20180323

Algunhas preguntas (e respostas) sobre a residencia

O pasado día 20, martes, houbo un par de xuntanzas no concello de Ribadeo sobre o estado actual da residencia de maiores de Ribadeo (Comisión da Residencia, cos integrantes da directiva da Plataforma pro Residencia de Maiores, e Xunta de Portavoces do concello). Hoxe haberá un pleno con tema único, ás seis da tarde, para aprobar o convenio marco. E, no medio, algunha incógnita e mesmo contradición aparente.
A prensa deu nova dunha das xuntanzas do martes, en principio, como froito dunha filtración. A nota de prensa do concello foi do día 21 (é dicir, para ser publicado o día 22, onte, un día despois de que saíra a primicia na prensa):
A SESIÓN PLENARIA SERÁ ÁS 18:00 HORAS
Protocolo para a residencia
21/03/2018
O Concello asinou este mediodía coa Deputación de Lugo o protocolo de colaboración para a posta en marcha da nova residencia de maiores da localidade. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que ninguén será excluído de poder ser usuario desta instalación por non ter recursos e dixo que terán prioridade os veciños e as veciñas de Ribadeo. Este convenio marco será debatido no pleno extraordinario que se celebrará, o venres pola tarde, no Concello.
O rexedor explicou que "coa sinatura deste protocolo damos un paso moi importante, un paso de xigante, que se verá ademais refrendado neste pleno extraordinario que teremos este propio venres, para aprobar o convenio marco que regule toda esta colaboración e cooperación que queremos levar adiante entre a Deputación de Lugo e máis o Concello de Ribadeo, para poñer a andar e poñer en marcha nunhas condicións moi boas, tanto para o Concello de Ribadeo como sobre todo para os futuros usuarios e usuarias desta residencia de maiores, deste soño colectivo que todos nos empeñamos hai uns anos en botar a andar, e claro que o imos botar a andar".
Fernando Suárez contou que "tanto este protocolo como os convenios que seguidamente veñen, respectando que a titularidade neste servizo é municipal, queremos colaborar e cooperar coa Deputación, e ela que tamén o quere facer connosco no senso de darnos apoio técnico e económico para establecer un prezo tipo razoable e homoxéneo para todas estas residencias que se integren nesta rede provincial, e ao mesmo tempo para que os usuarios poidan pagalo".
O alcalde de Ribadeo subliñou que "aquel que teña recursos suficientes pagará o que estea establecido, e aquel que non os teña asumirán a diferenza a Deputación e o Concello de Ribadeo. É dicir que ninguén vai ser excluído de poder ser usuario desta residencia porque non teña recursos".
Para o alcalde de Ribadeo "esta é a política de verdade, a política progresista, a política que queren os veciños e veciñas que fagamos os seus representantes políticos, máis aló das cores políticas. No acordo de hoxe éramos de diferentes cores políticas, pero todos estabamos comprometidos a poñer a andar estas residencias marabillosas que están construídas, polo menos no que sei eu a de Ribadeo, con todo luxo e é un hotel máis que unha residencia habitual, pero queremos tamén que sexa sustentable no tempo. Para iso qué mellor que un acordo coa Deputación de Lugo".
Fernando Suárez sinalou que "ao mesmo tempo con outros criterios moi importantes que cambian radicalmente o panorama do que ven sendo a política moitas veces de prazas concertadas da Xunta, dado que con este sistema que nos estamos outorgando terán prioridade os veciños e as veciñas de Ribadeo, seguidamente terano os da bisbarra, e seguidamente, se quedan prazas libres, terano os da provincia. Non é como estas prazas da Xunta concertadas que che dan un servizo de Ribadeo e igual cho dan en Quiroga, ou en Monforte de Lemos, ou nas Rías Baixas. Iso non pode ser porque a xente ten dereito a vivir os últimos anos preto do seu entorno, preto da súa familia sen que o destino sexa a dúas horas de viaxe, como está sendo moitas veces".
O alcalde dixo finalmente que "nos veremos no pleno extraordinario deste venres, e confío que todos os representantes, non soamente o goberno municipal, esteamos a altura, penso que histórica, deste acordo plenario que terá que saír adiante"
O que se presentou o martes son dous documentos diferentes. un Protocolo e un modelo de Convenio coa Deputación Provincial.
O primeiro, o protocolo, foi xa asinado polo alcalde mércores xunto con todos os alcaldes en situación de desenvolvemento dunha residencia de maiores na provincia e en tratos coa Deputación, como folla de ruta a seguir.

A sinatura levou consigo a aceptación desa folla de ruta, e o pleno desta tarde é unha consecuencia, para a aprobación do convenio marco, que todos os concellos asinantes reproducirán hoxe mesmo. O convenio marco que será aprobado é:
- entre concello e Deputación.
- igual para todos os asinantes do Protocolo (por exemplo, forzando unha ordenanza fiscal homoxénea)
- un documento a desenvolver no seu detalle en relación a regulamento, xestión, etc. (ordenanza e regulamento terán que ser aprobados no seu momento no pleno)
- un marco que non soluciona todos os problemas (por exemplo, como será a fonte de ingresos para subvención complementaria -parte do concello- de xente que poda haber de fóra de Ribadeo?)

- especifica na práctica que o sistema de funcionamento vai a ser de contrato por servizos, quedando a coordinación e xestión en mans de concello e Deputación. Algo que por certo non cadraba dentro das súas competencias hai pouco tempo.
- nin protocolo nin convenio especifican os prazos concretos, pero axuda a clarificalos algo, de xeito que, é esperable que na próxima primavera se abran as portas.
- o convenio foi algo longamente discutido, con reviravoltas, ata quedar na situación actual, o que colaborou ó retraso do empuxe das residencias máis avanzadas, entre as que se atopa a de Ribadeo.
O por que do convenio pasa por cousas como a economía de escala (por exemplo, na disposición de persoal especializado ou na licitación de contratos) e esforzo de mantemento: espérase rebaixar o monto total do custe de cada praza uns 200 €, de 1400 a 1200, dos que ata un máximo de 600 €  (ou 75%  da pensión) por residente serían postos pola Deputación, cubrindo o resto de axuda, en caso necesario, o concello. Dese xeito, o concello espera reducir unha previsión de 300 000 €/ano de custe para arcas municipais a só 50 000 €/ano.
Quedarían máis cousa por comentar. Mais dicir só que a dirección será colexiada Concello-Deputación, facendo unha distinción entre iso, dirección, e a xerencia diaria.

20180322

Cualquier parecido es pura coincidencia

Faro de Corrubedo. Luis Miguel Bugallo Sánchez, licenza de documentación libre de GNU

   El título hace alusión al proyecto del faro de Corrubedo y al de Isla Pancha. Lo sé, es un poco exagerado, es cierto que hay un punto en común : ambos proyectos se inscriben en el programa “Faros de España” destinado a reconvertir faros para uso hotelero. Pero que pongan uno al lado de otro para hacer la promoción hace sonreír a cualquiera que haya seguido la estela del de Isla Pancha desde sus aparatosos orígenes. Un largo parto acabado con los forceps modelo “sí o sí” de venta en ciertas instituciones, para un alumbramiento bajo palio. Nada del otro mundo, lo justo para poder llamarlo proyecto estrella, éxito, regalo para Ribadeo, iniciativa innovadora, etc.
   Cada meandro, cada recoveco, cada escondrijo desde 2015 -y ya antes- esconde una perla risueña. En la prehistoria de los faros transformables, allá por 2014, no había concurso público. En Ribadeo nos trajeron el plato antes de leer el menú e incluso antes de tener hambre. Qué curioso, hace unas semanas la noticia arrancaba grandes titulares en Corrubedo y, así, todo lector pudo saber que había habido un concurso y que, tras el período legal estipulado para presentar propuestas, el gerente de un camping había ganado la concesión para explotar el faro. Creo recordar que en 2014 ya había periódicos y concursos públicos pero, en Ribadeo, donde tenemos por costumbre quedarnos con las ganas de saber, nadie dijo esta boca es mía hasta abril de 2015. El hotel ya se había cocinado, estaba servido y estábamos a punto de tragárnoslo poco hecho.
   La presentación en sociedad fue de lo más espectacular, la criatura fue aireada por varios padrinos, que traían una carta astral tan prometedora como inverosímil. Pobre Isla Pancha, ensimismada en sus pocos metros bajo la sola mirada de las aves, hasta entonces protegidas. Los adivinos de turno, -iluminados representantes nuestros y/o partes interesadas- hablaban de impedir el deterioro de un faro en perfecto estado de salud, cuidándose mucho de mencionar el impacto sobre una zona protegida por leyes nacionales e internacionales, hasta tal punto que 3 años después, sin evaluación medioambiental y con los tirones de orejas sucesivos del Defensor del Pueblo, aquellos iluminados siguen sin abrir el pico al respecto. En Corrubedo la situación era urgente : se trataba de salvar un faro de sus ruinas, darle una segunda vida, que, de otra forma, no tendría. Pero en Corrubedo hubo desde el gobierno local un impulso definido por salvar del deterioro y el abandono un patrimonio icónico. En Ribadeo, asistimos a la subasta unilateral e innecesaria de uno de nuestros símbolos más poderosos por unas monedas de oro que nunca vimos brillar. Quizás se esperaba otro “buque insignia” que tomara el relevo de las Catedrales, que hiciera hablar de Ribadeo del uno al otro confín y que trajera prosperidad y titulares de abundancia. Pues qué estrepitoso error de cálculo. A día de hoy desconocemos el dineral que pueden dar dos apartamentitos fuera de la época de vendavales y temporales, pero en Corrubedo, no es difícil imaginar los beneficios económicos de un conjunto arquitectónico de 5 edificios con capacidad suficiente para albergar un proyecto de hotel con 11 habitaciones, un restaurante, un quiosco y una cafetería-heladería, pues las instalaciones ocupan una superficie de 16.070 m² (suponemos que los puestos de trabajo generados irán en consonancia). Los 500 m² concedidos sobre la isla Pancha son lo que son, pero eso ya lo sabíamos todos, ¿no? Aun así nos cerraron la isla entera para ofrecer la exclusividad de la zona a los clientes del minihotel y a algún que otro extra, gracias al mando del cierre eléctrico en mano que abre y cierra la totalidad de la isla como una auténtica propiedad privada. Ya nos dijeron desde el Concello que no iban a impedirlo ni a protestar ni a nada de nada, y que podían poner la puerta del negocio a la entrada del puente, como es el caso. Pues en Corrubedo no sólo el acceso a la zona no está limitado a los clientes de los locales sino que los visitantes podrán acceder al faro mismo e incluso a la terraza de éste, y que además el edificio de la linterna incluirá imágenes y datos históricos que permitan comprender la importancia del faro y de la zona litoral.
   Es terrible constatar que, desde el principio, en ambos proyectos (Ribadeo y Corrubedo), el método, la interpretación de la legalidad, el beneficio económico, el acceso, el concepto de patrimonio y de conservación de éste, se rige por parámetros opuestos. Incluso el sentido de lo público dentro de la propia privatización no encuentra similitudes.
   Seguimos en “Por nuestro faro” oponiéndonos a la explotación indiscriminada de un bien público y emblemático sin tener en cuenta al pueblo, y más aún a la falta de transparencia en un proceso que debería implicarnos a todos. Pero hoy, al margen de la opinión que cada ciudadano pueda tener, y en vista de las posibilidades, de los resultados constatados, y de la información recabada a día de hoy, todos podríamos preguntarnos, con total objetividad, a quién merece la pena.
Covadonga Suárez, colectivo “Por nuestro faro”

20180321

Dous anos, unha nova directiva para Amadores sen difusión

O sábado 30 de abril de 2016 Amadores da Música, a sociedade casa da Banda de Música de Ribadeo, tiña unha nova directiva. O sábado 10 de marzo de 2018, Amadores renovou a súa directiva.
De xeito sorprendente sendo dende hai anos unha das sociedades maiores de Ribadeo, non vin nada na prensa. Tampouco na súa web, onde aínda aparece a directiva anterior como actual. Un amigo pasoume a composición da nova directiva, que poño en comparación coa anterior, esperando non se me pasara ningún erro:


2017 2018
*Presidente: *Presidente:
Chema Suárez García Elisa Álvarez Amor
*Vicepresidente: *Vicepresidente:
Diego Vizoso Castro Chema Suárez García
*Tesoureiro: *Tesoureiro:
José Ángel Bolaño Penelo José Ángel Bolaño Penelo
*Secretario: *Secretario:
Javier Abellán Torralba Javier Abellán Torralba
*Responsable de Material: *Responsable de Material:
Alberte Chao Penabad Alberte Chao Penabad
*Departamento técnico: *Departamento técnico:
David Ballester Martínez David Ballester Martínez
*Vocais: *Vocais:
Lucía Expósito Martínez Laura Izquierdo Rodriguez
Laura Izquierdo Rodriguez Alberto Clemente Avilés
Alberto Clemente Avilés Diego Vizoso Castro
Elisa Álvarez Amor
María Teresa Martínez Souto
Antonio Andina Penabad

Duración do mandato: dous anos.
Cartel primeiro da banda.

20180320

Fará falta unha nova subestación eléctrica?

Martes 13 de febreiro: inauguración da subestación eléctrica de Piñeira. Case unha semana antes, o día 7, o concello sacou unha nota de prensa para anunciar o que pouco menos se considerou unha panacea. Cinco semanas despois, vento e choiva producen cortes de luz apreciables, e deixan supermercados sen pode cobrar durante un cuarto de hora, entre outros exemplos posibles. Si, estamos afeitos, pero, non era iso dos cortes unha das cousas que a subestación ía evitar?
Falouse dos atrancos á subestación como un prexuízo neto contra o progreso. Agora alcanzounos o progreso, e o prexuízo neto vese que non foi para o progreso por culpa dos atrancos, pois os cortes que ían desaparecer seguen aí.
Estamos en 'zona rural', pero coido que as cidades non sofren en xeral estes cortes, e que a subestación foi vendida como equiparación con zonas urbanas. Estamos afeitos a cortes peores, e iso fai que estes pasen desapercibidos. Pero pasan, e cada vez é máis patente que non é cuestión de tecnoloxía, senón de apreciación dos usuarios por parte da compañía, de mantemento. Así o defendía ó día seguinte da inauguración e fronte unha nova nota de prensa do concello, e así parece que o tempo me da a razón.

20180319

Lembrando o inverno

Paso por Meteogalicia unha vez máis para recoller datos, e constato de que, a piques de entrar na primavera (este ano, o día 20), as previsións de frío para eta semana non chegan nin de lonxe ós números baixo cero que chegou a haber hai pouco menos dun mes (día 23 de febreiro, gráfica abaixo), polo que aproveito para liberar un vídeo e algunha foto lembrando a neve que durante unha mañá (día 28) chegou a tinguir de branco as zonas verdes de Ribadeo.







Gráfico tomado de MeteoGalicia

20180318

Unha manifestación para a lembranza: manifestacións polo mantemento do sistema público de pensions

Aproveito as imaxes que me pasou un amigo para deixar testemuña no blog do transcurso da manifestación de onte en Ribadeo sobre as pensións.
Comezo

Menos canóns e máis pensións!

Non faltan recursos, sobran ladróns!

A pensión non se vende, se defende!

Fin da manifestación.
A xente seguiu aumentando fronte ás concentracións previas (200 persoas, segundo unha estimación dunha persoa fiable)... e acompañou ás 115 000 persoas de Bilbao ou os miles e miles doutras máis de cen cidades española.

20180316

Xogando ó despiste co Fiouco

A néboa do Fiouco é natural. O que pase unha estrada da categoría da A-8 por alí, aumentando case 200 m a altura da anterior estrada pola Xesta e pasándoa a unha zona con máis néboa, unha decisión 'meditada'.
Despois veu a vontade de 'solucionalo'. E nesas estamos. Pero parece que a 'primeira fase', na procura de sistemas que eviten a néboa non deu moitas ideas, e pasouse a outra fase. Só 7 000 000 € máis a gastar.


20180315

Centro de cultivos mariños

Unha nova de hai 25 anos chega hoxe nas lembranzas dun diario: O Centro de Cultivos mariños de Ribadeo lograba a reprodución de coquina, con vistas ó seu estudo e implantación na ría de Ribadeo, varios anos despois de que comezara o Plan Marisquero.
Hoxe na ría, cultivar, cultivar, coido que só se fai con ostras, aínda que se recollen outras especies. Á beira do Costal, o paseo ás Aceas pasa sobre unha pequena edificación que servía de apoio a unha zona de cultivo, hoxe non usada.
Se se mira na web do CIMA, atópase: "O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) realiza unha investigación orientada e aplicada, cal finalidade é lograr a xestión racional e eficaz dos recursos mariños renovables, no ámbito xeográfico de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
O CIMA depende da Consellería do Medio Rural e do Mar. Intégrano o Centro de Investigacións Mariñas de Corón en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e unha planta de cultivos mariños ubicada en Ribadeo (Lugo).
"
En http://mar.xunta.gal/gl/cima/persoal aparece que traballan 12 persoas, cos seus nomes. Unha cifra importante para unhas instalacións que moitos ribadenses non saben que existen.
As instalacións dependen de Vilanova de Arousa, base do CIMA, e hoxe, na rede, están colgadas as memorias anuais dende 1999 a 2015, entre outras cousas que poden dar unha boa idea do desenvolvemento das instalacións nestes anos, aínda que non nos anteriores dunha xa longa historia. No 2015 aparecen 19 nomes no persoal de planta.
Embaixo, o centro de cultivos (tella de lousa no centro da foto, edificio administrativo), e a caseta no Costal, tamén no centro da foto.


20180314

É o xusto. E ademáis, interésache.

Ou eres ou esperas chegar a xubilado, Non? Non é só que sexa o debido... Por certo, se queres saber máis sobre estas demandas, https://www.facebook.com/COESPE/


20180313

2006: Ribadeo falls

A conta da posta en venda do caserón do fondo da r/Trinidade, na confluencia con Atalaia e Vispo Veres, nun estado ruinoso, e avisada polo concello hai máis dunha semana, remato de lembrar unha pequena publicación en base a fotos que realicei aló por 2006, 'Ribadeo falls' e que deixo aquí para comparar coa actualidade.

20180312

Revisando a fin de semana en Ribadeo: Catedrais e Rueiro

Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a dúa novas pequenas pero que me chamaron a atención e diversos motivos e por iso paso a comentar.
A primeira, un artigo  (1/3 de páxina) na Comarca, 'comentarios al plan de protección de As Catedrais', do 'Grupo Municipal del PP de Ribadeo'. En castelán. Di que no plan 'se observan cosas muy raras', xa no primeiro parágrafo. Entendop que se refire ó 'Plan especial de As catedrais' que teño comentado varias veces de xeito parcial, por partes, e sen rematar, de forma abondo máis extensa que a que aparece na Comarca e... en tempo. e é que, publicada a aprobación inicial no DOG de 16 de novembro de 2017, daba un prazo de dous meses para formular alegacións. Prazo que rematou hai case dous meses, polo tanto. E que aparece no segundo parágrafo como unha contradición en contra do plan...
A segunda, que por fin está a dispoisición o libro ('folletos turísticos') 'Roteiro pola historia de Ribadeo', que ven a ser o prometido hai meses coas novas placas de Sargadelos das que levo exposto fotografías e falado tamén varias veces nestes últimos tempos no blog (Máis placas de Sargadelos informativas, Letreiros para coñecer Ribadeo, Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo, Nota do concello: Arte e historia. Rúas e Sargadelos). Pois iso, por fin saíu á rúa e pódese adquirir por 1,5 € na oficina de turismo, segundo a nota do concello. A nota chamou a miña atención por varias cousas. Unha, que segue sen ser público o custe das placas, ó que xa me teño referido. Outra, que non se fala nada do retraso sobre o tempo de publicación falado. Outra, o aproveitamento da petición / anuncio tras ser recollida, de museo de Ribadeo como pobo, obviando/esquecendo as rutas xa establecidas de indianos, de comerciantes... Indicación non obstante que estimo moi válida nun pobo como Ribadeo. Aparece ademáis, en nota de prensa, a figura de Carlos Longarela, arquitecto do ARI e autor da parte gráfica, dato para min descoñecido ata o de agora, aínda tras ser coñecido que o autor dos textos é Eduardo Gutiérrez, cronista oficial e exalcalde (entrada na Galipedia).
Deixo a foto, tamaño orixinal na web do concello, e a continuación a longa nota de prensa:

A PRIMEIRA TIRADA É DE 1.200 EXEMPLARES
Roteiro pola historia de Ribadeo
10/03/2018
No salón de plenos do Concello presentáronse esta mañá os folletos turísticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das máis de 30 placas de Sargadelos colocadas en rúas, prazas e lugares de Ribadeo. Están editados en catro idiomas: inglés, francés, español e galego e estarán á venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que "isto é algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aquí moitos séculos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeracións que van vindo non saben nada do que outras deixaron atrás. Para iso quixemos abusar da experiencia, da historiografía e da sabedoría do cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, para pedirlle que o seu coñecemento fose botando luz enriba de pasaxes históricos en diferentes rúas e espazos da vila. Para iso tamén nos apoiamos en Carlos Longarela, arquitecto que nos ratos libres, porque no ámbito do día a día tempo pouco tempo, pero fóra de horas foi facendo os debuxos, moitas veces con orientación do propio cronista oficial. E todo iso metémolo nunha máquina moi potente e moi bonita, que é Sargadelos, onde lle deron o deseño final, e o resultado das placas está aí para ver desde hai un par de meses, penso que con moi boa acollida".
Suárez Barcia sinalou que "aparte diso, que é o que máis perpetuamente vai quedar nos espazos públicos, quixemos tamén difundir esta mensaxe en varias linguas, porque sabemos que Ribadeo cada día é máis turístico, cada vez ven máis xente de fóra que se interesa e gústalle isto que está vendo polas rúas e queremos que teña a oportunidade indo á oficina de turismo e mercando un libriño no que figuran todas estas placas cos debuxos, cos textos e nalgúns casos cunha explicación máis grande. Quixémolo facer en francés, en inglés, en castelán e en galego".
O alcalde explicou que "fixemos unha primeira edición de 300 folletos en cada idioma e estamos convencidos de que dentro de pouco teremos que facer novas edicións. Desde mañá mesmo están a disposición de calquera que se achegue á oficina de turismo de Ribadeo ao prezo de 1,50 euros, polo que realmente non lle gañamos nada, pero o que pretendemos é difundir a historia local".
O cronista oficial, Eduardo Gutiérrez indicou que "na publicación que se presenta hoxe, cun pequeno engadido sobre a que recollen as placas, destácanse trinta e tres lugares vencellados á historia de Ribadeo en diferentes épocas: a medieval, onde se pode seguir o itinerario da muralla reparando na indicación das portas e dos restos que quedan; tamén se sinala a ubicación da Colexiata, onde antes estivo a igrexa parroquial. Sublíñanse igualmente edificios vencellados á aboenza liberal da vila, á súa tradición comercial, cunha clase acomodada e culta, que ergueu a Escola de Náutica, o Teatro e o Círculo de Recreo, as casas armadoras e de banca, que naceron do porto entendido como lugar estratexicamente situado, como fondeadeiro e abeiro, porque non acadou unhas instalacións portuarias que merecesen tal nome. Con todo, da súa importancia dá proba o Forte de San Damián, do século XVIII. E xa no XIX o cargadoiro de mineral de ferro, ao tempo que abrollaban obras e dotacións da man dos indianos enriquecidos en América: a Praza de Abastos, o Cemiterio, a torre dos irmáns Moreno, etc. Tamén se lembran singularidades como os lavadoiros, tal o sonado Pipelo, que durou perto de catrocentos anos".
Na súa intervención Gutiérrez manifestou que "mais dese pouso ilustrado e liberal do século XIX destacan a Sociedade Filantrópico-Dramática de 1835, que ergueu o Teatro, a Sociedade de Fomento que promoveu a Escola de Nautica e o sucesivo Colexio de San Luis. Aparte disto cómpre destacar o escintilante Círculo de Recreo, fundado en 1851. Xa noutra ocasión sinalamos como clarificadora a anécdota que recolle un cronista local, segundo a cal cando en 1858 a raíña Isabel II visitou Lugo, as autoridades provinciais solicitaron en depósito do Círculo os mobles para decorar as estancias onde se aloxaría a raíña, que era nada menos que o Pazo Episcopal".
O cronista oficial rematou salientando: "a boa acollida que tivo a instalación das placas que conforman o roteiro pola historia de Ribadeo, son unha incitación e un estímulo a prol dun Museo, que trasladamos á Alcaldía para o seu estudo e consideración, coa petición de que acolla a idea co mesmo interese e dedicación que puxo na confección das placas. O concepto de Museo ao uso cambiou efectivamente e hai cidades que inclúen nel rutas deste tipo, aparte de varias sedes. Certo que aquí comezamos co último, que xulgamos unha boa medida para avaliar a opinión pública, cuxa colaboración se requeriría tanto no acopio de materiais, como noutros aspectos, co obxecto de facer o proxecto viable. Estimado señor Alcalde: isto é unha celada, que rogamos disimule acolléndonos á existencia delas na muralla, con outros fins, pero igualmente solapados. Aínda que, ben mirado, isto ten pouco de trapela, no sentido literal de encerro. É apenas unha suxestión. E, desde logo, cordial".
E o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo que "ter a ocasión de ter nas nosas mans estas breves reseñas históricas é sempre unha boa nova porque dan pulo á nosa actividade cotián. Non se trata de mirar para atrás con ton fachendoso, senón de facelo para sentírmonos orgullosos do que fomos e do que podemos seguir sendo, pero para trazar ben o camiño é indispensable coñecer de onde vimos. Trátase de poñer en valor, pero non só pensando na xente que vén de fóra, que está moi ben que veña, senón en nós mesmos; todos os cidadáns e as cidadás de Ribadeo é bo que saiban da súa historia, os que acabamos recalando nestas terras é bo que establezamos ese vínculo co que foi Ribadeo para facelo noso e proxectar cara o futuro todas as nosas ideas e os nosos proxectos. E nese sentido é fundamental que de cando en vez nos paremos e poñamos negro sobre branco, neste caso habería que dicir ton azul, que é o propio de Sargadelos, sobre branco, eses fitos históricos dunha vila centenaria como é Ribadeo".

20180308

Despois do 8M, en Ribadeo

Éxito. En toda España. En en Ribadeo. Aproximadamente, 1/6 das mulleres de Ribadeo, entre 0 e 100 anos manifestáronse arredor do mediodía. Quedan agora os outros días do ano. Éxito tamén?






20180307

O día sete, antes do oito

Sete de marzo, o día antes do oito. Este ano, coido que toda a sociedade se enterou de que mañá, día oito, hai 'algo como unha folga'. Que moita xente non fóra moito máis aló en parte débese á diferencia de convocatorias, e en parte, ó contraataque dos poderes sorprendidos polo alcance que ía tomando a cousa. E é que ó final resulta que non hai unión na convocatoria, aínda que si nas intencións.
Quizais a forma de convocatoria da folga feminista que máis se está a estender por estes lares é a que deixo na imaxe, que tomo da convocatoria do CIM ribadense:
E mañá será o día. Sobre a participación dos homes, xa teño falado. E, coido, este ano tamén se falará despois do 8M, a diferencia de anos anteriores nos que pasaba desapercibido.  Por certo que á vista da evolución das protestas de xubilados, e agoda da folga feminista, máis algunhas protestas máis localizadas que se están a dar por diversos motivos, este ano, 2018, pode ser un ano memorable de repunte da loita cidadá...

20180306

Detalles no paseo das Aceas

Fotos para amosar cousas. O corte de eucaliptus e repoboamento de frondosas na zona do Costal permite fotos que posiblemente non serán repetibles dentro duns anos. E cousas como a invasión de ostras, que xa chega ás Aceas, tamén.
 As Aceas, en baixa, vista dende o paseo.
 Surco e meandros formados polo desaugue do encoro das Aceas, con Castropol ó fondo.
 Interior do encoro das Aceas en baixa.
 Racimos de mexilóns no interior das Aceas.

 Ostras invasoras colonizando o edificio do muíño das Aceas.


 Zona norte da enseada das Aceas.
 Encoro e construcións de muíños nas Aceas. Torrente de saída de auga do encoro.


 Canle da Vilavella-Mirasol.
 Parcelas de cultivos mariños abandoadas na costa do Costal.
 Tesóns de Vilavella e Mirasol, unidos. Mirasol, as Figueiras e Castropol.


 Rodas na Vilavella.

20180302

Un problema ambiental

Dende hai tempo véñense sucedende episodios de verquidos no CAVI,instalación que os Irmandiños (recentemente integrada en CLUN)teñen en Barreiros, entre o rego de Porto Bragán e o rego das Teixeiras, na parte superior da conca do río Grande. Agora, a fiscalía ven de instar ó xulgado a abrir un expediente, ó parecer a instancias do concello de Ribadeo, despois de anos de ter de cando en vez algunha multa administrativa. Antonte, ó facerse pública a nova, o concello de Ribadeo emitiu un comunicado cunha especie de 'por fin nos fan caso' mentres a cooperativa fixo o propio un día despois con outro ó que non tiven accesopor non estar nin na súa web nin nas redes sociais, pero coa mensaxe implícita 'a min que me rexistren', do que se fixeron eco Voz e Progreso (con títulos Os Irmandiños: «El CAVI no ha generado problemas ambientales significativos» e Os Irmandiños nega que xerase problemas ambientais "significativos").
Botando unha ollada á páxina de calidade de CLUN, parece contradicirse coas prácticas das que é acusado o CAVI, mais a contaminación da auga de subministro de Ribadeo está aí...
Situación do CAVI

20180301

Vellas persoas

Hoxe voltou haber concentración de xubilados nas escaleiras do concello. Xoves, ás 12... Ese foi o parecido coa semana anterior, pero vese unha multiplicación de asistentes, que segundo algunha fonte, chegaron  a ser perto de 150, comparable ó 10% dos maiores de 65 anos que viven na capital do concello.
Non sei o que sería noutros lugares, mais en Ribadeo está a tomarse en serio a perda de poder e dereitos dos xubilados.
Foto tomada por Carlos Cid

NOVA QUEIXA AO DEFENSOR DEL PUEBLO. Por Nuestro Faro

Vella imaxe de antes de ser construído o novo faro

O colectivo POR NUESTRO FARO ven de remitir unha nova queixa ao defensor del Pueblo con data do pasado día 6 de febreiro de 2018. Referímonos a un tema, aparentemente secundario, que xa temos exposto en diversas ocasións. Trátase do seguinte, a concesión do Faro e algúns terreos da Illa Pancha para explotación turística ten data do 30 de xuño de 2015. Nos documentos obrantes no expediente figura un informe da Autoridade Portuaria do día 22 de xuño, asinado polo Jefe del Area de Ayudas a la Navegación Marítima, D. Juan Francico Rebollo Lledó, no que se pode ler o seguinte: “Evaluación económico-financiera. El promotor de este proyecto ha presentado un resumen de su análisis de viabilidad económico-financiera, según el cual el beneficio bruto de la explotación sería positivo a partir del tercer año de explotación”. Asimismo na páxina 7 pode lerse a “Conclusión: Visto lo anterior, el Area de Ayudas a la Navegación Marítima informa favorablemente el proyecto para el uso como alojamiento turístico y cafetaría, a desarrollar en el edificio del antiguo faro y en los garajes y espacios colindantes, respectivamente, en los terrenos del faro de isla Pancha, adscrito a la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
 Asemade no documento de concesión aparece citada a cafetería, polo menos en sete ocasións.
 E dado que a cafetería quedou fora do proxecto ao non ser autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, en cumprimento do Plan de Ordenación do Litoral, entendemos que o devandito informe de viabilidade económica que esixe a Lei de Puertos para este tipo de concesións presenta un defecto grave, habida conta de que a cafetería sería unha importante fonte de ingresos no conxunto do proxecto.
 Deixando aparte a estraña tramitación dun expediente que da por feita unha cafetaría antes de que sexa autorizada pedimos ao defensor que estude a posible irregularidade da concesión pola carencia dun informe de viabilidade económica que esixe o artigo 84 1.d da norma devandita.
 Quédanos suliñar, máis unha vez, que non debera ser misión dun colectivo veciñal, descubrir as carencias na tramitación dos expedientes que en última instancia rematan en licencias municipais que acaban privatizando anacos de Ribadeo.
--
Ligazón ó debate, xa vello, suscitado noutra páxina: Faros de Galicia
 

A unha semana da folga feminista

8M, folga feminista. Teño que confesar que o comezar escoitar o de 'folga feminista', o primeiro que tiven que facer foi preguntar, enterarme en que consistía. Enterarme se os homes 'pintábamos' algo na convocatoria. E vin que a postura dos convocantes -das- non é uniforme, pero esa uniformidade entendo que é máis ben de cantidade e táctica, non de estratexia, pedindo ós homes colaboración na comprensión e facilitación máis que réplica na acción. Ou sexa, non piden que vaiamos á folga, senón que a apoiemos.
Non sei se quedou claro, que toda comprensión das cosas novas ten un proceso ata a asimilación. Para facilitalo, deixo un mural realizado no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo polo colectivo pola igualdade que alí ten base (cando as fotos, estaba a falta duns pequenos detalles e remate):