20171031

Conservación do muíño da Ignacia. Unha revisión

Hai xa moitos anos que o Muíño da Ignacia se restaurou. Sei que no seu momento quíxose dotar una uténtico mecanismo que funcionara coa auga, mais a falta de cartos deixouno como unha especie de muíño de xoguete, cun subministro de auta co seu correspondente acueduto e reservorio, pero sen un funcionamento real. Quizáis foi iso o que o deixou sen posibilidade de visitas, con porta permanentemente pechada e abandoado dende aquela.
O 7 de decembro de 2009, unha nota do concello difundía que a finalización da restauración do muíño da Ignacia estaba incluída na posta en marcha de tres rutas de sendeirismo. Daquela falaba de 50 000 € de subvención da Reserva da Biosfera no exercicio 2009. En febreiro de 2011, outra nota informaba da sinalización de tres rutas, as mesmas que na nota anterior, e de 37 000 € tamén da Reserva da Biosfera, incluíndo 'Ese investimento inclúe a remate e posta en valor do muiño de Ignacia'
Non obstante o anterior, xa no 2010 o blog tiña unha reseña sobre a queixa do propio concello por unha fogueira feita á porta do muíño. Precisamente, pouco antes de que As Catedrais rebicira a Q de calidade turística por primeira vez. Neste mesmo blog voltei reseñar o vandalismo no mesmo lugar un ano máis tarde, e aínda que esa entrada non ten foto, lembro ter pasado non moito despois pola zona e observar o mal estado da ponte que leva dende o camiño ó muíño xa daquela.
Estamos rematando o 2017, é dicir, máis de sete anos despois de que o concello se queixara polo vandalismo no lugar, e o Muíño está maís deteriorado ca nunca.
O Muíño da Ignacia, marcado no centro da foto do Sigpac, ó pé do Rego de Ramos (na parte inferior dereita, as Aceas; atravesando dende a parte superior á dereita, a LU-P-5207 Ribadeo-Vilela):

20171030

Enterándome de cousas que non sabía

Pode dicirse que eso foi o que fixen ó meu paso pola feira. Unha feira, primeira edición, da que non me cadraba o nome para unha actividade así: a I feira feminista.
De saída, o lugar da feira, alegórico na praza 8 de marzo, daba para a montaxe da carpa dun xeito xustiño, como se pode ver na imaxe, tomada o día da montaxe. A carpa, con postos de venda do mercado, facía que dúas organizacións compartiran un mesmo posto. Había atraccións musicais... e cando eu fun, moi pouca xente. Mágoa, pois había cousas interesantes, mesmo relacionadas só moi lateralmente co feminismo. Por suposto, o feminismo ou a sexualidade, enfocados dende diferentes aspectos, eran a base da feira, Mais non só. Aí está o 'Fouce', periódico de información técnica e sindical labrega, cunha portada que anuncia: 'VII conferencia da vía campesina: feminismo e soberanía alimentaria para mudar o mundo', e que no seu interior anuncia un apropiamento do común a grande escala que non trascendeu ós medios: os agricultores terán que pagar 12 euros por tonelada de semente que garden. Non me estendo en detalles pois aí segue a loita. Só quería remarcar que unhas páxinas máis adiante aparece outro titular 'Cónclave para deseherbar o machismo do medio rural'. E é só un exemplo. Alí estaba tamen o Comité lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, activo dende unha formación na igualdade. O observatorio Mariña pola igualdade, organizadoras da feira (e no muro onde se pode ver un amplo reportaxe gráfico sobre a feira)...
A feira sorprendeume. Primeiro, porque non concebía unha feira con este tema. Pero despois, ó ver cal era a resposta da xente. Claro que pode considerarse que foi semellante á resposta que se lle da ó feminismo: para iniciados, marxinal... é de supoñer que a primeira edición teña abonda máis detrás e que se vexa cambiar.

20171029

Niño de avespas no casco urbano

Unha sagaz lectora do blog envioume un par de fotos e logo fun confirmalo.
O niño, no centro da imaxe. A foto, tomada dende o aparcamento da Avda. de Rosalía.
O lugar, detrás do Muíño:
Pola dereita, aparcamento da Avda. Rosalía
 Pois iso... aínda está altiño. Asiáticas? Parece que si...

20171027

O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas.

O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas de mercadorías, segundo se desprende da nota de Portos de Galicia, segundo a que ten movido ata o 30 de setembro 347 000 t. Facendo contas, ó ritmo seguido o resto do ano, sobrepasaría as 460 000 t, cunha media mensual de máis de 38 000 t. Un ritmo que xa apuntaba en xaneiro, mes no que se moveron 37 500 t. E un ritmo coincidente asemade co do pasodo ano, cun total de movemento en cifras practicamente idénticas ás previstas para este ano. Un ritmo que tamén case igualaría o movemento ó dos anos 2013 e 2014, aínda que xa netamente por baixo dos anos intermedios.
Madeira en Mirasol en setembro

20171026

Veciños enfrontados

Traía o xornal a nova: 'Cisma en la federación veciñal por la defensa de la Xunta después de los incendios'. Coido que esaxera. Primeiro, porque a representación veciñal leva dividida dende hai tempo.
Un caso sucedido hai anos, cando se constiuiu o consello do Hospital da Costa ("Comisión de Participación Cidadá da área Cervo-Burela") con presencia de asociacións veciñais, hai uns nove anos, pode explicar o que digo. O Tesón participou. Mais para chegar a participar, tanto O Tesón como outras asociacións da Mariña, a cousa foi rocambolesca. Primeiro, a Xunta (Sanidade) púxose en contacto coa federación veciñal de Lugo, que designou xente para a participación. Como se fora unha premonición do que pasaraía anos despois coa zona sanitaria da Mariña, os designados eran da zona de Lugo capital, representantes de asociacións desa zona, as únicas asociacións que estaban federadas, pois non tiñan asociacións mariñáns. Nós enterámonos pola prensa, e puxémonos en movemento. Falamos coa Federación, con outras asociacións da Mariña, co hospital e conseguimos que a representación fora dos veciños da Mariña, de asociacións radicadas en Ribadeo, en Foz ou en Viveiro. Pero, no proceso, enterámonos de varias cousas. como da presión para federarnos en Lugo. O Tesón non o fixo porque non o consideramos oportuno, pero outras asociacións mariñáns si. Todos os anos se celebra unha comida multitudinaria en Lugo, no 'día do veciño', á que foi invitada un ano O Tesón, indo o noso presidente, Pancho Campos, e descubrindo o paripé político da Federación, a convivencia de conveniencia ou cooptación das asociacións polos políticos, que se manifestou polas intervencións alí habidas. E, en xeral, a situación de dependencia das asociacións do poder político, na procura de subvencións e favores, motivo polo que a decisión de O Tesón foi non federarse.
Dende aquela non deixo de ollar de cando en vez como anda o mundillo asociativo a nivel federación, provincial (a maior das da federación galega, cuns 80 asociados, ó igual que hai os nove anos) e galego. E non varía moito. A nova que reseño é mostra delo, pois, en situacións límite, parte da xente se rebela de deixa a tutela para enfrontarse coa 'man que lle da de comer'. E se a directiva, pola súa conta, saca unha nota de apoio á Xunta, á súa actuación (como pasou), cando mesmo hai mortos polo medio, parece lóxico que polo menos se pida consenso. Logrará unha situación así facer que a Federación de Asociacións Veciñais se independice? Co tramado caciquil existente, é difícil que sexa desta.
Logotipo da Federación de AA VV de Lugo

20171025

De subvencións: Life Fluvial

Que alegría, que alboroto, nos ha tocado el perrito piloto!
Sempre se celebra con festa o que a un lle toque algo, e o acto que tivo lugar onte pola mañá na casa do concello de ribadeo tivo algo diso: celebración dunha subvención millonaria. Os detalles, na nota de prensa en baixo, implican e aplican a unha serie de entidades, entre as que se atopa o concello de Ribadeo e InterEo, a asociación de Oscos-Eo-Terras de Burón. O motivo, o coidado das ribeiras, e 2,25 millóns de euros (75% do gasto previsto) a conta do programa LIFE (por certo, hoxe aínda non está no listado de concesións). A excusa, a compra de terreos á beira de fluviais (en Ribadeo, parece ser que á beira da ría, logo non fluvial).
Con isto de millóns de euros en subvencións véuseme a lembranza da anterior subvención millonaria para unha asociación da zona, provinte da UE, a Asociación Puente de los Santos, Proxecto Leader+, cosificada nos arándanos:
En resume, a finca ribadense non sei se segue alugada ós Irmandiños ou non, mais segue cada vez máis abandoada sen chegar a producir un só froito. A de Castropol tivo que asumir unha multa  e destrución da balsa de auga que a atendía por ir contra as normas de medio ambiente. Ambas xestionadas a traverso do concello correspondente e coa subvención tamén correspondente.
Agora, resulta que na nota de prensa que deixo embaixo, fálase 'da marxe ribadense da ría', evitando o nome da ría de Ribadeo, e que 'Ribadeo adicará a súa parte', logo non parece haber un plan común, á 'compra de terras', aumentando as súas propiedades que tanto lle custa conservar, e se non, véxase o número de anos tardado en amañar a cuberta do auditorio (dende aquí a aquí van oito anos de diferencia), para 'accións de conservación' xunto cunha asociación, InterEo, que esta mañá tiña como última referencia anotada na súa web o ter promovido as xornadas gastronómicas km.0 hai máis de 5 anos.
Festexemos a subvención. E, se é posible, contribuamos a que a súa xestión vaia algo mellor que a vez anterior.
A nota de prensa:

PARA A CONSERVACIÓN DOS CORREDORES FLUVIAIS

Life Fluvial

24/10/2017
O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación do proxecto Live Fluvial. A Comisión Europea aprobou unha cofinanciación dese proxecto transnacional, que en Galicia lidera o Ibader do Campus de Lugo. Son 8 os organismos públicos, empresas e asociacións de Galicia, Asturias e Portugal os que forman parte deste proxecto, que se desenvolverá desde o 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2021. O presuposto é de tres millóns de euros, dos que a Comisión Europea sufraga o 75%, o que supón a porcentaxe máxima que a convocatoria Life outorga a aqueles proxectos que son considerados prioritarios para a súa execución e posta en marcha.
O obxectivo xeral deste proxecto Life Fluvial é a mellora do estado de conservación dos corredores fluviais da rexión atlántica ibérica. O Concello de Ribadeo destinará a partida recibida a través deste proxecto á compra de terras dentro do seu ámbito municipal para o desenvolvemento posterior de accións de conservación da marxe ribadense da ría, tal e como explicou na súa intervención o alcalde, Fernando Suárez, que aludiu á figura do Marqués de Sargadelos: "simboliza un pouco a unión que temos estas dúas comarcas tan importantes ao longo do tempo, e que agora grazas ao traballo ímprobo, do que podo dar fe porque o levo vivindo desde hai tres anos. Non o traballo que levamos feito exactamente desde o Concello de Ribadeo, que foi moito menos, pero o traballo ímprobo que levan facendo toda esta xente que se embarcou nun proxecto formalmente hai tres anos, probablemente hai máis tempo, que intentou en varias ocasións que a Unión Europea dera financiamento, e finalmente á terceira foi a vencida e o proxecto foi merecedor de ter un apoio importantísimo a nivel económico. Esa é unha parte moi importante para o proxecto".
O rexedor ribadense subliñou que "outra parte, indo máis aló, a min a que me gusta, é que este proxecto ofrece unhas posibilidades moi importantes tamén para coordinar e conciliar moitos departamentos que ás veces, e o digo por experiencia propia, é moi difícil coordinar. Cando varios entes ou varias administracións operan sobre un mesmo territorio moitas veces se intenta buscar o consello ou beneplácito dunha parte, pero ás veces é contraditorio co que di a outra, e eu espero que este proxecto serva para coordinar todo iso, e estou seguro que así será".
Suárez Barcia dixo que "tamén creo que este proxecto vai ser un exemplo vivo do que é posible, do que se pode facer e do que se debe facer. Estamos nuns momentos históricos de cambio, de moito cambio, tamén a nivel forestal. Están de actualidade todas as desgrazas que pasan moitas veces por deixar nos últimos lustros ou decenios, a veces unha política forestal creo que un tanto equivocada. Este proxecto non pretende cambiar a política forestal, pero si que pretende dar unha idea de por onde debe ir o crecemento sostible, e poñer en valor o que os nosos devanceiros deixaron ben e nós moitas veces non a estamos tratando tan ben como nola deixaron. Seguramente que aos nosos fillos queiramos deixarllo mellor que como nós o estivemos tratando".
O alcalde mostrouse "moi satisfeito desde o Concello de Ribadeo, que tamén forma parte como beneficiario asociado. Hai como tres ou catros anos tamén iniciamos humildemente un proceso de expropiación na beira da ría para ir eliminando a vexetación de fora, os eucaliptos, para que foran sendo substituídos por frondosas. Levamos tres fases con diferentes axudas, unha da Xunta e a maioría con fondos propios, pero agora este proxecto vainos dar a oportunidade de prolongalo un pouco máis, para deixalo ás portas da antiga vía do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz. Ese sería un novo proxecto para soñar, aínda que sabemos que están os proxectos redactados, pero están nun caixón desde hai varios anos, pero sería un proxecto marabilloso para poder proseguir toda esta actuación que imos facer".
Fernando Suárez dixo que "me gustaría, e teño falado co meu colega de Castropol, da outra banda da ría, de que sería moi boa cousa entre todas as partes porque isto non soamente depende dos concellos, xa nos gustaría, que puidéramos ver o entorno da ría substituído con vexetación autóctona en lugar dos eucaliptos. Sería unha boa imaxe para Galiza, para Asturias e para o mundo, tamén de que as cousas as empezamos a facer dunha maneira moito máis sostible e moito máis sensata".
Tras o alcalde de Ribadeo interviñeron na rolda de prensa Andrés Barreiros Lois, vicerreitor de Desenvolvemento Científico da Universidade de Santiago de Compostela, e Jorge Marquínez García, director do Indurot da Universidade de Oviedo. 
Forman parte do proxecto Life Fluvial o Ibader da USC, o Indurot da Universidade de Oviedo, o Instituto Superior de Agronomía da Universidade de Lisboa, a asociación InterEo, a asociación de desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos, o Concello de Ribadeo, Emalcsa (Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A) e Tragsa. 
Ao acto de presentación celebrado hoxe en Ribadeo foron convocadas máis de 40 persoas pertencentes aos organismos, entidades, proxectos e asociacións que prestaron un apoio incondicional á candidatura deste proxecto: Xunta de Galicia, Principado de Asturias, Demarcacións de Costas de Galicia e Asturias, servizo provincial de Costas de Lugo, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Confederación Hidrográfica Cantábrico, Augas de Galicia, Deputacións de Lugo e A Coruña e Concellos de A Coruña, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, A Pontenova, Baleira, Guitiriz, Lugo, Meira, Rábade, Trabada, Castropol, San Martín de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Taramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos.

20171024

O punto sobre a i de violencia

Non é a primeira vez que sinalo que ter o control de que falar, de que discutir, é ter o control, a secas. E co de Cataluña estase a amosar unha vez máis a verdade do dito: aí vai esquecida toda a corrupción anterior e o que leva saído (e se leva calado, porque tiraba máis Catalauña) estas semanas. E outras moitas cousas que seguramente, se se atenderan, cun bo goberno, terían diminuído todo o conxunto do 'problema catalán' a niveis do 'problema cántabro'. Que non sabes que é o 'problema cántabro'? Pois iso.
Por citar dúas que pareceran ter pouca conexión, aí está o caso de que poñan droga en coches de ecoloxistas que denuncian apropiamentos do público no parque natural de Grazalema, como lle pasou a Juan Clavero a semana pasada, ou que cada ano se achegue ó 1% o número de mulleres que denuncian violencia machista (atención: que denuncian, non que sofren!). E, mira ti, en ambos casos denúnciase, porque alguén outro está agredindo. Guerras de agresión, comezadas hai moito. E non son as únicas das que tentan desviar a atención, oé, oé.
Por certo, quen dicía que o estado é quen ten o monopolio da violencia? Dígoo porque unha saída 'típica' para procurar unha victoria é levar as cousas a un terreo no que quen as leva se sabe ganador...
Sufraguistas en Nova Iorque en 1912, foto da Biblioteca do Congreso USA. Tamén sufriron violencia...

20171022

Historias do tren

O tren ten xa unha historia na comarca. Seis décadas para o tren mineiro, e xa 45 anos para a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Mais, a este paso, parece que vai ser o 'fin da historia'. E é que é notorio o desentendementa da liña pola empresa, o que fai que se estea tentando de estruturar unha resposta por parte da sociedade. Os alcaldes sábeno e pouco a pouco van eles tamén, ó seu nivel, estruturando a nivel político unha plataforma de resistencia.
Claro que, no caso dos alcaldes (tamén, aínda que doutro xeito, no caso da sociedade en xeral) a cousa vai tarde e de xeito incompleto. Tarde porque hai tempo que sucede o abandono da liña, da vía e dos servizos, a falta de material ou o traslado de maquinsitas, de tal xeito que o declive é evidente. E incompleto porque as primeiras xuntanzas foron dos concellos afectados por cercanías de Ferrol, non contando a Mariña, e só de xeito máis recente se foron incorporando os mariñáns. E, aínda así, atopámonos con que os participantes na última xuntanza (20 de outubro) eran alcaldes afectados, si, pero faltaban outros alcaldes afectados: os ligados co PP.  E eran só da zona galega, mentres que se non se considera a liña na súa totalidade, o desaproveitamento de parte dela fará pouco a pouco caer ó resto.
A liña é sabido que naceu con taras ó ser concebida dun xeito estratéxico militar, non social e económico (ao menos, non de xeito único) polo que se levaron as estacións en xeral lonxe das poboacións, e, co apoio ó tráfico por estrada, deseguida pasou a un segundo plano. Mais tamén é sabido que as infraestruturas de transporte comunitario non só son o pasado e exponente dun presente puxante, senón tamén que son o futuro. E O tren é unha estrutura dese tipo que non se levanta nun momento e cuxa perda pode ser lembrada como tal durante moito tempo. Aí está aínda na mente de todos o ferrocarril mineiro, desaparecido hai case 55 anos despois dun languidecer que deixou a zona, de novo, nun atraso da que o tiña sacado coa súa chegada.
Estéñase ou non de acordo con certos prantexamentos, como o apeadeiro nas Catedrais (do que teño escoitado voces a favor e en contra, estas non tanto polo apeadeiro, senón relacionadas co plan de conservación do monumento natural) o certo é que parece lóxico que un apeadeiro alí levaría á liña abondo máis tráfico que o de Esteiro (500 persoas ó ano). E a recentemente denunciada falta de revisores para os billetes, que permite que viaxar 'sexa gratis', pero tamén que ditos viaxeiros non conten para os estudos ata o momento, ou a contratación de persoal externo para facer precisamente esos estudos, de forma parcial, cando podían saír directamente das contas de venda de billetes,  non son máis que xalóns dun abandono que pagaremos todos, non só polo seu uso ou non, senón pola desmontaxe dunha estrutura que pode ser fundamental, se se aproveita, para a comarca.
A vía, salvando a desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo

20171021

Os ruídos seguen a ser nova preto de Ribadeo

Hoxe os xornais fanse eco dunha pena de cárcere, inhabilitación e multa para un panadeiro por produción de ruído nocturno. Os sucesos ocorreron en Serantes e nunhas condicións moi particulares que a ben seguro teñen facilitado a demostración e polo tanto a sentencia (ainda que polo momento é recurrible): casa individual, con panadería no baixo rexentada polo sobriño e propietaria durmindo arriba.
O fallo, do xulgado do Penal nº 2 de Avilés.

20171020

Clasificación de concellos por renda na zona de Ribadeo

Só un par de curiosidades. Na clasificación da renda media por concello, según datos recabados por eldiario.es, tanto no 2013 como no 2015, os concellos están ordeados en dúas categorías claras: con costa, con máis renda, e sen costa, con menos. Sen falla. é máis, os dous únnico concello clasificado 'con costa' que ten saída só á ría, fai de ponte entre ambaos grupos.
É curioso asemade a distribución provincial dentro de cada grupo.
Pero o é aínda máis que se comparamos 2013/2015, sexan os concellos de maior renda os que seguen avanzando máis, aínda que desta volta non sexa unha correspondencia exacta entre renda e avance. Pero o caso é que os que teñen máis renda media son os que teñen maiores porcentaxes de avance na renda, e os que menos, tamén son os que menos avanzan (ou mesmo retroceden)




20171019

Lucas XVII, por Pablo Mosquera

Mondoñedo por ruth Matilda Anderson

   As San Lucas aspira a que la Unesco las declare patrimonio de la humanidad. Entre tantas noticias preocupantes, indignantes y agobiantes, se alza desde la capital del mar del norte una petición fruto del respeto y cariño que los gallegos sentimos por Mondoñedo, nuestra provincia, nuestra capital, nuestro lugar de cita obligada cada mediados de octubre para acudir a las ferias más antiguas y hermosas del reino de Galicia.
   Este 18-O he madrugado para atender mi participación en la tertulia "Voces de Galicia" desde Radio Voz para toda nuestra Comunidad, desde el Miño hasta el Eo, desde La Estaca de Bares hasta el Caurel que cantó Novoneyra, desde las Cetáreas de Rinlo hasta las viejas bodegas de la Ribeira Sacra. Y la noticia es que San Lucas , discípulo de Pablo de Tarso, nos ha traído la lluvia, para remediar la situación provocada por la sequía y por los incendios. Esta vez las Campanas de la Catedral Basílica, Paula y Ronda, saludarán al reino de la lluvia, y a las caballerizas que agrupadas desde los pastizales se dirijan a las proximidades del Santuario de los Remedios en el ferial de la Alameda, protegido por el Hospital de San Pablo que nos recuerda como el Camino de Compostela pasa por la ciudad donde nacieron: Pascual Veiga, Leiras Pulpeiro, Díaz Xácome, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro.
Nada tiene que ver el animal fuego al que se refería Cunqueiro, que desde la lareira, escuchaba satisfecho las historias contadas por nuestros mayores, con esas pausas tan de los gallegos...Este fuego es un monstruo creado por la mano asesina del hombre, ese del que Kant afirmó que era malo por naturaleza, o aquella sentencia de Cicerón: "el hombre no tiene enemigo peor que el mismo". Y algo de todo esto debe haber en los que han sido causa de los incendios coincidiendo con previsiones de vientos huracanados con nombre de mujer.
   Aún así iremos a Mondoñedo, recorreremos la calle del Obispo Sarmiento, nos detendremos delante de la Fuente Vieja y del inmortal Seminario de Santa Catalina, tomaremos un vino en O Valeco para saludar a la puente de Pasatempo y recordar desde su escultura en Os Muiños, a nuestro querido Quique Guerra, que nos dejó sin su presencia física, pero si a través de sus obras en madera, piedra y hueso de ballena.
   Le daré un abrazo a mis amigos Mindonienses: Xosé Vizoso, como siempre autor del cartel para anunciar la buena nueva, Juan Puchades, que preside la orden a la que me honro perteneciendo, Los Caballeros de Pardo de Cela, y desde luego a mi admirado cronista de la ciudad rica en aguas, pan y latín, Antonio Reigosa.
   Brindaremos por Galicia, por Britonia, por Mondoñedo. Lo haré con el gran fotógrafo Aventado, Fabián Reino, que plasma como nadie el alma de paisajes y paisanajes.

Bando do concello sobre incendios (e nota de prensa)

   Deixo abaixo o bando e a nota de prensa correspondiente que sacou o alcalde en relación ós incendios forestais, neste caso sen máis comentario.

Incendios
 18/10/2017
A través dun Bando o alcalde, Fernando Suárez, subliña a obrigatoriedade dos propietarios de montes de manter as distancias establecidas por lei entre as plantacións e os núcleos de poboación, para así evitar a propagación dos lumes. O rexedor referiuse aos incendios rexistrados nos últimos días en Galicia, que atribúe aos que plantan lume, pero tamén á nefasta política forestal da Xunta e á errática política de prevención e extinción.
Fernando Suárez dixo: "todos estamos vendo o que está pasando no noso país aínda que afortunadamente non pasou pola nosa comarca nin polo noso concello desta volta, pero iso non quere dicir que mañá mesmo en calquera momento poidamos ter esas desgrazas, que incluso se levaron a vida de persoas".
O rexedor ribadense manifestou que "seguramente para todo isto hai moitos culpables e moitos responsables, supoño que os primeiros son os que plantan lume, pero tamén hai que falar claro e hai que dicir que hai unha nefasta política forestal por parte das autoridades autonómicas. Hai unha falta de políticas racionais e realistas para o noso envellecido e despoboado rural desde logo, tamén hai unha errática política de prevención e extinción de incendios, e hai unha falla de cortalumes eficaces ou de devasas que poderían ter actuado contra o lume".
Fernando Suárez sinalou que "máis aló de todo isto estou convencido que non podemos quedar laiándonos e pregándolle a deus que chova. Temos polo tanto que actuar, que isto non volva pasar é unha tarefa de todos, e todos temos que actuar, e no que lle competa aos concellos tamén. Polo que a partires de agora imos aplicar con todo o rigor posible o que se establece nas leis sobre as distancias que se deben manter das plantacións, especialmente dos eucaliptos e dos piñeiros, que é o que máis abunda no noso concello, a respecto dos núcleos de poboación, tanto urbanos como das parroquias así como tamén das vivendas illadas".
O alcalde admite que "seguramente isto non lle guste a todo o mundo, pero por catro eucaliptos ou catro piñeiros de máis non imos mirar para outro lado e contribuír a poñer en perigo as vidas das persoas, desde logo en Ribadeo non".
Suárez Barcia subliñou que "a partir da publicación deste Bando que imos repartir por todas as parroquias e por todos os lugares do concello, para calquera dúbida que teñan os veciños e veciñas deberán acudir á Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo ou ben que pregunten na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo a través dos teléfonos que se establecen no Bando".
O rexedor indicou que "se os propietarios dos montes non fan eses retranqueos obrigatorios a vivendas e a núcleos de poboación, iremos enviando notificacións aos seus titulares que van acabar ou ben con execución subsidiaria, é dicir da corta necesaria por parte do Concello, ou ben con expedientes sancionadores e multas cohercitivas ou ambas as dúas cousas".
Para o alcalde de Ribadeo "a vida da xente e a conservación do noso medio natural está por riba de todo o demais, polo tanto pídolle á poboación e aos propietarios de montes por favor que sexan consecuentes. Valoramos os recursos económicos que producen os montes, pero tamén valoramos o abandono no que están moitos deles, e non valoramos positivamente o descoido que moitos propietarios teñen con respecto ás distancias a plantacións, aos núcleos e ás vivendas. Habemos facer todo canto estea na nosa mao para normalizar esa situación neste concello".

20171018

Por Nuestro faro. ESCRITO AO SR. ALCALDE DE RIBADEO

   Sr. Alcalde de Ribadeo:
   Segundo temos comprobado, na páxina facebook do aloxamento da Illa Pancha anúnciase que a instalación hostaleira está aberta ao público dende o 12 de setembro. Dado que non temos coñecemento da situación actual dos trámites administrativos para a concesión da licenza de apertura, agradeceríamoslle que nos informase dos puntos seguintes:
1.- Se as obras pendentes esixidas polo concello foron realizadas, e posteriormente supervisadas polos servizos técnicos do concello.
2.- Se os servizos técnicos informaron favorablemente as devanditas obras ou reformas.
3.- Se o acceso libre dos veciños e visitantes, repetidamente anunciado por vostede como condición para conceder a licenza de apetura, foi autorizado formalmente e por escrito pola Autoridade Portuaria, e neste caso solicitamos que se faga público o documento correspondente.
4.- Se foi concedida a licenza de apertura e levantado o precinto dos apartamentos devanditos por cumplirse tódolos requisitos esixidos polo Concello, e concretamente desexaríamos coñecer a data e o documento da licenza.
5.- Se en caso de que non fose concedida a licenza de apertura é vostede coñecedor da publicidade da empresa promotora que, dende hai mais dun mes, ven anunciando que os apartamentos están abertos ao público.
6.- Aínda que non tivemos resposta en anteriores inquéritos, e precisamente por eso, vémonos na obriga de preguntarlle de novo qué medidas vai tomar en relación co informe do Defensor del Pueblo de 22 de agosto, que ratifica o anterior do 16 de febreiro de 2017, no que daba conta, entre outras irregularidades, da falla de informe de non afección a un espazo protexido pola Rede Natura 2000.
COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
18 de Octubre de 2017
A Pancha, na penumbra dos incendios o pasado luns. Foto de Suso Fernández.

Unha pequena historia... e outra, e...

Un sinxelo niño de velutina, na Mariña, pero non en Ribadeo, nunha nogueira de Alfoz. Xa está retirado. Pero tardaron.




Zona do niño

Mentres, onte pola tarde, o xabaril da  N-642 seguía alí. Polo que parece, do 112 pásanlle o aviso ó concello. Tentarei enterarme.
Pequenas descoordinacións ou desidias que permiten que as pragas teñan máis facilidade en propagarse, ou que se produza unha putrefacción a pé da estrada, ou que o monte teña máis facilidade para queimarse, ou calquera outra cousa. Fallos polos que ás veces nos cabreamos e nos que ás veces, tamén participamos, pero que sempre son fallos que producen consecuencias. Con sorte, non demasiado malas. con mala sorte, catastróficas.
Onte mesmo unha nota de prensa do concello botábase de novo sobre da Xunta irresponsable. coido que ao menos, con boa aprte de razón, pero entendendo que o concello reclamante tamén, 'no mesmo sector' está a ter fallos semellantes. Pero iso, a ver se mañá...


20171017

Aire ulindo a eucalipto queimado

Estou oíndo chover antes de amencer. Que non chova torrencialmente para evitar que a terra queimada vaia parar ós ríos é a pregaria de hoxe. A de antonte era para evitar as mortes e o terreo queimado. Pero onte non había pregaria, senón noite a mediodía, luces acesas nas casas e nos coches para poder ver sabendo que o Sol estaba no máis alto do ceo, nubes cargadas de cinza que facían o efecto dunha eclipse, dunha luz fantasmal que sabía a eucalipto queimado mentras as novas seguían achegando que os incendios estaban controlados, pero non extintos. O frío non era intenso, só un entretempo que non obstante contrastaba co agobio de temperatura do día anterior, propio doutros lugares, non de Ribadeo. Un entretempo apagado que metía o medo no corpo, o medo ó futuro.
Si, hoxe a situación xa está normalizada. A auga apaga o lume. A temperatura é de outono. Galicia non é unha encendida Galifornia. Tal parece que nos podamos esquecer xa das mortes, dos eucaliptus, do cambio climático, dos incendiarios, da falta de medios ordenada, da erosión do terreo, das cidades ardendo, do cheire a eucalipto na penumbra. Xa non fai falta que poñamos medios, que cambiemos a ordenación do noso terreo, que tentemos un decrecemento ordeado evitando contaminación e efecto invernadoiro, que... Non, hoxe voltará Cataluña, coas súas empresas marchando cara ó poder central, esquecendo que de aquí levan marchando moito tempo. Ou Venezuela, que alí hai moita perda de liberdade da oposición, como se aquí o título de lei mordaza fora un conto. Ou a emigración perversa, tratándose de inmigración pero variando a palabra porque xa estamos afeitos a ver como marchan os nosos na procura dun futuro mellor.
Mentres, podemos quedar parados, voltar a facer vida normal, o cambio climático non vai connosco, a política para os políticos, que máis nos da o que faigan nos montes se nós non temos monte (ben, si, unha leira pequena que non vale para nada), cada quen que se apañe.
E resulta que nós temos dificultades para apañarnos, e sabemos que aqueles veciños poden apañarse ben, pero aqueles outros non teñen recursos para apañarse, nin ben nin mal, pero podemos seguir a discutir de calquera cousa, mentres poidamos poñernos de perfil.
Comezaba hoxe falando de pregarias. É cousa de lembrarse do refraneiro: a deus rogando, e co mazo dando.
Onte tomáronse e publicáronse moitas fotos da negrura  a mediodía, a media tarde. As que veñen a continuación só son unha testemuña máis dun ceo que ás veces deixaba ver o espectro da luz apagada a unha beira e as tebras a outra. As tres fotos seguintes están tomadas entre as catro e media e as cinco e media da tarde dun día de comezo de outono, onte.


A seguinte só foi un belo aviso, ceo vermello o día anterior, de que o Sol comezaba a ser filtrado:
Un par de artigos para saber de lume:
http://lapoesiadelconocimiento.blogspot.com.es/2017/10/tienes-fuego.html
'Fuego, mentiras y plantaciones de eucalipto' en ctxt

20171016

BRASÓN DE ARMAS DA CASA DA CERCA, CINXE (A DEVESA-RIBADEO) Francisco José Campos Dorado

Brasón de armas da Casa da Cerca (Cinxe, A Devesa, Ribadeo)

   Esta antiga pedra armeira, situada na Casa da Cerca en Cinxe, parroquia de Santa Eulalia de A Devesa do Concello de Ribadeo, presenta un brasón nobiliario que pertence, como reza a lenda da cartela: bLASON DE (flanco destro) ALONSO bAZQEZ (en xefe) RIbADENEIRA (flanco sinistro). Está cuartelada en catro por unha cruz flordelisada de gules, cargada de cinco veneras de prata, dos RIBADENEIRA (unha cruz con flores de lis nas puntas dos brazos, e de gules –cor vermello). Neste brasón só se percibe o lis da parte alta, que rompe o borde ou boca do escudo en xefe. As cinco veneras están: unha no centro da cruz e unha en cada punta dos catro brazos.
   Primeiro cuartel: xaquelado de dezaseis pezas, entrantes e saíntes alternativamente e o todo surmontado de coroa radiada ou lanceolada (de puntas triangulares). Poden ser armas dos BERMUDEZ (de CASTRO), dos BERMUDEZ PREGO DE MONTAOS ou dos VILLACID. Tamén puideran ser brasón dos VAAMONDE, aínda que falta a “M” entremediada baixo a coroa e sobre o xaquelado, e dous dragóns aos flancos, tal como se presenta na casa 21, da calle S. Martín de Ribadavia. (Heráldica. Genealogía y Nobiliaria de Galicia, Tomo LV, páx. 85).
   Segundo cuartel: unha aguia coroada mirando a destra, de voo baixo. Son armas dos PARDO (en campo de sinople unha aguia de prata coas ás baixas, coroada co mesmo metal). Esta mesma aguia preséntase, no terceiro cuartel dos seis escudos, por nós coñecidos en Ribadeo, San Miguel de Reinante e Celeiro de Mariñaos, da familia de D. Baltasar MENÉNDEZ NAVIA Y VILLAAMIL, señores da “Casa de Navia del Limonar” da vila de Navia (Escudos dos Menéndez Navia e Villaamil, tamén en La Comarca del Eo, 7-Sep-2017). Así mesmo, aparece no cuarto cuartel do Escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes da Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, pertencente ó matrimonio de D. Gaspar ACEBEDO Y PRESNO e Dª Florencia PARDO BAAMONDE (tamén en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017). Neste caso, tamén pode ser a aguia coroada dos ARMESTO (en campo de gules unha aguia de sable, coroada de ouro). Ó non atopar a documentación da Cédula de Certificación de Fidalguía, Nobreza e Armas, non nos deixa aseverar o apelido nin saber das cores do campo.
   Terceiro cuartel: en campo de gules cinco cabezas de mouros colocadas en aspa, cortadas e coroadas de prata con coroas radiais, parecen armas dos CARANTOÑA (Nobiliario Gallego do Marqués de Valdeterrazo, Madrid. Citado en Blasones y Linajes de Galicia, por frei José Crespo Pozo, Volumen II, páx.285)
   Cuarto cuartel: parecen armas de BOLAÑO (con dúbida) pois arriba semella ser un “bolo” e abaixo un “año” que segundo os falsos cronicóns, como os describe D. José Crespo del Pozo: "na defensa de Lugo capitaneada por BOLAÑO RIBADENEYRA, os defensores, para demostrarllesos mouros que asediaban a cidade, que aínda tiñan recursos dabondo para aguantar moitomáis tempo o asedio, tiráronlles por derriba das murallas un “bolo” de pan e un cordeiro ou “año”", e así naceu o brasón BOLAÑO, andando o século IX.
    Non obstante, na figura alta, tamén parecen percibirse Armas moi desgastadas dos ULLOA (dúas serpes rodeando un pequeno taboleiro de xaqueles ou xadrezado) de forma máis apaisada, pero similares, as que podemos ver no terceiro cuartel do Escudo de Armas dereito da Casa Torre de Pumarín, en San Miguel de Reinante, edificada entre o ano 1559 e 1561 por D. Alvaro TABOADA (e AGUIAR) e a súa dona Dª Violante de ANDRADE. Neste caso, cabe apuntar que, o animal tombado parece ter cabeza de cabalo ou de besta, e cuxo significado énos descoñecido, pero como sabemos que as figuras dos brasóns están talladas con maior ou menor mestría artística, sen outra documentación que consultar, quédanos a dúbida de que animal será, aínda que, vistas as tallas gravadas de outros brasóns, pode ser perfectamente o “año” dos BOLAÑO, ó que antes nos referíamos.
    A Casa da Cerca, era propiedade dos Condes de Vilalba, segundo me di Dª Josefa, a actual propietaria. Dito título de Conde de Vilalba foi outorgado o 1 de Marzo de 1486 polos Reis Católicos a D. Fernando de Andrade, Señor de Andrade e de Vilalba, e ao seu descendente, D. Fernando de Andrade e das Mariñas, II Conde de Vilalba, en data de 1 de Maio de 1543, o emperador Carlos I, concédelle tamén o titulo de I Conde de Andrade. En 1902, o título de Conde Vilalba, pasa á sucesión da Casa do Duque de Berwick e o 16 de Febreiro de 1955, expídese carta de sucesión para ámbolos dous títulos, de Conde Vilalba e de Andrade, a favor da Duquesa de Alba de Tormes, Dª María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart e Silva que, a súa vez, no BOE de 9-Xaneiro-1957 seralle concedido o aínda máis secular título de Condesa de Ribadeo.
    A propiedade da Casa da Cerca, consistía nunhas edificacións cercadas dun muro, cuxo conxunto chamábase Quinta ou casería que servía de recreo no campo para os señores cando viñan “a veranear”. Tiña vivenda para os coidadores, e outros alpendres normais dunha casa de labranza: cuadras para gando e, particularmente, para cabalos albardóns de carga e para cabalos de brida de manexo fácil para montar, palleira e bodegas e, anexada, unha capela de oratorio privado (hoxe desaparecida), dedicada a devoción de Sta. Ana, segundo lle comentara a Dª Josefa, o noso sempre recordado veciño e investigador da nosa historia local, D. José Mª Rodríguez Díaz. Os caseiros e gardiáns eran os encargados de cobrar o “quiñón”, que era como eles chamaban ás rendas das propiedades, que ditos señores tiñan polo Condado de Ribadeo, e nunha das bodegas estaban as arcas onde se almacenaban ditas rendas pagadas en especie, especialmente grao de trigo, centeo, millo, avea, etc, que logo eles mesmos, ou algúns mandados, transportaban a cabalo á casa de residencia dos condes. Unha das últimas persoas encargadas de cobrar o quiñón foi Dª Benita Alonso.
    No convulso século XIX (Guerras Carlistas, rexencias de Espartero, Narvaez, a Constitución de 1845, etc.) os mozos e mozas da nosa terra, emigraban para América para buscarse un mellor porvir, máis folgado en cartos e dividendos, e as terras quedaban sen man de obra para traballalas, así, como en tantos lugares, as rendas da Casa da Cerca foron a menos e os herdeiros dos Condes de Vilalba, venderon a casa. Estaba a cambiar o sistema do Vello Réxime mantido por Fernando VII (rei 1813-1833) incluíndo o Trienio Liberal entre 1821-1823. Así, chegou ó trono súa filla Sabela que foi proclamada reina de España o 24 de Outubro de 1833, con oito anos de idade, e mentres non cumpriu a maioría de idade, rexentou e gobernou súa nai Dª. María Cristina de Borbón (1833-1843) e aos dezaoito anos de idade, Dª Sabela, pasou a gobernar como Isabel II (reina 1843-1868).
    En todos estes avatares do século XIX, compraron a casa as irmáns, Dª Ana e Dª Vicenta Álvarez de Ron e Obanza, veciñas de Piantón, e no ano 1892 véndenlla a D. Francisco Alonso, que a compra no nome do seu fillo D. José Ramón Alonso López que estaba en Cuba. A D. José Ramón, nun momento determinado da súa vida, non lle foron ben as cousas cos seus socios cubanos, e para facerlle fronte os seus negocios de tabaco e ebanistaría, véndelle a casa a D. José Acevedo Martínez. Anos máis tarde, D. José Acevedo, vólvella a vender a outro daqueles familiares, a D. Daniel Jesús María López Alonso, cuxa filla Dª Josefa López Fernández é a actual dona, xunto co seu marido D. Leonardo Fernández Martínez, e a cal, desde aquí, lle agradezo e doulle as gracias polas historias que me contou e a atención que me prestou o día que os visitei á procura de información para este artigo.
    Referente os apelidos deste brasón, hai na Real Chancillería de Valladolid, a Executoria dun preito do 7-Maio-1575, litigado por D. Ruy González de RIBADENEIRA, D. Fernán Pérez, como tutor dos fillos de D. Álvaro González de RIBADENEIRA, D. Diego PARDO DE ANDRADE, como tutor dos seus fillos e consortes, herdeiros de D. Pedro de MIRANDA DE RIBADENEIRA, con Dª Constanza DAS MARIÑAS, como curadora de D. Hernán DÍEZ DE RIBADENEIRA e Dª Constanza de AGUIAR, por si e como curadoras dos seus fillos, sobre división dos bens que quedaron de Dª. María de BOLAÑO, muller que foi do Mariscal D. Álvaro GONZÁLEZ DE RIBADENEIRA (Escribán D. Pedro de Palacios da escribanía de Taboada)
    No Libro de Matrimonios Nº1 (1588-1744) de Santalla da Devesa, atopamos, entre outras moitas, nun matrimonio celebrado o 4-Marzo-1691 testemuña de D. ALONSO BAZQUEZ. O 20-Febreiro-1708, o matrimonio de D. Juan BAZQUEZ (fillo de D. Baldomero BAZQUEZ e Dª. María García) e Dª María ALONSO (filla de D. Pedro ALONSO e Dª María). O 1-Xuño-1726 matrimonio de Dª. María Antonia ALONSO (filla de D. Diego VAZQUEZ e Dª Dominga ALONSO) e D. Francisco Barreras (fillo de D. Pedro Mántaras + Dª Catalina ALONSO). O 24-Febreiro-1727 a testemuña de D. ALONSO RIBADENEIRA no matrimonio de Dª Josefa López e D. Manuel Díaz de la Rocha. O 26-Noviembre-1731 matrimonio de D. Gaspar López BOLAÑO e Dª Dominga González. Un irmán era D. Pedro López BOLAÑO. O 23-Nov-1734 o matrimonio dunha filla de D. Manuel BOLAÑO e Dª Francisca Fernández. O 6-Febreiro-1736 a testemuña de D. Pedro ALONSO RIBADENEIRA, no matrimonio de D. Francisco López Corbelle (fillo de D Roque López Corbelle e Dª Dominga Fernández) e Dª Francisca López (filla de D. Juan ALONSO e Dª Rosenda López) veciños de Cinxe; etc. etc. Non cabe dúbida de que é interesantísimo continuar na busca de documentación pública e privada, para completar esta rama da nosa historia local da Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria das Terras de Ribadeo que, polo que levamos visto, e o gran número de brasóns emparentados coas máis grandes familias do Reino de Galicia, revelan unha historia señorial inédita, coa forma de vida e connotacións comerciais internacionais, das máis importantes da antiga provincia de Mondoñedo e da actual provincia de Lugo.
Seguramente se a Ría de Ribadeo nos puidera contar a súa Historia Marítima a partires do seu comercio cos fenicios, romanos e vikingos, do seu porto natural privilexiado, refuxio seguro e fondeadoiro de barcos mercantes e de guerra, de piratas e de corsarios... pero, en fin, ¡esa é outra historia que comeza fai moitos séculos na Cova dos Sete Encantos, entre Porcillán e Cabanela, un día pola tardiña, cando o sol se ía xa adormentando polo Facho da Illa Pancha...!

O día de temperatura máis alta no século

Onte foi o día de temperatura máis alta do século en Ribadeo. A estación meteorolóxiaca Pedro Murias chegou a medir 35,44 ºC ás dúas menos dez da tarde UTC (catro menos dez hora legal). A máxima anterior fora acadada o 12 de xullo, con 31,4 ºC, abondo máis xunto ó día de hoxe que anterior marca acadada, 31,1 ºC o 22 de agosto de 2003.
Chama a atención non só que o batir a marca fóra tan rápido, senón que se producira por tanta diferencia de temperatura e que estivera seis horas por riba da marca anterior, así como o aumento brusco producido na noite entre o 14 sábado e o 15 domingo.
Alta temperatura, algo ou moito vento, sequedade no ambiente (non é só que a terra esteña seca, senón que o aire está seco) son propicios para os incendios como os que se están a producir estes días. Algo que non ten que ver con que o eucalipto sexa unha especie que arde ben e que despraza a outras especies que poderían conter mellor os incendios, ou que non existan medios porque foron vendidos e arrendados para diminuír custes, como os helicópteros, ou... pero iso é outra historia (triste) que nos afecta.
Horario UTC

20171015

29 ºC á sombra, 34 ºC temperatura oficial

Ribadeo, 15:50 do 20171015, T = 29 ºC á sombra.
Xa sei que é un día, mais coido que é 'un día máis' que indica que o cambio climático está sendo máis rápido da previsto.
Na Pedro Murias,

Xabaril na estrada

Hoxe, a eso das 10 e media chamei para avisar dun xabaril morto na na N-642. Ás dúas aínda seguía alí, N-642, km 5,2 sentido cara á Veiga. Polas apariencias, morto desta mesma noite. E, coa calor de hoxe, en rápida descomposición.



20171014

Cochambre e lavado

Deixo embaixo a nota de prensa do concello emitida onte sobre a compra dunha hidrolavadora, máquina que "facilitará moito as tarefas de limpeza de beirarrúas, prazas e outros puntos", recoñecendo asemade que "era unha necesidade en certas zonas".
A cousa lévanos por dous camiños diferentes. Un, é un recoñecemento implícito de que a limpeza do pobo necesitaba unha mellora. O feito de mercar un artilugio parce poñer de manifesto a vontade de poñer en práctica esa mellora necesaria.
Por outra, parece como unha adiviña a declaración final que aparece na nota de prensa, "para que se poida conxugar o descanso con certas tarefas todos debemos colaborar no posible", 'adiviña' que se resolve de xeito doado en canto se da unha volta pola zona de movida dende hai anos. Vamos, entendeo que é por iso, porque se ben hai outras zonas de máis bandeira fronte ó turismo de día, cando é máis visible a cochambre, e por iso se comezou na zona da praza de abastos, estoutra zona, de menor atractivo turístico diurno, acumula cochambre semellante aínda que doutra natureza. E iso leva a que mellor que paliar os efectos, algo que parece tradición, evitar que se causen ten todas as ventaxas, porque son evitables. Neste caso sería algo así de 'non é máis limpo quen limpa máis, senón quen mancha menos', pero é trasladable a outros aspectos, relacionados con este caso, como o ruído, ou non, como a conservación da natureza.
A nota de prensa:
"

O INVESTIMENTO ASCENDEU A PRETO DE CATRO MIL EUROS

Hidrolavadora

13/10/2017
A Área de Limpeza do Concello ven de adquirir unha hidrolavadora autónoma coa que está a realizar estes días traballos de lavado a presión en beirarrúas e prazas da vila.
O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, subliña que "nunca tivemos ata o de agora unha máquina destas características. E estamos moi satisfeitos de contar con ela porque facilitará moito as tarefas de limpeza de beirarrúas, prazas e outros puntos que o poidan necesitar". 
O edil ribadense sinala que "xa leva esta máquina uns días baldeando certas zonas coma beirarrúas, prazas… dentro dun planing de lavado a presión que deseñamos no Concello. Este tipo de lavado era unha necesidade en certas zonas, nas que pouco a pouco se vai ir actuando". Unha das zonas nas que traballará esta hidrolavadora autónoma será no aparcamento da praza de abastos: "unha vez que remate a poda das árbores realizarase unha baldeo xeral".
Díaz Freije pide "a máxima colaboración aos veciños e veciñas da vila de Ribadeo, xa que para que se poida conxugar o descanso con certas tarefas todos debemos colaborar no posible". O investimento nesta máquina hidrolavadora ascendeu a uns 4.000 euros.
"

20171012

Sobre a Garda Civil na Mariña

Hoxe é o día do Pilar, festa da Garda Civil. Quizáis por iso un xornal trae hoxe unha entrevista a José López Ginzo, Capitán do conxunto de gardas mariñán.
O caso é que despois de ler a nova, aproveitando as cifras, deixo algún gráfico e consideración.
O primeiro, unha táboa de distribuciónda plantilla, que se ve reflectida nos gráficos seguintes de dous xeitos diferentes (en ambos, sen a agrupación de tráfico):

A distribución 1 cabo ao mando dun grupo de 10 gardas, neste caso, 9 gardas (ver parágrafo seguinte), coido que é típica dos corpos militares, herdanza máis ou menos dos encadres militares dende a época romana. De cabo para arriba no escalafón, as proporcións varían, ó ter a gradación máis carácter de delegación de funcións ou axuda que de encadre militar, e así, voltamos a atopar case a cifra de un mando por riba de cabo por cada 10 gardas e cabo, a pesar das diferencias de mando entre capitán e sarxento.
A outra cousa que quería comentar é que na entrevista fálase, dende a primavera ata o de agora, de unha falta de 15-17 gardas, Iso significa unha falta crónica dun 8%-9% de persoal, que sube até máis do 10% se se considera que a función dos cadros está cuberta, e se conta só como gardas máis cabo.
Sen meternos nas funcións ou necesidade da GC en competencia con outros corpos como pode ser a Policía Nacional, cuestión de organización dos corpos de seguridade do estado, o feito de que sexa o mesmo xefe comarcal o que relate que esas faltas sexan recheas con gardas alumnos en prácticas, ou sexa, con persoal en precario/formación non como complemento, senón como suplemento, indica que os recortes do estado dalgún xeito tamén foron aplicados neste caso.

20171011

Comunicado da plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo

Plataforma pro Residencia de Maiores
Ribadeo
Nota de prensa

O pasado xoves 5 de outubro os membros da Plataforma pro Residencia de Ribadeo comezaron as visitas a residencias próximas para estudar o seu funcionamento.
A visita á residencia de Santa María do Valadouro resultou reveladora de multitude de detalles a máis da organización xeral desta residencia. A directora do centro residencial recibiu a comitiva e guiounos polas instalacións, proporcionando todo tipo de explicacións ó longo da tarde, cunha adicación que agradecemos.
Xestionada pola Fundación San Rosendo, con preto de sesenta centros para maiores (a máis doutro tipo de centros), a autonomía ven marcada pola dirección do centro, aínda que tendo que seguir un plan de calidade.
A visita fixo un repaso ás instalacións, comezando polos dous comedores, para válidos e para asistidos, pero os visitantes tamén recibimos información sobre o persoal, de cantidade a xeitos de traballo ou turnos.
Co dobre de residentes que a que entrará en servizo en Ribadeo, ó longo da tarde deixounos ver aspectos xerais e detalles que se poderían incorporar á residencia ribadense unha vez entre en funcionamento.
Sen présa, pero sen pausa, a plataforma pretende conseguir, unha vez lograda a construción, seguir colaborando para que Ribadeo teña a residencia funcionando do mellor xeito posible, polo que proximamente continuará con outras visitas e actividades.
Ribadeo, outubro de 2017
Vista do sigpac centrada na residencia do Valadouro

20171010

Sinsentido de Renfe e horarios de autobús (ribadeo, Burela, Viveiro)

Ímonos afacendo. Pode ser percepción da idade ou da comunicación, pero os sinsentido que nos chegan están medrando en número e 'calidade'. A última nova que leva a impronta 'sinsentido' aparece hoxe mesmo na prensa: a compañía que aglutina os ferrocarris en España, Renfe, encarga un estudo para saber cánta xente usa o tren FeVE na zona cantábrica. Iso quere dicir que podendo ter os datos pormenorizados de toda a liña ó día cobrando os billetes e polo tanto mantendo persoal e facendo o que ten que facer, vai gastar (que non invertir, que ten outro sentido) máis de 4000 euros mensuais durante dezaoito meses en persoal externo para facer un muestreo.
Non é raro despois do que leva pasado que a plataforma de defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo considere a decisión insultante. Mentres, o mantemento da vía ou os horarios son deplorables, e a compañía xustifica que así sexa.
O certo é que o tren ás veces é usado por pouca xente, pero iso non é porque non sexa necesario ou porque non poda ser doutro xeito, senón polas condicións do servizo. Aí está a competencia, o transporte por estrada, que na restruturción realizada resulta que no tramo Viveiro-Ribadeo, conicidente con FeVE, dispuxo horarios que achegan a liña a un autobús urbano, respondendo á idea de que a Mariña é pouco menos que un contínuo de vila á beira do mar. Outra cousa é o servizo en zonas da Mariña menos poboadas, pero pódese corroborar o que digo cos horarios que adxunto, obtidos da web da empresa. Queres comparar co horario de FeVE?


20171008

De temperatura

Só un apunte sobre a temperatura media deste ano, do que levamos de ano. Resulta que os catro últimos anos, a estas alturas, están todos da metade para arriba da táboa. E este, no que estamos, onte era o terceiro, e tanto onte (datos non collidos) como a maioría da próxima semana, seguirá a subir a media, pois estamos nun período de bo tempo anunciado.

A próxima vez que mires o termómetro, pensa se 'boa temperatura' é equivalente a 'boa noticia'.

20171007

Política? A do pobo

Esta mañá, un grupo de xente acudimos a unha chamada realizada a todo o estado. Tratábase de pedir diálogo. Non entre Moncloa e o correspondente pazo en Barcelona, senón co pobo. O detonante foi Cataluña, si, pero non se trata de que falen 'a alto nivel', 'entre eles', senón que falen co pobo, cos pobos, nos pobos, entre todos. Con Cataluña como fondo, poderían comezar, mais hai moitas outras cousas a tratar.
Coido que a imaxe podería centrarse máis no grupo, pero quero resaltar que alí había restos doutras manifestacións populares, en contacto co concello ou non, independentes, porque parece que o pobo, pouco a pouco imos collendo conciencia de que unidos, mellor. De que a participación pode facerse de xeito directo. De que a xente non ten por que 'presentarse ás eleccións' para exercer os seus -os nosos- dereitos, senón sinxelamente participar.
Unha nota menor: alguén sabe algo do proxecto de participación cidadá en Ribadeo, reatascado dende hai máis dun quinquenio?
Falemos
---
Nota posterior:
Ligo unha reflexión sobre a convocatoria que coido é interesante: http://vientosur.info/spip.php?article13083 con lic. by-nc-sa e deixo en baixo unha copia:
Tras el referéndum del 1-O catalán
Sobre el Manifiesto “blanco”
06/10/2017 | Isidoro Moreno
Se está difundiendo ampliamente una convocatoria con el título “¿Hablamos?”, que llama a concentrarse el sábado próximo ante los ayuntamientos con banderas o camisas blancas para respaldar la idea de que “España es un país mejor que sus gobernantes” y de que hace falta “hablar”. Nadie firma el Manifiesto, que parecería como si hubiera brotado de las piedras o hubiera surgido por generación espontánea. Algunas de las cosas que se dicen en él difícilmente pueden no compartirse. Se afirma que la convivencia es posible, que queremos un país mejor, que es preciso apostar por el diálogo, que existen dirigentes incapaces e irresponsables que ni escuchan ni hablan (aunque esto de que no hablan es solo cierto a medias, porque estos días algunos están hablando mucho, incluso el rey). Tal como está escrito, y sobre todo si se lee a la ligera, el Manifiesto puede gustar a bastante gente: a quienes no desean enfrentamientos con resultados impredecibles, a quienes temen un conflicto civil, a quienes rechazan que se les utilice por uno u otro partido político, y, sobre todo, quienes se piensan tolerantes y se sienten cómodos en la equidistancia.
Si leemos despacio (algo que aconsejo en esta ocasión y siempre), hay varias cuestiones, muy importantes, que deberían ponernos en guardia. Tanto por lo que se dice como, sobre todo, por lo que no se dice. Voy a poner algunos ejemplos de esto último. La palabra Cataluña no aparece por ninguna parte. Tampoco se condena, y ni siquiera se señala, la brutal represión del 1-O: sólo existe una muy genérica alusión a “cosas que nunca hubiéramos querido ver y que nos apenan profundamente”. ¿Qué cosas son esas? ¿Por qué no se las llama por su nombre y se señalan las responsabilidades? ¿Será, quizás, porque hacerlo obligaría a posicionarse? Tampoco hay alusión alguna a los Derechos Humanos, ni individuales ni colectivos. Por ninguna parte aparece la palabra “Pueblo” sino que esta se sustituye por el mucho más evanescente término de “sociedad”, sin que se aclare su referente concreto.
Leyendo el Manifiesto, si no tuviéramos otros datos, no sabríamos de qué se está hablando. Hay, sí, una sucesión de ideas amables, casi siempre abstractas. Por ejemplo, “apostar por la vía del diálogo”. ¿Quién estaría en contra de esto? Pero no se dice cuáles serían los términos del diálogo, ni si este supondría negociación, ni entre quiénes, ni con qué legitimidad mutuamente reconocida. Ni si en ese diálogo se incluiría a los más de dos millones de catalanes que votaron el domingo, con la guardia civil y la policía nacional hostigándoles, atacándoles a porrazos (o con pelotas de goma y gases lacrimógenos en algunos casos) y requisando urnas. Ni si sería un dato determinante que 3 de cada 4 ciudadan@s de Cataluña quieren un referéndum para poder expresar libre y legalmente su opción para el futuro de su nación. ¿Por qué no se habla de esto?
El “paso adelante” que deberíamos dar “toda la ciudadanía” el próximo sábado, asistiendo a las concentraciones y poniendo sábanas blancas en los balcones, lleva ya implícito, sin que antes lo “hablemos”, que “tod@s” estamos de acuerdo en que somos un solo “país”, o sea España (ni siquiera se habla de Estado Español sino simplemente de España). Parece como si estuviera resuelto a priori –en realidad se oculta- el problema que es hoy central: el de que cuál o cuáles son los sujetos políticos de la soberanía: de la capacidad de decidir. Por lo que dice el Manifiesto, no existiría ese problema, o sea que todos los ciudadan@s de Cataluña (o de Euskal Herria, o de Andalucía o de Canarias, o de Galicia), estaríamos de acuerdo en que somos un solo “país” (una única nación) y solo tenderíamos que deshacernos de nuestros “gobernantes incapaces e irresponsables” para que los problemas pudieran ser resueltos. No discutiré yo que, en general, la gran mayoría de nuestros gobernantes respondan a ese perfil, pero, ¿y si aspiramos, quienes nos consideramos pertenecientes a alguno de los pueblos-nación citados, a construir libre y democráticamente, en nuestros diversos países, estructuras políticas propias para, a partir de ellas, decidir luego si formar una Federación, o Confederación, o Asociación de Estados Libres, o, en su caso, optar por un Estado independiente?
Los autores del Manifiesto –que no sabemos quiénes son pero existen- me parecen algo así como flautistas de Hammelin que llevan a mucha gente adonde ellos quieren, sin decirles adónde y sin que ello sea fácil averiguarlo, porque subyugan con su música ocultando la letra, es decir los objetivos y el cómo conseguirlos. Desconozco si es cierto, como algunos dicen, que la idea partió de un hasta ahora desconocido profesor madrileño (¡ay, Madriz, Madriz, siempre Madriz!) que puso un mensaje en su whatsapp y, ¡oh milagro!, este pasó a ser difundido en veinticuatro horas incluso por los noticiarios de las televisiones. O si, como otros afirman, detrás de la iniciativa se esconden sectores del PSOE de Sánchez y del Podemos errejonista y quizá pablista, que han utilizado sus aparatos para tirar la piedra escondiendo la mano con el objetivo de tratar de eliminar tanto a Rajoy como a Puigdemont y reivindicarse como salvadores de la patria (española, por supuesto). No tengo información privilegiada pero podría ser así. Y más grave aún sería que, debajo de todo esto, estuvieran oscuras redes dudosamente democráticas. El tufillo “apolítico”, antipartidista sin matices, enormemente uninacional y emocional, populista sin comillas, del ambivalente texto aconsejan no descartarlo del todo.
La solidaridad entre los pueblos, la denuncia del uso de las leyes y de las instituciones del poder del Estado como instrumentos para impedir que los pueblos y los ciudadan@s ejerzan sus derechos, y el señalar las muy graves insuficiencias democráticas de una Constitución, la del 78, fabricada con el fondo del ruido de sables, serían, en mi opinión, requisitos inexcusables para atender, aquí y ahora, cualquier llamamiento como el que aquí se nos hace. No tener esto en cuenta y apoyarlo, sin más, además de ingenuo e imprudente, podría ser suicida porque podría justificar, sin quererlo, una aun mayor involución de la ya muy escasa democracia que tenemos. Y ello, incluso si los autores del Manifiesto y quienes han hecho posible su enorme difusión fueran figuras angelicales y vírgenes de toda perversión política; cosa que me es difícil creer, lo confieso.
06/10/2017
Isidoro Moreno es Catedrático de Antropología Social y Miembro del colectivo Asamblea de Andalucía (AdA)

20171006

Hoxe podes relaxarte e desfrutar con cultura

Sempre chama a atención o poder relaxarse con espectativas de tranquilidade. Hoxe venres, e ata o domingo, a mostra de teatro Daniel Cortezón, xa na súa XIV edición, chama a atención. "A trastada", "Bicos de vinagre" e "Departamento de selección" serán as tres obras representadas sucesivamente.

A nota de prensa do Concello:
CON GRUPOS DE FIGUEIRAS, FOZ E A ESTRADA
Mostra de Teatro Afeccinado
04/10/2017
Mati, viúva de Daniel Cortezón, e Farruco, concelleiro de Cultura, na presentación.

A Concellaría de Cultura presentou hoxe a XIV Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que se celebrará do 6 ao 8 de outubro. As representacións serán no Teatro ás 20:30 horas, agás o domingo que será ás 19:30.
A mostra comezará o venres coa representación da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje, de Figueiras, que porá en escena a obra titulada A trastada. O grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, presentará o sábado Bicos de vinagre, e Disfunción Continua, de A Estrada, o domingo Departamento de selección. Na presentación celebrada hoxe no salón de plenos do Concello de Ribadeo, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, estivo acompañado da viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González.
O edil ribadense dixo que "con moito orgullo presentamos a décimo cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Son xa catorce anos desenvolvendo esta actividade que nos permite dar a coñecer o teatro que se fai pola nosa contorna e tamén por grupos que veñen de máis lonxe".
Graña sinalou que "nesta décimo cuarta edición que vai ser este venres, este sábado e este domingo, poderemos ver a representación dun grupo de teatro duns veciños nosos das Figueiras, é o grupo da Asociación de Mayores Cristo del Buen Viaje e vainos representar A trastada. Como ben pode verse a través do título é un conxunto de trastadas que fai a personaxe principal da obra e que é unha comedia que pode endulzarnos ben a tarde do venres, e poderemos pasalo moi ben ás oito e media no Teatro de Ribadeo. Imos ver como os nosos veciños doutro lado da ría fan teatro igual que eles veñen aquí outras veces e ven cómo nós facemos teatro. O importante é intercambiar e ver a xente distinta que fai teatro".
O concelleiro de Cultura engadiu que "o sábado, tamén no Teatro ás oito e media, o grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, visítanos. É outro grupo de teatro de aquí cerca, xa da Mariña luguesa, que vai representar Bicos de vinagre. Combina un pouco comedia e algo de traxedia, pero nun formato un pouco distinto ao do venres".
Farruco Graña subliñou que "o domingo tamén no Teatro, pero ás sete e media, porque o grupo que nos visita ven desde A Estrada e pediron que puidera ser un pouco antes a representación teatral. Disfunción Continua representará Departamento de selección. É o reflexo da vida mesma, a xente buscando traballo que ten que pasar por un grupo de selección e que se ve sometida a unha serie de probas. É unha metáfora da vida mesma, as dificultades que nos mostra o día a día, os momentos doces e algún sabor cómico, pero tamén momentos dramáticos e que reflicten un pouco a condición humana. Diso trátase a fin de contas o teatro, de reflectir a condición humana, en clave de humor, en clave traxicómica, noutras ocasións en clave de traxedia".
O concelleiro ribadense declarou que "en Ribadeo sempre estamos abertos e abertas a ver e a facer teatro, a aprender dos demais e a mostrar aos demais o que sabemos facer. Así que convido a toda a veciñanza do propio concello de Ribadeo e dos concellos limítrofes a ver e a asistir ás representacións teatrais da décimo cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón".
Pola súa banda a viúva do dramaturgo ribadense Daniel Cortezón, Mati González, quixo "animar á xente a que acuda a esta mostra. Xa van catorce edicións e creo que xa ten unha traxectoria moi importante. Gustaríame que fora moita xente e sobre todo especialmente que a xente do grupo de teatro de Ribadeo acudira para opinar, valorar e ver aos distintos grupos de teatro afeccionado que temos en Galicia e neste caso tamén na parte de Asturias".