20160830

«Nunca criticariamos o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes»

O título é un subtítulo que sae hoxe nos papeis. E un indicador de mentalidade de acción política. Naturalmente, na nova de hoxe as palabras son atribuídas e hai cores políticas e actuacións concretas polo medio, nun lugar determinado, mais prefiro deixalo así: coido que é abondo máis explicativo.

Viaxes, dietas... ou calquera outro emolumento outorgado (autooutorgado) ten o plácet en función da consecución de cartos para esa facción de sociedade concreta. Non importa a xustiza ou a solidariedade. Non importa a cohesión entre concellos (nin a outro nivel), o que contan son os resultados medibles en cartos sacados do común para o 'noso'. E claro, aí xa se dispón dunha vara de medir elástica: un nivel de consecución a uns pareceralles pouco e a outros moito, porque o que xa está conseguido é a consideración do resultado como moeda e que haxa un grupo beneficiario a quen se pertenza ou non (o resto, non conta). Que logo queda abandonado o que se consegue? Non importa, tentamos conseguir máis, que o que conta é ganar moito.
Non é a primeira vez que oio esa cantinela. A primeira vez que me decatei dela o contador de séculos aínda non dera a volta. Daquela considerei que a mesma idea era un foco de corrupción: se o que se procura é conseguir cartos, e para iso empréganse cartos, por que non mercar directamente as vontades? O rendemento sería maior. Só despois funme dando conta de que iso é só o límite, mais antes de chegar aí prodúcese un cambio na consideración do común e das persoas e grupos: para ter o sentimento de poder comprar unha persoa, antes a persoa convértese en algo máis comprable, deshumanízase. Tamén me decatei de que a gangrena esténdese non só nun sentido. Porque, imos ver, que diferenza hai entre mercar a vontade de alguén para conseguir cartos ou mercar a vontade de alguén para o voto, que supón cartos (si, tamén, xunto co poder) para un grupo? Ou de mercar para conseguir algo para unha parte pequena da sociedade a mercar para conseguir para o propio grupo social, ou para un mesmo?
A primeira vez escoiteino, non o lin na prensa. Agora sae nos papeis e a bo seguro que moita xente dirá (ou dirase) algo así como 'claro, se a inversión sae a conto...'

20160829

ESCUDO DE RIBADEO (III) Francisco José Campos Dorado

Ven de Escudo de Ribadeo (II)
--

A foto 1 é do escudo de armas de Ribadeo da Casa do Concello no Pazo de Ibañez. A foto 2 é do escudo de armas de Ribadeo que estaba no monumento dos bous, hoxe retirado por cuestións lexislativas da Memoria Histórica.

 Estes escudos elípticos, son propios da dignidade eclesiástica dun bispo, dun arcebispo, dun cardeal e mesmo do Papa, pero non de dignidade civil ou militar, como é o escudo do Condado de Ribadeo. ¿Cal de todos eles é máis propio das armas de Ribadeo? Sen lugar a dúbidas o que ten formato cuadrilongo redondeado ou en punta, como o escudo da Virxe do Camín, o máis antigo, ou calquera dos que timbran coa coroa condal. ¿Por qué se lles deu forma elíptica a estes escudos modernos? Sen documentación que acredite de quen deu orden de gravalo así, é un enigma, pero quizais a bordura externa foi copia, feita a imaxe e semellanza do escudo do Pazo do Xulgado (que analizaremos nun próximo artigo) cuxo edificio tamén facía de Casa do Concello cando o alcalde de Ribadeo D. José María Castelao comprou en 1942 a Casa de Casas antigo Pazo de Raimundo Ibañez, para facer nela a Casa do Concello. Como podemos ver, ámbolos dous escudos non están timbrados (non teñen coroas, nin cascos ou celadas) e carecen de adornos exteriores.
 Se nos fixamos na estrela destes escudos, que hoxe presentamos, tanto unha como outra aparentan ser de cinco puntas, pero a da Casa do Concello, abre no xefe e a punta principal está abaixo, inversada respecto da dos Bous (que é perfecta na forma e na posición) e aparecen outras cinco puntas por debaixo dos vanos angulares da principal, cuxo conxunto forma unha estrela de dez puntas, figura bastante insólita en heráldica, pois incluso os cometas se representan con oito puntas e o sol con un círculo rodeado por dezaseis raios uns rectos e outros ondulados.
 As chaves en barra cos paletós das gardas cara abaixo en destra, están ben deseñadas as dúas respecto do “imperativo estético” do que falabamos no primeiro artigo. Podemos ver malos deseños desta forma da chave, nos “escudos de Ribadeo” que están nas bancadas cabeceiras do Cantón dos Morenos, cuxas chaves están en banda, e non en barra, e cos paletós de gardas cara arriba en sinistra. Menos mal que o cemento de que están feitos é de tan mala calidade que pouquiño a pouco, están desaparecendo.
 Outra particularidade, son as ondas do escudo da Casa do Concello, parecen “rampantes” ou levantadas cara o lado destro. Un recurso artístico para facelas paralelas a inclinación da chave, pero unha anomalía heráldica pois carece de rigor. As ondas do escudo dos Bous, son regulares e están ben representadas a nivel, aínda que son cinco ou seis, e deberan ser tres reas soamente, igual que na bandeira de Ribadeo, con un pico encrespado a destra, como se ve no escudo da Virxe do Camín, ou con varios picos como no escudo condal.
 O borde do escudo do Concello, con varias arquivoltas ou molduras parece máis ben o marco dun camafeo, unha excelente xoia para levar o “retrato da amada” ou as pinceladas dun artista, pero nada que ver coa bordura dun escudo de armas. A bordura sinxela do escudo dos Bous está perfecta para o escudo dun bispo. Para rematar, diremos que ningún dos dous é o escudo de armas de Ribadeo, aínda que leven as mesmas figuras ou mobles.
 Volvendo a historia dos escudos eclesiásticos. Afonso VI “O Bravo” (1065-1072) rei de León e máis tarde (1072-1109) rei de Castela, León e Galicia (Rex Gallaeciae) cando encadea o seu irmán García II (rei de Galiza e Portugal) e asasinan tamén o seu irmán, Sancho II “O Forte” (1065-1072) primeiro rei de Castela, polo que o Cid lle toma xuramento en nome dos casteláns, na Xura de Sta. Gadea de Burgos para comprobar que non tivera que ver no asasinato de Sancho, seu gran amigo. Afonso VI, é un dos reis máis importantes da Reconquista que tratou de unificar os reinos cristiáns, impoñendo orden e autoridade, protexeu a cultura e acolleu os monxes de Cluny da orden de San Bieito de Aniano que fixeron triunfar a liturxia romana sobre a mozárabe ou toledana. Desta época data a fórmula do rito cristián de: “católico, apostólico e romano”. No ámbito cultural, Afonso VI (1072-1109) fomentou a seguridade do Camiño de Santiago, e introduxo a reforma cluniacense en Galiza, Castela e León.
 Pois ben. A capela da Virxe do Camín ten indicios destas épocas de reformas, nos seus símbolos gravados. Por un lado o escudo de armas coas ondas e a chave en pau, que en moi alto grado de posibilidades, é o escudo dun prelado ou dignitario eclesiástico ou do superior dun convento. ¿Por qué este aserto? Sabemos que o poder eclesiástico non aceptou o escudo de armas do Concello na fachada da capela da Atalaia no preito de 1722 (Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza, páxina 6), ¿por qué, no século XII, había de aceptar poñerlle un escudo de carácter segrar, civil ou militar, á fachada dunha capela afastada case un kilómetro do recinto amurallado do casco de Ribadeo?. Ademais, sabemos, que nos tempos de Alfonso VII (1126-1157), D. Munio Vallibriensi Episcopo (Bispo de Vilamaior de Vallibria o actual Mondoñedo) e o Conde D. Rodrigo Vela Montenegro, fixeron reparto “amigable” de parroquias e terras o 21-Maio-1128: “(Afonso VII) querendo poñer paz entre os bispos da Igrexa Mindoniense e os Condes daquelas terras... porque moitos males, litixios, discordias e contendas xurdían entre bispos e condes... pois como si foran reis, oprimían a xente, razón pola cal aquel territorio estaba sempre en excomuñón”.
 Por outra banda, a orde de Cluny, fundada a primeiros do século X, fíxose cun imperio monástico de priorados autónomos moi podentes e foise apartando no século XII das novas ordes relixiosas, entre elas, da cisterciense de San Bernardo de Claraval ou Clairvaux, que rebatía o desbaldir de luxo, orgullo e vaidade en que se fora convertendo a orde de Cluny. Pero en favor de Cluny hai que dicir, que máis que os seus dereitos de autoridade da época feudal, proxectaba arte, arte monástico que é prototipo de formación do gran estilo románico e sobre todo, do concepto da decoración de gran valor artístico, ó entre mesturar figuras dos tres reinos da natureza: mineral, vexetal e animal, entre estes a figura humana pintada en escenas evanxélicas ou exercitando artes e oficios. Quizais algún mural houbera nalgún tempo nas paredes interiores da Capela da Virxe do Camín, e coas “reformas” do século XVI desaparecera.
 Pois ben, a Orde Cisterciense, que relevou a Cluniacense, tamén está reflectida na fachada da entrada da capela da Virxe do Camín, nesa grande cruz de Malta pometeada, da que xa falamos nun artigo anterior.
 Polo que vemos na Historia, Ribadeo, sempre tivo que ver co negociado eclesiástico e co civil da Administración Pública e si non foi dunha maneira foi doutra, sempre tivo que andar pelexando polo de seu, pois sempre houbo “algúns elementos” que trataron de desposuílo dalgún honor ou prebenda do que gozaba ou goza. Non cabe dubida de que antes, como a día de hoxe, debemos de seguir ollo a espreita para non perder nunca a nosa idiosincrasia, carácter e temperamento tan particular que nos caracteriza e do que temos que sentirnos moi orgullosos, pois nunca fomos sacarlle nada a ninguén e aquí veñen a arrebatárnolo todo: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, Capitanía Marítima, incluso parece ser que andan detrás de levarnos a Alfándega (da cal “so temos” 800 anos de historia), quixeron sacarnos o Mercado un montón de veces, levaron a Capitanía da Guarda Civil, quedamos sen un triste barco de pesca nin mercante, sen Navieras, nin Consulados, nin Sanatorios, sen Base Marítima... e agora parece ser, que ata no Faro da Illa Pancha van facer un dúplex, unha falcatruada, e os “grandes políticos” locais e autonómicos, non son capaces de promover absolutamente ningunha fábrica nin industria de riqueza para Ribadeo, só temos bens de servizo. Por si fora pouco, a algunhas “grandes superficies” deixáselles facer un muro de formigón armado a escasos seis metros da estrada de entrada por Dompiñor, e nin sequera retirarse seguindo a liña da fachada dos edificios adxacentes, cando a outros negocios semellantes se lles obrigou a facer accesos amplos por medio de túneles por debaixo da estrada, retirando decenas de metros as fachadas porque ían ser urbanizacións amplas de carácter comercial, e agora cando se acababan de facer accesos amplos con beirarrúas pagados con diñeiro público, tamén se deixou facer unha gasolineira pegada a rotonda, e gustaríanos saber ¿qué tipo de criterio se sigue para o desenrolo do famoso PXOM de Ribadeo, posto que, polo que vemos a “vara de medir” non é a mesma? Por un lado a un veciño que se lle ve poñer un ladrillo de máis ou pintar unha parede dunha cor “estraña”, cáenlle “as corenta e unha”, e a certa tropa de simples especuladores, iso si, con algúns cartos para especular, se lles da “patente de corso” para que fagan o que lles pete. ¿Isto é loitar contra o caciquismo e implantar a democracia ou é a continuación da “dedocracia galega”, que non é calquera cousa, pois eiquí ten moitísimos anos de pedigrí?
 En Ribadeo no verán quedamos sen prazas hoteleiras para a inxente cantidade de visitantes, e aqueles vellos hoteleiros, navieiros e empresarios morreron e non houbo ningún relevo xeracional, para dar traballo de cotío. Soamente cunha pequena industria co presuposto dun tramo do AVE árabe a Meca, ou co simple costo dunha porta de esclusa do Canal de Panamá, teríamos o porvir asegurado en Ribadeo. Pero... aquelas vellas familias fidalgas de Ribadeo, a Ribadeo veñen a “descansar”. Non se instalou en Ribadeo a CEPAL (Central de Papeleiras Libres) para fabricar 60.000 Tm de papel prensa o ano e 40.000 Tm. de produtos varios, e agora exportamos polo porto de Ribadeo, centos de miles de toneladas de pasta de papel de primeira calidade. ¡Inaudito!. Sen embargo, non perdemos a esperanza, pois para crear riqueza, podemos pensar en compensar o tema, esperando que “un día destes” apareza a señorita París Hilton por aquí, que anda de xira polos arredores, lle bote unha ollada á Torre dos Morenos, á Aduana Vella, á panorámica de Sta. Cruz, ás Catedrais... e nos monte un Casino Hilton Hotel de cincocentas habitacións, salas de xogo, etc. onde se poida empregar moita xente e mover todo o ano riqueza e ata a “carracuca”, como no Ribadeo Indiano do verán ¡ay, Ribadeo Antigo, industrial, autónomo e cheo de encanto, canto te boto de menos!

20160828

Se é algo normal: un corte de luz

Onte os xornais traían a nova de que o día anterior, 15 000 mariñáns se quedaran sen luz. Como nova, como se fora algo que non ocorre en maior ou menor grao a diario.
Co hashtag #‎cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de 'novas' de cortes de luz en Ribadeo. É certo que polo momento non é moita a xente que vai apuntado, pero é abondo para ter unha pequena ristra que dende hai un mes inclúe:

20160825 5:17 madrugada. Rodríguez Murias Corte de 1 minuto.
20160824 9:15 corte de luz 1 minuto aprox. cuatro calles-Reinante
20160821 10:57 zona cuatro calles e Reinante, microcorte
20160817 12:36 zona 4 calles, 1 minuto
20160814 8:30, cousa de 1 s, zona catro calles
20160724 11:56 microcorte na zona catro calles
20160727 arredor das 7:00 microcorte
20160724 11:56 microcorte na zona catro calles, Reinante, Rosalía... aparellos desconfigurados, etc. (varias referencias)
Dende comezos do verán véñense sucedendo microcortes sobre as 7 da mañá.

E é que unha cousa son fenómenos naturais que podan causar unha situación excepcional (esa é a explicaciń da compañía para o corte de venres) e outra que sinxelamente non se atenda o estado da liña e ó seu mantemento.

20160827

Para comparar. Pasen e vexan

A comparación da perspectiva. O martes 23 colgaba un artigo, 'Ante una lanza hecha añicos', de Covadonga Suárez, resposta a outro chamado 'de opinión' ('Al maestro armero', ver comentario de Ramón García Reimundo na ligazón) que saíra o día anterior no El Progreso. Hoxe, sábado 27 por fin sae publicado no El Progreso. O de que 'sae publicado' pode considerarse máis ben un eufemismo, pois pode compararse o orixinal e o publicado:
Si, parécense, mais... cantas diferencias es capaz de atopar? Refírome a máis da posición no xornal e da dilación da difusión, ou daquelas outras derivadas de que o espazo non é abondo para o que se quere publicar nun determinado lugar.

20160826

Automoción e Ribadeo: referencia mutua

Hai 25 anos que comezaron as actividades formativas externas de automoción en Ribadeo. Moito tempo leva pasado dende aquela, variacións, experiencia... ata chegar a na actualidade ó V Forum de Innovación e Formación sobre vehículos que organiza APAGA entre o 31 de agosto e o 2 de setembro no hotel O Cabazo.
Onte foi a presentación, na que participaron a máis de Carmen Cruzado, actuando de mantedora e Álvaro Doural como Presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, o Presidente da Deputación Provincial, Darío Campos, o primeiro en falar, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, o segundo, e Alfonso Fuente Parga, alcalde de Barreiros, o terceiro. Se se repasa o díptico do evento, verase que as tres entidades, de partidos e lugares diferentes, colaboran con esta actividade que recolle en plena forma unha tradición formativa que parte dos noventa.
Nas súas verbas Álvaro Doural referiuse ó número de xente que atenderá ó evento, 62 persoas matriculadas a día de hoxe, atendidas por 23 empresas e 32 ponentes. Esta edición incorpora a presentación técnica de proxectos de empresas da zona, como o do dron de embarcación Defensor. Incorporará tamén por primeira vez videoconferencias do servizo español para a internacionalización da educación. Voltará a estar presente un profesor alemán, Paul Gliet, exprofesor do Paul-Spiegel-Berufskolleg (centro de formación profesional) en Warendorf, Alemaña, experto que manterá un taller sobre xestión de baterías. E tamén voltará a aproveitar a experiencia de xubilados experimentados no campo e veciños da zona, como Ramón Roca Maseda, que xa ten participado e con gran experiencia en coches antigos e unha boa colección deles, patrono da Fundación RACE (e disertador na última festa indiana sobre os 'haigas dos indianos'), e Pedro Campos Garraza, enxeñeiro de motores D.I. que falará sobre a medición da txa de inxección nos diesel.
Unha característica diferencial (por desgraza) destas actividades nestes últimos anos é a falta de recoñecemento oficial para os certificados, que implica ademais a falta de axudas da Xunta tanto para a realización como para os asistentes. Algo que non merma a calidade, pero que fai máis difícil a organización e a asistencia.
--
Algunha entrada sobre APAGA no blog:
APAGA segue! (2014)
Apaga e segue: APAGA encende (2013)
Formación de Ribadeo ó mundo (2015)
Mañá aquí hai unha festa, non? Tes que ir ó traballo? (2015)

20160825

Dirixindo a atención

Quen estaría en desacordo en discutir un tema que domina, lle gusta e lle favorece? Xa o propuxo dende hai moito tempo Tsun-tzu na Arte da guerra: Escoller o campo de batalla é unha avantaxe grande para o desenrolo da mesma.
No actual desenvolvemento dos gabinetes de prensa hai unha razón de propaganda como anuncio dunha versión interesada, si, pero pode ser aomenos tan interesante a proposta mesma de tema a propagar e debatir. Ocorre cos gabinetes dos ministerios, da xunta ou das grandes empresas tanto como nas propostas de novas dos concellos. Velaí as últimas novas que aparecen na web do concello de Ribadeo, por tomar un exemplo achegado no tempo e no espazo.
A máis afastada no tempo leva por título 'Débeda con Ribadeo' e centra o debate de financiamento de xestión pública por parte da Xunta en Ribadeo na falta de apoio á residencia de maiores. Estase pois a propoñer o debate sobre o finanzamento en algo que se sabe certo, que ó tempo favorece a unha determinada formación política na súa loita polo poder, e centra aí e non noutro posible lugar a discusión. Difícil é opoñerse, unha vez tomado ese tema enfocado.
A seguinte máis próxima no tempo é 'Lavado de contedores'. Anuncio de actividade e... alguén se opón?
Un pouco máis achegado, 'Volta ciclista'. Outro anuncio, con instrucións para unha actividade festiva. A destacar no segundo parágrafo 'quixemos'. Un verbo ó que non hai nada que obxectar pero que carga implícitamente a posible discusión sobre a vontade de bo facer dos gobernantes.
Xa máis próximo, 'Pediatra, un día á semana' pon o dedo na chaga dunha lacra a combatir como pobo: a falta de cobertura médica. Non é un combate para construír entre todos sen máis, senón para agruparse contra quen non está facendo as cousas ben para Ribadeo. De novo, algo que obxectar?
A máis achegada no tempo, 'Éxito de Mariñarte',  defínese polo seu título: a posible discusión está zanxada antes de comezar a partir dos datos aportados e actividades realizadas.
Evidentemente, haberá quen poida discutir a 'postura oficial' en todas estas novas, mais, de partida, leva todas as de perder.
Máis aínda cando hai unha difusión centrada en dous diarios en papel e dixital, un só dixital e unha emisora de radio, todos coa mesma fonte, e as redes sociais que, aínda que podan producir outras novas e interaccións, teñen unha parte importante do seu funcionamento como caixas de resoancia de novas previamente enlatadas.
No medio, o sempre escaso tempo dos periodistas para cubrir as novas e cunha fontes que lles vai surtindo ó ritmo que quere.
Teño que recoñecer que o artigo rematou de virme á cabeza ó ler un interesante texto que me propuxeron onte (a min e moita outra xente a traverso dunha rede social), 'Como la tecnología altera la verdad', aínda que neste caso que propoño o aspecto tecnolóxico é algo en certo xeito secundario e non se trata de alterar a verdade, senón de construíla (que tamén no artigo de referencia).
Ilustro o artigo cunha imaxe: o ceo de Ribadeo con nubes ó amencer. E é que o recurso á temperie foi sempre unha saída para conversas de éxito máis ou menos asegurado.

20160824

A volta a España, por Ribadeo

14:57:52, hora da primeira foto dos corredores, a cabeza de carreira pasando por diante do parador.
As fotos pretenden ser unha pequena testemuña gráfica dun día chuvioso cunha pizca da historia deportiva de Ribadeo, o día no que os 164 corredores que saíron de Viveiro camiño para Lugo pasaron por Ribadeo no seu periplo na Vuelta Ciclista a España, a volta.
Un pouco máis abaixo, un coche que subía dende a Vila vella foi parado catro ou cinco minutos antes e abroncado polos motoristas no medio da alucinación xeral polo despiste do condutor. En Ribadeo tamén caeu un ciclista nesta edición da volta, se ben seguiu a etapa nestes momentos sen rematar)
 Despois do ambiente, os escapados (daquela uns oito minutos de avantaxe):
Chama a atención que o pelotón pasou por equipos, como se pode ver nas fotos seguintes.



E, dende a beira do camiño, pouco máis que dicir, a sensación é difícil de transmitir e seguro que para o veciño de visión foi diferente.

Tres fotos das catedrais

Son de onte, de Suso Fernández. E non, non expresan a beleza e harmonía dun monumento natural. Velaivan:


Non expresan máis ben destrución e abandono? A que parece unha paisaxe desértica ou lunar? Pois non, é a zona das catedrais sobre o cantil. Unha zona de visita libre polo momento incluída nun monumento que ten visita restrinxida 'para protexelo' entre 9 e 9, máis ou menos.
Coido que hai que tomar conta de dúas cousas. Unha, a destrución por destrución, sen conciencia (moitas veces, literalmente sen ter conciencia do que se está a facer, e outras, sen conciencia de que o mal está mal, non sen ter conciencia de que acto se está a facer). Outra, o sistema de vixiancia e conservación.
O primeiro necesita educación, educación, educación, que inclúe cousas como moral ou control voluntario a máis de empatía co ambiente e desfrute da nautreza e da beleza. Cousas que aparecen nos programas educativos dun xeito tan etéreo...
O segundo... o que non se depositen pedras nos estratos inferiores dos cantís xa está controlado, mais un lugar como as catedrais ten moitos aspectos a considerar, a maioría deles enumerados no plan de conservación, mais para ver as cousas en conxunto, un só detalle: o plan daba tres cifras diferentes para deixar pasar ó areal, da 'protección baixa' a 'protección alta', e a elección dunha foi política, non técnica. A técnica foi o subministrar os tres números -por certo, sen arredondar en cantidades que supoñen milleiros- e poñer en relevo determinadas circunstancias da zona. E comezou cun enfrontamento Concello-Xunta, coas catedrais como arma arroxadiza, que aínda segue e é previsible que seguirá de xeito máis ou menos larvado, misturando conservación e atracción de turistas a Ribadeo ou desvío deles cara a outros concellos, á beira de amosar quen exerce o control nun ou outro aspecto.
E é que unha vez establecido o plan, a pesar que que tiña previsto un seguemento, o que se pensa é na súa crítica para apoiar variacións de plan moito máis políticas que técnicas, sen pensar nunha mellora continua (a pesar de declaracións). Como dixen noutro momento, medidas sen alma.
Por certo, antes de rematar, que o acceso ás catedrais e os números de visitantes lévame a outra entrada do blog que está de actualidade polo que sucede en relación á illa Pancha: os turistas si poden visitala, os de Ribadeo, non... a menos que se convirtan en turistas, claro!
E deixemos de falar. As fotos están aí como testemuña. Se queres ir comprobalo, podes: non hai restricións á entrada nesa zona...
E lembra que tes moitos máis artigos sobre o tema das catedrais en ribadeando.

20160823

Ante una lanza hecha añicos. Covadonga Suárez


   Este artículo tiene por vocación aclarar ciertas cuestiones mal comprendidas o interpretadas por un colaborador de este periódico, esperando que también pueden resultar de utilidad a cualquier lector.
   En primer lugar, nos gustaría decir que no tenemos por costumbre « despellejar » a nadie por tener una opinión, es más, en ocasiones hemos sido víctimas de insultos, intimidaciones e incluso difamaciones callejeras sin adoptar los modales de quien nos atacaba.
   Sabemos que todo el mundo puede tener una opinión. Pero parece que en ciertos casos el encontronazo es más una cuestión de defensa a ultranza que hace que se nos vea como descontentos patológicos, porque, fíjense que nosotros también quisiéramos que se abriera la isla, como hemos manifestado en más de una ocasión, y, por qué no, sacar partido del faro. La diferencia es que explotar el faro y la isla tiene dos acepciones, y nosotros nos quedamos con la primera : es decir, nada de hacer saltar por los aires la riqueza natural y cultural que además sirve de emblema a Ribadeo. No nos parece que dárselo a un particular sea lo correcto, ni que se convierta en el receptáculo fardón de turistas delicatessen. Francamente, para nuestro faro y nuestra isla desearíamos un destino más digno y, como decirlo, « público ». Pero, dicho esto, se siente o no se siente de esta manera y no hay más.
   Lo que nos preocupa es que el proyecto va a desbaratar la integridad de la isla, un proyecto desconocido para la mayoría, como lo es el contenido del contrato de concesión, y ahí empezarían los reproches : la poca información difundida por el Concello a pesar de haberla solicitado con insistencia desde hace año y medio. Es una pena que, teniendo tantos logros a sus espaldas, el ayuntamiento decida sumir en el silencio el incumplimiento de fechas, falta de informes, etc, y llevarlo hacia adelante a toda costa, y en este punto también estamos de acuerdo en que su imagen raya la perfección desde el momento en que nadie sabría cuestionar lo desconocido.
   Dicho esto, pedimos disculpas por no haber leído el periódico aquel día en que se anunció la reconversión del faro en hotel, Pero, por otro lado, la mayoría de los miembros de « Por nuestro faro » no somos ni periodistas ni alcaldes de Ribadeo para estar al corriente de todo lo que acontece en la villa, así que nos enteramos a la segunda, meses más tarde, cuando se le dio amplia difusión y ya no había prácticamente vuelta atrás. Sin embargo, que quede claro, no se le reprocha al Concello de Ribadeo la creación del proyecto « Faros de España » (Ministerio de Fomento), ni el levantamiento de la prohibición del uso hotelero que pesaba sobre los faros (Consejo de Ministros), ni la redacción del contrato de concesión (Puertos de Ferrol-San Cibrao), sino la falta de esa sensibilidad que a todo ribadense , sea de la opinión que sea, debe inspirarle un patrimonio amenazado, sobre todo cuando se ejerce una función pública que obliga a protegerlo, y estando en posesión de toda la documentación que planea modificarlo.
   Por eso, cuando, parafraseando al alcalde, se escribe que no conceder la licencia sería « prevaricar » recordemos solamente que en 2008 cuando ese mismo alcalde manifestaba su oposición a la construcción de una nave sobre la ría propulsada por Puertos de Galicia, a aquello se le llamó « decisión política ». Y parece ser que la noticia también venía en los periódicos.
Covadonga Suárez, miembro del colectivo « Por nuestro faro »
Foto de Suso Fernández

20160822

ESCUDO DE RIBADEO (II). Francisco José Campos Dorado

-Este artigo é continuación de Escudo de Ribadeo (I)-
Reconstruír o pasado dende o presente, utilizando materiais conservados e ditos da tradición popular é unha empresa ousada, pois non temos a seguridade de que as costumes permanecesen inmutables o longo do tempo. Pero tamén é certo que non podemos negar que existen crenzas que perduran no tempo, conservando trazas verídicas do pasado, que ben contextualizadas poden ser un elemento útil de investigación. En todo caso a análise meticulosa das nosas tradicións, achegará gran coñecemento sobre a nosa cultura. Para seguir coa análise do significado do Escudo de Ribadeo (I), temos outro indicio, tan antigo como o escudo da fachada do Levante da capela da Virxe do Camín, de que quen exercía a Xurisdición Marítima do porto de Ribadeo era unha dignidade eclesiástica, e está na tradición, por tódolos ribadenses coñecida, de chamar “Pazo ou Casa do Obispo” a unhas ruínas situadas en Cabanela (foto 1)

Examinemos a cuestión. ¿Onde está situada a “Casa do Obispo”?. Nada menos que está na “primeira liña da praia” de Cabanela, que era o lugar onde se embarcaba e desembarcaba a maior parte das mercancías de importación e exportación do Porto de Ribadeo, mesmo coas calas de Porcillán e Guimarán, medio protexidas do embate e das vagas de mar pola Illa de Guimarán, hoxe desaparecida (Carta de navegación da Ría de Ribadeo de 1776, cota 43). E preguntámonos ¿alguén imaxina o bispo vivindo no peirao de carga/descarga do porto, pois para iso servía a praia de Cabanela? ou ¿alguén viu en algún sitio un pazo bispal fora do recinto da catedral ou nun paraxe moi alongado dela? Non, non é normal que isto ocorra e por aqueles tempos a igrexa principal de Ribadeo era a Real Colexiata do bispo Pelayo Cebeyra e estaba no campo (Santa María do Campo) e anteriormente a Igrexa de Santiago de Vigo, na Vilavella.
Restos en Cabanela, co actual auditorio ó aire libre ao pé.

¿Entón por qué, en Ribadeo, chamamos Casa do Bispo a un edificio, en ruína total desde tempo inmemorial, situado preto da praia de Cabanela? Mesmo Francisco Lanza di que puidera ser onde estaba a Torre das Cabanas (Ribadeo Antiguo, páx.145). Pois ben, nós cremos que era a Casa da Alfándega cuxa administración rexentaba un prelado, ou outro encargado, ás ordes do bispo que era quen tiña a Xurisdición Marítima do Porto de Ribadeo e os beneficios que iso reportaba. Nótese que esta Casa da Alfándega deberá datar de antes de 1369 (data en que se fai cargo o Conde de Ribadeo de cobrar os impostos) polo que as ruínas de Cabanela, son ruínas posiblemente do século XII-XIII, as máis antigas dun edificio de Ribadeo, e que deberan estar máis protexidas por Patrimonio, pois están desfacéndose, como case todo o patrimonio antigo de Galiza, e non falemos da barbarie que se está cometendo cos castros abandonados no medio das plantacións de eucaliptos...!!!
A capela da Virxe do Camín é de arquitectura románica con arcos nalgunhas das fiestras de medio punto abucinados, propios do século XI, XII e XIII, e con posibles reformas do século XVI. Na Casa do Bispo, os arcos da porta e da fiestra que quedan en pé, son arcos escarzanos, os cales tamén eran usados no estilo románico. Se esta casa era naquel tempo o edificio da “alfándega” do Bispo, tamén datará esta parede dun daqueles séculos sinalados, e moi posiblemente sexa, a máis antiga alfándega do Norte da Península Ibérica.
O nome de Casa do Bispo, é fácil de entender que sexa unha forma popular de chamar as cousas por quen as fixo, ou por quen lles saca algún proveito, o mesmo que ocorre, por exemplo, coa Torre dos Moreno, que é unha casa onde non viviron nunca os irmáns Moreno, senón un edificio feito e explotado por eles en apartamentos e pisos en renda.
¿Cómo esta distinción da administrativa marítima chega a ser o Escudo de Armas de Ribadeo? Pois ben. Cando o rei Henrique II de Trastamara, lle concede o Condado de Ribadeo a Pierre de Villaines en 1369, concédelle tódalas rendas do Condado: “almojarifadgos, yantares, alfándegas, escribanías, diezmos e alfolís” (Ribadeo Antiguo, páx.44). Isto quer dicir que aquela prebenda da Xurisdición Marítima da alfándega que antes tiña o bispado, pasou a ser privilexio do Conde de Ribadeo.
Algún dos condes, non sabemos cal, mandou gravar na fortaleza estas armas da Xurisdición Marítima, a chave en pau sobre ondas do mar, e quizais fora, Rui Davalos o Bo Condestable, que comprou o condado seguramente para sacarlle proveito, e a alfándega marítima era unha das proveitosas rendas que lle correspondían ó cargo. Sabemos de certo que estas armas estaban ciceladas na fortaleza en 1722, polo preito que houbo entre o Concello, a Cofradía da Santísima Trinidade e o Bispado, cando se renovou a pedra do escudo da capela da Atalaia, que o “brasón dunha chave sobre ondas do mar”, estaba “non solo no escudo da Atalaia, senón tamén sobre unha porta falsa da fortaleza e torre da vila, e no frontis e sobre a porta principal de esta dita vila e torre do campanario” (ibidem, páx.6). Aquel brasón gravado na Virxe do Camín, xa pasara en 1699 (ibidem, páx.5) a ser asumido polas autoridades locais como as armas do Concello. Pero obsérvese, que na fortaleza estaba gravado sobre a “porta falsa”, isto tamén quer dicir que o escudo estaba sobre unha porta accesoria que daba seguramente a un recinto interior da fortaleza, e estaba gravada como un dos privilexios dos condes, non como escudo de armas deles, que como todos sabemos os Davalos, os Villandrando, os Hijar ou os Alba teñen outras armas de liñaxe.
Pero o Concello de Ribadeo, aínda que xa condado en 1369, non por isto perdeu o apego á xurisdición eclesiástica posto que dende o século XIII Ribadeo ía adquirindo elementos de ámbito relixioso monástico que o seguirán caracterizando ata o día de hoxe: os conventos de Santa Clara e o de San Francisco dan crédito disto, pero sobre todo, coa construción da Colexiata Real en 1270 coa que mantivo altos honores e privilexios, aínda despois de mudar a sede episcopal, en 1233, para Vilamaior de Vallibria, o actual Mondoñedo. Foi unha gran perda para Ribadeo o ver arruinar o edificio da Colexiata de Santa María do Campo e non habela restaurado en 1852 cando o Concello se dirixiu a reina Sabela II, cuxa petición foi ignorada absolutamente, e volvéuselle a pedir a Afonso XIII, e en 1903 o proxecto foi esquecido definitivamente (La Colegiata de Ribadeo, José Mª Rdguez. Díaz, pax. 53). Como di o dito, “temos que acordarnos da nosa historia, senón estaremos condenados a repetila”. Tamén queremos facer mención a outro dos máis antigos escudos de Ribadeo que aparece nos Nobiliarios (figura 2),
pero do que non se sabe dun gravado de pedra armeira semellante en Ribadeo: en campo de gules seis caldeiros de ouro. Non se coñece data deste escudo.
Segundo relata D. Modesto Costa y Turell na Ciencia do Brasón de 1858: “a palabra “gules” en heráldica e a cor vermella, parece ser que foi traída polos cruzados de Terra Santa. “Ghiul” en turco, significa “rosa”, xenérico de todo o que é encarnado, e os que traen esta cor no campo do brasón, están obrigados a socorrer os que están "oprimidos por inxustiza”. ¡Non che digo... hospitalidade, socorro e cultura reborda Ribadeo: Santa Clara, San Francisco, San Lázaro, San Roque, San Miguel, San Clemente, San Luís...! Por outra banda, os caldeiros eran antigamente marca dos rico-homes, que daban os reis por insignias ós cabaleiros os que facían Grandes do reino. Posiblemente este escudo fora concedido por Fernando II, en 1183, cando eleva o rango de Ribadeo a Vila Real. Pero quizais os caldeiros tamén poden interpretarse co significado a inversa: “a entrada de rendas polo porto de Ribadeo que facían grande o reino”, polo que, Afonso IX (1188-1230) ou Fernando III “O Santo" (1217-1230) lle concede tal distinción a Ribadeo. O cal, tampouco sería de estrañar, dado que o transporte terrestre era moi penoso e lento e a chegada dun barco a porto con mercadoría diversa, debía de ser como a chegada dos “reis magos”, pois daba traballo de varios días, a veces de semanas, a todo o pobo. Logo distribuír a mercadoría daba traballo a moitos veciños do contorno e ós negocios da comarca. Actualmente, Ribadeo ten un movemento portuario de un millón de tonelada ano, cuxa mercancía é toda de exportación, non hai ningunha importación, polo que o porto ten unha economía “terceiromundista”: só exporta, nada recibe. E algúns xerifaltes da administración portuaria de Galiza están encantados e dando as grazas, pola boa xestión que están facendo ¡manda truco ver a que chegamos! ¿Non haberá cursiños de Administración Marítima en Róterdam para que vaian estes señores aprender algo do que significa Tráfico Marítimo e Rendemento Portuario con Beneficio?. ¡Qué cruz temos...! ¿Non? ¿Hai máis escudos de armas de Ribadeo que asemellen dignidade eclesiástica?. Si por certo.
--
Continúa en ESCUDO de Ribadeo (III)

20160820

PRO PP A MARIÑA REMATA NO MASMA. Artigo de José Mª Rodríguez

A lectura da prensa dispénsanos a diario unha reata de noticias e opinións cada vez máis sorprendentes. Noticias, manifestacións e opinións, unhas veces amenas, interesantes outras e con frecuencia sorprendentes polo seu cinismo, sobre todo as que se producen en períodos electorais, como é no presente caso en Galicia coas súas vindeiras eleccións ó goberno da Xunta. É neste tempo no tentan captar ós votantes coas súas teimosas e falsas promesas.
Liamos estes días pasados, e non é a primeira vez que o facemos, unha sorprendente manifestación da cúpula do PP da Mariña lucense manifestando que a lexislatura actual do Sr. Feijoo foi “moi proveitosa para a Mariña lucense”. Unha manifestación que os seus autores apoiaban con varios exemplos dos grandes investimentos feitos polo seu goberno nesta comarca.
Valorar esta afirmación do grupo dirixente do PP como falsa sería unha temeridade pola miña banda, se excluímos a Ribadeo do seu concepto territorial sobre A Mariña. Incluír neste paquete a Ribadeo, como o PP pretende, non é máis que unha auténtica felonía e cinismo, propio do período electoral galego no que nos atopamos.
Saben dabondo os ribadenses a nula colaboración económica do goberno do PP do Sr. Feijoo co concello de Ribadeo ó que só lle adicou portazos e desprezos. Exemplo paradigmático desta realidade é a colaboración económica da Xunta de Galicia no ambicioso e necesario proxecto da nova residencia de Ribadeo. Unha actitude ofensiva para un goberno que ten asumidas as responsabilidades da atención á terceira idade, é dicir, do coidado dos anciáns e que abandonou a Ribadeo e ós seus vellos a súa sorte.
A propaganda electoral non debería dar cabida ás mentiras, ós enganos e ás falsidades. Os ribadenses, excluídos da súa pertenza á Mariña polo grupo dirixente do PP mariñán, saberán preguntarse, unha vez máis, que lle deben ao PP da Xunta e obrar en consecuencia cando veñan pedirlles o voto para o Sr. Feijoo.
Como escribín fai máis dun ano, nun artigo titulado “Remata Galicia no Masma?”, dirixido ós ribadenses: “mans que non dades, que esperades”.
-

 Obras de José Mª Rodríguez

20160819

Historias do romanticismo

A ribadense Celia Castro publicou na primavera un novo artigo sobre arte: 'Historias del romanticismo. Una elección'. Adxunto o deixo para a súa lectura. A imaxe pode ampliarse e o pdf pode ser descargado.

Máis obras de Celia Castro.

20160815

Nota de prensa de Por Nuestro faro

Como complemento á entrada anterior (http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/08/illa-pancha-resultado-da-concentracion.html), adxunto a nota de prensa que dende o colectivo 'Por Nuestro Faro' foi enviada hoxe, xunto con fotos e o texto do discurso (ver a entrada anterior):

El colectivo "Por nuestro faro" organizó una concentración por la Isla Pancha ayer, 14 de agosto, frente al Ayuntamiento de Ribadeo a las 12 de la mañana. Hemos contabilizado algo más de 100 personas entre los asistentes, gente muy variada y motivada, cuyo apoyo y actitud durante el acto y al final de éste nos anima a seguir adelante en esta lucha. El acto duró aproximadamente tres cuartos de hora en los que se hizo un pequeño discurso, pronunciado por Covadonga Suárez (que se remite en archivo adjunto), al final del cual, se pudieron oír lemas provenientes del público, como : "Illa Pancha somos todos" y "O faro é noso, non se vende". También se remiten fotos tomadas durante el acto, donde se puede observar una buena parte de los asistentes. Gracias por vuestro interés.

 -Cita da presentación da exposición 'Génesis' de Sebastiao Salgado.

De mulleres en Galicia, visto en Asturias

Onte un xornal asturiano ilustraba cunha gráfica a nova 'Las asturianas ganan talla en la empresa', na que destacaba que Asturias é a segunda comunidade en porcentaxe de 'féminas' (sic) en postos de consello de administración das PYMEs. Na gráfica aparece Galicia como a primeira comunidade do estado en porcentaxe ocupado por mulleres en tales postos.
Chamoume a atención non só polo triunfalismo, senón por algunha cousa máis.
O primeiro, o das 'féminas'. Non e que esteña mal, aparece no dicionario, mais téñoo como patrimonio dos comentaristas deportivos cando non saben ben por onde seguir e fan unha floritura para indicar algo en xeral obvio como é o sexo ó tratar dunha competición deportiva.
O segundo, que a nova é triunfalista, cando a porcentaxe de asturianas neses asentos de dirección é do 28,73%, é dicir, máis de dous homes, case tres, por cada muller. No caso de Galicia a cifra é lixeiramente superior, 28,76%, situándose á cabeza das porcentaxes.
A máis, trátase dun tema moi particular nunha zona pequena, co que a estatística ten un límite de representatividade da realidade. As PYMEs en Asturias, en Galicia e en moitos outros lugares teñen unha compoñente familiar importante, e os postos no consello hai que enchelos, e énchense con xente da familia... o que trastoca o significado e o peso relativo.
De calquera xeito, postos a ser triunfalistas, se os asturianos sacaron un titular triunfalista coa participación da muller na empresa, en Galicia teriamos máis razón de facelo. Agora ben, imos conformarnos con iso, dcir que ben estamos e zanxar o tema?

Illa Pancha: resultado da concentración do 14 de agosto

Comezo con fotos de autores diferentes (Mario P., S. Fernández e Ángel A.) correspondendo a tres momentos tamén diferentes dunha concentración que din (eu quedei sen poder ir) acolleu a unhas 100 persoas.
Foi hoxe, domingo 14 de agosto de 2016, comezando ás 12 da mañá de rematando preto de tres cuartos de hora despois.
Interviu dicindo unhas palabras Covadonga Suárez (copioas embaixo), mais alí trabouse relación entre xente que pensa de xeito parello respecto á illa. Xente ás veces descoñecida entre si, ribadenses e veraneantes, xente con traballo e no paro, xente que ten relacións mesmo a nivel Bruxelas con outra que só se move a nivel vecindario... todas a favor dun faro e unha illa que é un ben común. A todas esas persoas, e moitas máis que non poideron asistir (por exemplo, o meu caso), "grazas a todos os asistentes e a moitos que por razon alleas a iles, pero que nos mandaron o seu a apoyo a nosa causa non poideron asistir e a outros moitos que dia a dia están o noso carón, animándonos a seguir na loita, e ó grupo de Xávea por o seu apoio, a todos graciñasssss. Isto danos ánimo para non tirar a toalla e que non pensen que todo rematou. Nós continuamos, e mais despois da mostra de hoxe"
Varias fotos que insiro despois, de J.A.Salvatierra, e logo o texto que foi lido:



O texto que foi lido:
"Quiero sólo pronunciar unas palabras como miembro del grupo "Por nuestro faro" para agradeceros que estéis hoy aquí, porque ésta es la primera vez que la opinión popular opuesta a este proyecto de hotel puede manifestarse en Ribadeo : ésta es la única participación vecinal a la que tenemos derecho, no hay más. Estamos aquí porque desde el principio tuvimos un "no" callado y silencioso a gran parte de la información, porque la información que accedieron a darnos nos llegó tarde, troceada e incompleta, porque el proyecto que pesa sobre nuestra isla Pancha se gestó sin la opinión de los ribadenses.
Tras la ofuscación del Ministerio de Fomento y de Puertos para sacar adelante este proyecto de hotel, el Concello de Ribadeo nos otorgó graciosamente la licencia salomónica de "vamos a conceder el hotel pero no la cafetería" para dar así una falsa imagen de equidad, que además no contenta a nadie. Por un lado, ahora, la viabilidad económica de un minihotel de 2 suites sin cafetería es más que dudosa. Por otro, es verdad que, "de momento", nos ahorramos el estropicio previsto con la prolongación de esa cafetería que iba a ir en el garaje del faro, es decir, que "de momento" no se autoriza una carpa exterior de casi 50 metros prevista en el proyecto, pero, de todas formas, autorizando el hotel se está autorizando la cartelería, las papeleras, fosas sépticas, banderas, iluminación variada y un aparcamiento maravilloso en la fachada noroeste del faro, nada más y nada menos. Y eso es sencillamente imposible en una isla "protegida".
Porque entre las carencias del expediente, uno de los informes del que no se sabe nada es el medioambiental. ¿Qué se hace de la Red Natura 2000, etiqueta que garantiza la protección de la Isla Pancha a nivel europeo? No hay respuesta.
A pesar de la ocupación casi total de la isla y de lo que supone para su integridad, todavía hay gente que nos reprocha "¿por qué se preocupan ahora por la isla y no porque lleve toda la vida cerrada?" Lo que nos preocupa es que la pregunta no se haga al revés : ¿Por qué, si la Isla Pancha lleva toda la vida cerrada se abre de repente? ¿Por qué? ¿Para quién? ¿A quién interesa abrir nuestra isla a cualquier precio? Un precio muy alto sólo a nivel ecológico y paisajístico?
Esto no va a traer ni dinero ni trabajo a Ribadeo. Es ridículo pensarlo. Y los turistas atraídos por la imagen que siempre se transmitió de nuestra isla no creo que se desplacen hasta aquí para fotografiar un hotel, y desde la verja. Salvo, claro está los agraciados clientes de las dos suites, que tendrán magníficas y exclusivas vistas a Asturias y a Galicia.
Los miembros de "Por nuestro faro" hemos presentado un Recurso de Interés General para recurrir la licencia ya otorgada, basándonos en la falta de información recibida, los informes inexistentes y las irregularidades en el proceso, y vamos a seguir luchando para que este faro y esta isla que forman parte de nuestro patrimonio cultural y paisajístico, de nuestra historia individual y colectiva, de nuestro imaginario eterno, sigan siendo lo que son. Otras opciones son posibles para que la Isla Pancha sobreviva en el tiempo como el templo y el símbolo que es ahora, opciones que nos engloben a todos y que nos permitan disfrutar de ella a todos, preservándola, porque todos sin excepción somos la Isla Pancha.
Illa Pancha no es una constructora, un concesionario, Illa Pancha somos todos
Illa Pancha no es este Concello o Puertos de Ferrol-San Cibrao, Illa Pancha somos todos.
Illa Pancha no es un inversor, un negocio, un hotel, Illa Pancha somos todos.
Que se entere el que aún no se enteró. Gracias por venir a decirlo."
Continuará. Continuaremos.

20160813

Hai seis anos. Hospital, reparacións polo temporal, participación cidadá...

Copio e pego do blog da AVV O Tesón:
Nota de prensa
Xuntanza da Mesa de Asociacións xullo 2010

Como estaba previsto dende xaneiro, o primeiro fin de semanda do pasado mes de xullo tivo lugar a xuntanza da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo. A xuntanza foi convocada, a modo de lembranza, pola AVV O Tesón, sendo chamadas as AVV de veciños así como algunha asociación máis de tipo social.
Asistiron asociacións de Remourelle, As Anzas, Vilaosende e Vilela, a parte da xa citada.
Foron tratados diversos puntos, a partires dunha orde do día aberta. En primeiro lugar, tratouse sobre o hospital da costa e zona sanitaria, sendo comentado o estado actual da cuestión, os argumentos de cada parte e temas relacionados coa manifestación.
Pasouse despois ás reparacións polo temporal, onde se comentou a concesión de 4,8 M€ en concepto de reparacións para 14 concellos, mentras que por outra parte, só as perdas xerais en Ribadeo están cifradas 0,8 M€. Xurdiu a oferta de que, para poder facer máis rendibles os cartos, as asociacións poden facer obras contando con voluntarios.
Pasouse logo ó estatuto de participación cidadá e relacións co concello. Comentouse que na próxima xuntanza co alcalde, se a hai, debérase levantar acta dun xeito oficial, que podería ser feita por algunha persoa do concello, como o axente de sostibilidade, despois de ter falado a conveniencia da súa asistencia a algunha xuntanza, plantearse o ser invitado e no seu caso, aceptar. A destacar que, segundo se quedou na xuntanza de xaneiro, debera ser o alcalde quen convocara e asistir a xuntanza. Despois de pasar o tempo convido, foi avisado e mesmo esta nota de prensa foi retrasada á espera dunha convocatoria que non chegou polo momento.
Dentro das relacións co concello e a participación cidadá, lembrouse a posibilidade de aproveitamento das reducidas canles actuais, por exemplo a posibilidade de facer preguntas ó pleno.
Dado que foi presentado xa hai dous anos por parte da mesa de asocicións a proposta de O Tesón un borrador de estatuto de participación cidadá, e sen ser contestada, foi presentado un borrador por parte do concello na xuntanza pasada, quédase o venres 10 de setembro, ás 19h, no mesmo lugar, para facer unha xuntanza monográfica e a partir dela, dar unha resposta común ó concello sobre o regulamento de participación cidadá.
Rematouse con temas varios. Así, comentouse que o acordo cos madeiristas para o mantemento das pistas está sen asinar, aínda que parece que se lle está a esixir fianza sen desenvoltar máis regulación que a que hai a nivel supramunicipal. Asemade, tamén se reiterou a oferta de limpeza de ríos por parte das asociacións do rural, e tratáronse os temas das obras da estrada de circunvalación e as súas deficiencias actuais, e o as que están por comezar do paseo das Aceñas.
A xuntanza durou dúas horas e media.
Agora, coa AVV a piques de disolverse, isto é historia... a nosa. Como se tratarían agora, hoxe estes temas?

Competencia: Barres e Ribadeo

Polígono industrial en obras. Ribadeo? Non, Barres! Algunha nova fala do tema? Se a houbo, pasou desapercibida.
Mais aí están as obras xa avanzadas (a imaxe está tomada de Google maps e reformada coa 'actualización') para dotar ó polígono industrial de Barres, onde teñen emigrado empresas que se instalarían en Ribadeo de non levar moitos anos de retraso o polígono ribadense, dunha vía directa á autovía. Algo que o estaba lastrando fronte á boa posición do polígono ribadense, que non remata de despegar. E aí está, a redución de uns 2 km de distancia, cun cruce intermedio, a menos de 600 m directos da rotonda de saída do polígono á rotonda de acceso á autovía. Ou sexa, adeus a esa vantaxe do polígono ribadense.
E na actualidade (as fotos 'non son de hoxe', pero si abondo recentes como para manifestar a actualidade), os dous polígonos pintan así, en fotos do sigpac á mesma escala:
Ribadeo:
Barres:
As diferenzas son visibles.



20160809

Hai oito anos: Nota de prensa do concello 20080801 sobre nave na ría

Publicada en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/20080801-sobre-navena-ra.html

O ALCALDE PÍDELLE AO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA QUE NON INSISTA NA CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE CUBERTA NO PEIRAO COMERCIAL DE MIRASOL.
Ribadeo, 1 de agosto de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dille ao presidente de Portos de Galicia que "pode vir a Ribadeo cando queira a facer cuestións do seu departamento como é lóxico, pero tamén creo que esto xa empeza a ser un pouco raiante o de aproveitar calquera cuestión para incidir nas bondades dun proxecto totalmente inapropiado non só para o porto senón tamén para Ribadeo. Fóra do ámbito de quen ten que dar a licencia de obra que é o Concello pois o presidente de Portos de Galicia, con tódolos meus respetos, non se está a comportar como debería coma administración que debe defender os intereses non só os concretos dunha empresa senón que ten que sopesar todo".
Suárez Barcia lembra que "a totalidade da Corporación de Ribadeo manifestamos de xeito unánime que non é aceptable e admisible a construcción dun mamotreto no porto comercial de Ribadeo encastrado no casco vello, e que ocupará unha superficie e un volumen brutal. Será coma un campo de fútbol e a súa altura será coma a dun edificio de 8 plantas. Entón por moito que veñan a matizar e a decir moitas cousas, eu quero anticiparme porque poden acusar ao Concello de non querer un desenvolvemento económico, e desde logo nosoutros vaia si queremos un desenvolvemento económico….. de aí que no día de onte désemos un paso de xigante para a construcción dun polígono industrial que sí que vai xenerar traballo e emprego de calidade, por iso imos poñer en marcha esa subestación eléctrica que tanta falla lle fai ao polígono de Ribadeo e a o propio Concello".
Canal da ría
O alcalde ribadense cre que "si Portos de Galicia quere mellorar a capacidade do porto o que debe facer é dragar o canal da ría de Ribadeo e debo reiterar que o peirao comercial de Ribadeo ten capacidade sobrada para soportar un incremento do tráfico de mercadorías, singularmente da pasta de papel que poida vir da factoría de Ence de Navia, sin necesidade de construir unha nave que desde logo vai contra todo criterio racional. Pode perfectamente incrementar as funcións de carga e descarga, pode soportar moito máis e desde logo si eso ten algunha limitación será a do número de barcos que poidan entrar nun día na ría de Ribadeo, pero eso é á marxe da creación dunha nave cuberta que a día de hoxe Portos de Galicia ainda non demostrou de xeito real cántas horas se perden ao ano en cuestión de carga e descarga por mor da chuvia". Fernando Suárez engade que "é a única xustificación que teñen para xustificar a construcción dun tinglado cuberto para protexerse das inclemencias do tempo. Esto non é a Amazonía, aquí cando chove escampa, e entón son poucas as horas ao ano nas que non se pode traballar por mor do mal tempo".
O rexedor dille ao presidente de Portos de Galicia que "si quere traballar por Ribadeo e quere facerlle un favor a esta vila que drague o canal da ría de xeito íntegro e que se poña a traballar en positivo. Tamén lle pido que cando pensen non só o fagan nos intereses concretos dunha empresa (moi lexítima por certo) xa que deben pensar en todo como o fai a Corporación que se preocupa polo desenvolvemento sostible, polo impacto paisaxístico, pola creación e destrucción de riqueza, polo turismo, pola ordenación do territorio e pola creación de postos de traballo".

Convocatoria pola illa Pancha. Concentración domingo 14 de agosto ás 12 fronte ó concello





20160808

Hai 8 anos: Nota de prensa do BNG sobre o Porto

A comparar coa actualidade. Publicado en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/nota-prensa-bng-20080808-sobre-o-porto.html
"POLA MANTEMENTO E AUMENTO DA ACTIVIDADE DO PORTO
SEN AGRESIÓNS Á RÍA DE RIBADEO



Ribadeo naceu arredor dun porto nunha das beiras dunha ría que posibilitou ese porto natural. A día de hoxe ambos seguen a ser de grandísima importancia, nunha vila con eminente vocación comercial e de servizos. Non podemos prescindir de ningún dos dous, e o incremento da actividade portuaria debe respectar a Ría de Ribadeo.

Desde o Bloque Nacionalista Galego cremos que é posíbel manter e aumentar a actividade do porto comercial sen que iso supoña un atentado ao contorno natural e urbanístico. Neste momento o noso porto aínda pode incrementar o tráfico portuario, e se Portos de Galiza tivese verdadeiro interese dragaría a canle para permitir a entrada a barcos de máis calado.

Cremos que o Porto de Ribadeo é o máis axeitado para a carga de pasta de papel procedente da papeleira de Navia, aínda tendo en conta o futuro incremento de produción: é un porto limpo, está a pouca distancia e as tarifas son menores. Portos de Galiza debería preocuparse de sacar partido a todas as potencialidades que ofrece, en vez de promover os intereses dunha empresa particular que propón instalar unha nave que ocuparía unha superficie da ría equivalente á dun campo de fútbol, e cunha altura semellante á dun edificio de 8 andares. Quen vai crer que isto non ten impacto sobre a ría? Ou pensan en Portos de Galiza que a cuestión está só en disimulalo á vista?

O Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo chama aos veciños e veciñas de Ribadeo a manifestarse contra o intento de levantar esta nave no porto e en favor dun desenvolvemento sostíbel e respectuoso co noso contorno natural e urbano.

Ribadeo, 8 de agosto de 2008"

ESCUDO DE RIBADEO (I). Francisco José Campos Dorado

A versión tradicional do escudo condal de Ribadeo (que xa era antigo no ano 1699 segundo di Francisco Lanza, Ribadeo Antiguo, páx. 5) é o da fig. 1: en campo de azur unha chave de ouro posta en pau (vertical, que por “imperativo estético” se determinou colocar en barra, pois non afecta ó simbolismo heráldico e harmoniza perfectamente a distribución no campo) superada por unha estrela de prata de cinco puntas en xefe, e en punta augas de azur e prata. A estrela representa o Norte, a chave ser Porta de Galiza e as ondas ser porto á beira do mar océano. Timbrada a armería por coroa condal, ou sexa, un círculo de ouro, fornecido de pedrería, sobre o que descansan dezaoito perlas grosas, visibles nove (en recordo dos Condes de Ribadeo: 1º) Pierre de Villaines de Normandía en 1369; 2º) o “Bo Condestable” D. Rui López Dávalos que o comprou por cen mil maravedises en 1397; 3º) D. Rodrigo de Villandrando cuxo morgado data de 1431, etc.). Esta forma do escudo (fig.1) foi referendada o 5 de Marzo de 1959 polo Ministerio de Gobernación e pola Real Academia da Historia que emitiu o imprescindible ditame. Ribadeo estaba apoiado pola longa tradición de máis de 200 anos de uso destas figuras, pero faltaba o “espaldarazo” dado polos organismos competentes, para crear a Medalla da Vila de Ribadeo (D. Juan Suárez Acevedo, La Comarca 20/09/59).

Dado que me interesa o bo nome e reputación do meu pobo, como ó que máis, e que é un pobo culto e Vila Excelentísima, voume permitir algunhas observacións respecto dos escudos de armas de Ribadeo que contemplamos pola nosa vila.

Hoxe en día, a coroa condal substituíuse nos selos e logotipos oficiais do Concello por unha coroa real, quizais seguindo a “moda” doutros concellos que non tiñan escudo de armas e baixo o actual Reino de España o fixeron. Cremos que este disparate da “moda da xeneralización e da globalización” é un erro contra da ilustración e cultura do noso pobo, pois aquilo de “café para todos” afecta a nobreza antiga do señorío de Ribadeo pois tira pola borda e agocha no esquecemento a xurisdición de seis séculos do Condado de Ribadeo do alto medieval Reino de Galicia, moito máis antigo co baixo medieval Reino de España, e por suposto, un esquecemento de máis oito séculos si nos remontamos os tempos da xurisdición do conde Velez Montenegro.

O escudo de armas máis antigo que se conserva de Ribadeo é o da Capela da Virxe do Camín (foto 2), situado sobre a fiestra do Levante de dita capela e labrado nunha pedra de cantería de grao groso onde pouco a pouco se van esvaecendo as figuras: sobre ondas unha chave en pau (vertical) co paletón de gardas arriba mirando a destra. Na parte sinistra, vemos parte da bordura vertical do escudo cuadrilongo, separada do canto da pedra, cousa que no lado esquerdo confúndese. Desde sempre, temos oído e lido, que as ondas representan a condición do pobo de Ribadeo de ser vila mariñeira e porto de mar, e a chave por ser porta de Galiza, debido precisamente a esta condición de ser porto de mar, e non como se di agora, por estar na “fronteira” con Asturias, cousa que só ocorre desde os tempos de Carlos I (1517-1556) época na que se allearon, en venta do ano 1555, as terras da Pobra de Navia ou Terras de Ribadeo entre os ríos Eo e Navia, que pasan a ser de Oviedo, cando estaba de Conde de Ribadeo o Conde de Salinas. Como convento xurídico, polas Terras de Ribadeo do Concello de Roboredo, orixe do de Castropol, xa houbera discordia entre o bispo de Lugo e o de Oviedo en 1104, onde tivo que intervir Afonso VI (Ribadeo Antiguo, páx.64), pero o Condado de Ribadeo aínda chegaba o río Frexulfe de Navia en 1555, cando se fixo a venta de ditas terras (ibidem. páx.44)
Pois ben. Referente as ondas non cabe dubida do seu significado de porto de mar, pero en cambio, da figura da chave, cremos que existe outra interpretación tamén lóxica, e máis en consonancia cos privilexios que representan os brasóns heráldicos, que son descrición detallada da historia dos edificios e das institucións, así como, figuras que recordan feitos heroicos que algún guerreiro fixo para gañalos.

A capela da Virxe do Camín, ten unha cruz de Malta pometeada (con pomas ou círculos cheos nas puntas) (foto 3) no hastial (na parte triangular superior) da fachada de Poñente, a cal, parece estar dando noticia da presenza dos templarios en Ribadeo (ver artigo de José Mª Rodríguez, “Templarios en A Vilavella", tamén en La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016). Se a capela, data da época dos templarios estamos datándoa no século XII ou no XIII polo que o seu escudo, tamén datará de entros anos 1100 ó 1300, polo tanto, moi anterior o reinado de Carlos I e ó antedito sobre a “fronteira”.
En 1128 no reinado de Afonso VII, Ribadeo era moi importante para o comercio da época pois contaba con 21 parroquias, e había unha densidade demográfica considerable. Fernando II, en 1183, eleva o rango de Ribadeo a Vila Real e outórgalle carta de Foro, quedando protexido da usura do señor feudal e ten privilexio de Carga/Descarga no porto comercial (ata o século XVI), así como, concédelle a posibilidade de organizar un mercado. Esta pode ser a razón primixenia pola que se di que o pobo de Ribadeo é Porta de Galiza, pola condición por aqueles tempos, de ser o porto natural marítimo comercial máis o Norte de Galiza e non por ser fronteira con Asturias.
Pero, por outra banda, o escudo de armas cuadrilongo da Virxe do Camín, está sobre unha das fachadas da capela, un edificio eclesiástico, e non sobre unha fachada dun edificio civil ou militar, cuxas armas serían sinais propias do cargo e carácter da dignidade civil ou militar da xurisdición.
Por tanto, a chave en pau (vertical) na fachada da igrexa, pode ser o brasón de dignidade que representa a Xurisdición dun prelado ou dun bispo con prebendas en rendas reais, cuxa sede mindoniense, por aqueles tempos, tamén estivo en Ribadeo (1199-1218). As chaves en pau, na simboloxía heráldica, son brasón de cabaleiros que teñen xurisdición como superintendentes de rendas reais (dúas chaves en pau coas gardas de costas, son armas de Ministro de Facenda, cos aneis rematados con coroa real). No caso de Ribadeo, Vila Real, quen exercía a xurisdición do reino era o bispo, pois era “señorío de abadengo”, ou sexa, porción de señorío e xurisdición real da que os monarcas se desprendían a favor de igrexas, mosteiros e prelados (ibidem páx.36) polo que supoñemos, o Bispo era quen cobraba as alcabalas (imposto sobre permutas e ventas) en vez dun Conde, que daquela aínda non tiña título de Conde de Ribadeo (Velez Montenegro?), senón que era “simplemente” o conde do distrito feudal que ¿viviría das rendas adquiridas das súas propias propiedades e non das do reino?. Así, polo tanto, a chave representa a dignidade do que ten potestade sobre a facenda ou dito en “roman palatino” sobre a “caixa dos cartos” da recadación da renda. Para apoiar esta hipóteses, da chave en pau como cargo real de xurisdición, hoxe cargo con dignidade civil en Facenda, vemos en Ribadeo, dúas chaves en pau e coas gardas de costas, nas armas dos Quirós, no primeiro cuartel do escudo esquerdo da fachada da Casa dos Miranda de Ribadeo, iguais, pois son parentes, que a segunda partición do escudo do Marques de Camposagrado do Pazo das Alas de Avilés, D. Gutierre Bernaldo de Quirós de las Alas y Carreño (ano 1590), alguacil maior de Oviedo con vara de rexedor... correxedor de Burgos e de Madrid, etc.
Pero como podemos ver, a chave está sobre ondas do mar, polo que o escudo de armas da Virxe do Camín, á nosa forma de interpretalo, é como un “sello” que representaba a alta distinción de XURISDICIÓN MARÍTIMA DO PORTO DE RIBADEO, cuxa facenda e alfándega era recadada e rexentada por un prelado ou dignidade eclesiástica que dependía do bispo mindoniense nos séculos XII, XIII e parte do XIV.
¿Hai outros indicios tan antigos, ou máis recentes, desta dignidade eclesiástica en Ribadeo? A resposta é afirmativa: Si, hainos. ¿E cómo chegou esta pedra armeira a ser o escudo de armas de Ribadeo? ¡Iso é outro anaquiño da nosa historia!

20160806

A bici pasada

Días atrás recibía unha nota de prensa, que deixo embaixo, para unha actividade do venres día 5:
"RIBADEO EN BICI
Un venres mais de principios do mes de agosto, facemos unhaconcentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos convidar a todos e todas as persoas ribadenses e non ribadenses, pais fillas e parentes que teñan unha bici e queiran reivindicar os usos saudáveis da bicicleta.
O único necesario para asistir é ter unha bici e gañas de pasa-lo bem. Esperamos a todas aquelas persoas que crean que outra forma de desprazamento por a nosa vila e a súa entorna é posivel.
O horario será ás 8:30 diante do concello. Todos e todas as que poidan que traian un chifre para facernos ver.
Ao mesmo tempo anunciamos tamén que o SÁBADO 20 de agosto faremos un paseo até Rinlo que virá acompañado dun bici-tapeo no que queremos que participen todas aquelas familias que estean interesadas.
Ribadeo a 4 de maio do 2016."
O certo é que venres, o día no que se rogaba que fora publicado, escapóuseme o publicalo, polo que o publico agora, unha volta pasado o evento, con algún comentario.
A foto que segue ilustra o que foi a concentración, se ben non estaban todos nese momento nin pode recoller o recorrido por Ribadeo cos chifres na boca para reivindicar unha atención dos condutores e da ordeación do tráfico que se manifesta cada vez como máis necesaria.

As convocatorias polo momento levan tido unha atención e participación moi variable, mais o impacto aparentemente non deixa de medrar. E é necesario que siga a facelo. Calquera que saia en bici por Ribadeo ou arredores pode dar fe...
Mentres, verémonos o venres primeiro de setembro, ou no bicitapeo que seguramente haberá este mesmo mes.