20160706

Música ad hoc

Entérome polo xornal: un novo grupo de música vai parir o sábado, A Gramola.
Non é novidade en ribadeo que nazan novos grupòs. Dende hai tempo Ribadeo ten un ecosistema local de música moi vivo que se viu aínda máis vivificado a partir da academia que potenciou Amadores e logo da escola de música. Tampouco é raro que o grupo de músicos que se agrupan sexa numeroso (35 esta vez), nin que as idades, coma neste caso, teñan un amplo rango (de 9 a 67 para A Gramola). Xa é algo máis selectivo que se cree para un evento. Este parece, segundo o xornal, ser o caso para este grupo: Nace no Ribadeo indiano e para o Ribadeo indiano. Nace para a festa, para vivir unha festa en particular. Coa música.
Non sei moi ben por que se me ven á cabeza outro grupo tamén adicado a unha tempada anual, a rondalla. Lémbraste dela?

Ningún comentario: