20150629

A Residencia de maiores progresa de xeito adecuado

... ata o momento, como se pode ver nas fotos seguintes:
20150624, dende a Avenida de América (antiga estrada)

2050625, dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
20150629, dende o IES
Pronto as fotos de exterior non dirán nada novo. Estarán polo interior. E, un pouco máis aló, nin as fotos de interior servirán para ver se funciona ou non: habería que fotografar os sentimentos das persoas...

De como nos venden a moto

Resulta curiosa a evolución do tema de As Catedrais. Curioso non polas catedrais en si, que ó final resulta ser un tema lateral para a súa desgraza, senón polo tratamento dos políticos. Despois dun momento inicial onde o bando do alcalde arrasaba aínda poñéndose de manifesto as mala formas, e a Xunta parecía que replegaba as súas forzas mostrándose disposta a falar, falar e falar, comezou o contraataque polos xornais e unha serie de xuntanzas que diría de pacotilla. A cousa variou en importancia a partires do inesperado cambio na Deputación, que illou políticamente o bando da alcaldía, tentando contrarrestar cunha xuntanza de alcaldes da zona, dando a situación non moito menos rocambolesca que a protagonizada poucos días despois polas forzas xunteiras ó explicar o plan á xente do PP. O último capítulo folletinesco, unha enquisa a pé de praia da Consellería do Medio Ambiente o mércores 24 de xuño preguntando 'considera oportuno que se limite o acceso?' A resposta, segundo eles, 57% de si, 36,9% de non, non pronunciándose o resto. Ademais incluíase a pregunta de se tiñan información sobre a limitación de acceso o 1 de xullo, respostando o 64% que si. O resultado emprégao a Consellería como mostra de que a xente está informada e apoia a súa vía.
Portada da Web da Xunta para ober o pase cara ás Catedrais.
Claro que por algún lugar aparece que dende ese mesmo día había guías do servizo de Conservación da Natureza informando alí mesmo sobre o sistema de regulación de visitas, así como de outras posibilidades de visitas próximas (é dicir, facendo a función de orientadores turísticos; non aparece na nova que promoven, aínda que pode ser unha pista o documento que a Xunta sacou á luz sobre A Mariña a semana pasada, contestado en zonas por varias faltas observadas), horarios de pleamar y baixamar, 'e os valores do medio que permitiron declarar As Catedrais Monumento Natural'. Ou sexa, pódese dicir que estaban informado e logo preguntando se se sabían a lección...
As mesmas notas de prensaúsanse para seguir a promover a páxina https://ascatedrais.xunta.es/  de cara a pasado mañá, mércores 1 de xullo, cando entra en vigor o tema dos pases...
E continuará.

20150627

Un galeón na ría de Ribadeo

Aclaración: no fondo...
Coido que pode considerarse esta entrada como continuación destas outras: "Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla"e "Investigación en Ribadeo: Galeón"
Si, se se ve o vídeo, pode apuntarse a que ten algunha característica que fai un documento como poucos para certificar a construción naval da época.
De calquera xeito, chegan as verbas da directora do proxecto de ForSeaDiscovery, Ana Crespo, para aplacar un pouco os ánimos que se poideran deducir das verbas de Miguel San Claudio Santa Cruz, de Archeonauta, apoiadas por Ainhoa López, da asociación ribadense en pos do 'El Galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo': é importante, e seguirán adiante porque teñen cartos e aínda van na procura de máis. Pero non deixa de ser unha investigación máis. E en Ribadeo, dende o tema do Castro das Grobas e o non volver cheirar os restos 'fabulosos' que xa se atoparan (mirar, por exemplo, aquí)...
A referencia da Campaña no relativo a Ribadeo na web de ForSeaDiscovery (por certo, ilustrada con unha foto dunha corbeta francesa que non corresponde a Ribadeo, porque a campaña só recala en Ribadeo para un dos tres pecios ós que vai adicada):
"-Pecio de Ribadeo, este pecio, de un buque español del siglo XVI y de una categoría excepcional, ha sido muestreado anteriormente, pero en un rasgo que lo hace todavía más interesante desde el punto de vista científico, no ofreció ninguna coincidencia en las muestras de madera analizadas. En la presente campaña pretendemos obtener nuevas muestras, ampliar en su planimetría y avanzar en el conocimiento de la construcción naval que manifiesta este pecio.
-Localización y posicionamiento de un nuevo pecio descrito en la ría de Ribadeo por miembros de un equipo local de buceo. Su localización se procurará mediante el recurso al equipo de Sonar de barrido Lateral.
"
Unha cousa máis. A diferenza entre as dúas fotos seguintes...

Púxenas por remarcar que unha volta máis, o alcalde sairá no xornal. O certo é que as súas verbas (ver vídeo) coido que estiveron axustadas.

20150626

Testamento de Juan Moreno, dos irmáns Moreno, promotores da ribadense Torre dos Moreno

Testamento de Juan Moreno, dos irmáns Moreno, promotores da ribadense Torre dos Moreno (contén transcrición ó final): http://issuu.com/agremon/docs/testamento_de_juan_moreno
O final do testamento, coa sinatura

Tríptico de Semana Santa Ribadeo 2014

En dúas caras, separadas:
cara 1, http://issuu.com/agremon/docs/tr__ptico_semana_santa_ribadeo_2014
cara 2, http://issuu.com/agremon/docs/tr____ptico_semana_santa_ribadeo_20

Propaganda de UPRi no 2011

Seguindo co xa publicado en publicado en Ribadeo... http://issuu.com/agremon/docs/upri_2011

Autobuses ás Catedrais

Levo varios días esperando as reaccións. A resposta sorprendeume por ser nula. Hai unha semana, o xornal anunciaba que a empresa Arriva poñía unha liña de autobuses ás Catedrais. En principio, esa liña chocaría coa lanzadeira que viña facendo nos veráns pasados Eocar 'en colaboración' co concello. As novas que teño din que non haberá tal choque, senón que Eocar retírase do tema (non sei se o reducirá a outras praias). O por que da retirada, non o sei. Cuestión de licenzas, de rendibilidade...
O caso é que este servizo aproveitará da potencia na zona de Arriva (lembremos, herdeira da empresa de autobuseses Ribadeo, ERSA, por medio da adquisición da empresa que a adquiriu, IASA) para implicar tres servizos dende Ribadeo e dende Barreiros, e un dende Foz, dende dúas horas antes da marea baixa. Parece que o motor foi a rendibilidade económica dun servizo así nos meses de verán, e non hai un contacto institucional para levalo a cabo.
Mirado doutro xeito, resulta que neste caso, si se pon a altura o servizo prestado dende Barreiros e o prestado dende Ribadeo. Como é algo privado (a máis de lóxico, entendo, ao menos mentres non se manifesten diferenzas de rendemento) non houbo posicionamento en contra a pesares da igualdade de tratamento neste tema ós dous concellos.

As distancias, 10,6 km Catedrais- E.S. Ribadeo, 7,8 km Catedrais- S. Cosme de Barreiros parada, 15 km Catedrais- Foz centro, e o aliñamento Foz - S.Cosme - Catedrais facilitan o tema. A bo seguro a quen pensou a liña non se lle escapou tampouco que se ben Ribadeo é un centro turístico, Foz ten un turismo de praia moi asentado. E, ós responsables de turismo de Foz, tampouco se lles debera escapar que este servizo implica un reforzo que poden aproveitar para aproveitarse tamén das Catedrais.
Máis aló do nivel institucional, as Catedrais móvense. E seguen a atraer xente, e estanse a poñer os medios para atraer máis... e isto debe parar nalgures para conservar para o futuro. Limitación externa, autolimitación... Vale, a estudar, pero non como desculpa para facer o que non haxa limitación por iso de que se está a estudar.
Por certo, un tema colateral: falei hai tempo da posibilidade dun servizo lanzadeira nesta cidade linear que é a Mariña. Esta tempada escoitei algo que indica que se está a promover. Non sería bon que puideramos contar cun servizo de autobús e/ou tren cada hora entre Viveiro e Ribadeo? Os desprazamentos que se están a facer coido que o farían rendible, e todos ganaríamos.

20150625

Tríptico das xornadas medioambientais 2010

Tríptico das xornadas medioambientais 2010

Visións dende o Tesón

Tamén colgadas antano en publicado en Ribadeo a partires da súa publicación no libro das festas 2003, volve a estalo en issuu: Visións dende o Tesón.

Publicadas de novo as actas das XII xornadas ambientais

Xa estaban subidas en publicado en Ribadeo, e volven a estalo: http://issuu.com/agremon/docs/xii_xornadas_ambientais
Agora, con un punto máis de actualidade, pois o seu aquel eran precisamente as catedrais.

O tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo

Remato de cargar de novo aquí a publicación sobre o tren mineiro de Javier Ramalleira Fernández que tiña cargada no vello 'publicado en Ribadeo'.

Descrición das nosas costas

Hai uns días cheguei a un artigo de Pablo Mosquera que me gustou, considerei oportuno publicalo aquí e pedínllo para a súa publicación. Eis:
Descripción de las costas
Imaxe de José Cornide collida da Galipedia.

En el año de 1790, Joseph Cornide, miembro de la Real Academia de la Historia y vecino de A Coruña, realiza la disertación crítica "Las Casitérides o Islas del estaño" dónde trata de probar que tales islas corresponden al reino de Galicia; disertación tan abundante como sobre la isla de San Borondón, felizmente situada en el archipiélago de Las Canarias.
Ese estaño que refieren tanto Aristóteles como Plinio y que tanto Tartesios como Cartagineses buscaban en sus singladuras, así, Hannon o Himilcon, navegan tras el metal y sus viajes serán objeto de la obra del Padre Mariana. Estamos ante la justificación de toda una documentación descriptiva de las costas que culmina en el Siglo de Oro, en tiempos del Rey Planeta, con la obra del gran cartógrafo Pedro Texeira.
Este insigne portugués- Lisboa 1595, Madrid 1662- pasó la década comprendida entre 1622 y 1634 componiendo un Atlas para el Rey de las Españas -Felipe IV- Habrá un antes y un después de la obra que apoyándose en cartografía anterior se hace realista, rigurosa e instrumental para la defensa de la costa, entre la profusión de datos y la sensibilidad artística, todo ello a mayor gloria del monarca más poderoso de Europa, o que simboliza el autor colocando España como centro del orbe, incluso describiendo aquellos treinta y dos vientos de nuestras costas.
La descripción que hace del Reino de Galicia, con sus catorce rías, dedica mapas detallados a la costa norte, la que comienza en Ribadeo con su castillo defendido por seis piezas de artillería, sigue hacia el poniente para referirse al rio Yspineira, las aldeas de San Cosme de Barrero y Santiago de Foz; más adelante el río Fozdouro, un lugar entre aldea, cabo y puertizuelo, denominado Burela.
Se para en la descripción de la villa de San Sebrián, al pie de una isla o península que sólo se junta con la tierra por una angosta garganta de arena en la que está fundada dicha villa. Son sus habitantes pescadores y su puerto no tiene más calado que el que admiten tales embarcaciones de pesquerías. Describe sus rompientes, temibles, con las tormentas. Luego se adentra en tierra con una larga playa de arena y el rio Lieiro. Desde aquí sigue la costa hacia el cabo de Molares. Junto a él está la isla de Lancarón; más adelante la mar forma el Portezuelo, con una peña próxima que llaman Roncadouro, para entrar en la ría de Viueiro con su puerto de Silleiro. Esta villa está cercada por una muralla con forma cuadrada con muy altas torres y cuatro puertas. A la entrada de la ría está la playa de Ganeira, más adelante la de Suegos; siguiendo la costa se llega a Vicedo, en plena ría de Varias, dónde se encuentra la isla de la Conegera, para llegar a un saliente de costa que recibe el nombre de La Estaca de Varies.
Lo que antecede se completa con otra magnífica e indispensable obra de consulta: La Cartografía de Galicia entre los siglos XVI y XIX de la colección Puertas-Mosquera, en que se recogen los impresos más antiguos conocidos, como el mapa Isolario de Benedetto Bordone disponible en 1528, las Cartas Naúticas de Waghenaer de 1584 y desde luego los mapas de Matellus en 1595 y Ojea en 1603.
Concluyo señalando que el amor a la madre tierra- Galicia- se demuestra indagando y viajando en una costa infinita desde levante al poniente del Fisterra. Y, es una buena noticia que la Diputación Provincial de Lugo siga contando con ese Mindoniense de Celeiro de Mariñanos -Antón Veiga- preocupado y ocupado con nuestra cultura y su divulgación a propios y extraños.

Deputación, Ribadeo

A estas alturas xa é de dominio público: a Deputación provincial de Lugo está constituído cun presidente (presidenta) do PP. Resulta ser mariñá, de Mondoñedo, o que non debera ter importancia, pero xa leva xerado na rede intervencións como 'a ninguén de Mondoñedo lle sentará mal que a presidenta sexa de Mondoñedo', nun localismo que se pretende por riba dos partidos cando entendo é a expresión dun caciquismo localista.
Tamén se coñece o proceso que deu lugar a unha presidencia inesperada: o BNG esixiu que un imputado do PSOE non fora presidente. Este cabreouse e facilitoulle a presidencia a Elena Candia. Máis aló das relacións internas entre partidos, a posición do BNG considero que foi correcta, aínda que o desenlace fora inesperado a todas luces, como transmiten algunhas fotografías. E, se o resultado permite que sexa o partido con máis votos, polo tanto, con maioría relativa, quen goberne, coido que non se debera esquecer que foi debido á presenza dun imputado (apoiado polo PSOE ata alí aínda sendo imputado) que se desfixo da disciplina de voto (o que non ten por que ser malo, pero claro, depende da casuística igual que dependen dela as instrucións xerais dos partidos). Tampouco se debera esquecer que a Deputación non é un órgano elixido directamente, co que dificulta ou sinxelamente impide que partidos locais, ou minoritarios, ou agrupacións de electores, participen nese organismo.
Noutra orde de cousas, despois de ser patente que as Deputacións teñen hoxe unha utilidade que raia no nulo ou mesmo no negativo, ó ser unha administración prescindible, hai que lembrar que a última reforma da administración local aumenta o seu poder a costa dos concellos,, en particular dos máis pequenos, adiando unha reforma profunda da administración local. O que nos leva a en que inflúe este xiro en Ribadeo?
Seguro que nestes momentos, e dado non só o carácter localista do poder partidario (favorecemento das estruturas locais 'da mesma corda') senón a súa orientación sectaria (outra versión da mesma 'idea' que xa ten sido estudada en Galicia  e resultou patente que levan practicado tódolos partidos que tiveron acceso ó poder na 'democracia' galega), o alcalde xa terá botado contas. Por exemplo, a residencia de maiores aínda non se rematou, e, se non me falla a memoria, a Deputación tería que rematar a súa aportación. Tomará o camiño da Xunta, non participando a pesar do dito ou seguirá conforme tiña previsto? Entendo que eu tería claro o que facer, pero cousas máis raras se viron. E no conflito das Catedrais, apoiará a quen? Neste caso, non ten competencias, pero ten influencia...
un mapa de Ribadeo dos moitos que se poden atopar na rede (http://mapas.owje.com/12332_ribadeo.html)
De novo hai que considerar non só as cousas 'en positivo', no sentido de que pasará por ter unha determinada constitución este organismo, senón tamén 'en negativo', que non pasará por non ter o vicepresidente primeiro mariñán e do BNG Antonio Veiga apoiando proxectos en Ribadeo, ou a tamén mariñá e do PSOE Lara Méndez, tendo en conta tamén que non só a xente de dereitas favorece 'ós seus'.

20150623

As Catedrais cabalgan de novo

Dende a última volta do tema Catedrais, despois da toma de posesión, fixen un artigo (Ave, Caesar / Benvido, líder) e decidín deixar o tema próximo, seguíndoo, pero de lado en relación ó blog
Onte á mañá entérome de que unha 'delegación' xunteira, que tiña programadas varias xuntanzas esta mesma mañá, chegou a Ribadeo e tivo só unha, que durou máis de media mañá, no concello. Máis aló dos acordos ós que chegaran (coido que nulos), e sen que supoña darlle a razón ó concello, ratifícome no que xa dixen: a guerra é política, con forzas económicas detrás (que ven achegarse o mes de xullo, o comezo da aplicación normativa coa continuación da guerra que lles rematará afectando) ás que se pretende mimar, non construír conxuntamente, e mantendo esquecido ó pobo. O pobo, a maioría da xente, detrás das forzas económicas e políticas, que nun atisbo de incredulidade podería crerse polas novas que ía ser informado, consultado e mesmo tido en conta nas decisións, despois de anunciar primeiro unha xuntanza o alcalde (realizada, pero co que leva consigo a imaxe dunha mesa dende un escenario) e logo a Xunta (que 'se poñería en contacto coas asociacións', que a esta hora non parecen ser culturais ou de veciños, nin tampouco 'contactos' decisorios).
Non creo que o tema de conflito sexa o número de pases, que sobrarían excepto en catro días en todo o verán (por certo, aqueles nos que comercio/hostalería non necesita máis xente para encher e xestionar de xeito adecuado os seus recursos); pode selo o aparcamento, e o poder de xestión do fluxo (a capacidade para facelo, iso xa é fariña doutro costal), e tampouco creo que se fale moito nestes momentos de conservación, que debera ser o primeiro. Pero insisto no 'tampouco creo', porque a democracia actual segue a demostrar as carencias que ten en canto a participación ou transparencia.
En fin, seguirei o tema de cerca, pero de lado: como cidadán de a pé actual o que parece que podo facer e só sacar o ticket ou non.

Ver un mapa máis grande

20150622

As vidreiras da capela do cemiterio, publicadas de novo

Sigo coa recuperación de documentos que xa estaban publicados en 'publicado en Ribadeo'. O libriño sobre as vidreiras da capela do cemiterio xa está en issuu para ver e descargar.
http://issuu.com/agremon/docs/as_vidrieiras_da_capela_do_cemiteri

20150621

Bandera católica e a ribadense Torre dos Moreno

A un ano da celebración do centenario da Torre, unha lectura para un domingo: a portada de 'Bandera Católica' onde sae a primeira referencia á Torre dos Moreno. Estaba cargada en 'Publicado en Ribadeo' antes de verme obrigado a deixar o sitio; agora está no repositorio de Issuu, dun xeito tamén accesible para a descarga: http://issuu.com/agremon/docs/banderacatolica_19160901_1

E tamén a segunda páxina: http://issuu.com/agremon/docs/banderacatolica_19160901_2

20150620

"rige un Estado de Derecho que es …piiiii "

Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a técnica permite a bilateralidade, para adoctrinar cun pensamento único. O fenómeno prodúcese a nivel mundial, ó que se ve polas novas, e tamén a nivel local. Non sempre, claro: ás veces, non é necesario porque o pensamento xa é maioritario de partida, outras veces non importa porque toca un tema secundario ou sobre o que se está a cambiar de posición, etc.
Sobre o tema da incidencia nos medios deste xeito de facer as cousas, fala Félix Soria mellor que o poda facer eu. Sobre a incidencia do pensamento único en casos tan diferentes como o das Torres xemelgas ou o das Catedrais, seguiremos a falar.
Imaxe da NASA dando información sobre a temperatura na península nunha ola de calor (10 de xullo de 2004). En Ribadeo non había tal ola de calor, como se pode ver, aínda que algo quentaba... (http://earthobservatory.nasa.gov/IOTD/view.php?id=4651)


20150619

Este anoitecer, espectáculo

Disfruta, se a temperie deixa, dun espectáculo esta noite (e as próximas, diferente). A partires das 10 e media - 11 menos cuarto, se está despexado cara ó oeste (é dicir, dende Ribadeo, cara a Foz ou a Vilanova), o ceo irase escurecendo e aparecerá primeiro, unha luminaria que se fará cada vez máis brilante ata ser a máis brilante do ceo. Trátase do planeta Venus. Despois aparecerá preto dela outra, tamén brilante, pero menos: Xúpiter. Todo aderezado coa Lúa comezando a medrar por baixo deles. Espectáculo asegurado ó que se irán sumando estrelas, ata que Lúa, Venus e Xúpiter desaparezan baixo o horizonte un a un cousa dunha hora despois.
Se está despexado, unha noite idílica para ver dende calquera lugar. Por exemplo, dende a praia das Catedrais, que a esa hora non terá moita xente e estarase achegando á baixamar. Ou dende a Illa Pancha (ben, como estará o paso pechado, dende o templete mirador do alto en terra firme).
Imaxe do Sigpac da zona ínsua-Castro das Grobas (nótase os foxos)- enseada de Vilaselán- Illa Pancha- Ría de Ribadeo. A instalación embaixo á esquerda, a EDAR de Ribadeo. Máis centrada, Frigoríficos de Ribadeo, S.L.
A zona das catedrais, no Sigpac

Para máis información, http://ciencia.nasa.gov/ciencias-especiales/11jun_skyshow/

20150618

Ave, Caesar / Benvido, líder

Saúdos, César. Imaxino a naturalidade dos romanos saudando ó césar, acatando ó tempo a superioridade e a disposición a loitar pola Roma representada pola figura cesarina. Quizais non se concebía outra forma (aínda que aí está o asasinato de Julio César para amosar a relatividade do dito). En tempos máis actuais, os gobernantes soen invocar aquelo de 'defendo ó país, se estades detrás de min, facedes o que debedes, senón, non sodes patriotas', invocado para declarar guerras ou facer pasar leis.
A cousa veume a conta das Catedrais. Esquecendo a historia anterior coa proposta do alcalde de limitación de visitas, por exemplo, que as catedrais están en Ribadeo é un feito. Que se queran aproveitar, é un desexo compartido. As condicións de aproveitamento, iso xa é fariña de outro costal, ou quizás deba dicir debería selo, dentro da diversidade da xente, de Ribadeo e tamén de fóra. Que se defendan con malos modos, é cando menos, cuestionable.
Despois dunha xuntanza interinstitucional na que naturalmente non estiven pero que foi retratada polos medios de xeito unánime como de perda de papeis polo rexidor ribadense, xa estaba convocada unha xuntanza  que non levaba alcume, pero que non puido ser outra cousa que informativo / aclamativa na que participaron 90 persoas no cine-teatro, co escenario ocupado por autoridades político-comerciais dunha determinada visión, e foi convocado un pleno de urxencia para refrendar o todos a unha que tan bo resultado deu coa residencia de anciáns (despois da negativa inicial do alcalde e verse impelido polo pobo). Non é necesario ser adiviño para imaxinar a situación onte no pleno.
O pleno tivo unha urxencia polas Catedrais que non parece merecer o faro, cando a situación ven xestándose nun período semellante. Pero o alcalde, como líder do pobo, pode marcar os tempos, os temas, e mesmo parece que os modos. E faino. Nese sentido, leva moito adianto sobre unha institución máis grande, e polo tanto, en xeral,, máis lenta, como a Xunta. Unha alcaldía recén renovada con maioría absoluta mellorada, cun alcalde que se medra pola situación fronte a representantes dunha Xunta que ven diminuída polas votacións e en xeral polas circunstancias. Nunha situación así, o alcalde leva as de ganar, e a Xunta terá que mirar de salvar a cara, abrandando a súa postura, facendo o paripé de que tamén consulta á xente, etc.
Así pois, en primeiro plano, os intereses. E cada vez máis lonxe, a conservación, que se mira en función dos intereses comerciais. A convocatoria do pobo non foi tanto consulta sobre un (ou mellor, dous) plan, como xuntanza para informar dunha situación coñecida. Evidentemente para facer unha consulta débese informa de xeito abondo e con tempo, para formar unha opinión e poder falar con propiedade, a nivel semellante, algo que aquí non houbo, como soe ser tradicional en moitos outros casos. Tampouco a Xunta o fará, aínda aposto algo. E así, de novo nos enfrontamos ó uso do pobo polos políticos en troques de ver o servizo dos políticos ó pobo. Aínda que se pretenda facer ver o contrario. Unha formación de opinión aproveitando algúns puntos sentimentais 'dende arriba' en troques de procurar a formación desa opinión a partires de datos. Quizais estea pedindo imposibles. Ó fin, hai moita xente que ve necesario que exista un liderado claro nos partidos, nas comunidades, na nación... polo tanto, quizais debera dicir algo como 'benvido, líder!'.
Só algún pensamento máis, a modo de indicador do que penso: naturalmente, as catedrais, non é Barreiros, co que a presencia institucional do 'líder' barreirense, copartidario da conselleira, debía ser cando menos, medida. Agora ben, no marco de propostas pospostas, está o aumentar o tamaño dos concellos, e non é improbable que nuns anos Barreiros e Ribadeo queden unidos. Será o reparto de pases prohibido en San Miguel de Reinante? E a compensación económica do aparcamento que pretende o alcalde, pago descontable en servizos en Ribadeo, non podería ser espellada tamén en Barreiros? E a protección física (non administrativa) do rochedo, en que vai consistir? Falouse algo con fondo na xuntanza en pleno ou en cine da xente que anda por enriba e pode caer? Minucias non urxentes, a solucionar despois de pechar filas a favor dunha praia das catedrais comercial fonte de riqueza para Ribadeo.

20150617

Convocatoria de pleno para tratar unha moción sobre as Catedrais

Foi publicado Mér 17 Xuñ 2015 10:19:28 CEST (tempo de verán de Europa Central, o oficial en España). Ao menos, esta volta non sei que tivera que ser pedido.

20150612

As Catedrais, onte, hoxe, mañá

Unha nota de prensa do concello, daba unha información con dta de mércores. Con data de xoves, unha nova no xornal, "La Xunta rebaja a 4.812 los pases diarios para ver la playa de As Catedrais" daba información supostamente tamén doutra fonte, a Xunta, sobre a mesma praia das Catedrais e a mesma xuntanza. Coido que entre a nova da Voz (a impresa nas páxinas de Galicia, non de A Mariña) e a nota do concello hai diferenzas. Non tanto do que din, senón en como o din, indicando diferentes visións e enfrontamentos, mesmo zancadillas interadministrativas. E, no fondo, a concepción dunha entidade natural, As Catedrais, que por casualidade cadra dentro dos límites das dúas administracións, mesturada con intereses concretos ou difusos, que van dende os mantidos por entidades en principio de constitución pública a outras de estrutura totalmente privada, aínda que ambos mundos estean relacionados.
Esgrimo o tempo (a súa falta neste momento meu) para non seguir. Tamén que as novas, a ficha das Catedrais e as lembranzas de todo o proceso, están aí e serven para facerse unha idea precisa, máis que cada nova tomada de xeito individual, nun momento preciso, e coas influenzas que a puxeron a a disposición do 'público' (público non como en 'de todos', senón como en 'a xente espectadora').
Máis sobre As catedrais no blog (incluído plans, proxectos, declaracións, xente de máis, fotos, ...

20150609

Pretensións de futuro do PP en Ribadeo

Vexo hoxe no xornal que o PP ribadense está totalmente renovado e que afronta a nova época cun liderazgo forte e totalmente unido, despois de perder case 500 votos: xa non volverá a pasar que grupo municipal e partido teñan nalgúns temas opinións diferentes. Sigo lendo que é unha pretensión do 'líder' actual, Suso López Penabad, e que se renovará a executiva para dar entrada ós novos edís, 'cumprindo co dereito que lles ampara'.
Isto vai ser curto, pois son reflexións sobre algo que me resulta alleo, pero...
Dise que o partido está totalmente renovado. Variaron os afiliados? Porque o partido, fundamentalmente, serán os afiliados, non?
Pode resultar un liderazgo forte dunha perda de 500 votos despois de ocupar a a posición de saída para o concello dende hai tempo? Claro que os liderazgos fortes tamén poden ser exercidos sobre un grupo mínimo. Algo parello pode dicirse sobre o de 'totalmente unido'.
É malo que grupo municipal e partido teñan algunhas opinións diferentes? Non salvaría votos, neste caso, algunhas opinións que mantivo parte do grupo municipal en contra do partido? E, non pode ser boa para Ribadeo esa diferencia? Ou estamos nun dos típicos casos nos que aplicar unha sentenza do tipo 'o que é bo para o partido é bo para Ribadeo?
Os edís teñen dereito de estar na directiva do partido? Dito doutro xeito, é un 'partido vertical'?
En fin, cousas que se me ocorren a partires dunha nota no xornal. Posiblemente, as cousas sucedan doutro xeito.

20150608

Nota de prensa da AVV O Tesón


Nota de prensa
20150608

Unha illa símbolo do pobo

Dende a directiva da AVV O Tesón vemos con preocupación unha nova privatización do común. Parece que xa se ten esquecido non só a existencia dos bens comúns, de todos e para todos, senón tamén algún que outro episodio ilustrativo, como o establecemento que se pode ver na zona das Catedrais. A illa Pancha, un ben común ademais de estar en zona de especial protección de aves (ZEPA) e lugar de interese comunitario (LIC), incluído na Rede Natura 2000, e de xeito evidente, 'ó pé do mar', e polo tanto, tendo que ver a lei de costas, vai ser cedido para a súa explotación particular.
Estamos a falar dun lugar que está vedado na actualidade para paso de ribadenses e turistas e que vai ser arrendado, co que se abrirá ó paso dun xeito que non se abriu mentres foi público e exerceu como tal. Fálase de beneficio económico sen contar que xa o está producindo, aínda nas actuais condicións, como atractivo turístico. Fálase do edificio do faro, pero cremos que non se pode separar da explotación da illa enteira. Fálase de que todo seguiu os cauces legais, e non dubidamos de que, de xeito inexplicable para nós, teña informes positivos ata do concello ou medio ambiente. Fálase de que xa ven de atrás, de hai un ano, e é certo, sabemos quen en agosto do ano pasado atopábase na entrada do concello, no medio de diferentes papeis ('papelexada') un escrito anunciando un prazo de trinta días para o recurso; só que o escrito era de maio, que saibamos non se lle deu outra publicidade e había que procurar a documentación in situ en Ferrol. Nesas circunstancias, xa non sabemos se se fala nin de transparencia nin de participación, cousas que si se usaron na campaña electoral.
A día de hoxe, unha vez instalada a polémica (e non só en Ribadeo), seguimos sen saber como actuou o concello. Na liña doutros informes que se descoñecen, preguntámonos que informe enviou, en que termos, porque queremos saber.
Non escoitamos nada sobre o faro na campaña electoral -pode que se nos pasara por alto-, por iso tamén pedimos de xeito público ós representantes no concello unha definición e unha explicación.
Remata de coñecerse que outro faro, o de San Antoni, en Alicante, foi indultado do decreto que implica ó faro e illa Pancha. Naquel caso, a protesta comezouse moito antes, é certo, e tamén o é que o faro tiña da súa parte ó concello, que rexeitou de xeito unánime o convertilo en hotel. Con ese apoio, non só se ía a realizar unha manifestación para o día seguinte do indulto, senón que está planificado aproveitalo para actividades para todos. Por certo, no caso alicantino íase pagar o triplo que no caso da illa Pancha polo aluguer: alí, 2500 €/mes. Aquí, polo que parece, non se pensou en facer nada máis que dalo en aluguer canto antes. 
Dous faros, unha ría
 ---
Nota: polo que parece, o aluguer é de 15 600 e/ano. 

20150606

A illa Pancha, esta noite

O dito, o faro, esta noite. En venda ou aluguer. Unha imaxe para o futuro ou unha imaxe do presente?


--
Para deixar unha nota: Lei de avaliación ambiental.

Sobre (outro) faro

Cortopego unha nova que me chegou hoxe relacionada co futuro do faro da Illa Pancha:
"PLATAFORMA SOCIAL Y CULTURAL. CONSERVACIÓN FAROS DE ESPAÑA
Lola Padilla
6 jun 2015 — Esta mañana nos confirman que el Faro del Cabo de San Antonio en Xâbia, ha sido rechazado para su privatizacion. El Ministerio de Fomento opta por un Centro de Interpretación. Mi enhorabuena al trabajo desarrollado por sus vecinos y la plataforma que crearon, ha sido emotivo y riguroso a la vez. Desde Xàbia el faro nos emite su luz de esperanza."
 No mesmo lugar da foto atopo que o proxecto chocaba contra cinco normativas vixentes. Claro que nese caso o concello opoñíase, e aquí non é así, aínda que sexa un ben público, de acceso prohibido ata o momento, e que se atopa en zona ZEPA e LIC.

20150605

Paseo polas bocas do regos de Ribadeo

Hai anos, a raíz dunha actividade no IES Porta da Auga, Teresa Díaz montara un tríptico que titulou así. O paseo, na actualidade, case pode facerse coa ruta camiño das catedrais que se inaugurou o pasado ano. De calquera xeito, a máis das diferenzas de trazado que evitan algún lugar, a orientación de cara á 'paisaxe en xeral' ou centrada nas bocas dos regos, coido que é diferente.
Agora está colgado en Issuu. Déixoo nas imaxes embaixo, ampliables, e tamén coa ligazón por cousas da compatibilidade e descargas.


http://issuu.com/agremon/docs/paseo_polas_bocas_dos_regos_de_riba

20150604

Adeus a un establecemento: Mesón Compostela

Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de 'alúgase'. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda pouco máis que o cartel do seu nome recente na fachada: unha lista de prezos. No cruce de r/San Roque e r/Villalba, que brotará?


E, por lembranza de Google street map, en febreiro de 2014 e abril de 2010:
2014

2010

O paso dun santo por Mondoñedo, por José Mª Rodríguez Díaz

Dez menos cuarto da mañá. Na catedral empeza a soar con monótona cadencia o esquilón chamando ós coengos a coro. As súas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas rúas da vella Cidade atravesando logo a praza cara á entrada da catedral. Nos soportais do Cantón Grande aparece camiñando a figura fráxil de don Jaime Cabot. Tras das columnas xorde de súpeto unha muller que se interpon diante del. Don Jaime detense pra saudala. Con voz tremente cruza unhas breves palabras con ela e despídese logo cun leve sorriso deixando algo nas súas mans. Atravesa a praza con paso lixeiro e entra na catedral. Nun intre soan as dez no reloxo da torre. O esquilón enmudece. Sentado, coas súas fracas mans sobre o teclado dispostas xa a pulsar as teclas do órgano. No coro o canto de maitíns vai empezar.
Estampas coma esta, repetidas ó longo de tantos anos de vida na vella Cidade, aínda perduran hoxe na memoria dos veciños de Mondoñedo. Son a estela ben acaída e evocadora deste crego, virtuoso e humilde, amosando acotío a súa fraxil figura e levidade polas rúas e prazas de Mondoñedo. A lembranza dun crego inesquecible que, coa súa palabra de consolo e cos poucos aforros do seu traballo, adicou toda a súa vida a aliviar as necesidades e escasezas de moitos veciños da Cidade da Paula e ata doutros moitos sitios. Pódese dicir que non queda casa en Mondoñedo que non teña unha grata lembranza da súa afectiva, agarimosa e caritativa visita. E sempre sen que a man dereita soubera o que facía a esquerda. Un crego sen parroquia, pro con moitos fregreses que coidar, atender e servir. Unha persoa dadivosa e desprendida ata tal punto que nunca tiña diñeiro de seu aforrado. Nin sequera era quen de xuntar o preciso para ir de vacacións a Mallorca, a súa terra natal. Era grazas a que a súa propia familia lle mandaba o diñeiro para a viaxe, que podía ir en ocasións a pasar uns días con ela. Diñeiro que outras moitas veces ía parar ao peto dos pobres, quedando a familia frustrada e as vacacións en Mallorca pra mellor ocasión.
Da súa actividade caritativa poderíanse citar moitos e memorables exemplos. Como aquela anécdota que tivo lugar nunha peregrinación a Roma no ano 1959, e da que don Jaime foi protagonista. Apenas chegados a Cidade Eterna don Jaime achegouse a un compañeiro para pedirlle diñeiro. Preguntado por este se xa esgotara os seus cartos, respondeulle: “Es que se los presté a un pobre”. Ou o ocorrido noutra ocasión, na que don Jaime foi a Vitoria para asistir a un seminario de música e atopouse sen diñeiro xa o mesmo día que chegou a cidade. Outro préstamo a un pobre, sen dúbida. Refuxiouse, entón, na capela do seminario e dende alí mandou aviso a un compañeiro, que tamén asistía ao citado seminario, para pedirlle que o acompañase a un banco en Vitoria para retirar diñeiro. Chegados ó banco e feita a petición, o director telefonou a certa entidade bancaria de Mondoñedo pedindo informes sobre a petición de aquel crego. A resposta que tivo foi positiva: “Entréguele contra esta entidad todo o dineiro que pida”.
Outras moitas anécdotas sobre do seu desprendemento coa xente necesitada se poderían contar e, sen dúbida, cada veciño de Mondoñedo podería contar a súa. Un dos grandes valores de don Jaime era a súa capacidade de sufrimento fronte a dor, como ilustra esta anécdota acaecida no retorno a España daquela viaxe que fixo a Roma. Ao baixar polas escaleiras do seminario de Montpellier, onde pasara a noite, don Jaime caeu rodando por unhas escaleiras de pedra. Ergueuse e continuou a viaxe sen facer ningún comentario nin proferir o mais pequeno laído ou queixume, aturando os bruscos vaivéns do autobús provocados polo mal estado daquelas estradas do derradeiro século, cheas de buracos, e participando da ledicia xeral sen que na súa cara se albiscase o mais pequeno xesto de dor e sen pronunciar queixa algunha durante toda a viaxe. Pasada xa a fronteira, en Irún, don Jaime separouse do grupo para continuar por outra ruta a súa viaxe a Mallorca. Chegado a Mallorca telefonou a un dos seus compañeiros en Mondoñedo para contarlle que chegara con tres costelas rotas, consecuencia da caída en Montpellier. ¡E ninguén se enterara!
Identificado cos pobres e cos indixentes, cos humildes e cos sinxelos, don Jaime sempre fuxiu e rexeitou distincións e homenaxes. A proposta que se lle fixo co gallo do seu nomeamento como Prelado Doméstico de Su Santidad provocou nel un fondo sufrimento e mesmo desgusto. Amosou a súa negativa a vestir unha sotana engalanada coas insignias distintivas axeitadas ó novo rango que se lle concedía e rexeitou totalmente ofrecer calquera imaxe que o afastase da súa habitual forma de vida, humilde, modesta e sinxela. “Que pensarán los pobres de mi al verme con eses atributos honoríficos”, foi o seu comentario. A súa loita por rexeitar esta distinción, por unha parte, e ser fiel ó mesmo tempo á obediencia debida ó seu bispo e promotor do expediente honorífico, por outra, resolveuse aceptando finalmente os feitos con resignación e obediencia, pro deixando claro que endexamais renunciaría a súa vida e a súa imaxe sinxela e humilde de sempre.
Cando noutra ocasión tivo noticia dunha homenaxe que os Amigos da Cidade de Mondoñedo lle querían facer, a súa resposta foi esta: “Saber que intentan hacerlo ya es suficiente para mi”.
A sona das virtudes de don Jaime non se cinguía só a Mondoñedo. Moita xente viaxaba a Mondoñedo para ter a oportunidade de coñecelo, saudalo, pedirlle consello ou ter a ocasión de poder cruzar algunhas palabras con el, quedando sempre impresionados polo seu carisma. Así lle pasou a un frade franciscano belga, Carlos, que pasando unhas vacacións en Mondoñedo e entrando un día na catedral, e vendo a don Jaime sentado na consola do órgano, sentiuse atraído pola súa mansa e pacífica mirada. Achegouse, entón, o frade á consola e, mentres don Jaime seguía a mover os seus afilados dedos polo teclado do órgano, xurdeu unha espontánea conversa entre os dous. “Don Jaime es un santo”, foi o comentario que lles fixo despois ós seus amigos da Cidade.
Dous grandes soños tivo don Jaime na súa estadía en Mondoñedo. A súa teima por vivir retirado na casa da Orde Terceira da Alcántara, xunto con algún outro compañeiro crego, foi un deles. O outro, o seu desexo de retornar a Mallorca, a súa terra natal. Dúas aspiracións nunca realizadas. O edificio da Alcántara tivo outro destino. E sobre a súa marcha a Mallorca prevaleceu o seu celo polo servizo a diocese e o seu amor polos pobres de Mondoñedo.
O vindeiro día cinco de xullo cúmprense os dez anos do seu pasamento. O longo tempo pasado, que non ven a ser mais que unha falacia enganosa escrita nos almanaques, non borrou os recordos dos que tivemos o privilexio de coñecelo, de gozar do seu trato e compañía, do seu exemplo e da súa palabra. Por iso, son moitos os que hoxe, dez anos despois do seu pasamento, seguen a preguntarse pra cando o comezo do proceso de beatificación deste crego, que viviu a súa vida en olor de santidade. O pobo de Mondoñedo xa o canonizou en vida. E o Pai Eterno xa o ten recibido na súa Casa coas palabras da parábola dos talentos: “Ven, servo bo e fiel, entra no reino do teu Señor”. Pro… do proceso de recoñecemento oficial da súa beatificación nada se sabe. Nin sequera se escribiu unha pequena biografía destinada a manter vivo o recordo da súa persoa, do seu exemplo de vida e do seu paso por Mondoñedo. A ver si algún ensaísta se anima.

Dende preto da Illa Pancha, en Ribadeo

Onte fixen un par de actualizacións, 'Notas posteriores' na entrada de datos sobre o hotel da Illa Pancha. Son sobre a superficie útil e a intervención na illa. Complemento o dato coa ligazón ó  "Proxecto de rehabilitación del Faro de Illa Pancha, en Ribadeo, para uso lúdico", realizado por Nuria Díaz López como traballo de fin de grao na UDC no 2014. O segundo tomo é o máis 'ameno', xa que presenta os planos propostos. Na páxina referida tamén aparecen as condicións de uso dos documentos.
Complemento con algunha foto tomada dende o templete hai un par de días e un plano de OpenStreetMap, dúas ligazóns máis a lugares Facebook, Faro de Illa Pancha e Faro Isla Pancha, ambas en plan turístico, e a anotación dun artigo de El País, "La reconversión hotelera de los faros", publicada na súa sección de economía o día 25 de abril, na que aparece o asentemento do alcalde.



20150603

Consumindo en Ribadeo

Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade.
A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da billa non é a primeira volta que aparece un post no blog, sexa polo tema da contaminación, sexa polo 'subministro dun servizo público' por unha empresa privada. Desta, vai dende outro punto de vista.
Na factura da auga/lixo/depuración aparece un mínimo de 20 m3 cada dous meses. Iso é 20 000 L de auga cada dous meses, ou 330 L de consumo de auga o día por cada casa. É dicir, poderiamos afogarnos unha vez cada día coa auga que consumimos.
Nos meses de pouco consumo, a Santa Cruz chegan cada día uns 3 000 m3, isto é, 3 000 000 L  cada día, agora ás veces só procedentes do Eo, despois da anulación periódica/desviación de recollida do Lexoso relacionada co verquido dos Irmandiños. Iso significa máis ou menos, subir dita cantidade de auga diaria a uns 130 m de altura. E para iso, necesítase unha enerxía de 4 000 000 000 J, 'só' uns 1 000 kWh. É dicir, dependemos desa enerxía para o subministro de auga de Ribadeo.
En números redondos, se consideramos os 10 000 habitantes de Ribadeo, sairían 0,1 kWh de consumo eléctrico para subministrar a auga a cada un. Ou sexa, o ter acesa unha lámpada das de filamento de 100 W durante unha hora é algo equivalente á enerxía que temos que gastar para que a auga chegue ás nosas casas.
A parte, o tema da depuración, entre outros moitos... Non é necesario pensar en mercar algo como un coche, unha cervexa ou un vestido para consumir. O custe? diso podemos falar outro día.

20150601

Revoltillo en España. A craridade grega.

Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos... Mesmo a manobra distractora da pitada, primeiro, ameazando a dous equipos e deceas de miles de participantes, logo aumentando a intensidade sonora dos altofalantes co himno.
E, mentres, no estranxeiro... Non se sabe se Grecia chegou ou non a acordo coa chamada Troika despois de estar os medios pesadamente incurrindo en comparacións Syriza-movementos emerxentes (non de dereitas) en España, e unha espantosa Grecia-futuro de España. Non, non se sabe polos medios. Tampouco se sabe polos medios que Grecia non ratificará o TTIP. E que, como factora da non ratificación, estanos salvando da imposición dun tratado internacional que beneficia ás multinacionais fronte á xente, unha xente que quedariamos cautivos dos intereses mal chamados económicos do gran capital. Ben quizais non chegue a consumarse ese non, antes da votación Grecia pode ser dobregada, que a situación grega non é para botar foguetes (seguro que quen está a combater do lado do TTIP é o que pensa).
En fin, en Ribadeo chove. España esperta, literalmente, a unha nova semana e espreguízase dun horizonte electoral que pode dar cun estado diferente en moitos aspectos do que aínda hai hoxe. Hai que mirar as cousas de xeito diferente, por iso aproveito un mapa de Grecia diferente: o que da a radiación distribuída recollida por as diferentes zonas de Grecia. Por así dicilo, a claridade grega.
Mapa da irradiación solar en Grecia, Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0 Sen adaptar (CC BY-SA 3.0) , SolarGIS © 2011 GeoModel Solar s.r.o.