20151030

SOSTENELLA Y NO ENMENDALLA, artigo de José Mª Rodríguez Díaz

Porto e pego de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/10/00437-sostenella-y-no-enmendalla.html:, no marco da polémica arredor de 500 000 € prometidos e non desembolsados pola Xunta de Galicia:
A reclamación dirixida pola Comisión pro Residencia de Ribadeo, presidida polo Alcalde, ó Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, en demanda dos 500.000 euros comprometidos por esa Consellería pra esta residencia, faise esperar. Os días pasan e o tempo aprema, pro o Conselleiro garda silencio. Responde por el, en cambio, un político do PP, o Sr. Balseiro. É un intento, puramente partidista, de xustificar ante o pobo a negativa da Xunta a cumplir coas súas obrigas e compromisos.
Acaba de aparecer unha nota de prensa do Secretario Provincial do PP, Sr. Balseiro, tentando xustificar a postura negativa da Xunta, coas mesmas desculpas de sempre: a falta do achego da documentación que se pide no Convenio que a Xunta presentou ó Concello. Pro ata os nenos de primaria saben, e é extraño que non o saiba o Sr. Balseiro, que os Convenios, como a mesma palabra o di e a Real Academia Española define, son un «acordo ou pacto» e, por tanto, cousa de dúas partes. E o Concello de Ribadeo non foi chamado a participar na elaboración deste Convenio, nin a consensuar as súas cláusulas. É por aí por onde a Consellería debería empezar, se realmente tivese a intención de colaborar co Concello de Ribadeo e cos seus veciños.
estado das obras no intrerior da residencia o inverno pasado
Considera esta Comisión pro Residencia, ben asesorada polos técnicos xurídicos municipais que algo diso saberán, que pra xustificar a entrega deste diñeiro non é de recibo pedir unha documentación xustificativa relativa a unha futura xestión da residencia. E non o é porque ese diñeiro foi ofertado para as obras e non para a futura xestión da residencia, que é cousa distinta e, polas razóns que a propia Consellería coñece, está aínda sen definir por causa das competencias nesta materia. Poderían, en todo caso, eso sí, pedir a xustificación da inversión dese diñeiro nas devanditas obras.
Non ten ningún interese o Concello de Ribadeo en actuar con «manobras dilatorias», como afirma o Sr. Balseiro, no seu afán de xustificar as posturas da Xunta. Ó contrario, nada máis lonxe do interese do Concello, que tan só pretende evitar que a achega desta cantidade caia sobre os ombreiros dos veciños, como tenta de facer a Xunta. Non creo que os veciños estean dispostos a darlle ó PP as grazas pola súa negativa, como xa demostraron nas derradeiras eleccións locais.
Resulta vergoñoso comprobar como o esforzo da Xunta na aplicación de súa política social de facer residencias por toda a mariña lucense, desde Viveiro ata Foz, esta última por un compromiso puramente electoral do Sr. Feijóo segundo confirmou a anterior Conselleira, parou no Masma. Non seguiron ata Ribadeo, que sería o lóxico pola importancia deste Concello. Pro, claro, este Concello está en mans da oposición: o BNG. Ista é a verdadeira razón que os levou a facer todo o posible por obstaculizar a construcción desta residencia en Ribadeo. Esta actitude con Ribadeo, non teñen nada que ver coa súa política partidista? Non son un abandono das súas funcións? Resulta que non lle son necesarios eses documentos a Deputación, que pon preto de dous millóns de euros, e sonlle imprescindibles a Xunta? Pode explicarllo o PP ó pobo de Ribadeo, que será o que teña que poñer os 500.000 euros? Vaille perdoar o pobo esta afronta o PP?

Acumulando 30 euros cada segundo ó longo dunha vida: facendo números con Ortega

Din que a fortuna de Amancio Ortega anda polos 67 000 000 000 €, euro arriba, euro abaixo. Esta entrada non tenta nin sacarlle a Ortega o que é seu pola lei actual, nin profundizar no que fixo ou deixou de facer para lograr acumular euros a razón duns 1 000 000 000 cada ano, uns 3 000 000 diarios, 100 000 á hora ou 30 euros cada segundo (día ou noite, dende o nacemento a hoxe)...

As cousas pódense mirar doutro xeito. Contando os empregados de Inditex de xeito redondo, podería distribuír máis de medio millón de euros a cada un. Non me preguntedes canto tardaría en ganar cada empregado esa cifra coas contas actuais (ganar, non acumular en ganancias despois de gastos!), porque é evidente que a algúns lles levaría abondo menos tempo que a outros, chegando ata casos en que non lles abondará toda a vida laboral para logralo.

Outro xeito máis de miralo: Amancio podería 'doar' uns 1 500 € a cada español, muller ou home, recén nado ou centenario. Se nos centramos en Galicia, a cousa sube ata os 30 000 €, números redondos, insisto, é dicir, 'euro arriba, euro abaixo'. Facendo as contas coa Mariña resultaría preto de 1 000 000 de euros por persoa a recibir, e se nos centramos en Ribadeo, a cousa chegaría ós 6 700 000 euros per cápita: vida solucionada, que diría algún.

Máis xeitos de velo: se poñemos a fortuna de Ortega en billetes de 5 euro (12 cm x 6,2 cm), cubriríamos 100 km2, un chisco menos da superficie enteira do concello de Ribadeo.
Poderían dárselle máis voltas... ou enfocalo doutro xeito: son admisibles diferenzas como as que manifestan os cálculos anteriores fronte a xente que tarda todo un mes en conseguir para poder vivir o mesmo que Amancio Ortega leva acumulado cada un dos segundos da súa vida? Non debéramos tentar cambiar algo?

20151029

O Gran irmán, cada vez máis cerca

Coido que na tele están a poñer a edición XXL de Gran irmán. O morbo é así.
O que se está a propoñer estes días en Viveiro (e cando vexas as barbas do teu veciño cortar...) comparte nome e orientación de vixiancia, pero é outra cousa: pásase da vixiancia limitada no tempo e voluntaria a cambio de prestacións en televisión á vixiancia continuada con cámaras na rúa a todo o que use o espazo público, ó estilo do 'gran irmán' ideado por George Orwel.
Din  que nunha enquisa primaveral, máis das 3/4 partes das persoas coincidirion en que sería unha vila máis segura con cámaras de seguridade. Será que o pensan, aínda que non sei como era a proposta da enquisa, nin o deseño da poboación enquisada.
De pronto, en xuntanza mantida onte, advírtese que non será así, que non será un 'gran irmán'. Na xuntanza participaron unha empresa de seguridade que comezará a encargarse do tema, os empresarios (a función para a que é ideada é para a protección dos comercios), responsables políticos e xefes policiais. Entendo que a poboación de Viveiro está constituída por veciños, pero por ese concepto non había representación, e a referencia ó gran irmán era para os veciños.
Na xuntanza tamén se dixo, parece ser, que Viveiro era un pobo seguro, pero aínda así, que as cámaras disuadirán ós ladróns. A instalación está prevista en 7 lugares, o que implica como mínimo, outras tantas cámaras, para as que se espera subvención, claro.
Cámara de seguridade. autor:Rama. lic. CeCILL
Hoxe, con medios, é doado facer unha vixiancia intensiva. Cámaras fixas, pero tamén drones (polo momento non é o normal por estas terras). E, que evitan? Se a xente ve invadida a súa intimidade e non fai a vida normal, é un perxuízo de entrada tan grande como a intrusión de cando en vez para roubar. Se non varía a súa vida normal, os ladróns cambiarán as súas pautas e o que servirá será para controlar a vida da xente. Poderá evitarse sempre algunha cousa, e dará oportunidade a outras. En Ribadeo, hai poucos meses, nmun edificio no que os veciños están vixiados nas súas entradas e saídas, pois conta con catro cámaras cenitais na rúa instaladas por unha entidade bancaria, houbo un par de roubos no mesmo día, e logrouse identificar ós veciños que entraban e saían, pero non ó ladrón. Referente ó servizo desas mesmas cámaras poderiamos seguir a falar sobre o que permiten facer, pero entendo que a cousa está clara: as cámaras póñense co pretexto da seguridade, e o seu uso implica unha seguridade cando menos, sesgada, e un control para quen estaba mellor sen el. Os cacos toman medidas, a xente normal, non. E é a que se ve ou pode ver afectada.
---
adxunto o publicado por Iván Arias Balsa (inv. en dereito constitucional da USC) na Voz de Galicia/A Mariña o 20151031:
Sobre a videovixilancia urbana en Viveiro
O 28 de outubro, La Voz de Galicia anunciounos que, en Viveiro, se ía dar unha reunión a «catro bandas» para decidir sobre a proposta dos comerciantes locais para implantar un sistema de videovixilancia urbana, co cal se enflautan os corpos de seguridade pública e o mesmo Concello.
As taxas de criminalidade no Concello de Viveiro, no ano 2011, dacordo a estatística da Subdelegación do Goberno en Lugo, son as máis baixas do conxunto de España. Viveiro é un lugar apacible. É certo que se deron casos delictivos graves; pero fóra de zonas onde podería operar a videovixilancia, como portais, pisos, e sobre todo, o rural do municipio. A resolución de casos criminais no noso municipio ronda o 100%, de tal forma que a totalidade dos delincuentes locais son sometidos á acción da xustiza. Non empeoraron as cousas dende entón.
40.000, ou 60.000 Euros, son un custo considerable para unha medida que non aportará melloras tanxibles á seguridade cidadá, excepto meter medo. Máis cando as medidas de vixilancia por cámaras son doadamente vulnerables se non existe unha resposta inmediata (imaxinemos: enmascararse ou cambiar a roupa canto antes despois de cometer o feito delictivo). É dicir: as cámaras non evitan o delicto se non existe un control, en tempo real, por unha patrulla que saia ó encontro do delincuente no momento que se produce o suceso.
A instalación de cámaras de gravación en lugares públicos mermará os dereitos fundamentais da cidadanía, nunha vila onde todos nos coñecemos, e onde calquera medida de seguridade resulta evidente para calquera tipo de delincuente ou pirata. ¿Cal é o sentido de establecer unha vixilancia pública tan insalvable para ?e vulneradora? os dereitos dos veciños? ¿O «Gran Hermano» orwelliano chega a Viveiro? ¿Asumimos a perda de liberdade para favorecer unha improbable mellora da seguridade?
Faría ben o Concello (que non o fará) en solicitar do Goberno central a autorización para a realización dun referendo municipal, para que os veciños ?«quinta banda» e interesados neste asunto?, co seu voto, se pronunciasen sobre a medida da instalación deste tipo de sistema de control. Porque o que está en xogo non é a seguridade pública ?que parece que xa existe, a xulgar polas estatísticas? senón que os dereitos e liberdades públicas de tódolos habitantes e visitantes de  Viveiro.

20151028

Sobre o faro, abrindo camiño (continuación)

Despois de escribir esta mañá 'sobre o faro, abrindo camiño', atópome cunha sorpresa no correo de hoxe: a carta circular do alcalde anunciada na súa nota de prensa, e quero compartila, a máis de dicir que é básicamente, copia do exposto na web do concello en pdf, e que segue sen responder a cousas que se lle preguntaban en xuño ou xullo por actuacións correspondentes ó ano pasado, cando emitiu un informe...

Podes ver fotos do faro en https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.1887043958187964&type=1 , pero mentras, un apunte:


Sobre o faro, abrindo camiño

Convócase nas redes sociais unha asemblea para tratar ese tema, o do faro. Ás 20:30, no altillo do Cantón, este domingo 1 de novembro.

Resulta curioso que meses despois de ser demandadas preguntas polos cauces normais, sexa no momento no que vai medrando a protesta e o xornal volve facerse eco dela cando se entregue unha resposta en man a algún dos que protestan. Outros, parece que teñamos que esperar aínda: non debe ser a nosa quenda, a cousa non vai por número, polo que non pderei comentar 'o último' senón 'o penúltimo'.
Unha entrega en man para poder dicir que xa foi enviada a contestación nunha nota de prensa que di pouco que non se soubera amplamente.
Di o alcalde na nota que que os actos do concello son regrados. Leva pedíndoselle dende xullo polo menos o contido do informe emitido polo concello, emisión regrada, pero non regrado o contido, e, a tenor da nota, aínda segue sen saberse.
E é que o concello ten poder de decisión, que axita cando quere falar e oculta cando non quere facelo. Cada vez é máis certo que sen mobilización, a lei non é nada. A cousa ten xa historia (só no blog, máis dunha ducia de entradas), e cada vez máis, parece que continuará aínda que a tramitación vaia xa adiantada.
---
Nota: esta entrada foi variada con posterioridade a ser colgada, para variar a imaxe (cando poño isto non obtiven aínda contestación sobre o permiso para manter a imaxe que tiña), e para engadir o seguinte:
Entrada posterior: Sobre o faro, abrindo camiño (continuación)
Nota2: chegou o permiso, mais xa non varío a imaxe, que usarei noutros lugares.Sobre os actos regrados do concello, non deben incluír  a contestación ós administrados: levo xa acumulados un montón de papeis sobre diversos temas sen contestar.

20151027

O PP de Ribadeo non fai política, artigo de José Mª Rodríguez Díaz

   As actuacións do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anciáns están movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese político. Con esta absurda afirmación, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, refírese o PP a reclamación dos 500.000 euros promovida pola Comisión pro Residencia, presidida polo alcalde de Ribadeo, en favor da construción da nova residencia de anciáns. Acusación que o PP utiliza tamén noutras moitas actuacións similares. Parece ser que é esta a única forma de facer oposición que coñece o PP: acusar constantmente o alcalde de facer política con calquera cousa que se consigue para Ribadeo.
   A primeira conclusión á que se chega ó ler esta frase do PP é que os seus representantes confunden os conceptos “interese político” e “interese partidista”. Lagoa ben lamentable en persoas que, ó presentarse ás eleccións, ofrécense a ostentar a representación do pobo e a exercer a política de servizo ós cidadáns.
   O adxectivo “político”, na súa acepción etimolóxica derivada do grego, - “polítes”, home da polis, cidadán - significa a arte de gobernar ós pobos, e refírese, por tanto, a todo o concernente ós cidadáns. “Política” é, así pois, a arte de gobernar ós pobos. E segundo esta acepción, tódalas actuacións, tanto as dos xestores como as dos cidadáns, son xa que logo actuacións políticas. Así logo, e segundo esta definición, non cabe máis que felicitarnos de que as actuacións do alcalde de Ribadeo estean movidas por un profundo interese político. Como non debería ser doutra forma nun personaxe público, sobre todo nun alcalde adicado ós seus cidadáns.
   O adxectivo “partidista”, pola contra, fai referencia a tódalas actuacións que se atribúen e que pertencen ou se relacionan con un partido. Xusto o mesmo que están a facer aqueles que, como o PP de Ribadeo, atribúen ó seu partido todo o que supoña un beneficio para o concello de Ribadeo.
   Neste caos mental no que viven, sen dúbida confunde o PP de Ribadeo o concepto de “político” co de “partidista”. Porque este último é, certamente, o comportamento que o PP vén demostrando nas súas actuacións de oposición: interese partidista. E dicir, aproveitar todo o bo que se fai en Ribadeo, para un posible beneficio partidista do PP. Nesa dirección van tódalas súas posturas e actuacións relacionadas cos problemas do noso concello. Non outra cousa fan, por exemplo, ó atribuír ó seu partido a decisión de ENCE de elixir o porto de Ribadeo, no canto do de Avilés, pra a evacuación das súas mercadorías. Ignoran que esta decisión da empresa ENCE non foi máis que unha pura estrategia da devandita empresa para conseguir de Portos de Galicia unha gran rebaixa de taxas. E non outra cousa pretende o PP, tampouco, ó negarse a asinar o documento proposto pola Comisión pro Residencia pra reclamar os 500.000 euros que a Consellería de Política Social da Xunta ten pendentes de achegar para a residencia de anciáns. E ese é o seu comportamento con todo o que se move en Ribadeo: acusar ó alcalde de manobra partidista, e atribuír todo o que se consegue ó seu partido, o PP.
   E están tan obcecados na súa postura de tentar desgastar ós seus rivais políticos que non se dan conta de que, en todo caso, os méritos que se poidan acadar da consecución dunha residencia pra Ribadeo non son exclusivos do alcalde, senón de toda a Comisión que levou este tema en conxunto, aínda que fose imprescindible o apoio do alcalde, que foi total, como principal responsable da xestión municipal.

'A Mariña, con máis presenza e poder na Deputación'

Certo que os medios teñen que procurar titulares impactantes para venderse (aínda que non teño moi claro por que tería que ser así 'noutro mundo'). Certo que o que se escribe soe corresponder en boa parte co que se pensa (en prensa está demostrado que non na totalidade, e mesmo en ocasións, os intereses pasan por enriba do que sexa), pois son as propias ideas as que rematan en palabras.
Neste caso, o titular, en castelán, claro, está copiado do 'medio escrito de maior difusión de Galicia' e indica entre outras cousas, unha idea clara: congratulémonos, que o noso cacique está ao mando.
Para festexar cacique 
A cousa é: debemos facelo? ou poñernos a lamentar (e traballar, que se non, non vale) para tentar cambiar 'as cousas'? 'As cousas' non é o apoio a un ou outro cacique, senón a mentalidade caciquil, o sistema que a permite e cultiva, a sociedade que se apoia en tal sistema.
Como outras veces, non importa que sexa 'a dereita' ou 'a esquerda', e pode dárselle moitas voltas e profundizar. Pero o básico é iso: seguimos 'así'. E van... cantos séculos?

20151026

O incordio da democracia. Mentres, en Ribadeo...

Podes procurar en internet o artigo completo 'Para que la democracia?' de Eldiario.es. E é que a democracia pode resultar un incordio. 'Un artigo máis' que nos lembra cousas xa sabidas. Cousas que, non por sabidas, debemos deixar de ter presentes para tentar actuar en consecuencia. Fai un repaso polas diversas administracións, e, en canto á local, di:
"En las administraciones municipales, por último, la ley establece unos procedimientos que facilitan la presencia ciudadana en la gestión corriente, pero dichos procedimientos son bastante desconocidos para la gran mayoría y, en todo caso, no se suelen utilizar o, como mínimo, se pueden manejar de manera oscura. A pesar de ello, cabe decir que en este nivel sigue habiendo pasadizos que permiten un ejercicio democrático consistente, y la práctica reciente de los nuevos ayuntamientos parece confirmarlo."
E, como sempre, mirando a Ribadeo para testar o que se di. E si, hai descoñecemento e manexo obscuro, como nun túnel con atrancos. Pero hai esperanza: os 'novos concellos' dos que fala o artigo están establecendo no seu territorio boa parte das veces uns modos que terán que ser copiados por outros concellos para seguir no xogo da política. E, niso, en Ribadeo levamos ventaxe , pois, non está ó mando o BNG-Asembleas Abertas? Debera ser doado facer a transición desa apertura nominada a unha apertura participativa no concello...

20151023

Política de partido ou política de pobo?

Vaia por diante que penso que poñerlle un cualificativo á política é, sempre, rebaixar a propia idea sobre a súa función e a súa práctica. Mais ás veces pode resultar desa cualificación o resalte dalgunha característica desexable ou indesexable que presentan determinadas actuacións políticas nas circunstancias nas que se desenvolven.
Así pois, co título pretendo chamar a atención do que se entende como 'política de partido', seguir a 'liña' que marca a persoa ou órgano rector do partido sen desviarse unha vez marcada, ou mesmo, unha vez pedida opinión ou instrucións ós 'líderes' partidarios. E tamén do que se entende como estar atento ó mandato do pobo, ó seu querer.
En Ribadeo nos últimos anos tivemos unha experiencia que serve como ilustración gráfica da contraposición entre ambas interpretacións: o PP e a residencia.
A representación do PP no concello no mandato pasado optou de xeito maioritario pola unión na comisión municipal sobre a residencia, achegándose ó pobo e enfrontándose a Santiago, controlado polos seus 'xefes de partido'. Coido que no blog e nas diversas novas pode seguirse o tema con precisión. Resumindo, e dado que foi o tema de máis calado e tempo adicado durante o mandato, o resultado de cara ás eleccións foi a renovación da candidatura e posta en cabeza de persoas alleas a esa idea de colaboración popular. O resultado, na táboa de embaixo: con diferenza, a menor recollida de votos do PP que se lembra, cunha caída de 1/3 en relación ás municipais anteriores.
A cousa ven a conto dunha entrevista aparecida onte a Manuel Valín na Voz de Galicia, titulada (para quen queira procurala e ler) "En Ribadeo hai moitos votantes do PP descontentos co partido polo asilo". se se seguiu o tema, pode ser ilustrativo, e, se non, un tema de aprendizaxe política.

20151022

A vida parisina, vista por Dionisio Fierros

Complemento á publicación anterior, sobre o matrimonio de Ramón e Corona González, unha publicación que xa se subira en 'publicado en Ribadeo': "A vida parisina vista por Dionisio Fierros", tamén publicada en Croa.

Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro

Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro pode consultarse noutra fiestra premendo a ligazón ou lerse directamente no artigo. Aparece en Croa nº 25.Pp 96-101 , out 2015.
(atención, pode tardar algo en cargar para ler no artigo)
-

Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro pode consultarse noutra fiestra premendo a ligazón ou lerse directamente no artigo. Aparece en Croa nº 25.Pp 96-101 , out 2015.
(atención, pode tardar algo en cargar para ler no artigo)

20151021

Fai Sol! Non, chove! (dentro)

'Os astros' decidiron un conxunto de novas hoxe. Vexo pola fiestra un día radiante, deses nos que se apreza máis o Sol porque a atmosfera non está moi quente. Mais a nova é que chove: chove no interior do Xulgado de Paz de Ribadeo. O concello distribuiu unha nota de prensa... dicindo que se leva reclamando o Xulgado de Primeira Instancia 15 anos, os xornais publicaron... como se fora algo novo, e nin o concello nin os xornais lembran nas súas notas a falta de apoio a un esforzo de O Tesón, só recoñecido de palabra para unha foto:
A foto encádrase nunha campaña de actividades de O Tesón para axudar á volta do xulgado de Primeira Instancia a Ribadeo. Axudar porque a asociación non era nin é unha institución que poidera servir como contraparte para unhas conversas formais co Ministerio de Xustiza e poder rematar a faena. A foto representa un momento importante nesa loita: a entrega de sinaturas coa petición o 31 de decembro de 2010. 1376 asinantes que non foron respaldados con feitos pola administración cuxos representantes se presentaron para a foto, manifestando así un apoio imaxinativo (de imaxe).

























A outra ilustración tamén corresponde á entrada dese día: a carátula do documento coas sinaturas.
Entre outras actividades, Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón viaxou a Madrid para entrevistarse no Ministerio, fixo pesquisas en Mondoñedo... Pero nos 15 anos que manifesta a nota de prensa do concello non houbo un esforzo correspondente nesa institución. E así seguimos. Non só segue sen aparecer o Xulgado de Primeira Instancia desaparecido hai 50 anos, senón que está caendo auga polo Xulgado de Paz.
É certo que a situación naquel momento, e máis xusto despois co novo plano do Ministerio, non era moi propicia, pero é que a xente móvese ben para conseguir algo cando a situación non é propicia. Se o é, non lle fai falta moverse moito para conseguir o que quere...
...
Sobre o xulgado en Ribadeando.

20151020

Sen mobilización, a lei non é nada

Esta mañá veu á miña cabeza unha frase que lin a semana pasada, con orixe en Bruno Bertolio, sindicalista uruguaio, a conto da evolución poítica, social e económica no seu país. É sinxela e intuitiva. É a que serve de título a esta entrada: Sen mobilización, a lei non é nada.
Aínda así, necesita algunha aclaración. Non é o mesmo unha lei inspirada polo pobo, que ten que verse mobilizado para que se exerza, que outra inspirada dende o poder, que só ten que poñer en marcha a maquinaria de relacións (como moito).
"Vacuum cleaner 1910" by The Regina Company - The National Geographic Magazine. Licensed under PD-US via Wikipedia - https://en.wikipedia.org/wiki/File:Vacuum_cleaner_1910.JPG#/media/File:Vacuum_cleaner_1910.JPG
Unha lei pode ser moi boa, pero como non teña un mantemento, un coidado, un cultivo, como calquera cousa viva, remata morrendo, perdéndose, ben por desuso, ben sinxelamente por cambio.
É algo que estamos a comprobar por estes lares: se non estamos mobilizados en base a unha concienciación, mesmo se poñen 'impostos ó Sol', que non son tal, senón un roubo de cartos e posibilidades, unha transferencia vital e de recursos dunha extensa parte da sociedade a outra, abondo máis reducida e con vantaxe de saída, que actúa de aspiradora. Por certo que, como na imaxe, a 'aspiradora' ten sempre alguén que a manexa; ás veces, alguén de aluguer.
---
Posterior: esta entrada en Galicia Dixital

20151019

Meteoroloxía en Ribadeo hoxe, e unha pequena reflexión

Chove, e leva chovendo a última parte da noite. Miro e atopo que a estación automática da Granxa Pedro Murias non fuciona1: ten todos os seus parámetros fóra de medición. Como Luciano Zubillaga xa se xubilou e non hai quen se encargue da estación manual (nos últimos tempos tamouco el se facía cargo), non hai datos meteorolóxicos observados en Ribadeo...
Non hai? Si. En troques, a estación meteorolóxica do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo vai funcionando estes días. Velaí os últimos datos:
Está ben dispoñer de datos alternativos, aínda que sexa en meteoroloxía e se lles de máis credibilidade a uns que a outros por determinadas circunstancias. Por se unha estación falla, por comparar, para poder asignar de xeito máis doado unha calidade, ... O mesmo pasa cos xornais, cos blog, con calquera tipo de fontes de información... información e transparencia para poder comparar mesmo partidos políticos ou decidir que imos comer mañá. Transparencia que se está a pedir en Ribadeo e que non é nin non dar ningún dato (o máis frecuente) nin dar unha morea de datos sen ordear, ou dispersos, ou en formatos non accesibles. Un sinxelo fóra de servizo dunha estación meteorolóxica da lugar a que se valoren os datos, en particular aqueles dos que non se dispón.
---
1. Horas despois, atopo toda a serie de medidas correspondentes nas que antes do amencer daba como datos non rexistrados, como se pode ver na primeira imaxe.

20151018

Comeza a variación do faro

Xa deu nota a prensa, a raíz dunha foto tomada no camiño dende a ponte da illa Pancha ó edificio do faro, do 'inicio das obras', aínda que quizáis debera dicir do 'inicio da variación'.
Tamén deu nota do envío dun correo electrónico ó concello, unha actuación máis despois de xa varias peticións por escrito pedindo información. O correo dicía:
"
Buenos días,
Les remito este correo como ciudadana gallega, española y europea, censada en Ribadeo, y como miembro del grupo « Por nuestro faro », que ve con tremenda inquietud las modificaciones que se están produciendo en la Isla Pancha.
Acogiéndome a la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, les escribo para solicitar del Concello de Ribadeo ciertas informaciones de vital importancia para la protección de un espacio natural y cultural patrimonio de los ribadenses.

Por ello, deseo saber :
-Quién o en nombre de quién se están efectuando modificaciones en la isla Pancha que están cambiando su fisonomía : balizas bordeando el camino que conduce al antiguo faro, cambios en el terreno para acoger plantas ajenas al ecosistema de la isla,...
-Si el empresario que posee la concesión posee a su vez una licencia de obras (dados los cambios en el color de la fachada del edificio) o si ésta va a ser aprobada.
Sé que la isla está protegida por formar parte de la Red Natura 2000 en zona LIC (LIC río Eo, cerca de LIC As Catedráis) y también en zona ZEPA (Zona ZEPA Ribadeo), por otro lado está clasificada como suelo rústico y de interés paisajístico. Por todas estas razones me consta que no estaría permitida la construcción de un hotel de las características anunciadas a bombo y platillo en los medios de comunicación por dicho empresario.

Por todo lo expuesto, y acogiéndome al derecho que me ampara bajo la Ley de transparencia, solicito la información necesaria que permita saber lo que está pasando en la Isla Pancha y en el faro. Y ruego que, en el respeto al patrimonio de los ribadenses, se haga cumplir la reglamentación para proteger la integridad del edificio, y el entorno de la Isla Pancha, que se está viendo agredido de manera intrusiva, arbitraria e inexplicable.
Quedo a la espera de su respuesta.
Atentamente
"
Algunha foto que me pasaron para lembrar/ampliar o tema e a situación da illa 'antes':




Para seguir a 'historia' no blog.

O PP E A RESIDENCIA DE RIBADEO, artigo de José Mª Rodríguez Díaz

Xa se vía vir. O consenso político pola residencia de Ribadeo rompeuse. Rompeuno o PP. Catro anos de loita pola unidade e o consenso dos portavoces políticos para a consecución dunha residencia para Ribadeo, acábanse de tirar pola borda. Catro anos nos que os portavoces políticos o foron do pobo e non do seu partido. Catro anos nos que o portavoz de entón do PP, o Sr. Valín, que tendo claro a quen representaba, antepuxo os intereses do seu pobo ós intereses do seu propio partido, e que lle custou o seu futuro político. Nun exercicio de responsabilidade inesperada tódolos portavoces políticos daquela comprometéronse nobremente ante os veciños de Ribadeo a loitar todos xuntos por unha residencia. E este consenso deu os seus froitos. As obras da residencia están próximas a terminarse. Os anciáns de Ribadeo terán, ó fin, a súa residencia na súa propia localidade.
Pro pouco dura a felicidade na casa do pobre. O PP de Ribadeo, fiel servo do seu señor, o PP, rompeu o consenso da Comisión prol Residencia. Negouse a asinar un escrito ao novo Conselleiro de Política Social, pra reclamándolle o cumprimento do compromiso adquirido pola súa Consellería de achegar 500.000 euros pra as obras da residencia. O medo a sufrir o mesmo destino co que o PP castigou ó Sr. Valín, paralizounos. Hai que ser obedientes ó partido, porque “el que se mueva no sale en la foto”. ¿E os intereses dos veciños que os elixiron pra que representase os seus intereses no Concello? Que lles dean! Ou, como dicía o seu mentor político en Ribadeo, “si los veciños quieren algo que se presenten a las elecciones”. O noso é defender ó partido.

E sen sentir sequera vergoña, apoian a súa postura en que o Concello non achegou a documentación requirida pola Consellería de Política Social. O criterio, tanto o do Sr. Secretario municipal como o do Sr. Interventor quedou ben claro: unha cousa é a construción e outra distinta a súa posterior xestión. Os 500.000 euros prometidos pola Consellería son para a construción. Da súa posterior xestión non se poden achegar información, porque se descoñece o seu alcance e detalles, que están sen definir por mor das competencias nesta materia.
Acusan o alcalde de Ribadeo de vender fume. O edificio en construción situado detrás do Instituto non é fume. É un edificio moi avanzado, futura residencia. Iso é o que o alcalde, xunto coas demais forzas políticas e os veciños, venden.
Confunde o portavoz do PP á opinión pública ó afirmar que o alcalde pediu os 500.000 euros pró equipamento da residencia. Sabe que non é verdade e non pode demostralo. Pretende enganar a opinión pública. O equipamento é outra cuestión distinta e posterior, cuxos achegues económicos están aínda sen definir.
Os intereses dos veciños de Ribadeo no caso da residencia están perfectamente canalizados ás administracións competentes a través da Comisión pro Residencia, da que Vds. ata agora formaban parte. O que Vd., Sr. Portavoz do PP, pretende é establecer unha estratexia política, utilizando os intereses dos veciños de Ribadeo, para vencer políticamente ós outros partidos e recibir os parabéns do seu. Todo moi lonxe do que é o servizo ós cidadáns: a utilización política do servizo municipal.
---
Artigo anterior: Novas da residencia

20151016

Novas da residencia

A residencia de maiores segue o seu camiño, pouco a pouco. Conseguiuse grazas ó apoio do pobo, a partir das asociacións de veciños, tras unha manifestación e o apoio dos partidos do consistorio. Ese apoio pode que haxa que voltar matizalo de agora en diante, pois onte houbo unha xuntanza debido ó cambio de titular da consellería ó cargo, de Ana Mato a José Manuel Rey Varela, titular de Consellería de Política Social. Este cambio se produce cando 500 000 € apalabrados pola Xunta via a conselleira Ana Mato seguían sen aparecer, despois de acumular un retraso que xa se mide en anos, e un silencio que non se pode medir.
Tratábase na xuntanza de onte xoves de asinar unha carta ó novo conselleiro presentando os feitos e pedindo de novo a prometida aportación da Xunta.
Pero... a xuntanza rematou sen apoio do PP, que parece que non quere nin dialogar cos seus cargos en Santiago para tratar do pobo de Ribadeo.
Polo momento, o que atopei (escrito) sobre o tema é a nota de prensa do concello (que dará orixe mañá ás novas de prensa). Quizáis deba advertir que, ó leela, se teña en conta que é dunha das partes. Quizáis, quen estea a ler isto xa teña interiorizado que a outra parte optou por unha postura de defensa de partido e non de defensa das persoas. De calquera xeito, coido que debía advertilo.
Aí van, primeiro, as follas correspondentes á carta ó conselleiro, e logo, a nota de prensa, ambas collidas da web do concello:

"
O CONCELLO TOMARÁ MEDIDAS PARA SUFRAGAR O PENDENTE

Residencia de maiores

16/10/2015
A comisión pro residencia de maiores ven de dirixirlle unha carta ao novo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na que lle pide (entre outras cousas) que declare de forma contundente e urxente se a Xunta lle concede ou non a achega económica prometida de 500.000 euros a esta infraestrutura, que se atopa en fase de construción. O escrito está firmado polos representantes das asociacións de veciños, polo BNG, polo PSOE, por Ciudadanos e polo alcalde e a concelleira de Benestar. Por primeira vez a comisión non conta co apoio do PP, que non quixo asinar esta carta.
O rexedor declarou que "é sumamente importante o documento que acabamos de asinar entre case todos e tamén é revelador e ten novidades. En definitiva o que pretende a comisión, que levamos tempo traballando por unha residencia que se está facendo realidade día a día e todo o mundo pode ver como vai avanzada, pero o certo é que a cantidade de diñeiro que a Deputación se comprometeu a dar e que nos está achegando, cumprindo o convenio, está chegando ao seu remate. É dicir, dentro de pouco, dado que falta o diñeiro que a Xunta quedou en poñer, eses 500.000 euros, que non son nada comparado cos 2 millóns e medio que vai custar a residencia, pero como a Xunta a día de hoxe non os puxo enriba da mesa é o motivo polo que a comisión, conformada por tódolos partidos políticos, xuntámonos cos representantes das asociacións de veciños para facer exactamente o mesmo que viñemos facendo nestes últimos catro anos anteriores para lograr entre todos un soño colectivo". Suárez Barcia explicou que "a realidade é que lle queremos dicir á Xunta que nos diga, dunha vez por todas, se está disposta a poñer ese diñeiro ou non, porque se nos di que si será perfecto e cumprirá o que dixo e se nos di que non desde o Concello teremos que tomar medidas: ou ben asumilo con fondos propios do Concello de Ribadeo ou chamar a outras portas, se é necesario, pero sabendo que a competencia en materia de servizos sociais recae case absolutamente na Xunta de Galicia".
O alcalde subliñou que "a novidade agora, aparte de mandarlles a carta asinada por case todos, é que por primeira vez na historia desta cuestión da residencia non asinamos todos, porque si o fixemos os representantes do goberno municipal, os das asociacións de veciños, o do PSOE en Ribadeo, a de Ciudadanos na Corporación ribadense, pero agora o Partido Popular non asina esta carta porque di que non é adecuado, e os seus motivos terá. Pero todos nós (o Bloque, o PSOE, Ciudadanos) temos diferenzas e discrepancias entre nós, tamén co PP, pero no mandato anterior había cuestións cruciais nas que poñiamos os intereses de Ribadeo por riba dos intereses partidarios. E agora, lamentablemente, vemos como hai xente que está máis ao que di o partido que ao que din os veciños, pero que non se esquezan que os veciños son os que poñen os partidos; e polo tanto esta é unha carreira, que con máis ou menos fondo, a residencia haberémola acabar, cos recursos da Xunta ou sen eles. Pero tamén deben saber os cidadáns os que deixamos as diferenzas políticas a un lado e nos poñemos de acordo e os que non o fan".
Fernando Suárez Barcia concluíu as súas declaracións manifestando que "con todo, aínda que vaia sen a firma do representante do Partido Popular de Ribadeo, esperamos que o novo conselleiro, de quen din que é unha persoa afable no trato e seguramente sensibilizada pola circunstancia de que Ribadeo non vai ter un céntimo de financiamento autonómico para a residencia, quizais cambie de opinión, deixando en evidencia aos seus compañeiros do Partido Popular de Ribadeo. En todo caso andaremos e veremos".
"
---

Informacións anteriores no blog sobre a residencia.

Dous días de diferencia, dúas boas novas para a industria na ría de Ribadeo

Gondán está de moda. Máis aló dun historial que da gusto descargar aínda que só sexa polas fotos dos buques producidos, non hai tantos días esparcíase a nova na prensa de que era un dos asteleiros españois con maior carteira de pedidos. Coincidía prácticamente coa nota de prensa da finalización de diversas ampliacións, tanto no propio asteleiro nas Figueiras como nas instalacións do polígono de Barres, no porto da Veiga (o asteleiro de fibra de carbono) ou o anuncio da compra/proba/promoción medioambiental que supón para a empresa un coche eléctrico. O motivo das ampliacións, enfatiza, é a produtividade, por riba da carga de traballo.
Agora, en tan só dous días, logra novas favorecedoras para outras dúas notas de prensa (ben, o caso son as dúas novas, pois que unha empresa só poña novas favorecedoras de si mesma non constitúe novidade, aínda que non debera ser o común filtrar as novas)
O día 13 daba a nova de que os enxeñeiros navais, a traverso dunha votación popular na web www.ingenierosnavales.com, premiaban ó Stril Luna, un dos últimos barcos construídos, como buque máis destacado do ano 2014. A nota de prensa destaca unha innovación a nivel mundial, implantada dende a firma Rolls Royce, a 'ponte unificada'.
E onte, día 15, datou outra nova que aumenta unha carteira de pedidos xa grosa: a xa longa colaboración coa norueguesa Østensjø Rederi (está a construír agora mesmo tres naves para o armador noruegués) auméntase a un novo proxecto, un barco de mantemento de parques eólicos, a entregar na segunda metade de 2017, de 81 m de eslora e deseñado por Rolls Royce.
Por certo, as informacións e fotos da entrada están sacadas directamente da web de asteleiros Gondán, cunha política de privacidade explícita.
---
Algunhas novas anteriores sobre Asteleiros Gondán en ribadeando:
Barco 431 de Gondán (2006)
A altura da ponte, un freo á saída de barcos (2007)
Actividade portuaria (2007)
Ampliación da liña de peirao en Gondán (2008)
Edda Frende (2009)
Un novo barco de Gondán retorna a Ribadeo (2009)
A grúa de gondán (2009)
Pequena historia (2010)
Grúa (2011)
Problemas de saída da ría pola ponte dos Santos (2012)Edda Ferd e Stril Luna (2013)

Dous modelos de desenvolvemento (2015)

20151015

15 de outubro de 1915. Publicacións de Isidoro Asensio

Hoxe, hace 100 anos, nacía en Sevilla Isidoro Asensio Amor. Ese foi o motivo para que hai uns días lle pedira a Roberto Rodríguez o que publicou e republiquei como "NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)", ou para que editara e aumentara (pouco, polo momento) a entrada correspondente na Galipedia. O mesmo motivo fixo de impulso para a conferencia inaugural deste curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Agora, volvo a subir a internet algunhas publicacións súas que no seu momento, collidas dende a versión papel na biblioteca 'Viejo Pancho' e con permiso do 21 de xullo de 2009, tiña colgadas nun lugar que me fixeron desaparecer. Aí vai esta nova memoria de artigos descargables (Nota: fai falla loguearse no sitio):
(collida da web do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)
Sobre la formación artificial de una playa en la margen occidental de la ría del Eo (a lembrar que usaba esa denominación para a ría de Ribadeo)
Procesos litorales: las corrientes superficiales en la costa oriental de Lugo (España)
Evolución morfológica de "Tesos" o bancos de arenas en la ría del Eo
Contribución al estudio de sedimentos de la ría de Ribadeo
Formas topográficas en terrenos graníticos
Contribución al estudio de acciones periglaciares en el límite galaico-astur
Morfología del frente costero en el límite galaico-astur
Primer centenario de la muerte de Guillermo Schulz (1877-1977)
Morfología y sedimentología de la costa occidental asturiana
Notas sobre el estudio de las rocas asfálticas
Comparación de los diferentes métodos de análisis granulométricos de suelos
Boa lectura!

Fotos de Ribadeo. Serie 'os desastres da guerra'

A primeira foto non pertence á serie. É dunha novidade de antes da ponte, que foi xa presentada no blog en imaxe como boceto:
Pode parecer raro que estea funcionando e coa valla. Cousas das présas, pois pola parte de atrás vése aínda o seu interior, só separado por un vidro e que non quedará así. De calquera xeito, os adoquíns que se aprezanna beira corresponden con outros aínda sen asegurar, e mesmo con outros máis, xa no parque, en circunstancias parellas.
Nese lugar (podo bautizalo co nome de 'propagador', en "función da súa función"?) seguro que non aparecerán fotos como as que veñen a continuación, aínda que pertenzan a 'desastres pequenos', non arquitectónicos, de moitos euros, etc. Seguramente, fotos do estilo, semellantes, hainas en todos os pobos, pero sería cousa de que non as houbera en ningún, e pódese facer. Neste caso, recolleunas unha amiga, e podería poñer máis do mesmo día, pero coido que cos desastres presentados, chega.
R/Ramón González, dúas visións dun mesmo problema: a falta de recollida selectiva. Os chicles pegados na rúa son outro problema, de tratamento diferente.

Avda. Rosalía de Castro, aparcadoiro provisional/municipal, convertido en vertedoiro privado na súa beira (do interior, o que se emprega para aparcar, 'outro día podemos falar'). Queres unha tele?



A tele case non se ve dende algúns ángulos. Dende outros, o lixo doutro tipo aparece máis claro.
Marcharon os turistas/visitantes. Quedamos os de aquí. A limpeza afecta a uns e a outros, aínda que é máis doado que a vexamos os que máis camiñamos polas rúas do pobo.

20151014

Ence e Ribadeo, oito anos

Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto de Mirasol de tal xeito que Mirasol 'fose competitivo' co Musel, ó que se enfrentou unha manifestación memorable de mans de O Tesón. Ou, por aquelas datas tamén estaba de cando en vez o candeleiro dun 'porto seco' no polígono industrial, aínda sen actividade, ou mesmo falouse dun ramal de Feve a Mirasol. E claro, a presión cos intereses económicos, a baixada de taxas portuarias a Ence (a menos da metade do que viñan sendo, o que fai pensar se portos se lucraba sen recaer en Ribadeo a parte correspondente ou se, como o caso doutras grandes empresas, sinxelamente foi o resultado dunha extorsión amigable que pagamos todos) ou a lembranza de que a maioría de movemento de Mirasol o efectúa a empresa madereira e que é un impacto económico grande.
Hoxe todo aquelo parece estar esquecido, e polo contrario,despois dunha inversión forte en comezar a construción do ramal de Feve en Navia, e a súa posterior paralización, agora afírmase que se descarta o tema por non ser competitivo.
Collo unha parte 'xustificativa' da nota de prensa da compañía: "Pasados siete años desde la firma del convenio, y pese a los esfuerzos del Principado, y por no haberse acabado las infraestructuras ferroviarias necesarias de conexión, hemos encontrado soluciones más eficientes, sobre todo cuando Renfe nos manifestó hace dos años que no podía mantener los precios de referencia". O convenio significaba 10 000 000 € cun Principado colaborador e unha promesa de prezos baixos de Feve que agora Renfe, que absorbeu a Feve, non mantén. Solucións máis eficientes... Segue sen falarse nada do medio ambiente.
Repito embaixo a 'Carta ó alcalde de Navia' que publiquei hai máis de cinco anos:
"Sr. Alcalde:
Han pasado ya bastantes días desde que vd, en declaraciones a 'La Nueva España' apuntase textualmente que “En El Musel se puede trabajar con barcos de 50 000 toneladas y en Ribadeo no. En Ribadeo sólo pueden trabajar barcos de 3 000 toneladas. Y la empresa no creo que haga un porte de 3 000 toneladas cuando puede hacerlo de entre 50 000 y 100 000 desde El Musel” (20100211, “El alcalde de Navia advierte de que Ribadeo no puede competir con la capacidad de El Musel”).
Después de extrañarme de no ver en todo este tiempo una réplica a sus palabras, ni de empresas, ni de instituciones, ni de personas particulares más implicadas que yo en el tema, me decido a hacer algunos comentarios aclaratorios con la esperanza de que puedan contribuír a ver más claro que está pasando con el transporte de la producción y los insumos de ENCE.
Así, me llama la atención de que vd pare el tamaño de los buques en las 100 000 tm. Según sus comentarios, parece que a mayor tamaño, más conveniencia para el transporte. Por esa vía se puede interpretar que vd metería toda la producción anual da la factoría en un solo buque y se quedaría tan feliz. Pero es evidente que la inconveniencia de tal cargo está fuera de toda duda.
En primer lugar, con la capacidad de producción de la papelera naviega, 100 000 tm implica como poco la producción total de unos dos meses y medio. Y de ahí para arriba. No soy economista ni siquiera empresario, pero me parece que sumar a los pagos diferidos de las mercancías un plus de dos meses y medio de paro previa carga, con los costes de almacenamiento asociados, implica una carga financiera para cualquier empresa, algo de lo que se querría deshacer cuanto antes cualquier persona al frente de la misma.
Después, y aunque sea algo asociado con lo tratado en el primer punto, está la cuestión logística: el almacenamiento de esa cantidad de mercancía conlleva unos cuantos problemas, pues entre 50 000 y 100 000 m3 no se pueden meter en un bolsillo, viniendo a representar un bloque de unos 20 m de alto sobre el terreno de juego de un campo de futbol. Por supuesto, a parte de resguardarlos de fenómenos meteorológicos, o aún preservar su limpieza durante un tiempo. Es evidente que se puede hacer, pero que el hacerlo implica costes suplementarios.
Sume a lo anterior el ascenso irrefrenable del llamado 'just in time', esto es, la demanda por parte de las empresas a sus suministradores de que la mercancía les llegue justo a tiempo, sin necesidad de almacenamiento, con las maniobras y los gastos asociados, sin mantenimiento más que de un mínimo stock de seguridad. Es decir, siguiendo una idea económica semejante a la de reducción de costes para la salida de mercancía que le comentaba en párrafos anteriores. Los mecanismos económicos lo propician tanto para la oferta como para la demanda.
Para acabar con el comentario, decir que si, tiene vd razón al decir que en Ribadeo los buques que normalmente se atienden están entre unas 3 500 tm y 5 000 tm, para los que existen instalaciones, servicios y calado suficientes en la actualidad, a parte de los compromisos que se puedan adquirir de cara al futuro. Pero el caso es que estos tonelajes no son tanto una limitación de las instalaciones portuarias de Ribadeo, sino de las limitaciones de calado de puertos fluviales europeos, destino de la mercancía. Es decir, que no sólo por limitaciones económicas, financieras o de logística, la competencia de barcos grandes no viene mucho a cuento, sino que tampoco se comprende en le marco de las limitaciones físicas en el otro extremo de la línea de transporte.
Quedaría así en el aire la pregunta de si el comentario por vd vertido responde a outras razones o se trata de un error. Que hoy en día las relaciones política – economía son muchas es sabido, así como también se sabe que muchas veces se las confunde con las de Política – Economía, con mayúsculas y aceptando las definiciones comunes y nobles de ambas. Que hay o puede haber otras razones e influencias diferentes es también innegable (creo que la respuesta está en otro párrafo citado en el mismo artículo, “una solución asturiana a una empresa ubicada en Asturias”), desde los intereses de las familias de los transportistas que actualmente desplazan la carga hasta Ribadeo (a razón de un camión cada cinco minutos o menos, como se puede ver en un vídeo en internet colgado por mi mismo en youtube, http://www.youtube.com/watch?v=aTeMc_C31jI) a -por supuesto- el abono correspondiente al uso del puerto de Ribadeo o los beneficios del flujo de dinero para la zona. Por supuesto, se pueden también evaluar, y me extraña que no se haya sabido de sus cálculos en este sentido, pues creo que al menos en aspectos económicos y sociales los beneficios para Navia no son menores que los de llevar la pasta a Gijón.
Y ya digo, no se trata ahora de poner en la balanza la historia, el tráfico soportado en tiempos por Ribadeo y el soportar por parte de los transportistas una travesía urbana que entorpecía el servicio, o el logro de la reivindicación de la circunvalación ribadense principalmente para servir al puerto. No, pues aún teniendo toda la consideración posible hacia el pasado y la convivencia de años, precisamente cabe ajustar que sobre lo que vd se pronunció no es sobre el pasado, sino sobre el futuro.
Atte."

 Máis en Ribadeando sobre Ence-Feve-Mirasol:
Diversas novas e un comentario (agosto 2008)
Sobre manifestación ría si-nave non
Apoios extra despois da manifestación (Agosto 2008)
Comunicando a Mariña con... (marzo 2011), con foto con previsión errada
Ribadeo e a súa nave no porto de Mirasol (maio 2008)
De realidade e ENCE (novembro 2010)
Ence que ven e vai (xuño 2010)
E abondos máis, algúns en 'ría si, nave non'

20151013

NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)

Pedín e Roberto Rodríguez pasoume este artigo publicado o sábado (20151010) na Comarca sobre Isidoro Asensio. Tomeime a liberdade de poñerlle algunha ligazón consecuente co seu uso en internet:
"O próximo 15 deste mes do outono cúmprense cen anos do nacemento do insigne xeólogo Isidoro Asensio Amor. Nacido segundo as súas propias palabras, “casualmente en Sevilla” porque sempre reivindicou a súa orixe galaica por parte da nai.
Será na década dos anos corenta cando visite Ribadeo acompañado precisamente pola súa nai e animado polo seu amigo Enrique Otero Aenlle. Era o principio da querencia de Asensio por estas terras e paisaxes, agrandada cando casou con Elena Nistal. A familia multiplicouse co nacemento dos fillos e Ribadeo pasou a se converter na meta ansiada ó remate de cada ano académico.
A nosa bisbarra engaiolaba un novo científico, doctor en Ciencias Matemáticas e Naturais (Xeoloxía) pola universidade holandesa de Leiden; doctor en Xeografía pola francesa de Estrasburgo e tamén en Farmacia pola Complutense de Madrid.
En palabras de Vidal Romaní, xeólogo da Universidade de Santiago de Compostela, a xeoloxía galega nace no bienio de 1834 e 1835, cando se remata en Ribadeo o Mapa petrográfico del Reyno de Galicia e a Descripción geognóstica del Reyno de Galicia, respectivamente, obras que debemos ó gran xeólogo e enxeñeiro de minas, o alemán Guillermo Schulz, nacido en Habichtwald (Deowerg, Prusia) en 1800.
Se na inxente obra de Schulz parece adiviñarse unha certa predilección por Galicia, a rexión que mellor coñeceu e estudou de toda España, non é menos certo que Asensio foi continuador da obra do propio Schulz, Barrois, Hernández Sampelayo… contando incluso coa colaboración do seu mestre Hernández Pacheco que visitou a comarca a finais dos cincuenta invitado por Isidoro Asensio.
Centos de traballos viron a luz en múltiples publicacións científicas, prensa nacional, rexional e local, desentrañando as caras ocultas ou pouco estudiadas da rasa cantábrica e principalmente da ría de Ribadeo. Foi o profesor Asensio Amor, sen dúbida, o gran xeólogo ribadense do século XX ao que, en palabras de Dionisio Gamallo “ tanto lle debemos os ribadenses”.
Asensio sempre se considerou a sí mesmo un ribadense de adopción e como tal, contribuiu en todo o que lle foi solicitado dendo tódolos ámbitos da vida local, mostrando especial debilidade polos semanarios locais, principalmente por La Comarca, hoxe La Comarca del Eo, para publicar os seus estudos.
Foi Académico Numerario da Real Academia de Doctores; correspondente da Real Academia de Farmacia e membro correspondente do Real Instituto de Estudios Asturianos. Entre outras distincións era Miembro Español del Comité de Medios Insulares, Miembro Correspondiente de España en el Comité Internacional de Geomorfología de Costas (Unión Geográfica Internacional), Miembro del Consejo Técnico Asesor del Patronato Alonso de Herrera (CSIC) e Medalla Santiago Ramón y Cajal del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Recibiu a Medalla de Prata do Excmo. Concello de Ribadeo e nomeado Director Honorario da Casa Municipal de Cultura de Vegadeo.
A súa fructífera carreira profesional desenvolveuse na Universidade Complutense desde 1944 ata 1984. Exercendo dende 1954 como profesor do curso monográfico de Doctorado Sedimentología y sedimentodinámica na facultade de Xeoloxía.
Realizou a súa actividade investigadora no Instituto de Edafología del Consejo Superior de Investigaciones Científicas de 1942 a 1949 e nos Institutos Mixtos de Geología “Lucas Mallada” e Geología Económica do CSIC de 1949 a 1984. Así mesmo traballou, entre outras, na Gloeilampen Fabrieken Philips de Eindhoven (Holanda) e nas universidades de La Sorbona, Estrasburgo, París, Burdeos, Aix-en-Provence, Marsella, Besancon, Brest, Ámsterdam, Leiden e Groningen.
Entre os seus traballos de asistencia técnica destacan os informes para a mellora de condicións de aproveitamento de recursos naturais; estudios de procesos que contribúen ó recheo de rías e esteiros; regularización hidráulica en cuncas artificiais e mellora de portos con maiores posibilidades de acceso e navegación.
O querido e admirado PROFESOR e AMIGO Isidoro Asensio Amor morreu en Madrid o 6 de maio do 2001 e por expreso desexo seu, dende o 7 de xullo dese ano reposa eternamente no regazo da Ría que tanto amou.
Tomamos prestados para finalizar esta homenaxe os inspirados e fermosos versos do Soneto –póstumo- a Ribadeo de Dionisio Gamallo:
“ … Perdona
que te pida
no me olvides. Te quise
sin medida.
Tú (me sepulto en Ti)
Mi Cementerio.
Aún disuelto en el fondo
de la Ría
-nota suelta de antigua sinfonía
que Porcillán oyó a la Villavieja-
mis átomos amantes
se reagrupan…”
"

Nota de prensa de O Tesón sobre o seu futuro (20151013)


O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a asemblea da AVV O Tesón.
Alí viuse que a asociación ven desenvolvendo as súas actividades en plena forma e con apoio de preto dunha centea de socios, pero cunha falta grave: a de participación dos propios socios, implicándose de cheo nas actividades desenvoltas.
As principais discusións xiraron precisamente sobre que os socios apoian, mesmo de xeito económico, pero non participan. A baixa participación en actividades convocadas pola asociación e a nula renovación fai pensar á directiva que, de seguir así, nun próximo futuro a asociación podería chegar a estar totalmente desligada da base social, o que se entende como algo que non se desexa, algo que hai que evitar.
Por iso se propón un novo enfoque para o futuro. Un futuro dentro da mesma asociación, se un grupo de asociados aglutina con novas ideas a ilusión que conduciu as actividades ata o momento, ó que sumariamos o apoio da actual directiva dunha sociedade en plena forma pero que necesita unha renovación para non deixar de cumprir a súa misión.
Se polo contrario os asociados estimaran que a a asociación cumpriu o seu ciclo vital non dando resposta ó desafío ó que se enfronta, a actual directiva remataría as actividades en marcha, faría un resume dos case trece anos da historia social e desprenderíase dos activos da sociedade, doándoos para maximizar o seu impacto social. O anterior, preservando a documentación básica que permitiría no futuro, se é o caso, aproveitar unha institución que estamos seguros que pode contribuír a un futuro compartido en Ribadeo, aínda que entendamos que debe renovarse coa participación e implicación social.
En calquera caso, cada membro da directiva é consciente de que lle queda por aportar moitos graos de area na construción dun Ribadeo mellor para todos, dentro de O Tesón ou con outro formato social. Por outra beira, somos conscientes de que un novo enfoque é necesario para que a nosa sociedade cumpra cos seus fins en sintonía cos asociados, como veu facendo ata agora, dun xeito do que estamos orgullosos. Agradecemos ós socios e a toda a sociedade ribadense o apoio dispensado ata o momento. É precisamente o responder do mellor xeito posible a este apoio o que nos leva a propoñer esta renovación dende a mesma directiva.
Ribadeo, 20151013

Dúas vistas dunha viaxe

A pasada fin de semana, a AVV O Tesón realizou a súa viaxe social. Con dúas inclinacións moi diferentes, embaixo van un artigo e unha nota de prensa sobre esta viaxe.
Pablo Mosquera Mata escribiu o seguinte artigo, publicado en diferentes medios:
"O Tesón en Sargadelos
La sociedad civil necesita del sustrato cultural para saber de dónde viene y refrendar sus derechos fundamentales y sociales como espacio del ejercicio real de la ciudadanía, máxime si alumbran tentaciones perversas para imponer conductas indecentes como algo natural. Hay muchas frases de rabiosa actualidad. Me quedo con la que pronunció el Cardenal Bergoglio, Jesuita Argentino, hoy Papa Francisco: "A la gente la empobrecen para que luego vote por quienes los hundieron en la pobreza". Ya sé que hoy la pobreza es hambre, pero no por ello es menos grave la pobreza del conocimiento para decidir como seres humanos dignos y libres.
No Museo do Mar
Viene a cuento del magnífico encuentro que mantuvimos en Islas San Cyprianus con dirigentes de la Asociación Cultural -como nosotros Britonienses- O Tesón. Desde a Praza dos Campos, antiguo puerto de las Reales Fábricas de Sargadelos, visita al Museo Provincial del Mar, dónde la sombra del Maestro nos guió para repasar los antecedentes históricos de un pequeño lugar de la costa más al norte en la Península Ibérica que, por su cualificación en el mundo antiguo, Edad Media, Renacimiento, Ilustración y Edad Contemporánea, se ganó figurar en toda la ingente documentación que conforman: Cartas de Navegación, Derroteros, Isolarios, Descripción de insignes viajeros, historiografía o fuentes del derecho positivo en pleitos con la Iglesia o entre Comunidades.
O Tesón nos honró con su presencia e interés por el patrimonio histórico de nuestro Concello de Cervo, cuyo corazón latente es Sargadelos, tanto la aventura de Ibáñez, como el sueño de Seoane e Isaac. Fuimos sorprendidos con el conocimiento de Manuel Miranda, Presidente de Mariña Patrimonio, que desde La Atalaya con Os Farillóns como testigos, nos ilustró sobre la importancia del Castro y sus relaciones por mar, con otros pueblos que fueron forjando nuestra cultura.
A mis amigos de Ribadeo, les preocupa y les ocupa el conocimiento, defensa y divulgación de nuestra identidad como viejo pueblo. Les gusta vivir como gallegos y en gallego. Tienen un sueño que compartimos. Hacer de la cultura una inversión productiva, frente a la zafiedad y el egoísmo. La cultura nos identifica y nos da herramientas para ejercer la libertad.
Como sucedió en Sargadelos, habrá que pelear por el espacio de la Ilustración."
E, a nota de prensa de O Tesón sobre o conxunto da viaxe:
"Nota de prensa
20151012
O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a viaxe veciñal da AVV O Tesón. Este 2005, aproveitando a hospitalidade de Mariña Patrimonio da man de Manuel Miranda, e dos Aventados, por Pablo Mosquera, o paseo de desfrute e coñecemento dos nosos veciños foi por terras mariñáns, dende Burela a San Cibrao, rematando en Sargadelos.
A unión da rasa cantábrica coas terras de granito que constitúen o manto da maioría de Galicia foi visitado en terreos do porto de Burela como inicio da viaxe, guiados por Manuel Miranda.
Foi despois a quenda do castro de Burela, xunto coas formacións que aínda o distinguen, tras moitos séculos de ser abandoado, dando testemuña un pasado que é de todos.
Chegando a S. Cibrao, a visita ó Museo do Mar deu lugar a unha profunda ilustración histórica de Pablo Mosquera. Algo que, se ben tratou de San Cibrao, a súa historia e a captura das baleas, ben poidera ser levado a outras partes de Galicia, ou sinxelamente, á súa historia. Despois, a visita á Atalaia, a máis de ollar os Farallóns e os restos dun castro maltratado ata que foi defendido, propiciou que algún dos participantes fora incluído na gravación da lectura do Quijote na que están inmersos Os Aventados.
O descanso que supuxo a hora de comer tamén acompañou o desfrute propio e da compañia con información e discusión sobre presente, funcionamento e futuro das sociedades que estabamos presentes, Aventados, Mariña Patrimonio e O Tesón.
Para finalizar, fumos titorados nunha visita ó entorno de Sargadelos e as súas instalacións, despedíndonos así nun centro de cultura e industria que forma parte da historia de Galicia.
Un ano máis, quen foi, volveu con un día desfrutado e aproveitado en coñecer a nosa terra e trabar relacións con xente que a sinte con coñecemento dela.
Vídeos gravados lendo o Quijote:
https://www.youtube.com/watch?v=XWIan0A4nvw
https://www.youtube.com/watch?v=QHTrLwpJ0-4"

20151012

Mañá aquí hai unha festa, non? Tes que ir o traballo?

Onte chegaron en visita unha coordinadora e 8 directores de centros de ensino profesional da República Checa a Ribadeo. Trátase dunha actividade dun proxecto internacional de APAGA, e van estar pola zona uns días visitando centros educativos e industrias, mantendo contactos con profesores, alumnos e xentes de aquí, ampliando perspectivas de xeito mutuo, ... O caso é que hoxe, día da hispanidade, tamén 'traballan'.
Na recepción de onte, sabían que hoxe era unha especie de día festivo para nós, pero non tiñan as ideas claras, co que fixeron o lóxico: preguntar. E a pregunta foi a caer en min.
-Si, mañá é día festivo. Non, non teño que ir ó traballo.- Pero quedaba a parte difícil: a explicación da 'festa'.
Fíxeno o mellor que puiden para que tiveran unha comprensión cabal do tema. Un tema que inclúe un dictador, o soño dun imperio, unha raza... e a virxe do Pilar, que, lembremos, 'non quere ser francesa', como di a copla, a máis do avistamento das costas do 'novo continente' por Colón.
Non sei se lles quedou tan claro o sentemento (pois tamén se falou diso, de 'feeling') pero unha vez máis lembroume a min mesmo o que significa a 'festa da hispanidade', hoxe, superposta á 'festa do Pilar' como un edificio de varios andares que non se sabe moi ben onde remata, pois tamén ten pasarelas a outros recintos próximos...
Imaxe do Pilar de Zaragoza,
no dominio público,
obtida de http://gl.wikipedia.org

20151011

O Formigueiro deixou un Ribadeo que o deixou

Venres recibín unha triste nova: o Formigueiro deixou de existir.
Para unha campaña, este marzo.
Nin a súa conta de facebook nin o seu blog dan a nova, pero non é necesario. A grupo veu a luz case co ano 2013 e o venres formalizou a asemblea da sua disolución. No seu primeiro ano non só foi un grupo que recuperou para o cultivo unha terra e fixo usable unha casa, senón que desenvolveu diversas actividades culturais, de concienciación, de difusión, de aprendizaxe... Logo, pouco a pouco, a cousa foi decaendo, de xeito que xa dende hai tempo a asistencia regular reducíase a tres persoas, aínda que había abonda máis xente que se sentía parte do grupo. A 'asistencia regular', o facer 10 xornadas de 3 horas ó mes, daba lugar a levar os froitos da terra para a casa. E é que o Formigueiro naceu con ideas claras: No seu blog, en 'quen somos', aínda hoxe se pode ler "O Formigueiro” é un proxecto de cooperación social, que naceu a finais de 2012 impulsado pola asamblea de desempregadas/os no marco do Ribadeo solidario. Esta iniciativa busca cambiar a realidade dende abaixo con base na confianza, o respeto e o apoio mutuo. Está aberta á participación de todas as persoas."
En tv
Quizáis sexa o mesmo blog, na súa barra de enderezos internos, o que da unha idea máis ampla, cos apartados 'Grupo Terra', 'As grelas' (coop. de consumo), 'Banco de tempo', 'Formación e autoemprego', 'Roupeiro'... Na barra de enderezos e nos post: "curso de elaboración artesá de conservas vexetais", "cuarta xornada de portas abertas" (con visita dun equipo de gravación de Vía V), "Unha vintena de parados se asocian para traballar a terra e comer o que cultivan" (reportaxe de El progreso), "O coñecido pianista Emili Brugalla dará un concerto gratuíto en Ribadeo en apoio ao proxecto social “O Formigueiro”", etc.
Cartel dunha actividade múltiple
O anterior, a mais de dar difusión na súa rede social a outras actividades desenvoltas en Ribadeo ou ligazóns formativas e informativas...
A terra e casa eran cedidas, coido que por Amalita, e a máis de recuperalas, ganaron a confianza dos veciños e a súa colaboración.
Ben, rematou... pero non pasou en balde. Deixo algunha lembranza a modo de documento extraído do seu blog ou do seu facebook, e a sligazóns dalgunhas referencias ó Formigueiro ou Ás Grelas no blog: (http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/03/quen-capeee-crise-sera-imaxinativo-ou.html, http://ribadeando.blogspot.com/2015/03/o-mundo-dos-picaros-en-ribadeo-esta-fin.html, http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/07/os-irmandinos-e-outras-cooperativas.html, http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/03/quen-capeee-crise-sera-imaxinativo-ou.html