20161020

Diversificando a base cultural e turística

Hai xa tempo (2014) que Mariña Patrimonio alertou de restos arqueolóxicos próximos ás catedrais, na zona de Esteiro. No seu momento, tras ler a nova no xornal sen moita profundidade, pareceume que a relevancia non era moi grande, aínda que algo si houbera.
A nova saltou a continuación dos temporais do inverno, que, segundo a asociación mariñá, estaban a destruír o xacemento., e continuou pola negativa da Xunta a facerse cargo do tema.
Agora, a nova é ben distinta: despois de facer unha inspección daquela que resultou negativa para a conservación do xacemento, voltáronse as tornas e estase a escavar., despois de insistir diversas agrupacións, entre elas a ribadense Francisco Lanza.
Despois de coñecer a nova, púxenme en contacto con Mariña Patrimonio  para saber máis. Polo momento, non hai máis que o que pon no seu blog, e a referencia de que a Xunta pensa facer unha actividade de difusión en Ribadeo. Haberá que esperar a ela. Mentras, recollo unha foto da entrada de Mariña Patrimonio que da a nova da escavación.
De calquera xeito, non deixa de ser curiosa a historia dende a alarma realizada hai máis de dous anos e a actualidade, habendo por medio u que parece unha negación da realidade e variación de condicións segundo para quen por parte do persoal técnico da Xunta (ver a nota de prensa).
Algo que trae á memoria outros temas relacionados con Ribadeo. Por mencionar só os dous máis recientes, a comunitaria illa Pancha e a perda do seu estatuto como tal, da que temos falado longo no blog, e a nota relacionada co PP local notando que, 'se Ribadeo quere ter mellor trato da Xunta, debe cambiar de actitude', o que pode entenderse de xeito doado como pasar polo aro do clientelismo a nivel institucional.

Ningún comentario: