20130131

Oito millóns de orzamento en Ribadeo, o mesmo que o depósito de Urdangarín

Como comentei e estaba previsto, o orzamento de Ribadeo para 2013 foi aprobado cos votos do BNG por un monto de pouco máis de oito millóns de euros.
O mesmo día, impoñíaselle ó xenro do Rei unha fianza de importe semellante. Na nota de prensa do equipo de goberno ribadense razónanse as diversas partidas, aumentos (poucos), diminucións (máis), dase algún ramalazo político (a axuda da Xunta descende, a da Deputación aumenta), fáise fincapé no aumento dos servizos sociais, noméase de pasada que a oposición non se opoñeu, cítase a diminución de persoal (e, polo tanto, sen citala, o aumento da eficacia), déixase claro que o concello está desendebedándose ... e volta a pedir a asistencia a uns plenos que parecen deseñados para evitar que o público acoda.
Pois ben, con todos os fallos dos plenos, o de Urdangarín rebasa ampliamente esa cota, tanto en obscuridade como en propaganda, e, se porlas circunstancias non se poden poñer en correlación moitas das verbas aplicadas enrriba ó concello co xenro real, hai polo contrario, outra serie de faltas do aínda Duque de Palma que tampouco parecen ter correlación con cousas achacables ó concello ou ós seus membros. Pero pensar que coa fianza a Urdangarín o orzamento de concello podería duplicarse ...

20130130

Presupostos de Ribadeo ... e web

Onte houbo pleno. Aprobación dos orzamentos. Previsiblemente, aprobados. Previsiblemente, denostados pola oposición, aínda que xa me teñen comentado que algúns da oposición din que non están tan mal. Eu non o sei. Sei que os presupostos son un arma de traballo. E úsanse moitas veces tamén como un arma económica, no sentido de guerra: tanto para dirixir a guerra económica como para empregalos de escudo coa súa interpretación ou variación cando a quen pode manexalos lle fai falta. Algunha vez, tamén para xustificar algún ataque da oposición, pero as menos.
Traían días atrás os xornais que andan este ano sobre os oito millóns de euros. Case dous menos que hai uns anos. Tamén dicían que a situación económica era mellor agora porque se lograra, con todo, amortizar parte da débeda. Coido que era unha condición imposta ós concellos, pero claro, esas condicións non sempre se cumpren.
Que contemplan os orzamentos para seguir a baixar? Din que as prestacións sociais non se baixaron. Baixaríase a inversión. Este ano non haberá pavillón. Ribadeo ten este ano un pavillón menos. O que ía a ser máis de todo. O que quedou parado.
Non fun ó pleno; como un xeito de pulsar a vida do concello, metínme nun par de sitios na web municipal. O PXOM segue colgado na última exposición pública. Hai afirmacións de que se rematará este mandato. Tamén as había indicando que se remataría o pasado. Sobre solucións ás alegacións, sobre iso non hai información. Tampouco no referente ás alegacións á primeira presentación. Opacidade. Ou quizáis falta de posibilidades? Opacidade.
Tamén entrei na sé electrónica. Vóume a 'consulta de bandos'. Ó final, "O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización" ... Só se poden consultar se están manténdoo? Logo agora non hai mantemento e non funciona? Voume a 'Avisos, queixas, suxestións e reclamacións'. Ó final, ... o mesmo.
Non probo máis. Pero, por curiosidade, retorno á páxina principal, e-administración, e pretendo consultar as actas dun pleno. Ó chou, vexo que o último pleno consultable é un extraordinario de 30 de agosto do 2012. Falta, por exemplo, o ordinario de xaneiro. Os plenos aparecen e desaperecen 'como o Guadiana'. Retrocedo un ano: 2011. Faltan alomenos tres ordinarios. 2009? Faltan alomenos 4 plenos ordinarios. Non sigo. Se procuro algo porque ten interese para min, posiblemente non esteña ... Lei de Murphy.
Comezara cos presupostos. Presuposto é algo que se presupón. Cando un entra nunha web, presupón que as ligazóns levarán a onde deben e atopará o que desexa. As ligazóns levan onde deben. A segunda parte, non se cumpre.

20130129

ante a montaña de desinformación, adotrinamento, tonterías e demáis, moito máis alta que a de información ...

No taboeiro do facebook dun amigo, iste colgou:
Imaxe collida de http://unitedunknown.com/wp-content/uploads/2012/06/10-estrategias-de-manipulacion-mediatica-noam-chomsky.jpg e que representa un esquema dunha curta pero completa publicación de N. Chomsky (aquí en castelán).

O medio en Ribadeo

Este fin de semana que ven celébranse en Ribadeo as xornadas dos humedais, con paseo para avistamento de aves (apuntarse en Turismo) e presentación de libro. De medio ambiente, pero esta vez social, trata asemade a asamblea de O Tesón que tamén se celebrará o sábado.
Para acompasar a espera, deixo embaixo varias fotos e video tomado este fin de semana.
As nubes reflectíndose na auga.
O río Grande, desembocando en marea baixa.
A lama na desembocadura do ró Grande.
A Ponte dos Santos, entre neblina (efecto da máquina)
Castropol, con auga terrada polo medio (a anterior fin de semana), montañas nevadas e o montón de sal para as estradas a medias no recheo do porto de Ribadeo.
Nubes de posta de Sol en Barres.
Cabeza da procesionaria, perto de Barres. Os dous vídeos a continuación son tamén da procesionaria.

20130128

A temperie ribadense no 2012 (III)

4.Tendencia
A máis da temperatura e choiva, poden recollerse moitos outros datos meteorolóxicos para dar unha idea máis completa do tempo que pode facer en Ribadeo, ou mesmo sinxelamente, para comparar con outros tempos e lugares.
Mais, coas medidas xa recollidas para as gráficas publicadas con anterioridade, cunha análise máis detallada, poden obterse datos interesantes, sen cansar demasiado. Así pasa por exemplo, cos 14 ºC de media que Ribadeo ten no ano (dato recollido na primeira parte desta serie de artigos) ou as temperaturas medias de meses que poden resultar máis interesantes de primeiras, como xullo (18,4 ºC) ou agosto (19,1 ºC), ou para promocionar, como setembro (17,5 ºC), datos que non é doado atopar nas guías turísticas de Ribadeo, e que pola súa bonanza, coido que deberan figurar.
Para rematar, deixo os últimos dous gráficos, realizados cos mesmos datos da primeira entrega, e que representan os días de cada ano que Ribadeo rexistrou nalgún momento temperaturas por riba de 25 ºC (o superior) e por baixo de 3 ºC. Ambos falan ás claras dunha tendencia que se nota no adianto da primavera ou na floración dalgunhas árbores dúas veces nun ano, co correspondente stress, cansanzo e debilidade do exemplar. Trátase do aumento das temperaturas observadas ano tras ano, que se revela nestes gráficos particulares de xeito máis claro, traducido en que por termo medio cada ano aumenta máis dun día o número de rexistros diarios con temperaturas de máis de 25 ºC, e tamén diminúe do mesmo xeito o número de rexistros diarios con temperaturas por baixo de 3 ºC.
Cos poucos datos tomados, non se pode falar máis que dunha tendencia, pero é unha tendencia que está en liña co tan discutido cambio climático a nivel mundial e á súa orixe nas actividades humanas.
Así, dentro do século, os tres anos con máis días con temperaturas superiores a 25 ºC están incluídos nos catro últimos, sendo os dous últimos os que acadan maior número de días con esa circunstancia. Asemade, os dous primeiros anos do século están entre os tres con menor número de días con algunha medida de temperatura superior a 25 ºC. E de xeito correspondente, tamén os dous últimos anos están entre os catro con menos días con medicións por baixo dos 3 ºC, mentras que os tres primeiros (de 2002 faltan datos do inverno para considerar o ano enteiro) están entre os cinco com maior número de días por baixo dos 3 ºC ....
 Partes anteriores: I e II

20130127

Hoxe toca manifestación

... en Santiago, a prol do galego, en defensa da lingua. Organizada por queremos galego, mobilización.
Hai longo tempo xa que apoio o uso do galego. De feito, aí está a galipedia, por exemplo, na que estou implicado dende o primeiro momento. Apoio sen imposición, dun xeito creativo, facéndoo servir. Coma sempre, pero cada vez máis: tentando falalo e escribilo mellor, tentando expresar con el cousas novas, transmitir creatividade, empregalo para novo comercio, para o desenvolvemento da nova industria ... A sociedade, como as persoas, é imperfecta, e por iso, aínda sentíndoo dun xeito inconsciente, non se desenvolve un plan total nese sentido. E, ante as presión do castelán, retrocede. E por iso hai que organizar protestas para que non quiten a parcela que xa hai ...
Mais, o galego, de ser unha lingua maioritaria asoballada na escrita e na oficialidade, está agora nunha posición minoritaria que se resume moi ben de xeito gráfico e satírico nunha viñeta que vin onte: nun plató de televisión, hai xente sentada, e alguén avisa: ¡ahora, hablad gallego, que vamos a entrar en las ondas!

20130126

Imaxes dun rescate na ría de Ribadeo

Antonte a nova foi o rescate de dous mariñeiros que encallaron cunha lancha nas carrallas. Veu un helicóptero, xa noite pecha, e realizouse o rescate, pouco antes de que a 'Nova Antonia' envorcase coa baixada da marea. A parte dos danos materiais, os tripulantes (o patrón xa sufriu outro naufraxio hai uns anos) saíron ben parados.
Fari fixo un reportaxe que aparece hoxe na Voz en formato dixital, cunhas fotos que coido que paga a pena botarlles unha ollada (só saiu unha coa nova).

20130125

En Ribadeo, leite de aquí

Visto onte nun comercio de aquí:
Todo o linear, uns cantos metros, cos paneis. En dous deles, os dous papeis que se ven, forrados de plástico. Neles, o logo do CCA, o Centro comercial aberto, é dicir, a asociación de comercios do centro do pobo. Escrito neles, en castelán e galego, 'toma leite da terra, é o mellor para todos'. Baixo da cartelería, diversas marcas de leite de diversas fábricas. coido que só queda unha fábrica grande (hai algunha mási pequena) con cabeceira en Galicia, as outras son todas segundas marcas de empresas foráneas. Quizáis folga outro comentario. Quizáis, o comentario sexa toda a merda que día tras día escupen os xornais, mesmo tras suavizala da realidade actual...

20130124

O cambio climático en Ribadeo

Despois da entrada de onte sobre o clima, vin que é doado facerse unha idea falsa da temperie que ven en cada momento, e que ás veces, menos datos poden resultar en máis claridade. Así, onte, a temperatura en Ribadeo foi superior á de antonte, en varios graos, mentras que había xente que dicía que facía máis frío. O quid está no que se chama sensasión térmica, que depende da temperatura, pero tamén do vento e da humidade, e que fai sentir unha sensación de máis frío por acción do vento. E onte houbo abondo vento. En canto ó que dicía de menos datos e máis claridade, en Ribadeo o cambio climático está visible en pequenos detalles, como o adiantamento das estacións meteorolóxicas e cousas relacionadas, como a floración ou a saída de follas, que fai ique algunhas árbores sofran stress.
En canto a clarificar as cousas con menos datos, deixo abaixo unha táboa feita coas temperaturas máximas recollidas na Pedro Murias, pero tomando só o número de días en cada ano nos que a temperatura medida nalgún momento superou os 25 graos. A tendencia ascendente é clara, podendo dicir que aumenta de media un día por ano ...
... aínda estando lonxe de ser un número de anos e medidas abondo como para dicir que en Ribadeo estamos sufrindo o quencemento climático.
Por certo, hoxe hai 5 anos que tíñamos sobre nós o 'Klaus'.

20130123

Tempo revolto por Ribadeo

Despois do Gong, onte andivo de novo o tempo revolto por Ribadeo: chuvia, frío, saraiba, ... Os datos diarios da Pedro Murias dan fe:
Temperatura media do aire (ºC) 5,6
Temperatura máxima do aire (ºC) 8,4
Temperatura mínima do aire (ºC) 3,3
Horas de Frío (Base 7 ºC) (h) 20,2
é dicir, chegouse ó 3º cunha máxima de 8º, e pasouse vinte das vintecatro horas por baixo de 7ºC, algo que se considera 'frío'.
Evidentemente, non estamos a altura das localidades da meseta, por exemplo, pero tampouco estamos a un nivel de frío á altura doutras veces: no que levamos de século, cos datos da estación de Pedro Murias, alomenos 208 días tiveron mínimas máis frías que onte ... incluído o 9 de decembro pasado.
De calquera xeito, á noite, unha saraiba sorprendeu en pouco tempo deixando a rúa branca e facendo que se formaran pequenos ríos rodeados de branco. Deixo abaixo un par de fotos de testemuña.

20130122

Dicionario de Madoz e Ribadeo / Rivadeo (II)

Como curiosidade a partir da entrada anterior sobre o dicionario, deixo abaixo a 'interpretación' que fixen das páxinas sobre Ribadeo e o seu partido xudicial que aparecen no Madoz. Aínda que quen lea máis embaixo verá que non fai falla, advirto que a interpretación cómese cousas que non descifrei, pode haber cambiado algunha palabra ou mesmo data (a confusión do 4 co 1 nas cifras ás veces é indistinguible, por exemplo), e algunha verba pode estar modernizada, deixando algunha abreviatura como v. ('villa'). Aínda así, e con carácter anecdótico, vai:
"
-->
RIVADEO
Datos de la localidad:
v. en la provincia de Lugo (13 3/4 leguas), diócesis de Mondoñedo(5 1/2), audiencia territorial yo. g. de la Coruña (ib), partido judicial y ayuntamiento de que es cap., asi como de distr. marítimo de la provincia de Vivero (10), en el departamento de Ferrol (47), puerto con aduana de segunda clase, estafeta de correos dependiente de la de Lugo y adm. de loterías subalterna de Mondoñedo.
Situación e clima. Colocada a los 43º34'36" de lat., 3º3' long. O. del meridiano de Madrid; en el centro de una faja de 10 leguas de costa, tal vez la mas productiva de Cantabria, y a la marg. izquierda del Eo, disfrutando, aun desde la mayor parte de las casas de un extenso horizonte marítimo E. á O. de la costa: su clima Sudo, pues aunque se experimenten algunas afecciones reumáticas por su exposición á los vientos acres y húmedos N. NE. son comunes las edades de 70 años y se ven personas longevas.
Interior De La Población Y sus Afueras. Componen el todo de la v. unas 600 CASAS particulares sin contar los edificios de que haremos mención : hay 2 plazas casi contiguas y sobre 20 calles y callejuelas, mal empadradas en lo general, muy estrechas y oscuras ; la población y casas se han aumentado desde fines del siglo último en que se demolió el ant. muro que contenia los límites de la v. en una cañadita muy pendiente é incómoda estendida de 80. á NE. basta el embarcadero de Porcillan; pero es tan irregular la nueva población ???? fea la ant. no obstante la estensa área que ocupan. La plaza de la v. ó del Consistorio es pequeña, desnivelada é irregular; pero la llamada de Arriba es mayor y susceptible de mejoras: abierta en todo el frente del mediodia se une con el campo y alameda de San Francisco; es el punto mas agradable y concurrido y donde se encuentran los edificios de San Francisco, Sta. Clara, Iglesia Nueva, gran casa De los Sres. Ibañez. los ant. torreones ó fortaleza y porción de casas modernas de 2 y 3 pisos. La casa consistorial es bastante decente, y la cárcel se ha colocar en el edificio llamado la fábrica, porque la hubo de lienzos y cintas de hilo, erigida bajo los auspicios del gobierno dé Carlos III, pero cesaron los trabajos en 1783 por muerte de su director. Hay una sociedad de fomento establecida en 1842 que ro4ca una escuela elemental completa cuyo maestro disfruta 240 reales mensuales y 100 el ayudante-. la misma sociedad sostiene otra escuela en que se enseña matemáticas y pilotage : ademas existen varias escuelas para niños y para niñas y todas medianamente concurridas. Una sociedad filantrópico-dramática constituída en 1835 tiene un teatro, en que por aficionados se hacen funciones que instruyen al así que sirven de recreo, y finalmente hay otra sociedad fílarmónica de jóvenes aficionados á la música, que bajo las órdenes de un director dan algunas funciones: fue oreada en 1841 y se pagan 20 reales de entrada y una peseta mensual. La iglesia colegiala-parr. (Sta. Maria del Campo) se encuentra en la que fue de los frailes franciscos, por hallarse suspendida la obra de la nueva iglesia desde fines del siglo anterior: tiene un canónigo presidente y 4 racioneros, que se proveen por la Real Cámara exceptuándose de estos el cura párroco que acumula una de dichas prevendas y cuyo patronato es real y ordinario. El conv. que fue de San Francisco, lo fundó Fr. Juan Pedro Compatir, compañero del patriarca, que murió en 1222: los compradores del edificio han hecho en él y su cercado de huerta, una casa de habitación y un horno para cocer pan: la iglesia que, como se ha dicho sirve de parr., fue reedificada á principios de este siglo; pero aun esta sin bóveda y solo algunas capillas se encuentran en buen estado : su planta es en forma de cruz y tiene 13 retablos en la mayor parte ant. El conv. de monjas de Sta. Clara, cuya fundación se ignora, es sin duda menos ant. que el de San Francisco, mayor y mejor conservado: sirvió de hospital en la guerra de la Independencia y al efecto fueron trasladadas las monjas á una casa particular: la iglesia es pequeña, oscura y de mala arquitectura. Hay 7 ermitas la de San Roque, de la Trinidad, Ntra. Sra- de la Misericordia, Ntra. Sra. de Chinquinquira, la de la Orden Tercera, contigua al exconvenlo de San Francisco y la del hospital de San Sebastian -. todas tienen rentas ó medios para sostenerse menos la del hospital, cuyos bienoe fueron vendidos por el Gobierno en 1806. El cementerio fue construido en 1831 , al S. de la v.; tiene una capilla, es muy capaz y disfruta de buena ventilación. El agua potable es poca, pesada y desagradable: solo existe 'una fuente pública de arqueta con 2 caños; muchos vecindad se proveen de manantiales estramuros y de pozos. Para la limpieza y otros usos hay un arroyo que por varios encañados recorre casi toda la población El puerto sil. en la ria ó brazo de mar , que se anticipa á recibir las aguas del río, es el mas conocido y frecuentado desde el Ferrol á Santander ; pueden fondear en él los buques á tiro de pistola, de la orilla en 20 pies á baja mar entre la v. y el cast, de San Damián, situado en term, de Villaselan al N. NE. para defender la entrada; cuyo cast. aunque pequeño se hallaba construido bajo todas las reglas del arte y montaba 42 piezas de grueso calibre; pero fue destruido y aun volado su sólido almacén en 2 de febrero de 1809 : en el puerto hay diversos varaderos y ensenada para la limpieza y construcción, sin embargo le son perjudiciales los bancos movibles que forman las avenidas del Eo.
El ????, conñna por N. con la feligresia de Sta Maria de Villaselan y entrada del puerto al E con la de Figueras, provincia de Oviedo, interpuesta la ria que forma también el limite S.; y por O. con San Juan de Obe y Villaselan.
El Terreno es llano con declive hacia los arrabales y embarcaderos de Porcillan, Cabanela y Figueirua, y costanero todo lo que baña la ria desde estos puntos hasta la ensenada ó varadero de Villavieja : en lo general es pedregoso, arenisco-barroso con capa de sílice, alúmina-caliza, arcillosa y de secano : se cultivan sobre 80 fan. de primera, segunda y tercera clase la mayor parte dedicada á hortalizas.
Ríos Y Arroyos. Situación la v., como se ha indicado, en el vértice del ángulo que forma la costa con el puerto y ria del Eo, solo corre por el centro el arroyo de que hicimos mención , el cual baja á la ría ; esta se forma de las aguas de mar que «nlran por una abertura de 4/í milla y en la estension de 2 leguas á recibir las del Eo , siendo navegable hasta el puente de Santiso sirve de límite por esta parte con la provincia de Oviedo, con la cual se comunica por medio de barcas.
Caminos : el que se dirige á Lugo de Mondoñedo con dirección de Este á Oeste es carretero, como el de la Marica que facilita la comunicación con Vivero y otros pueblos; pero ambos se hallan en mal estado.
Correos : hay, repetimos, una estafeta ó cartería que depende de la adm. de Lugo y está dotada con el 45 por 40 y en ella se recibe el correo tres veces por semana.
Producciones: hortaliza, patatas, trigo y maiz, cuvas cosechas no son suficientes para el abasto ; pero las suplen los pueblos inmediatos en los dias de mercado, los géneros ultramarinos telas v otros efectos.
La i.XD. está reducida á la que ejercen varios artesanos de los oficios de primera necesidad: una fáb. de fécula de patatas, en la que se consumen en la temporada de trabajo que son 6 meses mas 7,000 fan. de 450 libras españolas y precio de 7 á 8 reales y producen sobre 4,300 qq. de fécula que trasportan por el mar á Barcelona : hay 2 molinos harineros y varias tiendas; finalmente la marinería con 42 buques mayores y menores navegan los mares del Norte, América, Lebante y Cabotage, al paso que 8 lanchas se ocupan en el pasage y en la pesca que con abundancia les ofrece aquella costa.
Comercio. Celebra mercado muy concurrido el miércoles de cada semana y se vende toda clase de granos y al. de consumo, asi como cerdos de cria, zapatos, ferretería, lino, lienzos, muebles, madera, leña y otros efectos, de cuya importancia podran dar una idea los estados que insertamos á continuación , sacados de lus dalos oficiales de la aduana.
Pobl. : 559 vecindad, 2.938 aira. : con las demás felig, que forman el ayuntamiento
Historia. Es población muy ant., tanto que los encarecedores de los orígenes de todas aquellas de algún nombre ó importancia han creído tener motivo para decir que es fundacion de Augusto Cesar. Se dice haberla repoblado Alfonso el Católico y que su iglesia fue catedral hasta que fue trasladada su dignidad episcopal por el rey Ordoño año 918 a Mondoñedo. Perteneció su señorío á Mosen Perde Villanes y después al condestable Rui López de Avalos á quien fue confiscada en 1420. En 1444 Diego Valera fue por embajador al rey de Francia con in loato de alcanzar diese libertad al conde de Armeñaque, al cual poco antes prendió el Delfín, y D. Merlin hijo de D. Alonso conde de Gijon. Achacábanle que tenia tratos con los ingleses. Diéronle libertad á condición, de que si en algún tiempo faltase á la libertad debida, fuese despojado de los pueblos de Rivadeo y de Cangas que poseía en las Asturias, por merced de los reyes de Castilla, ó por habellos heredado Mariana;. Esta fecha debe estar equivocada , pues el rey D. Juan II erigió antes el condado de Rivadeo concediendo su título á D. Rodrigo de Víllandrando, Este rey, en 9 de enero de 1444, recompensó los servicios que tenia recibidos de D. Rodrigo Villandrando, conde de Rivadeo, quien acudió á su defensa con mucha gente de armas desde el estranjero donde se hallaba, levantó muchas tropas en sus estados, dejó sus tierras y cast, y corrió los mayores peligros, especialmente el dia de la Epifanía, que, estando para entrar el rey en Toledo, se vio muy comprometido y debió su seguridad al esfuerzo de dicho conde, Por ello le concedió que con memoria de este hecho, él y sus sucesores, recibiesen las ropas y vestiduras dque los reyes vistiesen en el mencionado dia de la Epifanía de cada año, y tuviese la preeminencia de sentarse á la mesa y comer con los reyes en dicho día D. Pedro de Villandrando hijo de D. Rodrigo, sucedió en este estado y en dichas mercedes, y las traspasó y renunció en D. Diego Gómez Sarmiento de Villandrando su sobrino. Después pasaron al estado de Rivadeo y estas notables preeminencias que le eran anejas, en la ilustre casa de los duques de Hijar (V. Hijar.) A pesar de la importancia de esta v. no merece especial mención en la historia, sino es por los escesos que en principios del año 1809 cometieron alli las fuerzas ausiliares de Worster, como si fuesen enemigos; haber sido colocada en ella la tüb. de armas de Oviedo el año. 1840 ; haberse dejado por el mismo tiempo un tribunal de guerra permanente, compuesto de varios generales en ella y haber residido una temporada la. junta superior de la rev. en la misma v.
Hace por armas el escudo de los Villandrandos que es cuartelado, y en el primer cuartel alto á la der. tiene una luna escacada de oro y negro sobre campo blanco; en el izquierda tres fajas azules campo de oro; y en los otros dos lo mismo en orden contrapuesto; orlándolo todo 8 cast, dorados sobre azul. - —
Datos de la localidad:
partido judicial fa entrada en la provincia de Lugo, diócesis do Mondoñedo, con 4 feligresia pertenecientes á la de Oviedo, audiencia territorial y ciudad g. de la Coruña: comprende los a ayunt. de Cabarcos, Rivadeo, Trabada, Villameá y Viilaodrid, que cuentan unas 4,500 casas en una v. y 472 I. ó aid., distribuidas en las 33 feligresia siguientes :
Situación y Clima. Se encuentra al estremo NE de la provincia, dentro del ángulo que forma la costa Cantábrica y márgenes izquierda del Eo, disfrutando de buena ventilación y clima templado y sano, pues aunque algo húmedo y propenso á fiebres y reuma, sus naturales son robustos y cuentan muchos años de vida.
Términos Y Confines. El término jurísd. de este part, confina por el E. con la ría que lo separa de la provincia de Oviedo; al S. con los part, do Fonsagrada y Mondoñedo, continuando este último por la parte O., é interpuesto el r. Masma hasta la embocadura de la ría de Foz, desde la cual príncipia la costa por el N., donde se encuentra la punta de San Miguel, la ensenada y arenal entre las puntas de Promontorio y Corbera, puerto de Rínlo, punta de Piñeira v embocadura de la ria basta llegar al puerto de Rivadeo : la entrada de la ría será de 1/2 milla de ancho, y las aguas del mar suben 7 leguas ria adentro, si bien es navegable hasta el puente de Santiago de Abres. La superficie es una figura irregular parecida á un triangulo isósceles ó pirámide, que suponiendo la costil su base de 3 1/2 leguas, se eleva 6 hasta su vértice á cúspide.
El Terreno es bastante fértil, aunque en su mayor parte quebrado y montañoso : al O. y de N. á S. se estiendo la sierra de la Cadeira, y al N. no muy dist. de la costa 1 1/4 leguas se halla el monte Mondigo.
Ríos
Arroyos. El Eo entra en este part, por el térm de San Salvador de Villarmide y corre al N. hasta encontrar el arroyo Cairo, desde cuyo punto y con la misma direccion separa dos lita, dé Lugo y Oriedo hasta desembocar en el Océano Cantábrico ó ría de Rivadeo : en su curso recoge varios arroyos y riach., siendo el único notable el r. Trabada: las aguas vertientes al O. van también al Océano, mezcladas con las del r. Masma, que como se ha dicho, desemboca en la ría de Foz.
Los Caminos son vecinales y malos; hay no obstante 2 de rueda que desde la capital se dirigen uno á Mondoñedo y Lugo, y el otro llamado de la Marina va dejando la costa á la der. hasta llegar é Foz : están proyectadas 2 carreteras que partirán de Mondoñedo á Rivadeo y á La-Vega: si como es de esperar se realiza este proyecto , serán incalculables los beneficios que reportará a todo el partido
Correos. Se reciben en la estafeta ó cartería que existe en la cap., y es subalterna de la adm. de Lugo; llegan 3 veces por semana y salen otras tantas: los ayuntamiento y feligresia no tienen en lo general un método ó medio fijo de recibir su correspondencia.
Las Prod, mas comunes son cereales, legumbres, patatas, pocas semillas, bastante hortaliza y frutas, poco lino, algun vino, maderas y combustible : cria ganado de todas clases, prefiriendo el vacuno: hay caza y abundante pesca.
Industria y Comercio. La agricultura, molinos harineros, telares caseros, varios oficios de los de primera necesidad y una fáb. de fécula de patata ; la pesca y la marinería dan ocupación á estos naturales, y su comercio se halla reducido al que se hace en la v. de Rivadeo (V.). y á las Ferias v Mercados que se celebran y son : en la cap. tolos los miércoles; el primer domingo de mes en Sta Maria de Trabada; segundo domingo en el lugar de la Puente en San Pedro de Arante; tercero en San Julián de Cabarcos ; cuarto en San Justo de Cabarcos v en el l. de Vilela de San Pedro de Cúbelas ; primer día de mes en San Miguel de Reinante; primer sábado de mes en San Juan de Obe y sitio lamado Balín; tercer sábado en Sta Eulalia de la Dehesa; !•'• de abril en San Juan de Villamartin ; 30 de mayo en el nonte y ermita de San Fernando de la feligresia de Sta. María Magdalena de Balboa; y finalmente, todos los dominagos sin autorización en San Vicente de Villameá. En estos mercados se benefician ganados, granos y demas frutos, asi como carnes frescas y saladas, mantecas, quesos , pescado rosco y salpreso, utensilios de labor y cocina, telas, zapatos y otros efectos.
Estadística Criminal. Los acusados en este partido judicial en el año de 1843 fueron 23, de los que resultaron absueltos de la instancia 4 , libremente 9, penados presentes 40, contumaces 3: de los procesados 3 contaban de 40 á 20 años, 44 de 20 á 40 y 3 de 40 en adelante; los 23 eran hombres; solteros 14 , casados 9 ; sabían leer y escribir 8, no sabia 4; ejercían artes mecánicas 20 ; de 3 acusados se ignoraba la edad , el estado y el ejercicio, y de 11 la instrucción.
En el mismo periodo se cometieron 5 delitos de homicidio y de heridas con un arma de fuego do uso ilícito , 4 instrumentos contundentes y un instrumento ó medio no espresado.
"

20130121

Dicionario de Madoz e Ribadeo

Remata de chegarme por reenvío de reenvío propaganda do dicionario de Madoz. Di que no enderezo http://www.diccionariomadoz.org hai información (histórica) de Ribadeo, pois trátase dun libro de 1848. E si, haber, haina, mais ...
1.Débese procurar por Rivadeo, antiga grafía usada para o actual Ribadeo.
2.Aparecen varias respostas (entre elas, da Vega de Rivadeo), algunhas das cales se solapan.
3.Trátase dun escaneado sen corrixir, co que polo momento, é unha curiosidade que para tratar é necesario traducir, algo que ás veces non é doado.
En fin, trátase dunha páxina web que tenta procurar anuncios, e que posiblemente no futuro dará que falar, pero na actualidade, se alguén quere sacar algo dela, necesita traballar antes. A voz 'Rivadeo' será traballada, aínda que se se tivera a man, mellor sería unha transcrición manual que a análise do que se obtén en internet ...

Plásticos ribadenses, AD, e Gong Ribadeo, TI

Pasou o Gong. Coido que na nosa zona, sen pena nin groria, máis cicloxénese por concentrarse os ventos que explosiva, que parece que a explosión quedou máis ven noutros lugares. Aínda que algunha cousa houbo para poder sacar foto, como a invasión de restos diversos de troncos e ramas na rada do porto pesqueiro (por exemplo, ver aquí ou aquí fotos colgadas no facebook), despois de ser arrastrados cara á ría e quedar atrapados ó ser metidos polo vento na rada. Abaixo deixo fotos coa ría tinguida polo arrastre de terra que sofre tras o temporal, e para comparar, outras tomadas tempo atrás.
O Gongpropiciou que onte me fora fixando nas cunetas camiño da Veiga. É un exercicio de cálculo o pensar a cantidade de merda que alí se pode acumular. Botándolle un pouco de imaxinación, de Ribadeo á Veiga, 10 km, 2 cunetas, a razón de medio quilo de plásticos cada 100 m de cuneta nun ancho de 2 m, saen 100 kg. Iso é, 100 kg de plásticos, que non son debido ó Gong, senón á xente que os bota, e, despois, a non limpalos. Plásticos que impresionan menos que os troncos na rada do porto pesqueiro, pero que a longo prazo son máis dañinos. E totalmente evitables, a diferenza dos restos do Gong.
Así pois, como resumo a modo de partido de fútbol, poderíamos dicir algo así como Plásticos Ribadenses Autor Descoñecido, 1 - Gong Ribadeo Tempo Incontrolado, 0



20130118

O CONVENIO ALCALDE-EON EMPEZA A FUNCIONAR - artigo de Evaristo Lombardero

O pasado venres 11 de xaneiro de 2013 varias máquinas dunha empresa contratada por BEGASA-EON entraron nos montes de Piñeira e As Anzas e comezaron as excavacións e movementos de terras para construir o tendido de alta tensión e a subestación eléctrica que se ven proxectando dende 2007. Tomemos nota do dato: cinco anos. Ao longo deste tempo e nos próximos meses calquer reclamación dos veciños foi e será respostada ca clásica demagogia: ¡é un proxecto decisivo para o desenvolvemento da comarca¡ ¡vai crear postos de traballo! ¡non se pode retrasar!
Como non podía ser doutro xeito as máquinas entraron por camiños particulares, sen pedir permiso e naturalmente sen avisar aos propietarios dos montes e das fincas afectadas.
Sorprende un pouco mais o silencio do Sr. Alcalde e dos seus corifeos, despois de enchernos os ouvidos cas marabillas que había traguer o proxecto devandito, entre outras vanse acabar os cortes de luz e xerar 400 postos de traballo no polígono industrial. Contentos estaríamos de darlle a razón.
Imos ver moi brevemente algúns antecedentes: No mes de maio de 2008 o concello asina un convenio con BEGASA-EON e outros organismos onde se acorda darlle a esta empresa todo tipo de facilidades. Folga suliñar que de información ao vecindario nada de nada. Este acordo xa desina o que vai vir despois. En xunio do mesmo ano, no periodo de exposición pública do avance do PXOM mais de trinta veciños suscriben unha alegación contra a ubicación da subestación. Resposta: Ninguna. Mesmo a Comunidade de montes veciñais de Piñeira alega polo mesmo motivo. Resposta: Ningunha. No mes de decemebro do mesmo ano 163 veciños de Piñeira, Cubelas e Obe presentan un escrito no concello solicitando información sobre o estado do proxecto. O Sr. Alcalde resposta: non hai nengunha información que dar. Despois matizao: hai información pero non é oficial. Ou sexa é secreta. O día 5 de xaneiro de 2009 aparece, na páxina web do concello, un escrito da alcaldía con insultos e descalificacions. As facilidades a EON empezan a concretarse. Nos meses seguintes EON presenta un proxecto de ocupación de 3 500 metros cadrados nos montes de Piñeira, que mais adiante convírtense en 11 800 polo arte de birlibirloque. O tendido dende Trabada, pasando por Anzas e Obe sofre modificacions que non ninguén xustifica. As sucesivas alegacións son respostadas con evasivas pola administración competente. Por fin o proxecto é aprobado definitivamente pola Xunta e comezan os movementos de terras, ou sexa as obras dun proxecto tan desexado e necesario envoltas nun silencio sepulcral.
Pola sua banda a Comunidade do Monte Veciñal de As Anzas ten interposto un contencioso administrativo contra o tendido e a comunidade Piñeira idem de idem pola ubicación da subestación e leva o mesmo camiño o expediente administrativo polo procedimento de expropiación. Sería moi longo exponer a riola de irregularidades ao longo destes procesos pero imos suliñar duas: 1.- A persoa que representaba á empresa nas Actas de Ocupación Previa (xullo 2012) carecía do poder acreditativo. 2.- O Sr. Alcalde, obligado por lei a presenciar ditas actas non compareceu, como tampouco outro representante legal do concello, pero asinounas en barbecho ao final da mañan. Sen comentarios.
Para rematar un breve comentario sobre as obras que promoven EON e compañía.
No mes de maio de 2006 un incendio forestal arrasou 1 600 Has de monte en Busindre (Valdés). Había un gran temporal de vento. En setembro de 2012 celebrouse o xuizo. Os técnicos do Principado de Asturias declararon que o causante do incendio foi o tendido eléctrico de EON, os veciños afirmaron ver moitas chispas sair do tendido e prender o monte. Os representantes do SEPRONA confirmaron estas declaracions, pero un técnico privado argumentou en contra. A xuiza deixou a EON libre de culpas. Un directivo declarou que os veciños querían facer negocio a costa do incendio. Outro caso: O 13 de setembro de 2012 unha avalancha de mais de 2 000 toneladas de auga, fango e pedras matou a unha muller de 73 anos en Arenas de Cabrales e desfixo casas, cuadras, e camiños. O derrubo procedía dunha canal que surtía un embalse da mesma empresa. Nos días previos unha empresa contratada por EON ensanchara un camiño e reducira a parede da canal que finalmente se derrubou causando a morte da muller o os destrozos devanditos. Polo de agora non houbo xuizo. Non imos extendernos sobre a subestación de Mondoñedo e a sentencia do supremo, poden preguntarlle ao alcalde da cidade episcopal que só está a 36 km de Ribadeo. ¡Tan perto e tan lonxe!.

Evaristo Lombardero Rico.

A temperie ribadense no 2012 (II)

collido de FQ Ribadeo  
(parte)
3.Choiva
Continuando coa recollida de datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias, atopámonos con que a serie fiable de choiva ten asemade unha lonxitude menor do conxunto total da datos recollidos, abranguendo igual que no caso de temperaturas, dende o 2003. Aínda así, con datos incompletos de 2001 e 2002, ditos anos están incluídos nas gráficas seguintes.
En termos xerais, podemos dicir que as choivas deste ano aínda se apartan do réxime medio, mais é normal que haxa desviacións nunha ou noutra época.
3.1. Choiva media.
A táboa cos datos recollidos é a que aparece á beira (tab1). Nela xuntei o resume de datos referentes a choiva.
Na primeira liña baixo os anos, aparece o total choiva caída 2001-2012 (a ter en conta que os datos de 2001 e 2002, como dixen, son incompletos, co que o total sería maior). Na última ringleira, aparece a media diaria de litros por cada metro cadrado caída ó longo do mes correspondente.
3.2. Choiva media anual.
Represéntase (gráfico 1) o dato do promedio de choiva acumulada para cada día do ano, numerados e con divisións no gráfico que agrupan de xeito aproximado dous meses. Ista representación da media de choiva acumulada ó longo dun ano para un día dado é unha gráfica que sorprende ó facela pola súa limpeza. Vese que a cantidade de choiva caída vaise incrementando lóxicamente, pero distínguense zonas de máis precipitación e zonas de menos. 


Se se divide a gráfica por tramos, pódese observar que ata o día 160 aproximadamente (10 de xuño), o réxime de choivas é prácticamente constante, pouco maior de 2,5 L/m2 e día. De aí ata aproximadamente o comezo astronómico do outono (21 de setembro), é dicir, prácticamente o período de verán, o réxime baixa a súa media, pasando a pouquiño máis de 1 L/m2 e día de xeito uniforme. De aí e ata comezo de decembro (pouco máis de dous meses, o comezo do outono), de novo volve a producirse unha uniformidade de choiva, pero esta vez en maior cantidade, sobrepasando os 4 L/m2 e día. O mes de decembro volta a ter un réxime de choiva semellante ó de comezos de ano.
O gráfico 2 representa un desglose de datos ano por ano, seguindo a táboa, onde se pode observar que no 2006 (1300 L/m2) choveu máis do doble que no 2004 (600 L/m2), e que o ano 2012, a liña máis grosa, é o terceiro máis seco do que levamos de século, sendo tanto o seu inverno como o seu verán as estacións máis secas, rematando ambas sendo o ano máis seco ata dito momento. Unha nota: para comparalo cos outros dous gráficos que represetan a acumulación de choiva, hai que ter en conta que a escala vertical é diferente neste caso, sendo a parte alta 1 400 L/m2 neste caso, fronte a 1 000 L/m2 nos outros dous.
O gráfico 3 (que se corresponde coa liña grosa do gráfico 2), correspondente á choiva que se foi acumulando durante o 2012, pode compararse co gráfico 1, correspondente coa media anual. En dita comparación, obsérvase que as choivas da primavera o inverno e foron medias, por contra das escasas do inverno e o outono.
3.3.Choiva media mensual.
O Gráfico 4 complementa ó anterior, representando a choiva caída cada día do pasado ano. Os picos corresponden na gráfica anterior cos momentos da liña máis inclinada, recollendo cada un dos tres días máis chuviosos uns 30 L/m2
O gráfico 5 corresponden á media de choiva diaria considerada mes a mes durante 2012, podendo poñerse en relación cos gráficos 3 e 4. O Gráfico 6 represetna os mesmos datos que o 5, pero indica á vista de xeito máis doado que a choiva acumúlase nos meses de outono, e que as diferenzas intermensuais son abondo bruscas, correspondendo coas diversas épocas do ano, ó contrario do que pasaba co gráfico semellante de temperaturas, que tiña unha evolución suave.
-1ª parte- -3ª parte

20130117

Temas municipais en Ribadeo

Martes noite houbo pleno ó que non puiden asistir. Polos xornais, enterámonos de que se ía tratar da rescisión de contrato da empresa que deixou parada a obra do pavillón, a que substitúe un vello por outro novo e foi cuestionada polo aporte de cartos necesario. Coa maioría do BNG e voto do PSOE, amañouse o tema. A resposta do voceiro do PP en Facebook: "Claro que si, non pode ser doutro xeito. Desde o PP pedimos que, ademáis de desbloquear un tema tan importante para Ribadeo como é o remate das obras do PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, se defendan aos técnicos e ao goberno das acusacións verquidas por parte dos representantes da empresa que non deu rematada a obra."
Se se visita a web do concello ténse que non aparece (unha vez máis) a convocatoria, mentras que si aparece (vina hoxe, seguramente cargada a última hora onte) unha referencia do pleno, versión goberno municipal. Nela, non se especifica outro punto nin duración, e só, a máis do tema do pavillón, a petición do voceiro do PSOE da redación dun documento de participación. Comezando a ler fíxenme a ilusión que sería de participación cidadá, pero non, trátase de regular as intervencións dos concelleiros, algo que non é a primeira vez que sae a relocer, pero quizáis sexa a primeira que aparece recollida formalmente como petición. E é que os plenos son a miúdo unha xaula de grilos na que os portavoces marean a perdiz e quen vai ver ten que facer un esforzo tanto para entender como para aguantar.
Tamén hoxe sae nun xornal que o TSXG, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, falla que se deixen de pagar os 60 € mensuais que recibía do concello pola existencia de ruído nouturno. Algo que leva xa 13 anos enteiros en marcha (facer contas) e que se por fin se deixa de pagar, non será tanto polo que poidera ter feito o concello como polas modas da movida e a crise. Caso de haber fallo definitivo, merecerá unha entrada.

20130116

Concordo cos destacados por ACISA en 2012 en Ribadeo

Os medios difundiron a nota de prensa de ACISA (a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo) na que da conta da asamblea e cea social que terán o 18, así como da decisión de facer dous nomeamentos. Un, o de 'Ribadense do ano', concédese a título póstumo a Gilberto Suárez, e o outro, o de asociado do ano, a Gráficas Ribadeo.
Non pensei no tema, máis en retrospetiva, parécenme totalmente adecuados, de non ter sido destacados con anterioridade. Gilberto, como xa deixei escrito noutro lugar, con ou sen título, era un ribadense consciente de selo, e como tal traba de actuar en ben da comunidade. En relación a Paco Iriarte, o patrón de Gráficas Ribadeo, levo tratando con el e coa súa empresa tempo abondo para ter unha idea de como funciona e de sentir aprezo por el e a súa labor.
Coido que a idea de ACISA, que o ano pasado fixo o primeiro destaque de ambos títulos, é boa. O que non me impide lamentar que o título de 'ribadense do ano' non sexa feito a partir dun consenso social máis amplo que ACISA, quizáis liderado por unha institución como o concello.

20130115

Promocionando o novo parque -infantil- de Ribadeo


Atopámonos nas novas de onte coa promoción do novo parque infantil do xardín. Non saíu unha nota do concello (polo menos, aínda non está na web) e a nova é abondo laudatoria ó recoller as verbas do alcalde e os 42 000 € gastados na mellora (que se fixo rápido) e dar o tema por rematado. Deixo as imaxes do Visor Sigpac, na que se ve xa a rotonda feita, e de Google Maps, na que aínda non está, destacando en ambas á esquerda o círculo dos canapés e unha mesma realidade do parque infantil, a zona triangular obscura en ambos casos na parte superior da imaxe, e en ambos, lixeiramente á dereita.
O caso é que agora esa zona triangular é aparcamento (ver segunda foto inferior), como xa citei noutra entrada anterior, co que o parque de novo redúcese. E a zona obrada está aínda como esta. É dicir, como presentan as fotos de abaixo, sen rematar, sen asegurar e facer máis praticable o camiño que vai polo medio da herba. E cun novo e prático camiño para ir ao IES de Ribadeo, por exemplo, que facilita o paso por isa beira da rotonda a base de minguar a zona dos canapés.



20130114

Fraude e Ribadeo

Collo datos un xornal de onte e uso proporcionalidade ... a cota de evasión fiscal dunha poboación equivalente a Ribadeo sería 16 M€, isto é, case dobre que o actual orzamento do concello.
Como a maioría do fraude corresponde a grandes empresas, e en Ribadeo actúan pero non están baseadas, axusto máis:
A cota de fraude só das pymes acadaría os 2 M€. Unha cifra abondo máis reducida, pero que, volta de novo a comparar co orzamento do concello, solucionaría a débeda en cousa dun par de anos (e xa sabemos que eso da débeda ribadense 'varía' segundo quen a mire).
En canto ós autónomos, a cota do fraude acadaría outro M€. Non aparecen cifras no artigo do que defraudan os particulares ...
Tamén de xeito proporcional, o orzamento para combater o fraude que sería proporcional ó tamaño de Ribadeo sería 260 000 €.
Mentras, quedámonos sen todas esas cantidades. E sen prestacións, que se quitan principalmente a quen non defrauda (case se diría que canto máis defraude, menos prestacións se lle quitan).

20130113

A voltas coa residencia de anciáns en Ribadeo

O venres tivo lugar unha xuntanza en Santiago sobre a posible residencia de anciáns en Ribadeo. Para comezar o comentario, o comunicado do alcalde, portavoz da comisión, foi o seguinte:
"SUÁREZ BARCIA TILDOU DE SOSEGADO E CORDIAL O ENCONTRO MANTIDO CON BEATRIZ MATO PARA ANALIZAR E RECLAMAR A CONSRUCCIÓN DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE EN RIBADEO. A COMISIÓN ESTUDIARÁ AGORA A PROPOSTA DO GOBERNO GALEGO E AMBAS PARTES VOLTARÁN A REUNIRSE NA VINDEIRA PRIMAVERA.
Ribadeo, 11 de xaneiro de 2013. O alcalde de Ribadeo tildou de sosegado e cordial o encontro mantido esta mañá coa conselleira de Traballo e Benestar para analizar e reclamar a construción dunha residencia da terceira idade na vila. Beatriz Mato, segundo Fernando Suárez, aludiu ás dificultades económicas da Xunta para afrontar a construción destas instalacións e propúxolles concertar prazas públicas nunha residencia “pero a responsabilidade da construción ou da rehabilitación dun posible edificio sería do Concello”. A comisión pro residencia da terceira idade voltará a reunirse coa titular de Traballo e Benestar na vindeira primavera.
O rexedor, coma portavoz da comisión pro residencia, valorou “a unidade que seguimos a manter todos e cada un dos representantes desta comisión, de todos os partidos que formamos a Corporación Municipal de Ribadeo. Logo tamén temos que valorar positivamente o diálogo tranquilo e sosegado, coa conselleira”.
Suárez Barcia lamentou que “en todo caso tivemos que perder máis dun ano para ter este primeiro encontro, aínda que ao final debo dicir que foi cordial, positivo…”. O alcalde relatou que “á necesidade plantexada por nós, documentada, fundamentada, de que Ribadeo conte cunha nova residencia para persoas maiores por parte da Xunta a conselleira, Beatriz Mato, das posibles opcións que nosoutros barallamos: a primeira é que a Xunta, que ten as competencias para iso, constrúa unha nova residencia en Ribadeo; a segunda posibilidade sería que entre a Xunta e a Deputación constrúan unha nova residencia en Ribadeo ou a terceira posibilidade que nosoutros baralláramos é que a Xunta concerte prazas para unha residencia privada que se poida facer”. E engadiu que “a valoración e a opción da conselleira de Traballo e Benestar, argumentando dificultades económicas que nosoutros desde logo tamén entendemos porque sabemos cales son as circunstancias económicas que nos afectan a todas as administracións, propón concertar unha serie de prazas públicas nunha residencia, pero que a responsabilidade da construción do edificio ou da rehabilitación dunha posible ubicación correría a cargo do Concello”.
Fernando Suárez indicou que “nosoutros aceptamos desde logo, como non podía ser doutra maneira, estudar esta posibilidade que se nos plantexa, aínda que podemos observar que entraña unha enorme dificultade, porque entendemos que o fácil neste caso é concertar prazas, pero con todo vai ser complicado, complexo, o feito de poder concesionar a unha empresa privada para que constrúa unha residencia aínda que teña o reclamo de que a Consellería do ramo poida concertar unha serie de prazas non determinadas aínda”.
O rexedor e portavoz da comisión pro residencia valorou “positivamente este primeiro encontro, a pesar destas dificultades, e queremos estudar no seo da Corporación, como sempre facemos entre todos os partidos, e emprazámonos novamente a ter un novo contacto con ela ao principio da primavera, é dicir dentro dun par de meses, cando xa poidamos ver si esta posibilidade que ela nos ofrece é viable finalmente ou si simplemente é unha idea que parte da boa fe, pero que non pode ter moi percorrido”.

"
Evidentemente, o comunicado deixa fóra unha pequena polémica a consecuencia de que o portavoz do PP local, que non líder do grupo do PP no concello nin participante na comisión, tentara colgarse a medalla de conseguir a xuntanza e de paso respaldar o bo facer da conselleira por convocala. A lembrar que Durante boa parte do ano pasado non hobo tal xuntanza a pesar de ser pedida de diversos xeitos, e terse realizado unha manifestación en Ribadeo. Agora estaba prantexada unha manifestación en Santiago, que como resultado da xuntanza queda adiada (non desconvocada, como publicou algún medio, cunha diferenza que coido é fundamental)
A concienciación sobre a residencia segue a facerse de diversos xeitos. Enriba está a tamaño mási ou menos real a felicitación de Nadal de O Tesón, que pola outra beira ten o calendario 2013 e que lembra en lugar preferente un agasallo que espera o pobo porque ten dereito a el: a residencia.
E mentras, a cousa segue. O que se desprende da nota, con todo o seu tono conciliador, é que pouco hai máis que palabras. Non promesas, senón unha oferta cara a unha hipotética situación na que o núcleo do ofrecemento consiste en facer 40 prazas en convenio. Sen especificar as condicións de convenio. Algo positivo?: unha promesa, a de ter unha nova xuntanza en primavera. Ou aparece algo novo nela ou o desgaste do modelo de xutnanza sufrirá o non ter unha folla de ruta con compromisos.
Segue, e seguirá.

20130111

Un engadido no blog

Hoxe decidinme a poñer a subscrición por correo ó blog, para quen queira recibir as novas entradas por ese medio. Non sei se será aproveitado ou non, xa veremos o seu rendemento. Está no lateral, nestes momentos na súa parte superior.

Unha referencia

Non atopei unha ligazón. Apareceu onte como artigo na Voz e como nova no El Progreso, con datos e foto de quen fixo o escrito. Poño a continuación o escaneado da Voz, porque coido que máis información, como poñía o Progreso, pode distorsionar a visión de fondo.

20130110

A temperie ribadense no 2012

Collido de Física e Química en Ribadeo.
Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen grandes excesos meteorolóxicos, a diferenza doutros anos anteriores. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, pódese trazar unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano
1.Introducción
En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Pedro Murias, que D. Luciano Zubillaga mantén en perfecto funcionamento na actualidade. Do pasado, dispóñense de series de datos de diversos períodos, e hoxe, semanalmente, o mesmo Luciano fai un resume dos datos da estación manual para a Comarca.
A estación ten dous conxuntos de instrumentos. Un manual, ó que corresponden os citados datos de diversas épocas, aínda sen analizar. O outro automático, que foi incorporando instrumentos e que no que ten relación con temperaturas, comezou a funcionar no 2001, pero que nos seus comezos non representa un conxunto harmónico por faltarlle abondos datos invernais ata 2003.
Os conxuntos de datos de ambas estacións parecería que son intercambiables, pero por cuestións técnicas só son relativos, o que fai que nun primeiro estudo sexa preferible ter en conta só un deses conxuntos. Por estar accesibles en internet ata a actualidade, elixín o conxunto de datos da estación automática.
2.Temperaturas
A temperatura últimamente soe chamar máis a atención que outras variables meteorolóxicas por cuestión do cambio climático. Mais, facendo referencia case exclusiva á temperatura  dun só ano, non se poden esperar mostras de dito cambio, que implica períodos de tempo moito máis longos.
2.1. Temperaturas medias diversas.
A táboa cos datos recollidos é a seguinte:
Nela xuntei o resume de datos referentes a temperaturas.
En negro, na primeira liña, aparece o promedio de temperatura anual dos anos 2003-2012. En azul, as medias mensuais dende o 2003 ata hoxe mesmo (por exemplo, os 10,2 ºC de xaneiro corresponden á media de temperatura de tódolos xaneiros de 2003 a 2012). E na penúltima liña, a media anual acumulada dende o 2003, que vemos que case non se move, aínda que poñendo os datos con máis decimais ten unha pequena tendencia á suba
2.2. Temperaturas medias anuais.
Represéntase abaixo os datos dos promedios de temperaturas anuais, observando que se ben 2012 foi máis quente que a maioría de anos do século, está lonxe das marcas de 2006 ou 2011, medio grao por baixo. 

En conxunto, a temperatura media anual indica diferenzas de medias anuais de ata 1ºC en Ribadeo, entre o 2010, o ano máis frío, e o 2011, o máis cálido, tendo o ano recén rematado unha temperatura xusto media entre os dos anteditos.
A gráfica anterior é temperatura media anual acumulada, que como é de esperar vai variando cada vez menos, estebilizándose, aínda que cunha pequena tendencia a subir.
2.3.Temperatura media mensual.
A temperatura media mensual ó longo destes últimos anos (2003 en diante) da unha gráfica que é característica, cun máximo en agosto, seguido de preto por xullo, e un mínimo en febreiro, seguido de preto por xaneiro, correspondendo con que as temperaturas diarias máximas se rexistren uns 45 días despois de S. Xoán e as mínimas, uns 45 días despois de Sta. Lucía.

A gráfica típica de temperaturas mensuais pode complementarse con outra que expresa os mesmos datos cunha visualización diferente, na que se presenta a temperatura media como un curioso óvalo simétrico, inclinado debido ó desfase entre as máximas/mínimas e os puntos básicos astronómicos recollidos polo calendario.
É dicir, son os mesmo datos anteriores, expostos nun tipo de gráfica diferente. É claro o desfase de do máximo de temperatura uns 45 días en relación ós eventos astronómicos (por exemplo, o máximo de temperaturas a comezos de agosto, tendo sido o solsticio de verán o 21 de xuño)
 -2ª parte-
 -3ª parte-

20130109

Sanidade móbil ? ou estamos en obras?

Polo que parece, móbil e mobilizada. A ampliación prometida e logo devaluada quedou nun par de barracóns preto do burelés hospital da costa, e a resonancia magnética parece disposta a cristalizarse na caixa dun camión.

Onte houbo unha xuntanza en Burela, pero coido que os medios xa adiantaron algo: recortes. Polo momento, algúns deses mesmos medios estiveron gravando algunha cousiña onte, que non emitirán ata o venres ó mediodía. Con imaxes, quedará só youtube; a próxima semana a ver se dixo algunha ligazón no blog.

Na foto anterior máis ben parece que os riscos laborais estánse a fabricar dentro que a solucionar...
Non, o letreiro non corresponde á realidade: non avanza, manténse no sitio dende hai meses.

20130108

Xa non. Outra vez si.

Onte, o Juanín, a lancha que foi de Calvo Sotelo e que decora a glorieta do xardín, tiña iluminación, pero xa non foi encendido. As rúas conservaban algún detalle de luz, pero apagado. Os villancicos xa non soaron antonte. Estamos xa no que non debera ser normalidade, igual que os días pasados, pero noutra anormalidade. Se en días pasados pretendíase que fóra unha anormalidade consumista con alegría inflada, agora estamos na anormalidade da crise depresiva, económica e social, que en moitos casos conleva tamén á persoal.

20130107

Beneficios por empregado

Onte un xornal de distribución estatal facía un comentario de varios 'casos de éxito', empresas que están ganando cartos coa crise. En xeral, empresas grandes, e non do sector financieiro. Poñía datos de varios anos, de facturación, beneficios e número de empregados, finalizando no 2011. Botei en falta unha columna máis, o beneficio por empregado, e calculeina. A táboa queda abaixo, cos beneficios netos por empregado redondeados a miles de euros.
Unha nota: supoño que en ningún caso están incluídos os traballadores 'a destajo' en calquera lugar do mundo en condicións que tampouco están incluídas, e que haberá algún desaxuste por consorcios en terceiros países de baixos impostos... aínda así, pode facerse unha idea dos case 5Mpts que saca limpas Miquel y Costas por cada traballador, por exemplo, ou o relativamente preto que pode estar Prosegur das perdas (enténdase, o beneficio neto é unha volta pagados ós diretivos, por exemplo)

20130106

E os reis (magos) trouxeron a maxia á terra. Un exemplo ...

E, como mostra, unhas fotos das catedrais, onte:


Como xa era necesario mollarse, houbo que voltar...
E, mirando ó ceo, tamén o 'cohete' contribúe!

20130105

Escrito de Pancho Campos: HISTORIA DA RÍA DE RIBADEO. O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS

Perguntáronme fai uns días o que era este tributo, e dado que para a nosa historia local e nacional e algo digno de saber por todos, vouno expoñer tal cual eu o sei.
O Tributo das 100 Doncelas era unha contribución casi de vasallaxe que entre finales do século VIII e mediados do IX os pobos de Galaecia tiñan que pagar o emir de Córdoba, Abderraman I (756-788)
Mauregato, rei de Galaecia entre 783 e 789, ou o que “parece” o mesmo, rei de Galiza, Asturias e León, tomou o trono de Silo (774-783) no ano 783 coa axuda de Abderramán I, e como pago polo favor que lle fixo, quedou obrigado o pago deste tributo de vasallaxe, que consistía en entregarlle o emir 100 doncelas vírxenes e fillas de fidalgos de ditos reinos.
En 788, os condes Don Arias e Don Oveco, rebeláronse contra Mauregato e mátano como venganza de haber asumido e concedido este tributo o emir de Córdoba. Bermudo I “o Diácono”, rei entre 789 a 791, sucesor de Mauregato, vence en Astorga a Hisham, e sustitue o tributo das doncelas por un pago en diñeiro.
A Bermudo I sucédeo Alfonso II “o Casto” (791-842) quen se resiste tamén a pagar o tributo en cartos, e vese obrigado a entrar en batalla cos moros, vencendoos en Lugo na batalla de Lodos, matando o capitán musulmán Mugait, e así consigue temporalmente librarse do tributo.
Pero, posiblemente polos favores de apoio que uns e outros señores feudales, pedían os emires de Cordoba, para manter as prevendas do feudo, o caso foi que o tributo das 100 Doncelas non se erradicou, e a Alfonso II sucédeo Ramiro I (rei de Galaecia entre 842-850)
Os pobos limítrofes da Ría de Ribadeo, tiñan que entregar al menos cinco das doncelas esixidas, e todas elas, iban sendo entregadas as comitivas moras, polos pobos cristiáns do Norte, e eran reunidas nun punto próximo a Las Traviesas, lugar próximo a Betanzos, para ser trasladadas máis tarde a Córdoba.
Nunha das voltas de recaudación, a guardia mora que escoltaba as doncelas, a altura de Riberas do Sil, atopouse coa comitiva de Don Alvaro Fernández Miranda, que viña de Santiago (aparecera o sepulcro en 808), e ante o cal as doncelas fincáronse de xeonllos e suplicáronlle que as librase dos carceleiros. Don Álvaro Fernández de Miranda entrou en batalla, e derrotou os moros, librando as doncelas e devolvéndollas os seus páis.
Despois, en reunión conxunta con Ponce de León, solicitaron o rei Ramiro I que non volvese a pagar este tributo. Ramiro I acepta, e non volve a pagar o tributo das doncelas en todo o seu reinado.
A Ramiro I sucédeo Ordoño I (850-866) que se ve obrigado a sair de León con tropas cara os territorios moros, pois estes querían que se seguise pagando o Tributo das Doncelas, e as tropas de Al-Andalus tamén saen a percura dos cristiáns.
Téñase en conta que as doncelas fidalgas eran “mercadoría moi valiosa” pois iban de concubinas para os serrallos do emir de Cordoba, e nunca máis se volvía saber delas.
Os exércitos de Galaecia e Al-Andalus atópanse na vila de Clavijo (Logroño), e entran en batalla.
Según a lenda histórica, Ordoño I, tras un primeiro día de loita desafortunada contra as tropas de Muza “o Renegado”, entrégase a oración e aparéceselle o apóstolo Santiago e ordénalle que reanude o combate o día seguinte, decíndolle: “Dí os teus soldados que confesen e comulguen, e maña ataca os moros invocando o nome de Deus e o meu. Eu marcharei a cabeza das tropas montado nun cabalo branco, cunha bandeira tamén branca na man, e os inimigos serán derrotados”.
Así, milagreiramente, o apóstolo Santiago, apareceu en batalla sobre un cabalo branco, e os cristians venceron. Desde entón data o grito de invocación: “Santiago e cerra España” con o que os españois entran en batalla. Tamén podemos recordar, que hoxe en día celébrase a Festa das Doncelas en León, xunto co día da Nosa Señora do mes de agosto.
 A Don Alvaro Fernández Miranda e á Ponce de León lles foron concedidas como armas de nobleza as cinco doncelas, as cales, en forma de roeles grande e pequeno, están representadas no cuartel dereito superior que pode verse perfectamente, no escudo heráldico da Casa de Miranda na súa casa de Ribadeo na rúa Amando Perez fronte da fonte dos Catro Caños. Este escudo, e proba evidente, de que dito Tributo das Doncelas existiu, pois ainda hai xente excéptica que dí que o tributo é máis lenda que historia, quizáis debido a estar algo embarullada a historia co “milagreiro suceso” de Santiago Matamoros.
Pancho Campos Dorado

20130103

A memoria escrita de Ribadeo, en internet


-->
Pouco a pouco, internet vai recibindo anacos de Ribadeo dixitalizados, xunto coa memoria puntual de sitios concretos, públicos ou privados, blogs ou entradas nas redes sociais. En marcha está dende hai varios anos un proxecto para ir recollendo a memoria escrita de Ribadeo e poñela en libre acceso na rede, contando na actualidade con 25 libros recollidos, amén de revistas e outros documentos varios, superando o total a centea. Vaian como exemplos o número de 'Bandera Católica' no que aparece a ilustración da 'Casa de los señores de Moreno', primeira referenza gráfica á torre do Cantón, ou unha sección relixiosa con nove documentos, incluíndo libros de Semana Santa, que non están na sección de libros xerais. É posible ademáis, que o arquivo completo esteña dispoñible nunha web netamente ribadense antes de que remate o ano recén comezado.
Co cambio do ano, foron incorporadas dúas novas obras ó repositorio 'Publicado en Ribadeo' (http://publicadoenribadeo.wikispaces.com), as que corresponden ós pregóns e carteis do Día da Gaita entre as celebracións do 1991 e do 2011, e ó Congreso de bandas de música populares de Galiza, celebrado no 1994.
En canto á primeira, repartida de xeito interno pola asociación Amigos da Gaita, as súas máis de duascentas páxinas recollen particularidades da historia de Ribadeo xunto con sentementos de moita xente, e reflicten unha imaxe de Ribadeo en festa, pero tamén sinxelamente vívido, formando un documento histórico no que se aprezan diferentes sensibilidades e visóns, e un conxunto abondo completo arredor dunha actividade clave en Ribadeo. Os textos, de vinte autores ribadenses de nacemento ou adopción, tamén nos levan a outros tempos non tan lonxanos, vividos por moitos en primeira persoa e revividos ó traverso das páxinas do libro. Está dispoñible en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Día+da+Gaita e é unha letura aconsellable para xente de calquera idade que sinta Ribadeo.
A segunda publicación, abondo máis curta, da fe da actividade do Congreso de bandas mantido en Ribadeo hai case 20 anos, impulsado por Hernán Naval e respaldado por Amadores da Música, arrimando o ombreiro o Concello, a Federación galega, a Xunta ... No seu momento representou un revulsivo para o mundo das bandas en Galicia e aínda hoxe, case vinte anos despois, os seus artigos poden servir de referenza para a actualidade musical popular. Está dispoñible en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Congreso+de+bandas+de+música+populares+de+Galiza e, de xeito nautral, o seu ámbeto de interese vai alén de Ribadeo, se ben máis reducido a persoas relacionadas dalgún xeito coa música.
Non quero rematar o artigo sen facer patente o agradecemento á xente que colaborou para que estas publicacións foran dixitalizadas e postas a disposición de todos dos máis diversos xeitos, por exemplo, facéndome chegar o libro do Día da Gaita.
--
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

Relendo a nova de hoxe

A nova de hoxe son as estatísticas do paro. Por exemplo, no El Progreso, temos 'o total de desempregados a peche de 2012 situouse en 4.848.723, un 9,64 % máis respecto de 2011', '426.364 persoas', 'a Seguridade Social pechou 2012 con 16.442.681 afiliados medios, o 4,57 % menos que un ano antes (787.240 persoas)', datos que adxuntan que o descenso do paro correspondente a decembro é o mellor da serie histórica.
Imaxe tomada de El Progreso
 Ben ...a destrución de emprego son 787 240 postos de traballo, mentras que o aumento do paro son 426 364 ... Non cadran as contas, verdade? É certo que algún deses postos desaparecidos corresponderá a inmigrantes que voltan ó seu país, pero xa que a variación demográfica non é acusada nun só ano, e que os inmigrantes sempre foron unha minoría  (máximo, 1/8 da poboación traballadora), é normal pensar que ese descuadre de máis de 350 000 persoas corresponde sobre todo á emigración. A eses novos que segundo algúns mandamaises, vánse porque queren coñecer mundo. E si, recollendo algún dato disperso do ano, cadran as contas. Así, resulta que os emigrantes, a parte de selo por ansia de viaxar, amañan (sin dicilo, sen querer os méritos para si) os datos do paro ... que aínda así, aumentou máis en 2012 que nos dous anos anteriores, á espera dos anunciados brotes verdes ou comoqueira que se lles chame agora.
Que o salario medio aumentou abondo menos que o IPC? Pois si, tamén!

20130102

RIP FEVE

Descanse en paz. Coido que a nova, do fin do 2012, pode representar o maior cambio para este 2013 en Ribadeo e cara ó futuro. A empresa ferrocarrís de vía estreita deixou de existir con data 31 de decembro de 2012, disgregados os seus anacos en xeito diverso entre RENFE Operadora e ADIF, tal como se pode ver no BOE Núm. 314 do Luns 31 de decembro de 2012, Sec. III. Páx. 89698 (grazas, Moisés!), onde, entre outras cousas, aparece
Ben, estamos en tempos de cambio. Esperando pola 'restruturación de liñas e horarios', que despois de algunha nova e retroceso da mesma aínda non sei exactamente como quedará (se haberá redución de número de viaxes diarios...), temos que a integración da liña Ferrol/Oviedo-Xixón en dúas empresas dun nivel máis xenérico estatal en principio alonxará un pouco máis os lugares de decisión, e dificultará o contacto cos mesmos. Como polo momento estas cousas aínda se deciden máis a nivel político que a outros, non ten por que significar un empeoramento nin unha melloría. Veremos. O que si, cando vaiamos a pŕoxima volta pola estación do tren, saberemos que algo xa cambiou, aínda que ó mellor non nos decatemos a nivel prático ata dentro dalgún tempo.
Mentras, como xa me sinalou Moisés, Ribadeo segue sen aparecer na web de Renfe como orixe ou destino, o que só é un desfase de actualización nun cambio empresarial, pero pode tomarse como un augurio de nada bó.
[Nota posterior: segundo o comentario, xa aparece, en páxina diferente dentro da web]