20240425

25 de abril: o povo é quem máis ordena

    Fágome eco dunha convocatoria para Ribadeo: unha xuntanza con motivo do 25 de abril, nominadamente para festexar en conxunto os 50 anos dun feito histórico:


 

20240424

A GELO, IN MEMORIAM. Pancho Campos Dorado

A GELO, IN MEMORIAM

Pancho Campos Dorado

Querido amigo: éme moi difícil dirixirme a ti nestas circunstancias, pero quixera rememorar un pouquiño da nosa historia en común, posto que a nosa relación de amizade comezou nos tempos da mili.

Éramos veciños de Ribadeo de toda a vida, pero como ti ben sabes, Ribadeo é un pobo que vai por barrios e por gremios. Non estamos socializados nun grupo común. Pasamos uns ao lado dos outros e nin nos saudamos, e dependendo do día, pois si hai nordés, incluso che poden contestar con mala cara.

Os da Vilavella son da Vilavella e os de Figueirúa de Figueirúa, así como os de San Francisco, os da Regueira, os da Alza, os do Cantón, os de Cabanela, os de Porcillán ou os do Xardín. Todos éramos e somos rapaces diferenciados en grupos rivais que brincábamos entre nós desde nenos. Cada un dedícase as súas cousas e ten bastante con ir tirando o mellor posible dentro da posibilidade gremial que permite a súa vida, tanto de mariñeiros ou mecánicos como o teu e o meu pai, ou da construción, da agricultura, do comercio, da hostaleira, da administración ou da medicina.

Mais chegado o caso de momentos importantes da vida, sí, sabemos facer unha piña compacta co noso sentir ribadense e “campechano” que tan ben nos caracteriza e diferencia doutros pobos. Pois ben. Aquela mili en Ferrol por Mariña, xuntounos a Gelo do Pego, a Carlos do Pericato e a Pancho do Mecánico e tamén atopamos por aló a Roberto “O Pirata” que ía por Terra e tivo que facela por Mar. Eu era o máis vello pois levaba acumuladas cinco prórrogas de estudo e tiven redución dun ano.

Chegados no tren da Costa a Ferrol, leváronnos ao cuartel de instrución, onde pasamos pola barbería, ducha, revista médica de “rebenque” e cambio completo de roupa de paisano ao uniforme militar. Fomos no Reemplazo 6º do 2-novembro-1976. Facía un día de sol frío de nordestada invernal. Axelados. Os tres xuntámonos na 4ª Brigada cuxo Capitán de Infantería de Mariña e Xuíz do Tercio Norte, era D. Victor García (D.E.P.) vinculado a Ribadeo pola súa dona Dª Carmen Rañon.

Aquel empezo non nos foi mal, e desde o primeiro momento tomamos a vida militar como algo que nos tiña que ocorrer nas nosas vidas, como a tantos outros. Éramos preto de 650 soldados naquel Reemplazo no noso cuartel, ademais de toda unha dotación de veteranos.

Así, tranquilamente, empezamos a nosa mili, como rapaces adultos que nos íamos enfrontar a unha vida da que oíramos falar a moita xente pero que, como toda novidade, creaba un certo nerviosismo aos que tíñamos que ir, sí ou sí, obrigatoriamente. Démonos enseguida conta de que todo ía ben, facendo o que nos dicían os cabos verdes destinados na nosa Brigada, veteranos que se ían licenciar, que nos custodiaban, revisaban e nos instruían na instrución militar. Tivemos sorte. Os veteranos da nosa Brigada eran boa xente, e nunca houbo altercados que nomear, salvo algún que outro berro e algunha patada en medio da noite para criticar por todo o alto algún sonoro escape escatolóxico.

Así pasaron os primeiros días e na segunda semana, deixáronos saír francos de paseo, despois dunha minuciosa revista de uniformes. Eran as primeiras cervexas e a primeira cena na vida civil vestidos de mariñeiros. Non o podíamos crer. Estabamos eufóricos no primeiro día da nosa escasa liberdade.

De volta ó cuartel, fomos para a primeira planta ao noso dormitorio da Brigada, oíuse o Toque de Silencio, e como cada noite había algunha que outra algarabía. Pero ese día estaban os decibelios aumentados polo alcohol e de repente oíuse, un sonoro escape de gas que pareceu como si un trono dunha tormenta do Mar do Norte, entrara por unha xanela e que nunca se ía acabar o estruendo. Os berros de, cocho!, porco!, cotroso!, guarro! porcallán!, pitos e asubíos foron tan altos que alarmamos a todo o cuartel.

Subiu feito un basilisco o Sarxento de Garda de Portalón. Non tivemos sorte. Era o sarxento maior instrutor de Técnicas e Prácticas de Combate. Un home de complexión forte e áxil. Aquel que nos ensinaba a ser comandos, a matar a un sentinela co cinto do pantalón, a disparar co Mauser e a manexalo tanto cargado como baleiro, a utilizar a baioneta en todo tipo de eventos de combate e de campaña, a tirar granadas, etc. etc. En fin, un tipo adestrado que nada máis velo entrar pola porta, fíxose un silencio sepulcral na Brigada. -Quién fue!! -Qué pasó aquí!! Ninguén contestou, por máis que indagou preguntando entre as filas de catres. -En cinco minutos todos formados en el patio, alineados y en posición de firmes!!! Foron as súas palabras. Mirámonos desconcertados e mudos, calzámonos a toda presa e baixamos as escaleiras a zancadas.

No patio esperábanos un dos nosos cabos verdes. Formamos en menos dun minuto e oímos aquela voz do sarxento maior: -Atención!! Paso ligero!! Un dos, un dos, un dos, un dos. Así estivemos media hora até desfalecer. Cando viu que íamos caer de fociños ou de calquera maneira, deixounos cun: -Aaaalto!! Fíxonos a advertencia de que non quería oír unha mosca no dormitorio, e gritou: -Rompan filas!!

Nós os tres, ti Gelo, Carlos e máis eu, subimos pingando de suor e rebentados, e cando chegamos o sollado mirámonos e, sen dicirnos nada, démonos perfecta conta de dúas cousas da mili que nos ensinou aquela desagradable experiencia. Primeiro: Nunca sexas delator do teu compañeiro nin veciño, aínda que che pese. A “omertá”, nalgúns casos e sinónimo de Lealdade e compañerismo. Segundo: Toda acción ten unha reacción, unha consecuencia inmediata. Nesta ocasión ante un boureu inadmisible, un castigo.

Aos poucos días daquela liorta, a algúns rapaces da nosa promoción empezaron a darlles un posto de vixilancia interior. Naquel curso, correspondíanlle as faenas de mantemento das instalacións do cuartel a outra Brigada, non á nosa, parecer ser que isto era un programa que se repartían os mandos do cuartel, a primeiros de ano.

No corredor das latrinas puxeron de vixilancia a un rapaz de Boeu de inesquecible actitude. Era de aparencia tan forte como o sarxento maior, e armárono cunha bandoleira que portaba unha baioneta larga de Mauser, a do Cetme era máis curta.

Aquel rapaz armado transformouse. En menos dun mes, xa era “tan militar” como o sarxento maior. Hai xente así, que “traga o uniforme” nada máis lle dan un cargo de autoridade, por ínfima que sexa. Son moi perigosos, pois considéranse “esenciais” e por derriba de calquera persoa normal, pois eles compren ordenes, sen máis pensar.

Pois ben. Chegada a hora de ir a durmir, todo o mundo pasaba polas latrinas antes de deitarse. Pero, ai amigo!, alí estaba o de Boeu que se plantou diante de todos nós como un xabaril: a min dixéronme que non deixara pasar por aquí a ninguén, e por aquí non pasa nindiós! Oídes!! Amosábanos a baioneta e amagaba sacala e poñerse a dar coiteladas en calquera momento. Non houbo maneira de ir a mexar ás letrinas.

Nós os tres, visto o panorama, fomos para o bar, pedimos unhas cervexas e sentámonos nunha mesa. Eu estaba rebentando e púxenme a mexar por debaixo da mesa, deixei un charco como o si fora o líquido dunha cervexa derramada. Pero a todas estas, xuro que sen darme conta, mexáralle polo pantalón o noso ben querido Carlos. Deus bendito, Gelo, canto te riches cando Carlos se queixou de que sentía calor nunha perna. Nunca te esqueciches daquela anécdota, e sempre te rías a gargalladas recordándoa cando nos víamos. Por fin, a aquel “soldado incipiente” viñérono relevar e todo o cuartel poido facer as súas necesidades no sitio apropiado.

Pasou o tempo de instrución sen máis contratempos, pois xa aprendéramos a terceira lección da mili: pasar desapercibidos, unha vez feita a faena diaria, escaquearse en calquera sitio que non te viran. Logo de xurar bandeira déronnos os destinos. Ti quedabas de cociñeiro no cuartel e eu fun para a fragata rápida Intrépido.

Non volvemos a vernos até que nos atopamos de novo en Ribadeo na vida civil. Tí con teu irmán montarades o magnífico restaurante O Forno, onde comíamos Maricarmen e eu a mediodía todos os días da semana, agás sábado e domingo, durante todas as miñas vacacións.

En fin, meu amigo Gelo, sabes que nunca te esquecerei, te esqueceremos, para min seguirás estando tan sorrinte, traballador e ocorrente coma sempre. E quero despedirme tamén como sempre o fixemos: “até a volta, que teñas unha boa campaña, que todo che vaia ben”. Espero que desde ese infinito ao que te fuches, poidas sentir o latexar dos nosos corazóns ao recordarte con bágoas nos nosos ollos.

Noso máis sentido pésame a Maty, Marcos, Viri, Mercedes, Juan, Poli e a toda a familia.

Certame do día das letras galegas - Ribadeo. Bases

 



20240423

LOS POLÍTICOS Y LOS CIUDADANOS. José María Rodríguez Díaz (2010)

    Unha entrada que podería ser reeditada hai non moito a conto da visita á Illa Pancha de Oubiña. E unha nota sobre ela: coido que, na primeira aprte da entrada, se partira dos mesmos supostos que José María, chegaría ás mismas conclusións. Mais estimo que algúns dos supostos que fai son iso, supostos, e non feitos. No seu momento non teño discutido isto con José María. Unha de tantas cousa que, vistas en retrospectiva, me gustaría ter feito con el.

Viernes, 20 de agosto de 2010

LOS POLÍTICOS Y LOS CIUDADANOS

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 13:41

Nos informaba la prensa hace días de la queja formulada por el PSdeG al presidente de la Xunta por el trato preferencial concedido por este a Mario Conde, con motivo de su asistencia a los eventos promovidos por la asociación de la Orden de la Vieira. El portavoz del PSdeG, Mar Barcón, argumentaba su queja en que el referido Mario Conde había sido condenado a prisión por apropiación indebida, estafa y falsedad.

Sin ánimo de defender la conducta del ex banquero de Banesto, el caso de Mario Conde, como muchos ya saben, parece que no ha estado exento de implicaciones políticas del más alto nivel para frenar el ascenso de una estrella, que había que apagar porque se consideraba un competidor muy peligroso para el futuro de los aspirantes a la primera magistratura de aquel momento. Pero, en todo caso, mi repulsa total por la actitud del PSdeG. Porque, fuera o no culpable de los hechos por los que fue condenado, Mario Conde cumplió la condena impuesta por los tribunales, que no fue pequeña. Y así su deuda con la sociedad está pagada, y debe gozar de los mismos privilegios y trato, de los mismos derechos y obligaciones de que gozan todos los demás ciudadanos libres de este país. Un derecho que tiene, el de gozar de las relaciones sociales con toda normalidad, y que, al parecer, el PSdeG le niega. Pero lo que menos aún se comprende son las razones del organizador del evento cuando, a modo de disculpa, afirma que el presidente de la Xunta se limitó a devolver un saludo 'porque no tenía más remedio'. Admitiendo con estas palabras lo improcedente de la actitud de Feijoo por tratarse de un delincuente. Y es por eso que aplaudo el gesto de cortesía, si lo hubo, del Sr. Feijoo hacia el ex banquero. Siquiera como resarcimiento social al posible atropello causado por espurios intereses políticos.

Las protestas formuladas por el portavoz del PSdeG contra el Sr. Feijoo por su actitud preferencial a favor del Sr. Conde y del Sr. Camps, en detrimento, según ellos, de su atención y dedicación al resto de las personas que concurrían al acto, chocan con las actitudes que esos mismos políticos mantienen cuando ostentan el poder. Es decir, el olvido y el desprecio en el que mantienen al pueblo del que son representantes.

En Ribadeo, por ejemplo, los representantes de los partidos políticos mantienen sus fueros de opinión como un coto cerrado, exclusivo de los profesionales de la política, en el que no tienen cabida los ciudadanos. Y cuando estos, en uso de su libertad de opinión y de expresión se permiten emitir su juicio sobre determinados eventos políticos relativos a la política local, por los que se ven directamente afectados, ponen el grito en el cielo y se revuelven como alimañas, utilizando incluso el insulto y la mentira, intentado acallar sus voces y reducirlas a la esfera de lo doméstico.

Claro está que esta forma de entender la política, como un coto cerrado, especialmente diseñado para desarrollar sus ambiciones, tiene sus excepciones que se manifiestan en la medida en que se aproximan los períodos electorales en los que entra en juego la decisión de los votantes, que no electores. Es entonces cuando, con todo descaro, fingen que el pueblo recupera para ellos su mayoría de edad y se dedican a escuchar sus opiniones y oír sus demandas. Un cambio radical de escenario, fácil de soportar por su brevedad, para volver después a ejercer de pequeños dictadores e imponer sus criterios al pueblo, reduciendo su participación a la esfera de lo puramente indispensable. Así ha sido hasta ahora y así seguirá siendo mientras el pueblo no tome conciencia del papel que debe jugar en una auténtica democracia y se disponga a luchar hasta conseguir una democracia de ciudadanos libres en vez de esta oligocracia de partidos que nos han impuesto, diseñada para manipular al pueblo a su antojo y conveniencia. Porque el comportamiento de la clase política es lo que explica el alejamiento del pueblo de la política, que no los reconoce como a sus representantes.

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20240420

Plano de Ribadeo (e máis)

    Hoxe paseime virtualmente polo sitio do arquivo municipal en internet. O que deixo abaixo, o plano de Ribadeo no 1931, é só unha mostra de cousas que se poden atopar en dito lugar. Con anterioridade xa teño posto no blog diversas cousas co arquivo, como documentos relativos a Manuela Barreiro ou planos do mercado de abastos, mais a remodelación da ligazón na páxina do concello animoume a lembrar outra vez esta posibilidade de coñecemento de Ribadeo e a súa historia que se ofrece na rede.


 

 

20240419

O Xabarín, cazado (El xabarín, cazado)

 

Logotipo do programa, no Dominio Público

O Xabarín, cazado (El Xabarín, cazado)

    Trinta anos. Ás seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai 30 anos, comezou a emitirse na TVG o Xabarín Club. Coido que é unha data para a historia en Galicia. Unha data na que a TVG se converteu nun vehículo de revitalización do galego, nun polo de atracción para as futuras xeracións de galegos, ó tempo que fixo patente a posibilidade de que o galego levantara voo.

    Tempo hai diso, máis dunha xeración das antigas e cousa dunha das modernas, e aquela esperanza vese agora como ferida case de morte. Dende aquela, a TVG pasou a ser medio de propaganda por riba da difusión de novas ou o entretemento. Pasou a ter durante anos o persoal en protesta, por moito que o mesmo medio e outros, regados con cartos de propaganda e que seguen a difundirse en castelán, agochen un e outro día a nova da loita laboral e de dereitos que nos inclúe e inflúe. Dende aquela, a proporción de galegofalantes seguiu a caer, empurrada por unha esmagante maioría de comunicacións e estudos en castelán. Algo axudado dende algunhas -moitas- empresas que en casos sinalados mesmo teñen mal visto o falar dos empregados cos clientes na nosa lingua. Axudado tamén pola despreocupación de integrar a unha inmigración que xa é en gran parte castelán falante. E axudado pola eliminación do que quizais foi o programa de máis impacto da TVG, o Xabarín, xunto co conxunto de ligazóns que representaba o Xabarín Club. Un conxunto que parece seguir a secuela daqueles lemas da posguerra que en pasquíns proclamaban cousas como 'Si eres español, habla español', como se só houbera un xeito, ditado (de ditadura) en castelán.

    Unha imaxe para que se entenda: o porco bravo é un animal gregario, que se reproduce e adáptase ben na actualidade, invadindo coa súa presenza lugares nos que non estabamos afeitos a velo durante moitas xeracións. Lugares que por iso consideramos ‘nosos’. De aí que se combata, se cace e tente eliminar, non vaia ser que coma terreo de por si e desprace ós que nos consideramos humanos e polo tanto, ‘o máis do máis’ como ‘reis da creación’. Algo así deberon pensar algunhas persoas fronte ó Xabarín, visto como un programa que estaba facendo pobo, que estaba a deixar pegada en lugares onde o galego xa non se sentía, que se estaba a reproducir e ameazaba co seu éxito á lingua dominante. E o Xabarín foi cazado. Os seus 'fillos', algúns, van polo carreiro que marcou; outros, moitas veces sen decatarse, van por unha senda que lles trazan.

    Como nota final, pregúntome: e, será necesario traducir o artigo?


"SEPTEMBRE EST LÁ, L'ÉTÉ S`EN VA". José María Rodríguez Díaz (2010)

    Crónica por José María dun verán en crise, seguida de múltiples preguntas sobre o futuro próximo de Ribadeo.

"SEPTEMBRE EST LÁ, L'ÉTÉ S`EN VA"
• Publicado por jmrd_ribadeo a las 14:23


Con estas palabras evocaba apenada Mireille Mathieu su efímero verano en Atenas. Como ella, también nosotros lamentamos el fin de un verano más que se va de nuestras vidas sin pena ni gloria, sin dejar huellas indelebles. Los turistas, huyendo de la rutina del trabajo y de la monotonía de su vida diaria, invadieron masivamente una vez más nuestras calles y playas, sino con la alegría de otros años, sí dispuestos, al menos, a disfrutar de los recursos de nuestra tierra: mar, playas, parajes exóticos de nuestra comarca, patrimonio histórico-artístico y, como no, la exquisita gastronomía gallega. Faltaron, eso sí, las tradicionales colas de gente esperando por las exquisitas raciones de pulpo en los locales especializados, y en las terrazas de los bares no hubo los llenos de otros veranos pasados. Eran las secuelas de la crisis. Esa crisis que a todos afecta, menos a la Casa Consistorial. El gobierno municipal de Ribadeo, en su papel de animador social y fiel al slogan romano del 'panem et circenses', sigue el ritmo incansable de años pasados, promoviendo actividades vulgares, como si la crisis no fuera con el, divirtiendo al pueblo con su política de 'fiestas, ferias y mercados'.
Hasta los pronósticos sobre la vida política de este concejo se han tomado un descanso y siguen ausentes de los mentideros. Los partidos políticos siguen agitando los dados de sus candidaturas, reacios a dejarlos caer sobre el tapete y observar la cara que ponen los ribadenses ante las sorpresas que nos deparan. algún candidato, más madrugador, parece que se dispone a revivir sus gestas pasadas, esta vez en la lista del PSOE, dispuesto a asumir aquello que decía el emperador Vespasiano cuando, postrado en el lecho del dolor y sintiendo que llegaba su hora, se puso de pie pronunciando aquella famosa frase: 'Decet imperatorem stantem mori', 'el emperador debe morir de pie'. Los demás partidos pronto descubrirán sus cartas, prestos a conquistar la adhesión popular. Darán a conocer a sus nuevos candidatos y con ellos sus proclamas para convencer a los electores de que en su programa está la salvación del pueblo. Y, como siempre sucede, les prometerán el paraíso para luego hacerles pasar un infierno. Sin que la vergüenza cubra de rubor sus mejillas y con boca ahuecada pregonarán sus mensajes presentándose como salvadores 'do pobo'. Y enfrente, un pueblo callado en el que 'cada un mira polo seu', caminando con la cabeza baja y lana contra lana, escarmentado de tantas promesas fallidas y pensando en cómo superar sus problemas diarios. Un pueblo, acostumbrado a vivir de espaldas a un concejo que constantemente lo ignora y que el pueblo no siente como suyo, un concejo que hace y deshace sobre los avatares de la vida social de la comunidad, guiado únicamente por sus intereses partidistas, sin preguntarle qué piensa o cómo quiere que se resuelvan las cosas. Y es así como los próximos horizontes políticos de Ribadeo pintan de negro si no aparece un candidato a alcalde dispuesto a ejercer de tal, sin dar pábulo a la vanidad, y que no necesite de la política para aumentar su prestigio o su economía. Un hombre libre, con esa libertad que da el no necesitar ni desear nada. Una utopía en estos malos momentos que corren para Ribadeo.
Y mientras los turistas y forasteros se pasean por la villa, admirando sus bellezas o criticando sus fallos, y disfrutando gratuitamente, como niños con un juguete, de las maravillas del ascensor de la Atalaya que les traslada en un santiamén y gratuitamente desde el puerto a la villa, mientras que no le pase como a las fuentes del parque, en la Casa Consistorial los funcionarios siguen alborotados.
Alborotados y enfadados, impugnan los Presupuestos en los tribunales y protestan porque el alcalde se niega a darles el dinero que piden. El reparto de unos 68 000 euros, fruto de las debilidades y cobardías de los regidores y de la excesiva avaricia de los trabajadores. Un pulso que, al igual que le ocurre al Ministro de Fomento con los controladores, aquí se está jugando entre el alcalde y los trabajadores del concejo. ¿Quién ganará? ¿El pueblo, representado por el alcalde, o los funcionarios?
Y mientras, en la villa hay gente indignada, ignoro si con razón o sin ella, contra el alcalde por la cesión a un club de un espacio público en Cabanela para la celebración de sus fiestas privadas, amenizadas con la coral polifónica y negando el acceso al público ribadense. ¿Estamos, acaso, ante un solapado paso más, dirigido a la privatización de todos los espacios públicos portuarios? Y finalmente, mientras se espera el desarrollo de los próximos acontecimientos políticos, el reloj solar de O Cargadoiro sigue marcando a ritmo lento, con su pequeña aguja mutilada, el paso del tiempo, interrumpido en la villa por los cuentacuentos, grafitis, musiqueos y demás entretenimientos populares. Lento, como lentas van las obras de la calle de San Lázaro que se están ejecutando con apenas cuatro trabajadores; un número insuficiente para abreviar la duración de la obra y permitir nuevamente la circulación por las calles afectadas, en unos momentos de alta densidad de circulación para una villa con un tráfico desordenado e incómodo.-

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20240417

Eloxio, crítica e límites da tecnoloxía

Ferramenta de pedra. Foto no D.P. collida de Wikimedia Commons.

Eloxio, crítica e límites da tecnoloxía

    Centos de mísiles e proxectís diversos sobre o ceo de Israel, neutralizados case todos. E os poucos que non, sen causar danos graves como consecuencia do seu impacto, literalmente ‘deixados chegar a destino para non gastar cartos por non pagar a pena despois de estudar o seu lugar de impacto’. Viva a tecnoloxía! É prodixiosa! Conseguiu desactivar o ataque sen perdas, dun xeito case milagreiro! Pero é a tecnoloxía (aínda polo que se ve, dun nivel inferior) a que tamén permitiu realizar o ataque sobre os ceos de Israel.

    Non, nestas palabras non se trata de ir a favor ou en contra do goberno dun país (menos aínda, do seu pobo, que é diferente). Houbo, hai e haberá momentos e lugares para manifestar esa necesidade. Isto vai só de tecnoloxía. Tampouco de como se consigue, ou o mellor sistema de obtela.

    Hai tempo que está claro que a tecnoloxía é neutra no sentido de que a súa bondade ou maldade depende de nós, humanos, de como a usamos, para que. E hai tempo que se sabe que ter unha mellor tecnoloxía dá vantaxe en calquera guerra, económica ou militar, non importa.

    Pero a tecnoloxía ten límites. Así, o factor humano, de moitos xeitos diferentes, pode contrarrestar un atraso tecnolóxico. Por un factor tal caeu o imperio romano fronte ós pobos ós que chamaba 'bárbaros', que aproveitaron a súa descomposición interna partindo dunhabase tecnolóxica inferior. E así caeu o sistema de vídeo Betamax, superior fronte ó que dicían inferior VHS, por un mellor manexo de permisos de uso e desenvolvemento comercial. E de xeito parello podemos perder a guerra fronte á emerxencia climática aínda que teñamos, din, tecnoloxía para poder afrontalo: o sistema socioeconómico na que a humanidade estamos inmersos non está a permitir que se aplique en cantidade e rendemento, ou que se apliquen os medios para poder usar esa tecnoloxía.

    Volvendo ó caso inicial, o éxito da defensa israelí no ataque iraniano, a tecnoloxía empregada por Israel garante a súa venda a bo prezo, unha volta amosado o seu rendemento e a súa utilidade. Difícil, moi difícil será que os medios aéreos de Irán podan golpear a Israel, mentres ó contrario está demostrado que si é posible. Pero toda esa tecnoloxía non garante a vitoria fronte a un pobo palestino que non ten nada que perder, posto fronte á súa propia morte. Nin tampouco pode librar das consecuencias se un mísil ten unha bomba de potencia abondo, poñamos unha bomba A ou H, de xeito que os efectos da súa explosión afecten a quilómetros de distancia... podendo levar ademais, a unha guerra moito máis estendida e mortífera.