20140819

Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!

A8 soa como moi tech. Por que non chamala 'autovía bo día'?
Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata 'a zona que ti xa sabes de autovía' e solucionado: está aberta? Bo día!
Tamén, serve como saúdo á vida. Está aberta? Sen perigo, pasa, desfruta, chega.
Un sorriso. Quizáis esa sexa a finalidade dos millóns invertidos, no aquí e agora: arrincar un sorriso a conta da estupidez. Da nosa, por suposto. Lembro que nos prolegómenos, ó ser difindido o anteproxecto, enviara unha alegación incluíndo só dúas cousas que rea capaz de colixir nos planos e pequeno informe, e que me pareceron máis aló da opinión. Tratábase de que a ladeira elixida daquela pasaba preto das Covas do Rei Cintolo, denotadas só como un punto a pesares da súa extensión, o que me facía pensar en que o estudo previo necesitaba unha mellora acusada. No mesmo estudo tamén se falaba de que os estratos do monte estaban a favor do corte, é dicir, se había un corte dun estrato para o trazado da autovía, entón había un perigo grande de que un estrato esvarara sobre o inferior e se viñera embaixo facendo surfing. Ben, iso parece que se atendeu, a cambio de facer... o que xa sabemos.
Por certo, se pasa estes días así pechada no verán, que porcentaxe de peches terá no inverno?

Ningún comentario: