20161011

Cooperando

A sociedade vive porque a cooperación implica ventaxas. Coido que sería un resume sumario de socioloxía que se está a ver a diario e que se tenta aproveitar para todo. Ás veces, con éxito, outras moitas, non logrando a cooperación que se procura, sen acadalo.
Agora catro cooperativas galegas crean (está pendente de ratificar polos asociados para entrar en funcionamento en xaneiro) un un grupo económico con aspiracións de medrar para conseguir mellor os seus obxectivos. Feiraco (45,3%), Irmandiños (30,7%), Xallas (11,4%) e Melisanto (12,6%) son a base dunha unión cooperativa integradora en aras e competitividade e eficiencia dos gandeiros cooperativistas.
Medrar cada onde? Medrar. Galicia, España, Europa... partindo de 413 000 000 litros de leite anuais, máis de 4000 socios e case 200 millóns de € de cifra de negocio xestionados polos seus máis de 400 traballadores.
Vista dos Irmandiños. á dereita, o terreo na actualidade xa é gasolineira.

Ningún comentario: