20120523

Amanece un día que promete

Ceo despexado, sol que quenta, inundación de luz, os primeiros movementos da vila en forma de limpeza da rúa, mentras o Ribadeo de tapeo continúa (aviso para que non fixera ningunha rolda, se queda) e hoxe haberá a segunda demostración 'master class' de cociña (a de onte, por información de primeira man, estivo 'chapó')
Así pois, un día máis preparado para afrontar rebelarme contra a suba da prima de risco, os intentos de desviación da atención dalgún político, algunha nova corruptela que saia por aí, un pouco menos de democracia, un pouco máis de agresión ó medio ambiente, pode que algún indulto de poderosos, maior transferencia de cartos a quen xa ten de máis, ...
Por certo que as servilletas patrocinadas polo concello e o observatorio, a parte de destapar a igualdade en plan sexo, coido que poderían aproveitarse para animar a destapar outras igualdades posibles e desexables: todos os tratamentos desiguais en función de aplicación de criterios diferentes, concebidos para favorecer a alguén contra as oportunidades dos demáis, previo establecemento de clases para favorecer esa aplicación...

Ningún comentario: