20120320

Listado críptico: Publicación do listado de facturas certificadas do Concello de Ribadeo en virtude do RDL 4/2012

Na páxina do concello aparece hoxe a publicación do listado de facturas certificadas do Concello de Ribadeo en virtude do RDL.
Animo a botarlle unha ollada. Abaixo deixo as cinco primeiras liñas como mostra:
20800607/B    502057432    750,00    22/04/2008    P    2008
1                     00691602S    300,00    11/07/2008    P    2008
050940/1        06166173B      84,25     23/04/2010   P    2010
23                   09423055R  1500,00     19/05/2008   P    2008
382                 10544759H    450,00     05/01/2011   P    2010
Máis indicacións non hai: supoño que haberá que protexer o anonimato dos acreedores, e está claro cales son os importes.
Na páxina 40 (de 60) aparece no medio unha única cantidade, con significado tamén claro por coñecido: 1780620,78, a suma de importes. E logo de moitas páxinas en branco, na 60, algo de interpretación máis difícil:
51438,33    30/04/2012#19381,28|31/05/2012#32057,05

23582,28    31/03/2012#23582,28
18423,65    30/07/2012#18423,65
5395,89      30/07/2012#5395,89
72127,50    31/03/2012#72127,50
23636,47    30/05/2012#23636,47
5009,84      30/09/2012#5009,84
...
Por certo, onte non houbo pleno; preguntando a quen sabía algo do tema cheguei a que será o venres (actividade do venres, por exemplo, en competición co ciclo de cine do O Tesón)

5 comentarios:

Eu dixo...

Non vexo que seña tan difícil de interpretar:
Nº FACTURA - CIF (OU DNI) - IMPORTE - FECHA FACTURA - P/C - ANO CONTABLE

O único que non sei é que significa P e C, supoño que algo de contabilidade. E o do final...igual despois de tantas páxinas en branco igual se lles escapou. Ainda que eu diría que son as facturas que levan de 2012...

agremon dixo...

Eu da unha interpretación que parece ser correcta, aínda que non vexo a correspondencia de nº de factura con data (que, de ir numeradas, debera haber alomenos dentro do ano cun único listado-numeración), e diría que tódolos cif levan letra.

agremon dixo...

En canto ás facturas de 2012, non creo que haxa xa facturas de xullo, por exemplo ...

Eu dixo...

Hola!

O das distintas numeracións é porque é a numeración do proveedor, e polo tanto cada un faino de distinta maneira.
O listado vai ordenado por NIF (os primeiros) ou CIF (que van despois e comezan por letra)

O da última páxina xa digo que se lles debou colar. Pode que sexan datas de pago ou calquera outra cousa.

agremon dixo...

Grazas pola observación. Debe de haber enton algún erro na identificación da primeira liña que listei.