20121226

E armouse o belén

Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/.
Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de Casa Maseda, o belén nabateo, e o do antigo local do banco de Galicia, o belén florentino, ámbolosdous mantidos pola asociación.
Deixo a continuación unha imaxe do blog da asociación belenista, cunha peza a medio construír, nun encuadre que da idea da magnitude do edificio, que hoxe se atopa no local da r/ Rodríguez Murias.
Palazzo Ruccelai en construcción para o Belén florentino
O caso é que pouco a pouco, e este xa é o terceiro ano que a asociación belenista monta o belén, en Ribadeo estase a crear un fondo de imaxinería e tramoya, xunto cun saber facer  ó que se lle podería sacar proveito. Como xa teño comentado con xente da asociación, a formación de unha ou dúas persoas por tempada pode desembocar nuns postos de traballo artesán que, segundo os datos que eles manexan, pode ser convinte como elección de modo de vida. Máis cando a propia experiencia dos asociados ten servido xa de formación colaborativa por un período de tres anos. Así pois, Ribadeo, a vila dos beléns? Por que non?

Ningún comentario: