20130618

In Ribadeo, magazin alimentar românesc

'Abre unha tenda rumana de alimentación en Ribadeo a principios de xullo. Esperamosvos!'. 
Iso (máis ou menos) é o que di o cartel que vin onte por Ribadeo, co fondo da bandeira de Romanía. As fotos son de preto da estación de autobuses.
Polo que parece, e por se alguén non se decatou, a emigración xa está aquí, por máis que algunhas veces non se vexa, oculta no anonimato ou no interese por pasar desapercibida, ou mesmo non interese vela ou non se conciba como pode haber emigración cara un lugar co número de parados que existe por aquí.
Ata agora abrían tendas os chinos, as maiores de Ribadeo, pero parece que outros colectivos se animan a facerse un oco na actividade económica autónoma de Ribadeo. Quizáis sería cousa de lembrar que en certo xeito, Ibáñez era inmigrante dos Oscos, ou que a poboación que sae na procura da vida fóra do seu entorno ten un estímulo vital medio que é superior ó que ten a xente que se queda á procura da supervivencia facendo 'o de sempre'.

Ningún comentario: