal de loita.
Casualmente, onte comecei a ler 'Como nos venden la moto', que trata xa nas súas primeiras páxinas dun tema semellante, a concepción de democracia de niveis, algo asimilable en certo xeito ó 'todo para o pobo, pero sen o pobo' do despotismo ilustrado e que coido ven como anel ó dedo no momento actual da democracia formal española. Podería parecer a primeira vista dunha nova teoría da conspiración en sentido contrario á que se tentaba difundir no parágrafo anterior, pero precisamente explicaría por que non fai falta dita teoría conspirativa.
Por certo que hai algún tempo, por algunha ligazón da rede, cheguei a http://www.sistemaelectoral.es/ sitio web no que se pode xogar cos resultados das eleccións en democracia variando diversos factores de cómputo, de cambio de circunscricións a limitación de procentaxes, pasando por variación de número de representantes, e non deixa de ser interesante o ver algúns resultados que podían terse feito realidade. Ven sendo un oteo a unhas primeiras eleccións con cambio de sistema (está claro que un cambio de sistema produciría variacións máis profundas a medio prazo que de xeito inmediato)

1 comentario:

Ángel de Olavide dixo...

Menudo culebrón parroquial...He seguido todo esto con perplejidad creciente y no salgo de mi asombro. Esto de los curas elegantes, parroquianos iracundos y cabildos conspiradores me retrotraia a las épocas del Ruedo Ibérico del gallego Valle Inclán...