20150221

Eu coordino, ti coordinas...

Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse.
Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual.
Pois collo, miro no correo da lista de cultura do concello e... voilá! Coincidencia horaria: concerto de Amancio Prada no Hernán Naval hoxe ás 20:30 e queima do antroido hoxe na avda. de Rosalía de Castro despois de concentrarse fronte ó concello ás 21:00.
O cartel xa estaba posto hai días, pero non indicaba o horario para Amancio Prada. Tamén aparece a exposición de homenaxe a Suso Peña (só como día 14, pero é ata o 28), pero a esas horas está cerrada.
Ti elixes.

Ningún comentario: