20121105

Sobre as cousas boas

'As cousas boas sempre estarán aí' é a lenda do anuncio publicitario que leva varios meses na rúa. Chamoume a atención dende o primeiro día non o fondo, plácido, senon que o anuncio fora precisamente dun produto perecedeiro. Está claro que por boa que sexa o leite que anuncia, co tempo, degrádase e deixa de ser boa para as mesmas cousas que o era nun comezo (a alimentación), aínda que se poda procurar outro uso, outra 'bondade'. Tamén está claro que con coidado, someténdoa ó frío e/ ou cunha tensión engadida inicial mediante un proceso de pasteurización, pode aguantar moito máis tempo servindo para o uso inicial.
De calquera xeito, queda patente que o anuncio usa unha sentencia que é mentira, que as cousas boas necesitan cando menos atención, coidado, mantemento, e que senón, poden deixar de selo, variar a súa natureza, variar a 'cousa'. é dicir, polas cousas boas hai que loitar. E quen non loite, perderá o bó. Sexa persoa ou sociedade. Se é persoa, cousas persoais. Se é sociedade, cousas sociais. Exemplos témolos á vista.


Ningún comentario: