20160229

BNG, Ribadeo, futuro, fernandismo

Feito. Vence xa non está de cabeza do BNG. A formación parece seguir aquela máxima xesuítica de 'en tempos de tribulación non facer reformas' na versión 'facela e non enmendala' que tan bos resultados electorais está a dar, e seguir cunha idea cerrada. Ó día seguinte dunha manifestación en Santiago que foi plural e que tivo éxito de xente (xa veremos se na práctica hai tradución en algo concreto) pola súa apertura, o contraste coa cerrazón da UPG é notorio.
O BNG reducido/recollido na UPG sería o resume. As contas que se botan é que iso non é bo va o futuro da formación en canto a supervivencia. E se fora necesario coidar as esencias para un rexurdimento posterior? Quizais... quizais rexurda dentro dalgún tempo transmutado, cousa que podía ter tentado xa, en troques de esnaquizarse en tempos sucesivos.
A política é un territorio no que as previsións fallan a miúdo por pequenos cambios que resultan ter grande impacto, pequenas variables non consideradas que pasan a primeira liña, influenzas que parecen xurdir da nada... ó mellor os analistas que prevén que o BNG tende a desaparecer do mapa están errados. Mais, de pronto, as cousas están así.
En Ribadeo, tanto da que da tanto. Xa non estamos tempo antes das eleccións de 2011, cun BNG descomposto en anacos dos que había que resolver a forza nas urnas. Xa quedou claro hai tempo que aquí gozamos dun goberno non do BNG, senón de Fernando. Di dende hai tempo un amigo meu que hai Fernando para rato. No BNG ou onde sexa. E dende o tempo no que comezou a dicilo, foi asegurándose o fenómeno. Coido que dende que se asentou como cabeza de lista do BNG para as eleccións locais, o partido en Ribadeo iniciou unha desconexión de resultados cou outros niveis de circunscrición, e na actualidade non ten xa nada que ver, non xa en relación ó número de votos (pódese comparar cos resultados nas galegas ou nas estatais, ou nas comunitarias...) senón tamén a outros niveis, mesmo de relación ou de composición do listado electoral ou do equipo de goberno.
Collido de http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/05/resultados-ribadeo-eleccions-locais_25.html
O fernandismo está aquí, e o que teña podido pasar onte na asemblea do BNG cadra abondo lonxe de ribadeo. Quizais teña rematado de impedir de xeito definitivo (=en moito tempo) a saída de Fernando de cara, poñamos, á Xunta, mais a consolidación interna en Ribadeo leva os destinos de Fernandobloque por ben outros derroteiros dende hai tempo, e de cara ó futuro inmediato.

20160227

Velutina!

Onte tivo lugar no salón de actos da casa do Mar de Ribadeo a presentación dunha nova asociación ribadense, os Abelleiros, e con dito motivo, unha charla sobre a avespa velutina e o seu combate.
Antes da charla
Na charla participaron Víctor Cao, como representante de Protección Civil de Ribadeo, Marcos Villamil, presidente dos Abelleiros (con xersei a raias na foto), Vicente Castro, concelleiro ribadense de Medio Rural, José Mª Vázquez, empresario exterminador de velutinas (Servicios Privados Antivelutinas, SERPA), e Antono Valea (de pé na foto), secretario da asociación.
Antes da propia charla saíron a relocer algúns datos sobre a velutina, como que no concello de Ribadeo o ano pasado foron detectados arredor dun centenar de niños de velutina, dos que uns 55 foron retirados por protección civil e a asociación, outros 35 por Tragsatec e quedan uns poucos por retirar. Tamén se falou da dificultade da eliminación de niños pola altura, a disposición de traxes especiais para protección civil, ou a necesidade de presenza dun curso de auga próximo ós niños, pois a súa construción implica o cementar cortiza/madeira con auga, a modo dunha celulosa natural coa que van facendo capas circulares. Tamén saíron críticas diversas contra Tragsatec e o programa e protocolo da Xunta (que se son chamados e ás veces nin aparece, e cando aparecen e retiran o niño quedan avespas fóra  que poden crear outros niños por ser de día e estar en actividade, que ademáis, se se ten nova doutros niños próximos, non actúan na mesma visita senón que din que hai que chamar antes e que xa volverán, etc). Ás críticas, engadiría como curiosidade para sorrir, mais indicativa de como se fan algunhas cousas a nivel oficial, que no folleto repartido na charla, da Xunta, a ligazón para información non era esta, senón a correspondente para a versión castelá, estando o folleto en galego.
Unha nota antes de comezar co tema da charla: coido que tería vido ben o pase dunha presentación como a realizada por Pablo Vivero e Román López sobre o avance da avespa velutina na Península Ibérica (sempre en desenvolvemento) para facerse unha idea do problema e o seu desenvolvemento (1, 2, 3) ata as dimensións actuais:


A charla en si foi desenvolta en cuestións xerais sobre a avespa velutina por Antonio Valea, e en relación á loita contra ela, por José Mª Vázquez. Paso a detallar os puntos fundamentais, con algunha indicación máis:
O ciclo das velutinas implica que cara ó fin do inverno ou comezo da primavera, máis ou menos a época que agora comeza, as raíñas constrúen un niño pequeno, primario, duns poucos centímetros e que soe estar situado por baixo dos dous metros de altura, co que pode ser un perigo mesmo para o xogo dos nenos. Alí é onde comezan a ter descendencia e que van ampliando elas mesmas ata un tamaño duns 20 ou 25 cm de diámetro. Cando as obreiras xa están desenroladas, comeza a construción dun niño secundario nun lugar próximo, coa supervisión diaria da raiña ó caer o sol, con visitas de 1/4 de hora a 3/4 de hora. Cando este niño acada uns 35 cm de diámetro, a raíña comeza a poñer nel, múdase e pasa a ser o niño primario, que segue a desenvolverse, chegando ata uns 80 cm de diámetro. A partires deste, co aumento de tamaño da colonia, poden formarse outros dous ou tres niños secundarios en zonas próximas, cobrendo o espazo onde hai alimento e manténdose afastados das zonas colonizadas por outros grupos. Un lugar de preferencia de asentamento son os ameneiros, e tamén as nogueiras, servíndolles de alimento o pulgón que viven nelas. De calquera xeito, parece que os ciclos poden solaparse uns cos seguintes pola diferente climatoloxía de zonas próximas, podendo variar lixeiramente as épocas de cada fase. Asemade, se un niño é destruído, deixa lugar para crear outro novo na zona de alimentación do destruído, seguindo a norma de ocupar unha zona asegurada antes de expandirse. Unha curiosidade: os niños son abandoados polas raíñas despois da invernada, pode ser para evitar as consecuencias da invasión de parásitos ó que pouco a pouco se ven abocados.
Boa parte da comida, estando dispoñibles, son as abellas, pero tamén atacan outros insectos ou froita.
Parece que o sentido máis desenvolvido é a captación de son, pois 'escoitan' ás compañeiras nas trampas a unha distancia de 25 m, mentras que a vista só as orienta a uns 10-12 m e o olfato a cousa de 5 m.
Os sentidos das avespas son limitados: así, tense dado o caso de deixar algunhas abellas como alimento nun lugar con avespas xa alimentadas, e, ó non ser atacada ó comezo, logo non ser atacadas, senón mesmo coidadas polas avespas, debido quizáis a ser impregnadas coas feromonas correspondentes ás avespas.
A distinción entre a velutina e a especie común tradicional da zona, a avespa Crabro, con máis segmentos amarelos e de algo maior tamaño, non é dificultosa na teoría. Outra cousa é facelo coas avespas próximas en movemento. Ou a distinción das raíñas, doada nos niños pequenos, nos que o resto non se ten desenvolto aínda, pero dificultosa nos grandes, onde o tamaño das raíñas é só un pouco maior.
Para distinguir entre avespas.

Sobre como combater a invasión, partindo da base de que ninguén pensa en 'ganar unha guerra' senón en 'manter a raia ó inimigo', hai varias opcións segundo a fase de desenvovemento que se atopen as avespas na zona.
O primeiro, o trampeo. As trampas con botellas de plástico son sinxelas de facer; débeselles deixar na parte superior furados duns 5-5,5 mm de diámetro para saída de mosquitos e outros insectos, e a súa época propia de uso máis eficaz é cara a marzo, cando se poden atrapar as raíñas despois da invernada e aínda non formaron niño.
Modelos de trampas caseiras. Hai outros modelos comerciais no mercado, con atraíntes químicos, diferentes formas, zonas máis obscuras e máis claras...
Hai que ter en conta que as trampas tamén entrampan as avespas crabro, as normais da zona, que resultan beneficiosas entre outras cousas porque son inimigas naturais das asiáticas (velutinas).
Outra solución é a retirada de niños. Axustou José Mª que o pasado ano retirou 732 niños mediante o uso de lume (o último, na propiedade dos Calvo-Sotelo en Ribadeo). A súa empresa pode eliminar entre 3 e 4 000 niños ano. O lume é un medio ecolóxico, non contamina, ó revés que o uso de biocidas (máis aínda, tendo en conta que se usan próximos a correntes de auga) e máis efectivo, pois non axuda a 'sementar' de niños a zona: as avespas que podan estar fóra, síntense atraídas pola luz e perecen queimadas, ou, se xa se apagaron os rescoldos, quedan pousadas sobre o niño ó sentir aínda a atracción das feromonas. Naturalmente, para o queimado de niños hai que aplicar un protocolo, no que figura en lugar preeminente a ausencia de vento que poda espallar as lapas. O sistema, ó igual que a retirada  de niños, enfróntase a dificultades como a altura á que se atopan algúns (con pértigas chegan a atacar niños a 50 m de altura). O idóneo sería facelo de noite, con todas as avespas no niño, pero a dificultade de localización increméntase na obscuridade, e o uso de lámpadas implica luz, sendo os animais atraídos cara ós focos. Así, unha retirada de día debe ser seguida dunha vixiancia uns dez días despois, para evitar a reformación do niño.
Niño de velutina amosado na XXI Feira da Ciencia de Ribadeo (2016)
De calquera xeito, para retirar, queimar ou, en xeral, atacar un niño, necesítase saber onde está. E ás veces non é doado, oculto entre o follaxe das árbores en altura. Por iso a observación de onde chegan as avespas para o ataque dunha colmea indícanos, en liña recta, onde está o niño.
Unha terceira solución para unha fase máis avanzada é o dispositivo protector de panais, consistente nunha caixa grande de arpilleira, que deixe ás abellas un lugar arredor do panal para esparcirse libremente, e que as permita pasar a través dos furados da rede, pero que non permita facer o mesmo ás avespas, de maior tamaño. Poden voltar cargadas de pole a partir duns furados que tampouco deixan pasar a velutina (tórax de velutina, 6-7 mm de diámetro; de abella, 3-4 mm) É un dispositivo a instalar a comezos do verán, antes de que o ataque teña intimidado ás abellas e faiga que non saian. Tamén se lle pode acoplar unha 'cortina' con tiras de malla que dificulte a evolución das avespas na proximidade dos furados maiores para o paso das abellas con pole (hai que ter en conta a orientación desta zona de entrada preferente, estudando antes a altura de saída das abellas).
Despois comentáronse diversas cousas:
-As abellas deféndense xa aquí por un sistema que treñen adoptado de xeito tradicional en Asia, o arrodear ás avespas e facer que aumente a súa temperatura, co que morren ó poder aguantar temperaturas máis baixas que as abellas. Para iso, o panal ten que gozar de boa saúde e non terlle 'collido medo' ás avespas.
-As 'teorías de conspiración' debido ós 'saltos de asentamento' observados ó irse a establecer en Galicia: así, podería ser unha proba para eliminar outros insectos, que tivo como consecuencias a xa coñecida invasión...
-O concello vai crear un protocolo de actuación, e dispoñer de teléfonos de atención específicos para a velutina.
-Os Abelleriros poñeránse en contacto cons colexios para difundir.
-Hai xente que está a usar escuma de poliuretano (o poliuretano expandido invade os niños e mata ás abvespas) na entrada dos niños para inactivalos.
-Os niños descóbrense mellor entre a follaxe á mañá ou á tarde, cando o vento move as follas das árbores mentras eles permanecen quedos.
-O son que produce a atracción das velutinas ós panais parece ser o correspondente á saída das abellas do enxame.

20160226

AS FONTES DE WALLACE E A TORRE DOS MORENO, Artigo de Pancho Campos

En 1870, Napoleón III, viu que París despedía un olor nauseabundo debido o abandono dos servicios públicos. Paris necesitaba, principalmente, abastecemento de auga para que os seus cidadáns a converteran nunha cidade salubre, habitable e relucente. Grazas á colaboración de filántropos ricos como Sir Richard Wallace que decidiron gastar as súas fortunas en obras sociais, se deseñaron e facturaron unhas fontes de fundición, compostas de pedestal, catro cariátides e un copulino, que na Exposición Universal de Paris de 1889 déronse a coñecer como as fontes de auga de Sir Richard Wallace.
As fontes tiveron grande aceptación entre os alcaldes de grandes cidades polo seu elegante deseño e servicio, e foron encargadas tandadas delas para embelecer prazas e rúas de Barcelona, Montevideo e Londres (nota de Alvaro Anglada)
Na Rambla de Barcelona, atopamos aínda unha fonte daquela época, pola que xa non corre auga, composta dun pedestal prismático de base cadrada, catro cariátides de brazos alzados e un pináculo cuberto por pegadas estampadas a modo de tellas semellantes a escamas dun peixe, que é practicamente igual ó remate da Torre dos Moreno.

Primeira nova con ilustración da Torre dos Moreno (http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/06/bandera-catolica-e-ribadense-torre-dos.html)

Ben, perdón, digo que é igual na forma, pois xa quixera aquela fonte pintada de verde, asemellar en beleza as Manolas e o copulino de tellas roxas brilantes da Torre dos Moreno. ¿Como é que hai esta coincidencia de diseño entre as fontes de Wallace e o remate da Torre dos Moreno de Ribadeo? Arturo Mogo, dame a explicación. A Torre dos Moreno foi construída entre 1915 y 1916 polo arquitecto D. Julián García Núñez e o enxeñeiro D. Ángel Arberk co diñeiro que mandaban dende a emigración en Arxentina os irmáns D. Pedro e D. Juan Moreno Ulloa. O arquitecto García Núñez, nacera na Arxentina, e viñera a estudar a carreira a Barcelona. Por outra banda o enxeñeiro Arberk, era discípulo de Montaner, que a súa vez fora discípulo de Gaudí, o arquitecto que combinaba as formas neogóticas con elementos barrocos modernistas, ata crear liñas de calidade surrealista.
Ámbolos dous construtores, polo tanto, estaban influídos polo modernismo e polas orientacións e innovacións estético-simbólicas que imperaban nas escolas de arquitectura e enxeñería de Francia a finais do XIX e primeiros do XX, e que pasaran a escola catalana de Barcelona. Así, o deseño dunha rica Casa Indiana, como era a Torre dos Moreno, convertiuse para aqueles profesionais nun dos primeiros retos da arquitectura europea en fábrica de edificios de formigón armado, ó que lle deron ese toque exclusivista de estilo ecléctico con toques ornamentais modernistas.
Un verdadeiro pracer para os sentidos dos ribadenses que aínda a podemos contemplar en pé, e que con tanta estupefacción a miran os miles de persoas que nos visitan tódolos anos, vendo o seu estado tan ruinoso e a punto de caer.
Algúns ribadenses, xa vellos para pelear contra dunha administración sen apelativos (boeno si, con apelativos, pero que non poden ser expresados en horas de “horario infantil”) sabemos que o edificio vai a caer de todas-todas, pois recordamos aquello que dixo o ex-Alcalde D. Fernando Méndez Sanjulián en 1884, nos “Apuntes sobre Ribadeo”, falando do despilfarro dos centos de miles de reais que costara a malograda obra de construcción da inconclusa e desaparecida Colexiata de Sta. María Ribadeo: “si Rivadeo non volve en sí, que non volverá, seus días están contados”... ¡Vaia vostede a saber, si SanJulián era profeta!
Francisco José Campos Dorado

Ribadeo Formación e Información

A formación é necesaria para calquera cousa. En casos, sinxelamente para poder facer. Noutros, para facelo mellor.
Ribadeo, como concello, anda metido tamén no tema da formación. Polo que parece, ten pedidos dous talleres, un para guías turísticos con perfil ambiental e outro para archivo, dixitalización e xestión documental. Estarían afectadas 16 persoas por cada curso, e a cousa pinta abondo ben de cara ó seu emprego. Mais...
Mais 'Ribadeo pide' e non 'consigue', ou, mirado dende outro punto de vista, Ribadeo non fai, senón 'pide'.
Por partes. Coido que o primerio é constatar, unha volta máis, o desorde administrativo a conto e conta da proliferación de administracións con solapamentos debidos ós acordeóns presupostarios: cada administración tenta 'ampliar campo competencial' tanto a nivel legal como fáctico, o que fai en función dos presupostos e prioridades. E claro, se se trata de invadir campos, non hai moi boa coordinación, o que fai que queden como resto guerras por servizos e servizos desatendidos.
Neste caso, a petición foi do concello á Xunta, estimo que tanto por competencias como por orzamento: entre os dous cursos, o proxecto acada case os 280 000 €, e fai falta o recoñecemento dos títulos. Aparentemente, nada de invasión nin descoordinación de competencias. Mais, se non é asi, e os cursos están xustificados, cal é o problema? A priorización dos cartos prevista dende Santiago en relación coa pedida dende Ribadeo? a falta de comunicación entre as seccións institucionais correspondentes? O verse afectados os diferentes niveis políticos de enfermidades partidarias diferentes? Ou será que ten que entrar algunha organización privada polo medio para que a cousa tome carta de natureza?
Descoñezo o por que da negativa nin máis entresixos, é dicir, 'quen ten a razón', se non é compartida a senrazón, mais repito, os cursos poden potenciar o emprego de 32 persoas cun rendemento considerable: está visto o tirón das necesidades turísticas, e non só en Ribadeo, senón en zonas próximas, e co paso ó dixital, o arquivo, a dixitalización e a xestión documental teñen futuro aquí e na China. Polo tanto, sería boa cousa que, se se pode amañar, se amañara e o tema comezara a funcionar.

Collido de http://ascatedrais.gal/ascatedrais/xeorutas/

Chámame a atención que, despois de ser pedido e ó que parece non concedido, non haxa unha nova oficial a traverso das novas do concello, para información e/ou propaganda da situación, e ma chama algo menos que non exista unha referencia na páxina do concello para espallar o que se pretende e recoller información sobre xente interesada ou aportacións para mellorar o proxecto. Pero xa sabemos que debe ser moito máis doado pedir unha escola taller que facer prácticas de participación cidadá (neste caso, non se valora o título)

20160225

Incidindo no comercio. Na época de entretempos hai que prepararse para 'tempos' máis produtivos.


Comentaba onte sobre a ACIA de Ribadeo, ACISA, e as súas contas. a raíz da asamblea anual que tiveron a pasada semana. Seguindo a mirar o comercio, dende a xuntanza ata hoxe houbo pequenos cambios que poden afectar ó panorama comercial ribadense. Un deles, sobre as catedrais: de pronto, púxose en marcha o sistema de reserva en internet para o período de Semana Santa, coincidindo co período non lectivo no ensino en Galicia. E volve a entrar en discusión o cambio de fuso horario en función dos pactos para o goberno no estado. Mais esta volta, non para Galicia, senón para todo o estado.
As Catedrais

En relación co primeiro, volta o desconcerto. Foi de pronto, non se sabe se vai a haber pases para os hostaleiros, non aparecen sinalados os días de petición cara ó verán... o que lembra os desencontros da primavera pasada, aínda que con menor intensidade e maior tranquilidade por varias razóns: é un período máis curto, e lémbrase que o pasado ano houbo reparto para todos e non houbo constancia de que en ningún momento o sistema de reserva incidira de xeito negativo no comercio, a pesar dos receos iniciais. Así pois, tranquilidade... todo parece estar atado e ben atado pola beira do comercio. En canto á protección efectiva da zona, diso continuaremos a falar.

A duración do día varía

En relación ó novo horario proposto, unha diferencia importante con negativas anteriores: mentras que na proposta feita no seu día dende Galicia para o cambio do fuso horario  galego, na que a fronteira do horario legal cambiaría de estar no Miño entre Portugal e España a estar no Eo entre Galicia e Asturias e o resto de España, desta trasladaríase ó Bidasoa, entre España e Francia. Para o comercio galego significaría unha harmonización co horario portugués sen a desconexión co horario asturiano (a relación comercial coa meseta para este efectos coido que inflúe abondo menos que a que hai a traverso da ría de Ribadeo, a mais de que estemos a falar nun blog sobre Ribadeo). E volve a haber as discusións que case se poden cualificar de metafísicas sobre se a noite no inverno chega ó tempo en Galicia e Berlín, cousa que é certa. Esquécese que considerar só ese período de máximo oculta non só o máximo de verán, no que diferencia de chegada da noite son varias horas entre ambos puntos, ou que esas mesmas horas marcan no mesmo inverno a diferenza da chegada do día entre ambos lugares, e por suposto, a diferencia media de chegada e retirada do Sol a ambos puntos. Tamén se preguntan que por que non variar sinxelamente os horarios legais de apertura e peche de locais. Ben, son medidas xerais, que ó non ser xa propostas só para Galicia, teñen unha incidencia na zona insignificante para o comercio, a pesar de que propostas de cambio anteriores si podían ter incidencia grande para o comercio de Ribadeo. Quizais as propostas actuais, o mesmo que as pasadas, teñan máis influencia para os ritmos diarios da xente.

20160224

Mirando as contas de ACISA

Aparecía a semana pasada no xornal La Voz de Galicia, na súa edición de A Mariña unha nova aparentemente sen importancia, "Acisa Ribadeo prevé gestionar este año 139 394 euros, un 56% más que en 2015", co subtítulo "Proyecta duplicar el gasto en campañas, hasta los 54 985 euros".
Para os que temos certa idade, e traducimos aínda de cando en vez os euros a pesetas, 23 millóns de pesetas seguen a significar para o gasto dun ano unha cantidade moi considerable. E iso é o que son os presupostos anunciados: unha cantidade considerable. Entendo que nela deberan ir incluídas as dúas cantidades que destacaba nunha nova o pasado decembro (16 árbores, 25 comercios e (por outra banda) moitos euros) que sumaban 20 000 € do concello entre convenio e financiación directa do alumeado de Nadal, pero só aparecen 14 000 de subvención, co que o alumeado non está contemplado, non é tema de ACISA, a menos que vaia a 'campañas', pero entón debera figurar como entrada polo concello, e non aparece tal, segundo o xornal.
Pantallazo da web de ACISA, hoxe (así dende o 24 de abril de 2015)

Tampouco me queda claro polo resume do periódico o tema da pista de xeo. estará incluída nos 54 985 € de campañas?
Son contas dunha sociedade que non vin reflectidas en anos anteriores no papel. Estrañarme non me estraña: dos 139 394 euros, 100 000 son subvencións, polo que entendo que deberan ter unha transparencia pública total, pero resulta que son de xestión privada, e as administracións públicas esixen en relación inversa á forza do contrincante. Só un de cada catro euros gastados serían xerados pola propia entidade, o que non cobre nin os gastos de oficina, mentras que a entidade patrocina asociacións con cartos públicos e criterios privados, amosando unha influencia coas institucións que estaría relacionada con esas cantidades intercambiadas. Hai poucos días tamén apareceu a nova de que ACISA propoñerá ó concello que as festas sexan levadas por un patronato [que se desprende, da nova de prensa, que sería 'de eventos', incluíndo as festas, pero tamén outras cousas como o Ribadeo Indiano e o que puidera vir: "Acisa Ribadeo propone crear un patronato que organice las fiestas", La Voz de Galicia]. Aposto que dito patronato tería representación de ACISA, saíndo de novo ó seu través cartos públicos para as festas despois de ser privatizados e aparecer como tales.
Outros datos que se desprenden das últimas novas de prensa en relación a ACISA son:
Asociados: 150-155 (aprox, segundo o xornal)
Aportación media mensual por socio: 25 € (e non saen as contas dos máis de 150 socios e cotas previstas, quedando máis próximos a 120 que ós 150 anunciados na prensa)
Orzamento 2016: 139 394 €
Ingresos.
-Subv. Ben Empregado (Deputación): 39 417 €
-Subv. Concello: 14 000 €
-Subv. Xunta: 40 000€
-Cotas asociados: 36 000 € (a ter en conta que as cantidades en miles son aproximadas, e puxen esa cantidade en troques dos 40 000 que destacaba a prensa para que cadren sumas)
Gastos.
-Xerencia 21 837 €
-Traballadores 34 796 €
-Asesores externos 6 746 €
-Bolsas e banderolas socios 1 524 €
-Gastos oficina 11 530 €
-Patrocinio 4 000 €
-Campañas 54 985 €
-Comisións bancarias 800 €
Se se suma, verase un pequeno desaxuste ingresos/gastos, que achaco á imprecisión das cifras expostas, sen ter seguridade na afirmación.
ACISA Ribadeo coido que ten boa saúde, e estar activa (aínda que con menos socios dos de hai uns anos). E Mira polos seus fins, o que non debe estrañar a ninguén, como tampouco debe estrañar que as ideas de ACISA non sexan compartidas por todo o mundo, ou, noutra orde de cousas, que sexa subvencionada, incluíndo persoal (Deputación, programa 'Ben Empregado')

20160223

Fóra dos focos, con liberdade

Non é a primeira vez que aparece no blog o tema da vixiancia (ver embaixo). A máis da vixiancia a que nos vemos sometidos ó ter que ceder información á compañía telefónica ou ó banco, e en moita maior medida, imos deixando o noso rastro informativo en internet. Cada vez máis. E, ó que parece, lonxe de fuxir dese sometemento, queremos abrazar un cada vez maior.
Iso se deduce da proposta que, en liña con outras semellantes ó longo da xeografía próxima e lonxana, valorou a ACIA e tamén, de xeito independente, ten pensado propoñer o grupo local de C's: incorporar cámaras de vixiancia en Ribadeo.
Coido que a idea foi rexeitada xa algunha vez, máis ben por custe ou por baixa delincuencia que por outra cousa. O motivo da vixiancia, o vandalismo ou os roubos, son accións imposibles de solucionar a curto prazo e que necesitan educación en primeiro lugar. Mais requírese solución rápida, e entón dise que se hai vixiancia, non haberá transgresión.
A historia di máis ben o contrario: a vixiancia favorece a transgresión selectiva, cualitativamente máis grave, favorecendo á xente que ten máis posibilidades de saltarse as normas, á que ten máis práctica... e incidindo o castigo sobre os delincuentes e delitos menores ou ocasionais, criminalizando a todos (ou hai alguén perfecto?) mentres se controla a toda a sociedade (o que require por unha parte, un esforzo, e por outra, alguén que exerza o control, que posiblemente estará encantado de exercelo e non o deixará escapar).
Por experiencia persoal, tendo a entrada do edificio vixiada por cámaras dunha entidade bancaria, podo dicir que non evitou roubos no edificio, nin que quen os perpetrou siga sen ser capturado por seguir a ser descoñecido, nin mesmo que un entrante do edificio sexa un dos lugares máis porcos de Ribadeo, con acumulación recurrente de mexos e devoltos -en particular, en días de movida-, estando no centro do pobo. As cámaras non o evitaron e seguen sen evitar esas cousas, pero si me teñen vixiado na miña entrada e saída da propia vivenda. E é que eu vivo, móvome á vista das cámaras, pero non son un delincuente profesional, e polo tanto, non estou preparado para saltar esa vixiancia que si están preparados para saltar con tranquilidade quenes delinquen de xeito habitual.
Cámara de vixiancia en fachada
O caso é que, así as cousas, deixar a resposta da instalación en mans da existencia ou non de cartos, implica un si á vixiancia, pendente só da priorización da implantación en relación con outras outras accións que pugnan polos cartos. É dicir, implica que se implante a vixiancia medio prazo. E deixa fóra o sentido ético, a privacidade, o que se vai a facer con eses datos... non tendo tampouco en conta os estudos sobre o rendemento, a efectividade da medida.
Non se trata de ter ou non cousas que ocultar, de secretismo, senón de estar baixo vixiancia e perder a intimidade en función dunha seguridade que tampouco se logra. Coido que a frase 'quen perde liberdade por ganar en seguridade perde ambas' (algo semellante dixo Benxamín Franklin) é abondo adecuada e ilustrativa.
--
Sobre a vixiancia e as cámaras en Ribadeo:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/10/o-gran-irman-cada-vez-mais-cerca.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/05/xa-votaches-agora-temosche-vixiado.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2009/12/os-santos-inocentes.html
E na UE:
http://www.europarl.europa.eu/news/en/news-room/20151022IPR98818/Mass-surveillance-EU-citizens%27-rights-still-in-danger-says-Parliament

20160222

Consultando ó pobo

Elixo unha bela foto de Suso Fernández na queima do antroido desde ano, final da celebración realizada con retraso por causa do mal tempo, como portada para esta entrada, que ao menos en teoría, non vai de antroido.
Hai poucos días comezou a circular pola rede (e en máis lugares) o seguinte cartel:
Asamblea aberta? De que me sona iso asociado a un partido? Ah, si, do BNG-Asemblea aberta. E onde quedou despois das eleccións o de asembleas abertas? Pois non o sei. Agora tamén o PSOE.
Non sei se se usaba antes ese par de palabras xuntas, supoño que si, mais a cousa coido que se popularizou co movemento 15M. Ben, segundo parece o 15M trouxo novos ventos na lingua e na intención de facer en política. Iso xa está demostrado. Benvidos os novos tempos!
Mais...
As asambleas 15M eran máis ben 'autoconvocadas', cousa que claro, aquí non se da. O lema, queremos escoitarte, dista de algo como 'queremos participar'. Si, claro, xa sei que o primeiro para participar é intervir, e para intervir hai que ter ideas, e intervense con ideas. E aí chegamos ó meollo: no vídeo de lanzamento da asamblea aparece 'como participar' (na asamblea, non nos esquezamos, non na xestión do común, que a canle é o partido) e pregunta se tes ideas. Se tes ideas, vai e dillas. Xa se encargan eles despois.
O vídeo, accesible dende o Facebook da Agrupación Psoe Ribadeo (P con maiúscula, soe con minúscula) está prefabricado e aproveitado como anél ó dedo para Ribadeo. E presenta a mecánica. Ven, é algo atractivo, podes participar... na asamblea. Danos as túas ideas, que chas xestionamos.
Certo que é un avance ante algúnhas políticas de ouvidos xordos que se practican, e que non son o único partido que as fai (antes das eleccións proliferan), pero tróuxome á cabeza aquelo de que a delegación da representación é o máis oposto á democracia.
Son consciente de que, de paso que faigo crítica, estou a facer propaganda do que é un benintencionado (espero) acto de partido no que se pretende achegar se ó pobo, e a esa función de representación que teñen e tratan de manter os partidos. De feito, espero que lles vaia ben, que vexan que a xente ten ganas de participar, que pode facelo, e que se decaten tamén de que quere e debe facelo de xeito directo, sen mercaderes de ideas intermedios. Non se falaba hai non tanto tempo, noutro marco, de suprimir eslabóns entre produtor e consumidor? Pois máis aínda cando coinciden nas mesmas persoas.

20160221

De acordo con Franco. Unha curiosidade do 1973

Dependendo do navegador, ó mellor hai que coller a imaxe co botón dereito do rato e abrilo nunha fiestra independente. Trátase do BOE de 24 de outubro de 1973, páxina 20537:


"Decreto 2640/1973 de 17 de agosto, por el que se declara conjunto histórico-artístico y paraje pintoresco la villa y ría de Ribadeo, en la provincia de Lugo". Enténdese toda a ría de Ribadeo, dende a illa Pancha ata o fondo...

20160220

Unha acta que nos atinxe sobre a vellez vista dende aquí

Onte venres houbo unha tertulia en viveiro na que participou José Mª Rodríguez, impulsor da residencia que está a piques de rematarse en Ribadeo. A raíz do que aparece a continuación, dicir que non houbo sorpresas: houbo constatacións. E iso é importante, evidenciar o que está a suceder, para interiorizalo e actuar en consecuencia. Velaeiquí as conclusións:

Acta de conclusiones a raíz de la tertulia sobre 
ENVEJECIMIENTO POBLACIONAL: CONSECUENCIAS 
Organiza: Seminario Estudos Terra de Viveiro 
Lugar y hora: salón de actos del Centro Social de Abanca en Viveiro, viernes 19 de febrero a las 19.30. 
Participantes: 
* Dña. Cristina Goás. Trabajadora Social. Coordinadora del Centro. 
* D. José María Rodríguez. Profesor. Investigador. Activista en la plataforma ciudadana de Ribadeo, pro Residencia de Mayores. 
*D. Pedro Gordo. Médico. Ex Jefe del Servicio de Medicina Interna del Hospital Da Costa del SERGAS. 
* D. Pablo Mosquera. Médico. Ex Profesor de Salud Pública de la Universidad Pública Vasca. 
Trasladamos a la sociedad las siguientes conclusiones 
1. El envejecimiento poblacional es imparable. Una cuestión de Estado. Un problema demográfico que impregna a todas las políticas a diseñar por las Instituciones Públicas del Estado de las Autonomías y desde la responsabilidad y gestión Municipal. 
2. Que Galicia haya separado la gestión de la Asistencia Sanitaria de los Servicios Sociales, ha sido un error que impacta sobre el funcionamiento eficiente del denominado espacio SOCIO SANITARIO. 
Cartel anunciador da manifestación pro residencia
3. Gracias a la solidaridad inter generacional, una parte muy importante de la crisis ocasionada por el fracaso del modelo económico y laboral ha sido paliada por la actitud y el sacrificio del cohorte poblacional conformado por los pensionistas. 
4. Rechazamos, por obsoletos, tanto el término tercera edad, como las viejas fronteras demográficas de la vejez. Uno es viejo en la medida que pierde su autoestima, su independencia y su capacidad para ejercer los derechos sociales que son propios de la ciudadanía. 
5. A la medicina no le ha quedado más remedio que adaptarse al envejecimiento poblacional, ya que cada vez son más los usuarios del Servicio Nacional de Salud que demandan cuidados habiendo cumplido los 85 años de edad. 
6. Los dos grandes problemas del envejecimiento poblacional son: La relación entre activos y pasivos en el mecanismo financiero de la Seguridad Social, que pone en duda la sostenibilidad del sistema y su capacidad para, en un futuro muy próximo, atender sus compromisos en materia de pensiones. La cada vez más elevada cifra de ciudadanos dependientes, que requieren de ayudas, cuidados y prestaciones en el seno de la sociedad a la que pertenecen y en el marco natural de las familias. 
7. Los recortes en el gasto socio sanitario son un error, una injusticia y una falta de visión socio económica, ya que no sólo se trata de atender un derecho Constitucional, es que las generaciones mayores ya han cotizado para ser atendidas con dignidad; al mismo tiempo que el espacio socio sanitario debe ser un nicho de empleos estables con salarios dignos, en el sector terciario de la economía. 
8. La democracia es mucho más que poder votar cada cuatro años. Es participar. Por eso nos revelamos contra la imposición a nuestros mayores de toda suerte de dicterios. Especialmente, lo que significa su desatención, desarraigo y abandono a su suerte. 
 9. Por lo que antecede, defendemos una red pública de equipamientos y servicios socio sanitarios, integrados en el SERGAS, con gestión próxima a las residencias naturales de nuestros mayores, pero buscando y priorizando el mantenimiento de nuestros mayores en su medio territorial y social. 
10. Ser mayor y jubilado es una segunda oportunidad. Para disfrutar de la sociedad del conocimiento, del ciber espacio, del patrimonio histórico, cultural, religioso y ecológico de nuestro país. Se trata de dar vida a los años. Se trata de ser mayor sin perder la capacidad de ser y estar como ciudadano activo en el siglo XXI y sus avances.

Mañá publicarán os medios sobre o bastón de mando do pobo

Nun prazo non moi longo, os concellos serán restruturados. Iso nos levan dicindo xa un quinquenio, ao menos. E, daquela, é probable que o actual Ribadeo e o actual Trabada queden englobados nun mesmo ente 'local'. Por iso, esta nova afecta de xeito directo a Ribadeo, aínda que se producira esta mañá en Trabada.
Escudo de Trabada.
Anxo - Galipedia, a wikipedia galega, CC BY-SA 3.0
https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=310959
A cousa é que hai preto dun ano, as eleccións locales despoxaron ó antigo alcalde, que repetira cargo abondos anos, representando sempre ó mesmo partido. E entrou na casa do concello aire novo. O cambio non se fixo de xeito moi fraterno, pois, entre outras cousas, a flamente nova alcaldesa non tivo o bastón de mando. Polo que parece 'estaba perdido'. Hoxe, esta mañá, un grupo de persoas (entre as que se atopaba Pancho Campos, presidente de O Tesón), despois de procurar un bastón de mando adecuado, fíxolle entrega do mesmo á alcaldesa Mayra García Bermúdez, xa que non o recibiu do anterior alcalde, José Manuel Yanes Ginzo. Mañá será nova, e posiblemente, a nova lerase cun sorriso de curiosidade por moita xente, e pensando na oportunidade por case todo o resto. Depende de como sexa tratada a nova.
Eu tamén a estou a tratar agora aquí, pensando no que penso sobre o que pasou tanto esta mañá como no momento do remprazo na alcaldía. No remprazo, estimo que houbo cando menos, descortesía, a máis do tema da 'perda' do bastón. Esta mañá houbo unha reafirmación da vontade popular manifestada nas eleccións. Mellor, houbo unha simbólica delegación de poder das persoas na alcaldesa, pois o  bastón entregado á alcaldesa é de supoñer que quedará no concello e non será propiedade de Mayra, como parece que puido ter ocorrido con anterioridade. A delegación, lonxe das eleccións, disocia a vontade popular do sistema representativo no que estamos vivindo, manifestando así que é representativo, non democrático. E nese sentido, coido que aínda queda moito por percorrer, mais a entrega do bastón a Mayra estimo que moito máis aló da posible oportunidade é un paso na boa dirección cara a toma de conciencia e implicación da xente nos asuntos do pobo.
--
Nota posterior:  O bastón sí que foi agasallado a título persoal, persoalizado, e non para o concello, quedando a alcaldesa emprazada por si mesma para ter un bastóns institucional. Se ben o feito cambia así, a lectura (ao menos, desaxada por min) non o fai tanto, polo que queda a entrada tal cual, a máis esta nota.

20160219

O peso da fama

Os culebróns producen fama machacona nos particpantes: tanto saen na pantalla que a súas caras asócianse por repetición á relevancia. É algo ó que, nun mundo dominado pola imaxe, estamos afeitos. E non nos sorprende, aínda que ás veces debería.
A conto da información en papel onte nalgún xornal, na que o alcalde se manifestaba (repito, segundo o xornal) xa canso do tema, volvo a recoller o que tratei hai poucos días ('o antroido de cinco minutos') para revisar a nova nota do concello sobre o asunto do 'pequeno Nicolás'.
Leva dito o alcalde sucesiva ou intercaladamente que aquelo non foi nada, que hai que collelo con humor, que so foron 5-7-8 minutos, que o único, a atracción mediática, que lle viu ben a Ribadeo a propaganda, ou que o tema xa o cansaba.
Imaxe da es.wikipedia.org
A min estanme sucedendo tamén unha serie de sensacións a conto do que vexo do Nicolasín e o seu séquito necesario: cando me enterei do sucedido sorrín, porque calquera pode caer nun engano, pero entendo que é máis difícil caer na montaxe dunha parafernalia en relación ó engano cando a persoa ten unhas determinadas conviccións persoais, e iso foi o que me chamou a atención. Despois, veume o desconcerto ó ver que o alcalde potenciaba a imaxe xocosa propia, e con ela, a de Ribadeo, nos medios. Non me parece que esa potenciación de imaxe do pobo sexa positiva a non ser que se considere favorecedora a fama de Lepe polos chistes graciosos que lla dan que que fan quedar ós leperos non demasiado ben parados. Si, é certo, se non fora polos chistes quizáis non coñecería da súa existencia. Pero é que en Lepe non teñen algo como As Catedrais,  que fai que o pobo teña sona ata nas antípodas por algo máis xustificado e positivo que un truculento rendemento de pleitesía á 'casa real'. Aquí, iso de 'que falen dun aínda que sexa mal', coido que está fóra de lugar. E trátase dun pobo, non de alguén que quere vistosidade de cara a unhas eleccións.
E claro, despois de ver o aproveitamento mediático dun tema que eu consideraría bochornoso, non me estraña que o alcalde estea farto dalgo que promoveu, e máis cando toca ir a declarar a Madrid despois de non serlle concedida a declaración por videoconferencia, segundo axustou a anterior nota de prensa do concello.
Realmente, estou desexando que remate o culebrón, que para chistes de certo estilo prefiro que teñan asento en Lepe e non en Ribadeo.

20160218

50 días

Tempo abondo. Mais non para o concello.
De novo o concello de Ribadeo queda mudo. En contraposición ás notas de prensa, cando se lle pregunta algo, o normal é a calada por resposta. Por eso, hai que insistir unha e outra vez para lograr un mínimo xa non de participación, senón de información. Veu pasando dende que se logrou a quenda de preguntas fóra do pleno hai dez anos, antes e despois. Xa non sei as preguntas que teño sen contestar, presentadas de xeito individual ou colectivo. Un post anterior, de hai poucos días, participando/desparticipando foi por algo.
Esta volta, trátase dunha pregunta concreta sobre o faro. O 28 de decembro deuse entrada no concello ó seguinte:

Cun tempo prudencial, indo ó concello e lembrando o tema a un funcionario, non houbo problema en completar as dúas páxinas pedidas, e, do mesmo xeito, oral, confirmouse a petición e concesión dunha ampliación de prazo. Solucionado o tema de xeito oral, despois dun desprazamento, cerrado o punto aínda que non sexa con contestación escrita. De feito, hai unha entrada no blog de día 20 do mes pasado, 'novas dende a illa Pancha' na que se comentan ditos puntos.
Pero a contestación da segunda petición necesitaba unha contestación escrita. E levamos máis de 50 días sen ela. Non sabemos a que se debe a tardanza en corroborar a existencia ou non dun escrito que o ministerio afirma dispoñer (por escrito) e o concello non ter emitido (de xeito oral, en xuntanza entre varias persoas).
Dito escrito, a estas alturas, pode non ser importante para o procedemento se foi emitido (indicaría tan só a actitude do concello, supostamente baseada en cuestións técnicas máis que en eleccións políticas), pero si o sería en cambio en caso de non existir e aparecer no procedemento.
En calquera caso, trátase dunha cousa sinxela de responder que non está a ser respondida. Entendemos ademais que non é unha falta de resposta por funcionamento administrativo senón por decisión política, pois mal que ben, os outras puntos xa foron aclarados. Que pasa pois? Mentras, corren prazos e aínda que parece que o tema está parado (lembremos, mentras se deben estar a depositar 1500 € mensuais, entre outras cousas) tamén implica para nós un parón nunha liña de actuación en defensa do que creemos  que é bo para todos.

20160217

O antroido de cinco minutos

Non importa que fora fóra de tempo. Tampouco que fora con proveito para alguén e merma para os máis. Foi unha antroidada que se viu despois como tal. E que segue a evoluír na nosa cabeza. Si, refírome ó 'Pequeno Nicolás', máis famoso en Ribadeo que o 90% dos premios Nobel, por poñer unha comparación.
Collido de http://www.lamarea.com/2014/10/21/aclaraciones-jorge-izquierdo/ lic. CC BY-SA 3.0
Onte mereceu unha nota de prensa do concello. Nela notificábase a declaración do alcalde e do xefe de policía local en Madrid, hoxe, a conta do engano. Considera a nota que puideron ser de cinco a sete minutos os que 'interactuou' a mascariña cun alcalde convertido en enganado escoltado ó pouco desa actuación no verán de 2014.
A cousa foi algo como a gasosa. Unha volta descoberto o engano, houbo unha prolongada saída ós medios en termos xocosos, pero a nota do concello aclara que o alcalde xa se ten negado ('ten declinado') a participar en programas de televisión sobre o tema.
Como todo o que concerne a este caso, rocambolesco. Non habería tal serie de enganos sen a colaboración necesaria dos enganados. Enganados, si, a conta de procurar algo que non era precisamente engano. En Ribadeo, un alcalde non precisamente monárquico baixa, con escolta, a visitar ó individuo disfrazado de representante da casa real...
Procurando documentación, chego na wikipedia a 'El pequeño Nicolás' (libro que por certo me gusta aínda hoxe e que deu lugar por asimjilación ó alcume de 'pequeno Nicolás') e atopo de primeiro unha nota: "Para el joven que adquirió notoriedad pública tras ser detenido en 2014 por presunta falsedad, estafa y usurpación de identidad, véase Francisco Nicolás Gómez Iglesias". Algo así como unha metáfora: non confundamos unha ficción que é presentada e vista como tal cunha ficcción impostora da realidade.
Nese lugar adicado ó pequeno Nicolás hai unha sección adicada á visita a Ribadeo, que presenta como fonte unha crónica de José Alonso:
"La falsa visita de Felipe VI a Ribadeo 
El 14 de agosto de 2014 se esperaba la visita del rey Felipe VI al pueblo gallego de Ribadeo debido a un rumor que había hecho correr Francisco Nicolás Gómez Iglesias. Se llevó a cabo un protocolo de seguridad e incluso el alcalde de Ribadeo esperaba recibir al monarca, mientras que lo que se encontraron fue con el propio Francisco Nicolás, quien llegó acompañado por cuatro coches y ocho escoltas, con las sirenas, además de la policía local escoltándolo. Dicho policía fue expedientado del cuerpo." Cabe aclarar que o expedientado foi o policía foráneo...
--
Un par de comentarios no blog sobre o tema:
Agosto 2014
Outubro 2014
Agosto 2015

20160216

Nota de prensa do Grupo 'Por Nuestro faro' sobre o 'Catálogo das paisaxes'

Fronte do grupo en Facebook

O pasado 12 de febreiro, tivemos coñecemiento polos xornais do inicio da fase de información pública do « Catálogo das paisaxes », trala súa  aprobación polo Consello da Xunta. A « Lei do Solo », aprobada esa mesma semana establece no seu artigo 30 a categoría de « solo rústico de especial protección paisaxística », unha nova categoría que ten permitido identificar 207 áreas para as que se establecerán obxectivos de calidade, normas e recomendacións, que deberán ser tidas en conta polos planes urbanísticos e sectoriais. Este novo instrumento de protección do noso territorio, non inclúe polo momento ningunha zona pertencente ó concello de Ribadeo. Por este motivo, desde o grupo « Por nuestro faro » queremos comunicar que, durante o período de alegacións, propoñeremos que se inclúan no « Catálogo das Paisaxes », a Ría de Ribadeo, « As Catedrais », e « Illa Pancha », con valores paisaxístico, turístico e cultural que están fora de toda dúbida.
Por elo, queremos instar ó Concello de Ribadeo a que apoie a nosa iniciativa, que estimamos de gran utilidade para a conservación destas zonas xa clasificadas de especial protección por varias normativas, -entre elas a do propio plan urbanístico municipal (PXOM), ou a Rede Natura 2000, a nivel europeo, entre outras- pero que, polo momento, no se teñen en conta pola Xunta á hora de elaborar ese Catálogo. Invitamos tamén a outros colectivos, motivados pola idea de protexer, e reglamentar a calidade do noso patrimonio natural, a sumarse a esta petición e/ou a propor espacios que consideren de interese.
Grupo « Por nuestro faro »

Coñeces os espazos naturais protexidos de Ribadeo?

Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar.
O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non só polo espazo que ocupan. Certo que coincide co que en estatísticas de temperaturas tócalle o día máis frío do ano (que non deste), o que puido, xunto con ser día de semana, restar atractivo a unha saída polas zonas húmidas do noso arredor, a pesar da súa lembranza por unha exposición sobre aves recollida poucos días antes da biblioteca Viejo Pancho ou o mesmo día nas redes sociais por xente como Óscar Chao ou Enrique Sampedro, amantes de Ribadeo, a natureza, as aves...
Pero voltemos ó noso. Coñeces as zonas naturais protexidas de Ribadeo?
Para comezar un recorrido por elas pódese ver unha entrada do blog sobre zonas naturais protexidas de hai dous anos, ou a web de espazos naturais de Ribadeo Turismo, que comeza co humidal protexido da ría de Ribadeo. A zona da ría de Ribadeo, que aglutina humedal (5,63 km2), zona RAMSAR (11,92 km2 segundo algunhas informacións, pero non todas) LIC (do que na páxina do concello especifícase que inclúe a illa Pancha) e ZEPA, parece que dispón de protección para a súa beleza, biodiversidade ou ecosistema en xeral. Desfrutamos dela, e por iso ás veces non nos decatamos que esa protección necesita defensa, que se non, é letra morta. E remítome ás probas, dede os sucesivos impactos na zona de portos ata o 'aproveitamento' da illa Pancha, pasando pola variación provocada das correntes na ría debido á acción humana, a agresión extra que significan as altas velocidade que alcanzan motoras, motos acuáticas ou esquís e outras 'actividades de ocio', etc. E isto da protección, aínda que se levan, ademáis, descubrindo restos diversos no fondo, que parece deberan sumarse para ter aínda máis coidado do noso entorno próximo.
Poderiamos seguir coa reserva da biosfera, 1 588,83 km2 (quince veces a superficie do concello de Ribadeo) en catorce concellos entre Galicia e Asturias con preto de 33 000 habitantes (algo máis de tres veces os de Ribadeo) vivindo no seu interior, ou con as outras figuras de protección. Mais coido que é mellor para todos o tomar conciencia delas, desfrutalas, valoraralas e a partir de aí, actuar se se ve necesario...

... Por suposto, hai máis zonas naturais que aínda que non están protexidas sería cousa de mantelas. Ocórreseme o Pozo Mouro (ou aquí, entre outras entradas no blog) ou, relacionados coa historia no medio desa natureza, os mútliples castros (ver o libro de José Mª Rodríguez editado por O Tesón) ou o marco da Pena Verde (ou aquí). Ou podería aproveitarse para comezar con algún paseo nas rutas previstas da costa, da ría ou Ribadeo-Remourelle.
As parroquias de Ribadeo. Obtido de http://ribadeo.gal/imxd/arbore_web/doc/1225801618mapa_parroquias.pdf

Algunha ligazón subministrada polo concello na súa web:


20160215

Unha queima do antroido de Guinness

O sábado non se queimou o antroido. Non foi polo mal tempo, a pesar da nota emitida. Non. Sinxelamente, non podía competir co antroido a nivel estatal que se montou e queimou (en parte) esta fin de semana. A queima deixou á vista a estrutura do boneco. Os soportes quedaro ó aire, a cabeza voou dun estalido, a queima atrouxo tódalas miradas, foi rápida, non tan limpa como sempre se pretende nestes casos, os fogos de artificio deixaron aberta a boca a máis dun, aínda que outros semellantes se viron, e os rescoldos... eses continuarán ó roxo vivo aínda moito tempo.
Cabeza de boneco de Guinness
En Ribadeo sabemos diso de bonecos de Guinnes. Tivemos unh ahi anos de mans de Gilberto, Pepe e cía. Quizáis por iso sabemos mirar a eses outros antroidos que andan queimando e que coinciden en época de antroidadas de pura casualidade. Sabemos que hai que miralos cun sorriso porque están destinados a iso, a ser queimados, aínda que a súa refinada estrutura parecería que estivera destinada polo contrario a facer falsa a sentenza que indica que se pode enganar á xente moito ou durante moito tempo, pero non as dúas cousas xuntas...
Así pois, ben ido vaia o antroido montado no entorno de Esperanza Aguirre. Esperemos que teña consecuencias, e non sexamos nós ó final os que quedemos con cara de antroido mentras, como dirían algúns, 'se van de rositas'.

20160212

Forzas da natureza contrapostas

Estes días, tras o temporal, estamos afeitos. Un vídeo do temporal en Rinlo o pasado día 8 de febreiro de 2016 como o que me chegou por correo electrónico (vin noutro lugar que lle atribúe a autoría a Cecilia de Lamas) da mostras das forzas da natureza. Por suposto, non é a primeira vez que tal ocorre. Na páxina de youtube procurando de xeito adecuado poden verse vídeos semellantes, máis ou menos espectaculares deste e moitos outros temporais anteriores, se ben parece que este non lle tivo que envidiar a ningún outro que se lembre.
Collido dun vídeo do que non sei o autor

Collido de http://www.igme.es/patrimonio/GEOSITES/A_Introduction_SGFG.pdf (2014)
Por outra banda, aparece unha nota do concello sobre a petición de inclusión das Catedrais-Os castros en Geosites. Si, esa formación xeolóxica que ten asombrado a moita xente e que rematará sendo destruída polo mesmo mar que remata de asombranos días pasados.
Forzas contrapostas, que sufrimos e tentamos aproveitar. Paréceme moi ben a iniciativa do concello, pero hai que axustar que o Proxecto Global Geosites naceu no 1996 auspiciado pola Unesco, logo non é nada novo. Aquí deixo a ligazón a unha introdución a Geosites no caso español (en inglés) para quen queira saber máis.
De calquera xeito, Hia outra cousa que me chamou a atención favorable na nota do concello: a proposta non é 'as Catedrais', senón 'As Catedrais-Os Castros', que considero con máis sentido de unidade, máis futuro como conxunto e máis visión para unha posible instrumentalización da inclusión do sitio no listado de lugares de interese xeolóxico mundial (versión española). E ben, sexa ou non recoñecido o sitio (aposto que si o será) por esa distinción, coido que xa serviu para algo, para aumentar a nosa mentalización sobre a atención xeolóxica e non só estética dunha zona que temos próxima e que tendemos a valorar só en parte, por moi positiva que sexa esa parte.

20160211

'O noso modelo de negocio baséase nas persoas'

A traverso dunha entrada de Santiago Fernández-Reinante Salvatierra en LinkedIn chego á publicación 'Excelencia empresarial' (descargable), que na súa p. 8 titula de xeito semellante unha entrevista a 'Roberto Ramos Piñeiro, CEO Serviocio' e concelleiro polo PSOE en Ribadeo. Un pequeno resume: 28 centros deportivos xestionados, 120 000 aboados, 940 empregados... Quen queira máis información, a ligazón ó pdf e a páxina web da empresa.

Identidade e política na tetraloxía 'Castelao ou A paixón de Galiza' de Daniel Cortezón

    Así se titulou unha ponencia relacionada con Daniel Cortezón que Santiago Sanjurjo, tamén ribadense, levou onte ó I Congreso Internacional de Novos Investigadores en Estudos Literarios e Culturais (CIJIELG) na Universidade de Vigo. Entereime de casualidade, supoño que o antroido fixo que a nova pasara desapercibida para os medios locais, de xeito parello a outras circunstancias que fan que non cheguen a coñecemento xeral os traballos doutros ribadenses espallados polo mundo adiante. Copio o resume que aparece no libro de comunicacións.
    "O dramaturgo Daniel Cortezón (1927-200) é fundamentalmente coñecido polos seus textos teatrais de carácter histórico. Algúns deles forman xa parte do máis senlleiro da historia do teatro galego, a pesar do desapercibido que adoita pasar este autor nos manuais de literatura e da inexplicable escaseza de estudos sobre a súa obra.
    A produción dramática deste autor atende a un proxecto que busca espertar a memoria do pobo galego e reactivar o seu inconsciente colectivo mediante a creación dun teatro político-social e outro de carácter histórico-político. Porén, non é posible entender os obxectivos de Cortezón se non se ten en conta a súa crítica ao que, seguindo a proposta de Helena Miguélez-Carballeira, podemos chamar “identidade sentimental” de Galicia. Para Cortezón, a principal causa do que el califica como o fracaso histórico e político de Galicia é atribuible a características como o sentimentalismo, o lirismo, o humorismo, a saudade ou o peso da tradición, todos eles constituíntes dunha suposta identidade galega que ten que ser obxecto de revisión e superación.
    Na súa teatraloxía Castelao ou A paixón de Galiza (1986-1997) Cortezón fai un percorrido pola traxectoria vital, intelectual e militante de Castelao desde os comezos do século XX ata a o seu pasamento en 1950 no exilio arxentino. O obxectivo desta contribución consiste en estudar como o autor por unha banda, cumpre coa súa intención de desempoar os heroes e antiheroes da historia para que os galegos se sintan vencellados e reflexados neles e, xa que logo, dignificados, mais tamén como, por outra, atende á necesidade de atopar, mediante o achegamento crítico e deconstrutivo, as causas da incapacidade do pobo galego e dos seus persoeiros para levar a cabo unha acción política capaz de superar a inhibición histórica de Galicia como nación"

20160210

"Carnaval, te quiero"

Hai anos titulei unha entrada como 'en castellano, para que me entiendan'. Coido que, lograra o artigo expresar ou non o que quería, o título era abondo autoexplicativo.
En Ribadeo dase o caso de que unha das músicas claves destas datas de antroido galego é o 'carnaval, te quiero'. Unha contradición moi típica do antroido, cando é asumida como tal. En caso contrario, coido que é máis integración que contradición.
Algo semellante me levou a poñer o título deste artigo en clave de antroido, referido a outro antroido maior, ó ver un pequeno documento de attac, "El Foro de Davos se prepara para el colapso: el «Informe global de riesgos» 2016". Un artigo xugoso sobre o futuro de todos nós.
O futuro sempre é complexo, e estamos indo cara ó 'máis difícil aínda'. Mais ollado a traverso de ollos que miran o seu propio embigo e non se ven parte dun conxunto da humanidade, a cousa toma tintes teatrais, grotescos... (aplíquese/aplíquense o/os adxectivo/s que se vexa/n máis convinte/s) Certamente, quen non o vexa como antroido -o informe, a estrutura destino do informe, o que se pretende como noso futuro- está banalizando unha cousa tan seria como o antroido. E é que o caldo de cultivo do informe 'sobre riscos globais' é un baile que se pretende de mascariñas sendo unha mascarada. Un antroido que non ten conciencia de selo.
O informe ten influencia? Xulga: encargado por xente con poder, dominio e cartos, para o seu propio consumo. E por que antroido? Pois... O informe trata dos riscos para o mundo? Non, trata de riscos globais para que as elites podan seguir disfrutando dun statu quo moi favorable. E así, impide ver que boa parte da solución ós problemas que se propoñen (que son de todos, non só de elites, por moito que os vexan con outros medios ópticos) está precisamente nese statu quo contra natura. Nunca mellor dito, contra a natureza en conxunto, non so contra o '99%' de iguais na humanidade que non consideran como iguais. Un exemplo: aparece no informe como un dos grandes riscos a inestabilidade social, e esquécese que a desigualdade é a causa fundamental de inestabilidade. É algo que é mesmo visual: onde hai desigualdade, hai irregularidades superficiais e non se pode pretender que se deixamos algo nesa superficie irregular se quede tal cual sen facer un esforzo por mantelo así... por suposto, empregando recursos de todos para ir contra moitos.
Hai tempo, moito, que o desenvolvemento social foi visto como teatro. O teatro evoluciona. Hoxe pode verse como títeres, coa aparencia de tales dos representantes sociales ou por actuar estes contra títeres, elevándoos ó seu igual, ou como teatro do absurdo. O antroido extendeuse a todo o ano, e sabemos que o antroido é impredicible...

20160208

Ribadeo en venda

Van dez anos dende a publicación de 'Ribadeo falls', sobre o que daquela chamei as 'casas caíntes de Ribadeo' (tamén daquela no xa extinto 'publicado en Ribadeo'). Moito teñen cambiado algunhas cousas no noso pobo. Moi poucas daquelas 'casas caíntes' seguen hoxe en estado de ruína, aínda que non estaban todas as que eran, e dende aquela incorporouse algunha máis ó club. De calquera xeito, agora os derroteiros van por outros camiños.
Imaxe de 'Ribadeo falls'

Hai unhas semanas aparecía na Voz, da man de José Alonso, unha nova lembranza de que en Ribadeo hai edificios interesantes en venda. Interesantes no sentido de interesantes para a poboación, non no de ofrecer ou non unhas boas condicións para que podan parecer baratos.
En concreto, daba nota de tres edificios que xa levan tempo no mercado. Este post é só para lembrar o patrimonio común (aínda que sexan porpiedade privada, forman parte do pobo), e ampliar algunha cousa.
O primeiro é a chamada 'aduana vella'. En venda hai anos, tense ofrecido como lugar para hotel. Construido como pazo no 1726, ten dado moitas reviravoltas, sendo usada como casa de Pedro Miranda Villamil (comerciante da época do Marqués de Sargadelos), aduana, fábrica de salazón e convento (na ocupación do edificio do Convento de Santa Clara na invasión napoleónica). Dise que ten un túnel que conectaba co mar na zona da Cova da Vella. Ten 340 m2 de planta, tres plantas, edificación xunta doutros 60 m2 e conexión entre ambos dous edificios e un patio. Foi obrigada á restauración hai pouco tempo. Era ofertada por dous millóns de euros.

Escudo e balconada.

Fachada leste.

Vista da ría e das Figueiras.

Cara ó norte: entrada da ría.

A fachada sur do conxunto.
A Aduana, sendo remozada, captada por Google earth

Vista dende Porcillán, no Google earth
 O edificio non só é vistoso, senón que tamén ten vistas...
Cadro de José R. Saavedra co edificio da aduana á esquerda.

Outro, a casa indiana da Axudantía de Marina. Segundo puxen no seu día, a casa que durante moitos anos ten sido a sé da Axudantía de Marina tamén é de indianos. Está situada entre a Casa de Torres e a capela de San Roque, rematando cara ó centro do pobo o grupo de catro casas de indianos (as outras son a Casa de Rodríguez Blas e a Casa de Andés)
A casa, tal como se ve hoxe mesmo no Google Earth
A casa, como a referín no 2007
A casa, hoxe

Está localizada en San Roque 12. Foi mandada construír por Francisco López García no 1886. Ten cerrazón da finca con murete e verxa. Fachada principal con columnas de fundición, balcón con rexas metálicas e miradoiros tamén metálicos. Tres plantas e baixocuberta, de planta 265 m2 (Medidas polo SIXPAC), fan un total de preto de 1 100 m2, distribuídas hoxe en tres vivendas despois de ser concebidas como unha soa: De igual xeito que a aduana, ten sido usada para diversos menesteres: vivenda, axudantía ou lugar de ensino. Na actualidade ten 12 habitacións e cinco cuartos de baño. Ten un xardín abondoso.
As tres plantas teñen un aspecto moi diferente xa na fachada principal: na entrada, dúas columnas de fundición manteñen o balcón superior, con miradoiros metálicos a ambos lados. Esta casa foi incluída no paseo do 'Ribadeo Indiano', como testemuña diante dela un pé para un código QR hoxe inexistente.
Prezo: 800 000 €
O terceiro, unha das casas do cantón, o nº 27 de Pza. de España:
A casa, hoxe mesmo.
No cantón da pza. de España, a disposición (Google earth)
Tres plantas, baixo comercial (ocupada por Ven de viños ata o momento) e máis. Ronda os cen anos co seu señorío: balcóns sobre a praza, participando na arcada do cantón, a altura dos seus teitos mantén a liña coa da Torre dos Moreno, e os ventanais non deslocen do conxunto. 430 m2, nove habitacións e tres baños, terraza e un pouco de terreo. Precio: 485 000 euros.
Outra, en Rodríguez Murias, 11, 750 000 €, 963 m², 24 hab segundo o anuncio. A planta baixa, duns 160 m², acompáñase de 3 plantas duns 220 m², (si, máis grandes que a baixa, segundo o anuncio). O local comercial, anteriormente unha entidade bancaria, de aproximadamente 100 m², está "totalmente acondicionado, con posibilidad de ampliar superficie hacia planta baja del edificio. Cuenta con acceso a terraza desde planta baja y jardín en la primera planta."
E máis: en Amando Pérez 26, 250 m², 250 000 €, "Totalmente rehabilitado (...) Espacios muy luminosos y tranquilos (...) Ventanas con cierre puente térmico." 
... etc.