20120531

Tapas 10, ou 10 de tapas ...

Dicía o outro día que non estaban todas as tapas ... pois coas de embaixo, (que resultan ser as de máis arriba, cara ó parque) o ollo e o mandala, coido que si, que xa están todas as tapas pintadas (había máis preparadas, pero que non chegaron a ser) a partir da iniciativa de Sonda Norte:


E un ano máis.

Se xa o saben os nenos, se xa temos a tecnoloxía, ...

Se xa somos conscientes, se xa o movemento está en marcha, o mundo comeza a cambiar.
Do anterior pode resultar un sorriso, pero o mundo está a cambiar tódolos días, e a cuestión é facer que cambie nunha dirección e non en outra. Así, se tentan fastidiarte o día, por exemplo cando a primeira hora dunha mañá radiante de sol te pregunta 'con ive ou sen ive?' (en realidade, 'queres factura?') cando eres consciente do que significan os impostos, xa tes a posibilidade de enderezar un pouco a cousa: 'si, claro, quero factura, os teus fillos están sendo educados con fondos dos impostos'. Non creo que faiga falla engadir que en Ribadeo todo o ensino regulado recibe cartos dos impostos... 
Por iso podes saír logo á rúa e seguir a sorrir a pesar dos 500 € que sabes que te van impoñer a ti e a cada membro da túa familia como colaboración desinteresada a fondo perdido para 'salvar Bankia' (e claro, principalmente ós seus xefes con soldadas multimillonarias), porque hai moita xente que está non só disconforme, senón indignada (din que o 99%), e moita xente que irá cambiando o panorama (polo momento, suavemente, pacíficamente, pero ...).
Xente que está a crear conciencia, como a que se está a mover no 15M ou en accións concretas como contra as fumigacións aéreas con produtos perigosos. Xente que crea proxectos, como wikirating, unha axencia colaborativa de indexación de riscos sobre débeda, por agora en fase inicial, pero desenvoltándose tanto en funcións como en profundidade ou en importancia de xeito exponencial. Ou que procura outra economía, como a que crea goteo, para mantemento de proxectos por crowfunding. Ou que se manifesta de calquera xeito, como a nena de 12 anos que explica o problema dos cartos que non existen pero que serven para roubar á poboación, no seu caso do Canadá. Xente como perroflautas admirables que fixeron e fan a diario que o despectivo perroflautas pase a ser mesmo laudatorio. 
Xente, a secas, que ten en fronte unha mini minoría de aproveitados ladróns corruptores ou corruptos.

20120530

Isto non se fai aquí ...

Cabe a dúbida, ó ollar nalgúns titulares foráneos, de se non estará un equivocado sobre a orixe. Tamén pasa en titulares escritos de xeito máis próximo, pero ...
Cando recibes nun correo, provinte da sección de educación dun medio británico, un titular como 'Are austerity measures affecting your students?', para que te pases ler un artigo sobre como afecta a fame ós estudantes, en medio dunha crise como a actual nestes lares, o primeiro que se ven á cabeza é que é un artigo referido a España. Mais non, é algo xeralista, non pensado para un país en particular. Agora ben, se o artigo foi pensado no Reino Unido, que -din- está capeando a crise abondo mellor que nós, hai dúas cuestións que sobreveñen rápido. Unha, por que non se escribiu nada equivalente -cunha certa repercusión- no noso país. A outra, sinxelamente, como afecta a fame dos escolares agora mesmo canda nós.

Un paso máis

Non aporta moito novo ó diálogo a portada de hoxe de A Mariña/El Progreso que deixo abaixo, nin o artigo na Mariña/La Voz de Galicia. Si bota leña ó lume ...

20120529

Tapas

Non están todas as que son (falta algunha), pero son todas as que están. [Nota posterior: entrada complementada coas restantes aquí, e as do seguinte ano, aquí] As tapas (de alcantarilla) marcaron este fin de semana unha nova rota de tapeo, na que, ademáis, puido verse por unhas horas ós e ás artistas aquí e aló exercendo o seu arte na rúa. Durante a pintada choveu, pero parece que non afectou ó resultado. E ademáis, a pintura perdura ben polo momento.
Na zona centro de Ribadeo, na peonil, arredor das catro calles, mirando ó chan:








20120528

Partidos partidos

Semana aciaga para algúns partidos de Ribadeo. Ben, quizáis aciaga non sexa a palabra, porque tamén abriu portas de esperanza, pero cabe distinguir que os partidos ós que me refiro non foron os que protagonizaron os encontros de veteranos que produxo o campionato internacional (1 equipo do Reino Unido e 2 de Portugal) que inundou a vila esta fin de semana, senón ós partidos políticos.
E é que mentras UPRi como partido segue desaparecido, e o BNG non deixa traslocer nin fisura nin acordo tras a rotura a nivel galego e mesmo non di palabra fronte a reorganización de forzas alternativas, os últimos días si marcaron diferenzas no PP e PSOE.
No PP, a existencia dunha xestora que pasa a tomar o mando local leva á intervención do aparello provincial para facer saír dita xestora. Quizáis sexa algo norma na vida dalgunha das agrupacións locais, pero nun concello de 10 000 habitantes que se solucione dende fóra poñer punto a unha situación determinada non é doado de encaixar. Máxime cando portavoz e concelleiros e concelleiras electos non aparecen en primeiro termo na xestora, e máis aínda se cabe despois de haberse manifestado con anterioridade algúns puntos obscuros para os observadores de fóra do partido, como o pulso entre afiliados e estrutura para que M. Valín saíra como candidato nas últimas eleccións. Quizási soe moi forte dicir que a agrupación local foi intervenida pola estrutura provincial, pero dalgún xeito, así o é nun caso como este.
No PSOE, esta fin de semana foi a xuntanza para a elección de cargos na nova directiva provincial. 59 cargos, 5 mariñanos. Non é que se teñan que distribuír proporcionalmente os cargos, pero para unha poboación que representa 1/4 da provincia, que se asignen 1/12 dos cargos, dende fóra parece algo desproporcionado. E que entre eles non haxa ninguén de Ribadeo tamén incumpre a proporcionalidade estatística en canto a poboación, se ben non tanto en canto a votantes. Unha certificación máis de que a agrupación socialista de Ribadeo viviu tempos mellores. A lembrar neste caso os últimos movementos de renovación que saltaron á prensa, fallidos polo momento.
Son consciente que dende dentro das estruturas as cousas vense diferente que dende fóra, coa pouca información que chega. Pero é que resulta que a maioría de xente está fóra desas estruturas ... aínda que se vexa influenciada na súa vida, e moito, polo que se deu en chamar 'partidos políticos'. Nestes casos, máis 'partidos' que 'políticos'.

20120527

ENCUESTA DE ASTURGOLD - Evaristo Lombardero

ENCUESTA DE ASTURGOLD
Hace dos semanas ASTURGOLD publicaba los resultados de una encuesta, según la cual la opinión pública de Tapia, El Franco y Castropol eran favorables a su proyecto de mina de oro. La encuesta fue realizada por NovaCom, una empresa de publicidad y asesoramiento, con sede en Pamplona.
Los únicos datos disponibles son los que aparecen en los medios, dado que en las páginas web de ASTURGOLD y NovaCom no se aporta ninguna información adicional que permita analizar estos resultados con más detalle.
Partiendo de estas fuentes tenemos que se han realizado 530 entrevistas de un total de 11 929 vecinos, sumados los censos de los tres concejos (2011), lo cual supone una muestra del 4,4 % de la población. De acuerdo con estos datos en Castropol se ha entrevistado al 2,68 % de la población, en El Franco al 2,98 % y en Tapia al 7,4 %.
Con estos porcentajes de población encuestada, parece poco probable que los resultados puedan ser representativos. Por lo general, en colectivos reducidos, muestras poblacionales inferiores al 10 % es difícil que puedan dar resultados significativos. Pero en este caso se da además la enorme disparidad del tamaño de las muestras en cada uno de los concejos, ya que en Tapia se declara haber consultado al 7,4 %, mientras que en Castropol y El Franco a menos del 3 %. Se da además la paradoja de que la muestra es más grande en el municipio de Tapia, que dobla en población a los otros dos. La literatura sobre técnicas de encuesta es uniforme en reconocer que a mayor población, menor porcentaje de la muestra para obtener resultados fiables. Este simple dato, sin entrar en otras disquisiciones, permite poner en duda la profesionalidad de los autores de la supuesta encuesta, aunque podríamos ir más allá y plantear serias dudas sobre su profesionalidad como difusores de opinión (métodos a parte).
Otra observación de sentido común es que cualquier encuesta, especialmente en caso de litigio debe ser realizada por un grupo o empresa cuya neutralidad sea indiscutible. Si los encargos son “a la carta” es del género bobo pensar que puedan ser objetivos.
En segundo lugar las encuestas de opinión deben cumplir unas normas básicas. La muestra poblacional debe estar estratificada, como mínimo por sexo, edad, grupo social y lugar de residencia. Aun así se cometen errores importantes.
Pero donde se demuestra que toda la encuesta es inventada es cuando afirman que en Tapia el 60,6 % está a favor y el 39,4 en contra, que sumados dan el 100 %. Hasta los niños de teta saben hoy día que un porcentaje importante no sabe-no contesta, especialmente en una zona rural de población altamente envejecida.
ASTULGOLD y NovaCom, se os ha visto el plumero.
Evaristo Lombardero Rico

20120525

Chove sobre mollado

Cando chove sobre mollado, a xente está empapada, pode que enlamada e o chan esvara. Úsase para representar cansancio, hastío... E así estamos, con moitos motivos, tanto a nivel da zona como a nivel estatal.
A nivel de zona, as últimas novas son de resistencia. A constitución dunha cooperativa para tratar de defender o prezo da madeira a traverso do control do seu tratamento é unha nova que indica un movemento económico forzado pola necesidade, ó marxe de que poda resultar fructífero. Os veciños das parroquias afectadas polo expolio de igrexas pouco a pouco comezan a tomar asemade as riendas para ter unha iniciativa de solución do caso que a estrutura eclesial non parece ter (co fondo con varios problemas: de quen son ás igrexas? A estrutura  coida algo máis que da fe teórica? ...). Claro que tamén as hai paliativas, como a doación de 70 000 € dos comuneiros de Piñeira para ampliación dun cemiterio,
A nivel estatal, parece que a sangría continúa, incrementándose cando xa non se pensaba que a sociedade fora capaz nin de aguantar moito máis nin de subministrar máis fondos: o de Bankia vai xa polos 15 000 000 000 €... e súmase a tantas cousas anteriores que parecería que a gangrena está no corpo social en conxunto.
Mentras, en Ribadeo seque a sorprender que co movemento de reorganización xudicial o concello non diga nin mu, en contraste cos de Mondoñedo ou Viveiro. Recuperarase así o xulgado? Evidentemente, non é o camiño. Quen non chora non mama, e quen non da a batalla tena perdida de antemán, por poucas posibilidades que tivera antes.

20120524

Cambio de columnas

Cando algo sae nos papeis varias veces, aprece que xa se esgotou o seu recorrido vital como nova, que xa non serve ou non ten importancia. Coido qae moitas veces é erróneo, porque precisamente é o longo prazo cando as cousas renden.
Algo do anterior téñoo para min relacionado coa Torre dos Moreno. Háille que facer tantos amaños que parece que nunca se vai rematar e polo tanto deixa de ser nova periódicamente para voltar a recoñecérselle a súa importancia máis adiante. E así sabemos que comezaron unha obras de substitución de columnas, que hai pouco aínda estaban incompletas, pero polo momento non saíu aínda nada de como se están a completar. E, polo contrario, calquera que se achegue ó cantón pode comprobar a evolución. As fotos teñen xa uns días, pero dan unha idea de cómo vai a cousa:
A primeira, un detalle da zona do pé das columnas, coa comparación do adorno xa posto e das outras columnas lisas.
A segunda, o conxunto das catro columnas dun grupo cunha lista, a excepción do adorno non pétreo, e as outras sen adornar.
Ben, isto non conleva o ocultamento doutras realidades, como a nova que sae hoxe na prensa de que a Xunta gastará 56 827 € en alimentación no piso tutelado de Ribadeo en dous anos. Claro que o anuncio, o título, é ben diferente ó considerar o conxunto de gasto 'na zona' e porque non se especifica o dos dous anos. Así nunha primeira lectura pode pasar porque se aumentou cartos ou non se diminuiu tanto a axuda xeral, cando as cifras de anos anteriores figuran nas novas desglosadas por concellos e son cantidades anuais. De cántos xeitos se pode dar unha nova?

20120523

Amanece un día que promete

Ceo despexado, sol que quenta, inundación de luz, os primeiros movementos da vila en forma de limpeza da rúa, mentras o Ribadeo de tapeo continúa (aviso para que non fixera ningunha rolda, se queda) e hoxe haberá a segunda demostración 'master class' de cociña (a de onte, por información de primeira man, estivo 'chapó')
Así pois, un día máis preparado para afrontar rebelarme contra a suba da prima de risco, os intentos de desviación da atención dalgún político, algunha nova corruptela que saia por aí, un pouco menos de democracia, un pouco máis de agresión ó medio ambiente, pode que algún indulto de poderosos, maior transferencia de cartos a quen xa ten de máis, ...
Por certo que as servilletas patrocinadas polo concello e o observatorio, a parte de destapar a igualdade en plan sexo, coido que poderían aproveitarse para animar a destapar outras igualdades posibles e desexables: todos os tratamentos desiguais en función de aplicación de criterios diferentes, concebidos para favorecer a alguén contra as oportunidades dos demáis, previo establecemento de clases para favorecer esa aplicación...

20120522

Pullas a Merkel

Onte, horas despois da entrada no blog, percateime da foto que aparecía na terceira da Voz, acompañada cun pequeno artigo titulado 'Pullas á Canciller'. 'Entrañable' foto de grupo de amigos vendo xogar ó fútbol e ganar a un equipo inglés fronte a outro alemán, coa consecuencia de que Merkel tivo que soportar algunha pulla deportiva.
Está ben que os dirixentes se solacen e descarguen tensións, pero a foto (que non atopei en internet) ten un algo de teatro para consumo de masas, de querer amosar 'somos iguais ca vós', que desprende populismo e evita participación (para que, se son iguais ca nós?). Tamén, unha imaxe de relax fronte a un mundo vapuleado e uns cidadáns vapuleados con el. Unha imaxe de 'todo vai ben, estamos tranquilos' ou de 'deixádenos en paz, que o estamos a pasar ben'. Unha imaxe que pode dar lugar a moitos equívocos. Igual que os nosos dirixentes.

20120521

Mellor, falemos de fútbol

Si, eso: mellor falemos de fútbol. Ó fin, 'as semanas máis importantes para España' veñen a coincidir co final da liga, quizáis por casualidade. Pero nin por esas. Anunciáronnos que semana tras semana veríamos novos 'axustes', pode que para meter medo e que foran máis doados (cuestión de psicoloxía social), pero se  con eso se consegue o obxectivo é a base de máis pesimismo, conséguese así tamén transmitir a imaxe de que todo vai peor antes que ocorra, e polo tanto, aumentan as probabilidades de que ocorra. Así pois, era preferible que a xente falara de fútbol por ganas que non sendo conscientes de que o é para fuxir da realidade. E as circunstancias fabrican esa consciencia. E se o medo pode resultar beneficioso para que non haxa resistencia, o ter máis medo, o pánico, é impredicible e polo tanto, incontrolable. Ata o fútbol pode ser xerme de revolución.
Onte algunha prensa traía estatísticas sobre o apoio ó movemento 15M. O titular era que tiña máis apoio. O corpo da nova, os gráficos e a información sobre como se fixo a enquisa, a pouco que se pensara neles, daban para a dúbida do título. Non obstante, coido que non importa: o movemento está a permear a sociedade aínda que xente non esteña de acordo con el. O acordo, a toma de postura, pode vir despois de xeito rápido, explosivo.
E máis aló, un pouco máis aló no tempo, a liga termínase. E pode haber un cambio brusco no que a xente pasa de irse cocendo lentamente sen resistencia, adormecida, á consciencia de que está cocida, de que sempre a poden cocer máis máis mentras esteña viva, e de que non é agradable. As revolucións son para o verán, parodiando o título dunha célebre película española.
25% de paro: a porcentaxe nos EEUU nos momentos álxidos da gran depresión, e o punto no que aproximadamente nos atopamos en España. Pode que aquí as redes familiares funcionen máis que naquelas terras, pero o soporte de mantemento do conxunto ten un límite, a propia rede familiar que amortece a caída dos que xa están en desgraza fai que se movan menos cartos para cousas non básicas no conxunto, e ademáis, as promesas de dirixentes con obxectivo de poñer as cousas peor non levan máis que cara abaixo. As novas de que Rajoy (coido que diferente de Raxoi, por certo) ve acabarse as posibilidades de acción mentras se convirte en máis Merkelista que Merkel, ou que a xustiza leva camiño da privatización que comezaron hai longo sanidade e educación, fan que a gráfica da evolución que se espera sexa máis inclinada aínda cara embaixo...
Falemos de fútbol. O certo é que non sei moito, pero xa aprenderei. Ó fin, quen non xugou co balón de pequeno?

20120518

Venres

Pasou o 17 de maio, día das letras. Hoxe é 18. Venres. O día da ameaza dende que o Presidente de Goberno adiantou que todos os venres habería novas 'medidas'.
As dúas fotos de embaixo foron tomadas no último pleno: dende o salón de plenos do concello, a bandeira española, con fondo ribadense, de noite e de día. En ambos casos, desfiachada. Foron tomadas mentras pensaba 'cánto aguantará? cánto aguantaremos?'

Esta entrada está feita o día anterior. Unha das novas do día: onte 16, a 'prima de risco' sobrepasou os 500 puntos, aínda que ó final do día non chegaba a eles.

20120517

Lembrando

Dende as inmediacións do alto da Coroa, unha vista parcial da Devesa nun día das letras galegas. Na Devesa tocou máis dunha vez a banda dirixida por Hernán, mesmo aupados nun remolque...
Estas tarde tocará de novo a banda municipal de Ribadeo en honra das letras galegas. Farao con outro director, David. Ás 20:30.

Semipleno ata as 23:59 (III)

Continúa de Semipleno ata as 23:59 (II) e Semipleno ata as 23:59.
A última moción (BNG. 7-1-4) foi sobre o mantemento da axuda no fogar, a máis destacada nos xornais a conto do enfrontamento PP-BNG, quizáis tamén a partires da nota de prensa do concello. A cousa comezou cando Tino (UPRi) suxeriu sacar doutros lugares para meter neste saco. Despois, Azucena (PP) dixo que xa estaban cansos de acusacións ó goberno do seu partido, e que o que se debera facer é derogar a lei de servizos sociais, non o decreto, e iso, polas competencias de unhas e outras administracións. Así, o tema sería cousa exclusivamente municipal, co que a Xunta non ten que subvencionar ren, senón en todo caso a Deputación. Como se ve, a cousa ía de partido contra partido e retorno ... Rematou mesmo saíndo a colación a residencia de anciáns que se está a pedir para Ribadeo, se ben dun xeito curto e algo confuso ó meu entender.
Na parte de rogos e preguntas, entre outros:
Aceptouse o facer un paso pintado na avda. de Luarca mentras duren as obras do pavillón, e Lallo preguntou ademáis por un canón aparecido na ría que entre almacén municipal e casa de Sela (onde foi levado non se sabe moi ben por que) non está localizado.
No turno seguinte de preguntas, a cargo de Tino (UPRi), o representante socialista abandoou a sá (~11:15), como xa había medio dito en confrontación verbal con Azucena.
Preguntou Campo Braña (PP) sobre facilitar o pago na zona azul, pero as máquinas non permiten a súa utilización nese sentido. Cando remate o período de contrato de arrendo, verase o tema.
Por cuestións familiares, Teresa (BNG), tamén abandoou a sesión.
Seguiu a suxerencia do traslado dos aparellos biosaudables do aparcadoiro a outro lugar, que se estudará.
Vaise a interventora (~11:25), o que a renglón seguido da pé a un comentario de M. Valín (PP) sobre a falta de respeto ó pleno.
Sae a relocer despois que a P.L. coordínase agora para facer controis conxuntos coa G.C., e que agora fai os sábados toda a noite para evitar os problemas da falta de cobertura horaria nas madrugadas.
Tamén se falou sobre o estado das demolicións ordeadas en xuízo, coa resposta de que unha está realizada e outra en período de multas coercitivas.
Azucena (PP) propón subvencións para a instalación no polígono industrial.
Sobre a montaxe dos postos no mercado e as reclamacións por impago, lamentouse a marcha da interventora, suxerindo M. Valín que non se deixe marchar.
O prezo da máquina de fichar? Arredor de 12 000 € en total, sendo varias de diferentes tipos para adecuar ós diferentes lugares de traballo e funcións.
Saiu tamén a relocer a separación montada no cantón dos Moreno entre dous locais de restauración, que se mandou sacar, foi alegada a orde, ...
Antes de rematar, saíu o tema de que hai unha ordenanza prevista sobre mocións e regulamento de plenos que se traerá próximamente ó pleno. Evidentemente, fai falta.

Hoxe celébranse as Letras galegas

Praticas o galego? Recoméndocho!

20120516

Semipleno ata as 23:59 (II)

(Ven de Semipleno ata as 23:59)
Voltemos a cando cheguei ó pleno: A ordenanza relacionada coas débedas foi aprobada por 6 si, 2 abstencións e 4 non. É dicir, cos votos do BNG e a oposición do PP. Os xornais de hoxe destacan que foi relevante, pero que a gresca estivo noutro lugar.
Pasouse logo á dación de contas, que puido resultar informativa, pero sen resaltes, e logo, ó apartado de mocións, antes dos rogos e preguntas.
A lembrar que do maratoniano pasado pleno ordinario, de hai dous meses, quedaran decretos pendentes, que foron tratados neste.
Antes de comezar, un pequeno gran rifirrafe. Pqueno porque non durou moito e o motivo era formal, grande porque aínda armou alboroto e obrigou a poñer orde ó alcalde, o que non logrou inmediatamente. Comezou ó dicir o representante socialista (E. Gutiérrez) que se van ser cen rogos e preguntas, que non se quedaría, sendo respondido por Azucena (PP) que se podía ir cando quixera. Resposta nova de Lalo indicando que non se senta alí (indicando o lugar do alcalde), e polo tanto, que non emule á canciller alemá. A cousa continuou por breve tempo, pero coido que coa orixe xa  chega.
Así pois, sete mocións:
Polo BNG. Sobre banca e preferentes. Resultado, aprobada: 8-0-4. Rebatida por Campo Braña dende o PP indicando que o bipartito tamén ten culpa no tema.
BNG. Contra a reforma laboral. 7-1-4. Falou Tino (UPRi) no sentido de que que os políticos e asesores de Madrid terían idea do que facían, e que non vía normal adicar o 70% do tempo a cousas que non son do pobo. As argumentacións contrarias pasaron a culpa ó PSOE indicando que son medidas 'que perxudican a todos pero que son necesarias', así como que 'frea a destrucción de emprego' e salientando as ventaxas para os empresarios. O alcalde defendeu a moción dicindo que só había que ver a defensa dos postos de traballo comparando as listas de paro de hai seis meses e de agora a nivel estatal, ou dos ultimos anos a nivel Galicia, e referiuse ó nivel de paro en alemaña cando Hitler chegou ó poder.
PSOE. Sobre a emerxencia da seca. 8-0-4. Foi resaltada a pésima política forestal e o tema da queima das Fragas do Eume, e rebatida por Campo Braña dicindo que non falaba para nada dos incendios forestais e do plan forestal, que xa está aprobado apra núcleos de máis de 50 000 habitantes, así como da extemporaneidade dado que o mes de abril foi moi chuvioso.
PSOE. Sobre a praia das Catedrais. 8-0-4. Indicou Lalo que (evidentemente) non é unha moción tipo, e a insistencia da mellora do tema dos aparcamentos na zona e da instalación dalgún tipo de información capaz de aproveitar as visitas  para desvialas cara a Ribadeo. Saiu a relocer que dalgún xeito, todo o mundo o levaba no programa, o que facía presumir se non unha unanimidade, alomenos non oposición, pero ... Neste pundo saiu a relocer o tratamento das Catedrais no PXOM ou a falta de depuradora por conflito entre administracións. A suxerencia do alcalde de sumar á moción a implicaicón de Xunta e estado moitvou unha reclamación de Azucena González por defecto de forma, pedindo a constancia en acta, pois alegou que en ocasións anteriores enmendas semellantes non se permitiron, o que constitúe unha adecuación ad hoc das leis. A cousa chegou a unha certa calma despois de indicar Lalo Gutiérrez que modificaba o texto el mesmo e os servizos xurídicos que tiña validez o que se estaba a facer independemente do que se fixera noutromomento.
PP. Sobre Alcoa e a tarifa eléctrica. 12-0-0. Siu a relocer o déficit tarifario e o emprego da comarca, pero non a situación na que manteñen as compañías ós clientes particulares, por exemplo.
PSOE. Para pedir a retirada do decreto de gastos sanitarios. 7-1-4. O PP posicionouse en contra indicando Azucena González que o facían por ser unha praga de mentiras o seu contido.
Queda a última moción e os rogos e preguntas para outra entrada ...
Continúa.

20120515

A praia de As Catedrais, en Google Maps

Ben, como na procura en Google Maps de As Catedrais (a praia ou os arcos, da o mesmo) aparecen primeiro (e só) unha pila de establecementos comerciais, a ligazón á localización (seguro que se pode facer mellor, se alguén aporta máis ...)
https://maps.google.com/maps?q=Playa+de+las+Catedrales&oe=utf-8&client=ubuntu&channel=fs&ie=UTF-8&ei=nMOyT-ybHITMhAeGh6TQCA&oi=mode_link&cd=3&ved=0CBgQ_AUoAg

INDIGNADISIMO…

Deixo abaixo o artigo de Javier Menéndez Arbesú publicado o pasado sábado en La Comarca del Eo, a quen llo pedín por consideralo de interese:
 
No quiero estar encuadrado en ninguno de los movimientos políticos que hay en la actualidad, me niego a la manipulación existente en los mismos…
Los españoles estamos soportando con dignidad y con mucho sacrificio las medidas que se están adoptando, consecuencia de la mala gestión y el despilfarro de nuestros anteriores gobernantes, y no quiero acotar cuáles fueron peores, los meto a todos en el mismo saco (derecha, izquierda y centro). Todos los “españolitos” entendemos el esfuerzo al que nos someten y lo llevamos con dignidad… con carencias, con esfuerzos…, pero les aseguro que todos estos esfuerzos pueden reventar…
Queremos medidas LÓGICAS Y JUSTAS que nos alivien de este GRANDÍSIMO ESFUERZO…, no se puede admitir, y deseo que URGENTEMENTE se vean muestras de que de verdad nuestros gobernantes no nos están tomando el pelo…, ASI LO ESPERO…
Que urgentemente TENGAN LA VERGÜENZA de hacer un plan para que la Banca devuelva al erario público los miles de millones de euros que Vds. les han dado para aumentar los beneficios de sus accionistas y directivos; en vez de facilitar el crédito a las familias y a las empresas para poder crear trabajo. (¿O es que nos ocultan algo?, no quiero considerar la posibilidad de que les estén pagando algún favor… ¿Tienen sus cuentas al día?, ¿Van pagando sus créditos millonarios?... (ES UN MAL PENSAMIENTO QUE TENGO, perdón…)
Que urgentemente TENGAN LA VERGÜENZA de legislar, inhabilitar e incluso detener y encarcelar -si así procediese- a los responsables de los “desaguisados” que hicieron muchos banqueros en las Cajas de Ahorros y otras entidades bancarias (Responsables de las entidades, Consejos de administración de los mismos, etc.)… todos los que cobraban cantidades astronómicas en sus respectivas entidades… y que después de llevarlas a la ruina se fueron de “rositas”…
¿Cuántas sentencias de embargo de sus viviendas se dictaron a ciudadanos, que no pudieron hacer frente a las cuotas correspondientes de estas entidades, y que ahora están en QUIEBRA TÉCNICA y desaparecieron?
No comprendo muchas cosas de la Justicia…,¿Por qué se le embarga a los ciudadanos cuando dejan de pagar a una entidad bancaria y cuando dicha entidad bancaria está en dificultades o da en quiebra, sus responsables se van de “rositas”?...Los señores Jueces son humanos ¿verdad?: ¡qué difícil debe de ser dictar el embargo de los bienes de muchas personas normales, honradas, que por las circunstancias actuales no pueden hacer frente a sus obligaciones, en base a unas Leyes hechas a medida para el poderoso...! ¡Madre de Dios, qué responsabilidad!.
Reflexiono además, cuán lenta es la justicia en muchos casos (diría en la mayoría de los casos, nada más que tenemos que ver el atasco existente) y qué rápida va cuando actúa una entidad bancaria para ejecutar un bien…, quizás sea que el procedimiento de “embargo” sea más sencillo o que los abogados de los PODEROSOS BANCOS sean los más listos del mundo mundial… (Se me viene a la memoria el Sr. Pacheco… perdón por el lapsus).
Qué tristeza y qué pena, y a la vez qué rabia nos da a los ciudadanos ver que el “PILAR” más importante del Estado, “LA JUSTICIA”, este politizado…, NO CREO EN LA INDEPENDENCIA JUDICIAL visto lo visto… y lo siento de verdad. Me manifiesto libremente e incluso puedo decir, porque es políticamente correcto, que asumo las decisiones judiciales, porque no podría ser de otra forma, pero no las comparto, como no las comparte una mayoría de ciudadanos Españoles… ejemplos hay infinitos, nada más que tenemos que consultar las hemerotecas… No pueden ser elegidos POLITICAMENTE los integrantes de las altas Instituciones judiciales (TRIBUNAL CONSTITUCIONAL, CUERPO GENERAL DE PODER JUDICIAL, FISCAL GENERAL DEL ESTADO, etc.)…, aquí está fallando algo, ¿no lo creen?
Señores gobernantes: legislen urgentemente para que los políticos corruptos y sus partidos devuelvan el dinero equivalente a los perjuicios que han causado al erario público con su mala gestión o/y sus fechorías, que los grupos terroristas paguen los daños materiales causados y endurezcan el Código Penal con procedimientos judiciales más rápidos y con castigos ejemplares para ellos.
Qué pocos INDECENTES están inhabilitados o devuelven lo que malgastaron o cambiaron de cuenta. Incluso les digo: QUE ALGÚN GOBIERNO HAYA INDULTADO RECIENTEMENTE A ALGÚN “TODOPODEROSO” CON EL SILENCIO DE LA OPOSICIÓN… es INDIGNANTE (Lo siento ALONSO, ya no te sigo, NO PUEDO SOPORTAR TU ESPONSOR, te paga y patrocina con parte de las comisiones que me cobran a mí y a miles de personas a las que les cuesta llegar a fin de mes…, me paso a RED BULL que por lo menos me da alas…)
Sres. Gobernantes. es INDECENTE que el salario mínimo de un trabajador sea de 624 €/mes y el de un diputado de 3.996, pudiendo llegar, con dietas y otras prebendas, a más de 6.500 €/mes. Incluso sospecho, por el nivel de vida que lleva la mayoría, que nos ocultan y no dicen a los ciudadanos la verdad…, ¿incluyen en los datos que nos dan, las dietas a consejos de administración de Empresas creadas por Uds. mismos para colocar a sus amigotes y que en la mayoría de los casos no valen para nada?, ¿incluyen en los datos que nos dan, la dietas por asistencia a comisiones también creadas por Uds. mismos que no resuelven nada en la mayoría de los casos y que les dan acceso a suculentos sobresueldos?... me imagino que existirán infinidad de “triquiñuelas” que desconocemos los ciudadanos de a pie y que les valen para incrementar sus nada despreciables sueldos… Por favor no hay nadie que nos informe y los haga públicos.
Es INDECENTE que nos intenten hacer creer los sueldos del PRESIDENTE DEL GOBIERNO Y de los MINISTROS. Por favor, no nos tomen el pelo … 87.000 € (brutos) equivale a un neto mensual de aproximadamente de 4.400 € por 14 pagas… ¡¡¡anda ya!!! … y los ciudadanos somos “gilipollas” y nos lo creemos (Se me viene a la cabeza un “personajillo” que con el sueldo de ministro pagaba hipoteca (300.000 €) de chalet donde vivía, colegios privados de élite para sus hijos e hipoteca (300.000 €) de “dúplex” en una zona privilegiada de una Ría Gallega… y además, seguro que vivía de acuerdo con el nivel de su “status”… nunca se le vio en el “todo a cien” ni en el “mercadillo” comprándose el ajuar… A mi no me salen las cuentas…. ¿y a Uds.?
Señores gobernantes y clase política en general: es INDECENTE que un profesor, un maestro, un catedrático de universidad o un cirujano de la sanidad pública, ganen menos que el concejal de festejos de un ayuntamiento de tercera. ¿No van a hacer nada?
Señores gobernantes y clase política en general: es INDECENTE que un ciudadano tenga que cotizar 35/40 años para percibir una jubilación y a los diputados les baste sólo con siete, y que los miembros del gobierno, para cobrar la pensión máxima, sólo necesiten jurar el cargo. ¿No se les cae la cara de vergüenza?
Señores gobernantes y clase política en general: es INDECENTE que los diputados sean los únicos ¿trabajadores? de este país que están exentos de tributar un tercio de su sueldo del IRPF. Si hablamos de vacaciones, es INDECENTE que sus señorías tengan CINCO meses de vacaciones al año.
Es INDECENTE que ministros, secretarios de estado y altos cargos de la política, cuando cesan, son los únicos ciudadanos de este país que pueden legalmente percibir dos salarios del ERARIO PÚBLICO.
Es INDECENTE contar con infinidad de asesores y personal de su confianza a cargo de los ciudadanos, ¿no creen que en las diferentes Administraciones del Estado existen FUNCIONARIOS muy capacitados para asesorarles?, o quizás sea INDECENTE que a un político no se le exija superar una mínima prueba de capacidad para ejercer su cargo (ni cultural ni intelectual).
Es indecente que viajen en PRIMERA CLASE a costa de los ciudadanos (¿del dinero público?): ”si Uds. quieren viajar en primera, páguense la diferencia”, sería mucho más justo, ¿cierto?
Es INDECENTE que se subvencione a PARTIDOS POLITICOS, SINDICATOS Y PATRONAL, “cada palo que aguante su vela”, como hacemos todos los ciudadanos.
Es INDECENTE que sea cual sea el color del gobierno, toooooooodos los políticos se benefician de este moderno “derecho de pernada” mientras no se cambien las leyes que lo regulan.
Y lo malo de todo esto es que ¿quién puede cambiarlo?..., ellos mismos, por lo que todo continuará igual, “nadie tira piedras a su propio tejado”... de ahí mi INDIGNACIÓN.
Es IMPORTANTÍSIMO que esto cambie o puede pasar algo malo, los ciudadanos tenemos un límite, muestra paciencia se va agotando.
Sería bueno que los sufridos FUNCIONARIOS tan sometidos y en los tiempos que vivimos tan afortunados, empiecen a actuar, ellos, de una forma indirecta, pueden dar solución a todos estos males…
Imagínense que los Funcionarios INTERVENTORES no dan paso a los documentos que intervienen, que los Funcionarios TÉCNICOS no informan a gusto del INDECENTE (recuerdo que el papel puede con todo), que los Funcionarios SECRETARIOS en sus informes son tajantes (vuelvo a recordar que el papel puede con todo) e impugnan y recurren los acuerdos tomados contra natura; incluso se me ocurre pensar que haya algún (o muchos) “mal funcionario” que cuando vea algún abuso lo denuncie, al fin y al cabo por sus manos pasan: facturas, gastos, dietas, etc., etc. ... Y lo anterior lo digo como anécdota y en base a lo que muchas veces los ciudadanos de a pie leemos en los periódicos, que hacen de investigadores y aportan documentos “la mar de comprometedores” ¿cierto?.
Gracias a Dios nuestros FUNCIONARIOS son grandes profesionales, personas sensatas y de toda confianza…. Pero también es cierto que se nota cierto malestar entre ellos ante estas INDECENCIAS que les empiezan a afectar…, se están reduciendo puestos de trabajo (amortizando plazas), aumentándoles el horario, bajándoles el sueldo…, yo empiezo a estar preocupado por su hasta ahora “profesionalidad, independencia (se la supongo, aunque muchas veces, dependiendo del color de los gobernantes se filtran más o menos cosillas) y discreción”
Señores Gobernantes ACTUALES: tienen mayoría absoluta, pueden legislar cómodamente, están tomando medidas muy duras y drásticas (que solo nos están afectando a los ciudadanos de a pie) para salir de la CRISIS en la que Uds. mismos (los políticos en general) nos metieron. Tomen nota de lo anterior y empiecen a actuar, pueden hacerlo, LOS CIUDADANOS ESTAMOS HARTOS, y no nos engañan… ¡¡¡mucho cuidado!!!, quizás la cuerda se rompa y la solución entonces pudiera ser trágica.
J.M.A.

Semipleno ata as 23:59

A historia en Ribadeo (ás veces) parece que se vai escribindo cun sorriso nos beizos.
Onte fíxose patente esa parte e tamén algunha menos sorrinte. Un pleno que comezou con 12 edís dos 13 rematou con 10. Cando cheguei (tarde), un total de 12+3+4 persoas (concelleiros, persoal municipal e público), e, ó final, 10+2+1. Cada unha das tres compoñentes coido que daría para falar do tema por separado, e algo comentarei ó llongo de varias entradas, pois un pleno de 4 horas (case) da para comentar. A pesares de que non considero que fora especialmente complicado na temática.
Como outras veces, comezo polo final. Porque desta volta, si se contestaron, -repito, a partires das 23:59- algunhas preguntas do Tesón. Algunhas, que a base de retrasar as respostas, coido que aínda quedan (as de abaixo foron feitas para o pleno de xaneiro). As preguntas contestadas:
1.Dada a perda cultural e identitaria en curso das Terras de Ribadeo, co uso do nome da Reserva da Biosfera - Rio Eo-Oscos "y Tierras" de Burón (carteis na rotonda dos Irmandiños, Autovía, e moitos outros lugares mercede ós fondos do Ministerio de Fomento ou o de Medio Ambiente, variacións patronímicas diversas debidas á Xunta de Galicia, continuación da designación de Río de Ribambo ou Obeso en Google Maps, a noticia de que se está 'cerca de Castropol' ou que se vive en Ribadeo-Asturias se se usa Facebook, etc, solicitamos coñecer se existe unha política da alcaldía en relación a dito tema.
2.Tendo en conta a finalización das obras da Fábrica de Alxinatos e a súa promoción xunto co paseo, que teñamos noticia aínda ambos sen entregar, pero usados puntualmente, solicitamos coñecer o destino que se pretende ó edificio remodelado.
3.Dada a ausencia de novas sobre o estado e recuperación das vidrieiras da capela do cemiterio, solicitamos coñecer en que estado se atopa a delimitación de responsabilidades, os pasos para a súa reposición e a posibilidade de usar a Fábrica de Alxinatos ou outro lugar para facer unha exposición dos restos.
4.Despois de ter nova recente da finalización de obras para ter un campo de céspede artificial nos terreos do C.P. Gregorio Sanz por un importe abondo superior a cen mil euros, solicitamos coñecer as partidas de cartos propios ou doutras entidades, dispostas para as más necesarias obras na casa do xulgado, o comezo da residencia de maiores ou a participación do concello nas tamén necesarias obras da Torre dos Moreno.
As respostas ás preguntas anteriores, dun xeito sucinto:
As queixas de Google maps están subsanadas dende onte mesmo.
No mesmo paquete, pero anteriormente, ía 'Obeso' por Ove ... Comezou o alcalde sinalando que a política é a que ven establecida polo uso do galego, segundo a normativa presente na páxina web, e que o que fan as empresas particulares ou outras administracións non é responsabilidade do concello. Non obstante, tenta actuar, e así, xunto co dito de Google, logrouse o cambio en google maps tras un proceso longo porque non é doado poñerse en contacto dun xeito adecuado coas empresas de internet, e puxéronse en contacto coas institucións e o cartel da autovía xa está en galego, pero os datos de facebook, asignando partes do concello a Asturias ou relacionándoo con el, aínda está por corrixir. Asemade, o comunicado a Feijóo polo cartel sobre o 'río Eo' en troques de Ría de Ribadeo que está perto da confraría tamén está por corrixir, tras facer oídos xordos.
Respecto a alxinatos, remítese a unha xuntanza futura cos portavoces dos grupos, ós que emprazou onte mesmo.
En canto ás vidirieiras, algo máis ou menos coñecido xa, pero más claro. Foi dirixido polo concello un escrito formal á asoc. Ponte dos Santos, quen reclamou á aseguradora, con resposta de que non lle compete a ela, co que posteriormente entrou en vía xudicial. Cabe aclarar pola miña parte que, no que respecta á pregunta de O Tesón, esa sería a resposta só a unha parte, pois sobre responsabilidade non houbo mención algunha na resposta.
En canto ó xulgado, estritamente é do concello, pero con usufruto por parte xudicial, o que crea ó parecer un vacío que non amaña as cousas. A residencia tivo unha resposta máis sinxela: non estamos en tempo, pois aínda están as cousas moi verdes (o de verdes púxeno éu de xeito gráfico, non foi verba empregada polo alcalde). E respecto á Torre, 35 000 € foron os fondos empregados polo concello no pasado exercicio. Coido que non quedou patente pola resposta do alcalde algo que saíu no pleno a conta doutras cousas: as diferentes preferencias de emprego dos cartos en relación con diferentes necesidades do concello non cubertas. Non obstante, a ausencia de citación deses criterios é abondo para poñer ás claras que os criterios empregados ás veces non corresponden á urxencia das actuacións.
Así pois, como outras veces, continuará. Nos temas que restan e tamén nalgúns dos temas respostados.
Partes II e III.

20120514

Unha lembranza para hoxe: Pleno en Ribadeo

Corto e pego da páxina do concello, para hoxe, 14 de maio ás 20:00:
Entre os puntos que se someterán a debate a aprobación figuran: a concertación de préstamo ao abeiro do Real Decreto 4/2012; a ordenanza fiscal P3 polo prezo público pola venda de libros, publicacións, material promocional e pola realización de actividades, xornadas, seminarios, cursos ou similares; e a ordenanza fiscal G1 reguladora da concesión de aprazamentos e fraccionamentos de débedas tributarias e demáis de dereito público do Concello de Ribadeo.
No capítulo de mocións abordaránse: una presentada polo PP sobre os custos derivados da tarifa eléctrica e o apoio á competitividade da empresa Alcoa en Galicia; tres presentadas polo PSG-PSOE sobre a situación de seca e emerxencia, o entorno da praia de As Catedrais e a retirada do RD 16/2012 sobre gastos sanitarios; e tres plantexadas polo BNG sobre a protección de persoas afectadas por participacións preferentes, o mantemento do servizo de axuda no fogar e contra a reforma laboral.

Pasou o día?

Remedando un dito, 'Pasou o día, pero non a romaría'. Coido que mellor unha imaxe, recortada dunha foto da colección de Brocco Lee en Flickr, tomada en Atocha, Madrid. 12 de Maio 2012, que collo a traverso do blog do Ángel de Olavide que animo a ler (lic. da foto, atribución-compartir igual xenérica 2.0):
Despois dun ano, a evolución do 15M seguiu camiños trillados, pero sen esmorecer, sen perder a lucidez, sen desaparecer. Si, eses camiños 'trillados' son os que o fixeron madurar, integrar as súas ideas nunha sociedade que hai un ano era diferente porque as vía de lunáticos, e hoxe poden ser subversivas para algúns, pero variando mentras a concepción de perroflauta: pódese usar a mesma verba, pero o concepto é diferente.
E ti, estás disposto a deixar que a historia a marquen quen non está disposto a deixar un resquicio para ti nin para os teus fillos?

20120511

numerando os días, actuando neles.11M, 12M, 13M... ...

12M
Despois dun ano, as persoas do movemento 15m volveremos a saír ás prazas nunha xornada de mobilización global, ocupando un espazo que é noso, das veciñas e veciños. Non será unha celebración nostálxica dos acontecementos do 2011, pero si unha maneira alegre de volver a estar xuntas, para seguirmos pensando que mundo queremos; sabemos que outro mundo é posible, atrevámonos a pensalo e a facelo entre todos. Recomezamos este sábado 12 de maio, no Cantón de Ribadeo ás 12 da mañá cunha concentración, seguida dun xantar popular. Asemblea 15M Occidente Asturiano- Mariña Lucense
Cartel do #12M15M
 E o 13M, mercado transparente-comercio xusto como comezo das actividades da semana
AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organiza en Ribadeo dendo o domingo 13 de maio ata o mércores 16, unha serie de activadedes entorno o Dia Internacional do Comercio Xusto, que se celebra o 12 de maio.
Estas actividades se enmarcan dentro da Semana Galega de Comercio Xusto que co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan en Santiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. E demandar outro modelo de comercio e consumo máis respectuoso cas persoas labregas e produtoras, co medioambiente e coa saúde.
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas.
Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado, que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. O salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión; e as técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do
ambiente.
ACTIVIDADES
MERCADO TRANSPARENTE
Ofreceranse produtos locais e de comercio xusto
Domingo 13 de maio. Praza de Abastos
Hora: 11:00-14:00 horas
MESA REDONDA: “Soberanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”
Hora: 13:00 horas
Participan: Amarante, Sindicato Labrego, produtoras locais e outros colectivos. Aberta á participación a calquera persoa interesada no tema.
OBRADOIRO DE HIP HOP: “Comercio de armas. Cultura de Paz.” Ás 11:30 horas.
CONFERENCIAS
Martes 15 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “A Política Agraria Común”, co Sindicato Labrego Galego
Hora: 20:30
Mércores, 16 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “As finanzas éticas”. Marta Rodríguez, FIARE GZ e Ramón Carmelo COOP57 GZ
Hora: ás 20:30

20120510

Un xulgadiño, ...

Petición denegada?
Ó mellor pediuse tan baixo que non houbo lugar á escoita.
De feito, non teño constancia que dendeo o concello se pedira dende hai máis dun lustro.
Si pola cidadanía, e as sinaturas presentadas polo Tesón hai ano e medio, a foto cos políticos que (inxenuos) pensábamos que apoiarían a cuestion, a viaxe do Presidente da asociación a Madrid, a súa procura de datos históricos ... e logo, documentos posteriores amosan que si está pedido e á vista de que se fai pouco ruído a contestación está clara (polo momento)
E, nestas, a reforma da planta xudicial.
As condicións previstas: máis de 100 000 habitantes e 8 xulgados por distrito/termo xudicial. Persoalmente, coido que é algo que perxudica a Galicia en conxunto, debuxado dende Madrid, unha cidade con máis de 3 000 000 de habitantes, máis que Galicia enteira, cunha extensión pouco maior que o termo municipal de Ribadeo. Pero iso é, en tal caso, para outro día.
Traen hoxe os xornais que Mondoñedo treme pola desaparición dos seus xulgados. Mais, un pouco de análise dende a perspectiva de Ribadeo: A zona norte de Lugo contan que quedará moi posiblemente como un partido xudicial. Incluíndo os actuais termos xudiciais de Viveiro, Mondoñedo e Vilalba, ten máis de 100 000 habitantes (poucos máis, pero ...) e só 6 xulgados. Se o que se procura é unha concentración de partidos xudiciais para 'unha mellor función administrativa', pero non de xulgados (sobre o que non teño constancia de que se dixera ren), entón, para unha distribución xusta, habería que crear algún novo xulgado.
así as cousas, non sería o momento propio para que o goberno municipal reclamara a creación dun xulgado en Ribadeo? A proposta e o apoio, téñenno. A historia, tamén. A intención ...

20120509

Castropol entre nubes. Ribadeo ...

De todos é sabido que a ría de Ribadeo ten magníficas vistas. Tamén o é que as vistas dende a beira en Ribadeo son mellores que as que se observan dende Castropol. É algo que ten dada lugar a algunha anécdota. Aquí queda unha foto de Castropol dende a beira occidental da ría de Ribadeo para amosar esas vistas.

O urbanismo ten algo que ver coa explicación do tema das vistas. Pasou xa a metade do período de alegacións ó Plan Xeral de ordeamento municipal e é previsible que nesta segunda parte se aumente o número de alegacións respecto ó anterior período, e mesmo hai quen di que o total de alegacións sobrepasará ás da anterior exposición. As razóns serían que que os erros observados non foron en xeral corrixidos, e os cambios pedidos non foron tampouco en xeral atendidos, pero, se o foron, en moitas ocasións terán intereses opostos que serán os que reclamarán agora. Por outra parte, ó ver a existencia de alegacións e, literalmente, que non pasa nada por presentar unha alegación, a xente tamén se anima máis a facelo. E máis aínda o ver que non calquera terra vale para calquera cousa, como antes se pensaba, saltando por riba do que fora. Por certo, quizáis os erros non foron corrixidos porque a empresa encargada é a mesma da vez anterior, e da da anterior ... que voltou a facer sen pisar moito o terreo, tirando dos datos e facendo rendir unha vella inversión. O que pasou coas variacións de tipo de chan da outra vez a esta, iso xa é diferente, e entraría dentro dos cálculos políticos e técnicos, pero ... coido que segue sen propoñerse nas indicacións iniciais un modelo claro para Ribadeo, co que as alegacións serán en plan particular, sen unha visión xeral, e respostadas do mesmo xeito. E as visións particulares xa sabemos o que teñen: salvo excepcións, defenden o particular, non o xeral.
Dito o anterior, as novas antes das municipais (antes aínda chegouse a pensar en deixar todo ben atado antes das eleccións) eran que no primeiro tramodo mandato quedaría listo o PXOM. Agora parece que non vai ser así. Sairá neste mandato, alongarase ata o próximo ou haberá que facer outro?

20120508

Ribadeo, onte: tres fotos desiguais

Onte leveime unha sorpresa. Facía tempo que non subía pola aduana vella e atopeime isto:

Como se ve, un graffitti métese mesmo nos vidros das fiestras. Hai máis noutro lateral. Subín pensando que é o que algunha xente entende por arte, o lugar do arte, ...
Na fin de semana houbo unha aproximación luar á Terra que foi a maior do ano e mesmo maior que a correspondente doutros anos próximos. Iso fixo que a influenza luar se deixara sentir máis, e onte había mareas que, captadas case no máis alto, sobre as seis da tarde, deron lugar as dúas fotos que poño a continuación, tomadas igual que a anterior por Goyi Gómez:
17:57

Os bloque vénse cubertos ata unha marca difícil de observar outro día, pois ademáis a presión estaba máis ben baixa. Cando comezou a baixar a marea, fíxoo de natural con moita velocidade, e levantouse vento do sur ...
18:07

En Mirasol dixeron na última obra que aplanaban o peirao, e así foi. De calquera xeito, vése na foto que a horizontalidade deixa que desexar.

20120507

Novas relacionadas con Ribadeo

Entre as novas deste fin de semana, destaca a nivel internacional a victoria de Hollande nas eleccións francesas, que xa ten xerado comentarios que en certo xeito lembráronme ó Premio Nobel de Obama, un premio dado antes de ganalo, polas expectativas. Con outra interpretación, a victoria dos nacionalistas escoceses nas eleccións locais na súa terra tamén indica algo nunha zona onde o nivel de autogoberno separado de Inglaterra é escaso. Máis eleccións en Europa: en Grecia, dan un poder inusitado á ultradereita neonazi, pero máis á esquerda radical, en Alemaña os partidarios de Merkel posiblemente perdan outro land,e en Serbia pasan de ir votar.
Mentras, máis próximo, do mesmo Ribadeo, elixiría tres novas. A primeira, dentro da familia socialista, o rexeitamento dentro da agrupación ribadense da xestión de Ricardo Varela. E destacaríao non polo rexeitamento, senón mási ben polo que non pon ou non comenta a nova (alomenos en internet). De sobra é sabido que afiliado non significa votante, nin por cada afiliado hai un número de votos fixo, pero cando unha formación aumenta o número de afiliados, soe corresponder cunha maior resposta electoral. E 27 afiliados participantes nunha votación non parecen demasiados, aínda que si o son en comparación coa representación asamblearia doutras asociacións non políticas. Ben, ademáis, os apoios saíron en contra da postura da dirección local, da que hai que lembrar que non hai tanto tempo saíron elementos renovadores, enquistándose polo contrario algunha xente relacionada co poder dentro do agrupamento dende hai algún tempo. O caso é que con esto, os catro partidos no concello parecen ter os seus problemas de diverxencias (algo que parece natural), mentras que só un (ou dous, segundo a mirada) as teñen controladas para que sexa cuestión interna potencialmente enriquecedora, mentras que os outros dous manifestan dun xeito máis ou menos público as súas liortas com problema interno.
Máis, é a primeira volta que vexo referido nun xornal a nivel estatal a un científico relacionado con Ribadeo. 'Díaz-Fierros o el diálogo inteligencia sobre ciencia' é a referencia pioneira (na que non se menciona a Ribadeo). a dicir que non é a primeira nova sobre Ribadeo con relevancia no plano científico, pois por exemplo, ten saído a relocer unhas cantas veces o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, pero non teño visto unha referencia persoal como entrevista a parte, polo conxunto da súa labor.
A última que quero reseñar é a referencia a García de Paredes, directivo de Caixa Galicia que foi nomeado como donante da súa indemnización como directivo co cambio da caixa a banco, e así quedou a cousa ... pero non, parece que lle voltou a cordura e non só non doou a súa parte de millóns de indemnizacións autoconcedidas pola directiva, senón que espera aínda outra aprte semellante ó cumprir a súa idade de xubilación 'auténtica', aínda dentro duns cantos anos (nos que é de supoñer que os avispados inxenuos afectados polas 'participacións preferentes' seguirán a reclamar compensación).
Mentras, en Ribadeo tamén se vai achegando a conmemoración do 15M, aínda que se traslade día e, sobre todo, se dera por morto xa varias veces ó movemento... como se diría, este morto está abondo vivo.

20120505

Un vello artigo publicado o 19990430 na Mariña de El Progreso, para repensar sobre a economía local

Pastoral
Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do século e do milenio, en Ribadeo estase a plantexar unha pequena revolución comercial. Nalgúns sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, aínda tardará.
O feito: tres grandes superficies comerciais / áreas comerciais (ou como se lles queira chamar, pois hai unha gama de centros deste tipo que para moitos efectos son diferentes) están a piques de se instalar na nosa vila. A favor, o Concello, esgrimindo postos de traballo e progreso da vila. En contra, comerciantes (non todos) e defensores da produción autóctona. No medio, a maioría da xente, con vistas a unha maior posibilidade de compra e cunha apatía que se trata de mobilizar.
Con certa frecuencia pódese ver na prensa fotografías de mercados doutros lugares do mundo, como Perú ou Kenia, que son empregados moitas veces como reclamo turístico, lugares de colorido e tipismo que se tratan de identifica cos vellos tempos perdidos de estilo pastoral. Lembran ás nosas feiras, máis ás de fai trinta anos que as de hoxe. Son feiras de supervivencia (dunha economía de) que aspiran a evolucionar. Tamén pódese observar outro tipo de mercados ó estilo de Francia, por exemplo, onde a mecanización dos tenderetes arrasou por completo ós proveedores de produtos da súa propia colleita e era fai vinte anos cando xa se desenvolvían alí como agora aquí. Aquí mesmo estase levando a cabo unha transformación, co nacemento de mercados especializados, dende o mel á faba, por poñer só dous exemplos, ou mesmo a mecanización de tenderetes, da que quedan afastados os produtores autóctonos, se ben non os comerciantes. O esgrimir a defensa da producción do lugar por esa vía coido que é querer loitar con pedras contra armas automáticas: poderase obter algunha vitoria, pero a guerra está perdida. A saída desa produción está en buscar e atopar novas formas de comercialización e logo, potencialas, non en ter unha economía de supervivencia.
¿Postos de traballo? As estatísticas din que a creación de postos polas áreas comerciais non compensa en principio os destruídos no pequeno comercio. Non hai estudio dese tipo que non teña algún sesgo, pero a realidade está aí: o rendemento empresarial é superior na maioría dos casos cunha organización do tipo área comercial que coa dos comercios tradicionais. Outra cousa é intentar repercutir novos postos de traballo pola atracción de clientes de fóra, o que é factible e supoño que non descartarán nos seus estudios de mercado as sociedades que pensan instalarse aquí.
O progreso da vila non é igual a unha maior instalación de empresas comerciais, pero parece ser algo parello. Dise que as novas zonas comerciais poden rematar cos pequenos comerciantes. Nunha confrontación comercial, sempre hai quen gana e quen perde, aínda que se poden establecer relacións amistosas nas que se pretende que ganen todos. E hai comerciantes que levan anos preparando os seus negocios, modernizándoos, e tamén crecendo, mentres outros teñen parado ese proceso. Na actualidade, hai áreas sensibles que están xa copadas por empresas foráneas. Un caso típico é a alimentación. Tres empresas de fóra, con cinco establecementos, copan a gran maioría da distribución neste sector, e pouco efecto poden facer xa as novas instalacións ós comerciantes de vello no pobo. Por contra, o comercio de Ribadeo ten tamén establecidos pontes noutras vilas.
No reparto de clientes, queda dito con anterioridade, hai que contar coa xente que virá comprar dende outros lugares e que non viría doutro xeito. Xente que hai que atraer, e non só polo novo comercio, senon tamén polo xa establecido en Ribadeo, ó tempo que toma medidas para perder a mínima cota de porcentaxe fronte ós novos. ¿David contra Goliat? Nalgún caso, a loita pode establecerse neses termos. En xeral, será unha confrontación de xeitos diferentes de organización de empresas, na que haberá que agudizar o inxenio.
Respecto á competencia esperada que beneficie ó consumidor, pouca xente o pon en dúbida, se ben a competencia poucas veces é perfecta. Ademais, competencia libre implica depredación do comercio sen poñer unhas regras do xogo que protexan a sociedade fronte a abusos libres, do mesmo xeito que se é demasiado restrinxida supón un sometemento do comercio a determinadas entidades favorecidas, tamén en detrimento da sociedade. Esperemos non entrar en ningún dos dous casos.
De calquera xeito, cando se trata dunha perturbación previsible de gran magnitude no comercio local, pode haber unha negociación para conseguir que as empresas se instalen dun xeito favorable para todos, sen avasallar facendo, por exemplo, modificacións en plans que perxudiquen ó pobo. Esto queda en mans do Concello. ¿Fíxose? As empresas que se instalan, a ben seguro fixeron un estudio de mercado. ¿Pode facer / ten ACISA feito algún plan que facilite a competencia das empresas que a integran?

20120504

Cambio de luces para aforrar, 500 € por unidad

Estes son os prezos: máis de 500 € por luminaria cambiada no porto de Viveiro, cun total de 35 000 € para cambiar 63 luces. Entendo que é só para cambiar a luz, non o pé e demais necesidades. O aforro que se vai producir (unha volta feita a instalación) vai ser gordo. Así están os prezos ...

20120503

Artigo de Evaristo Lombardero sobre ouro e eleccións


MINA DE ORO Y ELECCIONES AUTONOMICAS
Las grandes empresas multinacionales como ASTURGOLD o BEGASA-EON disponen de múltiples recursos para manipular a la opinión pública y medios de comunicación para conseguir sus fines, que se resumen en aumentar las ganancias año tras año.
En los últimos meses ASTURGOLD ha centrado su estrategia publicitaria en mostrar que un amplio sector de población apoya su proyecto en el concejo de Tapia, pero no ha podido aportar ningún dato objetivo que confirme dicha hipótesis.
Con el fin de contrastar la propaganda de ASTURGOLD con datos electorales recientes hemos analizado los resultados de la elecciones autonómicas de los días 22-V-11 y 25-III-12 en el concejo de Tapia de Casariego y en Castropol, El Franco, Vegadeo, Navia y Valdés, que pasamos a exponer a continuación.
    Censo electoral: 
Entre las elecciones de 2011 y 2012 los censos electorales han tenido una variación inferior al 1 % en todos los concejos, excepto en Valdés donde la variación ha llegado al 2 %. Es decir las diferencias de censo son insignificantes.
    Participación vs abstención: 
En Tapia de Casariego la participación bajó de un 77,8 a un 61,8, es decir 16 puntos porcentuales. En los restantes concejos disminuyó un máximo de 17,7 en Vegadeo y un mínimo de 9,6 en Valdés (Media: -14,5).
Variación de voto a cada partido( comparación de resultados absolutos 2011-2012).
PP: Desciende un mínimo del 6,7 % en El Franco y un máximo del 24,6 % en Tapia. (Media: -18.06)
PSOE: Desciende un mínimo del 15,8 % en El Franco y un máximo del 29,5 % en Castropol. En Tapia desciende un 19 %. (Media - 22,7 %).
FAC: Desciende un mínimo del 11,8 % en Valdés y un máximo del 42,3 % en El Franco. En Tapia baja un 30,6 %. (Media: - 25,3 %).
IU: Incrementa su voto en todos los concejos, excepto en El Franco donde baja un 17,3 %. El mayor incremento se produce en Vegadeo (+ 47 %). En Tapia se incrementa un 38,4 %. (Media: + 18,18).
    Variación de voto izquierda-derecha
PP+FAC: Descienden un máximo del 26,7 % en Tapia y un mínimo de 14,7 % en Valdés. (Media: -20,8).
PSOE+IU: Descienden un mínimo del 8,38 % en Tapia y un máximo de 25,1 % en Castropol. (Media: - 18,7).
Partidos minoritarios
Los partidos minoritarios han pasado de 784 a 740 votos en el conjunto de los ayuntamientos estudiados, lo que representa un descenso ligeramente superior al 5 %. En las elecciones de 2012 aparecen algunas siglas que no estaban presentes en 2011 y no se presentan algunas de las que lo habían hecho en la convocatoria anterior. Su impacto en el tema que estamos estudiando parece marginal.
    Resumen
Los partidos de la derecha, defensores de la mina de oro, tienen en Tapia el mayor descenso de la comarca, que además excede en 6 puntos a la media de los restantes concejos y es 10 puntos más alto que lo achacable a la abstención
Los partidos de la izquierda, contrarios al proyecto de ASTURGOLD, tienen en Tapia un descenso que equivale a la tercera parte del experimentado por la derecha y 10 puntos menos que la media de sus resultados en los restantes concejos. Además dicho descenso es solo la mitad de lo que estaría justificado por la abstención.
    Conclusión: 
Estos resultados sugieren que el voto autonómico de 2012, en Tapia de Casariego ha estado fuertemente influido por las políticas de los diferentes partidos en relación con el proyecto de ASTURGOLD y la variación del voto se ha decantado claramente en contra de dicho proyecto. 
Evaristo Lombardero Rico

RCNR

O título serán as siglas do club náutico de Ribadeo, un dos máis prazas de Galicia e situado en Porcillán e Figueirúa, sobre a ría de Ribadeo. E, dende esta semana, Real. Porque era só real. Agora tamén o é Real. Por concesión da familia Real, entendo que por facerse propaganda a si mesma a traverso dunha querencia de importancia dos súbditos que así levan o engadido do nome como unha especie de medalla. Algo que, de paso, mantén a monarquía un pouco máis. Unha institución que que está agora mesmo nun momento algo delicado, a pesares do silencio parcial e do cese rápido das novas sobre os desastres que a Casa real ten internos a si mesma e tamén en relación con España. Así que, RCNR: quizáis mellor por un tempo reducir o de 'Real' ó R do título. Logo, xa se verá.

20120502

Galiza, mapa crítico 2012

Por xente da Galipedia chego a un pdf con título o deste artigo: Galiza, mapa crítico 2012. Deixo aquí a súa reseña porque o considero de interese xeral, coa recomendación de visualizalo cun aumento de 150% ou máis para facelo lexible.
Que ten? Datos sobre diversas taras que afectan a diferentes lugares de Galicia, dende as secuelas da construcción sen miramento algún ata a destrucción de emprego, pasando por outras moitas cuestións. Non aporta moitos datos precisos, pero si os visualiza dun xeito comprensible.

2 de maio. Repensando cousas relacionada co 1 de maio en Galicia

A simboloxía do 1º de maio é radicalmente diferente á do 2 de maio, nunha perspectiva española, atinxindo a loitas plenamente diferenciadas. Aproveito unha gráfica aparecida o 27 de abril na Voz para, á miña maneira, facer unha relación entre ambas. Resulta estimo que que os datos que usa poden suscitar moitas interpretacións, e abaixo me remito. A primeira é a gráfica escaneada da nova en papel (en dixital non aparece a gráfica):
Alí vese que a cantidade de xente parada e pensionista supera á afiliada a S.S. nestes últimos tempos. Pero da unha idea de suavidade na actualidade, ficticia por estar os tres últimos meses (xaneiro a marzo 2012) representados noutra escala diferente. As outras, son gráficas realizadas a partir dos datos de http://www.empleo.gob.es/estadisticas/ecl/welcome.htm
A táboa de datos inicial das gráficas feitas por min, a mesma que a dos datos do xornal [a notar que os incrementos tómanse con valor normalizado anual, co que os datos que aparecen serían os que aparecerían despois dun ano con eses incrementos mensuais]:
A mesma táboa, con outra representación, da lugar a unha visión diferente dos datos axustada ós tempos, esta volta, con espazos horizontais proporcionais ó transcurso do tempo:
gráfica na que se tomou a escla vertical abondo maís comprimida, e onde se manifesta o incremento de xaneiro, chamativo, e, non obstante, irrelevante na interpretación se se comara coa última gráfica, na que aparecen dentes de serra anuais. Si que se manifesta por outra banda, un mantemento e mesmo incremento no emprego que custa distinguir na gráfica do xornal.
A partir dos datos, tamén se pode observar a variación que sofren mensualmente, abondo indicativa se se toma como variación a anual (ver nota sobre a táboa):
Coido que se se comparan as gráficas, sobran explicacións e pódese unir o sentido do 1 de maio, de reivindicación laboral, co 2 de maio, reivindicativo de dereitos como España en conxunto, e polo tanto, dos españois.
Afondando un pouco máis na perspectiva, recollendo os datos estatísticos que se poden atopar na web, obtemos:
Gráfica que pon un pouco máis en perspectiva as cousas. Así, por exemplo, a poboación de Galicia está nos niveis de hai 20 ou 30 anos, pero o aumento de pensionistas leva a cifra actual a case o doble que hai 30 anos, manténdose o aumento dun xeito continuado e lembrando o envellecemento da nosa poboación e o problema asociado. Mentras, os afiliados á S.S. están netamente por riba dos de hai 30 anos, aínda a pesares do baixón de case 200 000 persoas dende o comezo da crise, e debido ó aumento constante do 97 ó 2007 (o que coincide case punto por punto coa burbulla inmobiliaria). Hai habería que falar, por exemplo, da incorporación da muller ó mundo laboral ou do trasvase de xente ás cidades. En canto ó paro, sorprende (alomenos a min nun comezo) que aínda agora a cantidade de xente afectada sexa de pouco máis que a terceira parte da xente pensionista, o que non varía o resultado final da primeira gráfica presentada, pero si a súa interpretación. E salienta un novo dato a cavilar: Cara ó 2007, había uns 7 afiliados á S.S. por cada parado. Hoxe son pouco máis de 3 ... unha situación en porcentaxes non moi diferente da do 96, tamén en relación ós pensionistas.
Por certo, o pasado ano parece ser o segundo en importancia de destrucción de emprego ...

20120501

vídeos sobre música recente en Ribadeo

Hoxe descubrín varios vídeos sobre música recente en Ribadeo que me levaron despois a máis. O primeiro:

O primeiro, 'Alborada de Ribadeo', referido no facebook por Chema E o segundo, 'Pasodobre de Pampónigas', referido por Marcos.
E, a partir de aí, en youtube, máis (incluídos algúns cargados por min), ou en goear. Por último, 'danza e percusión, curioso vídeo de danza con música de contedores:

1º de maio: traballando pola residencia

Deixo abaixo a última nota de prensa da Comisión Delegada da Residencia Comarcal de Maiores (pasada ó galego).

ACLARACIÓNS A UNHA CONCELLEIRA DO PP

Poucos acontecementos houbo nos últimos tempos capaces de desatar tantos comentarios, escritos e orais, e exacerbado tanto os ánimos dalgúns políticos locais como a manifestación celebrada o pasado domingo en demanda dunha Residencia Comarcal para Ribadeo. Unha expresión da vontade popular que non tería por que ser negativa, nin demagóxica como a cualifica a concelleira Campo López-Braña nun comentario publicado nas páxinas da Comarca do Eo, do pasado 28 de abril, baixo o título “Valoración personal de la reivindicación de la Residencia”.
Nada máis lonxe do noso ánimo que entrar nunha polémica estéril e destructora que a nada conduce senón é a caer na trampa de quen trata de romper coas súas actitudes e declaracións esta modélica unidade de criterios e actuacións, sobre todo nestes momentos nos que a unidade de todas as persoas e forzas políticas deste concello é tan necesaria para a consecución do obxectivo que se demanda.
Sen deixar de valorar moi positivamente as expresións contidas no mencionado escrito da concelleira, favorables á dotación dunha residencia para Ribadeo, a fidelidade á correcta información que se debe aos cidadáns esixe que esta Comisión Delegada da Plataforma Comarcal pro Residencia de Maiores, e para mellor información dos veciños deste concello, non poida por menos de saír hoxe ao paso das falsas afirmacións manifestadas por ela no seu comentario, afirmacións que distorsionan a realidade e a verdade dos feitos, coas seguintes precisións e aclaracións. Un comentario feito, sen dúbida, con ánimo de confundir aos veciños deste concello e desvirtuar así toda a actividade desenvolvida pola Plataforma pro Residencia e pola mesma Comisión Institucional formada polos portavoces dos partidos políticos para a consecución deste obxectivo.
1ª.-  Rexeitamos, por falsa e insidiosa, a afirmación manifestada no citado comentario desa concelleira do PP, no que se di que esta manifestación foi promovida polo concello. Como consta nas hemerotecas dos medios, a quen se comunicou o acordo o día seguinte, a manifestación foi acordada pola Asemblea Xeral da Plataforma das Asociacións de Veciños e Comunidades deste concello, celebrada en data 15 de xaneiro do presente ano, sen intervención algunha de ningunha forza política deste concello, nin do propio alcalde que, como todos os veciños, decatouse deste acordo pola prensa do día seguinte. É máis, o propio alcalde intentou posteriormente evitala por todos os medios en favor doutras actuacións políticas menos rechamantes. A manifestación foi, pois, o resultado dun acordo da Asemblea Xeral que alí se tomou, e non sen que antes fosen rexeitadas outras accións de protesta máis radicais, propostas por algúns membros da Plataforma.
2º.-  A celebración do pleno extraordinario no que se acordou elevar á Xunta de Galicia a petición da inclusión dunha Residencia Comarcal en Ribadeo no Mapa de Residencias para Galicia, elaborado pola propia Consellería de Benestar da Xunta, foi consecuencia da iniciativa presentada aos portavoces dos partidos políticos pola Comisión Delegada da Plataforma de Veciños do concejo. Iniciativa ejemplarmente asumida por todos os portavoces dos partidos políticos, sen excepción, que non dubidaron en facer súas as demandas do pobo. A falaz acusación que a concelleira fai no seu comentario arredor de que a manifestación foi promovida por iniciativa do alcalde para o seu propio proveito político ha de ser, pois, tomada a beneficio de inventario dos propios intereses políticos da citada concelleira.
3º.- Lamentamos e rexeitamos as súas incomprensibles ameazas de que esta manifestación vainos a pechar todas as portas da Xunta por habernos atrevido a pedir públicamente na rúa unha residencia para os nosos anciáns. Unhas palabras que soan máis a unha ameaza e amonestación dirixida a uns nenos polo seu mal comportamento: todos de xeonllos xa que vos portastes mal. Esperamos que sexan outros os sentimentos e actitudes de quen, habendo asumido a súa responsabilidade e percibindo os seus honorarios dos impostos dos cidadáns, ten a obriga de escoitar as demandas do pobo e de estar ao servizo dos seus intereses.
4º.- Creemos, así mesmo, que son falsas as afirmacións formuladas pola concejala do PP contra o alcalde, nas que lle acusa de aproveitarse políticamente desta manifestación. Tanto o alcalde como os demais representantes políticos do BNG, do PSOE, de UPRI e dous concelleiros do PP, demostraron todos eles por igual a súa total elegancia política e persoal ao antepoñer os desexos do pobo e asumir as súas demandas ás súas posibles conveniencias políticas. Se o apoio dos portavoces e concelleiros a este obxectivo representase, pois, algunha vantaxe política, esta ha de ser atribuída a todos por igual.
5º.-  En contra do que a autora do comentario afirma, tanto a actitude negativa mantida ata agora pola Conselleira de Benestar de non recibirnos personalmente, como se lle había reiteradamente solicitado e a súa Delegada Provincial prometeunos, como o feito de que Ribadeo non figure incluído no recientemente elaborado Mapa de Residencias para Galicia, demostra ás claras a postura negativa da Conselleira cara á dotación a Ribadeo dunha Residencia Comarcal de Maiores e, xa que logo, a necesidade da manifestación como medio para expresar as esixencias dos veciños de Ribadeo.
6º.- E, finalmente, en canto á loable preocupación manifestada no escrito da concelleira do PP pola nosa ruta a seguir no futuro nas nosas demandas, algo sobre o que se pregunta no seu comentario, ben faría a autora en sumarse ás demandas dos veciños, na seguridade de que sería ben recibido o seu apoio.  Desde aquí invitámola a aportar as súas suxestións de face á consecución deste obxectivo, que é o que, ao fin, a todos os veciños do concejo de Ribadeo interesa.