20140822

Pensamentos lixeiros para agosto: noites de agosto

Ante o Sol logrou facerse ocos entre as nubes. Iso non impediu comentar a algún visitante co xersei posto que non era que fixera fresco, senón que facía frío. Ben, coido que non era para tanto, e pénsollo dicir. Nin pola noite, aínda que si se aguantaba ben algo máis que unha prenda fina de manga curta mentres a Ribadeo Brass ou a sección de vento metal metal da banda tocaba nun concerto que desfrutei ben.
A fachada da igrexa serviu de telón de fondo para un plácido pero animado concerto, co flanco marcado pola casa parroquial co seu balcón en esquina, para interpretar músicas como a rapaza de Ipanema ou un tango, a máis doutras máis recatadas, pero en calquera caso, das que te levan como o frautista de Hamelin, onde sexa.


O vídeo, recollido de 'Don Felisindo', Hello Dolly onte.
E eu que me perdín os concertos de agosto ata este...

1 comentario:

rubn dixo...

Gracias por a mención Antonio!