20180131

Abrete Sésamo. Covadonga Suárez, colectivo “Por nuestro faro”

Foto de Suso Fernández
Yo no sé cuál es la frase mágica que abre la isla Pancha. El último capítulo empezó con “un premio para Ribadeo” y una gran reverencia de nuestro alcalde al gobierno de Madrid, Xunta y Puertos como si la Santísima Trinidad hubiese venido con un pan debajo del brazo, cuando en realidad venían a amputárnoslo, allá por 2015 cuando el grupo “Por nuestro faro” empezó a andar. Desde entonces, toda información llegó tarde, mal y arrastro, y si llegó, fue únicamente porque este grupo luchó por que la verdad saliese a flote. La verdad importaba bien poco a la trinidad -o la conocía de sobra-, así como a nuestro alcalde que tenía mejor cosa que hacer que leer los informes que le llegaban (cito casi textualmente).
 Tras varias respuestas del Defensor del Pueblo diciendo que faltaban informes, y tras el reconocimiento por parte de Puertos hace un mes de que, efectivamente, había que completar el estudio sobre el impacto medioambiental de los apartamentos y las consecuencias de su actividad (otra cosa es que se haga y cuándo), esperábamos la reacción del que firma licencias transido de fe en los informes técnicos. Y sin embargo, nunca más de él se supo. El 2017 fue el año del silencio sepulcral, y viendo que en el corto período de inicio de 2018 ya acumulábamos varias preguntas sin respuesta, en uno de esos plenos anunciados a salto de mata pudimos colar una pregunta a través del grupo socialista, a ver si se nos permitía enterarnos siquiera de por qué se le había dado la licencia de apertura definitiva a los apartamentitos de nuestro faro, y de paso por qué una isla de una hectárea sólo era accesible para los clientes del hotel si la concesión comprendía únicamente 500 m².
Pues bien, ahora entendemos el porqué de tanto silencio. Es una pena que los plenos no se graben, pero nosotros lo hicimos, y hoy tenemos las perlas que brillarán para siempre con luz propia. La ley fue citada por el alcalde en múltiples ocasiones para justificar el inmovilismo del Concello, e incluso la palabra “prevaricación”. Por supuesto la ley es la ley, pero quizás habría que verificar si se cumple. “Eu fago o que podo, eu fago o que me deixan” es una frase que podría pronunciar el colectivo “Por nuestro faro”, no un alcalde con dos mayorías absolutas. Se pueden leer, verificar, discrepar y recurrir los informes técnicos y vinculantes sin ir a la cárcel, se lo aseguro, y reclamar los que faltan, sobre todo cuando sus deberes se los hace el Defensor del Pueblo y se los manda por correo. Querer es poder, y existen precedentes de que el Concello se remangó en alguna ocasión, de hecho en 2008 se opuso a un galpón de Galigrain en la Ría sin esperar por los informes preceptivos y vinculantes : el 1 de agosto de 2008 Fernando Suárez, tras llevarlo a pleno, “considera que esta actuación non é axeitada nin para o porto comercial nin para Ribadeo e lémbralle a Portos de Galicia que a corporación municipal xa manifestou de xeito unánime o seu rexeitamento ao proxecto”. Greenpeace confirma más tarde en un informe que “El consistorio ribadense es, en última instancia el que tiene la decisión final ya que, aunque la Xunta conceda todas las autorizaciones medioambientales, es indispensable disponer de licencia de obras municipal”.
En cuanto al cierre de la isla entera al público, el alcalde acepta todo sin rechistar. Y ello trae inevitablemente a la memoria una nota publicada el 25 de noviembre de 2016 en la web del Concello (léanla de pe a pa porque no tiene desperdicio). Fernando Suárez decía textualmente "isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade", también decía "hai que ter en conta que a Autoridade Portuaria só concesionou unha parte da Illa, non toda”. En su momento fue un puntazo ultraribadense que acaparó portadas, pero en el pleno del pasado 23 de enero, grabado con un móvil, para justificar la licencia de apertura se expresó en los siguientes términos : “A porta de entrada non é a porta de entrada do hotel, senon a porta da illa. Si o di a Autoridade Portuaria...”
Que nos diga entonces, citando leyes concretas ¿dónde está la ley que prohibe la entrada a la isla Pancha? Porque tenemos testimonios gráficos de que a veces hubo puerta y a veces ni siquiera goznes ni huellas de haberla habido, y algún papel habrá que justifique la prohibición. Del mismo modo, ¿cuál es la ley que permite a Puertos cerrar la totalidad de la isla para uso y disfrute de un hotel y de 500 m² circundantes, que entre todos han decidido montar en nuestro faro? La ley siempre es la ley. Un alcalde, sin prevaricar ni infringir la ley, puede y debe exigir a Puertos dónde están esas leyes que le dan derecho a vender Ribadeo como una isla griega. ¿Suponemos entonces que el alcalde sobreentiende y asume que la Isla Pancha en 2018 ya no es competencia suya, que ya no es ribadense, que ya no es nuestra? Quédense con la frase final de la intervención del pleno y medítenla : “Non sei si calquera de nós..., eeeee, non se pode comprobar si é de uso público a illa”. Ahora ni ribadense, ni pública. Acabáramos.

De visións diferentes a mentiras. Hospital da costa, sanidade pública

Chega con que un non quera para que dous non se entendan. E ese principio xeral non entende de intereses, aínda que, cando a cousa é pública, si entende de xeitos de mentir.
Hospital da Costa en 2015. Foto de Elisardojm en gl.wikipedia.org, lic. CC recoñecemento compartir igual 4.0 internacional

Coido que iso é o que está a pasar co mantemento da sanidade pública, a centralización sanitaria en Lugo, e o hospital de Burela. Se hai unha decisión de favorecer a sanidade privada, xustifícase a transferencia de cartos a empresas esquecendo que iso implica o corte de cartos e consecuente desmantelamento da pública, segundo o coñecido principio de desvestir un santo para vestir outro. Se se quere centralizar en Lugo, fálase das avantaxes de ter mellores equipos de alto custe e especialistas máis especializados esquecendo os inconvintes de cousas como desprazamentos ou sinxelamente de que se debe falar de servizo como elemento central e de custes e orzamentos en función daquel. Se se quere gabar o hospital, piropéase ó persoal para apuntalar unha lista de espera con múltiples furados que si, podería engrosar moito máis se non houbera persoal disposto a apoiar, pero evítase falar de cousas como da reasignación de novas datas, que supón unha maquillaxe real, ou do desvío de pacientes á privada, que se presenta como alivio da pública mentres supón un desmantelamento efectivo e transferencia de cartos á privada.
E nesas estamos. Mentres o día 4 hai unha manifestación a nivel Galicia en defensa dunha sanidade para todos -por certo, de Ribadeo sae un autobús posto polo concello, tamén poder público enfrontado ó da Xunta neste caso-, dende Lugo dise que a sanidade funciona mellor ca nunca, 'con datos obxectivos' elixidos despois de descartar os 'menos interesantes'. E se hoxe, mércores, volve haber a protesta semanal diante do centro de saúde de Ribadeo, para Santiago (así se di algunha vez, facendo pasar á poboación de Santiago polo poder decisor da xente que manda dende San Caetano) serán catro matados mal informados. E esta última palabra lévanos ó lugar onde se da a confrontación fundamental: a información/desinformación. E é entón cando podemos lembrarnos das subvencións directas ou encubertas que recibe determinada prensa, de xeito que se chega a non saber se é para ter a prensa de man ou dádivas debidas pola contribución ó mantemento no cargo, é dicir, 'quen debe a quen' ou 'quen conflúe con quen'. Engadín isto porque é doado comprobar como pode variar a idea que ten a xente segundo o xeito que teña de ler ou escoitar, de a quen lea ou escoite e das relacións que sexa capaz de facer con eses datos qeu lle chegan... Si, a xente non é tonta, e non se pode enganar a toda a xente todo o tempo. Pero parece que chega con enganar xente abonda durante un tempo axeitado ó que se quera, ou desmotivar a protesta artellando leis convintes cos intereses ou sinxelamente favorecendo algún tipo de entretemento ou felicidade aparente que substraiga tempo e/ou enerxía (cartos, esforzo) debilitándoa e controlándoa.
Por último, dicir que nesta entrada estase a tratar dun caso concreto, a Sanidade, a nivel Galicia, pero poderíase tratar doutros casos a niveis dende supranacional a local.

20180129

Un sorriso? de Alzheimer en Ribadeo

Pode interpretarse como coña, como retranca... ou sinxelamente como un dato: no ano 2016, redondeando, a cuarta parte da poboación ribadense tiña máis de 65 anos, despois de ir medrando a proporción ó atenuarse o fluxo migratorio de entrada, que permitira algún tempo atrás diminuír lixeiramente a porcentaxe. Copio unha frase dun artigo aparecido a semana pasada en eldiario.es, (''Las ciudades de la demencia senil': la respuesta de Japón ante el envejecimiento de su población'): "Matsudo había centrado mucho antes su política de bienestar en los servicios a personas que sufren demencia. Fue en 2010 y por una buena razón: cuando termine esta década, más del 28% de las 480.000 personas de la ciudad tendrá al menos 65 años." ... e 1 de cada 5 maiores de 65 anos terá demencia senil, que non é o mesmo que Alzheimer, mais é parello. Trasladado a Ribadeo, hoxe, significa que estamos ante un problema dunhas 500 persoas, a quinta parte do 25% de maiores de 65 anos.
En Xapón hai anos que tentan atallar o problema con iniciativa (se se le o artigo citado, verase por onde van os tiros). Aquí, esperando que a nova residencia (con capacidade conxunta, xunto coa vella, dunhas 100 persoas) parece que se atallara xa o problema mentres medra nos nosos narices. Alí, boa parte da solución do problema pasa pola asociación da propia poboación, mais aquí parece que o único que progresa de xeito asociativo sen subvención xenerosa son os partidos políticos (con subvención, podendo sacar proveito individual, xa é outra cousa), e non hai subvención para todo, hai demasiados pozos negros.
Primeiro paciente identificado de Alzheimer. Foto no D.P.

20180128

Illa Pancha, por Mª Luisa Mon Bellón


Obras na illa Pancha. Suso Fernández.
Esta Covadonga Suárez, do Colectivo “Por nuestro Faro”, ademais de muller loitadora, reivindicativa e insistente, ten un moito de poeta.
Non só escribe e se explica con suma claridade, senón que o fai xogando coa sonoridade das palabras; mesmamente lles fai vibrar, repenicar e brincar rebuldeiras nun discurso que se alguén non entende é porque decide ollar para outro lado.
“El Defensor del Pueblo nos volvió a dar la razón y no hubo reacción ni de ... ni de...”.
“Después de haber sufrido el desprecio administrativo, el silencio informativo...”. “Chapuzas y contradicciones que se estrellan contra la sordina feroz que los poderosos...”.
Tales imaxes remítennos invariablemente a unha potente vaga de mar que arremete sin pausa contra esa singular illa que vixía a bocana da ría. Un colosal temporal con mar de fondo son estes artigos publicados neste noso semanario(*); artigos que nunca reciben resposta, nin para ben nin para mal. Tanta reflexión e protesta parecen coarse por Pena Furada só escoitadas polos impasibles cormoráns que habitan no seu cume.
Unha lé e mesmo relé o que Covadonga Suárez nos relata sílaba a sílaba, palabra a plabara, frase a frase, golpe a golpe e verso a verso... porque é pura lírica o amor que se desprende de toda a súa descrición do problema que a ocupa e a preocupa. A ela e a moitos máis.
Dicimos lírica retomando as Verbas doutra muller que escribía sobre a Illa Pancha, onde o noso faro se asenta. Mari Lola Pérez Basanta encheu cuartillas sobre o tema e advertiu tamén sobre a domesticación do Monte de Santa Cruz onde, "se antes había acacias, agora hai toda unha mestura de árbores froiteiras que precisamente nada teñen que ver coa vexetación propia dun monte. Esa é outra.
Pero xa se sabe que nesta vila todo aquel que avisa sobre o que pode acontecer -e non sempre para ben- é traidor e, ademais, os que o acompañan sempre "caben nun pocillo de café".
Deberíamos saber xa que, grazas a estes poucos apóstolos do non, o mundo avanza e non se afonde un pouco máis ca día no fango dos asuntos máis viles e privados, no mundo dos intereses que teñen que ver cos cartos e que case sempre van en detrimento dos intereses públicos, e dicir, dos intereses de todos nós.
Dende aquí queremos aplaudir e animar os espíritos libres e preclaros coma o de Covadonga Suárez a seguiren sen se render loitando por unha causa que consideramos máis que xusta e razoable. É unha causa nosa. De todos nós. Coma outras que xa foron. Coma algunhas que desgrazadamente se perderon e coma moitas que, afortunadamente, se ganaron, e aí está o tempo -que sempre pon o punto sobre o i- para nos dar a razón.
A defensa do noso patrimonio é un deber inexcusable. Debemos salvagardalo para o transmitir intacto ás xeneracións futuras tal e coma nós o recibimos dos devanceiros.
Covadonga Suárez é, para ben de todos nós, das boas e xenerosas que levan na frente unha estrela e no bico un cantar... loitador e reivindicativo.
-
(*) Este artigo apareceu por primeira vez en La Comarca del Eo de 20 de xaneiro de 2017

20180126

Gasoduto na Mariña. Orzamento, 26 391 821 euros.

Saiu o día 23 no BOP. Cunha lonxitude de 65 km, máis de 14 deles en Ribadeo. Presión, 80 bar, ou sexa, unhas oitenta atmosferas. Recorrendo a Mariña de Ribadeo a Viveiro, ramal do gasoduto LLanera-Vilalba. Da empresa ENAGÁS (ver o informe anual).
Gaosdutos de Enagás na zona noroeste

20180125

A estas horas, o concerto xa tiña rematado

Unha nova banda, a Banda de Música de Ribadeo, dera xa o primeiro concerto aló polo 1992. Un video lembrábao polo 20 aniversario.

¿SAINETE OU CACHONDEO? Nota de prensa de 'por nuestro faro' - Ribadeo

Damos conta hoxe da resposta do goberno español á pregunta formulada polo deputado Miguel Anxo Fernan Bello do grupo En Marea con data de entrada do 10/10/2017 e resposta por escrito o 19/12/17. Fernán Bello preguntaba concretamente cal era a postura do goberno tralo segundo informe do Defensor del Pueblo de 22 de Agosto. A resposta do goberno está colgada no noso grupo de facebook.
Como pode apreciar o lector interesado ao comparar estes documentos (as respostas ao defensor e a Fernán Bello) hai sutís matices da redacción que conducen a interpretacións diferentes. Nos dous documentos aparece a frase que publicamos a semana pasada: “El informe del Defensor del Pueblo fue trasladado al concesionario-promotor de las obras para que aporte la documentación de que disponga, al objeto de mejorar la motivación de la evaluación ambiental efectuada”. Pero na resposta a Fernán Bello aparece a seguinte expresión que non figura no informe do Defensor “en el sentido de que el proyecto no afecta apreciablemente al entorno”.
Así pois, na resposta ao deputado o goberno da por sentado que se está falando só do “proxecto” dando a entender que se trata do proxecto de obra interior do faro, como ven repetindo insistentemente dende o comezo, para seguir ca parola de que tódolos informes emitidos ate agora eran conformes á lexislación vixente. Sin embargo no comunicado que nos remite o Defensor o día 4 de xaneiro que xa publicamos a semana pasada di expresamente: “incluyendo no solo los impactos de la realización de las obras necesarias sino también del uso turístico del faro, en relación con los objetivos de conservación del espacio- No obstante, antes de concluir las actuaciones y dar por aceptadas las sugerencias, es preciso conocer el resultado de dicho estudio” (o suliñado é noso).
Ou sexa o goberno dille a Fernán Bello que lle piden un papel ao concesionario e o defensor entende hai que agardar ao resultado dun novo estudo. Mais claro auga.
Dende o noso ponto de vista facemos os seguintes comentarios:
1.- Se a Autoridade Portuaria recoñece que hai que “mejorar la motivación de la evaluación ambiental” está decindo claramente que a documentación está incompleta, porque se estivese completa non habería nada que mellorar.
2.- Consideramos unha saída de pata de banco que a Autoridade Portuaria se dirixa agora á empresa promotora cando a responsabilidade do requerimento dos informes pertinentes é da súa competencia, malia que tamén fose do Concello comprobar que se axustaban a dereito antes de conceder as licencias. Vemos, xa que logo, que a Autoridade Portuaria “delega” as suas competencias nunha empresa privada. Agardaremos o que teña que dicer o concello ante esta extravagancia.
3.- A expresión “el proyecto no afecta apreciablemente al entorno” amosa unha contradicción entre o goberno e a Autoridade Portuaria e non concorda cas esixencias da lexislación europea, española e galega que recordou repetidamente e volve a lembrar o Defensor e que se concretan en que os proxectos que afecten a Rede Natura 2000 deben acreditar que non terán impactos medioambentais nen na fase de obras nen posteriormente, cando se desenvolvan as actividades turísticas. Como vemos, máis unha vez, a Autoridade Portuaria ven interpretando a normativa vixente no senso de rebaixar os contidos e as esixencias da mesma.
Pero a pérola das contradiccións nos discursos sucesivos do goberno está no penúltimo párrafo da resposta a Fernán Bello onde di: “la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao ha tenido en cuenta determinadas sugerencias recibidas, relativas a la preservación del medio ambiente, como por ejemplo prohibir el estacionamiento de vehículos en la Isla”. (o suliñado é noso).
Señores: se ésto non é un sainete que veña o diaño e nolo explique, porque deus non será quen. Agora resulta que está prohibido o estacionamiento de vehículos na illa, e nós sen enterarnos e o concello mutis por el foro e qué foi da concesión outorgada o 30 de xunio de 2015, que autorizaba un aparcamento cun máximo de catro coches?. E non vemos a diario os coches aparcados na illa?. E quen advetiu á empresa concesionaria desta disposición? E quen vai controlar que se cumpla? O Sr. Alcalde desde Fitur.
Calquer principiante pode decatarse de que se agora se recoñece a prohibición de aparcar coches na illa é tanto como decir que esta actividade turística é incompatible ca normativa da Rede Natura 2000.
Señores: ésto non é un sainete, ésto un cachondeo.
(PD.: No último minuto chéganos a grabación da resposta do Sr. Alcalde á concelleira do PSOE Cristina Losas, no pleno do día 23. O tema queda para a próxima semana, pero xa verán que simpático aquelo de “Puertos díxome, díxome…. pataqueirada”.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO
24 de Xaneiro de 2018

Curiosidades en Santa Cruz

O ribadense espazo de Santa Cruz no inverno non soe ter moitas visitas. E a natureza, mentres, está a preparar a primavera e o verán, ás veces, con sorpresa.
Non é que presente un aspecto moi diferente, mais hai sempre curiosidades que ver. Aquí deixo algunhas, tomadas días atrás.




A árbore da imaxe parece modelada, pois polo entorno un non pode imaxinar que o levou a esa forma.
 As silvas agroman no seto en diversos lugares, con estruturas densas, entrelazadas, que saen ó exterior polo alto e baixan ata o mesmo chan.



Herba da pamapa nun estadio primeirizo?




Os loureiros parece que procuraron o acubillo do seto para que os visitantes non os molestaran e os deixaran medrar.
 Entre as follas caídas das árbores aparecen plantas que poden sobresaír. Como se chama esta?


20180124

Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2 000 000 € de recadación esperados por contribución/impostos de bens inmobles, 200 € por ribadense ou por inmoble... 1 € de imposto por cada 150 € de valor catastral.
Algo tratado onte no pleno, no que se decidiu manter a presión fiscal e non aumentala como se tende no estado. Como? Mentres que aumenta a valoración catastral (manexada por entidade estatal), diminúe o coeficiente aplicado polo concello -como estaba previsto (ou aquí)- para o cálculo da taxa correspondente.
O número de inmobles vai aumentando: en principio, despois dos anos de construción, lonxe xa do bosque de grúas que chegou a tentar poboar Ribadeo, por regularizacións.
E a distribución de inmobles, como é? Ah! diso non se tratou onte!
Proxecto de BIC para a zona da Torre dos Moreno en 1995. IBI importante, e centenario, xa.

20180123

Actualización do concello

Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar a orde o día, a hora... e non atopo nada. Unha vez máis. O que si atopo é unha nota no apartado de novas, datada de hoxe, na que aparece que a rúa S. Roque se vai mellorar (algo que xa se sabía) e que xa se abre o prazo para licitación (algo que non se sabía, pero que apareceu hoxe na Voz, antes da nota do concello na web e do BOP). Por certo, que na nota dase conta das obras en S. Roque en en Piñeiro (Cedofeita), pero non da convocatoria para o 'SERVIZO DE MENSAXERIA INSTANTÁNEA A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN MÓBIL OU DE ESCRITORIO PARA UN NÚMERO DE ALUMNADO NON SUPERIOR A 500 PERSOAS', con 15 días naturais para a presentación de ofertas.
Embaixo quedas os tres anuncios no BOP de hoxe:







Arquivo de Ribadeo, 'internal server error'

Unha das posibilidades que máis me gustou cando a vin na web do concello foi a do arquivo municipal. Os documentos que alí poderían estar amosados facían pensar nunha interacción do pobo coa historia de Ribadeo que non se dera ata o momento.
Mais a web xa leva algún tempo inhábil (non sei exactamente canto). Cando se tenta acceder a http://arquivo.ribadeo.org/ de xeito directo ou mediante o icono na esquerda na web do concello, aparece:
Hai seis meses, cando a descubrín, presentaba outro aspecto,
... e animaba ó seu uso, a pesar de diferentes defectos que, dicía, esperaba se corrixiran rápido (máis aínda por ser aparentemente sinxelos de solucionar).
---
Días despois, por un aviso, comprobo que a páxina non vai con Firefox, pero si con Chromium...

20180119

A pel vilega de Ribadeo

Dende hai tempo, en todo o mundo, vnese producindo unha transformación cara a urbanización. En Ribadeo podemos dispor de gráficos de case os últimos vinte anos dun xeito sinxelo, recollendo datos no Instituto Nacional de estatística. É pois doado observar que en 17 anos a vila aumentou 2000 habitantes, mentres o concello só o fixo en mil. Algo que implica unha diminución de mil habitantes rurais no mesmo período, pasando de 4000 a 3000. Así, hoxe por hoxe, máis das dúas terceiras partes dos habitantes do concello residen na vila de Ribadeo: por cada 9 habitantes da vila, o rural só ten 4.
Velaeiquí os gráficos:
No primeiro gráfico represéntanse os habitantes totais do concello  en azul, e en vermello, os vilegos. Vese que o aumento de habitantes é máis acusado na vila en todos e cada un dos anos representados.
 O segundo gráfico representa a porcentaxe de vilegos sobre a poboación total. Conforme a que medra máis, a porcentaxe vai medrando.
 O terceiro gráfico só aporta unha visión extrema do fenómeno: trátase da representación de número de habitantes da vila por cada cen do rural (en azul) e do número de habitantes do rural por cada 100 da vila (vermello). Ver como ambas liñas se van afastando é abono demoledor sobre a previsión do mantemento futuro do mundo rural no noso entorno.

20180117

Ribadeo aumentou o turismo un 12 % o pasado ano

Hoxe, 17 de xaneiro, comeza FITUR, a feira internacional de turismo que é visitada por representantes ribadenses dende hai xa moitos anos. Esta edición, o concello sacou unha nota (onte) na que indica que vai ir a concelleira do ramo, Ana Mª Martínez, o alcalde e a técnico de turismo. Non se di nada sobre membros da oposición, que tamén teñen participado en moitas edicións. Algo que non quere dicir que non aparezan dun xeito ou outro tamén por alí (e tamén polo xornal aquí).
Recollendo o que di a nota de prensa de onte, fala a concelleira de que o pasado ano 2017 foron atendidas nas oficinas de turismo de Ribadeo, 114 701 persoas, 12 534 máis que no ano anterior. É dicir, no 2016 atendéronse 102 167 persoas, cun aumento porcentual deste ano en relación ó anterior do 12,27 % nese indicador de movemento turístico. É evidente que o turismo en Ribadeo non está en tempada baixa.
En canto a FITUR, fixen a mesma experiencia que o pasado ano, procurando na súa web por 'Mariña', e entre moitas empresas e outras entidades chamadas máis ou menos así (incluído o concello de Marinaleda, ó que non lle coñecía o seu tirón turístico), aparece a Mancomunidade de Municipios da Mariña como expositora. A procura de 'Ribadeo' resulta moito máis doada: como o ano pasado, só aparece o Parador. En baixo deixo as dúas fichas de ambos.


O que fixen tamén foi procurar polo lema que a bombo e platillo se anunciou hai uns anos (en FITUR 2015), ribadeoxqsí, e resulta que os resultados seguen a baixar:199 resultados fronte a 45 700 000 por FITUR 2015. É dicir, se o impacto relativo en febreiro daquel ano non chegaba ben ó 0,01 %, na actualidade anda polo 0,0004 % en relación ó FITUR dese mesmo ano.

20180116

Dous casos


Quédome a pensar sobre dous casos diferentes de convocatorias feitas en Ribadeo: a de subvencións do ARI (convocatoria de Ribadeo e Rinlo) e a de alegacións ó Plan Especial das catedrais.
O motivo é sinxelo: A do ARI remata a fin de mes e mereceu unha lembranza, a dúas semanas do final, para que se aproveitara. O prazo total durará algo máis de 30 días (comezou a finais de decembro), abondo curto para presentar documentos elaborados que hai que encargar, para beneficio, principalmente, propio.
A do PEC, se non fixen mal as contas, remata hoxe, e non foi avisada no seu remate. Os documentos a presentar teñen que basarse nun documento previo de máis de 300 páxinas, o propio Plan, e o prazo foi de dous meses. Neste caso, o documento pódese encargar, pero a base está no que poda facer a propia persoa alegante, para beneficio prinicipalmente, xeral.
No caso ARI, a nota do concello di claramente que non se presentou polo momento ningunha proposta. No caso Catedrais non se ten idea de como vai a cousa.

20180115

Asemblea de Amadores da Música

O venres tivo lugar a asemblea da Asociación Amadores da Música, sociedade titular da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
A xuntanza corresponde á dación de contas do ano 2017, e a súa convocatoria non ofreceu novidades, como corresponde a unha xuntanza ordinaria.
O desenvolvemento tamén foi tranquilo, coa exposición de cada un dos puntos entre o total de 18 socios asistentes, que levou ó comezo á segunda convocatoria. Comezou coa letura e aprobación da acta anterior e seguiu desenvolvendo un estado de contas saneado, no que aínda falta por dar entrada a unha subvención comprometida e outra posible, correspondentes ambas ás actividades do ano 2016 e que elevarían en cousa doutros 5000 euros o estado das contas da asociación.
No desenvolvemento de actividades fíxose fincapé na celebración do 25 aniversario (1992-2017) coa exposición realizada, o concerto de 25 aniversario en Cabanela coa participación de antigos músicos e o churrasco posterior.
Houbo algunhas preguntas, como a petición de información sobre se tivera ou non lugar a xuntanza co concello proposta o ano pasado, que si tiveron lugar dúas, e segundo parece amañouse o desacordo manifestado naquela xutnanza.
No apartado musical, en cambio, quedou patente que aínda queda por facer para a reposición de músicos, pois en todo o ano pasado incorporouse un, e este ano espérase que se incorporen dous en dous concertos diferentes. Como saídas, este ano espérase devolver a visita das bandas que viñeron ó festival o pasado ano, incrementando así as saídas do ano pasado.
A asemblea comezou en hora e rematou despois dunha hora, non sen antes quedar emprazados os socios para unha asemblea extraordinaria por marzo para renovación da directiva, que xa anunciou o presidente que continuaba, aínda que podía haber algún cambio na composición por motivos laborais ou persoais.

20180111

Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo

Hai case un mes foi anunciado polo concello que se ían poñer 32 placas de Sargadelos ilustrativas de diversos lugares da vila. O día 16 o concello emitiu unha nova nota de prensa coa inuauguración do novo viario, a posta da primeira placa, na rúa Ibáñez. Anunciose daquela que en poucos días estrían postas as placas e a disposición folletos explicativos na oficina de turismo. Os poucos días aumentaron algo, pero hoxe por hoxe xa hai abonda placas colocadas e en breve estarán os folletos.
Mentres que iso ocorre, o ter os folletos a disposición, un resume en fotos dalgunhas das placas:
A primeira, no Pazo do concello, Pazo de Ibáñez.

Outra, fronte á torre dos Moreno, 'Edificio dos irmáns Moreno', acompañando ó caseto de regulación do mexadoiro de King Kong.

O edificio do xulgado de paz acolle entre pintura descascarillada a placa da antiga casa do concello.
O Campo tamén ten a súa placa:
E a porta da Vila, no 23 de Amando Pérez:
A praza de abastos:
Rúa San Roque:
A prota da Auga, na casa do Viejo Pancho, a rúa do seu nome (Viejo Pancho), xixeiramente desprazada en relación coa marca no chan que da conta da existencia da porta:

Ou a escola náutica, na actual biblioteca municipal, á beira da casa do Patín, na r/ Antonio Otero:

... seguirá!
Pero mentres, remato coa foto que ilustraba a segunda nota de prensa do concello en decembro, imaxe da 'inauguración':

Alguén se lembra das Catedrais?

Das Catedrais? Refírome non para empregalas como arma arroxadiza nin como galiña dos ovos de ouro, senón para reflexionar sobre o seu futuro, por exemplo estimando o plan especial, vendo os seus entresixos... En principio, o tempo de alegacións remata a próxima semana, e polo que parece, o coñecemento do plan é máis ben escaso ou nulo, preferindo na práctica o seu uso sen máis (e polo tanto, potencial abuso), sen pulsar as consecuencias, que o estudo do uso adecuado.
Non de outro xeito se pode interpretar que mentras que non xurdiron novas sobre alegacións ou simples comentarios, aínda onte na prensa un grupo político inclúa as catedrais no resume anual só como sona para Ribadeo, 'coma sempre'.
E é que, se Ribadeo e o mundo cambia, as Catedrais tamén. E boa parte do seu cambio, para ben ou para mal, responde á nosa actuación.
Certo que o plan é farragoso para ler, con múltiples leis e normas de referencia, ás que ás veces alude con citas e outras de xeito xenérico, incluíndo partes onde a xente non iniciada está, sinxelamente, perdida (ver ilustración abaixo sobre as cores de uso)
Táboa na p.49 do documento, sen compañía visual das cores ás que se refire
Aínda así, só a modo de curiosidade nunha ollada rápida, o plan redactado presenta sorpresas que incitan á súa letura. Por exemplo, un resume do orzamento do concello do ano 2015 como non pareceu ata o momento en ningún documento que eu vira (p.57-58) e que copio abaixo:

Ou os prazos previstos dentro das propostas do propio plan, xunto cos seus custes anuais:

Que o desfrutes!
--
O anterior.
E o anterior máis.

20180110

AGORA SI: A AUTORIDADE PORTUARIA RECOÑECE AO DEFENSOR QUE FALTAN INFORMES. Por Nuestro Faro

Con data do 4 de xaneiro de 2018 o Defensor del Pueblo remítenos un novo escrito como consecuencia da resposta da Autoridade Portuaria ao informe do Defensor de 22 de Agosto no que reiteraba a falla de estudo de non afección á Rede Natura 2000 no proxecto de apartamentos no Faro da Illa Pancha.
O escrito do Defensor, que está colgado íntegramente no noso grupo de facebook (e embaixo), di expresamente que a Autoridade Portuaria “ha dado traslado al promotor del proyecto de rehabilitación del faro de Isla Pancha del escrito del Defensor del Pueblo, con el fin de que aporte toda la documentación de que disponga, al objeto de mejorar la motivación de la evaluación efectuada”. E mais adiante di: “De lo informado por la Autoridad Portuaria se desprende que se va a completar la valoración ambiental efectuada, con el fin de determninar si existe o no afección apreciable al espacio integrado en la Red Natura 2000…”
Entendemos que estes dous parágrafos son dunha claridade meridiana respecto da custión que aquí se discute: non existe un infome axeitado a dereito sobre o impacto á Rede Natura 2000, dado que a Autoridade Portuaria recoñece agora que hai que ampliar os informes editados anteriormente. Nin mais nin menos o que o noso grupo ven denunciando dende xullo de 2016 a costa de recibir insultos, ameazas, caladas administrativas e políticas e clamorosos silencios mediáticos. Agora resulta que si, cando tódolos trámites administrativos están rematados, incluída a licencia de actividade, agora a Autoridade Portuaria ven a recoñecer que o expediente non estaba completo e naturalmente o concello de Ribadeo -que debera ser o primeiro interesado en defender on intereses dos veciños e garantir a correcta tramitación do expediente- segue de costas a unha realidade tan evidente.
Polo demais na páxina web do Defensor del Pueblo está reflexado o traslado do escrito que aquí anunciamos ao Concello de Ribadeo e mesmo a Autoridade Portuaria.
Pola nosa banda non nos queda outra que esixir ao Concello de Ribadeo que se suspendan provisionalmente tódalas licencias concedidas para o proxecto de apartamentos da Illa Pancha, mentres non conte con tódolos informes pertinentes e que se interese activamente por chegar ao fondo da custión: non vale calquer papeliño expedido por non se sabe quen, os contidos dos informes deben ser claros e axustarse á normativa vixente en Europa, España e Galicia.
Colectivo “Por Nuestro Faro” 10 de Xaneiro de 2018

O CAMIÑO NORTE POR BARREIROS. Breve historia. Emilio Piñeiroa Lozano

O Concello de Barreiros atópase situado na franxa norte da provincia de Lugo, denominada A Mariña.
A súa situación xeográfica pode considerarse un privilexio natural, xa que se atopa entre o mar Cantábrico, con finísimos areais de ata 8 kms, e a montaña.
O Camiño Norte percorre a zona interior do concello, zona agrícola e gandeira por excelencia.






O CAMIÑO NORTE POR BARREIROS. Breve historia
Ribadeo era para o peregrino o primeiro punto do seu itinerario galaico ata Compostela.
Os peregrinos deixaban Ribadeo cara a Mondoñedo e abandonaban definitivamente o seu contacto co mar, internándose por Ove ata a Nosa Sra. da Ponte, na parroquia de Arante, onde o cóengo mindoniense Juan Marqués empregou os seus bens, no século XVI, na creación dun hospital para peregrinos.
O camiño atravesa unha arboreda e entra no Concello de Barreiros. Dende o alto, divísase o gando nun terreo de abundantes pastos e un pequeno val surcado polo río Porto Bragán. Aos nosos pés, a parroquia de Vilamartín Pequeno e na outra ladeira, Vilamartín Grande, barrio que pertence á parroquia de San Xián de Cabarcos. Ao fondo, Fórnea, do Concello de Trabada.
En Vilamartín Pequeno visitamos a Igrexa parroquial, na honra de San Xoán Degolado.



Os peregrinos, despois de cruzaren o río e subiren unha empinada costa que conduce a Vilamartín Grande, encontran á esquerda a Capela do Carme que pertenceu a unha fundación e que no ano 1995 foi arranxada polos veciños. No interior, na parede lateral esquerda, nunha lápida hai a seguinte inscrición: “Esta ermita está fundada un aniversario Santísimo de una misa cantada con responso y cuatro rezadas en cada día de las festividades de Nuestra Señora de la Merced y del Carmen de cada año a ocho reales de limosna por las cantadas y a tres las rezadas paso la escritura de dotación ante Bernabé de Miranda. Notario en 29 de 7 de Diciembre de 1.692, años”. No altar,na parte central, está a Virxe do Carme, patroa á que se lle celebra a festividade o 16 de xullo; a ámbolos dous lados, dúas virxes do barroco galego, de 1692; na de menor tamaño pode lerse: “Nosa Sra. de las Angustias de las Beatas Marías”. É de destacar un cáliz e unha patena, cunha inscrición na base: que di: ”D. Salvador Menéndez, año 1.692”.
Á dereita do camiño atópase o teleclub e a escola, pechada co gallo da concentración escolar e , na mesma situación atoparemos as escolas de Gondán e San Xusto.



Seguindo o camiño, antes de baixar a Gondán, o alto de Vilamartín Grande pode servirlle ó peregrino de mirador, dende onde se divisa unha perspectiva do Val de Cabarcos, formado por San Xián e San Xusto. Plinio afirmaba que os antigos “cibarcos“ eran cidadáns dunha república no convento xurídico lucense do tempo dos romanos. Podemos deixar establecido que os cibarcos extendíanse dende a desembocadura do Masma, en Foz, á do Eo en Ribadeo.
Madoz e Vicetto supoñen que foron os primeiros moradores desta terra de Cabarcos.



De crer ó P. Flórez, o documento máis antigo que se coñece en España refírese a este Concello. Trátase da doazón duns terreos do ano 755, situados entre o río Eo e o Masma, feita polo rei D. Silo, a instancias do abade Esperanta, a varios monxes para que edificaran alí un mosteiro.


O nome de Cibarcos consérvase a través da Idade Media, sen máis variación que o cambio do i en a, aparecendo xa nos primeiros séculos da Reconquista. Xa no ano 916 aparece un documento no que Ordoño II doa as igrexas situadas entre o Eo e o Masma, onde figuran as de Sancti Justi de Cabarcos e Sancti Julliani de Giliari.
No ano 1406 López Díaz de Teijeiro doaba ao bispo de Mondoñedo a terraría de Cabarcos; os seus escudos aparecen citados nun documento do Mosteiro de Lourenzá, que leva a data de1448. Deberon vivir aquí numerosas familias de recoñecida nobreza e fidalguía.
Segundo documentos encontrados, Pedro Pardo de Cabarcos (sobriño do Mariscal Pedro Pardo de Cela) era dono de grandes terreos neste val que vendeu por 2000 maravedís para axudar ós Reis Católicos na toma de Granada.
A vida das xentes que habitaban nestas terras transcorreu pacífica e sosegadamente, dedicándose ao traballo agrícola e manual; chegando a haber a finais do S. XVIII (1787), no Concello de Cabarcos 21 telares e 504 arrobas de viño.
O Concello estaba formado por S. Xián de Cabarcos, S. Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeno, estando a capitalidade no primeiro.
Na actualidade pertence ao Concello de Barreiros, adicándose á gandería e á agricultura.
En Gondán (S.Xián de Cabarcos) atopamos unha pequena capela, na honra da Virxe do Pilar, coas imaxes da Virxe e de Santiago Apóstolo; ao lado a fonte de Cimadevila onde o peregrino pode saciar a sede. A poucos metros o albergue de peregrinos.
Camiñamos en descenso ata a parroquia de S. Xusto de Cabarcos, cruzando o río Puxigo, atopamos o albergue de peregrinos (antiga escola), deixamos a estrada asfaltada collendo unha pista ata a Igrexa. Atopamos un cruceiro, en recordo da capela do Bo Suceso, destruída en 1984; esta imaxe, xunto coas de S. Sebastián e S. Roque peregrino atoparémolas metros máis arriba na Igrexa; que chama a atención pola súa situación, na parte alta, coma se estivera vixiando o val e esperando a chegada do peregrino. En 1993 foi arranxada, sendo párroco D. Santiago Riguera Díaz. Data de antes do ano 900, con planta de cruz latina. Destaca o retablo barroco de 1753, a súa imaxinería como O Apóstolo Santiago peregrino, S. Xusto e S. Pastor, patróns da parroquia; entre outros é de admirar o púlpito e dous confesionarios, obra do artista local Santiago Candia (1916), autor tamén do retablo da Virxe das Dores.
Casa do Concello de Cabarcos


Cárcere do Concello de Cabarcos

O peregrino deixa o Concello de Barreiros, pasa por unha zona de bosques que o leva ó veciño Concello de Vilanova de Lourenzá, atopando a capela de Santa Cruz preto do campo de fútbol. En Lourenzá os peregrinos recibían unha calorosa acollida no mosteiro, que data do século X. Impresiona a actual fachada barroca do mosteiro, deseñada polo arquitecto compostelán Fernando Casas Novoa, autor da fachada do Obradoiro.
Da importancia deste Camiño Norte ou Camiño Real, temos o testemuño da existencia de dúas pousadas: a Casa de Veiga do Camiño Real en Gondán e a pousada de Inocente do Curbeiro en S. Xusto.