20131231

A MENTIRA COMO ESTRATEXIA POLÍTICA DO PP. Artigo de José Mª Rodríguez Díaz

Aínda que resulte duro facelo, danse situacións ás veces que esixen "poñer unha pica en Flandes" en defensa da verdade. Afeitos a convivir nestes últimos tempos coa utilización da mentira como arma política - un contravalor convertido en moeda corrente por moitos dos nosos políticos - hai momentos en que se impón facer fronte a tanta manipulación e mentira, do "todo vale" con tal de enganar os cidadáns para atraer o seu voto.
É por iso que - e fágoo en defensa da verdade neste episodio no que fun protagonista - me vexo obrigado a facer as seguintes precisións ás declaracións feitas polo presidente provincial de NN.XX. do PP, Daniel Veiga, publicadas recentemente en algúns medios escritos de comunicación. Tres afirmacións que pola súa falsidade falan do curto percorrido que a este dirixente o agarda o eido da política.
Afirma nelas o mencionado persoeiro que "A Xunta foi a primeria en poñer cartos sobor da mesa para construír o futuro xeriátrico ribadense". Pero os feitos, Sr. Veiga, son irrefutables e desmenten a súa afirmación converténdoa nunha mentira. É certo que o día 13 de xaneiro de 2013 a Conselleira de Benestar accede a colaborar co noso proxecto, pero non cunha oferta de diñeiro sobor da mesa, como vostede afirma. A súa oferta nesa data cínguese unicamente a certo número de prazas concertadas, rexeitando toda colaboración económica. É a Deputación Provincial a primeira que o día 24 de abril do ano 2013 pon sobor da mesa a súa oferta económica consistente en achegar a metade do custo da construción, sempre que a Consellería poña a outra metade. A primeira oferta financeira, consistente en 500.000 euros, posta pola Consellería sobor da mesa, pero que ainda hoxe non está rubricada, tivo lugar o día 9 de setembro do ano 2013, cantidade na que a Conselleira se estanca definitivamente a pesar de ser a responsable da prestación destes servizos; mentres que a Deputación Provincial aumenta a súa oferta en máis de 1.828.000 euros. A súa alegre e lixeira afirmación, como ve, non é máis que un reclamo doloso para atraer futuros votantes ao seu bando.
Afirma deseguido que "E se o PP gobernase en Ribadeo xa estaría (o xeriátrico) feito porque non perdería o tempo en pancartas". Pois ben, como todos moi ben saben, o PP estivo a gobernar en Ribadeo durante 8 anos, dende 1995 ata 2003, sendo alcalde o Sr. Rodríguez Andina, e tendo na Xunta un goberno da mesma cor política para axudarlle economicamente. ¿Por qué non fixo daquela, xa que logo, a residencia e agora pretende facernos crer que sí a farían? E en canto ás pancartas, que vde. tanto critica, non foron outra cousa que a expresión do dereito á manifestación pública que en democracia teñen os cidadáns para reclamar os seus dereitos, como é o de ser escoitados nas súas demandas sobre todo cando os medios normales non funcionan. E conclúe o citado presidente de NN.XX. afirmando que "A xuntanza que se tivo coa Conselleira do ramo en Santiago fíxose grazas ao PP ribadense". Esta última afirmación, vendida anteriormente por outros políticos locais do PP, é sen dúbida verdade, pero tamén expresiva de cómo o PP entende o exercicio democrático do poder. Permítame, pois, facer sobor desto as seguintes matizacións: a) O día 30 de maio do ano 2011 a Plataforma de Veciños solicita á Conselleira unha entrevista para expoñerlle a necesidade dunha nova residencia en Ribadeo, solicitude apoiada por 2.225 firmas de veciños. A súa resposta foi un solemne silencio. Reitérase esta solicitude en varias ocasións posteriores e por diversos medios e persoas interpostas, como a Delegada Territorial da Consellería, Raquel Arias, logo polo voceiro do PP no concello, Sr. Valín, e mesmo por todos os voceiros dos partidos no concello conxuntamente e sempre con resultado negativo. En fin, un permanente silencio ás nosas demandas que unicamente se rompe coa mediación, ao parecer, dos responsables do PP local, uns días antes do 11 de xaneiro do ano 2013, data na que a Conselleira por fin se digna recibirnos por vez primeira, gracias polo visto a súa mediación. A interpretación deste protocolo é, pois, a seguinte: que a Conselleira accede a escoitar a nosa demanda, forzada non pola súa obriga de escoltar e servir aos administrados senón polos intereses do seu partido. Noutras palabras, que o PP goberna mirando polo seu propio beneficio antes que polo interese dos administrados. Pero, mire e non esqueza que non todo o que dí a Biblia e verdade pois hai unha afirmación na que creo que se engana: que “o número dos tontos é infinito”.

20131230

Aquí como en Viena 2013, pola BMMR no cine teatro de Ribadeo, 20131229

Cheo ata os topes, e xente de pé, o cine-teatro, cambio dende o Auditorio Hernán Naval, resultou insuficiente.
A primeira parte, con entradas dialogadas para construír unha historia. A segunda, música sen historia (... verbalizada no momento).
A calidade, a continuación (cos lóxicos defectos do vivo e do aparello)
O programa:
Bis, Radetzky.

E os músicos apréstanse ...

20131228

O tempo, a temperie

Estas festas están tendo un protagonista: o tempo.
Non o é o Ribadeo FC, co seu centenario, máis que para algúns, mesmo incluíndo o himno (o oficial e o alternativo). Nin a homenaxe que representa outra tandada de adicacións no rueiro, chamativo ou festa para outros. Nin as mesmas celebracións de Nadal, repetidas ano tras ano e convertidas en tópico típico consumista. Non, nin iso nin outros aditamentos, como o pŕoximo concerto tradicional da banda o domingo ou a asamblea de Amadores hoxe (acumulando retrasos, a ver se podo ...). O que marca estas festas é o tempo. A temperie, non o tempo do reloxio. As variacións de calma a tempestade e volta. De diluvio a ceos semidespexados. De temperaturas agradables a frío de neve. A 'cicloxénese explosiva' facendo acto de presenza a unhas alturas de ano que incrementan a súa anomalía xa propia.
Falar do tempo é moi recurrido. En Ribadeo, esta tempada, non é un recurso, é a presenza da temperie nas nosas vidas ...
Ó remate do ano farei un resume da temperie anual. Despois distes días, é moi posible que o actual volte a erixirse en campión de choiva no século, e de baixas temperaturas medias (aínda que con menor probabilidade) tamén. Pero falta aínda 3/4 días (segundo se inclúa hoxe ou non) para finalizar o ano oficialmente, e unhas horas máis para que a Terra remate de dar esa volta completa ó Sol que se celebra, dende a última volta que se celebrou ... (diso, ó mellor, falamos outro día)

20131227

Adicacións

Que non sexa porque non se lle adique o seu nome!
Algo así deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes ás cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tamén quenes lle puxeron nome de lugar, do que tiña antes o lugar.
Faláronme xa varias veces dun movemento internacional que deu lugar a orientacións para tentar aproveitar os nomes de lugares e que non se perdese a toponimia por facer unha honra a persoas, que sempre poderían ser cambiadas segundo os gustos ou ideas do momento. Isas directrices en Ribadeo parece que queren ignorarse ante a lenda que aparece nunha conmemoración no Salón de Plenos: honra merece quen ó pobo honra. E velaí que entre hoxe e mañá van dárselle nome oficial a oito novas rúas e prazas, a maioría de persoas, como di o comunicado, "nomes de persoeiros ilustres de aquí de Ribadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas súas xentes, un compromiso con Galicia ou un fondo espírito humanista". Voltarán a poñerse sen referenzas que faga delas algo máis ca un nome vacío que sexa necesario encher cun libriño coma iste? Cánto tardará en facerse?
Embaixo queda a copia da ligazón http://ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=1427&lg=gal á nova na web do concello:

HABERÁ ACTOS DE DESCUBRIMENTO DE PRACAS

Novas rúas

26/12/2013
Oito rúas e espazos públicos recibirán mañá e o sábado nomes de topónimos ou de persoeiros ilustres vinculados con este concello. O rexedor convida aos veciños e veciñas desas zonas a asistir aos actos de inauguración e tamén a todas as persoas que queiran asistir.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que "desde o Concello de Ribadeo non queremos acabar o ano sen inaugurar estas rúas que estaban pendentes de descubrirlles a praca correspondente despois de que hai varios meses xa a Corporación Municipal acordara de maneira unánime darlle unha denominación a estas rúas, avenidas ou espazos públicos, tomando nomes de topónimos, nomes de lugar, nomes de persoeiros ilustres de aquí de Ribadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas súas xentes, un compromiso con Galicia ou un fondo espírito humanista".
Mañá, 27 de decembro, ás 18 horas será a inauguración da praza da Música. A Corporación quixo darlle tratamento oficial ao nome popular deste espazo desde hai uns anos. Ás 18:30 horas será o acto na rúa do Pipelo. Neste caso a Corporación quixo recuperar o topónimo do regato que levaba ese nome e que ía desde Ove ata o casco vello pasando polo lavadoiro dos Fornos. E ás 19 horas terá lugar a inauguración da rúa Antonio Rodríguez Darriba. A Corporación quixo recoñecer a labor e o altruísmo deste médico ribadense cos máis necesitados.
Xa o sábado, 28 de decembro, ás 12 do mediodía será o acto de inauguración da rúa Juan Suárez Acevedo. A Corporación quixo recoñecer a importancia deste destacado ribadense, profesor e intelectual humanista. Ás 12:30 horas desenvolverase o acto na rúa da Lodeira. Neste caso a Corporación quixo manter o topónimo deste entorno dándolle o nome á rúa principal. Ás 12:50 será inaugurada a rúa Irmáns Suárez Couto, aos que a Corporación quixo recoñecer o traballo e entrega ao mundo da cultura, da técnica e da innovación destes ribadenses egrexios. Para as 13:10 está prevista a inauguración da ría Irmáns Pérez Prieto. A Corporación quixo recoñecer o traballo, o fondo espírito altruísta e o sobranceiro galeguismo destes dous ribadenses egrexios. E os actos rematarán ás 13:30 horas na rúa da Illa Pancha. A Corporación quixo oficializar o nome nunha rúa dun marabilloso e singular espazo da costa ribadense.

20131226

O discurso do rei

Aínda hai non moito tempo que vin a película 'El discurso del rey'. Trataba, trama mediante, da importancia concedida ás formas nun discurso, ninguneando o contido. No caso da película, as formas eran as que fan posible o discurso, a fluidez verbal.
Veume á memoria o tema polo discurso de Juan Carlos o outro día, no que o fondo queda invisible polas formas. E xa non me refiro ó tema do desexo da abdicación, é dicir, da mesma figura do rei, senón a algo máis sinxelo, ás ideas verquidas. Houbo un prólogo, que foi a nova das cadeas que non o emitiron (polo que parece, que algunha privada se puxera de folga cando o discurso, iso non conta), nunha liña de consideralas 'non leais', como se ise fóra 'o' tema dun discurso que a xente fala explícitamente de non ver. E un post discurso, do que vin os titulares e que pasa por análise do mesmo cando queda nos temas e non nas ideas que soportan o que di.
A máis diso, é curioso que se analice o discurso de alguén que en teoría alomenos non goberna, senón sinxelamente preside. Pero máis aínda, alomenos para min, é a falta de memoria das análises sobre as ausencias contraditorias e comparación con anteriores discursos próximos. Sobre a ausencia daquel fondo 'todos somos iguais fronte á lei' que parece que dixo o ano pasado. Sobre o balanceo de temas que parece (por non dicir 'é') un botar balóns fóra, collendo un laudo á unidade do estado, dun estado plurinacional sen consideralo como tal, para apartar a mirada de cousas con máis enxundia. Ó tempo, da máis leña ó lume que están a arroxarse os partidos nacionalistas dunha e outra beira: un esprito moi navideño.
Discurso do rei ... Fluidez verbal? Hai vida máis aló?
Nota: como parece que sequere situar/queren situalo máis aló da política, fago a concesión: na etiqueta vai 'sociedade', como cando na Comarca se daba nota das idas e vidas de viaxeiros dende/ata Ribadeo.

20131224

Chegados a esta noite

Non ten por que ser doado pasar un día, chegar á noite próxima como referenza. Onte, senir máis lonxe, declarouse un incendio en Ove. Co vento reinante, non foi doado apagalo, pero houbo sorte: aínda non estaba moi extendido e puido facerse rápido. Onte, asemade, unha árbore fixo descarrilar un tren na Mariña... Poir iso, aínda que pensaba en felicitar o ano pero non a noiteboa, aí vai unha imaxe que pode servir como lembranza para un sorriso: unha participación da lotería de O Tesón, permiada co reintegro dos 4 euros que se xogaban en cada participación e dispoñible para o seu pago na Caixa Galicia en NCGB/Banesco en breve.
A primeira das exhortacións da participación está prometida, a segunda, en marcha (xa se cursou ó concello a petición da exposición previa das vidrieiras antes da súa montaxe), da terceira nada se sabe e da cuarta, sábese que a diario se está pasando polo forro. A imaxe de fondo, da obra da Torre dos Moreno (parada, para representación do máis común) dende unha fiestra do edificio do Concello, da a esperanza de que as cousas van despacio, pero poden facerse marchar cara a mellor en xeral.
Para estes tempos, todo un desexo e doación de ánimo e impulso! (ó fin,os días medran dende o 21 ás 17:11 :-)

20131223

Nota de prensa: VISITA AOS PETROGLIFOS DAS ANZAS E CONFERENCIA DE ANTONIO REIGOSA

As asociacións Francisco Lanza, Alesancia e Mariña Patrimonio promoveron na tarde do pasado sábado 21 unha visita ao lugar das Anzas, onde se atopa un peculiar xacemento arqueolóxico coñecido dende hai moito tempo como “as pisadas do encanto”, hai pouco inscritas no rexistro administrativo da D. X. de Patrimonio como petróglifos podomorfos. A visita foi guiada por Manuel Miranda, co apoio de Vicente Méndez e Elia Rodríguez, parella entrañable que se adica, na súa finca “As Fadegas”, á producción de horta ecolóxica nese lugar fantástico das Anzas.

O xacemento está ubicado na beira do río Alesancia -oficialmente río Grande- que coincide cunha liña de falla moi visible na parede de pizarra da súa beira esquerda. Nunha repisa natural deste escarpe, pola que pasou tradicionalmente o camiño entre As Anzas e Salcedo, é onde se atopan estas gravuras. A interpretación que tradicionalmente se lle deu a este lugar máxico foi que nel reside un encanto en forma de rapaza loira que ten unha galiña con pitiños de ouro; aquel que pase por este camiño nos días próximos ao San Xoan, pode sufrir o encantamento que o fai desaparecer engulido pola pedra. O certo é que a vecindade tivo sempre bo coidado de evitar pasar polo lugar nos días sinalados polo solsticio de verán, ...por se acaso

As gravuras reproducen, dende o lado norte, pegadas de pes humáns, e dende o sur, pegadas de oso, que parecen encararse no centro da rocha. Desde a arqueoloxía, como todos os petróglifos, resulta arriscado dar explicacións sobre o seu significado, sen dúbida simbolico. Como se explica na web Terrae Antiquae, hai implicacións astronómicas relacionadas co solsticio de verán, e a combinación de pegadas humanas e de oso poderían ter relación coa conversión de home en oso, símbolo da asunción do poder.

Próximo a este lugar, Vicente e Elia ensináronnos outros puntos de interese, un castro situado na márxe dereita do río. Vicente lembra ter entrado co seu tío, hai moitos anos, nunha cova de muros e cuberta de pedra. Aínda é facil ver altos muros parcialmente derruidos pola maquinaria que trazou a pista de acceso a este imponente castro. Tamén nos ensinou unha desas rochas de seixo branco próximas aos xacementos castrexos que algúns arqueólogos interpretan como lugares ceremoniais.

De volta en Ribadeo, a Casa das Letras cedeu xenerosamente o seu coidado espazo multiusos para que Antonio Reigosa, o noso referente cando tratamos do patrimonio inmaterial, nos deleitara repasando algúns dos mitos, lendas e lugares máxicos da Mariña. Como se pode apreciar na súa enciclopedia da fantasía popular, Galicia Encantada, este home é capaz de facernos voar ao mundo dos seres máxicos que a nosa cultura popular ten producido, reproducido e transmitido desde hai miles de anos. Unha herdanza que hoxe nos costa comprender pero que permanece na memoria colectiva, misteriosamente agochados na infinidade de lugares máxicos: nos montes, nas rochas, nos vales, nas fontes, na beiramar,... Antonio deixounos a mensaxe de que temos un inmenso patrimonio mitolóxico, de gran fiabilidade na identificación de xacementos arqueolóxicos que nos aportan información sobre o noso pasado remoto, tan descoñecido como apaixoante. 
Fotos: http://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157638940579716/

20131222

Falando da pirámide

Hai unha semana saía na parte salmón do El País o gráfico que aparece ó final, a pirámide de poboación en España na actualidade e a esperada para dentro de dez anos. A nova na que estaba encadrada tentaba dicir que a española é unha poboación con tendencia ó envellecemento, e o que significa de cara ó mantemento da poboación inactiva por nova ou por vella. Nada novo.
Había polo medio algunha cousa máis, como que na actualidade non se espera grande reprazamento por inmigrantes e si está tendo lugar un forte drenaxe de xente nova cara ó extranxeiro.
A min chamoume a atención algunha cousa máis na figura. A primeira, que o engrosamento máximo corresponde á xente que hoxe ten 36 anos, é dicir, nados en 1982, ou case un ano antes se consideramos os embarazos (momento no que se pode pensar en ter fillos) e non os partos (momento no que efectivamente 'se recebe o pedido'). É dicir, nas inmediacións do golpe de Tejero, a pouco de instaurarse a democracia, en pleno cambio de mentalidade da xente.
O segundo, os dous adelgazamentos, un pequeno, sobre os 62 anos, e outro maior, sobre os 70-75. O primeiro corresponde a comezos dos 50, cando houbo que cambiar a política económica e comezou o desarrollismo, e o segundo, ó período da guerra civil e anos inmediatamente posteriores, co incremento puntual no medio correspondente ó ano de finalización da contienda e a visión clara de que a medida que ía transcorrindo o tempo de guerra a natalidade ía en diminución.
Máis. O mínimo de franxa poboacional está en 1998, no que comeza a reputnar a natalidade dende unhas cifras que naquel momento batían marcas á baixa tanto no que corresponde a España como en relación a outros estados. E entón comezou o avance ... ata xusto o ano antes da crise, no que o retroceso, igual que no caso da guerra, ven marcado pola duración deste 'novo evento' que afecta á sociedade española.
Por certo, aínda é cedo para apuntar nunha gráfica deste estilo o que afecta o empeoramento na sanidade ...

20131219

Renda básica universal

Pásanme o aviso de que hoxe, xoves 20131219, ás 20:00, no salón de actos da Casa do Mar, haberá un acto informativo sobre a renda básica universal. Nun comezo estaba previsto que participaran Roberto Porras, do 'colectivo Alambique-Baladre', e Eva Solla, de AGE, pero esta última, por mor dun accidente, non estará.
Quédanme varias ideas na cabeza despois de pasar o aviso.
A primeira delas é que nesta aldea capital que é Ribadeo tan pronto non hai acto algún como se acumulan os actos interesantes que fan que, á postre,non se acoda á maioría deles. E é que en horario semellante, coido que hai a proxección da película 'A cicatriz branca' no cine teatro.
A segunda, botando contas, que se pretende unha paga universal duns 600 €, o que significa case o 50% máis da paga que receben os membros do colectivo de xente desempregada que ten perdido o paro e cotizado un tempo antes e pola súa idade son de difícil reinserción. E é que segundo informe da UE, sería o necesario para vivir en España. Por persoa.
A terceira, que se é aplicada de xeito xeralizado a case 50 000 000 persoas en España, resulta 30 000 M€ mensuais, ou 360 000 M€, o que faría pensar en algo que non se pode manter, se non se cae na conta de que isa cantidade movería a economía, xeraría crecemento e impostos , ... coido que sería moi longo expoñelo aquí. Mellor, como mínimo, ir á ligazón da wikipedia, senón á charla.
Outra máis, nunha versión light, aplicando a renda de xeito non tan universal, senón 'só' ós seis millóns de parados, resultaría 3 600 M€ mensuais ou 43 000 M€ anuais, equivalentes ó monto de prestacións do paro e cantidade netamente inferior ó adicado estes últimos anos á banca.
En calquera caso, sempre están detrás ideas como o que se solivianta a economía, que se crea xente parásita, ...  e por iso se fan cousas como o acto informativo: para informar e desmontar acusacións que poden resultar moi sesgadas ou froito de ideas preconcebidas.
Mágoa que a xente que asiste a istes actos sexa en xeral só xente xa convencida.

20131218

Calidade: o chan de Ribadeo

A calidade do chan de Ribadeo non debera ser posta en dúbida. En xeral, a terra do rural ribadense é de calidade, aínda que claro, haxa lugares onde non o sexa.
Pero o título refírese ó chan do pobo, o empedrado, asfaltado, enlousado, ó campo dos parques, ... e é que, se xa se ten queixado a xente, poñamos por caso, da irregularidade do chan da rúa San Francisco, agora no inverno voltan a xurdir os surtidores de auga (e molladuras correspondentes) en numerosos lugares con lousas móbiles. Onte mesmo, tocoume en San Roque.
Resto do tristemente célebre 'xardín de indianos' coa súa fonte con rás (unha máis das fontes non mantidas do concello, aínda que non lle quite a cabeceira ó mexadoiro de King Kong) tamén é unha beira enlousada convertida en pista de deslizamentos ou entrenamento para o equilibrio, camiño entre as catro calles e os centros de ensino de Ribadeo. O perigo da ruta os días húmidos fai que a xente cambie de itinerario...
Pero coido que a palma de 'calidade' está a ser un imprevisto que non corresponde a obra pública. As cagadas de cans sen recoller polos seus donos ou donas teñen algunhas zonas do pobo plagadas de manchas amarronadas, de pequenas esculturas abstractas da mesma cor, e de zapatos que hai que lavar ó chegar á casa. Cagadas grandes e pequenas, más sólidas ou máis fluídas, de cor máis obscura ou máis clara, están sendo un pesadelo en rúas ou parques. E é que mentras hai xente con cans que recolle os restos, a que non o fai nótase abondo máis, aínda que (poida que) sexa minoría.
Non me pareceu poñer fotos de diversas cagadas que me atopei no camiño onte, pero foi un día no que a súa variedade e cantidade déume que pensar. Nótase, non?

20131217

Cantidade: un cambio de Ribadeo co mundo

Onte foi aberto o último tramo de autovía que quedaba sen abrir entre Ribadeo e o centro de Asturias. Segundo que nos fiemos dunha fonte ou outra, o recorrido anterior a onte, 137 ou 138 km a Oviedo, cun tempo estimado de 1h 27 minutos segundo Google Maps, 1h 45 minutos segundo vía Michelin, por exemplo (recén consultados hoxe mesmo), vai quedar reducido en 10 minutos segundo os xornais, aínda que entendo que o tempo, de media, andará rondando unha cifra algo menor. É dicir, á capital asturiana, centro comercial e político do Principado, o tempo estimado de viaxe quedará en pouquiño máis de hora e cuarto.
En Relación á Coruña, 1h 37 minutos, segundo Google Maps, 2h 4 minutos segundo Vía Michelín, con peaxe en ambos casos, e capital comparable co comercial a Oviedo, pero non no político, quedará aínda un bo tempo nesa cantidade de tempo, isto é, uns vinte minutos máis que á capital asturiana.
Xa hai tempo que, observando un mapa de extensión de xonas comerciais, Ribadeo quedaba incluído en Asturias, dependendo de Oviedo como capital comercial. A apertura do trazado realizada onte non fai máis que facilitar este predominio.
Naturalmente, noutros aspectos, a consolidación da autovía imploica cousas diferentes. Por exemplo, a facilidade de extensión ata o País Vasco da xente que posee unha segunda residencia en Ribadeo; isa comunidade xa tiña presencia ata agora na compra de vivendas e é de esperar que algo aumente. Ou na comparación de transporte por estrada vs por ferrocarril, na que xa era de avantaxe neta o coche e relativa no caso do autobús. E así sucesivamente.
Aínda hai outros aspectos, como as obras públicas, os viadutos inmensos, obras de enxeñaría punteira ou os desmontes realizados, que fan chorar polas feridas da Terra ... e que quizáis vai ser o efecto máis perdurable da obra.
Agora, temos que afacernos a un cambio nas relacións. Quizáis pequeno, pero cambio producido por nós, que nos achega ós nosos viciños, bidireccional, ... e que como calquera cambio, vai significar cousas diferentes para cada persoa.

20131216

Ilusión

Achéganse días de ilusión. Para os maiores, a lotería do día 22, co escepticismo de quen sabe que polo momento, para poder ter opción a un premio, xa tivo que desembolsar cartos, e, por termo medio, tócalle perder. Para os pequenos, a ilusión da maxia dos agasallos dun poder imaxinario, de magos, o poder real.
En calquera caso, a ilusión fai funcionar mellor á persoa.
E por que non aproveitala?
Coido que hai estratexias psicolóxicas para beneficiar a persoas en trances difíciles que fan uso desa ilusión. E para a sociedade? Para unha sociedade en concreto?
Hai intentos nese sentido, como o de dicir que 'España vai ben' en troques de 'hai a quen lle vai ben con esta España', pero non me refería a engañifas diversas, senón a ter un proxecto ilusionante.
Ribadeo tivo un proxecto ilusionante -de feito, aínda non deixou de telo-, a construción dunha residencia, que permitiu unha aglutinación de vontades coido que moi beneficiosa para o pobo. Quizáis desa época en trance de pasar deberamos aprender a plantexar outro reto que beneficiara á sociedade ribadense. Non só na súa consecución, senón polo mero feito de tentalo.
Por aí en parte ía aquela proposta xa vella de 'o Ribadeo que queremos', na procura dunha planificación que aglutinase os esforzos de Ribadeo. Demostrado queda que non é necesario chegar a tanto, e que ademáis, é máis posible e probable facelo con ideas soltas. A última, a da residencia, naceu de dúa persoas que se puxeron en contacto con José Mª Rodríguez, quen se encargou de impulsar a idea. Supónse -quizáis sexa que o supuxen eu nalgún momento- que os políticos deberan ser unha fonte de ideas deste estilo. Tomarán eles o relevo? Que idea se te ocorre a ti e quen a podería impulsar?

20131213

Transparentando Ribadeo

Para a participación de todos, todos necesitamos saber. Non moreas de datos que nos entren polos ollos e nos deixen saturados, senón datos que saibamos que podemos acceder dun xeito sinxelo cando queiramos. Non se trata pois da ocultación máis o menos solapada ou imposta ó uso durante tanto tempo en Ribadeo, nin a suposta información que nos chega de xeito intrusivo por calquera resquicio, queiramos ou non, e que máis que nada remata sendo propaganda dunha ou outra tendencia política, social ou económica. Non. Trátase doutra cousa.
Cousa que se pode entrever en lugares como http://www.transparenciasalamanca.es/ ou http://www.jun.es/, que sen ser unha marabilla marcan un rumbo, no primeiro caso, trazando un mapa municipal de datos abertos a nivel da provincia de Salamanca e no segundo, presentando na súa páxina principal con abonda antelación a orde do día do pleno seguinte (hoxe, neste caso, pasado, pois o pleno foi onte xoves, pero consultei a páxina a comezos de semana por outros motivos) ou invitando a seguir o pleno en directo a distancia, o que lembra a falta de difusión previa dos plenos que teño apuntado en diversas ocasións con respecto a Ribadeo.


20131212

O IES de Ribadeo, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

O IES de Ribadeo xa ten proposta de novo nome: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Así, sin outra cousa, sin segundo apelido, que xa é longo abondo, será a proposta que o Consello Escolar do IES de Ribadeo envíe á Xunta para que ista lle poña o nome, pois é a Xunta quen ten a potestade para facelo (mesmo desoíndo a proposta, o que neste caso sería raro, pois foi realizada por ampla maioría)
Comentarios sobre o proceso pódense facer moitos, pero a proposta está aí en firme, para quedarse, como digo, votada por unha ampla maioría.
Coido que serviu de moito que o mundo político e outras persoas se inmiscuísen no proceso xa dende o ano pasado -aínda que ó final fora irrelevante na votación a súa proposta- coa proposta realizada dende diversos foros, de 'IES Dionisio Gamallo Fierros', nome coincidente con outro IES anterior de Ribadeo, e o único das nove propostas existentes (entre elas, a de ría de Ribadeo, suxerida por min e por outra persoa máis, pero non a de Sonia Castedo, que foi retirada pola dirección) que tivo un pequeno alegato ó seu favor antes das votacións no consello Escolar.
Por certo, órgano iste o Consello Escolar, que parece que desaparecerá nun futuro non moi lonxano, pois a democracia nos centros educativos vaise apagando (contribúe moito o estado) ó paso que o fai a democracia na sociedade en xeral.

20131211

Cada vez máis

Cada vez máis, pálpase o apartamento da política da vida da xente. De xeito suave, inconsciente, pasa da xestión dos asuntos propios, da economía (que non sexa a limitada ó 'eu teño'), da política (a 'polis', a cidade, é algo abondo grande para quen non mira máis co seu ombigo), da sociedade (o pequeno grupo, substitución do antigo clan, é un sucedáneo manexable que, non obstante, se ve inmerso na sociedade e nas súas normas, por máis que dentro del sexa máis doado saltarse algunhas).
Así, a economía queda fóra do noso control, e non pasa ren. A política queda deslocalizada tanto no tempo como no espazo como nas persoas, e parece que estivena botando unha película de ficción. A sociedade polarízase, esnaquízase, e como se sempre tivera sido así.
A 'memoria histórica', din. Queda reducida a memoria ó ámbeto privado, privada do común, e a 'memoria histórica' só é un episodio máis, nebuloso, fóra dos límites do privado.
As próximas eleccións? Soa que has haberá: ó fin, estamos en democracia. Cando? Cales? Iso xa é algo máis dificultoso de lembrar. Ó fin, estánse facendo leis tanto para o futuro como con carácter retroactivo. A transferencia de poder xa non se limita a algunha decisión durante catro anos, senón que parece unha expropiación do poder en toda regla, quedando nunha cárcere interior infantilizados polas imposicións e coercións, nalgo que se pretende unha espiral que conduce á nada.
Minutos. É algo para tratar con abondo máis tempo. Para pensar, e se somos consecuentes, actuar.

20131210

Sobre os cortes de luz

Moitos cortes de subministro eléctrico levamos en Ribadeo. Moitas queixas levan xerado. Nos bares. Nas rúas... Coido que xa deberamos levar tempo tomando nota de cada corte para a reclamación, porque nos afecta a todos, e necesitamos datos para que non nos digan sinxelamente que cumpren coa lexislación e se queden tan panchos.
Hai algúns días comecei propoñendo un hashtag, #cortesdeluzRibadeo, en Facebook, coa idea de que se puxera o día, hora, lugar de Ribadeo afectado e duración aproximada do corte, para que quedara constancia con datos abondo de cada un dos cortes de luz que sofre Ribadeo e fora doado para calquera recuperalos e tratalos como información. Aínda non sei ben por que, pero decateime de que ó procurar polo tag só podía ver os meus, polo que non vale como algo xeral. Coido que facendo o mesmo en twitter, a cousa está solucionada.
Ben, a istas alturas, posiblemente se lle ocorra a alguén un método mellor para aglutinar datos sobre os cortes de subminsitro eléctrico. A falta doutro mellor, #cortesdeluzRibadeo en twitter pode servir. O caso é que a xente colabore e se teña un rexistro detallado para poder usalo e forzar á compañía a dar un servizo de calidade. Sen escudarse, por exemplo, na necesidade e urxencia dunha estación asinada no 2008, tramitada coa urxencia requerida e mesmo sen condicións, e que aínda non se comezou a poñer en pé.

20131209

27 de setembro, día da Constitución

Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro.
O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O 'novo', xunto coas disposicións que o acompañan, quedou:
"
Reforma do artigo 135 da Constitución española, aprobada polas Cortes Xerais en sesións plenarias do Congreso dos Deputados, do 26 de agosto de 2011, e do Senado, do 7 de setembro de 2011. Sancionada pola Súa Maxestade o Rei o 27 de setembro de 2011.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Máis de trinta anos despois da entrada en vigor da Constitución, formando parte España da Unión Económica e Monetaria Europea, que consolida e proxecta as súas competencias no marco dunha crecente gobernanza común, e sendo cada vez máis evidentes as repercusións da globalización económica e financeira, a estabilidade orzamentaria adquire un valor verdadeiramente estrutural e condicionante da capacidade de actuación do Estado, do mantemento e desenvolvemento do Estado Social que proclama o artigo 1.1 da propia lei fundamental e, en definitiva, da prosperidade presente e futura dos cidadáns. Un valor, pois, que xustifica a súa consagración constitucional, co efecto de limitar e orientar, co maior rango normativo, a actuación dos poderes públicos.
Para chegar ata aquí, a salvagarda da estabilidade orzamentaria xa supuxo un instrumento imprescindible para lograr a consolidación fiscal que nos permitiu acceder á Unión Económica e Monetaria e foi posteriormente recollida en normas de rango lexislativo.
No mesmo sentido, o Pacto de Estabilidade e Crecemento ten como finalidade previr a aparición dun déficit orzamentario excesivo na zona euro, dando así confianza na estabilidade económica da devandita zona e garantindo unha converxencia sustentada e duradeira das economías dos Estados membros.
A actual situación económica e financeira, marcada por unha profunda e prolongada crise, non fixo senón reforzar a conveniencia de levar o principio de referencia á nosa Constitución, co obxecto de fortalecer a confianza na estabilidade da economía española a medio e longo prazo.
A presente reforma do artigo 135 da Constitución española persegue, por tanto, garantir o principio de estabilidade orzamentaria, vinculando todas as administracións públicas na súa consecución, reforzar o compromiso de España coa Unión Europea e, ao mesmo tempo, garantir a sustentabilidade económica e social do noso país.
Artigo único.
O artigo 135 da Constitución española queda redactado como segue:
«1. Todas as administracións públicas adecuarán as súas actuacións ao principio de estabilidade orzamentaria.
2. O Estado e as Comunidades Autónomas non poderán incorrer nun déficit estrutural que supere as marxes establecidas, de ser o caso, pola Unión Europea para os seus Estados membros.
Unha lei orgánica fixará o déficit estrutural máximo permitido ao Estado e ás Comunidades Autónomas, en relación co seu produto interior bruto. As entidades locais deberán presentar equilibrio orzamentario.
3. O Estado e as Comunidades Autónomas deberán estar autorizados por lei para emitir débeda pública ou contraer crédito.
Os créditos para satisfacer os xuros e o capital da débeda pública das administracións entenderanse sempre incluídos no estado de gastos dos seus orzamentos e o seu pagamento gozará de prioridade absoluta. Estes créditos non poderán ser obxecto de emenda ou modificación, mentres se axusten ás condicións da lei de emisión.
O volume de débeda pública do conxunto das administracións públicas en relación co produto interior bruto do Estado non poderá superar o valor de referencia establecido no Tratado de funcionamento da Unión Europea.
4. Os límites de déficit estrutural e de volume de débeda pública só poderán superarse en caso de catástrofes naturais, recesión económica ou situacións de emerxencia extraordinaria que escapen ao control do Estado e prexudiquen considerablemente a situación financeira ou a sustentabilidade económica ou social do Estado, apreciadas pola maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.
5. Unha lei orgánica desenvolverá os principios a que se refire este artigo, así como a participación, nos procedementos respectivos, dos órganos de coordinación institucional entre as administracións públicas en materia de política fiscal e financeira. En todo caso, regulará:
a) A distribución dos límites de déficit e de débeda entre as distintas administracións públicas, os supostos excepcionais de superación deles e a forma e prazo de corrección das desviacións que sobre un e outro puideren producirse.
b) A metodoloxía e o procedemento para o cálculo do déficit estrutural.
c) A responsabilidade de cada administración pública en caso de incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.
6. As Comunidades Autónomas, de acordo cos seus respectivos Estatutos e dentro dos límites a que se refire este artigo, adoptarán as disposicións que procedan para a aplicación efectiva do principio de estabilidade nas súas normas e decisións orzamentarias».
Disposición adicional única.
1. A lei orgánica prevista no artigo 135 da Constitución española deberá estar aprobada antes do 30 de xuño de 2012.
2. A devandita lei fixará os mecanismos que permitan o cumprimento do límite de débeda a que se refire o artigo 135.3 da Constitución española.
3. Os límites de déficit estrutural establecidos no artigo 135.2 da Constitución española entrarán en vigor a partir de 2020.
Disposición derradeira única.
A presente reforma do artigo 135 da Constitución española entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto oficial no «Boletín Oficial del Estado». Publicarase tamén nas demais linguas de España.


"
Non entendo moi ben como o Rei puido sancionar a reforma o 27 se o mesmo 27 estaba publicada xa no BOE, pero iso é outra cousa: como a reforma é exprés, ó mellor atropelou a alguén.
Voltando á proposta, coido que así quedaría claro, entre outras cousas:
1.que a Constitución española xa foi reformada, e polo tanto, non hai inconvinte en voltar facelo.
2.que agasállannos con que non teñamos que facer o doloroso traballo do voto sobre as normas que nos gobernan
3.quenes nos gobernan en realidade
4.de onde provén a lexitimidade normativa actual
E polo tanto, poderiamos tirar consecuencias de cara a unha nova reforma da constitución, a quen temos que protestar e contra quen temos que manifestarnos, etc.

20131208

Mandela morreu. Viva Mandela!

Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a súa capacidade de actuación, de rebeldía, de triunfo.
Así pois, Mandela era humán, si, e tiña debilidades. El mesmo gostaba de declararse non santo, aínda de xeito pícaro, é dicir, tanto no referente á santidade abstracta, ideal, das grandes cousas, como en relación á concreta, mínima, das pequenas cousas. Isa falla de santidade era unha debilidade? Si, era humanidade, cabería responder.
Como humán, pódeselle seguir, ir ó seu carón. De ser divino, de ser un mito, poderíaselle seguir só a distancia, de xeito nebuloso. E non se trata neste caso de repetir actitudes como unha relixión, senón de actuar para conseguir unha igualdade humana desterrando a desigualdade inhumana.
Estes días hai moitas referenzas ensalzando a Mandela. Das que vin, recomendo unha, que considero que non o ensalza, senón que tenta un esbozo realista tanto en relación a Mandela como ó resultado da súa acción. E curta, esquemática, pois o tema podería levar varios libros. A partir de aí, pódese pasar a ler outras, dende as que titulan a Mandela como alguén que non renunciou á loita armada a aquelas outras que o sitúan nunha confraternización contínua, tendendo pontes co inimigo.
Coido que habería que distinguir (en Mandela e en xeral, sen distinción entre Gandhi ou Luther King) entre a idea, obxectivo a conseguir, e a estratexia, o xeito estudado para logralo, e máis aló, a persoa que está detrás das accións e dos obxectivos. E vénme á mente aquelo de 'pensa globalmente, actúa localmente', empregado como guía ecoloxista e empregable na propia ecoloxía humana que é a sociopolítica. Pensa ó grande, como humán que tes todas as posibilidades da túa humanidade, e actúa no pequeno, como humán que tes todas as constriccións da túa humanidade. Pero pensa e actúa. 'Pensa como persoa de pensamento, actúa como persoa de acción', outra das frases programáticas que se me teñen vido moitas voltas á cabeza.
Mentras, lembra que outro(s) humán(s) logrou(lograron) grandes cousas, e que ti és humán(humana).
Mandela morreu. Viva Mandela!
Por certo, para min será Mandela. Madiba coido que é para os próximos, e eu son próximo como humano, quizáis polas ideas ... pero usar de cotío ise nome familiar coido que sería como considerarme dentro dun círculo no que nin por historia/familia nin por acción/méritos chego a estar. Quizáis no futuro ...

20131207

Aparcamento reciclable

Esta mañá, a praia das Catedrais amosaba que segue sendo un lugar de culto (turístico), con tráfico e visitas abondas. Abondas, pero non tantas como para encher o aparcamento preparado, o aparcamento a terra e necesitar do aparcamento de verán. Así, as vacas reciclaban a herba e descansaban tomando o sol desde día non demasiado caluroso de inverno. Reciclado auténtico, anual, máis aló da polémica de se o aparcamento é convinte ou non.

Iso si, cadra curioso atopar nestas datas un paso de peóns (con sinal e todo) entre dous prados, xusto no ramal da estrada con evidente menor cantidade de tráfico.

20131205

O ceo de Ribadeo

Coido que de Ribadeo ó ceo aínda hai un cacho, o que non quita para que Ribadeo presente ceos de marabilla. Seguro que houbo xente que os tomou mellor e cunha cámara 'de verdade', pero aquí quedan algúns, para lembralo un día de néboa como hoxe ...
 Amencendo dende o IES de Ribadeo, a finais do mes pasado
 Un pouco despois, nubes sobre o Cantábrico
 A foto anterior, máis recortada sobre a zona de nubes reflectindo o Sol
 As montañas da Bobia nun atardecer a mediados do mes pasado
Mirando cara ó sur dende o norte da Liñeira
No barrio da Alza, desfiachando as nubes
Coidado, queiman!
Evaporación sobre o Cantábrico
Venus entre nubes

20131204

Unha ponte á nada

Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación castropoleña, e non indican moito bo de como se está a coidar (atención: hai unha zona, máis pequena, que si aparece como coidada), a máis de que hai non tanto o xulgado fallara en contra da construción da balsa que aparece no fondo na primeira foto.



20131203

Sobre a asamblea da AVV O Tesón do pasado sábado 21031130. Nota de prensa


-->
O pasado sábado 30 de novembro, no local do lavadoiro da r/dos Fornos tivo lugar a asamblea extraordinaria da AVV O Tesón. A asociación veciñal ten por costume, dende a súa fundación no 2004, facer dúas asambleas anuais, unha ordinaria, no primeiro semestre do ano, e outra extraordinaria, para manter mellor informados ós socios, no segundo.
Neste caso, a orde do día era:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Memoria de actividades e balance económico do ano ata o presente
3.Próximas actividades e previsións de ingresos e gastos
4.Rogos e preguntas
A asamblea celebrouse nun ambiente festivo, como consecuencia da recento nova de que un proxecto senlleiro para Ribadeo e no que a asociación está implicada dende o comezo, a realización dunha residencia de maiores, vaia por bo camiño. A actualidade e os pasos dados ata o momento foron resumidos por José Mª Rodríguez, presidente da comisión veciñal encargada de promovela.
En canto ó balance económico, non se aparta do previsto para o conxunto do ano, e inclúe a venda do cartafol de Cartas da ría de Ribadeo e a venda de lotería que se está a realizar.
Na asamblea deuse información sobre o seguemento de diversas outras actividades, entre elas, aquelas xuntanzas de diversas institucións ou entidades nas que participa a asociación, da comisión en porl da sanidade pública na Mariña ó Consello da Muller de Ribadeo. Asemade, deuse nova dalgunhas das contestacións dadas polo alcalde nos plenos ás pregutnas de O Tesón, como as dúas últimas, sobre o paradeiro do canón lanzacabos e a reposición das vidrieiras do cemiterio. A lembrar que a asociación foi pioneira en Ribadeo, insistindo primeiro na participación cidadá e logo, comousuaria desa participación. No mesmo sentido, remarcouse que seguimos sen ter regulamento de participación cidadá, e tentando dende hai xa media década e de diversos xeitos que Ribadeo dispoña dun regulamento efectivo de participación dos ribadenses nas cousas do pobo.
Tamén en relación co concello, indicouse que polo momento non se reactivou a mesa de asociacións, así como que seguimos sen sé -coas dificultades que implica na relación cos socios- despois da esperanza que se nos dera a comezos de ano para conseguila.
Comentáronse outros temas como a publicación do cartaz de cartas da ría de Ribadeo ou que despois duns inicios prometedores, as contestacións sobre o retorno do xulgado a Ribadeo esteñan totalmente apradas.
En canto a actividades sociais, comentouse a viaxe a Coaña, Navia e Porto de Vega, que resultou unha interesante actividade na que se levou un bus e se tivo contacto coa asociación 'Casa Azul' de Navia.
Outro tema tratado foi o éxito do ciclo 'crise, economía e falsos dogmas', mantido durante o mes de outubro e que resultou un estupendo foro de formación dos asistentes e de intercambio de ideas.
Máis adiante prantexouse a variación na cota de asociado, decidindo que un ano máis, a cota segan a ser os 10 € que se dispuxeron no ano da fundación da asociación, o xa lonxano 2004, mitigando así no posible o impacto da crise nos asociados.
De cara ó próximo ano, sen concretar aínda, están previsto unha viaxe social, posiblemente a realización dun recorrido por parte dos castros de Ribadeo tratados no libro de José Mª Rodríguez, e unha actividade culturas, que poderían ser charlas sobre a visión de Ribadeo a súa historia e aspectos concretos, a cargo de figuras particulares coñecedoras de Ribadeo, residentes ou non.
Ó concluír a asamblea deuse aviso de que como en veces anteriores, a acta provisional estaría colgada no blog de O Tesón, http://o-teson.blogspot.com.es

20131202

10 000 toneladas de madeira

Calculo que unhas 10 000 toneladas de madeira están agardando nestes momentos en Mirasol para ser enviadas dende o porto. Isa é a ocupación que revela a foto, tomada onte ó anoitecer e na que se ve que a ampliación de 100 m de fronte feita hai uns anos está repleta de atados.
O funcionamento do porto segue a dar que falar polo tema da saída de ENCE-Navia, cun ramal que nestes momentos parece parado na súa execución.
Actualización: recollo (luns) de La Comarca del Eo de 20131207:
"
Mirasol logra un gran acopio de madera
A pesar de la reciente ampliación del puerto comercial ribadensa de Mirasol, la explanada portuaria se quedó pequeña para albergar el mayor volumen de madera descargado en la dársena en lo que va de año. La primera remesa, con 2 800 de las 12 000 toneladas de eucalipto que se Ilegaron a descar gar en el muelle, salió el pasado 24 do noviembre, y la segunda, el pasado domingo, ambas con destino a la Iocalidad portuguesa de Figueira da Foz. Las restantes 6 000 toneladas serán enviadas pronto al mismo lugar. “Aunque entre el 60% y el 70% del tráfico portuario ribadense corresponde a los movimientos de pasta de papel de la maderera Ence, Mirasol opera cada vez con más empresas, como con una portuguesa, que exporta la madera que sale estos días del muelle y también con otra firma, cuya consignataria está en Pontevedra”, aclara el práctico del puerto, Francisco Javier Torviso, quien confirma que efectivamente, éste ha sido el mayor acopio de toneladas de madera registrado en el puerto este año.
“El hecho de operar con una nueva empresa contribuye a aumentar los tráficos”, constata el práctico, que aprecia un incremento de alrededor de un 6% en el movimiento de mercancías que registró Mirasol a lo largo de 2013. La actividad genera además unos 60 puestos de trabajo, lo que demuestra, según torviso, “que el puerto de Ribadeo sigue siendo la mayor empresa de Ribadeo”.
La mayor parte de a madera que se exporta desde Mirasol procede además de los montes mariñanos. Las dos empresas anteriormente mencionadas, que recogen en Ribadeo el eucalipto para exportarlo, generan cada una de ellas cuatro puestos de trabajo, aproximadamente, además de ocho empleos más para transportistas encargados de su traslado. Aunque la carga y descarga de pasta papel de la maderera Ence sigue siendo la actividad principal de Mirasol -genera al menos cinco empleos de camioneros y otros diez de estibadores-, cada vez són más los puestos de trabajo, actualmente una decena, los que dependen del movimiento de otro tipo de mercancías.
En cualquier caso, la sombra de un posible desvío de tráficos de Ence por el futuro ramal ferroviario a Gijón, planea sobre el futuro del puerto comercial de Mirasol.
"

20131129

Residencia de maiores, obxectivo conseguido!

O resume sería o título: Onte ás catro da tarde foi a nova, que xa está hoxe nos medios (por exemplo, aquí e aquí)e onte pola tarde saltou ás redes sociais a partires da publicación da nota de prensa na páxina web do concello. A partires de aí, o comentario.
Vai para dous anos que xurdiu a iniciativa de xeito organizado, constituíndose a comisión veciñal integrada polas dúas persoas que se puxero en contacto con José María Rodríguez, que quedou presidente do grupo, José Ángel Salvatierra, como representante da AVV de Vilaosende, e eu, como representante de O Tesón, a encargada de xuntar de xeito inicial ás asociacións para poñer en marcha o tema. Dende entón, unha multitudinaria manifestación, a constitución dun grupo no concello, o apoio e traballo do alcalde, a unión de Ribadeo sen distinción de partido, os atrasos provintes da Xunta e a visión da Deputación, ... foron sumando fitos ata chegar á actualidade. Unha actualidade que supera as previsións de prazos dun xeito satisfactorio.

E a actualidade é que a Deputación asumirá hoxe nominalmente todo o gasto necesario para chegar ó orzamento total da residencia: dos 2,3M€ previstos, e tras o apunte da Xunta de que chegaba (e paraba) en 0,5M€, a Deputación poñerá 1,8M€ en catro anualidades, co que o concello terá que asumir só os flecos que vaian quedando.

A lectura é que a Deputación lle meteu un gol á Xunta na portería de Ribadeo, gol que a bon seguro será aproveitado pola forza política dominante no concello, habida conta de que cara ás próximas eleccións a construción debera estar abondo adiantada.
Pero non se trata deso, senón de observar que a unión fai a forza, e aínda cos seus máis e os seus menos, José María Rodríguez liderou un movemento no que a unidade foi esencial e no que a forza veciñal se ten manifestado de xeito contundente. De agora en diante, a comisión veciñal, sen poder executivo, irá deixando paso ás institucións para o desenvolvemento e dirección que deban de tomar as obras ou a xestión. Coido que así debe ser, tendo unha visión de coidado dende un segundo plano despois dun longo e fructífero camiño.
De seguro voltaremos a escoitar da residencia, pero o fito está xa: Ribadeo terá unha nova residencia de anciáns.

20131127

Un nome para o IES de Ribadeo

Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a sorpresa de poñerlle outro diferente do porposto polo Consello)
Ata agora, van trascendendo algúns nomes propostos para a votación:
IES ría de Ribadeo
IES Dionisio Gamallo Fierros
IES de Ribadeo
IES Sonia Castedo
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Nomes que poderían aumentar e posiblemente a estas horas teñan aumentado.
Particularmente, gustaríame que quedara IES de Ribadeo, ó fin, o nome actual, pero como non creo que pase por vez, propuxen IES ría de Ribadeo, un topónimo que estimo que necesita axuda e daría persoalidade ó centro educativo.
En canto a IES Dionisio Gamallo Fierros, xa comentei en 'Curioso' do apoio institucional do concello a un nome que xa houbo e que podería confundir dous centros diferentes.
En canto a IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, tenta conxugar un apoio político coa realidade actual diferenciando así o centro do anterior e extinto que foi o Carlos María Rodríguez de Valcárcel a maioría de tempo da súa existencia.
IES Sonia Castedo, argumentado ou non (as propostas deben ir argumentadas) paréceme unha mofa do proceso de poñerlle un nome de persoa, aínda que, tal como están os tempos ...
Como agora só podería poñer os argumentos que empreguei eu, deixarei rematar o prazo para expoñelos, polo que, en breves datas, haberá outro artigo sobre o tema.
E ti, que opinas? Que nome te gostaría que tivera? Consideras que o nome ten trascendencia ou és dos que opina que os demáis poden tomar o control das palabras, ó estilo do 'que inventen ellos'?

20131126

Nubes, Sol, tempo

Unha foto de onte e dúas de hoxe, todas de primeira hora da mañá, co Sol  saíndo polo leste como corresponde, e tinguindo as nubes que o reflicten.

Expoñer, expoñendo, expóñense, ...

Unha semana. Iso é o que dista o artigo anterior. O tema, non tanto: en parte é o mesmo, as vidrieiras da capela do cemiterio.
O caso é que da entrada anterior a ista apareceu a nova nos xornais: as vidrieiras da capela do cemiterio estarían próximas a ser dispostas de novo no seu lugar, segundo o alcalde.

Ben, e digo eu, por que non aproveitar que aínda non o están para organizar unha exposición na que se podan apreciar máis de preto, valorar as súas características, e con elo un anaco da historia de Ribadeo? Expoñéndoas poderá polo menos sacarse algo positivo da historia do seu aniquilamento anterior. Unha historia, polo que parece, sen culpables, algo que soa xa a ista época na que vivimos.
Non se expoñen os cargos electos ó facer unha exposición da vidrieiras. Aí está o espazo do antigo Alginatos para 'poñer en valor' as vidrieiras e 'poñerse en valor' el mesmo con elas. Resaltaría o contraste do seu oco no cemiterio, e ademáis, sería algo de aplaudir a boa xestión do concello nesa parte do tema (sobre culpabilidade, xa é outra cousa) se están restauradas 'como Deus manda'. Evidentemente, se non o están, sinxelamente, non deberan de colocarse no seu sitio ata que non o esteñan.

20131119

Algo máis sobre o pleno do 15

Pouco a pouco van chegándome máis informacións sobre o pleno do pasado día 15. Unha, aclaraba que houbo unha cuestión de urxencia para -de novo- ordear que se puxera o nome de Dionisio Gamallo ó novo centro. Cabe lembrar a este respecto, que mentras a corporación non se preocupou demasiado do parto do novo centro de medias, o IES de Ribadeo, xa hai un ano que apremio a que se lle puxera o nome que xa usaba a última época un dos IES anteriores, o que, ó meu ver, non fará máis que crear confusión. Aposto por deixarlle o nome que xa ten na actualidade: IES de Ribadeo, ou, en caso de que 'iso' pareza que non é nome, que quede como 'IES ría de Ribadeo', como xa o fixen saber. En fin, case seguro que o do nome volve aparecer por algures no blog antes da votación definitiva (que conste que o nome propónse polo Consello Escolar, pero quen o pon é a Xunta, o que podería dar lugar a sorpresas)
Outra, daba fe de que as preguntas de O Tesón si foron tratadas.
Polo que parece, o canón segue sen saberse onde está, tres anos despois de que O Tesón preguntara por el e que o alcalde quedara en enterarse. Entre alusións ó seu pouco valor, parece que podería estar mesmo nalgún almacén do concello ...
En canto ás vidrieiras, polo que parece estánse a reparar. Polo momento, non sei máis datos sobre o tema, dubidando sobre unha reparación tan axustada de prezo como resultaría do pago do seguro.
Como en ambos casos a información me chega de xeito oral, continuará ...

Retorno a antes do pasado venres 15

Só unhas verbas para amosar un retorno ó pasado anterior ó pleno do venres 15:
Aínda que sexa testimonial, dicir que se pode agrandar premendo co rato sobre a imaxe, para ler...
A sinatura está con 12 de novembro. Ese mesmo día pasei polo concello despois de media mañá e non estaba colgado á hora que pasei, pois mirei de xeito específico para a súa procura. O pleno foi o 15. Por poñer un exemplo, as preguntas que se fan ó pleno por parte das asociacións necesitan estar 48 horas antes dos plenos coa entrada do concello ...
Que cada quen saque as súas conclusións.

Ciclo de cine - Festival Habitarte

Cando vin os carteis o primeiro que pensei: mágoa, non vou poder asistir!

V FESTIVAL HABITARTE de CINE SOStible
“CREANDO RESISTENCIAS”

Teatro de Ribadeo -  22 e 23  de Novembro do 2013
Organizan LA CASA AZUL – O FORMIGUEIRO – AMARANTE
Colabora CONCELLO DE RIBADEO

La Casa Azul, O Formigueiro e Amarante son organizacións sen ánimo de
lucro que desenvolven a súa actividade entre o Noroccidente de Asturies
e A Mariña lucense, na defensa dun mundo rural sustentable e dun
desenvolvemento máis xusto e humán.

Coa intención de reforzar a cooperación, unen as súas enerxías neste V
festival HABITARTE de cine SOStible que a Casa Azul vén celebrando hai
cinco anos en Asturies.

Nesta edición, o lema que vincula as obras a proxectar é o de “Creando
resistencias”. Animamos sen reparo á crítica construtiva, á creación de
propostas e desenvolvemento de experiencias alternativas que superen a
crise actual de valores, ecolóxica, sociocultural, política e económica.
Valla como botón de mostra este encontro de cine que une a tres
colectivos amigos dispostos a traballar xuntos.

Queremos facer visíbeis, máis unha vez, as distintas miradas e
realidades sobre esta paisaxe e hábitat no que vivir, convivir e
sobrevivir. Miradas sensíbeis feitas cine por creadoras e creadores
locais, rexionais e internacionais. Unha aposta na defensa dun
patrimonio rural e natural, cultural e social, económico ou artístico,
que consideramos imprescindível compartir, conservar e mellorar.

Crear resistencias non é unha utopía senón a demostración real de que
outros mundos son, sen dúbida, posíbeis, aquí perto, en territorios
irmáns e entre comunidades máis lonxanas. Esta é a nosa modesta
aportación a unha loita chea de esperanzas e oportunidades.

Deixemos o pesimismo para tempos mellores. Cando as cousas se poñen
difíciles, o optimismo convértese case nun deber moral. É a intelixencia
decidida a determinar o futuro. Non é só un sentimento, senón unha
maneira de mirar e de actuar ante a vida.

Esta é, por tanto, unha iniciativa aberta a todos os públicos, para oir
todas as voces, recoller todas as propostas e unir todos os esforzos na
defensa do noso mundo e a nosa cultura. Desde aquí, animámosvos a
participar e colaborar polo éxito deste fascinante encontro.
Agradecémosvos de antemán que lle deades toda a difusión posível.
Sentídevos na vosa casa azul neste V Festival HABITARTE.

Agardámosvos

* ACHEGAMOS O PROGRAMA DO FESTIVAL E O CARTAZ

VENRES, 22 de Novembro

19:00 h

Curtametraxe:
“BUT I'M A NICE GUY” (Pero se son un bo rapaz) (40”). Scott Benson
Curtametraxe:
“LIBRE” (4’ 23”). Joaquin Oristrell
Documentario:
“A LA DERIVA, POR LOS CIRCUITOS DE LA PRECARIEDAD FEMENINA” (Á deriva, polos circuitos da precariedade feminina) (50’). Precarias a la Deriva

Coloquio

21:00 h

Curtametraxe:
“EL ATAQUE DE LOS ROBOTS DE NEBULOSA 5” (O ataque dos robots de
nebulosa 5)(6’ 30”). Chema García Iglesias
Filme:
“HOME” (Lar, doce lar) (98'). Ursula Meier

SÁBADO, 23 de Novembro

19:00 h

Documentrailer
“CONTUBERNIOS LÍRICOS: X EDICIÓNS REXISTIENDO” (Contubernios líricos: X edicións resistindo (10’). J.K. Álvarez
Documentario
“2 ANOS MADREÑEANDO EN OVIEDO” (2 años madreñeando en Oviedo) (10’).
C.S.O.A.  La Madreña.
Documentario:
“LOS COLORES DEL VIENTO” (As cores do vento) (40’). Iván Menéndez

Coloquio coas/cos realizadoras/es

21:00 h

Curtametraxe:
“THE TREE” (A árbore, o poder da actitude) (2' 32”).  Lead India
Filme documental:
“SEMILLAS DE TRANSICIÓN, LA VOZ DEL VIENTO” (Sementes de transición, a voz do vento)  (92'). Carlos Pons

20131118

Pleno ordinario de venres 15 ...

Remato de ver polo corpo dunha nova de propaganda (blog do concello) que o venres debeu haber pleno [nota: de propaganda, pois foi usada para dar bombo a que se vai cobrar máis ós bancos, cando si, se vai cobrar máis, pero evidentemente, a cantidade non vai solucionar problemas de tesourería do concello]. 
Nun xornal da semana pasada, en papel e na web, referido á mesma nova, o pleno era situado hoxe luns. Nos xornais, esta fin de semana, novas sobre Ribadeo, pero aparentemente, non sobre un pleno. A mesma semana pasada falaba precisamente da participación cidadá, das posibilidades en Ribadeo, da información dispoñible ... O salteado dos plenos, despois de ser fixos en luns dende había tempo, introduce aínda máis volatilidade na participación da xente, curiosamente despois de varios chamamentos dende a mesma alcaldía á participación de público para apoiar algún tema concreto.
O Tesón tiña 'para o próximo pleno' algunhas preguntas:
"
1. Tendo pasado xa longo tempo dende a concesión xudicial dunha cantidade ó Concello con motivo do esnaquizamento das vidrieiras da capela do cemiterio, e continuando a nosa pregunta do pleno de 21 de maio, solicitamos coñecer que se fixo con ditos cartos e que se está a facer para repoñer as vidrieiras ó seu estado inicial.
2. Tendo xa pasado longo tempo dende o 20 de setembro de 2010 no que a asociación realizou unha pregunta sobre a devolución a Ribadeo do canón lanzacabos doado pola armada norteamericana, á que se nos respostou que se procuraría información para no seu caso facer as xestións para a súa restitución, solicitamos coñecer as xestións realizadas nestes tres anos e os seus resultados.
"
Se se fixo venres, haberá que facer a petición por escrito de novo para tentar lograr respostas: seguindo outra tradición, non creo que foran respondidas 'por non haber ninguén'. Haberá que enterarse. Se non se fixo, ...
Mentras, as vidrieiras seguen sen estar, e o canón, de viaxe.

20131116

Sobre o movemento sen terra no Brasil

Agora remato de recibir un pequeno informe de Amarante-Setem sobre a visita de Kelli, que así se chamaba, a Galiza. Informe que paso tal como o recibo:
INFORME SOBRE A VISITA DE KELLI MAFORT (MST) À GALIZA.
Datas: 31 de outubro e 1 de novembro de 2013
Objetivo da visita: que a companheira Kelli Mafort (membro da Direcção Nacional do MST e coordinadora nacional do setor de gênero) informe sobre a reforma agŕaria popular e a preparação do VI Congresso Nacional. Também, que possa identificar lutas e resistências na Galiza (e na Europa) e articular alianças com elas.
Reuniões mantidas:
Dia 31 de outubro:
–AGE e BNG no Parlamento galego.
–SLG, em Compostela.
–Reunião com coletivos em Compostela: Amarante, SLG, Contraminacción, Plataforma Auditoría
Cidadá da Débeda, Verdegaia e Partido SAIN. Compostela.
Dia 1 de novembro:
–Reunião do comité de apoio mútuo MST-Amarante.
–Reunião com coletivos em Ribadeo: Amarante, Amodiño, A Casa Azul, A Estruga, As Grelas, Espazo Ecosocialista, labregas da zona, O Formigueiro, Observatorio da mariña pola igualdade, O Tesón.
ANÁLISE DA COJUNTURA.
Reforma agrária popular
Passaram 7 anos desde o anterior congresso e o que se vai celebrar em fevereiro levará por lema “Lutar! Construir reforma agrária popular!”. Estes anos de trabalho têm resultado em uma reforma agrária que é quase uma reforma agroambiental, donde é considerado todo o território, incluindo os recursos naturais e as populações que vivem no campo.
Nos primeiros anos da luta pela reforma agrária, o MST tinha uma mensagem clara de ocupar terras improdutivas. Agora, esta situação mudou e já não se trata de terras improdutivas em mãos de fazendeiros, senão de grandes extenso s de terra pertencentes a empresas ẽ transnacionais (não só agrícolas) dedicadas à produção de commodities agrícolas para a exportação. Por exemplo, em Riberão Preto (de donde vem a Kelli) a cana de açucar ocupa o 99% da terra.
Muita gente, incluidos intelectuais de esquerda, concluem, então, que como já não se trata de terras improdutivas, a reforma agrária é algo superado e atrasado.
Há lugares em que o MST já não pode propôr mais ocupações porque o agronegócio é tão forte que já não ficam terras, e ninguém quere ir para o campo. Para continuar combatendo, o MST incide na sua identidade: as e os Sem Terra não são só pessoas sem terra, mas que lutam por outras moitas cousas. De jeito que em esses territórios são as pessoas já assentadas as que continuam resistindo.
Ademais, o MST ve imprescindível que, no Brasil, onde só um 14% da população vive no campo, a preocupação pela terra seja uma questão também da população urbana. E tratam de estabelecer relações entre o campo e a cidade, a travès, por exemplo, de pontos de venta directos à entrada dos assentamentos.
Gênero 
O setor de gênero no MST foi creado no ano 2000 e garante a paridade em todos os espazos a partir de 2006: nos núcleos, nas direções estaduais e nacionais, nos espaços para formação, etc. Por exemplo, no VI Congresso, dos 12.000 participantes, 6000 têm de ser mulheres. E conseguimos também que o gênero seja tratado com um assunto da organização do MST, e não só como algo circunscrito ao setor de gênero.
No entanto, essa participação não é efectiva, pois a mulher sofre uma sobrecarga de trabalho e diferências no acceso aos méios de participação (os liberados são maioritariamente homens, os carros são dos homens, etc.). É dizer, temos de continuar a luta dentro do própio do MST para que as condições para participar sejam equitativas e efetivas.
As organizações de mulheres existem desde o comezo no MST, e permitem um espaço de empoderamento das mulheres para depois poder afrontar os debates sobre a questão do gênero nos espazos mixtos.
As datas de luta mais significativas são o 25 de novembro (campanhas contra a violência contra a mulher dentro da Via Campesina) e o 8 de março, que, desde o 2006, se dedica a ações de luta focadas nas empresas transnacionais, já que as suas atividades têm um grande impacto sobre as mulheres.
Últimos protestos no Brasil
Os protestos de junho sorprenderam ao MST e às organizações de esquerda em geral pois ninguém esperava movemento ningúm no Brasil depois de comenzada a Copa Confederações.
O segundo motivo de sorpressa foi que houvesse tanta gente jovem nos protestos.
Não se pode fazer uma letura só desde o que passou em São Paulo ou Rio: no interior do Brasil houve protestos en cidades donde nunca houve (ou havia muitos anos).
Para o MST foram motivo de alegria. Não assim para partidos e organizações de esquerda, que desprezaram os protestos qualificando eles de estar chéios de gente despolitizada.
A avaliação desde o MST é positiva. Talvez haja gente sem uma formação política, mas isso acontece porque desde esses mesmos partidos e organizações não foi realizado esse trabalho de formação de base. Ademais, no momento em que os protestos na rua baixaram em intensidade, muita gente procurou como continuar no concreto. É aí que muitas dessas pessoas procuraram os assentamentos do MST, para comprar produtos agrícolas e também para contribuir com os assentamentos. Para o MST resultou na incorporação de novas pessoas.
Debates surgidos com os coletivos:
Em Compostela:
A importância da articulação de lutas pola defesa da terra, em calquera das suas expressões concretas: luta contra a minaria destrutiva, defesa da socerania alimentar, etc. Seria interessante que todas essas resistências fizeram uma letura do global a partir de esse processo concreto, para podermos construir juntas uma análise da situação política e, a partir de ai, articular uma estratégia
conjunta.
Vemos que tanto em Brasil como na Galiza há uma tentativa de incidir na relação entre o campo e a cidade nas lutas pola terra. Houve também um debate sobre a capacidade de resposta das organizações de esquerda tradicionais fronte a novos protestos como os de junho 2013 no Brasil ou o 15M na Galiza.
Em Ribadeo:
O debate teve como protagonista o abandono do rural, que também é um ponto em comúm, mesmo com realidades bem diferentes quanto a distribução da terra no Brasil e na Galiza. Como conseguir que os jovens queram ficar no campo quando o que se incentiva é viver na cidade ou como conseguir medidas que favoreçam a soberania alimentar (no Brasil, o 35% da merenda escolar tem de proceder da agricultura familiar), foram dois dos temas mais debatidos.
A modo de conclusão:
As pessoas que participamos em estes encontros, confirmamos mais uma vez que uma luta internacionalista é necesária para fazer fronte ao capitalismo neoliberal e que estes encontros são uma boa maneira de nos conhecermos melhor e continuar articulando as nossas resistências.
Novos encontros:
Em outubro de 2014 terá lugar em Galiza o encontro europeo entre o MST e os comités de solidadariedade-apoio mútuo. Desde Amarante, já estamos trabalhando para dar-lhe forma e, com seguridade, voltaremos a contactar convosco para que participedes e continuemos com este trabalho de tecer alianças.
Agradecemos de novo a todos os coletivos a súa participação (ou a tentativa, para aqueles que não puideram finalmente estar presentes). Um abraço grande a todas e todos.
Amarante-Setem

20131115

O banqueiro anarquista

Fernando Pessoa non era un calquera. Sabía o que escribía. E entre outras cousas, ten unha obriña que recomendo, máis aínda, nestes días: O banqueiro anarquista.
Tranqui, é curta. Tranqui, non é pesada.
Despois dos avisos, unha pequena pregunta: hai alguén que faga máis por chegar á anarquía nestes tempos que vivimos que xente como os banqueiros? (a lista de posibles adláteres é longa, inclúanse a políticos, por exemplo)
Con todo, atópolle unha pequena falta. Quizáis nesta bonita obra de Pessoa faltaría hoxe un pequeno apartado sobre por que as accións desta xente non produce a explosión social.

20131114

Desprestixio

Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se constrúe toda unha estrutura de valores, causas e efectos arredor.
Dese tipo de desprestixio profundo é do que imos sentindo que vai tecendo a xudicatura en España, acompañando a outros poderes que se manifestan en rede en troques de facelo de xeito independente uns dos outros.
Dende hai tempo as películas norteamericanas presentan unha imaxe do poder xudicial nos EEUU independente pero submetido ós recursos dos que pode facer uso cada parte litigante. Si, é ficción, pero en toda ficción hai un poso de realidade.
Aquí, tampouco se trata de que a xudicatura (alomenos en conxunto) sexa impropia para a labor que desenvolve. Trátase, cada vez máis, do sometemento a traverso de normas, recursos dispoñibles, uso instrumental da fiscalía, nomeamentos con criterios partidarios, desenvolvemento legal, dificultade de uso da legalidade para quen ten menos recursos, ... cousas que alonxan a xudicatura da xente mentras a achegan a centros de poder. Cousas que se veñen incrementando e que fan que se escriba en pedra cada vez de xeito máis profundo que se te collen apañando un euro tes un problema, pero se te collen apañando dez millóns o problema téñeno os demáis. Mentras que hai unha longa cola xa de políticos exentos xudicialmente de pagar pola súa culpa (serán culpables, pero é 'peccata minuta', ou as probas serían determinantes noutro caso, pero non nise, ou estaba tan enriba que había outra xente no medio para culpar, ou os xestores políticos están exentos legalmente diso, ou ...) e estamos a vivir outra serie de casos que se vai vendo máis claramente que seguen camiño parello, dende políticos de a pé de diversos partidos ata xente relacionada coa casa real, onte sóubose o resultado da sentenza sobre o caso Prestige. E é doado de resumir: Todo o desastre ecolóxico derivado do estado do Prestige e da xestión da crise ata o afondemento e aínda despois, non ten autor que o asine. Así, todo o traballo de descontaminación vai ben pagado coa satisfacción do feito. Así, os 'hilillos de plastilina' non foron de plastilina, nin fíos, pero como se o foran. É dicir, o resultado é algo así como tranquilos, que quen non o fixo, non o pode repetir nunca máis.
Antes, xa tiñamos claro que leis sempre houbo, e que tiveron lugar modificacións legais sobre as características dos buques ou o alonxamento de terra en Finisterre, e, ó fin, como poñía hai poucos días un xornal, non hai problema, pois a crise diminuíu o tráfico en case vinte barcos diarios do corredor de Fisterra (esqueceu botar as contas o xornal de que aína queda o paso de máis de cen buques diarios ...)
E chegamos a hoxe, ó día despois. E que?

20131113

O anticuado coñécete a ti mesmo

Os gregos estarían marabillados: coñécete a ti mesmo? Non é necesario facer un esforzo de coñecemento propio! Xa está a NSA e compañía (incluídos Google ou Amazon) facendo iso por nós. Chega dicir: 'Por favor, NSA, como son?', ou 'Google, dime que crees que debo mercar'. E tes unha resposta cuasi determinista do que tes que mercar (que te faiga falta tamén cho podería dicir, pero para que) ou se podes ter remordementos por votar a un determinado partido (de novo, que debas ou non, iso non importa)
Para algo estamos a asinar a diario unha deixación de información na rede, delegando o noso poder. Si, por ise principio que nos di que información é poder.
Que deberamos preocuparnos por toda isa info que deixamos? Non, ho, non, xa nos van dicindo se facemos algo mal, e así poden corrixirnos mellor, ou se podemos pretender facer no futuro algo que non cadra co que se espera de nós, e o noso gran irmán particular (particular para cada un, pero máis ou menos para todos o mesmo) axudaranos a tomar a decisión idónea ou daranos un toque de atención.
Que molestia iso da privacidade! Mellor, a privacidade compartida. Así, a Grande Maruxa presenta asemade grandes ventaxas sobre as maruxas que van de contacontos polo mundo adiante. Boeno, case mellor, ían: hoxe as redes sociais fan que nós mesmos contemos os contos e que as pequenas maruxas se atopen sen ese elemento fundamental do descubrimento de algo segredo para que a súa mensaxe teña o impacto necesario. Hoxe, xa nós procuramos ise impacto no que deixamos aquí e aló na rede.
Para que queremos unha rede neutra? A rede, ó servizo de quen a traballa! E niso, son especialistas as grandes empresas baseadas en internet ou os modernos servizos de espionaxe intelixencia. Deixemoslles a eles que manexen a rede. Para nós, a diversión e a tranquilidade de quen se sinte protexido dos malvados no acubillo do gran irmán.
Que ben se está adormecido polo runrun das máquinas sabendo que controlan a túa vida!

20131112

Unha aduana reducida a edificio: a aduana de Ribadeo

A aduana ten unha función. En Ribadeo, tiña. Onte mesmo indaguei sobre unha nova aparecida nos xornais hai cousa de vinte días, segundo a que a asociación Atalaia reclamaba un apoio ó mantemento da aduana. O cambio de estatuto, a eliminación da aduana de Ribadeo, ven de hai xa dous meses, no BOE de 11 de setembro.
Copio os dous 'plumazos' cos que se despacha a aduana ribadense en dito BOE, sen previo aviso:
"Resolución de 5 de septiembre de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifican la de 28 de julio de 1998, por la que se estructuran los Servicios de Aduanas e Impuestos Especiales dependientes de las Delegaciones Especiales y Delegaciones de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, y la de 21 de septiembre de 2004, por la que se establece la estructura y organización territorial de la Agencia Estatal de Administración Tributaria.
(...)
Con idéntica finalidad, procede en estos momentos reorganizar las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales manteniendo el máximo nivel de servicio de despacho aduanero de mercancías en todo el territorio nacional. Así, se suprimen las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales con menor tráfico de mercancías, pasando a integrarse los recintos aduaneros de ellas dependientes en las Dependencias Regionales o Dependencias de Aduanas e Impuestos Especiales correspondientes, que continuarán prestando el servicio de despacho aduanero de las mercancías que se canalicen a través de los mismos. En particular, se suprimen las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales de Palamós (Delegación de Girona), San Carles de la Rápita (Delegación de Tarragona), Ribadeo (Delegación de Lugo), Pasaia (Delegación de Guipuzkoa) y Gandía (Delegación Especial de Valencia).
(...)
Disposición adicional primera. Supresión de órganos.

Quedan suprimidas las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales de Barcelona-Marítima y de Barcelona-Carretera, de la Delegación Especial de Cataluña; del Aeropuerto de Palma de Mallorca, de la Delegación Especial de Illes Balears; de Palamós, de la Delegación de Girona; de San Carles de la Rápita, de la Delegación de Tarragona; de Ribadeo, de la Delegación de Lugo; de Pasaia, de la Delegación de Guipuzkoa y de Gandía, de la Delegación Especial de Valencia.
"
Finalidade? A resposta está clara, como non podería ser doutro xeito... Copio de novo:
"(...) la búsqueda de la mayor eficacia y eficiencia posible, junto con la optimización y racionalización de los recursos disponibles, "
E, que pasa co traballo que se realizaba en Ribadeo? Pois:
"(...) suprimiendo las doce Delegaciones de la Agencia Tributaria existentes en las provincias donde tienen su sede las correspondientes Delegaciones Especiales, en las cuales pasa a quedar integrada la estructura orgánica
de aquellas
É dicir, as súas funcións pasan á 'Delegación especial'. Ribadeo non debía ser especial, a parte de non ter tal título.
Agora, o edificio queda polo momento coas oficinas que dan cobertura á lancha de aduanas, aínda que sigan os funcionarios das oficinas suprimidas operando dende alí mismo a traverso de internet, pero figurando xa como destinados lonxe.
Así pois, a situación xa está consumada de golpe e porrazo e sen previo aviso hai dous meses, aínda que dende o exterior polo momento non se note moito por unha situación que, unha volta aparecido o cambio no BOE, xa é ata anómala en relación ó que debera ser.
Ribadeo ten perdido unha instancia oficial máis. E agora, que? A esperar a próxima?