20160331

Usas a bici? Convocatoria para venres pola tarde

RIBADEO EN BICI
Nota de prensa
Os usuarios da bicicleta de Ribadeo, facemos novamente unha
convocatoria a todas aquelas persoas que se queiran sumar á
concentraciòn que diante do concello de Ribadeo, facemos todos os
venres primeiros de cada mes, para reivindicar o uso da bici como um
medio saudabel de desprazamento e ao mesmo tempo para reivindicar o
poder compartir as vías públicas xunto con os coches e os peós.
Citámo-nos este venres ás 8 do serán, no Cantón dos Moreno para crear
un espazo de encontro e fazer un pequeno paseo en bici polo centro de
Ribadeo.
...
Igual que os primeiros venres de mes próximos, segundo anuncio de comezo.

Máis apoios aínda para a illa Pancha? Si

A illa Pancha vai recobrando o carácter de común para os ribadenses. A campaña en contra da privatización da súa xestión, expoñendo ó tempo os fallos da xestión pública, vai acadando pouco a pouco novos fitos. Consecución de información, constitución de grupos de defensa ou recabar sinaturas na rede para a súa conservación son algunhas das actuacións que se manteñen, pero que van quedando superadas polo propio movemento de defensa ó tempo que cada vez máis xente queda enterada de como están as cousas e se posiciona.
Foi seguindo esta mecánica pausada como se decidiu instalar unha mesa para a petición de sinaturas a mañá de xoves santo entre a antiga Casa Arango e o Parque. Pouco máis de dúas horas, 536 sinaturas. 57,5% de Ribadeo, 39,8% forasteiros e unha pequena porcentaxe que deixou sen cubrir o lugar de residencia. Repartíronse algunhas follas de sinaturas e luns levábase un retorno dun total de máis de 700, incluídas media centea por un particular nunha hora á caída da tarde do venres fronte á illa Pancha. Tratábase de difundir a situación, mais a recollida de sinaturas superou as espectativas das nove persoas que o xoves colaboraron na infrastrutura. Tamén se recolleron cartos para manter a acción, os primeiros que se recollen polo grupo.
É dicir, se nalgún momento alguén falou de 'catro románticos' (ou outros adxectivos), agora a cousa sería 'máis de catrocentros románticos'. Algo que polo demáis xa se coñecía pois as sinaturas recabadas en internet sobrepasaron hai moito o milleiro.
Imaxe tomada por un constituínte do grupo 'Por Nuestro Faro' dun momento da recollida de sinaturas.

Non foi a única cousa que ocorreu en relación á pretensión de usar o faro como hotel, permitido por Portos. Hai algún tempo foi presentada unha pregunta ó respecto no Parlamento de Galicia por un grupo parlamentario (AGE), se ben hai que aclarar que a dependencia da illa é de Madrid, non de Santiago.
Polo camiño tamén foi recibida unha carta da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (saída 17 de marzo) da que extraio alguna información, en relación ás visitas realizadas por algunhas persoas á illa tendo como introdutor a un representante da empresa concesionaria: "Las visitas que se giren al faro deben ser exclusivamente por técnicos competentes para los trabajos de redacción del proyecto, y serán las imprescindibles para el desarrollo del proyecto citado, como se ha comunicado al concesonario (se anexa oficio)". Certamente, pode estar mal (e queixámos delo) que non permitan pasar á illa, un ben común, pero ese comezo de tratamento da illa como propiedade particular parécenos que é evidente que non é o desexable para o futuro.

Quizáis está chegando o día no que reclamar do concello algo como un referendo para o estatuto da illa e unha posición máis concreta non estea fóra de lugar, do mesmo xeito que en torno ó verán de 2008 máis de mil sinaturas contra a macronave de Mirasol e unha manifestación foron acompañadas por unha declaración da alcaldía de que non se daría autorización á construción da nave. Neste caso seguimos a esperar un posicionamento semellante, mentras temos na cabeza imaxes como a do arrase de terreo realizado para a construción dunha piscifactoría en Meirengos (dicíase 'en Rinlo') que se chegou a parar, pero non a restituír.
Por suposto, a construción dunha alternativa común para a illa Pancha sempre atopará algunha opisición, e rastros diso poden atoparse a pouco que se mergulle un nas redes sociais. Tamén había xente que no seu momento quería a macronave, ou a piscifactoría. Nese sentido, a polémica seguirá. Mentres, o grupo tenta fuxir de polémicas e construír un futuro común.

20160330

Rematadas as necesidades pecuniarias para a residencia de maiores ribadense

Onte votouse o presuposto anual da deputación Provincial de Lugo. 96,3 millóns de € quedarons desbloquedados con ausencia do PP e tras non ser admitida ningunha das súas emendas. Quedou na sá, iso si, e votou en contra -claro- Manuel Martínez.
O concello aínda non sacou unha nota de prensa, pero na web da Deputación aparece a nota de prensa correspondente, que inclúe:
Políticas sociais para os 67 Concellos, 11,2 millóns de euros
(...) 
- 200.000 euros para a residencia de Ribadeo, que poderán ascender aos 700.000 se a Xunta non cumpre co seu compromiso, tal e como se comprometeu a facer o Presidente coa Plataforma Veciñal en defensa desta dotacións, así como cos representantes da Corporación, agás co PP, pois non quixo participar na reunión que houbo en San Marcos.

A destacar que o compromiso é variable: 200 000 € sería o normal, pero en previsión de que a Xunta siga incumprindo o compromiso adquirido no seu día, a Deputación asumirá tamén os 500 000 comprometidos. [Nota posterior: polo que parece, hai un erro neste asunto, pois a cifra pasaría de 200 000 a 500 000, non a 200 000 + 500 000 = 700 000]
Estimo que o exercicio de crítica da nota de prensa é máis ben suave, xa postos a non notificar só o feito, senón a amosar opinión. De calquera forma, estimo que contén unha inexactitude, pois a cantidade foi comprometida pola Xunta tamén diante de un membro do PP local de Ribadeo, desprazado a Xantiago na ocasión, ben antes de que a organización local decidira atarse a Santiago e desligarse de Ribadeo, como queda reflectido entre outros lugares no documento de historia do proceso 'Final feliz para unha histórica epopeya', realizado por José Mª Rodríguez, que estivo colgado xa na rede e que adxunto a continuación:
"
HISTORIA DE UNA EPOPEYA FELIZMENTE CONCLUIDA


Esta epopeya de la reclamación popular de una nueva Residencia para Ribadeo tuvo su origen cuando un día, a finales del año 2.010, dos vecinos de este concejo se reunieron con un miembro de la asociación de vecinos O Tesón. En esta reunión manifestaron su profunda preocupación por el amargo e inhumano destino y abandono al que muchos de nuestros ancianos se veían sometidos al ser traslados en sus últimos años a otras residencias foráneas por la falta de plazas en la actual Residencia de Ancianos de nuestro concejo. Con este motivo le pidieron su ayuda y colaboración para tratar de conseguir una nueva residencia en Ribadeo que viniese a solucionar este grave problema. A los pocos días de esta entrevista se mantuvo una reunión con el secretario de la Asociación O Tesón para discutir y evaluar esta situación y buscar el apoyo de esta Asociación para poner en marcha en esta demanda.
En esta primera reunión se llegó a la conclusión de que para alcanzar este objetivo era indispensable buscar el apoyo de una fuerte base social que reforzara con su respaldo esta demanda. Para ello se acordó convocar a todas las Asociaciones de Vecinos y Comunidades de este concejo a una reunión general conjunta para presentarles la necesidad de luchar todos juntos por una nueva Residencia y definir una futura estrategia de actuaciones. Se procedió, pues, a la convocatoria, que tuvo lugar el 18 de febrero del año 2.011, en la Casa da Xuventude. Asistieron a ella la mayor parte de las Asociaciones de Vecinos y Comunidades de Montes convocadas y, después de trasladarles la oportuna información y evaluación del objetivo que se pretendía, se acordó por unanimidad la creación de una Plataforma de Asociaciones Pro Residencia, presidida por una Junta Directiva, formada por cinco miembros, que se encargaría del desarrollo de las actividades del programa. Apenas aparecida en la prensa la noticia del nacimiento de la Plataforma, celoso el entonces presidente local del PP de su propio protagonismo social e inveterado enemigo de las iniciativas populares, no tardó en hacer público en los medios un comentario crítico y negativo, preludio de otros futuros que se dieron después, sobre la posición y actitud de esta Plataforma. Eran los acostumbrados brotes de quienes siempre utilizaron y dominaron al pueblo en su propio beneficio partidista.
A esta primera reunión general de la Plataforma de Asociaciones siguieron las reuniones quincenales de la Junta Directiva que de ella surgió para poner en marcha la estrategia acordada en la citada Asamblea. Y así en su reunión del día 22 de febrero de 2.011 se fija el calendario de fechas para explicar a los vecinos en los locales sociales de cada parroquia del concejo los objetivos de esta Plataforma, así como de proceder a una recogida de firmas para remitir la demanda de este servicio a las distintas Administraciones, especialmente a la Consellería de Benestar de la Xunta y solicitar, al mismo tiempo, una entrevista con la Conselleira, como responsable de estos servicios. Fue una etapa de mucho trabajo, pero con buenos resultados por parte de las distintas Asociaciones de Vecinos que se comprometieron a apoyar esta iniciativa.
En la siguiente reunión del día 4 de marzo del mismo año de 2011, conscientes de la importancia de nuestro primer objetivo que era que los políticos locales se implicaran todos unidos e hicieran suya esta reclamación, se acuerda citar a los cuatro portavoces de los partidos políticos del Concejo a una reunión en la Casa da Xuventude, reunión que tuvo lugar el día 18 de marzo. En ella se solicitó su adhesión prioritaria a esta demanda, anteponiéndola a los intereses políticos de cada partido. Todos sin excepción aceptaron esta propuesta, comprometiéndose a convertir la consecución de una Residencia en una demanda consensuada de todos los partidos por encima de sus luchas partidistas.
Después de las elecciones locales del 22 de mayo del 2011 se solicita audiencia al alcalde electo para informarle de las actividades de la Plataforma y de nuestra decisión de mandar, el día 30 de mayo, a las distintas Administraciones las 2,225 firmas recogidas en todo el concejo como expresión de la voluntad popular y solicitando una entrevista con la Conselleira para presentarle la demanda de la creación de un Residencia Comarcal para Mayores en Ribadeo.
Conscientes de la importancia de que los representantes políticos de este concejo hicieran suya esta demanda implicándose en ella, el día 8 de junio la Junta Directiva mantiene contactos con ellos para informarles de las últimas actividades y de la solicitud a la Conselleira y se solicita su compromiso explícito para apoyar esta demanda. El día 24 de junio se mantiene una reunión en el concejo con el alcalde para darle cuenta del trabajo de campo realizado por la Plataforma y solicitarle que se ponga al frente de las reclamaciones de la Plataforma. La reacción negativa inicial del alcalde a asumir nuestra demanda ante las dificultadas que presentaba es rechazada por la Junta Directiva que le hace ver la necesidad e importancia de esta demanda y le sugiere la formación de una Comisión Municipal formada por todos los portavoces de los grupos políticos. A estos efectos se convoca de nuevo el día 8 de julio a los portavoces de los distintos partidos políticos para informarles, a cada uno personalmente, de la reunión mantenida con el alcalde y de lo que se pretende. De todas estas actuaciones se informa por correo postal a todas las asociaciones.
Pasado el verano, el 1 de septiembre de 2011 la Junta Directiva reanuda sus reuniones quincenales en las que, entre otras cosas, se acuerda una vez más solicitar al alcalde la creación de la Comisión Municipal con el fin de que, como representantes del pueblo, tomen en sus manos de forma oficial la reclamación de la Residencia.
Por fin, el 20 de octubre de ese mismo año 2011 se reúnen por primera vez en el Salón de Plenos del Concejo el alcalde, los cuatro portavoces de los partidos, dos miembros de la Plataforma y la concejala de Asuntos Sociais. La concejala de Asuntos Sociais presenta un Estudio completo sobre la necesidad de una Residencia en Ribadeo. Se acuerda, asimismo, pedir cita a la Conselleira de Benestar de la Xunta para después del día 20 de noviembre, después de las elecciones autonómicas.
El día 2 de noviembre la Comisión Municipal acuerda suspender las actuaciones previstas hasta después de la reunión con la Conselleria que tiene solicitada el portavoz del PP, Sr. Valín, solicitud a la que la citada Conselleira no se digna contestar.
Se convoca de nuevo la Plataforma de Asociaciones y Comunidades para el día 15 de enero de 2012 y se le informa de la creación de la Comisión Municipal y del silencio de la Conselleira a la solicitud de audiencia, entre otras cosas. En esta asamblea se acuerda promover una gran manifestación en Ribadeo que queda fijada para el día 22 de abril.
El 27 de enero de 2012 la Junta Directiva de la Plataforma diseña y pone en marcha los preparativos necesarios para la manifestación, actuaciones que se prolongan durante los siguientes dos meses en los que se solicita a todas las Asociaciones su asistencia a la misma con pancartas alusivas.
El 14 de abril de este mismo año se solicita al alcalde la convocatoria de un Pleno Extraordinario para acordar la solicitud de este servicio a la Xunta de Galicia. Propuesta que se llevó a cabo en los días siguientes con el acuerdo plenario de solicitar una nueva Residencia para Mayores.
Por fin, el 22 de abril se celebra la manifestación a la que acude un gran número de personas, unas mil aproximadamente, enarbolando sus pancartas y coreando slogans alusivos. En ella participan los cuatro portavoces de los partidos portando la pancarta principal que preside la manifestación durante todo el trayecto desde la plaza de San Roque al palacio municipal, lugar en donde se disuelve, después de unas palabras del portavoz de la Junta Directiva de la Plataforma a los manifestantes en las que se demandaba a la Xunta de Galicia la creación de una nueva Residencia.
Na manifestación, á cabeza, á esquerda, cortado, José Mª Rodríguez, e á dereita, Antonio Ares, representantes poslos veciños. No centro, os representantes políticos, correspondentes a todas as forzas no concello
Una nueva reunión de la Comisión Municipal de los portavoces de los grupos políticos en el concejo tuvo lugar el día 5 de julio de ese año 2012 en la que, en vista del silencio de la Consellería, se da cuenta del acuerdo de la Junta Directiva de la Plataforma de planificar una concentración en Santiago de Compostela, ante la sede de la Consellería, en el mes de octubre. Los miembros de la Junta Directiva asistentes a esta Comisión Municipal manifiestan sus quejas acerca de la escasa actividad de los portavoces de los partidos y se les sugiere hacer gestiones ante otros organismos, incluso ante el Gobierno Central de la nación, como sugiere el portavoz del PSOE.
En una nueva reunión de la Comisión Municipal, mantenida el día 30 de agosto de ese año de 2012, se acuerda posponer la concentración programada en Santiago para después de las elecciones generales, programadas para el día 21 de octubre.
A iniciativa de la Junta Directiva se reúne de nuevo la Comisión Municipal el día 30 de octubre. Se acuerda reiterar una reunión con la Conselleira, así como fijar la fecha de la concentración si no contesta en breve espacio de tiempo a nuestra demanda.
Ante el reiterativo silencio de la Conselleira la Comisión Municipal, reunida el día 20 de diciembre del año 2012, acuerda fijar la concentración en Santiago para el día 25 de febrero, encargando a la Junta Directiva de la Plataforma de Asociaciones de los detalles de su preparación.
Comunicado este acuerdo a la prensa, y en desacuerdo con su propio portavoz en el concejo, Sr. Valín, que permanece fiel a su compromiso de apoyo a la reivindicación de la Plataforma y al consenso alcanzado entre los portavoces políticos municipales, no tardó el PP de Ribadeo en reavivar los antiguos celos de protagonismo censurando en la prensa a la Comisión Municipal y a la Plataforma con sus críticas de contaminación política. Esa fue en realidad la primera señal de politización de esta reclamación del pueblo por parte de la Gestora Local del PP después de aquel primer brote del anterior responsable local. Y para tratar de desestabilizar y romper el consenso alcanzado por la Comisión de los portavoces políticos municipales los responsables del PP se entrevistan con la Conselleira para conseguir la solicitada entrevista. Era este un intento de desmontar la concentración programada para el día 25 de febrero del año 2.013 y vender a los futuros votantes los méritos del PP local ante la Conselleira, dejando así claro que el único camino para conseguir las cosas en Ribadeo pasa, según esta Gestora del PP, no por la expresión de la voluntad de un pueblo y sus representantes políticos, sino por los exclusivos cauces de un determinado partido, interlocutor necesario ante la Administración y sin el cual nada se puede pedir ni conseguir. Por fin, el día 11 de enero de 2013 tiene lugar en Santiago la reunión con la Conselleira, motivo por el cual se suspende la concentración programada. A ella asisten, por un lado, la propia Conselleira acompañada por su Directora General y, por el otro, los miembros de la Comisión Municipal Pro Residencia de Ribadeo, que estaba compuesta por los portavoces de los cuatro partidos, la concejala de Asuntos Sociais de Ribadeo y dos miembros de la Junta Directiva de la Plataforma de las Asociaciones y Comunidades. Durante más de dos horas se sucedieron diversas intervenciones entre la Conselleira y los miembros de la Comisión en las que cada parte expuso sus razones y argumentos. La Conselleira argumentando su imposibilidad económica para hacer frente a la Residencia en las actuales circunstancias de crisis y los miembros de la Comisión exponiendo las razones que se dan para pedir la solución de esta grave carencia tan necesaria para las personas mayores de Ribadeo. Finalmente, la Conselleira se compromete a concertar cierto número de plazas a cargo de la Xunta siempre que el concejo gestione la construcción y gestión de una Residencia sin la aportación de la Xunta, ya sea mediante la colaboración de una empresa privada o una ONG. En vista del fracaso de esta reunión en la que la Conselleira se niega a asumir la aportación económica necesaria en una materia que constituye su competencia y dado que la oferta de plazas concertadas no resuelve el problema de los ribadenses la Comisión exige un compromiso de la Conselleira para que quede abierta una línea permanente de diálogo entre la Conselleira y la Comisión. En este sentido se le arranca el compromiso de volver a recibir a la Comisión en primavera.
El día 4 de febrero siguiente se reúne de nuevo la Comisión Municipal en la que el alcalde da cuenta de algunos contactos mantenidos con empresas privadas, como Geriatros, que promete remitir un estudio de viabilidad. Los portavoces descartan por inviable la propuesta de un miembro de la Comisión que propone plantearle a la Diputación que corra con los costes del edificio, lo mismo que hizo con el polideportivo. Se acordó una nueva reunión cuando se reciba el estudio que Geriatros se comprometió en mandar al alcalde, portavoz de la Comisión Municipal, para hacer una evaluación de su viabilidad.
Y, finalmente, el día 3 de marzo de este mismo año se reúne en asamblea general la Plataforma de las Asociaciones para ser informada de las últimas actuaciones y proponer la renovación de la Junta Directiva. Renovación que no se produce por la expresa voluntad de la Plataforma de que continúen los mismos.
El día 23 de abril de 2013 la Comisión Municipal es informada por su presidente de los avances realizados desde la reunión anterior. Expone del presidente que la Diputación se compromete a financiar la mitad del coste del edificio siempre que la otra mitad sea sufragada por la Xunta o el Concejo o compartida por los dos. Se pide entrevista a la Conselleira para exponerle este extremo y recabarle una ayuda económica de 500.000 euros, mientras el Ayuntamiento haría frente al otro medio millón.
Ante la demora de respuesta por parte de la Conselleira el día 20 de mayo se le reitera de nuevo la petición dándole un plazo de respuesta de 10 días. Si en ese plazo no contesta se entiende que renuncia a la colaboración con este proyecto.
Entramos en el mes de junio y la postura negativa de la Xunta se confirma. Se decide seguir adelante con las gestiones sin la Xunta. El alcalde intensifica las gestiones económicas con la Diputación Provincial y encarga la realización del proyecto de la obra de la residencia. En este mes se esperan muchos acontecimientos dirigidos a la realización de la residencia, fruto de la dedicación intensiva del alcalde para hacer posible este objetivo. El 17 de este mismo mes se reúne en el Concejo la Comisión Municipal con la presencia del Vicepresidente de la Diputación, que confirma su postura, pero que espera que la Xunta aporte el 40% restante del presupuesto. El alcalde ya tiene encargado el proyecto de la residencia y realiza otras gestiones dirigidas a este fin. Se insiste en que la Conselleira reciba de nuevo a la Comisión.
El día 28 de junio, después de la publicación de un artículo criticando la actuación de la Conselleira, se recibe la noticia de que está dispuesta a recibir a la Comisión Municipal el día 8 de julio, a las 12 horas, en Santiago. Las pretensiones de esta Comisión son que la Conselleira cambie su oferta de Plazas concertadas por una colaboración económica para la construcción de la Residencia.
La reunión con la Conselleira no dio los frutos esperados. Se mantuvo en la misma oferta. Se fijó como último intento de solución una futura y definitiva reunión para el día 9 de septiembre. Mientras tanto, los trámites necesarios impulsados por el alcalde para la construcción de la residencia siguen adelante durante este tiempo. Pero, tal como están las cosas en ese momento, es fácil pronosticar que le va a resultar difícil a la Conselleira permanecer al margen de participar en nuestro objetivo, sobre todo por evidentes motivos políticos. Primero, porque es ella la que tiene las competencias en esta materia y, segundo, por la influencia negativa que tendría en la imagen electoral de PP.
A las 6 de la tarde tuvo lugar la reunión con la Conselleira en la que ésta accedió a cambiar su oferta de plazas concertadas por dinero. El dinero ofrecido, 400.000 euros distribuidos en dos anualidades, 20104 y 2015, nos pareció insuficiente. Prometió darnos la oferta final el día siguiente por medios telemáticos para que tomemos la decisión final oportuna.
Efectivamente, el día 10 llega al concejo la oferta de la Conselleira. Ofrece 500.000 euros, el 25% del presupuesto de la obra, ejecutable en dos años: el 2014 y 2015. Al día siguiente, 11 de septiembre, se reúne la comisión municipal convocada por el Alcalde para hacer la debida evaluación de esta oferta. En ella se acuerda aceptarla y remitirle un nuevo escrito a la Conselleira, firmado por todos los miembros, en demanda de otros 300.000 euros para hacer frente al costo del equipamiento de la obra y con cargo al ejercicio del año 2016. Y se hace por considerar que de no hacerlo sería excesivo el endeudamiento al que se vería sometido el concejo. Y mientras se espera por la respuesta de la Conselleira, el alcalde sigue adelante con las gestiones encaminadas a la aprobación del proyecto de obra presentado en la Xunta.
A finales de junio se recibe respuesta de la Conselleira confirmando su aportación de 500.000 euros y posponiendo su compromiso con la financiación del equipamiento dado que cree que no es el momento de hacer su evaluación. Por lo que toca a la aportación de la Diputación se tiene noticia de que compromete en un acuerdo plenario su apoyo da la construcción de la residencia.
El día 29 de octubre la Comisión pro Residencia se dirige en carta firmada por todos los componentes a la Conselleira preguntándole por el número de plazas que estaría dispuesta a concertar y el coste que ello supondría, con el fin de poder tomar la decisión más acertada a la hora de acordar la gestión de la Residencia.
Por fin, el día 28 de noviembre de 2013 el Vicepresidente de la Diputación Provincial se reúne con la Comisión Municipal pro Residencia para comunicar que la Diputación está dispuesta a aportar 1.8028.000 euros para la construcción de la Residencia, distribuidos en cuatro anualidades: En el año 2013 = 528.000 euros, en el 2014 = 500.000, en el 23015 = 600.000 y en el 2016 = 200.000. Con esta aportación y los 500.000 euros que la Xunta se comprometió a aportar queda casi cubierto el coste total y se puede ya dar comienzo a la contratación de la obra, en cuanto se obtenga la aprobación del Proyecto de Obra por parte de la Xunta. Las correcciones que la Xunta exigió hacer en el proyecto de obra exigen una ampliación de unos 150.000 euros que, en principio, deberá aportar el propio Concejo. Y en el momento en que se firmen estos dos convenios de las aportaciones se dará por concluida la tremenda labor de la Plataforma de Vecinos pro Residencia, aunque permanecerá activa su directiva para colaborar en la ejecución del proyecto hasta el final. Y esto es el resultado de la actuación de unos vecinos que creyeron posible una utopía.
El día 2.12.13 el alcalde se dirige a la Conselleira solicitando la continuación del proceso de tramitación del Convenio de los 500.000 euros entre la Xunta y el Concello para llevar adelante la construcción, para lo cual remite la documentación pertinente. Con esta fecha solicita, al mismo tiempo, a la Diputación que pasen a la anualidad del 2.014 la cantidad asignada para este año 2.013.
A día 31 de enero de 2014 no se tienen noticias de la Xunta sobre la aprobación del proyecto ni sobre el convenio. Reunida en el concejo la Comisión Municipal en el día de hoy el alcalde da cuenta del silencio que por parte de la Xunta rodean nuestras demandas. Se acuerda, por tanto, remitir un escrito a la Conselleira dando cuenta de nuestra preocupación y de la urgencia de la Autorización del proyecto y de la formalización del convenio para poder empezar las obras con el fin de justificar en tiempo las ayudas. Si no contesta en breve a este escrito se acuerda volver a poner en marcha manifestaciones y demás actos reivindicativos.
Ante la falta de noticias y el silencio de la Consellería a las cartas y llamadas del alcalde sobre la autorización del proyecto, la Comisión Municipal se reúne nuevamente en el Concello el día 7 de febrero de 2014, a las 5 de la tarde para analizar los acontecimientos y medidas a tomar. Se acuerda, como paso previo a otras medidas de presión, como marchar a encerrarnos en las oficinas de la Consellería, mandar a la Conselleira un Burofax conminándola a remitir la autorización de la obra antes del día 14 de este mes. Si no contesta nos reuniremos de nuevo para tomar otras medidas. Seguidamente, esta misma tarde a las 8 tuvo lugar una reunión de la Plataforma Vecinal para informar a sus miembros de la situación y de la posibilidad de prepararse para volver a convocar al pueblo a otra manifestación.
Por fin, ALBRICIAS. Hoy día 10 de febrero, y como fruto de la presión ejercida esta semana pasada, acaba de llegar al Concejo la Autorización de la Consellería para poder construir la Residencia. En estos momentos en que se redacta este resumen se están elaborando en el Concejo las bases de licitación para su aprobación en el próximo Pleno Municipal y su posterior publicación del concurso para proceder a su construcción.
Y para poner feliz final a un movimiento ciudadano que comenzó hace tres años, el día 23 de febrero de este año de 2014 y convocados por su Junta Directiva se reunieron en Asamblea las asociaciones de vecinos de este concejo para tomar el acuerdo de dar por terminada su demanda y, por lo tanto, su actividad, con la salvedad de permanecer como observadores de la ejecución del proyecto hasta su inauguración.
Este es un somero y abreviado resumen del camino recorrido hasta aquí. Resumen reclamado por alguno de los presidentes de las asociaciones de vecinos asistentes a la última Asamblea General del día 3 de marzo de este año de 2013. Un Resumen que recoge los avatares de una larga y tenaz lucha en la cual se han de destacar, principalmente, dos cosas: el considerable trabajo desarrollado por la Junta Directiva de la Plataforma de Vecinos y el alcance trascendental de la creación de la Comisión Municipal Pro Residencia. Ambos grupos pudieron desarrollar su actuación apoyados en dos pilares que fueron decisivos en esta lucha. En primer lugar el apoyo masivo de los vecinos, debidamente informados por la Junta Directiva de esta urgente necesidad de dotar a Ribadeo de una nueva Residencia, y que creyeron posible convertir en realidad una utopía. Y en segundo lugar el consenso permanente de los portavoces de los partidos políticos que, impulsados por la Junta Directiva de la Plataforma de Vecinos, permanecieron siempre unidos en la lucha por la consecución de este objetivo y supieron anteponer a sus intereses partidistas los intereses reales de los ciudadanos.
"

20160329

AS DESFEITAS DE RIBADEO E CONTORNOS, artigo de Pancho Campos Dorado

Cunha semana de retraso sobre o seu envío, deixo a continuación un artigo de Pancho Campos sobre temas que incúen algún que está candente estes días:
“Desfeita” é un termo que se emprega como equivalente a: destrución, desastre, derrota, confusión. Nalgúns lugares quedou o termo como designación toponímica ligada a testemuñas de feitos aciagos que alí aconteceron, como por exemplo o Rego da Desfeita, no concello de Trabada.
Pois ben. En Ribadeo, vamos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por “As Desfeitas”. Vemos na prensa, casi tódalas semanas, que se destríen espazos patrimoniais sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, nin de ninguén con competencia para facelo. 
Exemplos: 
1) A Ría de Ribadeo. Estase destruíndo día a día coa colmatación de area que a está deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Quizais daquela, a alguén se lle ocurra prantar palmeiras no medio dos tesóns e facer o seu carón o “Hotel Chabola” ou o “Choupana”, “para sacarlle algún rendimento a desfeita”. 
Dín que non hai cartos para dragar o canal, e moitos menos para facer fronte a destructora obra civil que se vai concatenando ano tras ano, desde o primeira obra do paseo marítimo, cada vez máis ampliado coa escollera e recheos varios das pequenas calas da ría. Outro importante impedimento ó vaciado das augas da ría son as zapatas mal plantexadas da Ponte dos Santos. 
2) ENCE e a XUNTA DE GALICIA. Como todo o mundo sabe, a Xunta de Galicia é o órgano administrativo de goberno que rixe os intereses peculiares dos cidadáns da Autonomía de Galiza. Pois ben. Vemos que a Xunta está derrotada ante a administración de ENCE, pois en vez de sacar rendemento dos recursos do Porto de Ribadeo, para dragar a ría e crear infraestructuras con futuro, pois non, abarata os costos de transbordo de carga e os dereitos de uso do peirao, como si eiquí xa foramos ricos dabondo e non precisáramos de nada. 
Por outra banda, ENCE son as siglas coas que se coñecía a Empresa Nacional de Celulosa Española, fundada no ano 1950 na dictadura de Franco polo INI (Instituto Nacional de Industria), adicada a transformación de madeira de eucalito en pasta de papel ou pasta de celulosa, nás fábricas de Pontevedra (Galiza) e na de Navia (Asturias). ENCE tivo carácter público, ata a súa salida á bolsa no ano 1990, donde primeiro privatizouse o 49% e no ano 2001 o 51%. Hoxe en día aquelas siglas pasaron a ser: ENCE Enerxía e Celulosa S.A. que, como seu nome indica, é unha empresa anónima da que ninguén coñece a súa verdadeira nacionalidade, nin posiblemente quenes son os accionistas. 
Según consta na Wikipedia, desde 2006 o seu presidente é D.Juan Luis Arregui e desde 2010 é vicepresidente D. Ignacio de Colmenares y Brunet. No ano 2010 ambalasdúas fábricas causaban un gran impacto ambiental, tanto polos “olores” como pola contaminación de augas debido o seu efluente líquido que se vertía sin depurar na ría de Pontevedra e no río Navia. No ano 2013, en Navia inaugurouse unha planta depuradora do efluente líquido, e en 2015 anunciaron para a fábrica de Pontevedra o proxecto “Nuevo Ciclo del Agua” para utilizar somentes o 90% da consumida actualmente, pois pretenden reutilizar os efluentes líquidos depurados. Algo non debeu sair “o gusto” pois, en Pontevedra, a alguén nombraron “persoa non grata”. 
Sinceramente espero que a ámbalas dúas fábricas lles vaia moi ben, non polos accionistas, senón por corporativismo cos traballadores que alí dan o callo. Non obstante, gustaríame resaltar que ditas empresas, en 2014 xeraron 1 500 000 millóns de kWh de enerxía eléctrica coa biomasa que sacaron dos montes galegos. Tiveron en 2015 uns ingresos de 313 millóns de euros, cun beneficio neto de 22,1 millóns de euros, que equivale a un 7% de ganancia, frente a un gasto de producción de 290,9 millóns de € o que equivale ó 92,93 % de gasto do montón total. O meu ver, unha ganancia “moi pobre” para ese volumen de cartos, e que quizais deberían cambiar a tódolos directivos por falta de rendimento.(Datos da Wikipedia. Naturalmente, en esta fonte de información “financiera” pódese poñer calquera cousa, pois ninguén pode correxir a orixe dos datos)  [*]
A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no maps de Google

A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no Visor Sigpac (máis nova que no Google Maps)

Por outro lado, en cambio, a administración do Estado, gasta os cartos que fagan falta, non para mellorar o entorno da Ría de Ribadeo, senón para facer vías de tren para levar por vía estreita 520 000 Tm/ano de pasta de papel a Xixón. ¿Por qué non se constrúe a Ponte dos Difuntos ou dos Mortos dunha vez por todas? ¿aínda non se convenceu a Xunta, Portos de Galiza e a administración do Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleras son unha ruina ambiental totalmente en contra do noso ecosistema? A Ponte dos Difuntos, podería conter a vía do tren por unha tabla baixa e máis a autopista por unha tabla alta. Uniría Castropol e Ribadeo, sin destruir a ría e daría máis vida a todo o contorno, pois o porto de Ribadeo poderíase ampliar para barcos de máis calado e maior tráfico marítimo, que sempre foi o noso gran motor da economía. Incluso se pode levar a cabo aquel vello proxecto de unir o Porto de Ribadeo con Vilafranca do Bierzo, ou mesmo con Lugo pola Pontenova ou por Mondoñedo. A Ponte dos Santos é un verdadeiro atranco na ría, xa o decían aquelles vellos mariñeiros que razoaban un montón: “A Ría de Ribadeo non é o Duero, aquí hai marea cada seis horas”. 
3) No fondo da Ría de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que si a alguén se lle ocurre poñerse a estudialos, ten que ter en conta que non lle chegará o tempo da súa propia vida, pero ¿e mellor deixalos donde están, desaparecendo pouco a pouco? 
4) Fai uns anos, no Cementerio dos Castros (Teima, 24-Febreiro-1977) encheronse de formigón as tumbas celtas, algúnha con osos e incluso con algún esqueleto casi completo, para facer un “chalet”. Non pasou nada: “eran outros tempos”. 
5) Os temporais causan estragos nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo e Barreiros (A Mariña, 23-Febreiro-2016). O Forno romano de Esteiro está a piques de desaparecer; a Punta do Castro de Vilachá en San Miguel de Reinante, pouco a pouco desaparece; a turbeira de Arealonga desfaise; a tumba da praia do Coto de Barreiros afectada. Non pasa nada: “Patrimonio ten moito traballo e cos recursos que ten, non da para máis”. 
6) A tala de eucaliptos e a súa replantación levouse por diante en Mondoñedo o Castro inventariado do Monte da Arca (A Mariña 16-Marzo-2016). Mariña Patrimonio e Adega presentaron denuncia ante o Seprona. ¡Esperemos que algo pase desta vez! 
7) ¿Que se está intentando facer no faro da Illa Pancha? ¿Un hotel de días habitacións...? Postos a arrasar patrimonio público ¿por qué non se deciden a facer un edificio de trinta plantas, cunha luz “estroboscópica” no restaurante-discoteca da terraza, que alcance a verse en Espasante e en Xixón e se deixan de tonterías de pouca monta? 
Hai ducias de casos de barbarie “permitida ou sobreseída” que se ven de cotío arrasando o noso magnífico Patrimonio que ten miles de anos de historia, e en contra do “modus vivendi” dos veciños, que unha vez educados como Deus manda, teñen que irse a traballar fora dos pobos que os viron nacer, posto que “eiquí non hai nada do que vivir”. ¡Manda truco!
* Máis ben é o revés, calquera pode editar, e aínda que se algúen edita mal pronto soe estar corrixido, non sempre ocorre (nota do blog).

20160322

Emigrando

Nas épocas de viaxes tamén se move a emigración, en particular a máis 'moderna', a Europa (e non me estou a referir á 'crise humanitaria' que leva ese nome como eufemismo doutros ben peores, senón da 'nosa' emigración). Supoño que non sería ese o motivo polo que o INE sacou o último informe sobre emigración. Cheguei a el case de casualidade, pero unha vez que lle din unha ollada, non me gustou. En parte, pola falta de aproveitabilidade (dun informe en pdf os datos hai que sacalos 'a martelo', destrozándoos antes de volver a estruturalos para aproveitalos), en parte pola falta de transparencia (as clases nas que se apoia non permiten facerse unha idea clara da 'textura' do fenómeno mais que nuns poucos campos), incluíndo a falta de desagregación de datos (que non permite, por exemplo, considerar a Galicia como un conxunto e estudar o fenómeno por separado na nosa terra). Ou sexa, algo xa normal de falta de apertura de datos na administración española, do que non é a primeira vez que falo.
Así pois, centrareime nunha táboa tentando obter dela o maior zume posible. A táboa da que falei, tal cual, unha vez pasada a unha folla de cálculo:
Nunha primeira ollada, pódese ver que aumentou o número de emigrantes a tódolos países, exceptuando, por pouco (-1,35%) Venezuela. Para facernos unha idea disto último ('por pouco'), dicir que terían que pasar uns 74 anos ó mesmo ritmo absoluto para despoboar Venezuela de emigrantes españois.
Primeira transformación: ordeamento por volume de emigrantes:
Ó ordear, pódese ver que a saída neta de xente de España o pasado ano foi de 110 194 persoas, unhas 300 diarias, aumentando un 5,34% os nacionais no extranxeiro. Ó comparar cifras, obsérvase que tódolos países que sobrepasan de longo esa porcentaxe son latinoamericanos (a excepción dos EEUU e do Reino Unido), dando unha idea de que, se a crise afecta ós nados en España, botando fóra á xente nova, máis afecta ós españois nados no extranxeiro (que adquiriron a súa nacionalidade en moitos casos por descendencia) e que son en realidade emigrantes a España que retornan ós seus países de orixe.

Tamén chama a atención que os tres países que máis aumentan na emigración son Arxentina, os estados Unidos e o Reino Unido, por esa orde:
Quizais sexan máis visuais, coma sempre, os gráficos, coma estes outros gráficos:
Os dous gráficos anteriores representan o mesmo: a cantidade de españois no extranxeiro en xaneiro de 2015 e de 2016, pero teñen diferente base, a do primeiro en 0, e a do segundo, en 2 000 000. A manipulación a que poden dar lugar para comentarios, a 'perspectiva', queda así clara, dentro do drama da emigración, ó ollar para un ou outro.
Volvendo ó aumento por países, quedan a continuación dous gráficos tamén cos mesmos datos pero en diferentes versións:
Sobre estas liñas, o gráfico tradicional, cos datos por países en 2015 e 2016, e baixo delas, o gráfico en función logarítmica. A diferencia? As barras de arriba son proporcionais ás cantidades, tanto de emigrantes en cada ano como de variación de emigrantes. Nas de abaixo,pódese dicir que a variación entre o ano 2015 e 2016 ten unha lonxitude proporcional á porcentaxe de aumento. Tamén nestes casos, a percepción pode ser ben diferente.
Ben, podemos xogar con cantidades e gráficas, mais iso non suprime o feito de que a saída neta declarada de emigrantes superara o ano pasado (2015) os 100 000. Igual que o ano anterior. E que o anterior. E que o anterior... con calquera gráfica que xogemos, a menos que esteñamos a mentir ou a ocultar.

20160320

Estamos na primavera

Si, un dos días máis chuviosos do ano (dun ano que está resultando chuvioso), con temperaturas normais para hai uns anos, pero non para este, despois de sucesivas marcas de altas temperaturas. Si, hoxe, ás 4:30 da pasada noite tivo lugar ó equinoccio de primavera, o momento no que o eixe de xiro da Terra está xusto perpendicular á liña que une nese momento Terra e Sol. É dicir, deixamos o inverno e estamos na primavera!
Se non cres, sal á rúa e compróbao...
Táboa de solsticios e equinocios. Collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Equinoccio

20160318

Petición - concienciación

Nota previa posterior: Remato de recibir un cambio: polo momento, supéndese a recollida de sinatura en mesa de sábado 19 ata novo aviso.
//Nota posterior: tivo lugar a mañá de xoves santo//
--
 Mañá sábado está a nunciada a petición de sinaturas a favor da comunidade da Illa Pancha. Non é que na Illa Pancha viva unha comunidade de persoas, senón que a illa Pancha ten o cariz se ser da comunidade, comunitaria, de todos, sen reserva de propiedade privada, que é o que fai o convenio asinado polo Ministerio de Fomento/Portos do Estado coa empresa Eirobra: privatizar a xestión (e introducir unha serie de modificacións nunha zona que ten diversos tipos de protección natural e medioambiental, a máis de paisaxístico).
 A recollida de sinaturas farase no Campo (parque), a partires das 11 e media da mañá e ata o remate da mesma, aínda que hai follas para descargar, pois seguiranse recollendo durante un tempo, antes de presentalas.
A iniciativa compleméntase cunha recollida de sinaturas en internet que xa leva máis dunha ducía de centos delas recollidas, e que de igual xeito aínda seguirá dispoñible.
En papel, o documento utilizado é:
Visible de xeito separado e desacrgable para imprimir.
Como pode verse, a proposta é que se implique á cidadanía, a nós, a todos, ós propietarios da illa, en troques de privatizar despois de manter impedido o acceso durante décadas.
O movemento pacífico leva xa tempo en acción, e polo momento, despois da sinatura do convenio Eirobra/Fomento a cousa está parada, contemplando como en algún lugar xa se descartou a idea da privatización do faro correspondente, lugar de interese comunitario como a illa que nos ocupa.

20160317

Mercadona, enfocando a solución

Xa hai tempo que se ven falando en Ribadeo da instalación dunha nova grande superficie da empresa Mercadona na zona de Vilar. Onte viuse confirmada a nova cunha nova de prensa do concello.
A área que se ve no Open Street Map corresponde á zona comercial do Vilar, onde xa hai un Eroski (con Bricoking, gasolineira, acceso e aparcamento, 30 000 m2), Bricoking, Lidl, Decathlon, Mercal, estación de servizo (este conxunto, xunto con aparcamento, 12 000 m2) e, preto da zona principal, dous establecementos comerciais 'chinos', un dos que sería o que ocupa a zona onde irá o novo centro comercial (8900 m2; collerán algunha terra de atrás para aparcamento?) mentras se despraza o comercio un pouco máis ás aforas, pegado a outra zona con naves industriais na actualidade.
Fala a nota de prensa de dous millóns de euros de inversión, e un depósito de 70 000 euros por licenza de obras. Elude o falar o desprazamento cara ó exterior do centro urbano do peso comercial, e máis aínda de que o novo establecemento aínda está máis lonxe que os anteriores dese centro. Aposta por o mantemento e acrecentamento de Ribadeo como centro comercial, polo financiamento por parte da empresa da reforma e ampliación de vías para o tráfico rodado e facilitar a circulación de vehículos na zona, e cita a recepción de currículos para o emprego no concello (a lembrar que a obra ten un prazo de execución de tres anos aínda, pero xa se recibiron varios centenares) como un erro sucedido a partir de certas novas que se estenderon polo pobo.
Un pouco en resume: algo máis de traballo tipo de baixa remuneración e afastamento do comercio do pobo. Que poda atraerse á xente cara a Ribadeo a partir do uso do novo centro comercial, está por ver, a tres anos vista, igual tempo que tardarán en verse os novos empregos de vendedores. Mentres, haberá emprego na construción. O mapa que vai anexo neste artigo terá variacións (xa a día de hoxe está incompleto non presentando, por exemplo, o local que ocupa o establecemento actual rexido por chinos e que antes aínda era unha tenda viveiro de xardinería). A paralela á Avenida ría de Ribadeo cambiará abondo para adaptarse a un maior tráfico de saída do establecemento. Polo momento non se fala de facilitar o paso peonil entre o centro urbán e a zona comercial, algo que se leva pedindo dende hai tempo; pero claro, a maioría de xente vai en coche, co sistema que hai actualmente e que non se pensa en contribuír a variar.
A nota de prensa presenta un carácter lixeiramente triunfalista e moi conformista. Algo que vai cos tempos que que non é doado cambiar para contemplar outra visión de futuro. Mais algo que é convinte lembrar, como que cando se titularizou como dependente do concello o tramo de estrada entre a rotonda da autovía e a Vilavella, o primeiro que se fixo foi unha rotonda -que antes non podía ser- para permitir a ampliación da zona comercial. Pequenos cambios/grandes cambios que manteñen unha visión de futuro sobre a que non se fala, senón que se sinxelamente se acata.

20160316

O concello arriou a bandeira

Corto e pego unha nova do concello tras un par de comentarios.
1.-Entendo que arriar a bandeira é unha acción ilegal, por moito que é difícil que traia consecuencias legais (xusto ó revés do que pasa con outras cousas que fan as persoas ou agrupacións que poden resultar molestas para algunha xente con poder abondo) co que, en certo sentido, Ribadeo estaría nunha categoría semellante a outros concellos noutros lugares que desafían a lei que lles rexe. Por outra parte, dada a postura do goberno español e a indefinición do galego (que eu saiba) sobre o tema, non sei se non habería que aplicar o mesmo criterio ás tres bandeiras con resultados semellantes para todas elas.
2.-Onte mesmo colguei unha entrada chamando a manifestarse no mesmo sentido, sen máis comentario. Coido que iso indica 'de que parte estou', para que ninguén se chame a engano, a propaganda disfrazada ou cousas semellantes.
E agora si, a Nota de Prensa:
"
Foto arriado bandeira
EN SINAL DE PROTESTA E DE CHAMADA DE ATENCIÓN

Bandeira da UE

16/03/2016
O Concello arría a bandeira da Unión Europea en repulsa polo trato inhumano que están a recibir @s refuxiad@s
 Desde o Concello de Ribadeo "queremos manifestar a nosa total repulsa ao trato inhumano que están a recibir os refuxiados e refuxiadas que foxen do seu país por mor da guerra. É unha mágoa que, despois de ter amosado tantas e tantas veces as imaxes dos campos de concentración nazis para condenar a barbarie do século XX, desde as institucións europeas se agoche agora a mirada e se queira botar man de terceiros para que fagan o traballo sucio levando a cabo políticas ilegais e inmorais como é a deportación masiva de refuxiados".
"Atropelar con tanto cinismo os dereitos humanos e converter en borralla a Carta Internacional dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas merece unha resposta clara e serea pero tamén ben visible: como sinal de protesta e de chamada de atención para espertar as conciencias dos políticos, tecnócratas e burócratas que toman decisións tan graves, imos arriar a bandeira da UE do noso Concello como xesto simbólico por esta vergoñenta falta de actuación diante deste drama", conclúen desde o Concello ribadense.
"
Está claro?  Coido, para rematar, que cabe preguntarse ata que punto estamos dispostos a defender a nosa postura no tema.

Rotación

Que abriu Casa Ríos, a tapería (Pasarón y Lastra 2)! Que ben, outro local máis aberto!
Que pechou Nove Noventa (S. Roque 24)! Mágoa, se levaba moi pouco tempo aberto (agosto 2015)!
Novo local de panadería Torviso! É un traslado dende o vello forno da praza de José María López a Reinante...
E así poderiamos seguir. A apertura, pero tamén o peche, de novos negocios en Ribadeo vai moito máis ŕapido que hai uns anos. Ás veces, predominan claramente o peches. En tempadas, as aperturas. Os traslados tampouso son raros, pero si moito menos numerosos sempre. Hai pouco, a comezos do pasado ano, por mor da actualización das chamadas 'rendas antigas', houbo máis movemento, predominando claramente os peches. Antes do verán, Semana Santa ou Nadal, son as épocas de novas aperturas. No outono e os outros períodos intermedios, máis ben predominan os peches.
Non levo estatísticas do tema, mais o tempo medio que unha tenda nova tarda en pechar diría que se reduciu estes últimos anos, quizáis pola falta de visión de nichos de mercado, ou polo enchemento destes por novos establecementos anteriores, ou en moitos casos pola fundación dun establecemento como fuxida á falta de alternativas... O caso é ese: os novos establecementos duran menos, e por elo, a renovación é máis pasaxeira.
Hórreo da vella panadería Torviso dende a r/Calvo Sotelo, hoxe mesmo &20160316)

Hórreo da vella panadería Torviso dende a r/Calvo Sotelo, segundo se pode ver en Google Street Maps

20160315

En Burela... e noutras 50 cidades de España

Mañá (se o les hoxe martes!), 
mércores 16 (de marzo de 2016)
ás 20:00 h (oito da tarde)
en Burela (si, á beira do Cantábrico)
xunto con outras máis de 50 cidades de España

Concentración diante do Concello
Polo refuxio dos refuxiados,
para impedir o indigno acordo da UE con Turquia.

Non te enteraches? A cabeza da UE non parece ter claro que é a moral. Nin tampouco ter a memoria afinada. Por exemplo, non se lembra o que pasou con moita moita xente arredor da segunda guerra mundial, ou aquí en España, coa nosa guerra particular. Parece como se se procurara o esquecemento sen importar que o esquecemento é un paso para facilitar a repetición.

A Semana Santa en Ribadeo 2016

Xa hai uns días que está na rúa o tríptico da Semana Santa para este ano. Deixo embaixo a portada, aínda que mellor velo enteiro na ligazón.

20160314

De loitas e loitas

Loitar por conseguir cousas é unha constante nas persoas e na humanidade. Mais hai moito, moito tempo que nos decatamos que non todas as loitas son iguais. Iso non impide que se sigan a producir desigualdades na loita e entre loitas. Desigualdades na loita dende o comezo, pois os poderes que se enfrontan non teñen por que ser semellantes -nin moito menos-, o que non ten por que impedir que se loite: a vida é loita, e aínda nos 'casos perdidos' por unha loita que se considera xusta hai que seguir adiante. Colle A arte da guerra de Sun-Tzu e empápate para tentar ganar... (coidado! O primeiro que atopas é que non debes emprendela se non estás en posición de ganala!)
Desigualdades entre loitas.Non todas as loitas son iguais. Nin moito menos. Non é o mesmo a loita dunha nai por conseguir que o fillo coma aquel alimento que non lle gusta pero que lle fai ben que a que mantén para que non a moleste mentras podería sacar tempo para ver a televisión. Mesmos contrincantes, circunstancias diferentes, pero sobre todo, razóns diferentes en canto a desexabilidade para ambos.
Estes días está habendo unha loita en Luarca contra unha instalación dunha mexilloneira. A cuestión non é pola contaminación ou polo que afecte ó medio ambiente e biodiversidade na zona. Pode parecer o mesmo, pero o que se deduce das novas de prensa é que o enfrontamento está producido por que os profesionais que agora están extraendo percebe ou practicando a pesca de xeito artesanal verían a instalación como unha ameaza. instalación, por certo, que estaría promovida por unha empresa chamada 'mar aberto', no que algúns poden ver unha certa ironía.
É dicir, o enfrontamento é corporativo, non social nun sentido amplo. Non estudiei o tema para saber as implicacións que podería ter para a natureza, e evidentemente, nunha 'guerra' os bandos tentan aproveitar alianzas e sinerxias de cousas e circunstancias que non van en liña recta co que se pretende conseguir. Mais desenvolver unha guerra corporativa, dunha parte da sociedade, non é o mesmo que facelo para beneficiar a toda a sociedade. E iso, cando estamos metidos no tema, é difícil de ver aínda que se saiba dende hai moito, moito tempo, a diferencia.
Coelacan~commonswiki Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0

20160313

Nota de prensa e borrador de acta da asemblea de O Tesón de sábado 20160312

A AVV O Tesón está de cambios. Quedou claro en anteriores comunicados, nos que se foi contando a historia próxima inmediata, e tamén dilucidadno a historia próxima por vir da asociación veciñal.
Hoxe, unha nota de prensa e o borrador da acta saíron á luz no seu blog. Preséntoas nesa orde:
Logotipo de O Tesón


Nota de Prensa
Conforme ó previsto, a AVV O Tesón realizou varias asembleas onte, sábado.
A primeira asemblea, ordinaria, desenvolveuse coa expoisción das contas e actividades do pasado ano, incluíndo a resposta que o concello deu ó escrito de 28 de decembro pedindo información sobre a illa Pancha, as actividades culturales como o ciclo de primavera ou a viaxe social a Burela e San Cibrao.
Suspendeuse logo a asemblea para pasar á convocada asemblea extraordinaria para renovación da directiva. Non houbo unha proposta para unha nova directiva, co que se suspendeu definitivamente a asemblea ordinaria e pasou a asemblea extraordinaria de suspensión de actividades.
Como quedou dito en diversas circunstancias, tentouse preservar a posibilidade de que no futuro alguén poda reavivar O Tesón, mais quedou xa previsto un desmantelamento ordenado, que unha comisión formada por Pancho Campos, Rocío Botana, José Ángel Salvatierra e Antonio Gregorio levará a cabo antes de fin de ano de non haber novidades. Entre as funcións desta comisión están o reparto dos bens da sociedade e a atención ás posibles propostas para que a sociedade poda seguir a funcionar no futuro, no que sería xa unha segunda época. Tamén está prevista a publicación da historia resumida de O Tesón,
Tanto dende a directiva saínte como dende a comisión formada temos claro que a asociación é de todos, de toda a sociedade, non só dos asociados, e a todos incumbe a participación, incluída a xestión dos bens comúns, mesmo inmateriais, como é o caso. Por iso, aínda nestes momentos que desexaríamos non estar pasando, poñemos a O Tesón ó servicio da sociedade, de Ribadeo.

- - -
Borrador de acta

Asemblea Xeral ordinaria e sucesivas da Asociación de Veciños O Tesón
Salón de actos da Casa do Mar, 20160312, 20:00, con asistencia de 6 socios e unha persoa invitada.

Estando previsto segundo convocatoria varias asembleas sucesivas, a tenor do desenvolvemento da asemblea ordinaria, deu en primeiro lugar comezo a asemblea extraordinaria
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
Explícase que a acta anterior corresponde á asamblea de 11 de outubro de 2014, por non terse celebrado a asemblea convocada para 10 de outubro de 2015 por falta de asistentes. Dáse lectura á acta correspondente e é aprobada por unanimidade.
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Foi presentado o desenvolvemento de actividades culturales, como as xornadas de primavera, sociais como a viaxe a Burela e San Cibrao, e xerais, mesmo a última, coa resposta do concello ó escrito sobre a illa Pancha e o informe emitido polo concello ó Ministerio de Fomento, recibido esta mesma semana.
Despois foron lidas as contas correspondentes ó ano pasado e a 2014, que en resume quedaron:
Saldo a 31/12/13: 6585,79
Entradas 2014: 1220
Saídas 2014: 2116,48
Saldo a 31/12/14: 5689,31
Entradas 2015: 1240
Saídas 2015: 415,33
Saldo a 31/12/2015: 6521,98 €
En relación ás contas, coméntase que non se pasou ó cobro os recibos pola situación na que se atopa a asociación. Asemade, que hai pequenos pagos por realizar, correspondentes ó envío das cartas desta asemblea.
A memoria e as contas son aprobados por unanimidade.
Conforme ó previsto, suspéndese temporalmente a asemblea.
-
Asemblea Extraordinaria de lección de nova directiva
Punto único: 1.Presentación de candidaturas e elección se procede de nova candidaturas
Exponse a situación e o motivo de que Elvira Posada estea na sala, como parte dun intento externo por axudar á asociación, tentando por todos os medios posibles a continuidade. Despois de diversas deliberacións entre os presentes, e ó non haber posibilidade de nova directiva nesta asemblea, pásase a Asemblea extraordinaria prevista na convocatoria, suspendendo de xeito definitivo a asemblea ordinaria.
-
Asemblea extraordinaria de supensión de actividades
Punto único: 1.Organización da suspensión de actividades
Pásase revista ó punto 37 dos estatutos, especificando que a proposta non é disolver a asociación de xeito inmediato, polo que non é aplicable, senón a suspensión de actividades, para o que debera tomarse como referencia. A pretensión é apurar ó máximo a posibilidade de recoller o testigo da asociación, polo que si se propón crear unha comisión. Asemade, pásase revista ás cousas que se estima se deben facer, como a distribución dos activos da asociación. A proposta é que, unha vez pagados os pequenos restos que quedan sen aboar, se retire unha cantidade para facer unha publicación cunha historia sucinta desta primeira época da asociación, e doar o resto. En canto ás diversas publicacións, repartilos, preferentemente ós autores. A máis, a asociación dispón dun armario metálico, que, de non ser reclamado por ninguén, quedaría no mesmo lugar que agora, en casa de Rocío Botana, onde está acubillando diverso material.
Trátase do fondo legal da situación, entendendo por este motivo que a comisión designada debe ter un límite temporal, en contra da proposta inicial.
A comisión queda formada polo actual presidente Pancho Campos, a tesoureira Rocío Botana, o secretario Antonio Gregorio e José Ángel Salvatierra, socio de número, coas misións propostas de facilitar a publicación da historia da asociación e distribución de activos, rematando a disolución en caso de que non haxa unha proposta para a súa reactivación antes de fin de ano, ou promovendo a súa reactivación mediante asamblea en caso contrario.
Ás 21:00 dáse por concluída a Asemblea.

20160311

Levantando as catedrais?

Hai unha semana unha nota de prensa do concello daba pé a unha nova sobre o ben que vai todo en relación ás Catedrais, o seu futuro e o seu aproveitamento: "as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto", enfatizaba a nota.
Eses días púidose ler no xornal que era imposible co actual sistema saber que cantidade de xente estaba accedendo á praia co actual sistema, no que os hostaleiros poden 'tachar o ano e aproveitar as entradas que lles deron para o ano pasado'. Unha nova na liña que defendín en diversas ocasións, como na entrada de outubro do ano pasado 'As catedrais, si ou non?'. Mes e medi antes, aseguraba en 'Catedrais, cupo e...': Non sei se a xente está satisfeita ou non co cupo, aínda que pese as protestas, e dada a inexistencia real de cupo salvo para a xente de aquí, non vexo que haxa moitos motivos de queixa por pouco cupo. Outra cousa é por moito cupo, e para iso están as fotos.
Estas eran tres das fotos que acompañaba entón:
O plan non está listo, pero o concello sumouse a el, como se pode observar na actualidade, non sei se esquecendo o seu plan particular con peticións diferentes das da Xunta e contratación e pagos diferentes tamén por facer unha proposta inicial. Quizáis fixo posible o cambio o que a hostelería, bus e taxi non tivera problema de obter tantos pases como lle foron necesarios (sendo a necesidade marcada polo sector).
Un pouco antes das notas citadas máis arriba, escribía en relación a unha nota de prensa do concello expresando satisfación polo cheo total en Ribadeo: "Un xeito de velo, diríase. Non vou parar a facer unha análise da nota, pero invito a lela con calma e pensando. Por exemplo, na xente de a pé de Ribadeo, non no binomio turistas/hostaleiros, por poñer outro punto de vista diferente do do alcalde. Faralo ou confórmaste co 'pensamento único'?" E aínda un pouco antes, en 'Os turistas poden, os de Ribadeo, non' tentaba razoar sobre a sostibilidade do turismo en relación ás catedrais. Coido que podería seguir con argumentos e feitos recollidos no blog en relación ó tema das catedrais, pero para non cansar vou poñer só unha ligazón máis, a un artigo de José Mª Rodríguez: 'A praia das Catedrais ou como destruír un monumento' pon outro punto de vista (se ben próximo)

Ver un mapa máis grande
Só para rematar, unha reflexión e unha proposta.
Vaiamos pola reflexión: Hai un ano, coa polémica, máis ou menos enterábamonos dos detalles das posicións das diversas partes, as presións dos diversos intereses, etc. Agora hai harmonía institucional, e o resultado é 'discreción e silencio', equivalente a que a xente do común non temos medios para enterarnos do que fai a xente que non é común, e menos aínda para participar, esa verba que ó tempo enche bocas e resulta tan molesta en bocas dos demáis.
E a proposta: Sabido é que o ataque do mar vai mermando os arcos, e que o primeiro arco, o máis externo, está moi debilitado. Visto por onde van os tiros dos plans, apunto en facer algo como apuntalalo, ou mellor, facer un rompeolas a certa distancia para mantelo máis tempo...

20160310

O RELOXO DE RIBADEO, artigo de Pancho Campos Dorado

 Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre algúns temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano 1563, sobre acordos que se fan na “casa del relojero” e reparacións dun “Relox” que había en Ribadeo, supoño que sería o da Torre do Reló, pois son pagos do Concello o Mestre Pedro, reloxeiro e cerraxeiro que fai as rutinas de darlle cuerda, limpeza, engrase e reparacións varias que se presentan ó ano.
 Nin nos “Apuntes sobre Ribadeo” de D. Fernando Méndez Sanjulián (1884), nin nas “Efemerides Rivadenses” de “Áhn-Thón” (1893) se fai referencia a este reloxo. Posiblemente porque ámbolos dous autores non lle deran a importancia que ten un reloxo do século XVI, pois coñecíano de tódolos días, pois eran contemporáneos da Torre do Reló que no século XIX aínda estaba en pé. Igual que nos pasa hoxe coa Torre dos Moreno, que a primeiros do século XXI está aínda en pé e ó pasar mirámola sin fixarnos en detalles, e da que se dirá nas súas Efemérides do século XXIII, o fermosa que era e o ben que lucía como edificio simbólico do noso pobo...!!
 Das actas do Arquivo, despréndense notas como: un acordo do 3  - Agosto - 1563 na “casa del relojero” ante o alcalde maior Sr. Ribadeneira; o alquiler da “casa del relojero” (1564); un pago o reloxeiro o 19 - Xaneiro - 1565; outro pago do salario anual de 2 - Xaneiro - 1566; pago o Mestre Pedro de Xances, Xauces ou Yances 20 - Xaneiro - 1566 donde se relata unha reparación importante que se lle fixo o reloxo, entre outras cousas, o amaño de nove dentes dunha roda e o amaño dun piñón, avería que levantou traballo ata o 18 - Marzo - 1566, cuxo relato ocupa varios folios... e un longo etc de máis notas sobre aquel, sin duda, magnífico e caro reloxo, obra da mecánica máis fina naqueles tempos da forxa e da fragua.
 Se entramos na Wikipedia, vemos que o primerio reloxo mecánico foi construido por Richard de Wallingford, abad de San Albano, Inglaterra 1326. O segundo, construido en Padua, 1344, por Santiago Dondis... En España o máis antigo reloxo de torre con esfera data de 1378, na catedral de Valencia. Outro na catedral de Barcelona en 1393, o de Cuéllar (Segovia) de 1395 e o da catedral de Sevilla de 1396, que se inaugurou o 22 de Xullo de 1400 en presencia de Enrique III (“El Doliente” (1390-1406) da Casa de Trastámara, primeiro Príncipe de Asturias)
 Pois ben. ¿De donde sacaba rentas o Concello de Ribadeo para o dispendio de comprar e manter un reloxo de torre no século XVI? pois non era barato e poidéramos decir que era un verdadeiro luxo ter un tamaño reloxo público. Hoxe en día sigue sendo un luxo, e só existe en Ribadeo un reloxo de torre mecánico, o da igrexa de Sta. María do Campo, que está totalmente “trucado” para que sone. ¿Verdadeiramente eran rentas as que entraban no Concello de Ribadeo no século XVI?. Na documentadísima obra “La Colegiata de Ribadeo” de José Mª Rodríguez Díaz, hai un parágrafo na páxina 13 que fai entrever unha posible historia: “D. Pelayo de Cebeira, obispo de Ribadeo, morre o 3 de Noviembre de 1218. Foi enterrado na Colexiata nun sarcófago de cantería bruta elevado a tres cuartas da terra sobre catro pedestales do mesmo material e situado no trascoro frente a porta principal. Na tapa do sarcófago había gravada unha cruz e un báculo"... comentario do padre Flórez do ano 1764, que expresa e insinúa unha realidade afastada no tempo... testimonio da pervivencia dunha profunda devoción popular hacia a persoa do bispo Pelayo. Devoción que estivo latente no pobo de Ribadeo durante máis de cinco séculos... Os fieis acercábanse o sarcófago a tocar “os rosarios e as súas cabezas dolientes e facer outras accións de devoción e piedade indiscreta e prohibida... O bispo de Mondoñedo, D. Manuel Francisco de Navarrete y Ladrón de Guevara, en visita pastoral a Colexiata de Ribadeo, de 3 - Noviembre - 1701, entre os mandatos, dicta un, o 35, polo que prohíbe estas expresións de adoración e ordena que se desterren estas costumes dos fieis... prohibidas polas bulas papales e o Santo Concilio. O bispo mandou abrir o sarcófago para ver se o corpo estaba incorrupto”.
 Naturalmente o cadaver non existía. Polo tanto, según o criterio daquel malévolo bispo Ilmo. Ladrón de Guevara, “non había proba evidente de santidade do bispo Pelayo”. Gustaríame a min saber a cantos corpos incorruptos de santos lles rezaba “a súa Ilma.”. Por suposto, non lle rezaba a ningún, pero ben que se apurou a levarse o báculo de Pelayo (1199-1218), feito no obradoiro de Lemosín, de cobre dourado, esmaltado e con turquesas, que logo venderon a un marchante catalán, para facerse con cartos, e hoxe atópase no Museo de Cataluña en Barcelona. Tamén se levaron os zocos episcopais, feitos de madeira e pel de cabra e becerro, que hoxe se poden contemplar no Arquivo da Catedral de Mondoñedo.

 Pero volvendo ó tema do reloxo de Ribadeo, ¿tiña a Colexiata de Ribadeo tanta limosna pola devoción ó bispo Pelayo, que o Concello acumulaba rentas do “turismo” que chegaba no século XVI, que podía permitirse o luxo de comprar un reloxo de torre e atender o seu mantemento? Posiblemente si... ou non!!! Pero para Ribadeo, aquel mandato do bispo de Mondoñedo, foi un feito garrafal para a economía do pobo, pois pasada a devoción polo bispo Pelayo, acabado o peregrinaxe de xente, que era esencial para o comercio da vila que era quen pagaba impostos o Concello.
 Por outro lado, ¿que foi do “Relox” da Torre do Reló? ¿É posible que cando se tirou dita Torre do Reló, e se pasou a devoción de Sta. María do Campo da Colexiata, para o Convento de San Francisco, pasara o reloxo para a nova torre que hoxe hai na igrexa de Santa María do Campo, sustituíndo a antigua espadaña do convento?
 Se isto é así, temos un reloxo do século XVI na torre da igrexa. Quizais debera inspeccionalo alguén que entenda, para ver se ten algunha marca de fábrica. ¿Se non é así, que foi do antiguo “Relox”? ¿Levou o mesmo camín que o báculo e os zocos?. Non sería extraño, nin raro que así fora, pois todas as “Antigüedades Ribadenses” contemplan un riquísimo e amplísimo patrimonio, do que Ribadeo podería vivir folgadamente só ensinándollo ós visitantes, desaparecen do pobo polo arte de birlibirloque. ¿Cando será o día que o Concello se implique na construcción dun Museo etnográfico, marítimo, arqueolóxico, etc. etc... incluso unha Galería de Arte cunha pinacoteca permanente, construir un Palacio da Música, obras arquitectónicas amplias para a poboación que somos, e non tan escasas como as que hoxe hai, casi medio-chabolistas, para poder desenrolar as actividades da Banda Municipal e a Escola de Música, a Coral Polifónica, as bandas de gaitas e tambores, etc.etc.?
 Temos absolutamente de todo, pero desgraciadamente repartido por outros pobos donde se nos adiantaron na Conservación do Patrimonio. Hai por aí “seudomuseos”, en lugares incluso máis pequenos dos que eu critico en Ribadeo, donde colgan un gadaño das patacas, outro de aterrar, un foucín do trigo e un lampo do monte, unha gadaña, unha serra, un tronzador e unha barrena, e xa teñen un museo etnográfico, cun montón de visitantes o ano. Nós temos: o báculo en Barcelona; os zocos en Mondoñedo; centos de útiles do neolítico de Louselas en Vilalba; os cadros de Dionisio Fierros en Madrid; os de Benito Prieto Coussent en Granada; restos de naufraxios da Ría de Ribadeo, en Vigo, en Bueu, e a saber onde máis; un cañón de náufragos na Cruz Roxa en Lugo, a Diadema de Ribadeo no Louvre de París, o Carneiro alado de Ribadeo supoñemos que no Museo de Lugo... centos e centos de pezas expoliadas do noso patrimonio, en cerámicas, ánforas, canóns, bolaños de fragatas, urcas e galeóns... ¿Ata cando vai continuar isto? e o que é máis grave ¿saberemos algún día esixir o que é noso, do patrimonio de Ribadeo? ou diránnos aquelo de: “Si te he visto no me acuerdo” ¿Hai algún órgano administrativo do goberno municipal donde se levante acta do que se están levando, sexa quen sexa o organismo oficial que os leve? ¿Hai algún arquivo no Concello sobre o tema coa descripción das pezas levantadas, situación onde se atoparon e quen as leva, e para onde van, pois logo quédanse desperdigadas por aí... e quen o sabe?
 ¡Pois senón o hai, debera habelo, así que alguén debe poñerse o chollo, que non vai ser pouco, pois hai ao menos sete castros e máis asentamentos arquolóxicos nos terreos do propio concello, pecios na Ría de Ribadeo e asentamentos doutros restos arqueolóxicos submarinos donde se atoparán pezas de cerámica, de madeira, de ferro, de estaño, quizais de bronce, de plata, de ouro, e múltiples útiles de uso diverso, restos históicos cos que se poden facer coleccións de tódolos xéneros, pois hai para dar e tomar... ¡Pero non podemos deixar que “desaparezan”!
Pancho Campos Dorado