20120731

Máis caras da crise. E van ...

Onte mesmo a mobilización de alcaldes deu algo máis de visibilidade á crise xa vella do sector leiteiro. Din que o leite págase en Galicia mesmo varios céntimos máis barato que en Asturias, ou que están a producir uns dez céntimos máis caro do que son capaces de vender. É dicir, producindo a perda: non negocio, senón desastre, que implica ademáis que canta máis producción, máis desastre.
Pero unha explotación gandeira nin pode dicir algo así como 'vaquiñas, vóuvos facer un ERE, e se a situación mellora nuns meses, voltamos á normalidade'. Non, a lóxica é diferente. Implica aguante e descapitalización mentras se poda, e logo, en caso de non poder, peche, sen posibilidades de recuperación.
As explotacións gandeiras ademáis, son conscientes de que na loita de lograr mellores prezos, levan varios anos definíndose como non rentables, o que provoca un certo cansancio nos ouvintes receptivos, e failles preguntarse se é para tanto cando seguen adiante co tema. A cousa coido que prantéxase como aquelo de 'tanto foi o cántaro á fonte, que rematou por romper'. E os ouvintes estarán xa afeitos ás queixas, pero o aguante ten un límite.
Outra cara ven de man dos camiños de ferro. FEVe, previo á unión con RENFE que se prantexa, quere suprimir viaxes por mor de non ser rentables. E aquí, a parte do trastorno social que fai na zona, na que moita xente quedaría sen posibilidades de ida ou retorno para aproveitar as mañás, perdendo mesmo servizo sanitario ou posibilidades turísticas de xente que usa o tren como desprazamento cara as praias, coido que se produce un efecto como o do recorte de soldo e cantidade de funcionarios: como está amosado, contraproducente.
Esplícome: se se reducen viaxes, sen posibilidades de reducción da infrastrutura (hai que manter liña e estacións), significa que os custes asociados serán relativamente maiores en relación cos ingresos, ergo, a liña máis deficitaria e entramos nunha espiral que pode levar á desaparición da liña, ó igual que leva sucedido xa tempo atrás con liñas noutros lugares. Algo que implica o abandono dunha estrutura que ademáis se volve irecuperable para as súas funcións iniciais salvo a inxección posterior de grandes sumas.
Pero, mentras, quedamos máis desabastecidos, desfavorecendo a zona en competitividade e benestar fronte a outras con mellor servizo. Iso é máis crise.

20120730

Ribadeo e o cine

Case co ano naceu un blog adicado á historia do cine en Ribadeo: Ribadeo e o cine. Polo que levo visto, de visita obrigada para os cinéfilos ribadenses.

25 anos e un día da Ponte dos Santos

Onte deixei o blog sen entrada. Houbo notas nos xornais sobre acontecemento do día, mesmo aproveitando un especial na Voz, e tamén algunha cousa (relativamente menos) en internet. En Ribadeando fixen alusión hai varios días. E volta a facela agora: nin unha soa lembranza institucional para unha obra que para ben e para mal cambiou o desenvolverse de toda a zona. Para ben e para mal. Una vez superado aquelo de 'ponte para que? Xa o hai na Veiga' e algunha que outra oposición á totalidade, cabe mirar as cousas máis friamente e lembrar non só o positivo (que está á vista) senón tamén o negativo, que resulta menos visible pola magnitude da parte positiva e a falta de visión de que podería haber o positivo sen que o negativo tivera lugar. Por exemplo, que xa se falou naquel momento de facer un dobre carril (que houbo que facer despois para a autovía) e, sobre todo, de darlle un vano maior. O ser a primeira construída con certas características ocultou a proposta dunha ponte atirantada que, din, podería ser máis barata a máis de permitir facilmente unha altura maior no centro ou sinxelamente de aumentar a lonxitude de columna. Calquera das dúas opcións deixaría que na ría de Ribadeo poideran entrar e saír barcos de máis porte que os que na actualidade o frecuentan (a lembrar un par de casos de barcos saídos de Gondán que tiveron que rematarse fóra da ría pola cuestión do 'calado aéreo', da lonxitude de antenas ou mastros, da construcción en si do buque. É dicir, outra ponte foi posible.
Deixo abaixo unha deformación dunha imaxe da ponte dos Santos con Ribadeo ó fondo, onde por acortamento, vénse un pouco mellor as ondas que fai a súa superficie despois da ampliación (non era un día quente, no que se notaría aínda máis)
Precisamente a conto dun artigo da semana pasada na Comarca, no Tesón estamos reemprendendo unha idea vella: a ver se se fai algunha charla enfocando diversos aspectos da ponte, aínda que non sexa 'agora mesmo'
E, si, onte foi o Enma Cuevo: Sporting de Xixón 4, Depor 1.
-
Unha apostilla posterior, o noticiario da galega.

Unha referencia a min no xornal, a conto das vidrieiras da capela do cemiterio

http://elprogreso.galiciae.com/nova/186730.html

20120728

A ría de Ribadeo, unha vez mais, e outra, e outra, ...

Hai oito días que Enrique Sampedro publicou no seu blog sobre o estado da ría de Ribadeo. Tamén se viu publicado noutros medios, mesmo con algunha anécdota. Ó ver o artigo na Comarca, hoxe ligo a súa entrada a modo de reflexión, unha vez máis, sobre a ría.

20120727

Cidadáns ou traballadores? Paganos sufridores.

Despois dos últimos tempos, non é unha pregunta banal. En Ribadeo levamos esperando un estatuto de participación cidadá moito tempo (algo que, sendo cidadáns, sería estrutural, dende o primeiro momento de constitución dos concellos democráticos) e sinxelamente, está parado despois de comezar a súa andadura para aprobación totalmente sesgado a favor das entidades, en particular, empresariais.
Por outra banda, un día si e outro tamén, estase a falar polos nosos representantes políticos en Madrid da 'Marca España', 'empresa España' ou da 'débeda per cápita', do custe dos servicios abondo máis que da calidade, das decisións que toman pero non do contacto cos cidadáns nin siquiera das razóns de por que as toman ou de como pode afectar á xente, e así sucesivamente.
Claro que, cun parado cada catro posibles traballadores, falar de traballadores é algo de máis, pero os eufemismos chegaron xa hai tempo ó de 'traballador parado', e aí seguen. Claro que se entende que na estrutura dunha empresa, os traballadores son iso, traballadores sen máis dereitos que os laborais (que cotizan á baixa, máis en situación de monopolio empresarial) mentras que a empresa é doutros, dos propietarios. E no caso da Empresa España, a estrutura leva camiño de España S.L. máis que de España S.A.
Por certo, voltando á casa, Ribadeo parece que ten inaugurada xa unha nova rota turística: a das pintadas ó auga da billa. Comezaría No propio concello, con pintadas laterais frecuentes, e pasaría a ver primeiro unha vista superior e logo, baixando, lateral, da gardería con auga da billa por aforro recente, seguindo en descenso cara á Atalaia, onde se poden aprezar as pinturas murais dos vándalos, para seguir despois ... non vou detallar toda a rota. O da auga e as pinturas tráeno hoxe o xornal. E polo que se ve, os das pintadas son cafres repetidos, pois non é a primeira volta que na capela da atalaia aparecen pintadas diversas. En canto ó da auga, con petición de sinaturas polo medio, habería máis que falar por aquelo que os picariños beberon durante milenios auga sen embotellar, e non teño nada claro que a auga embotellada sexa mellor en xenérico que a da billa (de feito, parece ser que máis ben é o contrario), aínda que si hai periódicamente episodios en Ribadeo nos que a auga ven turbia, e coido que sería cousa de evitarllos.

20120726

De novo, pasou o día, pasou a romería

26 de xullo. Xa pasou a festa, e seguen os problemas de sempre. Un que colea na zona dende hai unha semana, a considerada pouca consideración de Turgalicia coa praia das Catedrais, segue mantendo polémica, de xeito que Burela pedirá que se inclúa entre os dez lugares a resaltar da famosa lista.
Outro, máis recente, é a posición de FeVE de restrinxir servizo. Nunha zona coa deslocalización que ten a nosa, iso implica tirar de máis gasolina, quen poda, diminuíndo o nivel e calidade de vida, de xeito absoluto e en relación a outros lugares.
Outro máis segue o camiño do Guadiana: aparece e desaparece periódicamente or diversas causas. É o 'caso Prestige', con dez anos ó lombo e agora nova ante o treito final pola diminución de abogados adicados ó caso debido á adicación necesaria e a motivos económicos. De calquera xeito, coido que a nova serían os dez anos de proceso, pero claro, a base de desgaste, van pasando e o nunca máis vése que pode eternizarse para lograr os seus obxectivos -na eternidade-.
Mentras, o tema do cobro dos alcaldes e concelleiros desvía nos medios da zona as novas sobre a crise ó nivel local, sen que por elo pasen as localidades a primeiro nivel: o soldo da lugar a comentarios da zona da Mariña, así como a curiosidades noutras zonas de Galicia, como Vilagarcía ou Pontevedra. Na polémica ista da rebaixa de soldos de políticos -con resultados que aínda están por ver, e en todo caso, despois de substanciosos aumentos de moitos nos anos de crise- métese, coido que con razón, outro apartado que é netamente político: o custe do posto en votos, do que é coñecido que en xeral é maior para os partidos pequenos que para os grandes, a calquer nivel, e que se relaciona cunha das motivacións de reduccións de políticos electos tanto nos concellos como por exemplo, no Parlamento Galego. Claro que ó tratarse unha cuestión estatística hai excepcións, como a actual distribución en Ribadeo, 7-4-1-1, que, de manterse o número de votos e diminuír a 11 concelleiros, quedaría 5-4-1-1, coa perda da maioría absoluta para o BNG. Algo que, co aumento de poboación ribadense, é posible que non contemplemos nas próximas eleccións ó cambiar o número de edís por ocupar un segmento de poboación diferente.

Foi o concerto de banda (s) de Ribadeo ...

Hoxe, no Auditorio Hernán Naval (pola ameaza de choiva) tivo lugar o festival de bandas de Ribadeo na súa XVIII edición, coas bandas de Lousame, Meira e Ribadeo
Un músico amigo, á porta do esceário

Tríptico-programa

Tríptico-historia das bandas e directores











E, para rematar, un anaco dun comentario collido doutro lugar sobre o mesmo tema: "Concert went BRILLIANT today"

20120725

Hoxe, concerto (s) de banda en Ribadeo

Remato de decatarme que a xente aínda non está enterada, logo ...

Non se escoitan os rumorosos

25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos.
Quizáis porque os pinos de Pondal foron substituídos por eucaliptus ou cálitros, o rumor xa non é o mesmo.
Pode que a falta de entendemento veña de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa coletilla de 'e galegas' para quen lle faiga falla) non só escreben máis na lingua de Cervantes que na de Rosalía, senón que tamén falan máis na de Machado que na de Castelao -aínda que Machado fixera os seus piniños en galego e Rosalía algo máis que pinos en castelán-
Ocórreseme que sexa porque a costa verdecente onde se atopaban os rumorosos agora xa só deixa escoitar galernas entre os ocos dos edificios.
Mais, chegados un pouco máis adiante no himno, ó escoitar os atributos dos non entendedores, téñoo máis craro: teñen importancia as causas anteriores, si, mais en particular non se escoitan os rumorosos polos atributos de quen estaría en mellor posición para escoitalos e obrar en pertinencia. Sobresae o ruxe ruxe do frotamento dos cartos uns contra os outros, e do roce familiar e doutras influenzas, nun recinto a salvo de rumorosos e do pobo que os pode escoitar. Sobresaen os pensamentos de docilidade a unha estrutura. Sobresaen os feitos de non ser menos nin igual que ó da beira, e menos colaborar con el no balbordo ...
Que fermosa terra e que carallo de xente! é unha expresión que escoitei tempo despois de chegar a Ribadeo a outro vido do interior de Galicia, como extremo dun dito que tiña recibido en diversas versións menos súbitas. A terra é fermosa, pero a xente podemos facela máis o desfacela. Non se trata de perseguir rumores, senón de atender ós rumorosos.
Mentras, feliz Santiago, que a ansia de felicidade define ó ser humano.
-
Un engadido posterior:

A foto, collida de  http://a.yfrog.com/img532/6194/9akvx.jpg a traverso de Lourenzo Fdez. Prieto, coido que vai un pouco máis aló do que escribín, din que está tomada esta mesma mañá en Bonaval.

20120722

Cooperativistas capitalistas

Cando unha cooperativa funciona ben, é unha bendición. Sen entrar en outras consideración sosbre o funcionamento, aí están as cooperativas de Mondragón expandíndose polo mundo de paso que crean traballo na súa terra. E, moito máis preto (aínda que cabe lembrar que a Corporación Mondragón ten dous establecementos comerciais en Ribadeo), Os Irmandiños, que se poñen á cabeza da adquisicón de Clesa.
En Ribadeo, porque hai xente que coñece casos deste tipo, pero tamén alternativas, acompañando ó conxunto de Galicia, estase comezando a mover a Cooperativa Integral Galega. Unha axuda para unha alternativa ó paro e ó inmovilismo, con froitos a ver aínda no futuro, pero raíces que aseguran un mínimo sempre que se lles deixe medrar. Iso si: coa Cooperativa Integral Galega non vai, polo menos aínda, o título de cooperativistas capitalistas.
Cambiando de tema, unha lembranza: onte foi a celebración do Carme en Ribadeo, coa procesión e a misa. Fotos nas redes, a esgalla. Entre elas, da misa, nas instalacións do galpón do náutico, que parece substitúe á capela da Atalaia en funcións ...

20120721

A corbeta mercante “BELLA ANTONIA”

-Artigo para o libro das Festas do Carme 2012 escrito por Pancho Campos, que espero en breve será acompañado con algún outro relativo á influenza no desenvolvemento da zona e capa da ría que tivo a ponte dos Santos, a punto de cumprir 25 anos (inaugurado o 29 de xullo de 1987)-
Os barcos representan desde a remota antigüedade unha das formas máis avanzadas de medir o grado de civilización en que se atopaban os pobos que os construían. Cretenses, fenicios, exipcios, gregos, romanos, escandinavos e chinos dan mostra nos seus grabados e restos arqueolóxicos, de ser pobos de ámplia civilización e desenrolo no estudio das ciencias, polas súas técnicas de Construcción Naval e como consecuencia das súas navegacións, foron precursores do Comercio Marítimo que abríu as portas do mundo o intercambio de todo tipo de produtos agrícolas e artesáns, extendendose as súas técnicas de cultivo e artesanais, por tódolos continentes. As rutas marítimas abriron as portas hacia o coñecemento máis profundo do saber de outros pobos lonxanos, abriron as portas da civilización mundial.
Sempre me gustaron os barcos e a Historia, e para a miña sorpresa, atopo con que as historias máis entrañables de barcos, están nos mercantes de Ribadeo. Unha lista de 43 barcos mercantes que me amosa o meu amigo Pablo Rodríguez Fernández, “Vivin”, foi a espoleta que fixo saltar a meu instinto de búsqueda das súas historias, todos eles son de Armadores afincados en Ribadeo. Coñecía a súa parte comercial, polo documentado libro de Chemi Lombardero Rico: “O Porto Comercial de Ribadeo”. Pero hai moito máis, de ambiente mariñeiro, e quero destacar hoxe aquí, unha das viaxes da Corbeta mercante “Bella Antonia”, cuxa parte da súa historia marítima dice así:
Corbeta mercante “BELLA ANTONIA” Porte: 309 Tm (TRB) Quilla: 91 pés de Burgos; Eslora: 100’; Manga: 27’; Puntal: 16’; Plan: 18’
(Nota: 1 vara de Burgos = 0,835905 metros 1 pé de Burgos = 27,8635 cm.)
(Características expresadas en escritura de 8 de Febreiro de 1852)
Armadores: D. Antonio Casas // D. Antonio García de Trío da cidade da Habana Constructor: D. José Ron, no Asteleiro de Viabelez.
Mandada polo 2º Piloto D. Agustín Torrontegui
Unha Corbeta de 100 pés de eslora, de mediados do século XIX, arbolaba tres palos: trinquete e maior con aparello redondo ou de velas cuadras, e mesana de cangrexa, con sobremesana e perico redondos. No bauprés catro foques. Era como unha Fragata, pero de menor tonelaxe. As alturas dos palos, según a lexislación Inglesa de 1835, eran das medidas aproximadas seguintes: macho maior: 78’; mastelero maior: 26’; mastelerillo maior: 13’ e para o galope ou mastelerillo de sosobre: 6’.
Resultando unha guinda de: 123’ (pés) = 41 metros (altura desde a fogonadura a galleta do pao). Así o Bella Antonia, non podería entrar hoxe arbolado no Porto de Ribadeo, pois non pasaría por debaixo do mamotreto, fruto da “modernísima” Inxeniería Civil, chamado a Ponte dos Santos.
Por motivos de fletamento ou de tasas, o “Bella Antonia”, en 8 de Xuño de 1852, volve a ser arqueado polo Carpinteiro de Maestranza da matrícula de Rivadeo, D. Antonio Martínez, dando: Eslora: 110 pes de Burgos; Manga: 29’; Puntal: 18’ o que resulta un porte de 402 Tm. Esto é unha tonelaxe 100 Tm. superior ca orixinal. Creemos que esto fora debido a motivos comerciais, pois en casi tódolos barcos, era práctica común o facer unha nova medida de Arqueo, según o flete, viaxe ou tipo de carga a que fora destinado.
E aquí chegamos a reseña documentada, transcrita a letra (sic), que despertou o meu interés por este barco:
“El Cónsul de S.M. (Su Majestad) en Singapur en oficio de 30 de Enero de 1860, remite a esta Comandancia (de Rivadeo) en cumplimiento de lo que previene la Ley 28-octubre-1837, un testimonio en que se expresa la carena y composición que se ha dado en aquel puerto, y su coste, a la Corbeta española “Bella Antonia”, al mando de su Capitán D. José Torrontegui, que llego con Gruesa Avería el 9 de Noviembre anterior (1859) procedente de Manila y salió para La Coruña el 20–Enero-1860”. “El testimonio es como sigue: “Consulado de España en Singapur Nº1, D. Balbino Cortés, Cónsul por S.M. (q.D.g.) = Certifico y doy fe que el día 5 de Noviembre de 1859, se presentó en este Consulado a hacer declaración de Avería el Capitán D. José de Torrontegui de la Corbeta española Bella Antonia, el cual después de cumplir con todas las prescripciones del Código de Comercio, se procedió al reconocimiento pericial de su citado buque y a su composición, la cual consistió: Primero: En reconocer los sitios por donde su casco hacía agua, siendo preciso darle de quilla y desforrarle los fondos. Segundo: Que en ellos faltaban algunas planchas de cobre y que hubo necesidad de cubrirlas con gala-gala y felpa, después de calafateado y forrarlo de metal de nuevo. Tercero: Que la tablazón roída por la broma, ha sido reemplazada con obra nueva de teca y claveteada de cobre. Cuarto: Que se le han puesto al timón dos nuevas hembras de metal con sus correspondientes pernos y Quinto: Que el coste a que han ascendido estas reparaciones han llegado a la cantidad de 3.413 pesos fuertes con 76 céntimos.
Certifico además que se ha entregado al dicho Capitán D. José de Torrontegui todo el expediente original, en el cual consta su tramitación y que ha quedado en esta Cancillería dicho duplicado y auténtico. En 30 de Enero del año de 1860 = El Cónsul de S.M. Balbino Cortés = Hay un sello”. Lo que se anota por providencia del Sr. Comandante de Rivadeo de 2 de Abril de 1860 (Firmado: Palacio)
Como podemos ver, esta Corbeta de 300 Tm de Rivadeo chegaba a Manila, a Filipinas ¡nada menos! e reparaba en Singapur de viaxe de volta. É de suliñar que non atopo ningún barco de Rivadeo, cun viaxe semellante. Os viaxes a La Habana; Puerto Rico; Bos Aires, Amberes, Cardiff, Liverpool, Londres, Terranova, eran os viaxes normales, pero a Manila non era nada normal, pois ¿cal non tería que ser o precio da carga, para que compensara traer algo máis de 300 Tm. netas?. Coloniales seguramente: vaixelas completas e pezas de porcelana fina, mantóns de Manila de riquísmo bordado; mobles e tallas de madeiras nobles de meticulosa filigrana, todas elas xoias da artesanía, ¡un flete chamado de “carga de valor ou preciosa”!
A seguinte nota, da idea do tempo que tardou en facer a viaxe: “El 2 de Junio de 1860 entró (en Rivadeo) la Corbeta “Bella Antonia” procedente de La Coruña”, así que si sale de Singapur 20-Xaneiro-1860, e entra en Ribadeo o 2-Xuño-1860, siñifica que en algo máis de tres meses, fixo a vela máis de 12.000 millas de navegación, pois xa procedía da Coruña, seguramente para descargar o cargamento de Manila, o que lle levaba máis-menos 20 días de plancha ou surto na abra do porto... toda a viaxe casi de un tirón. ¡Casi nada!
E como todo se acaba neste mundo, logo de 16 anos de navegación por tódolos mares do mundo, chega o retiro e dice unha nota: “A solicitud de los propietarios, este buque fue desguazado y desecho totalmente en el Carenero de la Villavieja, previo permiso del Comandante de la Provincia (Marítima) lo que se anota en Rivadeo a 10 de Marzo de 1868. El encargado del Detall (D. Juan Tomás Cucullu Alferez de Navío) (Firmado: Cucullu)”
Reflexionando sobre o antedito, e vista a Historia dos séculos XVII e XVIII e dos máis de 50 barcos mercantes que contribuíron ó Rivadeo próspero do século XIX, recorro con nostalxia as calles do noso Ribadeo antiguo para ver os vestíxios que quedan das casas de Armadores, Capitanes, Maestros Constructores, mariñeiros e da xente que traballaba no porto, para entender que pasou con aquel tempo que trouxo a construcción dos Portos de Porcillán, e de Figueirúa, as vías férreas, o Cargadeiro, as Casas de Indianos e os edificios emblemáticos como a Torre dos Moreno, a Plaza de Abastos, a Granxa Pedro Murias, o progreso e industrialización crecente, as conserveiras de pescado, a fábrica de liño, os aserradoiros de roble, castaño e pino, de Consulados, de Xuzgado de Primeira Instancia...de Academias de Enseñanza, talleres de Pintores e de oficios diversos de artesáns de tódolos gremios.... incluso por aqueles finales dos 1890 se reconstruíu a Terceira Órden e o Convento de S. Francisco, en fin, un pobo en progreso crecente... e por desgracia, chego a conclusión, de que nunca máis volverán aqueles tempos, pois tendo como tíñamos a magnífica herdanza da Ría de Ribadeo con calado dabondo, nun Porto Comercial coas rutas abertas o mundo enteiro, donde atracaban os barcos de mediano porte da época, fonte indispensable de propulsión da nosa economía local e comarcal, fomos incapaces de parar as obras da Inxenería Civil desastrosa, como: a Ponte dos Santos, feita como un tablón de andamio, apoiado entre acantilados e sobre pilastras centrales (para que non lles caiga o tablón) fincadas na Ría, e cuxas zapatas distorsionan o transcurrir natural do fluxo e refluxo das mareas, que xunto coas “magníficas obras de inxeniería” da escollera e recheos varios, producen a colmatación de area máis desastrosa que puidera imaxinar o mellor artificiero de destrucción masiva dun porto. En 1787 Porcillán tiña un fondeadoiro con amplias zonas de 8 e 13,5 metros de calado en marea baixa e hoxe o centro do canal ten 6 metros en marea chea. ¡Non hai derecho, que se permita facer obra pública con fondos do herario público a personas tan incompententes!
Non quero acabar sin decir, que a Ponte dos Santos é necesaria. Sin duda. Pero unha ponte feita baixo estudos serios de impacto ambiental, con inxeniería intelixente e con xuizo para crear futuro, con al menos 42 metros de altura ou con gálibo de navegación axeitado as necesidades dos barcos modernos; prevendo a menor obstaculización do canal, sin pilastras, nin zapatas fincadas na Ría, o que puidera ser resolto cun arco de alto peralte, estribado nos acantilados, tipo viaducto da Concha de Artedo, ou unha ponte atirantada, ou colgante... en fin, algo do noso tempo e non unha ponte “neo-románica” chea de máis badenes que unha montaña rusa, e que de seguir así, terminará caendo polo seu propio peso...
Por outra banda, para volver a ver un Ribadeo con Porto Comercial competitivo, debería unirse por vía férrea coa meseta, obra xa estudiada no século XIX hasta Villafranca, tan necesaria daquela como hoxe, para unha economía provincial próspera, e tamén será necesario facer limpeza total da escollera e dos rompeolas diversos, que fan de tapóns do canal e que non sirven para nada...
¿Como é posible que non se poida hoxe ir e vir a Veiga en piragua sin varar?. É intolerable que toda a pésima construcción civil que se fixo a partires de 1985 se siga mantendo en pé, a pesar de verse a todas luces que está destruíndo todo o noso futuro de desenrolo industrial, pois estase terminando de cegar de forma irreversible, a principal vía de comunicación de Ribadeo, a Autopista dos Océanos que representa a Ría de Ribadeo.
Felices Festas da Virxen do Carmen a todos, e invítovos a reflexionar sobre todo esto un minuto, en particular os que sentides o mundo do mar a flor de piel. Pancho Campos Dorado

20120720

Bo día para a revolución

Pasou o 18 de xullo, data de reminiscencias que levarían a hai 72 anos, e o 19, con manifestación que levaron ós españois á rúa. Estamos no 20, e temos titulares, a parte de que as rúas ontes estaban cheas. Unha mostra nun só xornal: O diferencial de risco, a 'prima', acada os 600 puntos, o que non é raro despois de recoñecer o goberno que non ten un duro (co que entre outras cousas, voltamos a estar noutra mentira anterior); claro que hai matices: ós bancos adiantaráselles cartos se o necesitan antes de que cheguen os fondos europeos, e de descartar o Gaiás, nada. Sube o IVE do material escolar, e para o que podan, van a aplicar a suba engadida a consumos xa feitos.Repito, só nun xornal que non se ten destacado polo combate antigubernamental.
A revolución? Xa está aquí. No é esa a pregunta, a pregunta é máis ben qué revolución?

20120719

Nota de prensa do comité de empresa do concello de Ribadeo (de 20120718)

O Comité de Empresa de Ribadeo diante das medidas aprobadas polo Goberno municipal en materia de horarios e funcións dos traballadores do Concello quere manifestar o seguinte: 1.- As medidas aprobadas foron comunicadas aos representantes dos traballadores en sendas Mesas de Negociación que de negociación só tiñan o nome pois a actitude do Goberno Municipal foi de imposición das mesmas . 2.- Os traballadores do Concello estamos fartos de que o Alcalde utilice os medios de comunicación para denigrar a nosa imaxe e presentarnos diante da opinión publica como uns “vagos e maleantes”. No máis puro estilo populista, máis propio de dirixentes conservadores que dun representante dun partido progresista e de esquerdas, o Alcalde dia si e dia tamén carga contra os traballadores nos medios facéndolle un fraco favor á imaxe dos servizos públicos, e contribuíndo a caricaturizar a nosa labor. Isto ten mais gravidade sendo el,tamén, un traballador da administración local. Non era a nosa intención contestar a estas provocacións diante dos medios, pois entendemos que iso é o que o que el pretende , pois parece comulgar coa ola neoliberal imperante que carga contra o sector publico e os seus traballadores. 3.- NON temos ningún problema,e así llo manifestamos reiteradamente, en que se controlen os horarios e se cumpra coa xornada estipulada no convenio, faltaría mais, pois estamos convencidos de que isto xa se cumpre na inmensa maioría dos casos. Se existe algunha conduta incorrecta será de xeito excepcional e ten capacidade de sobra o Alcalde, como Xefe de persoal, para corrixila polos medios legalmente establecidos. Esa é a súa responsabilidade. 4.- Mostra da súa mala fe negociadora foi a denuncia que fixo do Convenio Colectivo o mesmo dia que nos presentaba as reformas de horarios e funcións. O Estatuto dos Traballadores establece a obriga de constituír unha comisión negociadora no prazo dun mes dende a denuncia do convenio, e o Alcalde negouse a convocala, mesmo despois de solicitarlla nós por escrito. A nosa pretensión era negociar as modificacións de horarios e funcións dentro desa comisión, como é lóxico, pero o Alcalde demostrounos que a denuncia do convenio era unha manobra para chantaxearnos e presionarnos para aceptar as súas propostas. 5.- O Alcalde acóllese así ás reformas que dende o goberno do Partido Popular se están levando a cabo, e eríxese en abandeirado das mesmas. Critica na rúa e nos medios unhas reformas que con entusiasmo e prontitude aplica, antes, incluso, que outros alcaldes de distintas cores políticas. 6.- A famosa coletilla que incluíu en todos os postos de traballo da RPT coa finalidade, segundo el, de que todos os traballadores deban facer calquera función, vai dar pe á arbitrariedade e a posibles abusos por parte dos responsables municipais. 7.- Sabemos que, desgraciadamente, a nova lexislación laboral fai posible que dentro da administración se tomen medidas contra os dereitos adquiridos dos traballadores públicos, medidas que lonxe de mellorar os servizos ou provocar aforro aos contribuíntes o que pretenden é aumentar o poder e a discrecionalidade dos gobernantes de turno. Intentaremos polos medios legais defender as nosas teses, sen caer en practicas de descualificación nin entrar en polémicas que o único que fan é contribuír a deteriorar a imaxe do sector público ao que pertencemos. 8.- Sentímonos decepcionados cun goberno municipal que lonxe de buscar solucións dende o dialogo o fai dende a imposición e a descualificación, que lonxe de poñer en valor diante dos veciños de Ribadeo a importancia e eficacia dos servizos públicos do Concello dedícase a desprestixialos, que lonxe de defender uns servizos públicos de calidade parece empeñado en sentar as bases para a súa desafección na sociedade e a futura desaparición e privatización. E todo isto vindo dun goberno de persoas que presuntamente deberían defender todo o contrario parécenos aínda máis grave.

Sobre a ría de Ribadeo e topónimos

Hoxe, que estamos nas xornadas de patrimonio, ven como anel ó dedo unha entrada de Ángel Alda sobre a ría de Ribadeo, 'Cuando Ribadeo se escribía con uve', de onde tomo o mapa seguinte:
Reproducción de un plano marítimo publicado en Madrid en 1882. Levantado en 1859 por el Teniente de Navío D. Pedro Riudavets. J. Galvan lo grabó y  R. Alabern editó los textos. -Ampliable premendo co rato.-

19? de que me sona...?

Hoxe son as protestas.
Por que son hoxe? Porque se puxeron de acordo para facelo hoxe. Todos os sindicatos e partidos da oposición. Ou xente do movemento 15M.
Por que son as protestas? Se non o sabes aínda, se non o sentes, non protestes: estás da outra beira.
Ónde son? En moito sitios. En Ribadeo non hai organizada (supoño que nos bares e demáis, como tódolos días e sen necesidade de organización ...) pero en Burela si.
E fiámonos dos sindicatos e dos partidos? Que esteñamos moitas veces en contra de sindicatos e partidos non significa que o fagan todo mal. Aí tes calquera cousa social, na que participe máis dunha persoa, para testemuñalo históricamente. Non se trata de esquecer, comulgar con rodas de muíño ou apoiar de xeito cego a certas entidades, senon dun apoio selectivo, crítico a actuacións que consideremos benefician a todos (incluído en certo xeito ese 1% que queda sempre beneficiado das medidas que se van tomando).
Que hoxe non falo de Ribadeo? Ti crees que porque ata agora non mencionei por exemplo a revolta de funcionarios no concello que está a ter lugar, ou da procesión do Carme do sábado, non estou a falar de Ribadeo? De calqeura xeito, e para cambiar de tema, dúas fotos. A primeira, dun desconchado no cine teatro que acompaña ó que xa hai anos apareceu no blog (e segue existindo) no teito do Hernán Naval, e máis unha marea chea nas aceas a semana pasada.


20120718

Tempos revoltos

Emilio Lombardero pide un traballo, e para eso colle os métodos de promoción axustados á modernidade e á actualidade: a publicidade e o poñer cartos a fondo perdido (el pon terras e equpamento) ...
De igual xeito, cos tempos de expolio, os restos da ría seguen indo a museos lonxe, sen ter nin mostra en Ribadeo, por exemplo, no forte de S. Damián ou no espazo máis novo do antigo Alxinatos...
Son tempos revoltos e asombrantes estes nos que se baralla dende hai tempo un novo xulgado e Ribadeo oficialmente non se move, ou se pide unha residencia con apoio xeral e a consideración que se ten é dun apoio a nivel 'soldado raso' ...
Pero Ribadeo non é excepción fóra da norma. En Galicia, por exemplo, o caso da toponimia arredor da ría parece que por fin se vai amañar despois de décadas de desprotección ou o aínda recente caso da ría de Ribadeo en Google maps. Será verdade?
De calquera xeito, algo menor ou menos de actualidade que un caso en relación con cartos, con moitos cartos: a posibilidade de devolución das preferentes en Galicia. Coa caixa-banco NGB en malas horas (nunca as tivo boas dende que veu a luz), se ten que devolver todas as preferentes, literalmente irá ó carallo ou será salvada por unha nova inxección de cartos de todos baixo unha ou outra forma.
E, din que os axustes poden ser menores en Galicia que noutros lugares ... pero mira ti por ónde o feito que Galicia se esteña avellentando vai supor unha lastra para o seu crecemento (como se descubriran a roda!)
E, a outros niveis (poderíamos seguir e seguir cos anteriores), resulta que si hai cartos para drogas: o 56% de controles de droga efectuados a semana pasada deron positivo. Engadir que o escaso número citado implica que son controis selectivos, é dicir, nos que se fai un primeir filtro...
Non é a primeira volta que titulo unha entrada cun título semellante á de hoxe. Case se diría que é un signo da nosa modernidade actual. E que, se non temos outros signos ...

20120717

Máis historia en Ribadeo

Onte, no DOG, proclamábase o "DECRETO 153/2012, do 5 de xullo, polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo en centro público de educación primaria, se fusionan os institutos da localidade de Ribadeo e se trasladan ensinanzas."
É dicir, xa é oficial que o próximo curso haberá o Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, polo momento sen máis nome e sendo de esperar que aínda se lle tarde en asignar un un certo tempo. Facelo doutro xeito sería ben esquecer unha parte da historia de Ribadeo, por un nome novo, ben dar preeminencia a un dos nomes anteriores, cousas ambas que coido desaconsellables.
Primeiro, corto e pego a historia do de vida máis longa dos que se fusionan, o IES Dionisio Gamallo Fierros:
Anos 20
Créase en Ribadeo o primeiro Instituto de Ensino Secundario. Pechou ó rematar a guerra.
1955
Inicia a súa actividade o actual Instituto, sendo Dionisio Gamallo Fierros o primeiro director. En principio as clases eran na casa do óptico, por non contar con edificio propio.
1958
 Inaugurouse o actual edificio. Ó acto asistiu Francisco Franco, como quedou recollido na prensa da época.

"El Jefe del Estado, con su esposa y demás miembros de la comitiva, fue recibido en el Instituto Laboral por el Director del mismo, D. Dionisio Gamallo Fierros, y el Claustro de Profesores.

"En el vestíbulo del nuevo edificio se había levantado un altar, en el cual se revistió con los ornamentos litúrgicos el Prelado de la Diócesis, Dr. Argaya Goicoechea, que procedió a la bendición del Instituto.

"A continuación, el Caudillo, acompañado de su esposa, del Ministro de Educación Nacional y del Director del Centro, visitó las dependencias de éste, interesándose por su funcionamiento y examinando detenidamente el material pedagógico y científico de que dispone, y escuchando las explicaciones dadas por el Ministro.
"Terminada la visita, el Jefe del Estado expresó su complacencia por las nuevas instalaciones del Instituto Laboral, trasladándose luego, con la misma solemnidad que a la llegada, al Parador de Turismo.
"Las características del nuevo edificio del Instituto de Enseñanza Media Profesional de Ribadeo, son las siguientes:
"Ha sido construído a la salida de la villa, en la margen izquierda de la carretera de Asturias a Galicia. Sencillo de líneas y armonioso en el conjunto, el proyecto se ha debido al Arquitecto del Ministerio de Educación Nacional, D. Francisco Navarro Borrás.
"Consta la edificación de cuatro plantas. La baja mide 1.400 metros cuadrados, destinados a salón de actos, patio cubierto para recreo, oficinas, talleres de diversas actividades, etc. La planta primera mide 820 metros cuadrados, y en ella están el vestíbulo, el anfiteatro, la capilla y cinco aulas, de 60 metros cuadrados cada una.
"La segunda planta mide 680 metros cuadrados, y en la que se han instalado el local del Frente de Juventudes, bar, cocina, salas de dibujo y laboratorios. La última planta se destina a almacenes y una torreta, donde se han colocado aparatos para observaciones meteorológicas.
"El edificio tiene capacidad para dar en él enseñanza a numerosos alumnos, y todas las instalaciones y servicios han sido adecuados a la función a que se destinan, no sólo para su utilización en la actualidad, sino para que en el Instituto puedan recibir enseñanzas numerosos alumnos en años futuros".
Revista Lucus, Excma. Deputación Provincial, nº 3, decembro de 1958, páxs. 11-13.

Déuselle o nome de "Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel"
1963
O Instituto pasa a ser mixto. Ata esa data só asistía alumnado masculino.
Curso 1966-67:
 Implántase o Bacharelato Superior.
1967:
 Créase un Colexio Menor. Os alumnos residían nas vivendas anexas ó centro.
 Implántase o Bacharelato Elemental nocturno.
Curso 1975-76
Extinguido o vello plan de Bacharelato, comeza a impartirse o BUP.
Curso 1998-99:

 Pasa a impartirse un Ciclo Superior de Animación Sociocultural.
 Intégrase o Centro Dámaso Alonso, ata entón independente, e dedicado á educación permanente de adultos.
 Empeza a impartirse a ESO
2000:
 O IES nº 1 pasa a denominarse IES Dionisio Gamallo Fierros.
Curso 2001-02:
Empeza a impartirse un Ciclo Superior de Educación Infantil e un Programa de Garantía social de Auxiliar de Puericultura.
E logo, a do Porta da Auga:
A historia do centro comezou o 23 de agosto de 1975 cando polo decreto 2490/1975 se creou o Centro de Formación Profesional de 1º e 2º grao de Ribadeo. Isto aparece publicado no B.O.E nº 254 con data do 23 de outubro de 1975 asinado aínda por Francisco Franco e sendo ministro de Educación e Ciencia Cruz Martínez Esteruelas.
No B.O.E. do 31 de decembro de 1975 por Orde do 9 de decembro dese mesmo ano faise público que o seu funcionamento comeza en novembro de 1975.
Impartiranse as ensinanzas da:
  • Rama Administrativa e Comercial, profesión Administrativa.
  • Rama Electricidade e Electrónica, profesión Electricidade.
  • Rama do Metal, profesión Mecánica
Segundo esta mesma Orde o cadro de persoal do centro será o seguinte:
  • Un profesor da Área Formativa Común.
  • Un profesor da Área de Ciencias Aplicadas.
  • Un profesor de Expresión Gráfica.
  • Un profesor de Idiomas.
  • Un Profesor de Tecnoloxía para cada profesión concedida.
  • Un profesor de Relixión.
  • Un profesor de Formación Cívico-Social e Política.
  • Un profesor de Educación Físico –Deportiva.
  • Un mestre de Taller ou profesor de Prácticas por cada profesión concedida.
O cadro de persoal administrativo conforme o B.O.E. anteriormente citado estaría composto por:
  • Un oficial e un auxiliar.
E o de persoal subalterno por:
  • Tres ordenanzas
  • Tres serventes de limpeza.
Por orde do 2 de decembro de 1975 adscríbese provisionalmente ó Instituto de Formación Profesional de Ribadeo o seguinte profesorado docente con efectos do comezo do curso escolar 75-76, aínda que moitos deles non chegaron a impartir clase no centro:
  • D. Alberto Mediavilla Martínez
  • D. José Benito Santana Gutiérrez
  • D. Jesús Fermín Rodríguez Pérez
  • D. Mario López Durá
  • D. Leonardo Díaz Sedano
  • D. José González de Sela Torres
O 16 de febreiro de 1976, e co obxecto de non demorar o comezo das clases como Instituto de Formación Profesional, o Delegado do Ministerio de Educación decide que, provisionalmente, José Benito Santana Gutiérrez , organice a iniciación das actividades docentes. O 31 de marzo de 1976 o director en funcións comunica ó Delegado provincial de Educación e Ciencia o horario semanal dalgúns dos profesores do centro:
  • Formación do Espírito Nacional
      Dª Antonia Lazurtegui Cuervo.............................4h.
  • Ensinanzas do Fogar.
      Dª Fernanda González de Sela Torres................2h.
  • Educación Física.
      DªCarmen Gómez Montero...................................3h.
  • Educación Fisica
      D. Francisco López Castro ..................................3h.
  • Relixión
      D. José Yáñez Basanta.........................................4h.
O 19 de abril de 1976 autorizase a contratación do seguinte persoal docente para o curso 76-77: Juana Mª Guzmán Suárez , Mª del Pilar Moro Fernández e Jesús Eugenio García García , aínda que xa desde febreiro impartiron clase neste Instituto.
O 6 de outubro de 1976 comunícase ó director do centro que durante o curso académico 76-77 Juan Ignacio García Cernuda , impartirá as ensinanzas de Educación Física e Deportiva que, anecdoticamente, naquel momento tivo que compartir coas de Formación Cívico-Social e Política.
O 8 de febreiro de 1977 asígnase en Madrid o primeiro director ó Instituto de Formación Profesional de Ribadeo, Jesús Eugenio García García, proposto para este cargo polo claustro de profesores.
O 23 de marzo de 1977 asínase en Madrid o nomeamento da primeira secretaria do centro, Mª del Pilar Moro Fernández , e ó día seguinte noméase como primeira xefa de estudios do Instituto de Formación Profesional de Ribadeo a Juana Mª Guzmán Suárez . Na actualidade estas dúas profesoras continúan exercendo o seu labor docente no centro.
Con entrada do 6 de maio de 1977 chega ó centro o contrato das serventes de limpeza: Carmen Santos Amor , Antonia Amor López e Elvira Saavedra Peña , aínda que tamén se aclara nun documento anterior que deben constar con este cargo desde o 1 de outubro de 1976.
O 1 de maio de 1977 é asinado o contrato da primeira auxiliar da rama administrativa que traballa no centro, Mª Victoria García Reigada , que aínda hoxe continúa realizando os labores administrativos e que despois seguiu a súa formación neste mesmo instituto.
A entrada no rexistro do centro data do 20 de setembro xunto co primeiro contrato de persoal subalterno no que figura para este cargo Manuela Cancio Díaz, que realizou labores de administrativa ata a incorporación de Victoria.
Polo que respecta a solicitudes de axuda ó estudio, as primeiras do centro foron as presentadas no curso 76/77 por Elva Fernández Rodriguez e Mª Victoria García Reigada, actual administrativa do centro.
En canto ó material escolar a primeira orde de distribución rexistrada no arquivo do Instituto é do 31 de maio de 1976 e nela adxudícanse ó centro:
  • 1 armario A-1
  • 40 cadeiras xiratorias.
  • 40 máquinas de escribir.
  • 40 mesas de máquina de escribir.
  • 1 calculadora.
  • 1 fotocopiadora.
Na orde do 3 de novembro de 1976 asígnase ó centro unha mesa de profesor e un sillón.
O 2 de xullo de 1977 realizouse o primeiro inventario de material do centro, que estaba composto polo citado nas dúas ordes de districución anteriores e polo seguinte prestado polo I.N.E.M:
  • 70 pupitres.
  • 70 cadeiras.
  • 3 mesas de profesor
  • 2 sillóns .
  • 2 mesas de oficina.
  • 2 cadeiras de oficina.
  • 1 máquina de carro grande.
  • 1 percha.
Posteriormente chegaría ó centro por orde de distribución do 1 de xullo de 1977 o seguinte material:
  • 1 xogo de ciceis e burís.
  • 4 tesoiras para cortar chapa de 8”.
  • 1 armario con peche de persianas e equipo de ferramentas para electricista.
  • 40 equipos de ferramentas mecánicas para alumno.
Cómpre destaca-lo orzamento co que o centro contaba para o primeiro , segundo e terceiro trimestre de 1976 que ascendeu a un total de 192.000 pts .
O 15 de novembro de 1977 o director do centro comunica ó delegado privincial de Educación e Ciencia de Lugo que o terreo onde está ubicado o centro ten unha superficie de 2.800m2 dos cales 286 corresponden ó inmoble, 500 ó patio frontal e quedan libres 1961m2 de superficie libre edificable e solicita a construcción dun taller de electricidade, de talleres de mecánica, a colocación de calefacción central(pois só se contaba con catro estufas de butano do instituto de ensino medio que tiveran que ser devoltas por necesidades do I.N.E.M) e o cambio da instalación eléctrica que era moi antiga e bifásica, Naquel curso aínda se impartían as clases na antiga Casa do Óptico con enderezo no Xardín, en Ribadeo.
O centro foi medrando e construíuse o novo edificio no que está ubicado desde o curso académico  1981-82.
Nestas dúas fotos pódese observar o aspecto das partes anterior e posterior do novo edificio no mesmo ano da súa inauguración (bueno, a verdade é que non houbo ningún acto oficial de inauguración).
No terreo baldío que vemos nesta foto actualmente atópase o polideportivo e o edificio que alberga os talleres de electricidade e aula do Bacharelato de Tecnoloxía.
O mesmo tempo tamén se foi incrementando a oferta de especialidades de Formación Profesional, empezouse a impartir a ESO de forma anticipada, sendo un dos primeiros centros de Galicia en incorporar estas ensinanzas, e a continuación chegaron os Bacharelatos, tamén de forma anticipada.
Na seguinte táboa móstrase a evolución da implantación de ensinanzas ata o curso 2002-03:
Ano
Ensinanzas implantadas
1975-76
FP1 Administrativo
1977-78
FP2 Administrativo
FP1 Electricidade
1979-80
FP2 Electricidade
1981-82
FP1 Automoción
1983-84
FP2 Automoción
1984-85
FP1 Sanitaria
1987-88
FP2 Anatomía Patolóxica
1992-93
3º E.S.O.
1994-95
Bacharelatode Humanidades e Ciencias Sociais
Bacharelato de Tecnoloxía
1995-96
CFGM Electromecánica de Vehículos
CGFM Equipos e Instalacións Electrotécnicas
1996-97
CFGS Administración
CFGS Automoción
1997-98
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
CFGM Xestión Administrativa
1998-99
Prog. Gar. Social: Axudante de Operacións de Carrocería do Vehículo
1999-00
Último ano de Anatomía Patolóxica e do
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
2000-01
Prog. Gar. Social: Dependente de comercio
2001-02
CFGM Acabados de construcción
(réxime nocturno)
2002-03
CFGM Carrocería (réxime nocturno)
2003-04
Condición de Centro Integrado de Formación Profesional
2007-08
Primerio curso que funcionan desdobrados o IES e o Cento Integrado de Formación Profesional Porta da Auga
Con todas estas especialidades e ciclos formativos o espacio dedicado a estas actividades tivo que ser aumentado e foi en marzo de 1999 cando o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria inaugurou novas instalacións. Completáronse con dous novos bloques destinados a Electricidade e Electrónica e aula do Bacharelato de Tecnoloxía - o primeiro- e a taller de Automoción -o segundo-. As novas aulas contan cunha superficie de 605 metros cadrados e a nave taller de 405m2. 0 investimento foi de 122.509.661 pesetas.
As novas especialidades e reformas fixeron preciso a modificación da propia denominación do centro xa que pasou de Instituto de Formación Profesional a Instituto de Educación Secundaria e o 10 de febreiro de 1998 foi aprobado no Consello Escolar o seu nome actual Porta da Auga.
As instalacións seguiron aumentando e construiuse un pavillón de deportes cunha superficie de 1000 metros cadrados destinado a aula de Educación Física e patio de recreo; no verán de 2001 fixéronse unha serie de reformas quedando novos locais para Conserxería, Orientación, Secretaría, Recepción de pais, Biblioteca, Salón de actos, así como un despacho independente para cada membro do equipo directivo; durante o curso 2001/02 construiuse unha nave para impartir as ensinanzas de Acabados de Construcción, de 240 metros cadrados, e no 2002/03 unha aula de Informática de 27 metros cadrados e un despacho para o responsable de calidade.
No curso 2003-04 o IES Porta da Auga pasou a ser o primeiro centro da provincia de Lugo en adquirir a denominación de Centro Integrado de Formación Profesional, pasando a impartir, ademais da ESO e Bacharelatos, tódalas modalidades da Formación Profesional: reglada (Ciclos Formativos), ocupacional e continua.
En setembro do 2006, mediante o Decreto 154/2006, do 7 de setembro (DOG do 18 de setembro e corrección de erros no DOG do 22 de setembro), o centro desdóbrase en dous, por un lado o propio IES Porta da Auga e por outro o Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga. A orde do 30 de novembro de 2006 (DOG do 2 de xaneiro) autoriza a oferta educativa dos dous centros, quedando o IES Porta da Auga coa ESO, Bacharelatos (modalidades de Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais), os ciclos formativos da familia profesional de Administración (ciclo medio de Xestión Administrativa e ciclos superior de Administración e Finanzas) e os programas de garantía social (Axudante de operacións de carrozaría do vehículo, dependente de comercio, operario de albanelería e instalador electricista).
Ó longo destes anos de implantación de novos estudios e reformas cómpre salientar aos máximos responsables: os nosos directores, que co seu traballo e coa axuda dos distintos equipos directivos e profesorado fixeron posible isto. Xa mencionamos ao director que provisionalmente se encargou de comezar a nosa andaina: José Benito Santana Gutiérrez. Logo dirixiu o centro Jesús Eugenio García García e os seguintes foron:
  • Flor Núñez Sánchez
  • Antonio Gregorio Montes
  • Xose Antón Méndez López
  • Luis Manuel Álvarez Martínez
  • Álvaro Doural Leiras
  • Alfonso Piñeiro Funcasta
Coa nova oferta tamén aumentou considerablemente o número doutros dos protagonistas desta historia, os alumnos e alumnas, que chegaron a ser mais de 600 no curso 1996-97, como se aprecia no seguinte gráfico:

20120716

Unha historia de 100 anos de Ribadeo

En realidade, de algo máis, é o que presenta en resume o blog O Cargadoiro na súa última entrada. Mágoa que sexa só unha entrada de blog, co seu tamaño reducido por tal feito, o que fai que, por exemplo, non apareza nela a construcción da Torre dos Moreno. Por contra, o seu tamaño fai da entrada unha letura rápida e interesante, ó tempo que invita á reflexión sobre o Ribadeo actual.

Ribadeo ao norte

Deixo aquí a nota sobre a presentación do libro 'ribadeo ao norte' de Mariola López Mariño, que terá lugar o domingo 22 ás 20:30 no novo local da antiga alxinatos.
A portada:

A nota de prensa:
"¿Qué sucede si de repente tomas el tiempo para volver a mirar, despacio y en profundidad, los paisajes de fondo que definieron tu infancia?
A esta pregunta responde Mariola López Mariño en su libro de fotografías ‘Ribadeo ao Norte’ con una serie de capturas del paisaje cambiante de la Ría de Ribadeo.
Durante una estancia de 3 meses en Ribadeo, la autora fotografió repetidamente la misma vista del fondo de la ría, a diferentes horas, mareas y condiciones atmosféricas. Y anímicas.
El resultado es una colección única de fotografías que revelan una nueva dimensión del paisaje de la ría gallega más oriental. Una serie que exuda paz e introspección y donde luz, aire y tiempo juegan un papel tan importante como el del lugar mismo.
Esta edición de lujo, destinado a dar a conocer a un público internacional la faceta ‘zen’ de la ría de Ribadeo, y por extensión, la explicita intemporalidad de toda la cornisa norte, contiene textos en 6 idiomas, incluido japonés. El libro se completa con una serie de planos y alzados que localizan el punto donde la autora tomó las fotos, y donde se enumeran los nombres de los lugares, calas, y montes que aparecen en las vistas, con la consiguiente carga emocional e histórica.
 Mariola López Mariño (Ribadeo 1967), diseñadora y publicista, vive desde 1999 en Amsterdam donde dirige la agencia de comunicación Lopezlab. Mariola es además cofundadora del prestigioso colectivo AB/C e inciadora de la editorial Balboa Books"
A invitación:


Consecuentes

De cara ó fin de semana pasado, desenvoltouse en Ribadeo a polémica da non aceptación da alcaldesa de alicante, Sonia Castedo, en petición de desaforo para imputación nun caso de corrupción urbanística, como pregoeira das festas. Isto tivo como consecuencia ó par de días, a demisión do presidente da comisión de festas, unha entidade nestes momentos independente do concello, que nun primeiro momento acatou non estando de acordo e aclarando que o concello non tiña moito que dicir nunha entidade independente, pero que acataban porque o concello colaboraba en todo. Coido que o anterior é o resume do sucedido, ata onde se pode saber polos xornais deses días. O compartamento de ambos portagonistas, o alcalde eo presidente da comisión de festas, independentemente de que poda estar de acordo con oun, co outro ou con ningún dos dous, coido que foi ... no caso do alcalde, consecuente coas súas ideas (suponse). Non sei de de modales exquisitos ou falto de modales, como achaca o presidente. no caso do presidente, consecuente coa súa amizade (é o que di, non fala das súas ideas). Non sei por que se retraosu na demisión, pero podo entender que por exemplo, quixera deixar algúns detalles solucionados antes de demitir. É dicir, en ambos casos, tal e como o entendo, houbo unha consecuencia. E en ningún dos dous se tivo en conta o cumprimento expreso de ningunha lei. Non obstante, se consideramos a extensión de actitudes tales a nivel nacional, e en política (neste caso o presidente non ocupa un cargo diretamente político), atopámonos co panorama que temos na actualidade: a defensa de amizade e corporativismo por riba de legalidade. Pode que o de Ribadeo sexa unha pequenez, un sinxelo cabreo innecesario, ... segundo como se mire, pero se se segue, despois atopamos a nivel estatal o que atopamos. E mentras, por Ángel Alda mediante a rede (e non polos xornais) estou ó tanto do que pasa nas xornadas madrileñas, onde onte os policías sacaron os cascos e puxeron no seu lugar as gorras, o que foi aplaudido e interpretado como garantía de non agresión. Ou onde, segundo Ángel: "Muy grandes los bomberos. Dispuestos a acampar en las cercanías del congreso de los diputados. Esta pasando ahora mismo....doce de la noche del domingo. Según la delegada Cifuentes esto nunca se iba a consentir. Veremos lo que pasa." Pois iso, seguiremos vendo o que pasa. Pero lembrando que interveñamos de xeito direto e consciente ou non, sempre estamos aportando o noso gran de area a un ou outro montón, e é cousa de elixir a que montón se aporta.

20120714

Máis datos para os de fóra que para os de dentro

Cunha consulta, chega: http://www.eldiario.es/zonacritica/2012/07/14/documento-lo-que-no-nos-conto-el-gobierno-y-si-explico-a-la-prensa-internacional/, que ven acompañar a http://www.cincodias.com/articulo/economia/hacienda-compromete-devolver-paga-extra-navidad-2015/20120714cdscdseco_1/. Máis? Fai falta?

En pleno verano, Ribadeo cultura

Onte, despois dun traballo extra non remunerado, correspondente nin correspondido de 'funcionario con privilexios devaluados' (ó que parece), puiden asistir e desfrutei escoitando o concerto de sons de muller, no que Uxía, a Banda, o grupo de cantareiras Irimia, Idoia Kareaga, o grupo Alesancia e "Sés - espectáculo" participaron de nove a cousa das once media da noite.
Deixo a continuación algunha peza, comezando por Miniatures for band interpretada pola Banda Municipal de Ribadeo.

Un par de Irimias:


E unha Alesancia:

Abaixo queda unha pequena alegoría: unha grória tomada esta semana na glorieta do Eroski e unha manifestación dunha actividade anterior, un tramo das pisadas que conducen á exposición sobre cómic na casa da xuventude e que prefiro tomar como unha indicación de que se fai camiño ó andar.
Por certo, Ribadeo non termina aquí: aí están os 'taxis turísticos' para animar máis omovemento de persoas (e cartos) en Ribadeo.

20120713

Que se jodan! (eles, non nós)

Descubro esta mañá unha entrada de comentario ás portadas dos xornais de onte, mentres a Terra segue a xirar sobre o seu eixe con normalidade a pesares das medidas tomadas. As persoas que habitamos nun lugar chamado España ó mello nolo tomamos doutro xeito que o conxunto terrestre, pero é algo que nos afecta a nós, e polo que parece, segundo a deputado Fabra na intervención de Rajoy ante a cámara, toca jodernos por imperativo legal (a nós, que non a eles, pois a exclamación está na terceira persoa do plural). Una anécdota que sería para rir por algunhas circunstancias (a imputación dentro da familia) se non fora por outras (a o contexto de medidas de crise e sofremento da poboación).
E, mentras a renglón seguido das medidas sube a prima de risco e baixa a bolsa, cun empeoramento das condicións económicas en xeral, enterámonos de que, en Portugal, as baixas de soldo selectivas para os traballadores públicos son declaradas inconstitucionais. Polo demáis, a situación pode ser hilarante en máis sentidos. Lembraba onte pola tarde charlando cun amigo o escoitado antonte á noite a traverso da televisión (non podo dicir onde era, nin quen era, máis que se trataba dunha entrevista nun bar). O tema era a repercusión do ive, e a pregunta debía ser contestada por unha dona dun bar. A conclusión da mesmá á pregunta do entrevistador ou entrevistadora foi meridiana e por iso se me quedou gravada no medio da atención a outra cousa: 'agora o café custa 1,20 e teremos que pasar a cobrar ... case 1,50'. A lembrar que o ive aumenta un 3%, mentras a 'suba' proposta implica un 25%. A este paso acabaremos por dicir que queremos, que queremos crise e o que nos veña enrriba. Sorte que outros comerciantes máis astutos xa anunciaron que 'non repercutirán' a suba do ive nos seus produtos (enténdese de golpe, claro). Nesta maraña, quizáis non veña mal lembrar algo 'de onte mesmo' sobre o roubo préstamo de apoio ós bancos que se mantivo na primavera. E así marcha o mundo ...
Mentras, aquí é nova a protesta porque as Catedrais non saia na guía dos dez puntos máis turísticos de Galicia segundo Turgalicia. A guía non leva ese título, pero o significado colleuse así, e a protesta aló vai. Coido lembrar que o desenvolvemento turístico de As Catedrais foi a partir dun artigo nunha revista de viaxes hai cousa de 15 anos ...
Claro que tamén se pode elixir outra versión política de novas ribadenses: o veto do alcalde a que a ribadense alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, en petición de desaforo para a súa imputación nun caso de corrupción, sexa a pregoeira das festas este ano.
Ben, para rematar, dicir que a gran pregunta: como logar que se cumpra a exclamación do título a favor noso? opino que non está ben formulada. A pesar da posible xenreira, e para dicilo cun símil gráficamente, do que se trataría non é de joder, senón de desfrutar facendo o amor.

20120712

Imos probar cánto podes aguantar

Máis ou menos, isa foi a mensaxe. Imos probar cánto podes aguantar. Mineiros Madrid? Non importa. Novas na prensa? Un toque para que digan o que queremos nós. Imos sacar cartos de quen xa atracamos, por se acaso quedou algún. Por certo, e máis preto: Muebles Hermida fixo un ERE a 75 persoas con 11M€ na reserva, segundo a prensa. NCGB pide perdón ós clientes: quere seguir téndoos (ó goberno non parece importarlle polo momento). Hai quen advirte ou chama en tribunas públicas a levantarse: aí está Llamazares ou Rosa Díez (ambos na oposición, claro) onte dende o mesmo congreso, ou Vicenç Navarro dende a tve donde lle deixan.
En Madrid, un turista grabou isto

(cólloo dun par de apuntes de A. Alda) e logo pasou isto:
Nas redes sociais xa hai tempo que hai comentarios sobre cánto tempo se via aguantar a sociedade caladiña. En Madrid parece que hai quen xa non o está. En Ribadeo? ... pois algunhas terrazas con máis extensión que outros anos, por se acaso. Mentras, a cousa afecta á maioría, como se pode observar a pouco que se fale coa xente.
E ti, xa te preguntaches cánto podes agunatar antes de te levantar?

20120711

Nostalxia

A vida do IES Porta da Auga estase a extinguir neste verán. Na preparación para o traslado ó novo IES de Ribadeo hai que mover moitas cousas. Algunhas quedarán no camiño por imposibilidade de resitualas, por obsolescencia, por non pagar a pena, por .... é dicir, moita historia quedará no camiño. Hoxe pasou polas miñas mans algún dese material, e deixo aquí recollido para a lembranza unha mínima parte para a lembranza: os planos a 2002 e unha nova escaneada do xornal El Progreso-A Mariña do 20030524 con datos aportados polo centro e a delegación provincial de educación sobre unha polémica daquel entón:





20120710 pleno

Correspondente coa entrada de aviso do pleno, onte celebrouse unha sesión que voltou a non ser curta, pois cara ás dez e media remataban a terceira moción, e despois delas aínda quedaba o apartado de rogos e preguntas, na que faltou unha concelleira do equipo de goberno e na que houbo no momento de máxima afluencia 16 asistentes, que para a media de xente na sá non é pouco.
Por esta non houbo ó final preguntas de O Tesón, pois supoñíase (mal) que o retraso do pleno, coñecido a pasada semana, sería como é tradicional, para luns seguinte, e non para onte, o que motivou non presentar a tempo as preguntas.
A sesión comezou tras un previo para comentar o título 'catedralicio' que se concedeu ó concelleiros por (supoñíase) ter visitado a zona pola que o autobús turístico pasea á xente durante dúas horas e media, dándolles ó final o título se demostran con fotos a súa participación. No caso dos concelleiros, repito, supoñíase a súa visita.
No primeiro punto foi aprobada a acta correspondente ó pleno do 14 de maio.
2.-Expediente para extinción título de ocupación e desafiuzamento da vivenda número 13 da rúa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores núm. 6242 B).
Espúxose que había un ditame da comisión de facenda e un trámite de audiencia de 15 días. A votación foi unánime a favor: 12-0-0
3.Expediente para dar nomes a diversas rúas na Vila de Ribadeo.
Foi a proposta da Xunta de portavoces, e especificouse que faltaba xente que sería recoñecida doutro xeito, como os concelleiros da época democrática (por exemplo, faráse un acto público a José Duarte), así como que todos os grupos cederan algo e facían súas o conxunto de propostas aceptadas, se ben houbo algunha referencia a preferencias políticas. Para finalizar, lembrouse que o acto de recoñecemento (nun acto ou varios, pois son moitos) debeser exactamente igual en todos os casos. Igualmente, houbo unanimidade: 12-0-0
4.-Modificacións na RPT deste Concello.
Foi o punto que levantou máis discusión, e na introducción díxose que na comisión fóra aprobada só cos votos do BNG e abstención de PSOE e PP (con ausencia de UPRi). A liña argumental do PSOE foi que non participara na súa xestión previa, nin tiña legalmente por que, que tiña cousas boas e malas, pero que o trasfondo non era comaprtido. UPRi apuntou que non sabía se as conversas estaban cerradas, pediu transparencia e preguntou que ían sacar os veciños. O PP, por boca de Azucena, fixo unha exposición máis detallada, resaltando a dicotomía entre xente que ten dúas tardes e outra, 'especial adicación horaria', e que consolídanse os complementos específicos, así como que o RPT non supón aforro, e que dentro do traballo corresponden a cada traballador inclúese unha coletilla para incluír calquera tarefa en razón de cargo ou categoría.
O alcalde defendeu unha transparencia inédita, enfatizou que se mantén o emprego público e non se reduce soldo nin ningún traballador cobra un soldo de miseria. Asemade, en en referencias á falta de datos á que tamén se referiu o representante d eUPRi, axustou que se pode pedir o orzamento e, como concelleiro, a nómina de cada traballador. Como excepción, suben o soldo a bibliotecaria e o técnico de turismopor aumento de xornada. Explicou a diferenza entre 'especial adicación', que representa dúas tardes que, a diferenza do que viña sucedendo, están especificadas en canto ó que representan en horario, e a 'dispoñibilidade horaria', que representa que se pode chamar a calqeura hora, con compensación posterior en horas ou soldo, axustando que se tratará de facer uso desta posibilidade do xeito máis escaso posible. Axustou tamén que a maioría sindical non o aceptou.
Da segunda rolda de intervencións dicir que o PP queda á espera das alegacións sindicais, e o alegato do alcalde de que para defende a función pública hai que facer que rinda. A votación, 6 a favor-6 abstencións-o en contra.

5.- Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dacion de conta de decretos da Alcaldía.
Aínda que levou un certo tempo, destaco só algunha curiosidade. Unha, a voltas coa definición/indefinición de 'Sonda Norte' e a a participacióndo concello na mesma, a conta de facturas pagadas. Unha pregunta moi cortiña sobre a aportación do concello á visita dos pícaros saharauis, que deu pé a dicir que este ano só veñen 3 (aportación do concello, 1 700 €), e a pregunta (en galego) sobre unha alegación que incluía unha queixa por estar o PXOM só en galego, que ó parecer, foi respondida en castelán
Mocións:
1.- Moción do BNG sobre fumigacións.
2.- Moción do PSG-PSOE sobre fumigacións.
Foron tratadas en conxunto e votadas co mesmo resultado: 8-0-4. Parece que a diferenza entre ambas estaba que a do PSOE incluía o feito que a substancia química Flufenoxurón afecta tamén ás abellas. Chamoume a atención na discusión o que entendo foi a relativización, por parte do PP na defensa da súa postura contra a moción e a favor da Xunta, da relativización da ciencia como opinión (algo que sigo por outros motivos) e a cualificación da fumigación aérea como loita biolóxica que se fixo nun momento determinado e que entendo que foi algo así como un desliz no fragor da batalla. Houbo unha discusión sobre se a Xunta seguía ou non criterios técnicos e científicos, sobre se tivo ou non xuntanzas e/ou enviou técnicos a convencer á xente para a aplicación (negación por unha beira e aseveración -'pódoo demostrar'- por outra), se competía ou non ó concello prohibir ou pedir, sobre se se estaban a xulgar intencións e non feitos, sobre se se estaba a crear alarma social ou son as fumigacións xa feitas as que a crean, ... Presentáronse 200 sinaturas aportadas pola Asamblea A Mariña-Occidente (movemento 15M)
3.- Moción do PP sobre petición de dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo.
O resultado da votación, 7 en contra-1 abstención-4 a favor debuxa o mapa político do concello na actualidade, o que non obviou unha discusión na que o tema central foi o pago dun anuncio con logo e nome da Deputación co mesmo lema que unha campaña do BNG ('rescatan á banca, rouban ó pobo'). Eduardo Gutiérrez amosou documentación na que se certificaba que non se pagou con fondos públicos e si con fondos do BNG, e Fernando Suárez axustou que foi un tema que erro na maquetación, sendo ambas cousas coñecidas polos poñentes da moción. A resposta do PP inclíu que non se crían as explicacións, e o segundo turno do alcalde, que estabamos a entrar nas insidias propias da campaña electoral.
4.- Moción do BNG sobre supresión da oficina liquidadora.
5.- Moción do PSOE sobre a Axencia Tributaria de Galicia.
Foron tratados asemade de xeito conxunto, se ben xa non podo dicir máis do tema.
6.- Moción do BNG polo futuro da comarca da Mariña.
Rogos e preguntas.
Mentras se estaba a celebrar o pleno, unha marcha nouturna a partir do corazón dos mineiros enchía as rúas de Madrid con 200 000 persoas e unha sombra informativa na televisión, compensada nas redes sociais.