20150331

Comezou o festival anual de teatro relixioso clásico

Comezou o festival anual internacional de teatro relixioso clásico. Pode verse en toda España.
En lugares, con moita riqueza representativa e impacto económico. Noutros, con sinxeleza e adicación persoal de veciñanza. En todos, con control organizativo ó detalle, a cargo dunha estrutura menos monolítica do que parece, e máis do que sería desexable para moitos.
En calquera caso, ó modo das persoaxes de Luigi Pirandello en procura de autor, os actores confúndense co público, o esceario difumínase e a representación cobra rasgos de vida real, confundindo a un público que vive na irealidade de ser, ó tempo, actor, sen diferenciar os roles.
Mentres, un ano máis, o espectáculo vai adiante. Cada ano, signo dos tempos, máis comercial, máis turístico, adaptándose ó que non era, se algunha vez foi. Cada ano, máis teatro e menos sentimento. Ou era sentido?

20150329

Memorias do vello parque infantil

Teño falado da substitución de elementos do vello parque, relativamente novos.
Estas son só unhas imaxes para a lembranza, en plenas obras, do que se está a facer.



... xa teño falado de outras obras preelectorais...
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/estaran-tempo.html

20150327

Actos de Semana Santa en Ribadeo

Deixo o tríptico informativo da Semana Santa de Ribadeo ó comprobar que, nestes momentos, aínda non está espallado na rede. E outras actividades, por esta volta todas sen comentar máis aló do que pon onde obtiven a nova.

Algunha cousiña máis programada para estes días:
De Ribadeo.org:

Foto torneo
DE LUNS A MÉRCORES HABERÁ DEPORTE NO CANTÓN

Actividades na Semana Santa

26/03/2015
O Concello, a través da OMIX, organiza diversas actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo durante a vindeira Semana Santa.
O luns, 30 de marzo, de 11 a 13:30 horas no Cantón haberá deportes: 3x3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17:30 horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado Xente miuda, moita fartura.
O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que "se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día". 
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889.
Da Banda de Ribadeo:

CONCERTO DE SEMANA SANTA


A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECE UN CONCERTO DE SEMANA SANTA O 1 DE ABRIL NO CINE TEATRO. CONTARÁ COA REINCORPORACIÓN DE DOUS EX COMPOÑENTES DA FORMACIÓN E DEBUTARÁN 4 NOVOS MEMBROS.
Ribadeo, 25 de marzo de 2015. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece un concerto de Semana Santa o día 1 de abril, mércores, ás 20.30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación a banda ribadense contará coa reincorporación de dous ex compoñentes da formación e ademais debutarán catro novos membros, que son alumnos da escola municipal de música.
O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester, anunciou hoxe que “no concerto de Semana Santa vamos tocar obras procesionais e solemnes e tamén outras de igrexa. Pero vai ser un repertorio variado, non vai ser todo obras sacras senón que tamén vai haber outro tipo de pezas, pero si relacionadas coa Semana Santa. Neste concerto temos a sorte de que vamos contar coa participación dalgún músico máis dos habituais, xa que algúns que formaron parte da banda únense outra vez e xente que está recibindo clases na escola tamén se inician na banda e para eles vai ser o seu primeiro concerto”.
David Ballester invita “á xente de Ribadeo e á que vai estar neses días por aquí a que pase polo Cine Teatro o mércores, día 1 de abril, ás oito e media da tarde para gozar o máximo posible dese concerto. Esperamos que todas as obras que vamos interpretar sexan do seu agrado e poder ter o Cine Teatro como no último concerto, Aquí como en Viena, cando estivo cheo ata arriba”.
Tamén de Ribadeo.org:

Foto baloncesto nenos
CASTRO SUBLIÑA O MOVEMENTO ECONÓMICO DO TORNEO

II Copa Deputación de Baloncesto de Base

24/03/2015
Ribadeo e Lugo acollerán esta fin de semana a II Copa Deputación de Baloncesto de Base. O evento presentóuse esta tarde no novo pavillón ribadense. Son 45 equipos de 22 clubes, asociacións ou escolas deportivas da provincia os que participan nesta cita. 25 conxuntos competirán o sábado, 28 de marzo, en Ribadeo nas categorías premini e minibasket, mentras que 20 de infantil e cadete farano o domingo en Lugo.
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta tarde no novo pavillón polideportivo de Ribadeo, xunto ao concelleiro de Deportes da localidade, o tamén nacionalista Vicente Castro, e a representantes e xogadores do club anfitrión, o Hotel Bouza Ría de Ribadeo, a segunda edición da Copa de Baloncesto de Base, que se disputará a próxima fin de semana na vila ribadense e na capital da provincia. O sábado 28 de marzo será a quenda para as categorías de premini e minibasket en Ribadeo, onde se darán cita 25 equipos, mentres que o domingo, día 29, no Pazo Provincial dos Deportes e no seu Anexo reuniranse 20 equipos, que loitarán polo título nas categorías de infantil e cadete.
Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 22 clubs de toda a provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Baloncesto de  Base, que comezou a celebrarse o ano pasado por iniciativa da área de Deporte da institución provincial. "Cremos que é un xeito estupendo de potenciar e fomentar o deporte base", sinalou Antonio Veiga. 
O concelleiro de Deportes, de Ribadeo, Vicente Castro, subliñou que "unha vez máis poñemos as nosas instalacións a disposición da Deputación e de todos os organismos que queiran organizar aquí eventos deportivos, como foi recentemente, en concreto a semana pasada, o campionato galego individual de ximnasia rítmica. A liña que seguimos dende a inauguración do pavillón é poñer as instalacións deportivas para xerar movemento tanto deportivo como económico en torno a estes eventos. Contamos que nesta fin de semana Ribadeo se encha o sábado de  rapaces, pais e nais de cativos de toda a provincia".
600 nenos e nenas de catro categorías
A  marxe do meramente deportivo, Veiga lembrou que "esta Copa se puxo en marcha coa intención de potenciar outros factores entre os máis novos, coma os valores deportivos e especialmente a convivencia entre todos os nenos e nenas e as súas familias", apuntou. Asemade, o vicepresidente provincial destacou que "nesta cita participarán preto de 600 nenos e nenas, repartidos en catro categorías  tanto masculinas coma femininas, sendo para moitos nenos e nenas a primeira experiencia nunha competición".
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
Antonio Veiga salientou que "a práctica totalidade dos clubs de baloncesto da provincia participan nesta Copa, achegando equipos dende todos os puntos da provincia. Deste xeito, estarán representados os seguintes clubs: Burela, Viveiro, Ribadeo, Estudiantes, Maristas, Hierros Ferreiro, Galén, Martínez Otero de Foz, Franciscanos, Divina Pastora, Sarria, Sagrado Corazón e Lourenzá-Mondoñedo", remarcou. Veiga destacou que "a Área de Deporte da Deputación corre cos gastos de manutención e transporte para todos os equipos e todos os participantes. Ademais, cada equipo, é dicir, os 45 inscritos recibirán un regalo de material deportivo e cada xogador terá un detalle de participación, así como os trofeos para os equipos finalistas", avanzou.
Pavillón funcional e adaptado ás necesidades do evento e dinamización hostaleira
O responsable da Área de Benestar e Deporte lembrou que "Ribadeo ten un espazo para acoller este tipo de competicións grazas ao esforzo económico realizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación neste mandato, onde investimos 2’5 millóns de euros para a construción deste novo pavillón totalmente funcional e adaptado", afirmou. Finalmente, Antonio Veiga tamén sinalou a "dinamización económica que supón para a hostalería de Ribadeo, xa que o sábado serán moitos os pais e nais que se achegarán a ver os partidos e, polo tanto, consumirán nos bares e restaurantes da vila", rematou.
E máis:

Open de Semana Santa de Tenis, do 1 ó 5 de abril (inscricións xa cerradas), actuacións en locais...

20150326

Referindo un pleno

Polo momento, só hai referencia do pleno de martes 24 de marzo  pola nota de prensa do concello coa interpretación do alcalde, colgada na web do concello e difundida nos medios ó día seguinte (onte). Nota que hai que ler sempre tendo en conta o dito:
"
CON VARIOS ASUNTOS DE TRÁMITE, SEGUNDO O ALCALDE

Penúltimo pleno

25/03/2015
A ampliación da estrada paralela á vía do tren, a mellora do alumeado na baixada á Casa das Algas ou os requerimentos enviados aos propietarios dos inmobles da antiga estación do tren mineiro, situados na parte de atrás da rúa Lazurtegui, foron algúns dos asuntos abordados no capítulo de rogos e preguntas no penúltimo pleno [naturalmente, deste mandato] que onte celebrou a Corporación Municipal de Ribadeo.
O rexedor contou que "xa encarando a recta final deste mandato celebramos este penúltimo pleno ordinario, no que realmente non había asuntos de grande transcendencia. Era un pleno practicamente de trámite. Os dous puntos máis interesantes que houbo foron, por unha banda, un recoñecemento extraxudicial de crédito relativo a aqueles provedores que cando acaba o ano natural non presentan as facturas senón que o fan no ano seguinte; é algo sobre o que os advertimos que non deben facer así ou se o fan a data da factura debe ser xa do novo ano natural, pero hai algúns, sobre todo compañías eléctricas, etcétera, que non se adaptan a estas necesidades de contabilidade e polo tanto trastórnannos a nosoutros porque logo temos que facer uns recoñecementos extraxudiciais de crédito. En todo caso eran cifras de facturas que non excedían dos 30.000 euros".
Suárez Barcia indicou que "por outra banda, quixemos iniciar o trámite de modificación puntual, moi pequeniña, da ordenanza que regula o mercado semanal dos mércores no sentido de intentar clarificar a problemática que existía desde hai tempo co sistema de aparcamento para os vehículos dos vendedores ambulantes deste mercado semanal. Polo tanto buscamos unha solución para que tivera un encaixe legal, dialogada e pactada cos propios ambulantes e coa Policía Local, e incorporamos unha redacción parecida a dun concello dunha cidade próxima. Este acordo, que foi tamén unánime, vai estar a exposición pública durante un mes".
No capítulo de rogos e preguntas o alcalde explicou que "os diferentes grupos da Corporación intentan propoñen medidas para mellora o noso concello, propostas que desde o goberno na meirande parte dos casos estamos traballando nelas ou lles indicamos que seguiremos traballando para lograr a consecución efectiva, como no que ten que ver coa ampliación da estrada paralela á vía do tren, que estamos traballando para poder logralo, aínda que non se vai poder facer agora nestes dous meses que quedan antes do remate do mandato, pero sí no transcurso do ano 2015 entendemos que ao novo goberno que estea quedaralle isto encarreirado para que poidan facer. Así como acordar con Costas a mellora do alumeado na baixada para a Casa das Algas, na Vilavella".
E engadiu: "ou un asunto ao que dediquei un tempo de explicación, que é o referido á situación de abandono da parte de atrás da rúa Lazurtegui, detrás do colexio das monxas, na antiga estación do tren mineiro, xa que desde hai poucos días, unha vez que o plan xeral de ordenación municipal está definitivamente aprobado, eses inmobles que están nunha situación ruinosa adquiriron unha protección que ata o momento non tiñan, polo que dende hai xa unhas semanas temos iniciados expedientes e temos requirido aos seus propietarios, que son máis de 20 e meirande parte deles non residen en Ribadeo, con procedementos como os que estamos facendo no casco vello para os que teñen propiedades en estado de ruína ou de abandono débenas rehabilitar se non se queren enfrontar a unha política máis coercitiva por parte da administración municipal. Estamos nesa idea."
"

Facendo contas sobre un accidente

A raíz da desgraciada historia do accidente nos Alpes, levamos dende luns a primeira hora con novas sobre o tema, incluíndo minutos de silencio ou visita real.
O mesmo día que iso pasou, en España morreron segundo as estatísticas máis de 1 100 persoas, e tendo en conta o dni dos pasaxeiros, unhas 40 no accidente aéreo. Ou sexa, cousa dun 3-4 % dos mortos españois ese día.
Son datos descarnados, pero datos que amosan que o foco das cámaras aparta moitas veces o problema, desenfocando o entorno vital. Por exemplo, cantos mortos diarios representa a crise? E cantos a perda de calidade de servizos asistenciais?

20150325

Maduro, escoitando, foto... achéganse as municipais

Son cambios imperceptibles, pero haber, hainos. dende que pouco a pouco as campañas electorais deixaron de estar reducidas ás datas previas ós comicios para ir pouco a pouco estendéndose a todo o período interelectoral, cada vez se distinguen menos as fases, pero segue a habelas. E estamos xa nunha das fases finais.
En Ribadeo, o sábado presentouse a candidatura do BNG, e durante os días anteriores foran divulgados outros movementos, como o candidato á alcaldía do PSOE, ou, no PP, desenvolvendo a madexa pouco a pouco, o segundo posto da lista e o terceiro mentres nunha implosión/explosión UPRi pasaba a ser reconvertido como Cidadáns en Ribadeo, e a plataforma veciñal Ribadeo en Común mergullábase na cidadanía para prepararse para ter avais para ser unha agrupación de electores, pero tamén candidatos.
A candidatura cidadá de ReC pídeo todo a cidadanía: ideas, apoio, programa, candidatos... pretendendo ser sinxelamente participación cidadá. A máis de novas sobre a presentación que se vai desenvolvendo en diversos lugares, o seu blog vai enchéndose co manifesto, faro da súa andaina, a súa organización interna, ou coas normas das primarias que xa están en marcha para que quenqueira se sume. Queda moito camiño e pouco tempo.
Cidadáns, despois do trasvase de siglas, está desaparecido, case nun desvaecemento semellante ó que está a sufrir a idea da propia cidadanía nos seus dereitos.
O PSOE parece ter outra estratexia: onte mesmo remata de lanzar unha campaña, 'queremos escoitarte' que da unha visión como de esperar sentado a que veñan as ofertas de compra en horario de oficina. Tamén hai algunha proposta nos medios coa foto correspondente.
O PP, na súa longa andaina de desbarate contra o partido de goberno, vai deixando caer de xeito oficial ou extraoficial máis ataques, disparando contra todo o que se mova. A día de hoxe iso é a novidade, o seguir na mesma liña.
E o BNG, unha volta presentada a candidatura ao completo cunha renovación parcial, coa fortaleza que da unha óptima posición de saída, xa ten na rúa o seu 'Parladoiro', publicación básicamente de ensalzamento preelectoral, que certamente é vistosa e está chea de actividade relacionada con estes anos de mandato. O seu equipo vai ademais pillando espazo nos medios a toda cor guiado polas novas de ribadeo.org: non lin os xornais hoxe, pero aposto a que hai unha foto de alguén do equipo de goberno.
Do título, queda por aclarar o comezo: Maduro. Foi o 'paxariño' que me impulsou a escribir dun xeito deslabazado sobre as próximas municipais. Para entendelo, hai que ler (sen gran aquel, pero cun sorriso) 'El pajarito de Nicolás Maduro me habló ayer'...
Mentres, pregúntome que pasaría no pleno de onte. Fuches? Enterácheste? Participaches? A ver se ó longo do día...

20150324

Hoxe, pleno no Concello de Ribadeo

Remato de ver por casualidade a convocatoria do pleno ordinario de hoxe no concello. Imos avanzando: a info do documento di que foi modificado o Lun 23 Mar 2015 18:49:56 CET (é dicir, que foi colgado como pronto un pouco antes das sete da tarde de onte, hora de centro Europa, que é a que temos nós como oficial dende as amizades alemás de hai tres cuartos de século). A ver se nos imos animando a asistir ós plenos e participar nas cousas que nos incumben a todos.


Planta de reciclaxe en Ribadeo

Sabías que Ribadeo ten unha planta de reciclaxe? Non o sabía ata a semana pasada. Nas dúas vistas, unha do sigpac e outra de Google, logo tomas xa de hai algún tempo, pódese ver o lugar. Na primeira, do sigpac, collendo a desviación a Acevedo xusto por baixo do letreiro de 'Monte de Santa Cruz', pasamos o primeiro cruce e chegamos ó segundo, que collendo cara ó sur pasa á beira dun terreo que se ve en branco. Aí. Neste mapa, collido con menor definición, pódese ver que de aí, as augas escorren cara ó río de Ramos (Rego da Rata-Río Pequeno)
 A segunda representa a zona central da imaxe anterior, extendéndose ata Santa Cruz na parte superior dereita.
Dende a desviación da estrada hai pouco máis de 1 km ata a planta, seguindo a secuencia que se pode ver nas imaxes embaixo:
 Desviación cara Acevedo ó pé de Madeiras Santa Cruz.
 Desviación do camiño de Acevedo. O camiño cara a planta, recén asfaltado.
Imaxe da planta de reciclaxe, co logo da empresa, Gestión Gratelu. Polo que parece, en pleno funcionamento. Coido que voltará saír no blog.

20150322

Mirando cara Andalucía, despois das eleccións

Recollo datos da web oficial das eleccións andaluzas e, a 800 km de distancia por estrada da Andalucía máis próxima, penso.
O primeiro, de novo, a inxustiza electoral. Se collemos as porcentaxes de votos obtidos por cada partido (de entre os que recolleron partidos, claro!, e facendo as conta un pouco antes de ter o 100% escrutado, cando xa non se esperan variaciónsreseñables) e número de escanos, atopámonos algo como:
Partido.....% voto..esc..(%voto/esc)
PSOE-A.....35,5%...47...(0,76)
PP............26,7%...33...(0,81)
PODEMOS.14,9%...15...(0,99)
C's.............9,3%....9...(1,03)
IULV-CA......6,9%....5...(1,38)
Unha breve ollada nos indica que o escano do PSOE costou unha porcentaxe de voto duns 0,76%, mentres a Podemos ou C's constoulles 1/3 máis, e a IU, 4/5 máis. Dos partidos que quedan fóra, xa non falo.
O segundo, a distribución xeral de votos:

2015 2012
Total votantes 4 001 401 63,92% 60,78%
Abstención 2 258 327 36,08% 39,22%
Votos nulos 40 780 1,02% 0,58%
Votos en branco 54 611 1,38% 0,91%
Aumentou a participación, mais aínda así, unha terceira parte moi longa non votou, o que convirte unha vez máis a este grupo no partido principal, de longo. Un partido que sinxelamente, e con dito con toda a prevención posible, deixa que o controlen, e que podería pasar a unha ditadura sen inmutarse. Ou a... o que sexa.
E, aínda que sexa menos relevante, non deixa de ser chamativo que aumente n de xeito forte tanto os votos nulos (que case se duplican) como os en branco (que aumentan case a metade máis)
O terceiro, a distribución entre partidos: O PSOE perde case un 10% de votos ou de porcentaxe, o PP 1/3, e IU 2/5, Indo a parar de xeito principal a partidos que non se presentaron ás pasadas andaluzas: Podemos, que colle de IU e do PSOE por partes iguais, e algún máis (por exemplo, do PP), e Cidadáns, que non chega a coller os do PP. De calquera xeito, os dous partidos do statu quo, aínda que baixan, non se despeñan, e os dous recén cehgados, aínda que suben, non se encaraman.
E máis. Non fai falta ser analista electoral para dicir o que remato de dicir, nin tampouco para aventurar que UPyD está pasando á irrelevancia absoluta, o mesmo que o Partido Andalucista, mentres Vox maniféstase como algo non nato polo momento.
Máis? Si, moito máis, pero repito que isto non é Andalucía, que queda lonxe, e aínda que pode ser unha información curiosa, habería que tirar de folla de cálculo con máis detalles e dun fondo político que non teño, a máis de tempo, tanto para a análise como para ler o que se puxera...
Deixo os datos aínda non definitivos por se queredes botar unha ollada sen pasar pola páxina oficial:
Andalucía
Datos de las 23:09 del 22 de marzo de 2015
Escrutado 99,86%

2015 2012
Total votantes 4.014.378 63,94% 60,78%
Abstención 2.264.391 36,06% 39,22%
Votos nulos 40.899 1,02% 0,58%
Votos en blanco 54.752 1,38% 0,91%
Diputados a elegir: 109
2015 2012

Candidaturas Votos Diputados Diputados Votos Candidaturas

PSOE-A 1.407.686 35,43% 47 47 1.527.923 39,56% PSOE-A

PP 1.063.286 26,76% 33 50 1.570.833 40,67% PP

PODEMOS 589.494 14,84% 15





C's 368.711 9,28% 9





IULV-CA 273.717 6,89% 5 12 438.372 11,35% IULV-CA

UPyD 76.581 1,93%

129.407 3,35% UPyD

PA 60.677 1,53%

96.770 2,51% PA

PACMA 31.703 0,80%

8.781 0,23% PACMA

VOX 18.002 0,45%






CILUS 11.178 0,28%






FE de las JONS 4.807 0,12%

2.407 0,06% FE de las JONS

RECORTES CERO 3.557 0,09%






PCPE 3.485 0,09%

4.119 0,11% PCPE

PUM+J 1.964 0,05%

1.704 0,04% PUM+J

EB 1.149 0,03%

5.660 0,15% Eb

PBG 491 0,01%






PTJ 386 0,01%






SyR 350 0,01%

787 0,02% SyR

LYG 317 0,01%






PNdeA 293 0,01%

156 0% P.N.de A.

NEODEMÓCRATAS 290 0,01%






PRAO 254 0,01%

1.071 0,03% PRAO

RISA 186 0,01%

135 0% RISA

CÁMBIALO 163 0,01%











20.383 0,53% EQUO






4.966 0,13% HARTOS.org






2.680 0,07% ECNP






1.634 0,04% F.C.






1.406 0,04% CDL






1.040 0,03% SAIn






1.026 0,03% UCE






896 0,02% PH






832 0,02% PHAN






762 0,02% CAnda






653 0,02% AES






643 0,02% CCD






628 0,02% MSR






515 0,01% MD






408 0,01% PFyV






362 0,01% AMD






345 0,01% PDSA






216 0,01% AUPAL





1460%C.Re.A.

Candidatura completa do BNG para Ribadeo, ordeada e con algún comentario

Onte, sábado, foi presentada a lista de candidatos nas municipais 2015 por Ribadeo polo BNG, grupo que ten a maioría absoluta no actual consistorio:
1.Fernando Suárez Barcia, actual alcalde
2.Mari Luz Álvarez Lastra
3.Vicente Castro Reigosa
4.Ana María Martínez Fernández (ata aquí, todos concelleiros actuais)
5.Xosé Farruco Graña
6.Sonia Meilán Vizoso
7.David Ribas Peña
8.Paz Ermida Igrexas
- De aquí en diante, se saíra elixido o seguinte, o BNG tería maioría absoluta
9.Jorge Díaz Freije
10.Vanesa Yanes Rivas
11.Horacio Cupeiro Rodríguez (5º nas pasadas)
12.María Teresa González Piñeiroa (6ª no 2011)
13.Pablo Vizoso Galdo
14.Paz Ramil Maseda
15.José Rocha Fernández
16.Teresa Díaz Estévez
17.Martín Graña Pérez
Suplentes:
1.Andrea Martíns Fernández
2.Marcos Fernández Fernández
3.Rocío Díaz Mesa
4.Pedro Fernández Villamil
5.María Dolores García Docobo
6.José Luis Baamonde Reigosa
7.Alicia Sarmiento González
8.José Antonio Ramil Acebo
Non está na lista Xavier Campos, actual concelleiro polo BNG.
Lista cremallera, foi presentada como de unidade nacional arredor do BNG.
Lémbrase que a maioría absoluta (que pretenden renovar) estará en 9 concelleiros.
pode compararse esta candidatura coa do 2011.
Candidatura completa do PP para Ribadeo, ordeada e con algún comentario
Eleccións Municipais 2015
Sobre as pasadas eleccións municipais de Ribadeo 2011
E máis sobre eleccións

Un mapa para gozar

Recollo a través de Santiago Jaureguizar e Carlos Callón unha ligazón a un mapa de Noelia Gómez para gozar das nosas verbas. Está moi incompleto en relación co que pode chegar a ser, pero abonda para saborear a lingua. Unha lingua activa que mira ti, é nosa. (se non ves para escoitar, pasa o rato por riba do mapa)

20150321

Mareas de hoxe. Anímate a velas!

Polo aliñamento Sol-Lúa-Terra, o perixeo luar e o equinoccio, hoxe haberá mareas dignas de ver e co vento nordés axudando, en particular as altas prometen ser espectaculares na ría. Para Ribadeo, os tempos e alturas son os que se amosan en gráfico e táboa, collidos do WinXTide recén descargado:
(os horarios son en hora legal española se lle restas dúas horas sobre o que aparece na gráfica ou nas táboas, as alturas sobre o nivel mínimo. A gráfica comeza á 1:30 do sábado 21 de marzo de 2015)
Boa visión!
Ribadeo
Lisbon, Portugal + Corrections: High(+1:25 +0.10) Low(+1:53 -0.50)
Units are meters

Sábado 2015-03-21  
Sunrise  7:30  CEST, Sunset  7:41  CEST
Moonrise  8:04  CEST, Moonset  9:19  CEST
  High Tide:   6:00  CEST   4.3
   Low Tide:  12:11  CEST   0.0
  High Tide:   6:23  CEST   4.2

Domingo 2015-03-22  
Sunrise  7:28  CEST, Sunset  7:42  CEST
Moonrise  8:42  CEST, Moonset 10:32  CEST
   Low Tide:  12:29  CEST   0.1
  High Tide:   6:43  CEST   4.3
   Low Tide:  12:53  CEST   0.1
  High Tide:   7:06  CEST   4.1

Luns 2015-03-23  
Sunrise  7:26  CEST, Sunset  7:43  CEST
Moonrise  9:22  CEST, Moonset 11:41  CEST
   Low Tide:   1:11  CEST   0.2
  High Tide:   7:27  CEST   4.1
   Low Tide:   1:35  CEST   0.3
  High Tide:   7:49  CEST   4.0

Martes 2015-03-24  
Sunrise  7:25  CEST, Sunset  7:44  CEST
Moonrise 10:05  CEST, Moonset 12:46  CEST
   Low Tide:   1:55  CEST   0.4
  High Tide:   8:12  CEST   3.9
   Low Tide:   2:17  CEST   0.5
  High Tide:   8:34  CEST   3.8

Unha nota final: No mesmo programa avisan de que non se use a predición para cuestións de vida ou morte.
E outra: Tede coidado co mar!

20150320

Pasou a eclipse

En Ribadeo pasou a eclipse 'sen pena nin gloria'.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto e coa mesma nubosidade.
A próxima eclipse de Sol en Ribadeo? En agosto de 2017, veremos unha minieclipse onde o Sol quedará reducido só un 12%.
As de Lúa, máis frecuentes, terémolas tamén máis preto: o 4 de abril haberá unha, pero non será visible dende as nosas casas. A que si será é a da madrugada do 28 de setembro, en seis meses. Total, como moitas das eclipses de Lúa. Unha animación dende https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/78/Animation_September_28_2015_lunar_eclipse_appearance.gif
Anterior: Preparación para esta eclipse de Sol
A eclipse de Sol de 2005
--
Posterior: http://www.gciencia.com/apod-galego/unha-eclipse-dobre-de-sol/ :

20150319

Queres participar en política?

Cando se fala de participar en política, coas ideas maioritarias actuais, ou ben estase a referir a votar ou ben a vivir da política. Mais participar en política é algo consubstancial á xente, a nós: trátase de xestionar a nosa relación dentro da sociedade en conxunto.
En Ribadeo estase construíndo unha participación de novo, sen reducirse a votar nin facer da política unha especie de posto de traballo. É certo que non todos (nin moito menos) os cargos políticos en activo son 'políticos de carreira', pero si coinciden en xeral as ideas que manexan coa filosofía da 'política de carreira'. E diso se trata, de cambiar as ideas para que a participación nas decisións sexa a todos os niveis, para que as persoas exerzamos como donas de nós, xestionando o entramado de relacións que nos conectan ó resto da comunidade.
Ó que ía. Antonte, en asemblea, Ribadeo en Común, que pretende constituírse en agrupación de electores para as próximas municipais, aprobou o regulamento de primarias abertas. Aquí a entrada no blog de Ribadeo en Común:
"RIBADEO EN COMUN. PRIMARIAS ABERTAS.
Ribadeo en Común (ReC) aprobou o pasado mércores 18 de marzo o seu regulamento para a realización de eleccións de primarias abertas. Deste proceso sairá a lista definitiva das candidaturas coas que a plataforma veciñal concorrerá ás eleccións municipais de Ribadeo do vindeiro 24 de maio. Dito regulamento está a dispor de tódolos veciños en Clip Graf (r/ San Francisco 8, Ribadeo) e tamén a través do Twitter, Facebook e ribadeoencomun.blogspot.com, pódese obter tamén máis información en ribadeoencomun@gmail.com e chamando ó teléfono. 620 93 75 23.
Con este novo fito, ReC quere volver facer partícipe á veciñanza do seu acceso ó goberno municipal. As eleccións primarias son un espacio aberto onde todo o mundo escoita, debate e decide. Hai que lembrar que Ribadeo en Común constituirase en Agrupación de Electores gracias á firma de 500 persoas inscritas no censo electoral de Ribadeo; pensan que sería un sen sentido presentar unha lista feita ás costas da veciñanza e tamén daqueles que darán a súa sinatura para que haxa unha candidatura aberta á participación no concello.
Neste proceso poderán votar tódalas persoas que así o desexen maiores de 18 anos, censadas en Ribadeo e que teñan asinado o manifesto fundacional de Rec.
No tocante ás candidaturas, serán elixibles segundo a lexislación electoral vixente, pero han de comprometerse por escrito a cumpri-lo compromiso ético e segui-lo mandato da asemblea no desenvolvemento futuro das súas funcións. O xeito de presentarse é individual xa que non están permitidas as candidaturas conxuntas.
O proceso da comezo 19 de marzo e rematará coa publicación dos resultados o 14 de abril.
"
E, para complementar, a ligazón ó regulamento en borrador para as primarias de ReC, que será definitivo tras revisión.

20150318

De catedral mariña a resto arqueolóxico, sen deixar de reverenciala

Hai poucos días saltou a nova: Mariña Patrimonio, en razón de estudos preliminares, defende a importancia arqueolóxica das Catedrais. Conxunto nesta entrada tres comunicacións que me chegaron de Mariña Patrimonio que considero importante manter xuntas para ver a liña de actuación dunha asociación non turística no enclave turístico por excelencia de Ribadeo e da Mariña.
Antes de pasar a elas, só unha insistencia na contemplación da zona das Catedrais como algo que ten valor por si mesmo, non só o utilitario turístico. A confusión de valores está dando moito que falar ós xornais... e poñendo o foco nun só lugar cando a conservación é couso de todos para toda a Terra. (a entrada de onte de ribadeando trataba doutro lugar a conservar no mesmo Ribadeo)
O primeiro correo é o que da a imaxe máis xeral e foi acollido polos xornais e espellado polo concello na súa nota 'Pasado Mineiro das Catedrais'. coido que é máis clarificador que o que apareceu ata agora, por iso dos resaltes diferentes:
"OITO COLECTIVOS CULTURAIS MÓVENSE PARA SALVAR O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DA PRAIA DAS CATEDRAIS
O vindeiro domingo 22 de marzo comezará a campaña na defensa do forno romano cun roteiro por este e por outros xacementos costeiros relevantes da Mariña.
A Mariña, a 13 de Marzo de 2015.- No inverno de 2014 os temporais afectaron gravemente varios xacementos costeiros da Mariña, entre os que se atopa o xacemento romano da praia de Esteiro, situado na Praia das Catedrais. Neste sitio arqueolóxico pódense ver os restos dun forno destinado á cocción de cerámica, do que se conserva parte da estrutura do que posiblemente fose un complexo romano máis amplo. Tamén se acharon numerosos fragmentos de olas de gran tamaño, denominadas dolium, e utilizadas para a almacenaxe de mercadorías. Deste tipo de cerámica, tamén atopamos restos nunha pequena península na praia das Catedrais.
No último ano, Mariñapatrimonio leva insistindo de forma reiterada e discreta, que a Xunta actúe recollendo os materiais arqueolóxicos, documentando as estruturas que se conservan e, na medida do posible, procurando medidas de protección para este xacemento. Porén, xa hai tempo que temos claro que a administración encargada de protexer este patrimonio non vai moverse nin implicarse para salvar o forno de Esteiro e que teremos que ser a sociedade civil responsable a que procure a súa recuperación.
Con este obxectivo, Mariñapatrimonio presentou un proxecto de intervención arqueolóxica perante a Dirección Xeral de Patrimonio, no que se pretende facer un estudo do xacemento e recuperar os seus restos arqueolóxicos ademais de intentar protexelo. Polo momento, non recibimos a pertinente autorización da Xunta. Será o goberno galego quen decida se actúa a D.X de Patrimonio, se nos permite actuar a nós, en representación da sociedade civil, ou se deixará que actúe o mar facendo desaparecer o xacemento.
Mentres se agarda pola autorización da Xunta, diferentes asociacións imos iniciar unha campaña para darmos a coñecer a zona das Catedrais como sitio arqueolóxico. Nesta tarefa están involucradas oito entidades asociativas de tipo cultural, ambiental e veciñal e que son Mariñapatrimonio, a asociación ecoloxista ADEGA, Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira ou a Irmandade de Santo Estevo.
A campaña comezará o domingo, 22 de marzo, cun roteiro polos xacementos arqueolóxicos da contorna das Catedrais, que divulgará valores da zona até agora descoñecidos.
O SEGREDO AÍNDA NON REVELADO DAS CATEDRAIS
Este roteiro permitiranos desvelar un dos segredos mellor conservados das Catedrais. Practicamente ninguén sabe que nas Catedrais, a 500 m do xacemento romano de Esteiro, hai unha canle picada na rocha semellante ás empregadas polos romanos na condución de auga para as explotacións mineiras de ouro. Tamén é de recente descubrimento que as covas desta praia tan visitada e singular seguen vetas auríferas, segundo nos teñen confirmado varios xeólogos.
Esta hipótese non resulta sorprendente, se pensamos que toda a zona oriental da Mariña é rica en ouro e que abundan as explotacións auríferas da época romana. Non só atopamos minas terra adentro, senón que tamén se atopan rexistros dos labores mineiros na costa, con galerías que foron abertas dende os cantís e dende as praias, como é o caso das galerías do castro do Carreiro en Foz ou as de Salave en Tapia.
Por tanto, cumpriría estudar se existe algunha conexión entre as vetas auríferas, a canle picada na rocha e o forno romano das Catedrais para saber se desta praia os romanos tamén extraeron ouro.
ROTEIRO POLOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA MARIÑA (22 MARZO)
O percorrido do roteiro será de 8 km e de dificultade baixa e durará toda a xornada, desde as 10.30 horas. Ao longo de toda a costa, visitaremos os seguintes xacementos ou puntos de interese:
MAÑÁ
· Punta do Castro en San Miguel de Reinante.
· Praia de Arealonga, na que veremos unha turbeira na que se conservan restos dun bosque de hai oito mil anos.
· Percorrido polo areal ata a praia das Catedrais, aproveitando que teremos marea baixa.
· As Covas das Catedrais, onde veremos as vetas auríferas.
· Percorrido pola parte alta dos cantís das Catedrais para observar a canle picada na rocha.
· Visita ao forno de cerámica romana de Esteiro.
TARDE:
O percorrido da tarde farase en bus e coches particulares e visitarase:
· Castro da Devesa.
· Castro de Meirengos.
· Cetárea de Rinlo e a Lagoa “Daniel Vispo”.
· Castro de Piñeira.
· Castro das Grobas.
Para reservar praza no roteiro:
-Desde A Mariña: 619553236 (Miguel).
-Desde Lugo: 982240299, 679113718 (ADEGA)."
A a terceira nota/correo que me chegou aumenta unha actividade á xa prevista, unha charla informativa en Ribadeo, na mesma Casa das Letras que hoxe acollerá a charla sobre a eclipse de mañá : "Con motivo do roteiro, este xoves 19 de marzo temos organizada unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30h co título “As catedrais tamén xacemento arqueolóxico”. Alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña." e ven acompañada do cartaz anunciador:
A segunda non aporta gran cousa (salvo prezos do roteiro), e debe contemplarse como anexo á primeira nota. Póñoa só por se a alguén lle interesa apuntarse ó roteiro:
" RESERVA DE PRAZA E PREZOS
SAÍDA DESDE SAN MIGUEL DE REINANTE
Se te queres unir á ruta desde San Miguel de Reinante, debes facer a túa reserva de praza chamando por teléfono ao 619553236, ou enviando un mail a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.
Hora de saída: 10:30 horas, no aparcadoiro de autobuses da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante.
Prezos: Podes reservar o xantar no restaurante ou levar comida para o camiño.
Sen xantar: 2€ socios/ 5€ non socios.
Con xantar: 15 € socios/ 20€ non socios.
SAÍDA DESDE LUGO:
Se queres acudir ao roteiro desde Lugo, debes reservar praza chamando por teléfono ( 982240299, 679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.
Hora de saída: 09:00 horas, fronte a Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro).
Prezos: Pódese reservar o xantar nun restaurante da zona ou levar comida para o camiño.
· Sen xantar: 5€ menores de 17 anos/ 10€ socios/15€ non socios/12€ parados, xubilados e estudantes.
· Con xantar: Haberá que sumar aos prezos anteriores 13€ máis.
MENÚ
As persoas participantes poderán levar comida para xantar polo camiño ou reservar praza no restaurante a Yenca de San Miguel de Reinante. Nese caso, deberá avisar cumpridamente de que quere comer de restaurante ao formalizar a reserva de praza.
Menú:
Ensaladilla
Cordeiro
Tarta de queixo.
Inclúe viño da casa, casera, pan, auga e café.
O menú pódese variar previo aviso.
As persoas interesadas en participar deberán levar para o camiño calzado e roupa axeitados. "

20150317

Restos en Ribadeo

Hoxe están de moda os restos romanos na praia das catedrais. Diso falaremos, pero por hoxe, serán outros restos máis próximos á vila os destinatarios.
Coñeces a praia dos Bloques? Si? Se es de Ribadeo, é posible mesmo que de pequeno xogaras e 'exploraras' as súas covas, antes do recheo. Agora tamén as covas estanse a rechear. Non de area, senón de herba. Ano tras ano, o montón vai acumulándose diante de cada unha delas. Na da primeira foto, xusto na curva que fai o cantil, a máis grande, a costa de residuos non a da tapado, pero cada ano sube máis. O resto, máis pequenas, sofren unha sorte semellante. Mesmo sen necesidade de cova, os residuos de ramas cortadas ou caídas da vexetación do cantil queda xunta pero abandonada nos lugares menos discretos, como se ve na última foto, detrás do novo edificio de de duchas e vestiarios.



Os bloques non teñen tanta relevancia mediática como as catedrais. O que non quita para que se manteñan, e mesmo se aproveiten. Coido que os veciños apreciarían que así se fixera. E, as covas nun lugar que está mesmo na poboación, e os estratos do acantilado nas diversas formas que teñen, poderían ser un atractivo máis de Ribadeo-vila, mesmo para traer/manter fixados os tan cobizados turistas. Claro que iso require un coidado e un plan, aínda que debera resultar abondo máis barato dos presupostados 40 000 € do plan particular do concello para As Catedrais. Así pois, botarase de novo en poucos meses outra capa máis sobre as que xa hai ou polo contrario, poñerase en valor a zona?